28

hilozoismo

  • Upload
    xenevra

  • View
    2.127

  • Download
    7

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: hilozoismo
Page 2: hilozoismo

Cronoloxía: Iníciase coas obras Proel (1927) e O galo (1928)

de Luís Amado Carballo. Reaparece trala Guerra Civil pois non ten un

compromiso social. Nos anos 60 a poesía social fai que perda forza e

desapareza.

Page 3: hilozoismo

Denominación: Imaxinismo ou hilozoísmo• Imaxinismo: refírese á forma do poema, unha

sucesión de imaxes plásticas.

• Hilozoísmo (do grego materia + vida): termos sinónimos que fan referencia á humanización da paisaxe, todo está dotado de vida.

Page 4: hilozoismo

O hilozoísmo foi un movemento poético propio da vangarda galega, cuxo representante foi Luís Amado Carballo. Nos poemas hilozoístas préstaselle unha grande atención á natureza, a cal aparecece en constante movemento, grazas moitas veces ao uso de imaxes autónomas.

Page 5: hilozoismo

• Tematicamente, a natureza é a grande protagonista, mediante o uso e abuso de prosopopeas. O elemento humano apenas aparece e, cando o fai, fúndese coa paisaxe.

• Emprego abondoso e atrevido de imaxes. Ampla utilización das cores.

• Presenza do elemento plástico e cromático. Predomina o uso do AMARELO, o cal simboliza o desacougo enmascarado pola euforia.

Page 6: hilozoismo

• Presenza do mar, mais visto desde terra, co que se diferencia do creacionismo, onde o mar era visto desde dentro.

• Presenza de estranxeirismos, sobre todo empréstimos do francés e inglés. Isto conecta o hilozoísmo co multilingüísmo das vangardas europeas, o cal lle outorga un certo cosmopolitismo.

Page 7: hilozoismo

Características:• Proximidade á tradición:

- Ten como base a poesía paisaxística xa existente no século XIX (Rosalía).

- Non hai versolibrismo: métrica máis clásica, predominando o verso octosílabo.

- Uso de coplas populares ou de aparencia popular. - Ambientación rural, aparecendo con frecuencia

elementos folclóricos, relixiosidade popular e bucolismo.

Page 8: hilozoismo

• Afastamento da tradición: - A paisaxe está humanizada, animada. Amais o

home aparece coma un elemento máis da paisaxe.

- Uso de elementos típicos das vangardas: o poema é unha resposta instantánea a un estímulo, polo que é breve e carece de argumento.

- É unha poesía sensual, que xoga co mundo dos sentidos.

Page 9: hilozoismo

ABRENTE

   Antr'os teixos piñeirales o rexoubante camiño cingue os chorosos herbales en feixes amañecidos.

   No mar dorretiuse a lua. No peitoril da montana está o sol a madurar antr'unhas nubens de palla.

   A campía aterecida abre os olliños mollados, no dondo berce do abrente con tenro mimo dourado.

As campanas da parroquia brincan na alma do campo como puchos rebuldeiros na esponxa dos toxos bravos.

   No río desperto aboya morta a paisaxe calada na corrente van as cores desfeitas y-esnaquizadas.

   O mozo vento mareiro funga un cantar esquencido que chove frores nas leiras entumecidas de frío.

Page 10: hilozoismo

ABRENTE

   Antr'os teixos piñeirales o rexoubante camiño cingue os chorosos herbales en feixes amañecidos.

   No mar dorretiuse a lua. No peitoril da montana está o sol a madurar antr'unhas nubens de palla.

   A campía aterecida abre os olliños mollados, no dondo berce do abrente con tenro mimo dourado.

Teixos piñeirales

Chorosos herbales

A lúa “derreténdose”

Lúa, sol, nubes... montaña

A campía “abre” os ollos

Page 11: hilozoismo

ABRENTE

   Antr'os teixos piñeirales o rexoubante camiño cingue os chorosos herbales en feixes amañecidos.

   No mar dorretiuse a lua. No peitoril da montana está o sol a madurar antr'unhas nubens de palla.

   A campía aterecida abre os olliños mollados, no dondo berce do abrente con tenro mimo dourado. As campanas da parroquia brincan na alma do campo como puchos rebuldeiros na esponxa dos toxos bravos.

   No río desperto aboya morta a paisaxe calada na corrente van as cores desfeitas y-esnaquizadas.

   O mozo vento mareiro funga un cantar esquencido que chove frores nas leiras entumecidas de frío.

PERSONIFICACIÓNS

Camiño

Herbales

Campía

Campanas

Río

Paisaxe

Vento

Leiras

Page 12: hilozoismo
Page 13: hilozoismo

Amado Carballo nace no seo dunha familia conservadora e ilustrada, con antecedentes no cultivo da literatura. Estudou Maxisterio e Dereito, carreira esta que non acabou. En 1920 marcha a Madrid, onde mantén contacto co mundo bohemio e asiste ás tertulias literarias. Alí comeza o seu labor como xornalista e escritor e publica artigos e textos de creación en poesía e prosa, alternando galego e castelán.

Page 14: hilozoismo

En 1921 volta a Pontevedra, onde frecuentará as tertulias poéticas. En 1922 funda en Pontevedra a revista Alborada, na que se publicará por primeira vez o seu poemario Proel (1927). Aínda en 1922 publícase un número extraordinario da revista no que se inclúe Maliaxe, unha obra en prosa na que Amado mestura intimismo e o neopopularismo. En 1925 publica Os probes de Deus, unha obra menor. Este ano é transcendental na vida de Amado Carballo, xa que contrae a tuberculose que o levará á morte dous anos despois.

Page 15: hilozoismo

O ano seguinte, a súa enfermidade obrígao a pasar unha temporada de retiro en Soutelo de Montes, onde quedará moi impresionado pola paisaxe. Ao seu regreso escribe a maior parte dos poemas de O galo, o seu poemario póstumo, que algúns amigos levarán ao prelo en 1928. Morre con só vinte e seis anos deixando só dous libros de poesía, mais decisivos para a literatura do século XX ao dar inicio a unha importante escola.

Page 16: hilozoismo
Page 17: hilozoismo

A súa obra poética está recollida en dous volumes, Proel, publicado en 1927, e O galo edición póstuma preparada en 1928 por algúns dos seus amigos. Pero as páxinas de Amado Carballo xa estaban amplamente espalladas en anos anteriores, en revistas como A Nosa Terra, Vida Gallega, El Pueblo Gallego, La Concordia ou Galicia.

Page 18: hilozoismo

Lírica a medio camiño entre a tradición (da que toma o tema da paisaxe, a personificación da natureza e das súas forzas presente desde a Idade Media e o gusto polo mundo da terra) e as vangardas (creación de novas imaxes).

1

Page 19: hilozoismo

Supresión do argumento, a anécdota e do sentimento xa que o poema debe ser a resposta instantánea a un estímulo, escolle unha serie de elementos escénicos dentro dunha paisaxe estilizada -o ceo, o sol, o mar- e un acontecemento concreto -unha hora do día, unha festa- reducíndoos a un xogo de liñas e planos cheo de vivacidade sensorial.

2

Page 20: hilozoismo

Case toda a súa obra se sitúa nunha ambientación rural na que aparecen elementos pertencentes á cultura aldeá -os sinos da igrexa, os foguetes da festa, os cruceiros-, elementos todos que conforman unha paisaxe de seu humanizada. Curiosamente na maioría da súa poesía o elemento humano é elidido. Pode chegar a aparecer un eu plural moi característico da poesía vangardista.

3

Page 21: hilozoismo

Humanización da paisaxe mediante unha pintura impresionista cargada de cores amables, que lles dá aos poemas un aire sensorial e lúdico.

4

Lua

A lua é velliña,de brancos cabelos,de enrugas de ouroe de olliños cegos.

Érguese do leitodas foulas do marpalpando os espazospara camiñar.

Anda pol-o mundosin ver a onde vaypoil-as estreliñaslévanna da man.

Envolveita en néboashase de abrigarpois como vai vellatense de coidar.

Page 22: hilozoismo

Mestura imaxes de raíz vangardista con metros e ritmos populares para ofrecer deste xeito unha visión plástica, e animada, da paisaxe.

5

(...)Cando na outa noitebrua o temporala lua antr'as tebrastápase a tremar.

E así qu'o mal tempoamainado vaiasoma a facianay-espalla o luar.

Page 23: hilozoismo

Cosmopolitismo lingüístico con entrada de estranxeirismos 6

NOITE MAREIRA

   No ébano xélido do skating da ría, voltexando ledas esbaraban as luces da vila.

  No fío da praya as dornas durmidas, debruzadas carón da marea nun soño de illas.   

Nas ponlas do vento o trebón pousado era un moucho de negro prumaxo que agoira os naufraxios.

   Unha lua verde penduraba no mouro silenzo un longo surriso de esquelete vello.

Page 24: hilozoismo

O léxico fundamental de Amado Carballo é de base romántico-simbolista (lúa, luar, sol, noite), pero inserido en ocasións nun contexto con elementos irónico-humorísticos.

"As noites de café con leiteendózanse

con coadradiños de luar".

Page 25: hilozoismo

RecursosPresenza dominante de tropos. As imaxes expresan algunha analoxía, ás veces ben lene, entre dous conceptos que o poeta identifica; pártese dalgunha calidade sensibel e procúrase un efecto insólito, que sorprenda o lector.

O sol asóciase analoxicamente á xema do ovo pola cor e forma

"Coa xema do solbate o mar

seu derradeiro cocktail"

o efecto visual da súa unión

co mar no solpor fai que suxira

a inusitada imaxe do cóctel feito

polo movemento das ondas

coa xema do ovo

Page 26: hilozoismo

Combina elementos visuais e auditivos e emprega atrevidas sinestesias, dándonos unha impresión de sorpresa, por mor da inusitada e atrevida irrealidade que ofrece á nosa percepción.

Bebámo-lo cognac musical que fan as charangas roibas.

Page 27: hilozoismo

TABERNA

Chove fóra. Nas pozasaboia a luz do gas.Na lameira da rúaentérrase un cantar.Mariñeiros de Amberes,de Cork e Rotterdam…O acordeón borrachofala inglés, alemán…Na folla do coitelofuxe a luz cal no mar.

Sinala nesta composiciónque elementos

poderiamos dicir que son tradicionais e

cales vangardistas.

Page 28: hilozoismo