38
Só para ti GUÍA DE LECT URA

Guía de lectura só para ti (1)

  • Upload
    xenza

  • View
    250

  • Download
    8

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Guía de lectura só para ti (1)

Só para ti

GUÍA DE LECT URA

Page 2: Guía de lectura só para ti (1)
Page 3: Guía de lectura só para ti (1)

1

“Non hai espectáculomáis fermosoque amirada dun neno que le”.

Günter Grass

Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello deOleiros:

* Biblioteca Central Rialeda. Perillo* Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación daMuller Rosalía de Castro. Santa Cruz

* Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado. Mera* Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso. Dorneda* Biblioteca Pública Municipal Manuel María. Oleiros* Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole. Nós* Biblioteca Pública Municipal Federico García Lorca. Montrove* Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño. Lorbé

Catálogo do fondo bibliográfico:http://bmpg.rbgalicia.org/oleiros

Visita o noso blog: http://bibliotecasoleiros.blogspot.com

Síguenos en twitter @ bibloleiros

Páxina web municipal: www.oleiros.org

Biblioteca Central RialedaAvda. Rosalía de Castro, 227A15172 Perillo - OleirosTel.: 981 639 511Fax: 981 639 996Correo electrónico: [email protected]

Depósito Legal: C 1103-2015

Page 4: Guía de lectura só para ti (1)
Page 5: Guía de lectura só para ti (1)

Desde as bibliotecas municipais de Oleiros ofrecemos estaguía de lectura cunha selección de títulos para divertir eemocionar, reflexionar e aprender, mirar e observar, ver e escoitar.A escolla foi realizada por distintas persoas, polo que nela figuranpublicacións moi diversas.

Nesta época en que hai máis tempo libre desexamoscompartir libros, películas e discos que nos agradaron. Trátasedunha escolma de obras para diferentes idades, distintos gustos,intereses e preferencias, que hai nas bibliotecas municipais e quepoden levar en préstamo para as súas casas. Animamos a que asvisiten, utilicen o servizo de préstamo e gocen coa lectura.

A clasificación que figura é:

INFANTIL E XUVENIL• Libros para nenas e nenos menores de 6 anos• Libros para nenas e nenos de 6 a 8 anos• Libros para nenas e nenos de 8 a 10 anos• Libros para nenas e nenos de 10 a 12 anos• Libros para adolescentes a partir de 12 anos• Novela xuvenil• Libros infantís e xuvenís de coñecementos• DVD infantil e xuvenil• Banda deseñada infantil e xuvenil• Álbum ilustrado para compartir

MOZAS/OS E ADULTAS/OS• Obras literarias• Banda deseñada• Libros de coñecementos• DVD• CD

Desexamos que todas as persoas poidan atopar algún libro que llesguste ou que lles apeteza lelo.

3

Page 6: Guía de lectura só para ti (1)

5

Infantil e X�enilLIBROS PARA NENAS E NENOSMENORES DE 6 ANOS

Oarco da vellaCharo Pita, ilustrado por Xosé Tomás. Xerais.A vella Maruxa tiña un amor viaxeiro. Cando souboque o seu amor marchaba, comezou a tecer para elun abrigo con sete fíos de la. O día da partidaentregoulle ao seu amor o abrigo e viu como partíadeixándolle nos labios un bico e na man un anel deprata. Unha noite, o anel desapareceu. Poderá avellaMaruxa recuperar oanel perdidoguindandoaoceo sete fíos de la?. O arco da vella é un álbum cheode intriga que narra como se procuran os fíos doamor e da beleza.

CarambaMarie-Louise Gay. Lata de sal.Caramba non sabía voar. A súa amiga Portiatampouco, pero ela era unha porca e as porcas nonvoan. Caramba non desexaba outra cousa na vida:quería voar coma os seus curmáns e amigos. Comotodos os gatos... e no seu afán de ser coma osdemais, vai descubrir a súa verdadeira habilidade.

A cociñeira do reiSoledad Felloza. Ilustracións de Sandra de laPrada. OQO.Mencía elabora unmenúque vai dereito ao corazóndo rei e parte do segredo está no aderezo: ilusión,alegría e agarimo. Cunhas ilustracións cheas defrescura e cor.

Diez ardillasMar Benegas e Laurence Jammes. Combel.É un libro para cantar, contar,mirar e xogar cosmáispequenos. Pensado para os que aínda nonaprenderon a ler.

Page 7: Guía de lectura só para ti (1)

6

Erik o constructor de soñosKike Gómez. Ilustracións deDani Padrón. Bululú.Erik é un personaxe doce, que constrúe os nososmellores soños. O encanto desta historia estáreforzado pola caracterización dos personaxes e acalidez das ilustracións.

Na granxaMaxine Davenport e Cindy Roberts. Engaiolarte.Un libro despregable para prelectores con palabraspara recoñecer e familiarizalos condiversos animais.

Soy pequeñitoJuan Arjona e Emilio Urberuaga. Buen paso.Un libro que se le como un poema e no que odiminuto protagonista ten unha visión moiparticular das cousas do seu entorno.

Page 8: Guía de lectura só para ti (1)

7

LIBROS PARA NENAS E NENOSDE 6 A 8 ANOS

Amizades secretasAgustín Fernández Paz, ilustracións de MartaAltés. Rodeira.Ollos grandes é unha ratiña pequena e curiosa. Ela ea súa familia viven nun niño situado entre dúasvivendas dunha casa da cidade vella. Unha delasestá habitada, pero a outra está baleira, polo que aratiña atrévese a explorala soa, ata que un día vaivivir alí unha familia que ten unha nena chamadaBeatriz que logo se dá conta de que hai ratos nopiso... Fermoso conto que nos fala da difícil amizadeentre unha nena e unha ratiña.

Augusta e os seusmedosSabela Fernández Trelles, ilustracións de AliciaSúarez. Xerais.Augusta é unha nena que desexa facer moitascousas,mais comoémoimedrosa non se atreve conningunha. O seu avó dille que está chea de soños,pero que non vai poder realizar ningún. Un día,cansa de sentirse así, pídelle axuda aos seus pais. Apartir dese momento, terá que pasar diferentesprobas para decatarse de que a única forma desuperar os seus medos é enfrontándose a eles.Suxestivo relato quemostra comounhapersoapodesuperar osmedos se solicita axuda.

As aventuras damazá vermellaJan Lööf. Kalandraka.Unhomede traxe de raias paseandopolo seu barrio,entra nunha froitaría porque lle apetece unhamazá.O froiteiro pensa que o señor é fácil de enganar edálle unha de plástico verde dicíndolle que necesitaestar un tempo ao sol para que madure… A partirde aquí unha serie de circunstancias e o ritmotrepidante da narración, sorprenderanos a cadamomento, ata poñer a cada un no sitio que llecorresponde.

Bienvenido a la familiaMary Hoffman. Ilustracións de Ros Asquit.Juventud.Trátase a diversidade familiar dunha maneira

Page 9: Guía de lectura só para ti (1)

8

rigorosa e conhumor. Ofrecendo informacións sobreas variedades que existen hoxe en día.

La danza del tiempoIrene Aparici e Enrique Quevedo. Cuento de Luz.Fermosa obra que, mesturando ficción e realidade,achega o coñecemento do sistema solar e amitoloxía aos máis pequenos. Compara o sistemasolar cunha compañía de danza, na que a directoraédona sol, e explica comoosoito planetas danvoltasao seu redor, nun baile harmonioso e delicado. Aomesmo tempo, para explicar a orixe do nome dosdistintos planetas relaciónaos coamitoloxía.

Martín y la primera nevadaSebastian Meschenmoser. Fondo de CulturaEconómica.O inverno está chegando e os animais prepáransepara o seu letargo, pero non queren durmir atacoñecer a neve. As ilustracións e o conto van á vez;ao principio é un esbozo e a medida que avanza ahistoria os debuxos, a lapis con algunhas pinceladasde cor, perfecciónanse.

Max el ValienteEd Vere. Juventud.Max o valente, Max o intrépido, Max o que cazaratos...Pero para ser un cazador de ratos, Max necesitadescubrir que aspecto ten un rato...

Opeixe vermelloTaeeun Yoo. Kalandraka.Unha biblioteca nomedio dun bosque é o espazomáxico dunha aventura que viaxa do mundo realao imaxinario, da realidade aos soños...

RaroMarcos Calveiro. Ilustracións de Ana Pez. LuisVives.Tomás non sae nunca á rúa. Só algunhas veces seatreve a mirar desde a fiestra a vida activa do seubarrio. Un deses días advirte que chegaron novosveciños será isto un aliciente para quemude os seuscostumes?

Page 10: Guía de lectura só para ti (1)

9

LIBROS PARA NENAS E NENOSDE 8 A 10 ANOS

BlancanievesJacob e Wilhelm Grimm. Ilustracións de IbanBarrenetxea. Nórdica.Este conto clásico recollido polosGrimmhaimáis dedouscentos anos e reinterpretado unha e mil veces,merecía esta versión: a tradución de IsabelHernández permanece fiel á orixinal, sen“edulcoracións” e as ilustracións de Barrenetxeaenriquecen de forma extraordinaria este textoexcepcional.

CarnavalitoAna María Matute. Ilustracións de AlbertAsensio. Destino.Bongo é un neno adoptado por un ferreiro que ocoida con agarimo e lle procura o que necesita. Aguerra destrúe o pouco que teñen e deixa só aBongo. De súpeto aparece Carnavalito para salvaloe fuxir de alí, infundido esperanza nos corazóns daspersoas que escoitan amúsica da súa harmónica.

O estrambótico PrincipiñoPinto & Chinto. Bululú.Fermosas ilustracións da "relectura" do tanquerido ecoñecido Principiño de Antoine de Saint-Exupéry.Con este libro podes viaxar a planetas descoñecidose misteriosos lugares da man dun rei que foi opríncipe daquel afastado astro dos volcáns, oraposo, a rosa...

O segredo da Illa NegraAgustín Fernández Paz. Ilustracións deMiguelanxo Prado. Xerais.Así comeza este novo relato de Fernández Paz: "Nunlugarda costaondeosaltos cantís se abaixanpararodear unha breve enseada, atópase Arán, unhaaldeíña de mariñeiros". Trátase dun emocionanterelato de aventuras protagonizado por Sara, unhanenamoi audaz que ten que salvar o seu irmán quecae preso da cruel Serea. Tres buguinasmáxicas vanaxudar a Sara a liberar a Uriel da Illa Negra, onde oseu irmán botara as redes para acadar algo depeixe...

Page 11: Guía de lectura só para ti (1)

10

Viaxe a DragoniaXan López Domínguez. Rodeira.A historia da desaparición, no laboratorio do magoEudoxio, dun libro terrible e misterioso, cheo deconxuros e encantamentos que permite transformarcalquera obxecto nun dragón.

Page 12: Guía de lectura só para ti (1)

11

LIBROS PARA NENAS E NENOSDE 10 A 12 ANOS

Charlie y la fábricade chocolate: un libropop-upRoald Dahl. Ilustracións de Quentin Blake.Combel.En 2014 cumpríronse os cincuenta anos máis docesda publicación da primeira edición de "Charlie e afábrica de chocolate".Adivertida historia deCharlieBucket, os cinco billetes dourados, o extraordinarioWillyWonka, agora nesta extraordinaria edición condespregables!

Omeu pesadelo favoritoMaría Solar. Ilustracións de María Lires. Galaxia.Hai moito humor nesta obra, Premio Lazarillo decreación literaria 2014. Tamén o mundo dos soñosestá presente no novo libro de María Solar.Personaxes da ficción científica, outros máisaventureiros, tamén os que viven o día ao día e ataunha repartidora de bicos, por que non? E todocomeza cun neno que nun proceso febril non parade ter soños domáis fantasioso.

El otro FélixKeir Graff. Ilustracións de Votric. Noguer.Poderíamos dicir aquilo de se che gustou “Ondeviven os monstros” gustarache este título. Relatoque mira cara ao interior, que fala dos medos decada quen e a súa superación. Cada un ten asfortalezas que lle fan ver a luz ao final do túnel.

Sopa demarsopaIsabel Freire, ilustracións de Jon Puga. Xerais.Nunha pequena vila onde é comisario de policíaRoncudo Lor, desaparece do zooamarsopaAnciñas,un simpático cetáceo que fai as delicias de todos.Cando xa a policía está a piques de tirar a toallaporque non ten pista ningunha, aparece o detectiveBons, Bilbo Bons que se pon a investigar...

Page 13: Guía de lectura só para ti (1)

12

O veleno da risa: un misterio para Tintimán enLugoJaureguizar, ilustracións de Matalobos. Xerais.Cuarta entrega da serie do xornalista e detectiveTintimán. Despois de Santiago, A Coruña e Vigo,tócalle aclararmisterios e desenmascararmalvadosna cidade de Lugo. Intriga, asasinatos e romancesnesta nova aventura sempre acompañado, claroestá, do seu gato, o señor Grozni.

Volvo! O regreso de UshaMaría Reimóndez, ilustracións de Iván Sende.Xerais.O segundo libro que presenta as aventuras de Usha,unha nena que vive en Devastana, unha aldea daIndia. Ela chámase Uxía, pero as súas amizadeschámanlle Usha. É galega e está na India debido aque acompaña a súa nai, unha médica membrodunhaONG. Acabou o verán e comezan novamenteas clases, vai realizar o último curso de primaria.Desde o principio bota en falla a un amigo, Deepak,quemarchara de vacacións aonorte dopaís, aDelhi,e que non veu ao comezo das clases. Pasan os días enon aparece, por outra parte Lakshmi deixa de ir áescola...

ZepelínTormod Haugen, ilustracións de Ignasi Blanch.Oxford.Os silencios longos e penosos entre Nina e os seuspais vanse ver ocupados, ao igual que a casa deveraneo, por alguén que rolda a zona pero que nonson quen de atopar. Nina descobre o culpable eprotéxeo, é Zepelín, un neno que escapou da súacasa.

Page 14: Guía de lectura só para ti (1)

13

LIBROS PARA ADOLESCENTESA PARTIR DE 12 ANOS

Big game: (caza mayor)Dan Smith. Tradución de Celia Filipetto. Bambú.Xiros inesperados e emoción sen descanso nunhanovela protagonizada por un mozo que tiña queenfrontarse a unha proba de "madurez". Terminasendo moito máis, unha aventura trepidante cunlíder mundial no punto de mira. Xa ten versióncinematográfica protagoniza entre outros, porSamuel L. Jackson.

Conta as estrelasLois Lowry. Planeta & Oxford.Unha familia que axuda a outra a escapar dapersecución nazi. Unha historia de valentía esolidariedade, de relacións humanas ao límite quepoñen a proba as persoas amosando todas asesquinas do ser humano. A esperanza é posible.

La joven durmiente y el husoNeil Gaiman. Ilustracións de Chris Riddell.Salamandra.As princesas xa non teñen que ser rescatadas por unpríncipe para seren felices: Gaimanutiliza o seu estiloxenuíno e fai xirar os relatos clásicos, os contosinfantís para crear unha historia máxicasorprendente. Magníficas ilustracións para esterelato de apenas 70 páxinas.

No es invisibleMarcus Sedgwick. Bambú.A moza Laureth e o seu irmán pequeno decidenmarchar na busca do seu pai desaparecido. Laurethé cega: deberá afinar os seus sentidos e sortear milperigos se quere atopar o seupai. Vibrante novela deaventuras con suspense e xogode coincidencias quete atraparán.

Rebelión en VerneMarisol Ortiz de Zárate. Bambú.Novela de espírito verniano naque dous personaxesde “Dous anos de vacacións” deciden saír do libroe viaxar por outras obras de Verne animando aoutros personaxes a que se sumen a eles nunha

Page 15: Guía de lectura só para ti (1)

14

especie de rebelión e forzar ao autor a que conclúa aobra que deixou inacabada. Constitúe un auténticopaseo polas obras de Verne no 150 aniversario dapublicación, en 2015, de "Da Terra á Lúa".

Robinson CrusoeDaniel Defoe, versión de Ramón García Toga.Almadraba.Ahistoria dohomequenaufragoununha illa desertae pasou nela máis de vinte e cinco anos. Unha dasmáis coñecidas novelas de aventuras da literaturauniversal nesta versión adaptada por profesores eescritores de prestixio. Para gozar dunha obra quepertence á cultura literaria de milleiros/as delectores/as en todo omundo.

Page 16: Guía de lectura só para ti (1)

15

NOVELA XUVENIL

Ámote Leo A.: estación de tránsitoRosa Aneiros. Xerais.Leo éunha rapazaque remataos seus estudos e cunspoucos cartos decide facer unha viaxe polo mundodurante seis meses. Nesta segunda entrega datriloxía "Ámote Leo A.", a protagonista ten quesuperar dificultades, enfrontarse codescoñecido, tanfascinante como imprevisto. Opersonaxemedra coanarración que a cada volta faise máis intensa.

O elefante brancoXesús Fraga. Tambre.Prometía ser un verán como os demais, pero nadamáis lonxe da realidade. Para o protagonista destanovela serán algúns dosmesesmáis intensos da súavida. Vai coñecer historias da familia e cousas davida que o faránmadurar.

El marPatricia García-Rojo. SM .Esta novela, Premio Gran Angular 2015, conta ahistoria dun neno que vive nos tellados dunhacidade somerxida despois dun maremoto. Vainosamosar que as cousas sinxelas, cotiás son as que amaioría das veces nos proporcionan a felicidade.

A neve interminableAgustín Fernández Paz. Xerais.Unhamagnífica novela xuvenil na que omisterio é atemática principal.Un equipo de guionistas recibe a encarga de escribiros guións dunha serie de televisión. Para realizarmellor o traballo, acordan recluírse nun hostalsolitario da Fonsagrada. Ao terceiro día de estar alí,comeza a nevar. Unha nevarada que semella nonrematar nunca, que interrompe as comunicacións ea electricidade, e que os deixa illados do mundo.Pouco a pouco irán descubrindo cousas que os farásospeitar que algo raro está pasando e un tremendomedo comeza a penetrar nas súas vidas. Unhanovela de intriga e medo, cun final diferente einesperado.

Page 17: Guía de lectura só para ti (1)

16

Penúltimas tendenciasCarlos Negro. Xerais.Probaapoesía directa deCarlosNegro. Xaofixera enMakinaria, e volve a conseguilo nesta obra: conectarcon emocións, sentimentos, cuestionar o que pareceevidente, rebuscar na alma e atopar algunhasrespostas. E moitas preguntas.

El sueño de BerlínAna Alonso, Javier Pelegrín. Anaya.Unha historia de amor e superación. Ana, unharapaza con TOC (trastorno obsesivo compulsivo) eBruno, o seu compañeiro de clase que fai todo oposible paraquea súaamiga consigaalgúndos seussoños.

Todas las hadas del reinoLaura Gallego. Montena.Un libro cheo de maxia, Camelia é unha fadamadriña que leva trescentos anos axudando aaspirantes a heroes. A súa maxia e enxeño nuncafallou pero a cousa empeza a complicarse cando lleencomendan a Simón un mozo de cuadra quenecesita a súa axuda desesperadamente.

Page 18: Guía de lectura só para ti (1)

17

LIBROS INFANTÍS E XUVENÍSDE COÑECEMENTOS

Busca los animales acuáticosPere Rovira, ilustracións de FranciscoArredondo. Susaeta.Un títulomáis desta colecciónpara aprender e gozarbuscando numerosos animais, persoas e obxectosque se agochan nas sorprendentes ilustracións.

Emilia Pardo Bazán. Unha nena seducida poloslibrosMaría Xosé Queizán, ilustracións deAna Santiso.XeraisAautora convídanos apercorrer a época enque viviuEmilia Pardo Bazán e achéganos a súa vida e obradunha maneira sinxela e entretida. Incluíndo unhacronoloxía e unha escolmade textos que completana súa biografía.

El gato y el pájaro: Paul KleeGéraldine Elschner, ilustracións de Peggy Nille.Juventud.Partindodunha ideadePaul Klee arredor da relaciónentre gatos e paxaros, as autoras desenvolven unhahistoria con remate optimista e gran contidoestético.

Henri MatissePatricia Geis. Combel.A colección ¡Mira qué artista! achéganos este librodedicadoaundos pintores que cambiouo rumbodapintura do século XX. Cunha linguaxe clara e amena,coñece as claves do autor de cadros como A danza,O cuarto vermello, etc.

NelsonMandelaKadir Nelson. Juventud.Biografía para un público infantil do artífice do finaldo apartheid, Nelson Mandela, que transmite unsentimento de esperanza e nobreza emostra a forzae integridade do ser humano ante situaciónsextremas.

Page 19: Guía de lectura só para ti (1)

18

Pequeño gran chef: 64 recetas mediterráneassaludables y divertidas para niños y niñasMarian Montoro. Ilustracións de Mar Ferrero.Juventud.Receitas sinxelas e divertidas para iniciar os máispequenos/as no mundo da cociña. O libro estádividido en catro seccións que corresponden a cadaunha das estacións do ano. Cada unha presenta osprodutos da tempada e os pratos que se podenelaborar. Con moitas fotos para seguircorrectamente as instrucións.

Princesas, piratas y Cía. 24 disfraces para niñosde 3 a 8 añosAnnabel Bénilan. Larousse.Este é un libro para aforrar e gozar á vez. Conta con24 disfraces infantís, bonitos e de fácil confección ecos correspondentes patróns a tamaño natural.

Pulseras de gomitas: 35 fantásicos proyectospara hacer y regalarLucy Hopping. Juventud.Está demoda e esperta paixóns. Todo omundo loceestas pulseiriñasmanufacturadas. É unhaactividadeideal para facer cos amigos ou coas amigas eintercambiarmodelos. Neste libro poderás aprendera facer moitos deles!

¿Qué harías con una cola como ésta?Steve Jenkins, Robin Page. Juventud.Libro de coñecementos para os/as máis cativos/as,con estupendas ilustracións. En forma de preguntase respostas (“¿Qué harías con unos ojos comoéstos?”, “¿Qué harías con unas orejas comoéstas?”),os/as pequenos/as coñecerán curiosidadesdemoitos animais.

Page 20: Guía de lectura só para ti (1)

19

DVD INFANTILE XUVENIL

Arriety y el mundo de los diminutosDirixida por Hiromasa Yonebayashi. Animación.Aurum.Os diminutos viven baixo o chan dunha casa decampo e para evitar desaparecer non poden servistos nunca polos humanos. Cando o mozo Sho semudaa esa casa, encontrarase accidentalmente coneles.OutraproducióndoEstudoGhibli (Mi vecinoTotoro)que gañou o premio ámellor película de animaciónque outorga a Academia Xaponesa.

El corazón del robleDirixida por Ricardo Ramón e Ángel Izquierdo.Animación. Karma Films.Os dragóns, fadas e as demais criaturas máxicasretíranse ao Outeiro do Dragón para vivir en paz,lonxe do alcance dos humanos, pero estrañossucesos están a modificar drasticamente o clima,poñendo en perigo a súa supervivencia. Robin é unelfo gardabosques que intentará descubrir cal é acausa domal.Animación española con claramensaxe ecoloxista.

El origen de los guardianesDirixida por Peter Ramsey. Animación.Dreamworks.Sombra, o espírito dos pesadelos, quere roubarlles ásnenas e aos nenos as súas esperanzas e os seussoños. Pero Jamie segue crendo namaxia e xunto acatro lendarios Gardiáns loitará para defender unmundo no que perviva a inocencia e a imaxinacióninfantil.Historia inspirada nos libros de William Joyce e en“Los vengadores”,apelícula de superheroes de JoshWhedon.

Page 21: Guía de lectura só para ti (1)

20

Percy Jackson y el mar de losmonstruosDirixida por Thor Freudenthal. Protagonizada porLogan Lerman, Brandon T. Jackson e AlexandraDaddario. Twentieth Century Fox HomeEntertainment España.Cíclopes, minotauros, furias e demais figuras damitoloxía grega materialízanse no mundo real através das aventuras domozo Percy Jackson, fillo dePoseidón e unha mortal. Nesta ocasión viaxará através do Mar dos Monstros co obxectivo deencontrar o Carneiro Dourado para restablecer aorde no Campamento Mestizo, morada dos seusamigos semideuses.Segunda adaptación cinematográfica da serieliteraria creada por Rick Riordan.

Page 22: Guía de lectura só para ti (1)

21

BANDA DESEÑADAINFANTIL E XUVENIL

Asterix e os pictosTexto de Jean-Yves Ferri, ilustracións de DidierConrad. Baseado na obra de Goscinny e Uderzo.Xerais.Novas andanzas deAsterix eObelix nesta ocasiónnaafastada Caledonia, a Escocia romana.

Marcopola. A illa remeira. DragonetaJacobo Fernández Serrano. Xerais.Terceira entrega da serie de bandadeseñada infantilna que o alquimista Brisgovius deu coa apócemamáxica para que a malvada Demoneta setransforme nun ser invencible.

El misterio de la gran pirámideEdgar P. Jacobs. Norma.Coñece ao profesor Mortimer e ao capitán Blake,unha das parellas de aventureiros máis famosas domundo do cómic de aventuras.

¡Nos vamos a Tokio Charlie Brown!Charles M. Schulz. Kraken.Acompaña a Charlie Brown, Snoopy e os seusamigos na súa viaxe a Tokio para xogar unimportante partido de béisbol.

Los pitufos negrosTexto de Yvan Delporte, ilustracións de Peyo.Norma.As adorábeis criaturas azuis convértense en seresnegros! Poderán os pitufos poñer solución a estatemíbel praga?

Page 23: Guía de lectura só para ti (1)

22

ÁLBUM ILUSTRADOPARA COMPARTIR

ÍcaroFederico Delicado. Kalandraka.O VII Premio Internacional Compostela de álbumsilustrados achéganos unha provocadora historiasobre a liberdade e a capacidade de soñar.

Malena en el espejoElena Ferrándiz. Thule.Malena comeza unha viaxe cara ao seu interior, naprocura daqueles sorrisos que lle permitirán afrontaros seusmedos, as súas inseguridades.

Pánico no bosque dos corazónsmurchosJack Mircala. Bulubú.Unha das primeiras obras, ademais de inédita, dogranartista que éomadrileño JackMircala. Presentaun mundo melancólico e gótico con historias dungran lirismodramático que entronca co estilo de TimBurton ou Poe.

Si yo fuese un libroTexto de José Jorge Letria, ilustracións de AndréLetria. Juventud.Unha invitación cheade suxestións paraachegarnosaomáxicomundo do libro e á lectura.

Y despiertasmientras hilan lasmariposasTexto de Nina da Lua, ilustracións de JoanaSantamans. Comanegra.Rosabella esperta arrodeada de bolboretas nunmundo máxico onde terá que desvelar un enigmasobre a propia vida.

Page 24: Guía de lectura só para ti (1)

23

MMoozzaass//�� ee AAdduullttaass//��OBRAS LITERARIAS

28 días David Safier. Seix Barral.28 foron os días que resistiron os guerrilleiros daresistencia xudía dentro do gueto de Varsovia fronteaos soldados das SS na Segunda Guerra Mundial. Coexterminio sistemático como pano de fondo, Mira,unha adolescente xudía, afronta unha madurezprecoz. Despois de presenciar a morte da súa familiae amigos, decide integrarse neste grupo daresistencia.

La biblioteca del capitán Nemo.Olov Enquist. Nórdica. O mesmo día, na mesma sala do hospital, dúasmulleres da mesma aldea deron a luz a un neno. Seisanos máis tarde descubriuse que houbo unhaconfusión, un intercambio.

A boneca de Blanco Amor.María Xosé Queizán. Galaxia.A Esmorga de Blanco Amor é o fío desta novela quemestura literatura, historia e ciencia.Unha novaachega dunha das mellores escritoras galegasactuais.

Contos do mar de Irlanda.Xurxo Souto. Xerais.Andanzas dos mariñeiros galegos polos mares domundo.

La delicadeza David Foenkinos. Seix Barral.Nathalie é unha moza fermosa e discreta, felizmentecasada con François. Un día, el sae a correr e éatropelado. Pouco despois morre. Por esta causa, elacéntrase no seu traballo, dedícalle todas as súashoras. Pero cando menos o espera, volve anamorarse... Fermosa historia, que nos fala deemocións e sentimentos, de non perder nunca aesperanza, de que volver a sorrir é posible, de que haique aproveitar eses pequenos momentos que moitas

Page 25: Guía de lectura só para ti (1)

24

veces nos ofrece a vida. Levada ao cine, a película está dirixida polo propioautor e polo seu irmán Stéphane.

DesaprendizajesCaballero Bonald. Seix Barral.Noventa e un poemas en prosa dun dos escritoresespañois máis importantes.

Faneca bravaManuel Portas. Xerais.Fernando pescuda na vida da prima Concha, sobrequen a familia garda un intrigante silencio.

La felicidad conyugalLev Tolstói. Acantilado.Fermosa historia sobre o amor e o matrimonio através da relación entre un home adulto e unhamoza de 18 anos, na que podemos ver a mestríadeste autor.

Hombres buenosArturo Pérez-Reverte. Alfaguara.A finais do século XVIII, dous membros da RealAcademia Española viaxan a París para mercar aEncyclopédieque estaba prohibida en España, perounha serie de intrigas de persoas que non queren queesta obra chegue a España, converterán esta viaxenunha auténtica aventura chea de sobresaltos.Novela ben documentada que mestura ficción ehistoria.

La hondonadaJhumpa Lahiri. Salamandra.Trata de dous irmáns indios de carácteres opostos,pero sumamente próximos na súa infancia, aos quea vida e as circunstancias separan. O máis velloemigra a Estados Unidos para doutorarse, mentresque o outro é asasinado na India pola súa militancianun movemento político extremo, nos anos 60. Estefeito tráxico devolve ao irmán á casa, onde se sentedesarraigado e faise cargo da viúva do seu irmán.

Page 26: Guía de lectura só para ti (1)

25

El lector del tren de las 6.27 Jean-Paul Didierlaurent. Seix Barral.Guibrando traballa de operario da STRN (Sociedadede Tratamento e Reciclaxe Natural), encargado demanexar a trituradora de libros, a Zerstor 500, máiscoñecida como “A cousa”, un traballo que por outrabanda, non o motiva para nada. As follas soltas quequedan entre os dentes da máquina recítaas en vozalta aos adurmiñados viaxeiros do tren das 6.27 damañá. Unha narración realmente insólita mesturade humor negro e dozura, na que un tropel depersonaxes grises, de incomprendidos, galopan nunarco da vella vital que os impulsa cara á felicidade.

El leopardoJo Nesbo. Random House.O inspector Harry Hole investiga o cruel asasinato devarias mulleres, tras os que parece estar un asasinoen serie.

Las luminariasEleanor Catton. Siruela.Unha historia chea de intrigas ambientada na NovaZelanda do ano 1866, durante a Febre do Ouro, quefoi merecedora do Man Booker Prize 2014.

Máscaras rotas para Sebastián NellAlberto Ramos. Galaxia.Sebastian Nell, un sir británico que durante a súavida se dedicou ao cine e ao teatro, concede aderradeira entrevista á xornalista Rebeca Graham.Premio García Barros 2014.

Oso, mamá, si?María Lado. Xerais.Poemario coa maternidade como pano de fondo.

París 2041Ezequiel Szafir. Ediciones B.No ano 2041, tras unha década de depresióneconómica, Europa está dividida e en mans deditadores fascistas. Membros da nova Resistenciafrancesa loitan contra un réxime totalitario quelembra ao pasado nazi.

Page 27: Guía de lectura só para ti (1)

26

La puerta abiertaHellen Keller. Plataforma.Ata os sete aos viviu na escuridade total, nun estadosemisalvaxe, do que a apartou a paciencia de AnneSullivan, a educadora que se encargou dela e quecambiou o seu destino ata convertela nunhaescritora e activista famosa.

A segunda linguaYolanda Castaño. Visor Libros.Poemario que reflexiona sobre a escritura confórmulas estilísticas innovadoras e unha linguaxecon diversos rexistros idiomáticos. Premio de poesíaFundación Novacaixagalicia.

También esto pasaráMilena Busquets. Anagrama.A autora revisa neste libro a relación coa súa nai, aque fora escritora e editora Esther Tusquets.

Tes ata as 10Francisco Castro. Galaxia.Ao día seguinte de morrer seu pai, Antonio recibe uncorreo electrónico que supostamente lle remite el.Unha obra de misterios e vinganzas desde o MáisAlá.

Tortilla FlatJohn Steinbeck. Ed. Acento.Nos anos inmediatamente posteriores a I GuerraMundial a vida pendencieira de borracheiras, xogo emulleres de Danny e os seus colegas parece que tomaun novo rumbo cando este herda unha casa.

Vestido de noviaPierre Lemaitre. Alfaguara.Sophie ten unha vida feliz, parella, un bo traballo,pero, de repente, sen saber como, comeza a perdercousas, esquece citas, esquece o que fixo o díaanterior, comete roubos aínda que non os lembre,convértese nunha muller psiquicamentedesequilibrada, e o peor, ao seu redor empeza aaparecer xente morta… Algo está a ocorrer.

Page 28: Guía de lectura só para ti (1)

27

Un viaje a la IndiaGonçalo Tavares. Seix Barral.Novela en verso que nos fala de Bloom e a súa viaxeá India (pasando antes por Londres, París, Viena ePraga) escapando da súa Lisboa natal despois decometer un terrible crimen.

A vinganza do difuntoCarlos G. Reigosa. Xerais.Volve o detective Nivardo Castro, contratado por unrico nonaxenario vigués que teme ser vítima dunhavinganza en relación cuns feitos que tiveron lugar nasúa cidade durante a II Guerra Mundial.

O violín de RembrandtJorge Llorca. Xerais.Cun humor fresco, esta novela reflicte ambientessociais de pequenas cidades. XXXI Premio BlancoAmor.

Y las montañas hablaronKhaled Hosseini. Salamandra. A decisión dunha humilde familia de dar unha fillaen adopción a un rico matrimonio é a base da queparte toda a obra, que comeza nunha pequena eremota aldea de Afganistán, pero que despoispasará a Kabul, París e San Francisco. Unha novela coral que nos fala da relación entreirmáns, pero tamén entre pais e fillos. Veremos como moitos destes personaxes sofrenremordementos por feitos que aconteceron nopasado e a través deles iremos coñecendo a durezada súa existencia e o difícil que é, para algunhasfamilias, sobrevivir en Afganistán.

Zapatillas rotasXabier Quiroga. Xerais.Obra sobre a busca da identidade protagonizadapor un ancián que marcha dun xeriátrico. Fala dosvalores desta sociedade, do que é esencial e quemoitas veces pasa desapercibido e do que é frívoloque, en cambio, sole ter éxito. Premio da Crítica 2014na categoría de narrativa en galego.

Page 29: Guía de lectura só para ti (1)

28

BANDA DESEÑADA

El árabe del futuroRiad Sattouf. Salamandra.Relembranzas da infancia do autor Riad Sattouf,criado entre o mundo occidental e o oriental. Premioao mellor álbum no último festival de Angoulême.

El castillo Texto de David Zane Mairowitz, ilustracións deJaromír 99, adaptación dunha novela de FranzKafka. Nórdica Cómics.Unha novela gráfica en inquietante branco e negroque consegue recrear a atmosfera opresora dainacabada obra de Franz Kafka.

Destino Hërgüss Manel Cráneo. Demo Editorial.Novela gráfica de aventuras para un público xuvenilou adulto ambientada no Planeta Mincha,protagonizada por Pichük e Tombö, o primeiro é onexo de unión coa serie Diario de Pichük, taménilustrada por Cráneo.

Largo WinchIlustracións de Philippe Francq, texto de JeanVan Hamme. Norma.Tras morrer o seu pai adoptivo, Largo Winch ponse áfronte do imperio financeiro Grupo W e intentarádescubrir quen está detrás da estraña morte do seupai.

Page 30: Guía de lectura só para ti (1)

29

LIBROS DE COÑECEMENTOS

A procura da poesía. Vida e obra de Luz PozoGarzaAurora López e Andrés Pociña. Alvarellos.Excelente obra sobre unha das poetas máisdestacadas da literatura galega actual. Complétasecunha antoloxía poética, unha selección defotografías e ilustracións, xunto con opinións dapropia escritora.

Bibliotecarias e bibliotecarios “infames”Francisco Xavier Redondo Abal. Laiovento.Ensaio histórico sobre a represión franquista enGalicia contra bibliotecarios/as e arquiveiros/as daII República comprometidos co proceso dealfabetización da poboación e o achegamento ácultura da lectura a través de diversas iniciativas.

Cociñando con Benigno CamposBenigno Campos. Galaxia.Un novo libro do integrante de A cociña dosLarpeiros. Receitas doadas e tradicionais pararealizar calquera día do ano nas nosas casas.

La economía de las desigualdades: comoimplementar una redistribución justa y eficaz dela riquezaThomas Piketty. Anagrama.O autor mostra como aumentou a desigualdadedurante as últimas tres décadas, a causa dediferentes reformas impositivas que beneficiaron ossectores máis ricos da sociedade, e propón novasideas sobre como elixir as mellores ferramentas deredistribución da riqueza.

Falando Claro: A historia do anarquista ClaroJosé Sendón LamelaPepe Sendón. Alvarellos.Obra que ilustra a figura do anarquista Claro JoséSendón Lamela. Transitarase pola Semana Tráxicaarxentina, polos anos 20 neiorquinos, polo Crack de1929 e a posterior Gran Depresión, pola II Repúblicaespañola, por diferentes episodios do anarquismogalego, polos días previos á sublevación militar e,finalmente, pola Guerra Civil española.

Page 31: Guía de lectura só para ti (1)

30

Fortaleza emocionalTomás Navarro. Planeta.Como podemos aprender a utilizar os recursospsicolóxicos que temos para enfrontarnos ásadversidades que nos atopamos ao longo da vida.Libro de auto-axuda a través de consellos e casosreais.

Galicia: un pobo con futuro? O noso devalodemográficoEdición de Manuel Blanco Desar. Xerais.Na actualidade morren máis galegos dos que nacen,e con ese déficit vital o país vai esmorecendo.

Guía de vinos, destilados y bodegas de Galicia2015 Luis Paadín. Servino Consulting.Guía de recomendacións de viños, bodegas edestilerías galegas realizada polo coñecido catadore sumiller, Luis Padín.

Historia da Literatura Infantil e Xuvenil GalegaCoordinadora Blanca-Ana Roig Rechou. Xerais.Percorrido historiográfico no que se describen asdistintas etapas existentes na constitución dosistema literario infantil e xuvenil galego, atendendoaos factores e axentes que propiciaron a súaconformación e asentamento e á análise das obrasdos xéneros literarios canónicos.

Medo político e control social na retagardafranquistaLucio Martínez Pereda. Xerais.O proceso represivo, non interrompido ao final daguerra, provocou que o medo e a vontade desobrevivir se convertesen nunha forma de xerarpasividade que permeabilizou socialmente aviolencia política entre amplas capas da sociedadegalega.

A memoria esquecida: peladas, presas, paseadasServicio Galego de Igualdade.Un xeito de recuperar a memoria de todas esasmulleres que viviron os horrores dunha guerrafratricida, a represión da posguerra, a tristeza doexilio como unha forma de recoñecemento de todoaquilo que lles foi arrebatado.

Page 32: Guía de lectura só para ti (1)

31

La mirada de Ángel: diario de la madre de unniño con autismoMaría Luisa Fernández. Ediciones del Viento.Un libro que nace, segundo palabras da autora, polanecesidade de sacar fóra os seus sentimentos ecomunicarse co seu fillo con autismo.

Paco de Lucía, el hijo de la portuguesaJuan José Téllez. Planeta.Relato da vida do famoso guitarrista flamenco.

Ramón Otero Pedrayo: Unha fotobiografía1888-1976Edición de Patricia Arias Chachero e AfonsoVázquez Monxardín. Fundación Otero Pedrayo.Magnífica obra, con numerosas fotografías edocumentos gráficos, sobre a vida do patriarca,profesor, escritor e intelectual Don Ramón OteroPedrayo.

Los ritos sociales de la Galicia tradicional:nacimiento, matrimonio, herencias yestamentosAdriana R. Eiroa, Raquel G. Amarelle e RebecaCaneda. Ea editorial.Estudo dos costumes da sociedade galega do XIX eprimeira metade do XX, tendo a familia como centro.

Rosalía Mera: el hilo sueltoXabier R. Blanco. La Esfera de los Libros.Biografía da cofundadora de Zara, desde os seushumildes orixes, pasando por como se fraguou oimperio téxtil, ata o remate da súa vida.

Sala de esperaJosé Luis Sampedro. Plaza & Janés.Vivencias e reflexións recollidas por José LuisSampedro nos seus últimos anos.

Page 33: Guía de lectura só para ti (1)

32

La salud como negocioCoordinador Pablo Vaamonde. Laiovento.Unha obra que pretende denunciar o que estánrealizando os gobernantes coa sanidade,executando un implacable desmantelamento paraconvertela en obxecto de negocio.

El síndrome de Rebeca: guía para conjurarfantasmas amorososCarmen Posadas. Planeta.Con humor, este libro axudaranos a esquecer aspantasmas amorosas do pasado, a non comparaloscoas novas relacións e non ter celos dos antigosamores das nosas parellas.

O soño galego de Julio CortázarFrancisco X. Fernández Naval. Linteo.Libro editado coma homenaxe polo seu centenario.Achéganos á relación que tivo Cortázar con Galicia eo mundo dos galegos.

Vintage: 30 pasteles de inspiración vintageZoe Clark. Juventud.Dez titoriais para a realización de preciosos pasteis,cupcakes...etc, cun toque vintage.

Page 34: Guía de lectura só para ti (1)

33

DVD

Amanece en EdimburgoDirixida por Dexter Flechter. Protagonizada porPeter Mullan, Antonia Thomas, Jason Flemyng.Filmax Home Vídeo.Tamén dispoñible en Blu-Ray.Adaptación cinematográfica da obra teatral musical“Sunshine on Leith”. Un xogo de amor desenvolvido atres bandas no que están envoltos Davy e Ally, dousamigos escoceses recentemente licenciados noexército que tratan de adaptarse á vida civil conbastantes dificultades.

Blue JasmineDirixida por Woody Allen. Protagonizada porCate Blanchett, Alec Baldwin, Sally Hawkins.Warner Bros. Entertainment España.Tamén dispoñible en Blu-Ray.Jasmine é unha muller cuxo obxectivo foi casarsecon alguén adiñeirado para gozar dunha luxosavida e con ela achegarse á alta sociedade. Trasatoparse sen diñeiro e sen casa, só lle queda vivirbaixo as aparencias e o desexo de alcanzarnovamente unha vida que xa non lle pertence.

En la casaDirixida por François Ozon. Protagonizada porFabrice Luchini, Ernst Umhauer, Kristin ScottThomas. Cameo Media.Un profesor de literatura francesa falto deentusiasmo polo escaso interese do seu alumnado,descobre, asombrado, nun deles un sorprendentetalento literario, a través dunha serie de relatos nosque trata de entrar na intimidade da familia duncompañeiro de clase.

GravityDirixida por Alfonso Cuarón. Protagonizada porSandra Bullock e George Clooney.Warner Bros. Entertainment España.Tamén dispoñible en Blu-Ray.Dous astronautas vense envolvidos nun desastredurante un paseo espacial rutineiro. Convertidos ennáufragos, a angustia, a desesperación e a loita antea adversidade fará que se aferren á vida con cada vezmenos posibilidades de sobrevivir.

Page 35: Guía de lectura só para ti (1)

34

InvasorDirixida por Daniel Calparsoro. Protagonizadapor Alberto Ammann, Antonio de la Torre, KarraElejalde. Paramount Spain.Tras sufrir un atentado nunha misión de paz en Irak,un médico militar español négase a aceptar a versiónoficial dos feitos enfrontándose ao silencio cómplicedas autoridades e dos seus propios compañeiros.Algunhas localizacións desta película foron filmadasna costa coruñesa.

El mayordomoDirixida por Lee Daniels. Protagonizada porForest Whitaker, Oprah Winfrey, DavidOyelowo. Aurum.Tras perder o seu pai a mans do patrón da súaplantación de algodón en Xeorxia durante os anos20, o pequeno Cecil aprende as tarefas e funcións demordomo. Tres décadas despois entrará ao servizoda Casa Branca, onde coñecerá ata oito presidentesnorteamericanos e vivirá de cerca a loita polaigualdade e os dereitos humanos.

PresentimientosDirixida por Santiago Tabernero e baseada nanovela de Clara Sánchez. Protagonizada porEduardo Noriega, Marta Etura, Irene Escolar.Cameo Media.A procura do amor perdido a través do retrato dunhaparella vinda a menos que trata de afastarse da súarutina mediante unha escapada á praia. Tras verseenvoltos nun accidente, comeza unha mutuaprocura nunha paisaxe descoñecida que os obrigaráa tomar importantes decisións. Unha complexareflexión sobre o amor e as relacións de parella comoinstitución, sobre a fidelidade e o desexo.

Page 36: Guía de lectura só para ti (1)

35

CD

Lúas de outubro e agostoGuadi Galego. Fol Música.A cedeirá toma unha nova dirección na súa andainamusical internándose no pop, presentando estacolección de temas propios cun nexo común, amuller e a tradición matriarcal galega. Proposta degran calado entre o público tal e como o demostranas tres mil copias vendidas en apenas dous meses.

RústicaCristina Pato, Davide Salvado, Anxo Pintos eRoberto Comesaña. Fol Música.Disco a oito mans e oito temas tradicionais quemestura a mestría da artista Cristina Pato e ocancioneiro de vila recompilado por Davide Salvadoa través de sons de gaita, acordeón, zanfona,pandeiros e a propia voz. Definido pola propiaartista como “unha carta de amor” supón acelebración do 15 aniversario da súa carreira.

SerendipiaNani García Trío. Xingra.Segundo traballo no formato de trío de jazz clásicocon piano liderada polo veterán músico ecompositor coruñés Nani García. Jazz expresivo econfortable de vena introspectiva e romántica,melancólica e meditativa que fará as delicias dequen se achegue por vez primeira a este estilo comoá parroquia máis esixente do xénero.

Page 37: Guía de lectura só para ti (1)
Page 38: Guía de lectura só para ti (1)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com

Síguenos en twitter @bibloleiros