2
T T R R A A B B A A L L L L A A M MO O S S A A P P R R O O L L D D A A L L I I N N G G U U A A O O B B L L O O G G U U E E D D O O E E Q Q U U I I P P O O D D E E N N O O R R M M A AL L I I Z Z A AC C I I Ó Ó N N bota a andar, aproveitando e comprometéndose con todas as posibilidades que nos ofrecen as tecnoloxías da comunicación, porque non hai tarefa máis gratificante que ir abrindo camiños na demostración diaria de que a escola pública avanza, mellora, e ofrece a mellor calidade, sempre na vangarda e na experimentación. Achegámonos de novo á Comunidade Educativa e a todos aqueles que nos queiran seguir, co alicerce de impulsar a nosa realidade cultural e lingüística desde a escola. A nosa pretensión é de ser unha ferramenta útil, dinámica, funcional e participativa, que contribúa ao fomento da lingua –nese incerto transcorrer do galego na escola-, nunha aposta clara e de responsabilidade pola defensa da oralidade e do herdo cultural. A nosa proclama é, sempre será, o amor ao galego e a Galiza. Falaba ben Castelao, cando esixía o ensino en galego e dicía que estamos fartos de saber que o pobo galego fala un idioma de seu, fillo do latín, irmán do castelán e pai do portugués. Idioma apto e axeitado para ser vehículo dunha cultura moderna e co que aínda podemos comunicarnos con máis de sesenta millóns de almas. Douscentos setenta na actualidade. Pero a escola precisa máis, sobre todo nos núcleos urbanos onde a perda de falantes é alarmante. Precisamos implicar aos ensinantes para acadar un uso maior do galego na docencia, entre os docentes e nas relacións escolares en xeral. A Administración Autonómica recoñece a lingua como un elemento básico de identidade cultural e valor fundamental. Dá novas pautas co reformado decreto do plurilinguísmo, establecendo unha nova regulamentación para facilitar o seu emprego: Artigo 3º.-A lingua na Administración educativa.

Ghafos Campolongo

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Presentación do Blogue

Citation preview

Page 1: Ghafos Campolongo

TTTRRRAAABBBAAALLLLLLAAAMMMOOOSSS AAA PPPRRROOOLLL DDDAAA LLLIIINNNGGGUUUAAA OOO BBBLLLOOOGGGUUUEEE DDDOOO EEEQQQUUUIIIPPPOOO DDDEEE NNNOOORRRMMMAAALLLIIIZZZAAACCCIIIÓÓÓNNN bota a andar, aproveitando e comprometéndose con todas as posibilidades que nos ofrecen as tecnoloxías da comunicación, porque non hai tarefa máis gratificante que ir abrindo camiños na demostración diaria de que a escola pública avanza, mellora, e ofrece a mellor calidade, sempre na vangarda e na experimentación.

AAcchheeggáámmoonnooss ddee nnoovvoo á Comunidade Educativa e a todos aqueles que nos queiran seguir, co alicerce de impulsar a nosa realidade cultural e lingüística desde a escola.

A nosa pretensión é de ser unha ferramenta útil, dinámica, funcional e participativa, que contribúa ao fomento da lingua –nese incerto transcorrer do galego na escola-, nunha aposta clara e de responsabilidade pola defensa da oralidade e do herdo cultural.

A nosa proclama é, sempre será, o amor ao galego e a Galiza.

Falaba ben Castelao, cando esixía o ensino en galego e dicía que estamos fartos de saber que o pobo galego fala un idioma de seu, fillo do latín, irmán do castelán e pai do portugués. Idioma apto e axeitado para ser vehículo dunha cultura moderna e co que aínda podemos comunicarnos con máis de sesenta millóns de almas. Douscentos setenta na actualidade.

Pero a escola precisa máis, sobre todo nos núcleos urbanos onde a perda de falantes é alarmante. Precisamos implicar aos ensinantes para acadar un uso maior do galego na docencia, entre os docentes e nas relacións escolares en xeral.

A Administración Autonómica recoñece a lingua como un elemento básico de identidade cultural e valor fundamental.

Dá novas pautas co reformado decreto do plurilinguísmo, establecendo unha nova regulamentación para facilitar o seu emprego:

Artigo 3º.-A lingua na Administración educativa.

Page 2: Ghafos Campolongo

1. Na Administración educativa de Galicia e nos centros de ensino sostidos con fondos públicos utilizarase, con carácter xeral, a lingua galega e fomentarase o seu uso oral e escrito, tanto nas relación mutuas e internas como nas que manteñan coas administracións territoriais e locais galegas e coas demais entidades públicas e privadas de Galicia, sen que iso supoña unha restrición dos

dereitos do persoal docente.

Entendemos que a lingua constitúe un elemento básico de identidade cultural e representa un valor fundamental de cohesión dunha comunidade, como tamén o entenden os nosos representantes cando acordan:

O parlamento de Galicia insta ao goberno galego a consolidar na Administración Pública Autonómica e nos organismos e entes dela dependentes o uso do galego como lingua xeral de referencia, tanto a nivel escrito como oral, garantindo, en todo caso, a cooficialidade lingüística establecida na Constitución e no Estatuto de Autonomía de Galicia. En consecuencia, establecerase o galego como lingua de contacto inicial entre o funcionario e os administrados e administradas nas relacións presenciais e na atención telefónica, sen prexuízo de dereito destes últimos á atención na lingua oficial da súa preferencia”.

Hai un recoñecemento das moitas posibilidades que a lingua ofrece, pero non están aproveitadas. Provócanos fonda preocupación a tendencia desgaleguizadora que asolaga ao noso idioma, co galego retrocedendo a unha situación de minorización e ata de ameaza de desaparición.

Sabemos que é insuficiente o apoio que recibe para medrar e construír espazos de encontro e unión.

GHAFOS DO EDL CAMPOLONGO xorde cunha identidade propia e con vocación de sementar un futuro diferente para a lingua galega, coa esperanza de avanzar no proceso normalizador e de ser alento renovado cara o porvir. O noso compromiso firme coa lingua é o aceno desa identidade, repleta de

contidos variados. Dende este universo virtual, dámoslle a benvida a tódolos internautas, no desexo de que esta andaina compartida sexa enriquecedora para todos, de xeito que se converta nunha colleita de traballo proveitosa a prol da lingua. EEE DDD LLL CCC EEE III PPP CCC AAA MMM PPP OOO LLL OOO NNN GGG OOO SSS EEE TTT EEE MMM BBB RRR OOO 222 000 111 222