13
HISPANIA E GALLAECIA NA ANTIGÜIDADE Selección documental a partir da realizada por Xosé Alfeirán, Ana Brea e Ana Romero ÍNDICE 1. Escenas de caza e recolección mesolíticas 2. Construcións megalíticas en Galicia 3. Os petróglifos galegos 4. Tartesos e o comercio cos gregos 5. As construcións castrexas 6. Os nomes antigos da Península 7. As Casitérides, illas do estaño 8. O Tratado do Ebro de 226 a.C. 9. Viriato e os lusitanos 10. As guerras contra cántabros e ástures 11. Valentía e fereza dos pobos do norte 12. A administración das provincias romanas de Hispania 13. Os pobos prerromanos do noroeste peninsular 14. A riqueza mineira de Hispania 15. A ruina montium 16. As vías romanas no noroeste peninsular 17. A condena do priscilianismo 18. A guerra entre os romanos e o paso dos bárbaros polos Pirineos 19. Os reis suevos da Gallaecia 20. As vicisitudes do reino suevo

HISPANIA E GALLAECIA NA ANTIGÜIDADE · romana se lle chama, xeralmente, Hispania. En lugar de Hispania sería máis correcto escribir ... fenicios foron os que inicialmente, desde

  • Upload
    vokhue

  • View
    229

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: HISPANIA E GALLAECIA NA ANTIGÜIDADE · romana se lle chama, xeralmente, Hispania. En lugar de Hispania sería máis correcto escribir ... fenicios foron os que inicialmente, desde

HISPANIA E GALLAECIA NA ANTIGÜIDADE

Selección documental a partir da realizada por Xosé Alfeirán, Ana Brea e Ana Romero

ÍNDICE

1. Escenas de caza e recolección mesolíticas

2. Construcións megalíticas en Galicia

3. Os petróglifos galegos

4. Tartesos e o comercio cos gregos

5. As construcións castrexas

6. Os nomes antigos da Península

7. As Casitérides, illas do estaño

8. O Tratado do Ebro de 226 a.C.

9. Viriato e os lusitanos

10. As guerras contra cántabros e ástures

11. Valentía e fereza dos pobos do norte

12. A administración das provincias romanas de Hispania

13. Os pobos prerromanos do noroeste peninsular

14. A riqueza mineira de Hispania

15. A ruina montium

16. As vías romanas no noroeste peninsular

17. A condena do priscilianismo

18. A guerra entre os romanos e o paso dos bárbaros polos Pirineos

19. Os reis suevos da Gallaecia

20. As vicisitudes do reino suevo

Page 2: HISPANIA E GALLAECIA NA ANTIGÜIDADE · romana se lle chama, xeralmente, Hispania. En lugar de Hispania sería máis correcto escribir ... fenicios foron os que inicialmente, desde

21. A lista dos reis godos

22. A conversión ao catolicismo de Recaredo

1. Escenas de caza e recolección mesolíticas

Os cazadores mesolíticos representaron en numerosos abrigos e refuxios rochosos diversas

escenas nas que aparecen figuras de animais e persoas que nos remiten a algúns dos seus ritos

e costumes.

2. Construcións megalíticas en Galicia

A maioría das construcións megalíticas teñen un carácter funerario. En Galicia consérvanse

varios miles; denominadas antas e mámoas poden ser de diferente tamaño e tipoloxía

3. Os petróglifos galegos

En Galicia, sobre todo nas áreas costeiras de Pontevedra, son moi frecuentes os gravados en

pedra ao aire libre, os petróglifos; entre os motivos máis representados están as espirais e os

cérvidos.

Page 3: HISPANIA E GALLAECIA NA ANTIGÜIDADE · romana se lle chama, xeralmente, Hispania. En lugar de Hispania sería máis correcto escribir ... fenicios foron os que inicialmente, desde

4. Tartesos e o comercio cos gregos

Na primeira metade do primeiro milenio antes de Cristo (entre o 1000 e o 500 a.C.), en torno

ao tramo final do actual río Guadalquivir, alcanzou un amplo desenvolvemento a cultura de

Tartesos, estreitamente vinculada á explotación das riquezas mineiras da zona e aos

intercambios comerciais con fenicios e gregos

Estes fóceos foron os primeiros gregos en facer tales viaxes por mar e os descubridores do

Adriático, Tirrenia, Iberia e Tartesos. Porque non navegaban en naves redondas, senón en

pentacónteras. Chegados a Tartesos fixéronse amigos do rei dese pobo, chamado Argantonio, que

gobernou Tartesos durante oitenta anos e viviu cento vinte. Os fóceos gañaron a tal punto a súa

amizade que, primeiro, queríalles convencer de que deixasen Xonia e se establecesen no país, onde

eles quixesen; logo, cando veu que non podía convencelos e soubo por eles que o poder dos medos

era cada vez máis florecente, deulles cartos para que construísen unha muralla na súa cidade. E deu

diñeiro sen escatimalo (...). Despois disto, unha nave de Samos, capitaneada por Coleo, navegando

rumbo a Exipto (...), foi desviada (...) polo vento afelio, que non cesou durante toda a viaxe. Foron

levados máis aló das Columnas de Hércules e, pola providencia divina, chegaron a Tartesos. Este

mercado estaba por entón aínda intacto; por iso os samios, ao volver ao seu país, obtiveron do seu

cargamento maiores gananciais que ningún dos gregos de quen teñamos noticia certa.

HERODOTO. Historias. Século V a.C. [grego]

5. As construcións castrexas

No noroeste, desde finais da Idade do bronce e ao longo da Idade do ferro, desenvolveuse a

cultura castrexa que ten no castro e nas súas formas construtivas un dos seus principais

elementos diferenciadores

6. Os nomes antigos da Península

Parece ser que foron os pobos colonizadores (fenicios, gregos, romanos) os que lle deron

nome na antigüidade á actual península. Algúns historiadores elaboraron diversas hipóteses

sobre o significado deses nomes, dos que derivan os actuais Iberia e España, e que están

recollidos nas fontes antigas gregas e romanas.

Page 4: HISPANIA E GALLAECIA NA ANTIGÜIDADE · romana se lle chama, xeralmente, Hispania. En lugar de Hispania sería máis correcto escribir ... fenicios foron os que inicialmente, desde

Parece que o nome máis antigo da península ibérica era Ofiusa (país de serpes). Dende a época

romana se lle chama, xeralmente, Hispania. En lugar de Hispania sería máis correcto escribir

Ispania, da que deriva a forma actual de España. A opinión de Bochart de que este nome remóntase

ao fenicio span, significando país de coellos, apóiase na comparación, completamente caprichosa,

de span co hebreo schapan. Antes dos romanos se lle chamaba Iberia, o país dos iberos, aínda que

este nome non alcanza máis que a costa sur e leste. O nome poético de Hesperia é unha

denominación xeral para occidente. Hispania represéntase nunha moeda de Adriano en forma de

matrona sentada xunto á que está un coello, símbolo do país; sen embargo, polo xeral está armada

coas armas típicas dos iberos: dúas lanzas e un pequeno escudo redondo.

Adolfo SCHULTEN. Hispania [reelaboración].1920 [alemán]

Hispania está envolta polo mar en todas as súas partes, a excepción do lado que limita coa Galia;

nesta zona é moi estreita, pero vaise ensanchando cara ao Mare Nostrum e o Océano, segundo se

avanza cara ao occidente, onde alcanza a súa maior anchura.

Pomponio MELA. Corografía. Século I d.C. [grego]

7. As Casitérides, illas do estaño

As fontes antigas falan da existencia dunhas illas ricas en estaño situadas en Occidente. Os

fenicios foron os que inicialmente, desde Cádiz, comerciaron con elas, mantendo en secreto a

ruta e sacando amplos beneficios dese comercio. Tras diversos fracasos, os romanos acabaron

por controlar tamén esa ruta. A localización desas illas é motivo de polémica entre os

historiadores, que as sitúan en Galicia, Bretaña ou Irlanda.

As illas Casitérides son dez e están situadas moi próximas unhas das outras cara ao noroeste do

porto dos Ártabros, en alta mar. (...) teñen minas de estaño e chumbo e peles que [os seus

habitantes] cambian cos comerciantes por cerámica, sal e obxectos de bronce. Antes [dos romanos]

unicamente os fenicios realizaban este comercio desde Gades, ocultando a todos a ruta marítima, e

cando os romanos perseguiron a certo navegante para coñecer aqueles emporios, este,

voluntariamente, embarrancou o seu barco nuns baixos e arrastrou á mesma desgraza aos que o

seguían.

ESTRABON. Xeografía. Século I [grego]

8. O Tratado do Ebro de 226 a.C.

No ano 226 a.C., Roma e Cartago asinaron un tratado de reparto de zonas de influencia na

península ibérica, fixando no río Ebro os seus límites; porén, mantívose unha forte inimizade

entre ambas potencias polo control do Mediterráneo occidental e unha diferente

interpretación sobre a liberdade das colonias gregas asentadas ao sur do Ebro. No 218 os

Page 5: HISPANIA E GALLAECIA NA ANTIGÜIDADE · romana se lle chama, xeralmente, Hispania. En lugar de Hispania sería máis correcto escribir ... fenicios foron os que inicialmente, desde

cartaxineses atacaron a colonia grega de Sagunto, o que provocou o enfrontamento cos

romanos.

Os cartaxineses, atraídos polo botín que Iberia ofrecía, envían aló outro exército, á fronte do cal

poñen a Asdrúbal, xenro de Barca, entón en Iberia. (...) Asdrúbal someteu moitos pobos de Iberia

aos cartaxineses, gañándoos pola persuasión e o encanto da súa elocuencia, na que sobresaía entre

todos; cando había de actuar pola forza utilizaba ao xove Aníbal. Por este procedemento, desde o

océano occidental, penetrou polo interior de Iberia ata o río Íber, que divide Iberia case pola

metade, a cinco días de distancia dos Pirineos, e desemboca no mar setentrional. Pero os

saguntinos, colonos de Zacinto, establecidos a igual distancia dos Pirineos e do Íber, e os restantes

pobos gregos establecidos arredor de Emporion e outros lugares de Iberia, acudiron cunha legación

aos romanos. O Senado, non querendo que prosperase demasiado a potencia de Cartago, enviou

legados a esta cidade. Fíxose un convenio entre as dúas partes que o límite do imperio cartaxinés en

Iberia fose o río Íber, máis aló do cal nin os romanos atacarían aos pobos suxeitos aos cartaxineses,

nin os cartaxineses poderían levar a cabo a guerra; pero a liberdade e autonomía dos saguntinos e

dos restantes gregos de Iberia sería respectada. Estes acordos foron sancionados por ambas partes

cun tratado.

APIANO. Iberia. Século II d.C. [grego]

9. Viriato e os lusitanos

Desde as costas mediterráneas os romanos foron penetrando cara ao interior da Península

enfrontándose cos diferentes pobos que habitaban nela. Os lusitanos, dirixidos por Viriato,

ofreceron unha dura resistencia a ser sometidos entre o 147-139 a.C.

Os lusitanos foron ao principio, por falta dun adecuado xefe, unha presa fácil nas súas loitas con

Roma, pero logo, cando apareceu Viriato, causaron serias perdas aos romanos. Este Viriato era dos

lusitanos, quen habitaban xunto ao océano. Pastor desde a nenez, coñecía ben as montañas. A esta

forma de vida axudoulle enormemente a súa complexión física, posto que en fortaleza, en rapidez,

axilidade e destreza era case sempre moi superior aos restantes iberos. Acostumado así a un réxime

de escaso alimento, moito exercicio e tempo indispensable de sono, nunha palabra, vivindo

constantemente en armas e en permanente rivalidade coas feras salvaxes e os ladróns, logrou moita

fama entre a plebe, que o elixiu como ao seu xefe, e en pouco tempo reuniu no seu arredor a unha

banda de ladróns. Polos seus éxitos na guerra, gañou reputación, non só como guerreiro senón

tamén polas súas excepcionais calidades como xeneral. Era, ademais, xusto no reparto do botín e,

segundo as fazañas de cada un, colmaba de regalos a aqueles dos seus homes que se distinguiran

pola súa valentía. Pouco despois, proclamouse a si mesmo señor, xa non ladrón, e tomando as

armas contra os romanos, derrotounos en moitas batallas. Viriato, o xefe de ladróns lusitano, era

xusto no reparto do botín, pois recompensaba segundo o mérito, dando regalos mellores a aqueles

dos seus homes que se distinguiran polo seu valor, sen apropiarse para si de nada que pertencera á

reserva común. Por iso, os lusitanos lle seguían entusiastas no combate e honrábano como ao seu

benfeitor e salvador común.

Page 6: HISPANIA E GALLAECIA NA ANTIGÜIDADE · romana se lle chama, xeralmente, Hispania. En lugar de Hispania sería máis correcto escribir ... fenicios foron os que inicialmente, desde

Diodoro SÍCULO. Historia Universal. Século I d.C. [grego]

10. As guerras contra cántabros e ástures

Os romanos conquistaron a franxa norte da Península derrotando aos cántabros e ástures; as

campañas militares entre o 29-19 a.C. foron dirixidas polo propio emperador Augusto.

En occidente, case toda Hispania fora pacificada, salvo a parte próxima aos acantilados da fin dos

Perineos que baña o océano citerior. Aquí dous pobos moi valorosos, os cántabros e os ástures,

vivían libres e independentes. Os cántabros foron os primeiros, os máis enérxicos e os máis

pertinaces na rebelión, pois non contentos con defender a súa propia liberdade, intentaban incluso

someter aos seus veciños e castigaban os vacceos, os turmogos e os autrigóns con frecuentes

incursións. Contra eles, (...) non enviou César [Augusto] unha expedición senón que asumiuna el

mesmo. Persoalmente chegou a Segisama [Sasamón, Burgos], instalou o campamento e desde alí,

cun triplo exército, envolveu Cantabria e encerrou a este pobo fero, como bestas nunha rede. Nin

sequera houbo paz pola parte do océano, pois a flota atacounos tamén sobre as mesmas costas dos

inimigos. Primeiro combateuse contra os cántabros, baixo a muralla de Bergida. Desde aquí fuxiron

ao monte Vindio, tan alto que pensaban que aos romanos seríalles máis fácil escalar o mar océano.

En terceiro lugar, a cidade de Aracelium [Aradillos, Santander] ofreceu moita resistencia, pero a fin

foi tomada. En último lugar chegou o asedio do monte Medulio, rodeado sen interrupción por unha

fosa que se estendía ao longo de vintecinco quilómetros, e cando os bárbaros se viron rodeados por

todas partes polos romanos e que chegara a súa última hora, con fogo, coa espada nos banquetes, e

co veleno que alí se extrae facilmente do teixo, rivalizaban en adiantar a súa morte e libráronse, a

maior parte deles, dunha catividade que entón, a este pobo indómito, lle parecía peor que a

morte.(...) Por entón, os ástures, cun gran exército, descenderan dos montes nevados e, (...) tras

dispoñer os seus campamentos xunto ao río Astura [Esla] e dividido o seu exército en tres partes,

preparáronse para asaltar simultaneamente tres campamentos romanos. E tería sido un combate

incerto e sanguento (...) cun plano tan ben concibido, se non fose revelado polos brigaecinos; grazas

ao seu aviso, acudiu Carisio cun exército. Frustrar os seus planos supuxo a vitoria, e aínda así en

combate cruento. (...) Isto foi, para Augusto, a fin das súas campañas, e tamén a fin da rebelión de

Hispania.

L.A. FLORO. Epítome de Tito Livio. Século II d.C. [latín]

11. Valentía e fereza dos pobos do norte

Os romanos ao enfrontarse cos diversos pobos que vivían na península foron recollendo e

relatando os principais acontecementos das diferentes campañas. Os pobos do norte

destacaron por súa fera resistencia, preferindo a morte antes de caer prisioneiros.

Xunto a estraños costumes, víronse e contáronse outros moitos sobre os pobos ibéricos en xeral,

pero, sobre todo, dos do norte, non só sobre a súa valentía, senón tamén sobre a súa fera dureza.

Así, unhas nais mataron aos seus fillos antes de que caeran prisioneiros nas guerras cántabras; e un

Page 7: HISPANIA E GALLAECIA NA ANTIGÜIDADE · romana se lle chama, xeralmente, Hispania. En lugar de Hispania sería máis correcto escribir ... fenicios foron os que inicialmente, desde

neno, por orde de seu pai, matou a este e aos seus irmáns que estaban prisioneiros cun ferro que

collera; e unha muller matou aos demais prisioneiros (...). Estas características son comúns aos

pobos célticos, tracios e escíticos; tamén é común a valentía, tanto dos homes como das mulleres.

ESTRABÓN. Xeografía. Século I [grego]

12. A administración das provincias romanas de Hispania

Tras o dominio completo da Península por Roma, o emperador Augusto reorganizou a

administración romana, dividindo os territorios en tres provincias: Bética, Lusitania e

Tarraconense, cada unha delas con diferentes gobernadores.

Actualmente, das provincias que foron declaradas, unhas propiedade do pobo e o Senado e outras,

do emperador de Roma, a Bética pertence ao pobo e para gobernala, envían a un pretor, cun

cuestor e un legado subordinados a el. A súa fronteira oriental situouse nos arredores de Cástulo, e

o resto pertence ao César. Este envía alí a dous legados, pretoriano e consular respectivamente, dos

que o pretoriano, asistido á súa vez por outro legado, ten como misión a de administrar xustiza aos

lusitanos, que limitan coa Bética e esténdense ata o río Douro e a súa desembocadura, pois na

actualidade aplican o nome de Lusitania especificamente a esta rexión. Aquí encóntrase a cidade de

Augusta Emérita. O resto, que constitúe a maior parte de Iberia, encóntrase baixo o gobernador

consular, que ten ás súas ordes un importante exército de tres lexións e tamén tres legados. Un dos

legados, ao mando de dúas lexións, vixía todo o territorio ao norte do Douro; os seus habitantes (...)

son chamados galaicos hoxe en día. Limitan coas cordilleiras setentrionais, e cos ástures e os

cántabros (...). A seguinte rexión, paralela ás montañas ata os Pirineos, correspóndelle ao segundo

legado, coa outra lexión. O terceiro vixía o interior, atendendo os asuntos dos chamados togados,

isto é, pacíficos e transformados, coas súas togas, a súa suavidade e o seu modo de vida itálico.

Estes son os celtiberos e os pobos que viven xunto a eles, a ambos lados do Íber [Ebro] ata os

territorios próximos ao mar. En canto ao gobernador, pasa o inverno administrando xustiza nas

rexións costeiras, principalmente en Cartago Nova e Tarraco e no verán percorre a provincia

inspeccionando constantemente as cousas que deben ser melloradas. Hai tamén procuradores do

César, de rango ecuestre, que distribúen entre os soldados o diñeiro necesario para o seu

mantemento.

ESTRABÓN. Xeografía. Século I d.C. [grego]

13. Os pobos prerromanos do noroeste peninsular

As descricións dos autores gregos e romanos permítenos coñecer os nomes e os costumes dos

distintos pobos que viviron na Península antes da conquista romana, así como a súa

distribución dentro dos límites da nova organización administrativa imposta por Roma.

[Despois dos cántabros] están os 22 pobos dos ástures, divididos en augustanos e transmontanos

[estes habitaban entre a cordilleira Cantábrica e o mar], con Astúrica, magnífica cidade. Fronte a

Page 8: HISPANIA E GALLAECIA NA ANTIGÜIDADE · romana se lle chama, xeralmente, Hispania. En lugar de Hispania sería máis correcto escribir ... fenicios foron os que inicialmente, desde

estes están os gigurros, os paesicos, os lancienses e os zoelas. O número de toda a poboación é de

240.000 homes libres. O convento lucense ten ademais dos célticos e lemavos, 16 pobos de nome

descoñecido e bárbaro, pero ten case 166.000 homes libres. Do mesmo modo o convento brácaro ten

24 cidades e 285.000 homes dos que, ademais dos mesmos brácaros poden nomearse sen fastidio os

bíbalos, os coelernos, os callaicos, os equaesos, os límicos e os querquernos.

PLINIO. Historia Natural. Século I d.C. [latín]

14. A riqueza mineira de Hispania

Polas noticias que nos transmiten os autores clásicos coñecemos as principais actividades

económicas da península ibérica na época romana, destacando especialmente a súa riqueza

mineira.

Polibio, mencionando as minas de prata arredor de Cartago Nova, di que son moi grandes, que

están a uns 20 estadios da cidade e que teñen unha periferia de 400 estadios e que nelas traballan

40.000 homes, que proporcionaban entón ao Estado romano 25.000 dracmas por día (...). Do

mineral arxentífero di Polibio que se machuca e se criba en cestos sobre a auga. Despois machúcase

outra vez o que quedou e se isto se peneirou e quitou a auga, machúcase ben outra terceira vez. O

quinto sedimento fúndese e dá a prata pura, despois de ter quitado o chumbo. Aínda hoxe hai estas

minas de prata, pero xa non son do Estado nin por alí nin por outros sitios, senón que pasaron a

propiedade particular. Só as minas de ouro, na súa maior parte, aínda hoxe pertencen ao Estado. En

Cástulo e outros sitios hai minas de chumbo que pertencen a particulares. Tamén este chumbo ten

algo de prata, pero non bastante para que sexa proveitoso ao limpalo. Non moi distante de Cástulo

está tamén a serra que, segundo din, dá orixe ao Betis e que chaman a Serra da Prata, a causa das

minas de prata que hai nela. Polibio di que o río Anas e o Betis veñen da Celtiberia e que distan un

do outro 900 estadios. Porque os celtiberos, estendendo o seu territorio, estenderon tamén o seu

nome por toda a rexión lindante.

ESTRABÓN. Xeografía. Século I d.C. [grego]

15. A ruina montium

Os romanos tamén se interesaron pola riqueza mineira do noroeste peninsular. Entre as

explotacións realizadas destacaron as minas de ouro das Médulas que foron explotadas polo

procedemento da ruina montium: o xacemento era minado por unha rede de galerías

escavadas nas que se introducían auga a presión que provocaba os seu derrubamento.

Page 9: HISPANIA E GALLAECIA NA ANTIGÜIDADE · romana se lle chama, xeralmente, Hispania. En lugar de Hispania sería máis correcto escribir ... fenicios foron os que inicialmente, desde

16. As vías romanas no noroeste peninsular

Para facilitar os intercambios e a administración e goberno do territorio, os romanos

construíron diferentes vías de comunicación que unían as diversas cidades.

17. A condena do priscilianismo

A finais do século IV, as ideas de Prisciliano tiveron unha grande aceptación popular na

Gallaecia. Executado por herexía, as súas doutrinas foron perseguidas e condenadas pola

Igrexa, condenación que nos permite coñecer o que defendía.

Se alguén, ademais da Santa Trindade, introduce outros non sei que nomes da divindade, dicindo

que na mesma divindade hai a trindade da trindade, como afirman os gnósticos e Prisciliano, sexa

anatema.

Se alguén non venera verdadeiramente a natividade de Cristo segundo a carne, senón que finxe

honrala facendo xaxún naquel día e en domingo, porque non cre que Cristo naceu con verdadeira

natureza de home, como afirmaron Cedrón, Marción, Maniqueo e Prisciliano, sexa anatema.

Se alguén di que as almas humanas pecaron primeiramente nas moradas celestiais, e que por iso

foron arroxadas á terra en corpos humanos, como afirmou Prisciliano, sexa anatema.

Se alguén cre que o diaño fixo no mundo algunhas criaturas e que el de propia autoridade produce

os tronidos, lóstregos, tempestades e secas, como afirmou Prisciliano, sexa anatema.

Page 10: HISPANIA E GALLAECIA NA ANTIGÜIDADE · romana se lle chama, xeralmente, Hispania. En lugar de Hispania sería máis correcto escribir ... fenicios foron os que inicialmente, desde

Se alguén cre que os doce signos siderais, que adoitan ser observados polos astrónomos, están

dispostos por cada un dos membros da alma ou do corpo, e que se lles aplica os nomes dos

patriarcas, como o afirmou Prisciliano, sexa anatema.

Se algún clérigo ou monxe ten na súa compaña algunhas mulleres como adoptivas, que non sexan a

nai, irmá, ou tía, ou outras unidas a el con parentesco próximo e convive con elas, como ensinou a

seita de Prisciliano, sexa anatema.

Se alguén condena os matrimonios humanos, e aborrece a procreación dos que van nacer, como

afirmaron Maniqueo e Prisciliano, sexa anatema.

Disposicións acordadas no Concilio I de Braga. Século IV [latín]

18. A guerra entre os romanos e o paso dos bárbaros polos Pirineos

A comezos do século V, en Occidente, os romanos estaban enfrontados entre eles polo

control do poder imperial. No caso de Hispania, a familia do emperador Honorio defendeu os

pasos dos Pirineos, fronte ao usurpador Constantino. Este enfrontamento debilitou o poder

romano, facilitando a entrada na península dos suevos, vándalos e alanos.

Dous xoves irmáns, nobres e ricos, Didimo e Veriniano [primos de Honorio, emperador lexítimo]

tramaron (...) defenderse a si mesmos e a súa patria contra o usurpador [Constantino III, emperador

proclamado polas lexións de Britania e da Galia no 407] (...).Contra eles enviou Constantino ás

Hispanias ao seu fillo Constante (...) na compaña dalgúns bárbaros (...) recrutados como soldados

regulares, chamados honoriacos. De aquí procede o primeiro azote do mal para as Hispanias. Pois,

mortos aqueles dous irmáns que pretendían defender coas súas forzas privadas a cordilleira dos

Pirineos, estes bárbaros recibiron en primeiro lugar, como prezo pola súa victoria, permiso para

saquear os campos palentinos, e, nun segundo lugar, foron encargados da vixilancia do citado

monte e dos seus desfiladeiros (...). Pouco despois [no 409] os honoriacos (...) deixaron entrar nas

provincias das Hispanias a todos os pobos que deambulaban polas Galias, e uníronse eles mesmos a

estes.

Paulo OROSIO. Historia contra os pagáns. Século V [latín]

19. Os reis suevos da Gallaecia

No 406, os suevos, vándalos e alanos penetraron en Hispania. Tras diversas vicisitudes, os

suevos asentáronse na Gallaecia, principalmente en torno a Braga, establecendo un reino

independente desde o 409 ata o 585. As crónicas conservadas permítenos coñecer os nomes

dos seus reis, aínda que non todos.

Hermérico 409-438

Hermérico e Rékhila 438-441

Rékhila 441-448

Page 11: HISPANIA E GALLAECIA NA ANTIGÜIDADE · romana se lle chama, xeralmente, Hispania. En lugar de Hispania sería máis correcto escribir ... fenicios foron os que inicialmente, desde

Rekhiario 448-456

Axiulfo 456-457

Framtan 457

Remismundo e Maldras 457-460

Remismundo e Frumario 460-464

Remismundo, rei único 464-469

[reis descoñecidos]

Kharriarico (?) 550-559 (?)

Ariamiro 558/59-561

Teodomiro 561-570

Miro 570-583

Eborico 583-584

Audeca 584-585

Xosé ORLANDIS. Historia do reino visigodo español. 1988 [cast.]

20. As vicisitudes do reino suevo

Tras a súa derrota no 456 fronte aos godos, os suevos dividíronse en bandos que se

disputaban o poder. No 464, Remismundo logrou impoñer o seu dominio en toda a Gallaecia

e en parte da Lusitania, territorios que conformaron o reino suevo ata a súa desaparición no

585. Tamén os suevos viviron a división relixiosa entre arriáns e católicos.

Morto Rechiario [no 457], os suevos que quedaran na parte extrema da Gallaecia, elixen por rei a

Maldras, fillo de Masila. Logo, divididos en dous bandos, uns recoñecen por rei a Frantan, e outros

a Maldras. Pouco despois, morto Frantan, os seus partidarios seguen a Remismundo. Concertada a

paz con Maldras, depredan a un tempo as rexións da Lusitania. Degolado Maldras [no 460] xorde a

disputa pola potestade do reino entre Frumario e Remismundo. Frumario, cos suevos que

capitaneaba, asolou o convento da cidade Flaviense, facendo horribles estragos; mentres

Remismundo devasta de igual xeito os lugares veciños dos Aurixenses e os marítimos do convento

lucense. Morto Frumario [no 464], Remismundo, reunidos todos os suevos baixo a súa autoridade,

restableceu a paz cos galaicos, envía legados en solicitude de alianza a Teodorico, rei dos godos, do

que recibe armas e a que sería a súa esposa. Logo pasa á Lusitania, entra con enganos de paz en

Coímbra e a saquea; ademais apoderase de Lisboa (...). No seu tempo, Ayax, gálata de nación, que

apostatara abrazando o arrianismo, predica entre os suevos combatendo, coa axuda do seu rei, a fe

católica e a divina trindade, traendo ese virus pestífero da Galia dos godos, e infectando a toda a

nación sueva (...). Moitos reis suevos permaneceron despois na herexía arriana, ata que subiu ao

trono Teodomiro [no 561] quen (...) logrou que os suevos volvesen á fe católica, mediante a

predicación de Martín, bispo do mosteiro de Dumio.

Isidoro de HISPALIS. Historia dos reis dos godos, vándalos e suevos. Século VII [latín]

Page 12: HISPANIA E GALLAECIA NA ANTIGÜIDADE · romana se lle chama, xeralmente, Hispania. En lugar de Hispania sería máis correcto escribir ... fenicios foron os que inicialmente, desde

21. A lista dos reis godos

Desde o 415 ata o 711, os reis godos gobernaron sobre maior ou menor extensión de territorio

na Península. A lista dos seus reis foi aprendida por moitos escolares en España en épocas

pasadas, xa que moitos historiadores e políticos de ideoloxía conservadora os consideraron

como un antecedente da unidade de España

Ataulfo 410-415

Sixérico 415

Walia 415-418

Teodomiro I 418-451

Turismundo 451-453

Teodorico II 453-466

Eurico 466-486

Alarico II 484-507

Xesaleico 507-510

Rexencia de Teodorico, o Ostrogodo 510-526

Amalarico 526-531

Theudis 531-548

Theudiselo 548-549

Axila 549-555

Atanaxildo 555-567

Liuva I 567-568

Liuva I e Leovixildo 568-571/72

Leovixildo 571/572-586

Recaredo 586-601

Liuva II 601-603

Witérico 603-610

Gundemaro 610-612

Sisebuto 612-621

Recaredo II 621

Suíntila 621-631

Sisenando 631-636

Chíntila 636-639

Tulga 639-642

Chisdasvinto 642-649

Chisdasvinto e Recesvinto 649-653

Resesvinto 653-672

Wamba 672-680

Ervixio 680-687

Exica 687-698/700

Exica e Witiza 698/700-702

Witiza 702-710

Rodrigo 710-711

Page 13: HISPANIA E GALLAECIA NA ANTIGÜIDADE · romana se lle chama, xeralmente, Hispania. En lugar de Hispania sería máis correcto escribir ... fenicios foron os que inicialmente, desde

Xosé ORLANDIS. Historia do reino visigodo español. 1988 [cast.]

22. A conversión ao catolicismo de Recaredo

Os visigodos, cando penetraron na Península, tiñan como relixión a cristiá arriana, o que lles

enfrontaba coa maioría da poboación de orixe romana que eran fieis da cristiá católica. No

ano 589, o rei Recadero converteuse ao catolicismo, medida que incrementou a unidade do

reino e a desaparición das diferenzas entre godos e hispanorromanos.

Na era DCXXIIII [589], no ano terceiro do imperio de Mauricio, morto Leovixildo, foi coroado rei o

seu fillo Recaredo. Estaba dotado dun gran respecto á relixión e era moi distinto de seu pai en

costumes, pois o pai era irrelixioso e moi inclinado á guerra; el era piadoso pola fe e preclaro pola

paz. Aquel aumentaba o imperio da súa nación co emprego das armas; este ía engrandecelo máis

gloriosamente co trofeo da fe. Desde o comezo mesmo do seu reinado, Recaredo converteuse, en

efecto, á fe católica e levou ao culto da verdadeira fe a toda a nación gótica, borrando así a mancha

dun erro enraizado. Seguidamente reuniu un sínodo de bispos das diferentes provincias de Hispania

e da Galia para condenar a herexía arriana. A este concilio asistiu o propio relixiosísimo príncipe, e

coa súa presenza e a súa subscrición confirmou as súas actas. Con todos os seus abdicou da perfidia

que, ata entón, aprendera o pobo dos godos das ensinanzas de Arrio, profesando que en Deus hai

unidade de tres persoas, que o Fillo foi creado consubstancialmente polo Pai, que o Espírito Santo

procede conxuntamente do Pai e do Fillo, que ambos non teñen máis que un espírito e, por

conseguinte, non son máis que un.

Isidoro de HISPALIS. Historias dos reis dos godos, vándalos e suevos. Século VII [latín]