32
DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29032 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia I. DISPOSICIÓNS XERAIS VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA DECRETO 136/2017, do 17 de novembro, de ordenación e funcionamento do Servizo de Gardacostas de Galicia. A Lei 2/2004, do 21 de abril, pola que se crea o Servizo de Gardacostas de Galicia, establece que lle corresponde a este servizo realizar funcións de inspección, prevención e corrección en materia de pesca, marisqueo e acuicultura, desde a súa primeira fase de pro- dución e explotación ata a fase de comercialización nas súas diversas formas, realizando as actuacións necesarias para a protección dos recursos marítimo-pesqueiros e acuícolas. Así mesmo, este servizo ten encomendadas funcións en materia de salvamento maríti- mo, velando polo cumprimento das normas de seguridade e actuando en caso de acciden- tes, sinistros ou emerxencias de calquera tipo que se producen no ámbito marítimo e ex- cepcionalmente noutros ámbitos, que requiren a súa colaboración e participación. Tamén lle corresponde a realización das actuacións necesarias en materia de loita contra a con- taminación mariña accidental a través da prevención, detección, minoración e eliminación das verteduras ao mar, empregando os medios adecuados nestas actuacións. A Lei 2/2004, do 21 de abril, crea tres escalas de persoal funcionario dentro do Servizo de Gardacostas de Galicia, a escala técnica, a escala executiva e a escala de axentes. Esta norma é posteriormente modificada pola Lei 10/2010, do 11 de novembro, que crea unha nova escala de persoal funcionario dentro do Servizo de Gardacostas de Galicia, a escala operativa, coas especialidades de patrón/patroa e mecánico/a. Cumprindo o mandato lexislativo recollido na disposición derradeira primeira da Lei 2/2004, do 21 de abril, ditouse o Decreto 157/2005, do 26 de maio, sobre ordenación e funcionamento do Servizo de Gardacostas de Galicia, que respondía á necesidade dun tratamento específico en materia de persoal para os empregados públicos adscritos a este servizo, derivado sobre todo do réxime de traballo a quendas, das necesidades de dis- poñibilidade, e da obriga de identificación, polo carácter de axente da autoridade deste persoal. Pero outras cuestións non quedaban recollidas no citado decreto, como era a de establecer con precisión as funcións dos diferentes postos de traballo. Ademais, a creación pola Lei 10/2010, do 11 de novembro, da escala operativa, fai necesario unha nova dis- posición que defina e concrete as funcións desta nova escala, e regule as condicións e o CVE-DOG: i71nc2i9-tie1-0k72-ojz4-3py2aosoehi2

I. DIsposIcIóns xeraIs VIcepresIDencIa e consellería De ... · DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29032 Issn Depósito legal c. ttp.xunta.galdiariooficialgalicia I

  • Upload
    buikien

  • View
    223

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: I. DIsposIcIóns xeraIs VIcepresIDencIa e consellería De ... · DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29032 Issn Depósito legal c. ttp.xunta.galdiariooficialgalicia I

DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29032

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

I. DIsposIcIóns xeraIs

VIcepresIDencIa e consellería De presIDencIa, aDmInIstracIóns públIcas e xustIza

DECRETO 136/2017, do 17 de novembro, de ordenación e funcionamento do Servizo de Gardacostas de Galicia.

A Lei 2/2004, do 21 de abril, pola que se crea o Servizo de Gardacostas de Galicia, establece que lle corresponde a este servizo realizar funcións de inspección, prevención e corrección en materia de pesca, marisqueo e acuicultura, desde a súa primeira fase de pro-dución e explotación ata a fase de comercialización nas súas diversas formas, realizando as actuacións necesarias para a protección dos recursos marítimo-pesqueiros e acuícolas.

Así mesmo, este servizo ten encomendadas funcións en materia de salvamento maríti-mo, velando polo cumprimento das normas de seguridade e actuando en caso de acciden-tes, sinistros ou emerxencias de calquera tipo que se producen no ámbito marítimo e ex-cepcionalmente noutros ámbitos, que requiren a súa colaboración e participación. Tamén lle corresponde a realización das actuacións necesarias en materia de loita contra a con-taminación mariña accidental a través da prevención, detección, minoración e eliminación das verteduras ao mar, empregando os medios adecuados nestas actuacións.

A Lei 2/2004, do 21 de abril, crea tres escalas de persoal funcionario dentro do Servizo de Gardacostas de Galicia, a escala técnica, a escala executiva e a escala de axentes. Esta norma é posteriormente modificada pola Lei 10/2010, do 11 de novembro, que crea unha nova escala de persoal funcionario dentro do Servizo de Gardacostas de Galicia, a escala operativa, coas especialidades de patrón/patroa e mecánico/a.

Cumprindo o mandato lexislativo recollido na disposición derradeira primeira da Lei 2/2004, do 21 de abril, ditouse o Decreto 157/2005, do 26 de maio, sobre ordenación e funcionamento do Servizo de Gardacostas de Galicia, que respondía á necesidade dun tratamento específico en materia de persoal para os empregados públicos adscritos a este servizo, derivado sobre todo do réxime de traballo a quendas, das necesidades de dis-poñibilidade, e da obriga de identificación, polo carácter de axente da autoridade deste persoal. Pero outras cuestións non quedaban recollidas no citado decreto, como era a de establecer con precisión as funcións dos diferentes postos de traballo. Ademais, a creación pola Lei 10/2010, do 11 de novembro, da escala operativa, fai necesario unha nova dis-posición que defina e concrete as funcións desta nova escala, e regule as condicións e o

CV

E-D

OG

: i71

nc2i

9-tie

1-0k

72-o

jz4-

3py2

aoso

ehi2

Page 2: I. DIsposIcIóns xeraIs VIcepresIDencIa e consellería De ... · DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29032 Issn Depósito legal c. ttp.xunta.galdiariooficialgalicia I

DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29033

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

procedemento que se debe seguir para a integración na dita escala do persoal funcionario pertencente á escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, en cumprimento do disposto na disposición transitoria única da Lei 10/2010, do 11 de novembro. Esta in-tegración rematará a ordenación do servizo e facilitará a carreira profesional do persoal implicado, permitíndolle optar a participar nos concursos de provisión de postos que se convoquen nesa escala.

O presente decreto persegue, ademais das finalidades anteditas, o establecemento dunha estrutura xerárquica dentro do propio Servizo de Gardacostas de Galicia, e a preci-sión das funcións de cada un dos postos de traballo dentro desa estrutura, especialmente durante o desenvolvemento de determinadas actuacións que exixen a concorrencia de per-soal que, aínda pertencendo ao mesmo servizo, poden proceder de unidades operativas diferentes, así como tamén responder a situacións de cooperación deste persoal con outro persoal procedente de organismos alleos, como poden ser as forzas e corpos de segurida-de do Estado, policía autonómica, policía local, protección civil ou voluntariado.

Este decreto estrutúrase en sete capítulos, unha disposición transitoria, unha derroga-toria e dúas derradeiras.

O capítulo I é o relativo ás disposicións xerais, onde se define que o obxecto deste decreto é a ordenación e a regulación do funcionamento do Servizo de Gardacostas de Galicia e establece como principio básico das relacións funcionais o principio de xerarquía, ao cal se debe adecuar a organización e o funcionamento do servizo.

O capítulo II regula a organización e as funcións principais do servizo, a súa estrutu-ración en órganos e unidades centrais e territoriais e establece que estes últimos se or-ganizarán en unidades operativas. Define as diferentes escalas coas que conta o servizo e as funcións propias delas, que se corresponden coas recollidas nos artigos 3 e 4 da Lei 2/2004, do 21 de abril, a función inspectora, a preventiva e a paliativa. Así mesmo, desenvolve as funcións propias do persoal que integra as catro escalas do Servizo de Gardacostas de Galicia.

O capítulo III está dedicado á regulación dos medios de inspección, que poderán ser te-rrestres, marítimos ou aéreos, e dos elementos de identificación dos membros do servizo, xa que na súa condición de axentes da autoridade se deben identificar como tales ante a cidadanía no exercicio das súas funcións, mediante o uso do correspondente uniforme e levando o carné profesional e a placa insignia.

CV

E-D

OG

: i71

nc2i

9-tie

1-0k

72-o

jz4-

3py2

aoso

ehi2

Page 3: I. DIsposIcIóns xeraIs VIcepresIDencIa e consellería De ... · DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29032 Issn Depósito legal c. ttp.xunta.galdiariooficialgalicia I

DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29034

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

O capítulo IV regula o réxime de actuacións no exercicio das funcións inspectora, pre-ventiva e paliativa. Dentro do exercicio da función inspectora regúlanse os tipos de actua-cións e a documentación utilizada nestas, así como a posibilidade de que o persoal do Servizo de Gardacostas poida actuar en cumprimento de diferentes plans ou programas previamente establecidos e tamén por propia iniciativa ou como consecuencia de orde su-perior, por petición de órganos ou autoridades, ou en virtude de denuncia.

Neste capítulo tamén se regulan os diferentes tipos de actuacións na función inspec-tora, xa que as actuacións dos membros do servizo se realizan a través das diferentes fases de produción, extracción, manipulación, distribución e comercialización dos produ-tos pesqueiros, marisqueiros e acuícolas. Así mesmo, regúlanse as visitas de inspección, citacións e requirimentos e da documentación habitualmente utilizada no exercicio da función inspectora.

O capítulo V é o relativo ao réxime de traballo, ás compensacións e ao réxime discipli-nario. Regula cuestións relativas ao horario e ao réxime de traballo en quendas rotatorias.

O capítulo VI regula as funcións básicas correspondentes aos distintos tipos de posto de traballo existentes no Servizo de Gardacostas de Galicia.

O capítulo VII fai referencia á segunda actividade, ás especificidades retributivas da segunda actividade e á porcentaxe de postos reservados a ela.

A disposición transitoria única regula a integración do persoal da escala da axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia na escala operativa creada pola Lei 10/2010, do 11 de novembro.

A disposición derrogatoria única derroga o Decreto 157/2005, do 26 de maio.

As disposicións derradeiras primeira e segunda regulan, respectivamente, a habilitación para o desenvolvemento normativo deste decreto e a súa entrada en vigor.

Na súa virtude, por proposta conxunta do conselleiro de Facenda e da conselleira do Mar, co referendo do vicepresidente e conselleiro da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, oído o Consello Consultivo, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Ga-licia, na súa reunión do día dezasete de novembro de dous mil dezasete,

CV

E-D

OG

: i71

nc2i

9-tie

1-0k

72-o

jz4-

3py2

aoso

ehi2

Page 4: I. DIsposIcIóns xeraIs VIcepresIDencIa e consellería De ... · DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29032 Issn Depósito legal c. ttp.xunta.galdiariooficialgalicia I

DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29035

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

DISPOÑO:

CAPÍTULO I Disposicións xerais

Artigo 1. Obxecto

Este decreto ten por obxecto a ordenación e a regulación do funcionamento do Servizo de Gardacostas de Galicia, ao cal lle corresponde o exercicio das funcións inspectoras, preventivas e paliativas previstas na Lei 2/2004, do 21 de abril, pola que se crea o Servizo de Gardacostas de Galicia, e desenvolvidas no presente regulamento, consonte o réxime competencial constitucional e estatutariamente establecido.

Artigo 2. Das relacións funcionais

O Servizo de Gardacostas de Galicia adecuará a súa organización e funcionamento ao principio de xerarquía. Os seus membros deberán respectar e obedecer as autoridades e superiores xerárquicos, e observar un trato correcto e esmerado nas súas relacións cos cidadáns e de respecto en relación co persoal funcionario subordinado, así como facilitarlle a este o cumprimento das súas obrigas.

CAPÍTULO IIorganización e funcións do servizo de Gardacostas de Galicia

Artigo 3. Da estrutura

1. O Servizo de Gardacostas de Galicia queda adscrito á consellería competente en materia de pesca con nivel orgánico de subdirección xeral.

2. O Servizo de Gardacostas de Galicia estruturarase en órganos e unidades centrais e territoriais. Os órganos territoriais organizaranse en unidades operativas que dependerán funcionalmente dos órganos centrais e organicamente da xefatura territorial correspondente.

Artigo 4. Funcións do persoal do Servizo de Gardacostas de Galicia

1. O persoal do Servizo de Gardacostas de Galicia realizará as funcións inspectora, preventiva e paliativa consistentes en:

a) Función inspectora: realizar todas aquelas actuacións dirixidas ao control dos esta-blecementos e actividades de explotación dos recursos mariños desde a súa produción ata

CV

E-D

OG

: i71

nc2i

9-tie

1-0k

72-o

jz4-

3py2

aoso

ehi2

Page 5: I. DIsposIcIóns xeraIs VIcepresIDencIa e consellería De ... · DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29032 Issn Depósito legal c. ttp.xunta.galdiariooficialgalicia I

DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29036

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

a súa comercialización e transporte ata o seu consumo final. Igualmente, todas aquelas actuacións dirixidas ao control dos establecementos e actividades que poidan afectar, no seu desenvolvemento, o medio mariño, velando polo cumprimento das normas vixentes na materia, así como as actuacións que contribúan ao cumprimento da normativa vixente en materia de seguridade marítima que hai que desenvolver na explotación dos recursos mariños, realizando os correspondentes informes.

b) Función preventiva: realizar todas aquelas actuacións dirixidas a adoptar medidas de preservación do medio mariño e dos seus recursos, evitando as agresións a el.

c) Función paliativa: realizar todas aquelas actuacións de salvamento e loita contra a contaminación mariña, dirixidas a auxiliar e protexer as persoas, os bens e o medio mariño e asegurar a conservación do medio mariño no ámbito das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Corresponden aos órganos e unidades centrais as seguintes funcións:

a) A organización funcional, a coordinación de todo o persoal e o establecemento das estratexias e directrices do Servizo de Gardacostas de Galicia.

b) A programación xeral das actuacións do Servizo de Gardacostas de Galicia.

c) O seguimento, coordinación e control das actividades programadas. A programación de actividades formativas dirixidas aos membros do Servizo de Gardacostas de Galicia, dentro do seu ámbito de actuación.

d) A elaboración, revisión e actualización de protocolos de actuacións nas operacións en que participen os membros do Servizo de Gardacostas de Galicia.

e) A participación nas actuacións do Servizo de Gardacostas de Galicia.

f) Calquera outra que lle poida ser encomendada ao Servizo de Gardacostas de Galicia, dentro do seu ámbito de actuación.

3. Corresponden ás unidades territoriais as seguintes funcións:

a) Cumprir a programación establecida. Informar os órganos e unidades centrais das súas actuacións, segundo se estableza no protocolo de actuación.

CV

E-D

OG

: i71

nc2i

9-tie

1-0k

72-o

jz4-

3py2

aoso

ehi2

Page 6: I. DIsposIcIóns xeraIs VIcepresIDencIa e consellería De ... · DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29032 Issn Depósito legal c. ttp.xunta.galdiariooficialgalicia I

DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29037

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

b) Elaborar unha proposta de misións, horarios e quendas para o persoal da correspon-dente unidade, que deberán elevala aos órganos e unidades centrais para a súa aprobación.

c) Aqueloutras que se lles poidan atribuír pola normativa vixente en materia de pro-tección de recursos, loita contra a contaminación e salvamento marítimo, ou calquera outra que se lle poida encomendar ao Servizo de Gardacostas de Galicia.

Artigo 5. Escalas do Servizo de Gardacostas de Galicia

1. O Servizo de Gardacostas de Galicia contará coas seguintes escalas de persoal fun-cionario:

a) A escala técnica do Servizo de Gardacostas de Galicia.

b) A escala executiva do Servizo de Gardacostas de Galicia.

c) A escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia.

d) A escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia.

2. As funcións dos membros do Servizo de Gardacostas de Galicia desenvolveranse por terra, mar ou aire, utilizando os medios de que dispoña para tal fin a consellería competen-te en materia de pesca. Excepcionalmente, e sempre e cando as circunstancias operativas así o aconsellen, poderán desenvolver as súas funcións en medios doutros organismos públicos, sempre e cando se establecese instrumento xurídico que ampare o dito uso. Así mesmo, poderán desenvolver as súas funcións en medios privados, logo de consentimento do seu titular.

3. O Servizo de Gardacostas de Galicia tamén poderá contar con persoal da Administra-ción xeral chamado a desenvolver funcións administrativas e de apoio.

Artigo 6. Funcións do persoal que integra a escala técnica do Servizo de Gardacostas de Galicia

1. Corresponderalle ao persoal que integra a escala técnica do Servizo de Gardacostas de Galicia o desempeño das funcións de dirección, planificación e execución das actua-cións do Servizo de Gardacostas.

CV

E-D

OG

: i71

nc2i

9-tie

1-0k

72-o

jz4-

3py2

aoso

ehi2

Page 7: I. DIsposIcIóns xeraIs VIcepresIDencIa e consellería De ... · DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29032 Issn Depósito legal c. ttp.xunta.galdiariooficialgalicia I

DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29038

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

2. En concreto, son funcións do persoal da escala técnica:

a) Ordenar as actuacións que se realizarán nas materias de custodia, protección, vixi-lancia, defensa e control dos recursos mariños de Galicia, salvamento e loita contra a contaminación mariña, impartindo as instrucións necesarias para a súa efectiva execución.

b) Obter e transmitirlles aos superiores xerárquicos a información necesaria para a pro-gramación das actuacións que realizará o Servizo de Gardacostas no cumprimento das súas funcións.

c) Proporlles aos seus superiores xerárquicos a adopción das medidas preventivas ou paliativas que procedan.

d) Dirixir a execución das actuacións das escalas executiva, operativa e de axentes, impartindo as instrucións que procedan para a súa efectiva realización.

e) Transmitirlles ás escalas executiva, operativa e de axentes as ordes de execución de actos administrativos cando así se estableza por disposición ou resolución expresa do órgano competente.

f) Executar materialmente as actuacións que, pola súa complexidade técnica, deban ser asumidas por esta escala.

g) Calquera outra que lle poida corresponder consonte a lexislación vixente.

Artigo 7. Funcións do persoal que integra a escala executiva do Servizo de Gardacos-tas de Galicia

1. Corresponderalle ao persoal que integra a escala executiva do Servizo de Gardacos-tas de Galicia o desempeño das funcións de coordinación, participación e execución das actuacións do Servizo de Gardacostas de Galicia.

2. En concreto, son funcións do persoal da escala executiva:

a) Executar as misións de custodia, protección, vixilancia, defensa e control dos recur-sos mariños de Galicia, salvamento e loita contra a contaminación mariña que lles sexan encomendadas.

b) Dirixir a escala operativa e a de axentes na realización das súas funcións.

CV

E-D

OG

: i71

nc2i

9-tie

1-0k

72-o

jz4-

3py2

aoso

ehi2

Page 8: I. DIsposIcIóns xeraIs VIcepresIDencIa e consellería De ... · DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29032 Issn Depósito legal c. ttp.xunta.galdiariooficialgalicia I

DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29039

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

c) Obter e transmitirlles aos seus superiores xerárquicos a información necesaria para a planificación dos servizos.

d) Participar na formulación dos obxectivos e estratexias do Servizo de Gardacostas de Galicia.

e) Calquera outra que lle poida corresponder consonte a lexislación vixente.

Artigo 8. Funcións do persoal que integra a escala operativa do Servizo de Gardacos-tas de Galicia

1. Corresponderalle ao persoal que integra a escala operativa do Servizo de Gardacos-tas de Galicia o desempeño das funcións de execución, colaboración e apoio ás escalas técnica e executiva.

2. En concreto, son funcións do persoal da escala operativa:

a) Executar as actividades de custodia, protección, vixilancia, defensa e control dos recursos mariños de Galicia, especialmente nas fases de captura ou extracción no mar ou zona marítimo-terrestre.

b) Levar a cabo o control das actividades da acuicultura, transporte e comercialización dos produtos do mar.

c) Participar, segundo o disposto na normativa de aplicación, nas actividades de salva-mento marítimo e loita contra a contaminación mariña.

d) Dirixir o persoal da escala de axentes na realización das súas funcións e obter e transmitir aos seus superiores xerárquicos a información necesaria para a planificación dos servizos.

e) Calquera outra que lle poida corresponder consonte a lexislación vixente.

Artigo 9. Funcións do persoal que integra a escala de axentes do Servizo de Garda-costas de Galicia

1. Corresponderalle ao persoal que integra a escala de axentes do Servizo de Garda-costas de Galicia o desempeño das funcións de execución, colaboración e apoio ás esca-las técnica, executiva e operativa.

CV

E-D

OG

: i71

nc2i

9-tie

1-0k

72-o

jz4-

3py2

aoso

ehi2

Page 9: I. DIsposIcIóns xeraIs VIcepresIDencIa e consellería De ... · DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29032 Issn Depósito legal c. ttp.xunta.galdiariooficialgalicia I

DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29040

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

2. En concreto son funcións do persoal da escala de axentes:

a) Custodiar, protexer, vixiar e defender os recursos mariños de Galicia, e controlar o aproveitamento destes recursos.

b) Vixiar e previr a contaminación mariña, participando nas tarefas de eliminación, coor-dinando e dirixindo o persoal e os medios ao seu cargo.

c) Participar nos labores de salvamento marítimo.

d) Vixiar o funcionamento ordinario de centros e instalacións relacionadas coa produ-ción acuícola e, en xeral, coa conservación do medio mariño.

e) Informar e asesorar os cidadáns e a Administración en asuntos relacionados coa conservación do medio mariño.

f) Dirixir e controlar as actividades, traballos, persoal e medios encomendados polos seus superiores, ocupándose de manter os medios asignados ao servizo en óptimas condi-cións de funcionamento, agás aqueles que exixan unha especialización técnica que requira a participación de terceiras persoas.

g) Efectuar denuncias polas infraccións establecidas na lexislación de protección dos recursos marítimos e realizar as inspeccións que se lles encomenden.

h) Proceder á execución dos actos da Administración cando así se estableza por dispo-sición ou resolución expresa do órgano competente.

i) Calquera outra que lle poida corresponder consonte a lexislación vixente.

CAPÍTULO IIIDos medios e identificación dos membros

do servizo de Gardacostas de Galicia

Sección 1ª. Dos medios de inspección

Artigo 10. Da utilización de medios

Para o desenvolvemento da función inspectora, todo o persoal do Servizo de Gardacostas de Galicia utilizará medios terrestres, marítimos ou aéreos indistintamente, ou unha combi-nación de varios deles, segundo o carácter da misión e seguindo as instrucións recibidas.

CV

E-D

OG

: i71

nc2i

9-tie

1-0k

72-o

jz4-

3py2

aoso

ehi2

Page 10: I. DIsposIcIóns xeraIs VIcepresIDencIa e consellería De ... · DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29032 Issn Depósito legal c. ttp.xunta.galdiariooficialgalicia I

DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29041

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

Sección 2ª. Da identificación dos membros do Servizo de Gardacostas de Galicia

Artigo 11. Da identificación

1. Os membros do Servizo de Gardacostas de Galicia desempeñarán as súas funcións provistos do correspondente uniforme, e levarán o carné profesional e a placa insignia con que acreditarán a súa identidade ante a cidadanía, autoridades, organismos, entidades, empresas e profesionais.

2. Ao inicio de cada actuación e con carácter previo ao seu desenvolvemento, os mem-bros do Servizo de Gardacostas de Galicia deberán identificarse como tales á persoa res-ponsable do buque, vehículo, establecemento, dependencia ou persoa obxecto da ins-pección, mostrando a súa placa e carné profesional.

3. As obrigas contidas nos puntos anteriores soamente se poderán exceptuar naquelas actuacións nas cales sexa preciso garantir o segredo da operación para o mellor resultado e eficacia.

Artigo 12. Dos elementos identificativos

1. Os elementos identificativos dos membros do Servizo de Gardacostas de Galicia serán o uniforme, a placa insignia, o número de axente, o carné profesional e o emblema.

a) Uniforme: o uniforme identificará a persoa usuaria como membro do Servizo de Gar-dacostas de Galicia e a súa posición xerárquica; determinaranse mediante orde as súas pezas de composición, a cor, a situación dos elementos identificativos e os demais elemen-tos que se coiden precisos para facilitar a súa correcta identificación.

b) Placa insignia: a placa identificativa representará o escudo do Servizo de Gardacos-tas de Galicia e deberá conter o número do membro do Servizo de Gardacostas de Galicia. Mediante orde establecerase o escudo, as dimensións e as demais características que deberá conter a placa.

c) Número identificativo: cada membro do Servizo de Gardacostas terá atribuído un número identificativo, que servirá para a súa identificación en todas as actuacións que realice.

CV

E-D

OG

: i71

nc2i

9-tie

1-0k

72-o

jz4-

3py2

aoso

ehi2

Page 11: I. DIsposIcIóns xeraIs VIcepresIDencIa e consellería De ... · DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29032 Issn Depósito legal c. ttp.xunta.galdiariooficialgalicia I

DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29042

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

d) Carné profesional: o carné dos membros do Servizo de Gardacostas de Galicia debe-rá conter o símbolo corporativo da Xunta de Galicia e do Servizo de Gardacostas de Gali-cia, así como a identificación do membro do Servizo de Gardacostas de Galicia, e demais características que se determinen mediante orde.

e) Emblema: o emblema do Servizo de Gardacostas de Galicia conterá elementos alu-sivos ao carácter do servizo e formará conxunto co escudo de Galicia. Mediante orde esta-blecerase o seu uso e características.

2. Cando a persoa titular da subdirección xeral competente en materia de gardacostas ou as persoas titulares das xefaturas dos servizos en que se estruture a dita subdirección xeral non pertenzan ás escalas mencionadas no artigo 5, mentres permanezan neses pos-tos, serán dotados do correspondente uniforme, placa insignia, emblema, número identi-ficativo e carné profesional descritos anteriormente neste artigo, acreditativos do carácter de axentes da autoridade que teñen os membros do Servizo de Gardacostas de Galicia no exercicio das súas funcións.

CAPÍTULO IVDo réxime de actuacións dos membros do servizo de Gardacostas de Galicia

Sección 1ª. Procedementos de actuación

Artigo 13. Tipos de procedementos de actuación

1. No exercicio das súas funcións, o persoal funcionario do Servizo de Gardacostas de Galicia poderá actuar en cumprimento de plans ou programas de actuación ordinarios ou extraordinarios, ou en virtude de denuncias, requirimentos, propia iniciativa ou orde dos superiores xerárquicos.

2. Tamén poderá actuar por solicitude doutras autoridades que, polo procedemento nor-mativamente previsto e no exercicio das súas competencias, demanden a colaboración do Servizo de Gardacostas de Galicia.

3. Cando a natureza dunha determinada actuación así o requira, poderá solicitarse a co-laboración das forzas e corpos da seguridade do Estado, policía autonómica, policía local, gardapescas marítimos e outros colectivos con competencias ou atribucións concorrentes ou conectadas coas propias do Servizo de Gardacostas de Galicia.

CV

E-D

OG

: i71

nc2i

9-tie

1-0k

72-o

jz4-

3py2

aoso

ehi2

Page 12: I. DIsposIcIóns xeraIs VIcepresIDencIa e consellería De ... · DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29032 Issn Depósito legal c. ttp.xunta.galdiariooficialgalicia I

DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29043

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

Sección 2ª. Actuacións no exercicio da función inspectora

Artigo 14. Das actuacións no exercicio da función inspectora

1. A función inspectora terá por obxecto velar polo cumprimento da legalidade vixente nas fases de produción, extracción, manipulación, distribución e comercialización dos produtos pesqueiros, marisqueiros e acuícolas, mediante o exercicio das funcións admi-nistrativas de:

a) Investigación.

b) Realización de actuacións de obtención de información, incluíndo a obtida das bases de datos da propia consellería competente en materia de pesca e asuntos marítimos.

c) Comprobación dos datos exixidos para a obtención de beneficios, incentivos, axudas e subvencións en materias competencia da consellería competente en materia de pesca e asuntos marítimos.

d) As demais que se establezan noutras disposicións ou que lles encomenden as auto-ridades competentes.

2. Para a realización das anteriores funcións observarase o disposto na normativa de protección de datos de carácter persoal, en concreto o previsto nos artigos 4, 5 e 11.2.a) da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

3. Para tal fin poderán inspeccionar embarcacións, vehículos, establecementos de acui-cultura en terra ou mar, lonxas ou centros de venda, industrias transformadoras, medios de transporte, establecementos comerciais e de hostalaría, instalacións portuarias, sen prexuízo das competencias doutros órganos.

4. Tamén formará parte da función inspectora a realización de informes relativos ao cum-primento da normativa vixente en materia de seguridade marítima que haxa que desenvol-ver na explotación dos recursos mariños.

CV

E-D

OG

: i71

nc2i

9-tie

1-0k

72-o

jz4-

3py2

aoso

ehi2

Page 13: I. DIsposIcIóns xeraIs VIcepresIDencIa e consellería De ... · DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29032 Issn Depósito legal c. ttp.xunta.galdiariooficialgalicia I

DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29044

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

Artigo 15. Dos tipos de actuacións inspectoras

A actuación dos membros do Servizo de Gardacostas de Galicia no exercicio das súas funcións inspectoras desenvolverase principalmente mediante:

a) Inspeccións ou actuacións de presenza física nas dependencias ou lugares onde se desenvolvan actividades sometidas ao control do Servizo de Gardacostas de Galicia.

b) Citacións e requirimentos.

c) Exame da documentación, libros ou outro tipo de soporte documental relacionado coas actividades sometidas a control.

d) Exame de datos, denuncias ou informes obtidos doutros organismos, administracións ou entidades ou particulares.

e) Estudo de cantos datos, informes ou antecedentes se poidan procurar legalmente.

Artigo 16. Das visitas de inspección

1. Os membros do Servizo de Gardacostas de Galicia poderán en calquera momento realizar visitas a todas aquelas empresas, actividades e establecementos de calquera tipo dedicados a materias relacionadas coas actividades sometidas ao control do Servizo de Gardacostas de Galicia para a práctica das súas funcións, sen necesidade de comunica-ción previa.

No suposto de necesidade de entrada en domicilios e restantes lugares cuxo acceso requira o consentimento da persoa titular, será necesario obter tal consentimento, ou, na súa falta, a preceptiva autorización xudicial.

2. Durante a visita, os membros do Servizo de Gardacostas de Galicia poderán:

a) Inspeccionar o local e as súas dependencias, realizando as verificacións e compro-bacións que procedan.

b) Solicitar a exhibición da documentación, libros e rexistros que o/a administrado/a teña a obriga legal de levar e teñan relación co obxecto da investigación, co fin de exami-nalos e obter as copias ou reproducións necesarias, con independencia do soporte que as conteña.

CV

E-D

OG

: i71

nc2i

9-tie

1-0k

72-o

jz4-

3py2

aoso

ehi2

Page 14: I. DIsposIcIóns xeraIs VIcepresIDencIa e consellería De ... · DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29032 Issn Depósito legal c. ttp.xunta.galdiariooficialgalicia I

DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29045

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

c) Realizar medicións, tomar mostras, facer fotos, filmacións ou gravacións co fin de deixar constancia do lugar, obxecto ou circunstancia da inspección. O exercicio destas ac-tuacións efectuarase con respecto ás exixencias derivadas da protección do dereito á inti-midade persoal e á propia imaxe das persoas presentes nos espazos obxecto de filmación, as cales deberán ser informadas cando a dita actuación estea amparada pola normativa de aplicación e deberase obter o seu consentimento cando no exista habilitación legal na que se fundamente a inxerencia en tales dereitos.

Artigo 17. Das citacións

1. Os membros do Servizo de Gardacostas de Galicia poderán efectuar citacións co fin de que as persoas titulares ou representantes legais das empresas, actividades ou establecementos de calquera tipo, vehículos e embarcacións, comparezan no lugar que se sinale, para os efectos de facilitar o desenvolvemento da función inspectora, achegar a documentación precisa e canta información se considere necesaria.

2. A citación, que poderá realizarse no momento da inspección mediante o levantamento dunha acta ou por escrito redactado para o efecto, deberá conter como mínimo:

a) O lugar, o día e a hora da comparecencia.

b) O obxecto da comparecencia.

c) A documentación, informes ou datos que se deberán achegar.

d) A identificación do membro do servizo que realiza a citación.

3. A persoa citada poderá acudir acompañada das persoas que a asesoren e estas deberían acreditar a súa condición ante o membro do Servizo de Gardacostas de Galicia.

4. Cando a persoa que compareza o solicite, faráselle entrega dun certificado acredita-tivo dela, expedido polo membro do Servizo de Gardacostas de Galicia ante o que realizou a comparecencia.

5. A citación farase por calquera medio que permita deixar constancia dela e deberase axustar, no relativo á práctica da notificación, ao previsto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

CV

E-D

OG

: i71

nc2i

9-tie

1-0k

72-o

jz4-

3py2

aoso

ehi2

Page 15: I. DIsposIcIóns xeraIs VIcepresIDencIa e consellería De ... · DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29032 Issn Depósito legal c. ttp.xunta.galdiariooficialgalicia I

DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29046

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

Artigo 18. Dos requirimentos

1. Os membros do Servizo de Gardacostas de Galicia, no exercicio das súas funcións, están facultados para requirir das persoas interesadas a presentación ou remisión de do-cumentos ou a execución das actuacións necesarias para o esclarecemento dos feitos obxecto de inspección ou control. Na execución destas medidas, os membros do Servizo de Gardacostas de Galicia deberán aplicar o principio de proporcionalidade e elixir a medi-da menos restritiva, motivar a súa necesidade, así como xustificar a súa adecuación para lograr os fins que se perseguen.

2. O incumprimento do requirimento poderá entenderse como obstrución aos labores de inspección e deberase facer constar tal dato no requirimento.

3. Cando na actuación levada a cabo polos membros do Servizo de Gardacostas de Galicia se constatasen incumprimentos de exixencias ou requisitos normativos, poderan-se requirir as persoas titulares ou representantes da empresa, vehículo, embarcación ou calquera outro tipo de establecemento, a súa emenda co fin de acadar a súa efectiva ade-cuación á normativa vixente.

4. Neste último caso, o requirimento deberá recoller obrigatoriamente as anomalías, deficiencias ou irregularidades observadas, con indicación de prazo para a súa emenda e con apercibimento de que no caso de non atender o requirimento se procederá ao levanta-mento da correspondente acta de infracción.

5. O requirimento farase por calquera medio que permita deixar constancia del.

Artigo 19. Da colaboración

As persoas responsables dos buques pesqueiros, dos vehículos, dos produtos, das empresas ou das instalacións obxecto de inspección prestaranlles aos axentes interve-nientes a súa colaboración para a realización da función inspectora. A falta da devandita colaboración ou a obstrución, se for o caso, ao exercicio da citada función será sancionada consonte o disposto na Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia.

Sección 3ª. Da documentación das actuacións no exercicio da función inspectora

Artigo 20. Dos tipos de documentos

As actuacións do persoal do Servizo de Gardacostas de Galicia no exercicio da función inspectora documentaranse en actas e informes, ademais de calquera outro documento necesario no exercicio das súas actuacións.

CV

E-D

OG

: i71

nc2i

9-tie

1-0k

72-o

jz4-

3py2

aoso

ehi2

Page 16: I. DIsposIcIóns xeraIs VIcepresIDencIa e consellería De ... · DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29032 Issn Depósito legal c. ttp.xunta.galdiariooficialgalicia I

DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29047

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

Artigo 21. Das actas

1. As actas son documentos que redacta o persoal funcionario do Servizo de Garda-costas de Galicia nas cales se recolle o resultado de cada acción inspectora, na que se verifique o cumprimento das disposicións e normativa aplicable. Os membros do Servizo de Gardacostas de Galicia estarán obrigados a levantar acta de todas e cada unha das ac-tuacións inspectoras que desenvolvan, con independencia de se a actuación pode derivar na apertura ou non dun expediente sancionador.

2. As actas de inspección redactadas polo persoal funcionario do Servizo de Gardacos-tas de Galicia terán a condición de documento público e gozarán de eficacia probatoria respecto dos feitos nelas denunciados, sen prexuízo das probas que en defensa dos res-pectivos dereitos e intereses poidan sinalar ou achegar as persoas interesadas.

3. As actas serán asinadas polo membro do Servizo de Gardacostas de Galicia actuan-te e pola persoa coa cal se entendan as actuacións, se for posible, e, en caso contrario, deberán facerse constar as circunstancias que o impidan. A sinatura da acta acreditará o coñecemento do seu contido, o que non suporá a súa aceptación pola persoa asinante.

4. Das actas redactadas entregarase sempre unha copia á persoa con que se entendan as actuacións. No suposto de que esta se negue a recibir a acta ou que non sexa posible a entrega, farase constar tal aspecto nela e entregarase posteriormente ao se lle notificar a incoación do procedemento.

5. As actas conterán, como mínimo, os seguintes datos:

a) Identificación do buque, vehículo, empresa, entidade ou organismo obxecto da actuación.

b) Identificación das persoas responsables ou participantes nos actos obxecto da actuación.

c) Breve descrición dos feitos.

d) Breve descrición da actuación.

e) Indicación do lugar, ano, mes, día e hora de comezo e final da actuación.

CV

E-D

OG

: i71

nc2i

9-tie

1-0k

72-o

jz4-

3py2

aoso

ehi2

Page 17: I. DIsposIcIóns xeraIs VIcepresIDencIa e consellería De ... · DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29032 Issn Depósito legal c. ttp.xunta.galdiariooficialgalicia I

DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29048

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

f) Identificación dos/das axentes actuantes mediante o seu número e indicación dos medios técnicos empregados durante a inspección.

g) Medidas cautelares adoptadas como consecuencia da presunta infracción.

6. No suposto de existir material gráfico ou outro elemento obxectivo que acredite a presunta infracción, incorporaranse á acta como anexos dela.

7. Na redacción das actas terase en conta o disposto sobre o particular na Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, e, sobre os informes de inspección, o disposto no Regulamento de execución (UE) núm. 404/2011 da Comisión, do 8 de abril de 2011, que establece normas de desenvolvemento do Regulamento (CE) núm. 1224/2009 do Consello polo que se establece un réxime comunitario de control para garantir o cumprimento das normas da política pesqueira común.

Artigo 22. Informes

1. Os membros do Servizo de Gardacostas de Galicia emitirán informes por iniciativa propia, por orde dun superior ou por petición do instrutor dos procedementos sancionadores.

2. Cando a emisión do informe se deba á orde dun superior ou por petición do instrutor dun procedemento sancionador, os membros do Servizo de Gardacostas de Galicia esta-rán obrigados a emitir o informe requirido.

3. No suposto de que do levantamento dunha acta derive a apertura dun expediente sancionador, se a persoa instrutora do expediente o require, os/as axentes actuantes emi-tirán un informe ampliado e aclaratorio dos feitos e circunstancias da actuación.

Sección 4ª. Actuacións no exercicio das funcións preventivas e paliativas

Artigo 23. Da función preventiva e paliativa

No exercicio da función preventiva e paliativa, os membros do Servizo de Gardacostas estarán obrigados:

a) A solicitar, valorar e transmitir aos seus superiores xerárquicos cantas informacións e datos sexan de interese para protexer e preservar a vida, os bens, o medio mariño o os seus recursos, e a súa explotación racional.

CV

E-D

OG

: i71

nc2i

9-tie

1-0k

72-o

jz4-

3py2

aoso

ehi2

Page 18: I. DIsposIcIóns xeraIs VIcepresIDencIa e consellería De ... · DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29032 Issn Depósito legal c. ttp.xunta.galdiariooficialgalicia I

DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29049

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

b) A realizar sen demora as actuacións que procedan para auxiliar as persoas que se atopen en situación de risco ou demanden a súa axuda, para asegurar a conservación dos bens e recursos que se atopen en perigo de perda ou deterioración, adoptando cantas medidas sexan necesarias para protexelos.

c) A realizar cantas actuacións sexan necesarias para previr e, se é o caso, minorar ou remediar, situacións de contaminación mariña accidental procedente de terra ou do mar que poidan afectar o medio mariño ou os recursos pesqueiros, marisqueiros e acuícolas.

d) A manter nas mellores condicións de uso os medios destinados pola Administración autonómica para a loita contra a contaminación, constatando, así mesmo, a vixencia e operatividade dos plans de continxencia para facer fronte a episodios contaminantes que teñan aprobados as industrias, establecementos ou axentes con risco potencial de producir contaminación.

e) A prestar a súa colaboración ás institucións e servizos públicos, especialmente para restablecer a normalidade en situacións de emerxencia e catástrofe definidas no artigo 2 da Lei 17/2015, do 9 de xullo, do Sistema nacional de protección civil, e poderán realizar temporalmente, nestes casos, funcións propias doutros servizos alleos ao seu ámbito de actuación, sen que isto supoña asumir as súas competencias, de acordo coas previsións contidas no título preliminar, capítulo II, sección 2ª, da Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público. Estas funcións levaranse a cabo durante o tempo mí-nimo imprescindible que sexa estritamente necesario para preservar os bens xurídicos afectados e só en canto que o servizo competente non se poida facer cargo das súas responsabilidades.

CAPÍTULO VDo réxime de traballo e das compensacións. Réxime disciplinario

Artigo 24. Do réxime de traballo

1. Os membros do Servizo de Gardacostas de Galicia realizarán o seu traballo entre as 00.00 e as 24.00 horas, todos os días do ano, en función das quendas rotatorias que esta-blezan as persoas responsables e que se axustarán aos horarios que se fixen por orde da persoa titular da consellería competente en materia de pesca e asuntos marítimos.

2. Salvo causa de forza maior ou circunstancias excepcionais, a xornada de traballo que debe prestar cada funcionario/a adscrito ao Servizo de Gardacostas de Galicia será a establecida con carácter ordinario para todo o persoal funcionario da Administración xeral

CV

E-D

OG

: i71

nc2i

9-tie

1-0k

72-o

jz4-

3py2

aoso

ehi2

Page 19: I. DIsposIcIóns xeraIs VIcepresIDencIa e consellería De ... · DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29032 Issn Depósito legal c. ttp.xunta.galdiariooficialgalicia I

DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29050

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

de Comunidade Autónoma, sen que exceda o número máximo de horas semanais estable-cidas, computadas como media en períodos que se determinarán mediante orde e distri-buídas diariamente en diferentes quendas.

3. Cada quenda rotatoria de traballo terá unha duración máxima de oito horas de manei-ra continuada, salvo causa de forza maior ou circunstancias excepcionais, en que poderá prolongarse a xornada de traballo o tempo necesario, ata un máximo de catro horas.

4. O persoal funcionario do Servizo de Gardacostas de Galicia non poderá realizar máis dunha quenda dentro da mesma xornada de traballo. Establécese un descanso semanal mínimo de 60 horas consecutivas.

Artigo 25. Das compensacións

1. En virtude de orde da consellería competente en materia de pesca e asuntos maríti-mos determinarase o réxime de compensacións polas funcións realizadas.

2. Estas compensacións poderán ser económicas, que se axustarán ao réxime esta-blecido para o persoal funcionario da Comunidade Autónoma de Galicia, ou de días de descanso.

Artigo 26. Do réxime disciplinario

O réxime disciplinario do persoal funcionario pertencente ao Servizo de Gardacostas de Galicia axustarase ao disposto na normativa básica estatal e na normativa autonómica galega en materia de emprego público, así como ao sinalado na Lei 2/2004, do 21 de abril, no que resulte compatible e non se opoña á normativa básica estatal e autonómica galega en materia de emprego público.

CAPÍTULO VIDos postos de traballo do Servizo de Gardacostas de Galicia

Artigo 27. Dos postos de traballo

1. Os postos de traballo correspondentes ao Servizo de Gardacostas de Galicia determi-naranse na relación de postos de traballo da consellería competente en materia de pesca, tendo en conta o disposto nos artigos seguintes.

CV

E-D

OG

: i71

nc2i

9-tie

1-0k

72-o

jz4-

3py2

aoso

ehi2

Page 20: I. DIsposIcIóns xeraIs VIcepresIDencIa e consellería De ... · DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29032 Issn Depósito legal c. ttp.xunta.galdiariooficialgalicia I

DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29051

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

2. Ao persoal funcionario do Servizo de Gardacostas de Galicia, ademais das funcións xenéricas propias da súa escala, corresponderanlle, en razón do tipo de posto de traballo que ocupe, as que se detallan no presente capítulo.

Artigo 28. Xefatura de Sección de Control e Vixilancia

Baixo a dirección do Servizo de Protección de Recursos, a persoa titular da xefatura de Sección de Control e Vixilancia prestará apoio a todas as actividades organizativas e de execución que lle correspondan ao mencionado servizo en relación co control das activida-des pesqueiras e desenvolverá, especialmente, as seguintes funcións:

a) A coordinación, xunto coa persoa titular da xefatura de Unidade Operativa correspon-dente ou persoa titular da xefatura da Sala de Operacións, das actividades ordinarias das unidades operativas territoriais e dos grupos constituídos para a realización de operacións específicas que desenvolverá o persoal do Servizo de Gardacostas de Galicia.

b) O control da execución das actividades programadas, tanto para as diferentes uni-dades operativas como para os membros das unidades centrais da Subdirección Xeral de Gardacostas.

c) A comprobación, en coordinación coa persoa titular da xefatura de Sección Técnica de Reparación e Mantemento e as persoas titulares das xefaturas das unidades operati-vas, do permanente estado operativo dos vehículos, embarcacións, medios e equipos de inspección.

Artigo 29. Xefatura de Sección Técnica de Reparación e Mantemento

Baixo a dirección do Servizo de Protección de Recursos, a persoa titular da xefatura de Sección de Mantemento responsabilizarase de todas as actividades organizativas e de execución relativas ao mantemento en correcto estado operativo dos medios e equipa-mentos de todo tipo empregados nas actividades do Servizo de Gardacostas de Galicia e desenvolverá, especialmente, as seguintes funcións:

a) A coordinación, xunto coas persoas titulares das xefaturas das respectivas unida-des operativas, das actividades ordinarias de mantemento dos vehículos, embarcacións e demais medios e equipamentos empregados polo persoal operativo do Servizo de Gar-dacostas de Galicia, tanto nos órganos e unidades centrais coma nas diferentes unidades operativas.

CV

E-D

OG

: i71

nc2i

9-tie

1-0k

72-o

jz4-

3py2

aoso

ehi2

Page 21: I. DIsposIcIóns xeraIs VIcepresIDencIa e consellería De ... · DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29032 Issn Depósito legal c. ttp.xunta.galdiariooficialgalicia I

DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29052

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

b) A dirección e coordinación das accións que se desenvolverán nos casos de avarías, accidentes ou calquera outros que impliquen actuacións extraordinarias que afecten os mencionados medios do Servizo de Gardacostas de Galicia, así como a supervisión de cantos documentos e informes, en relación con esta materia, poidan ser requiridos polas compañías de seguros, autoridades policiais ou xudiciais ou da propia Administración autonómica.

Artigo 30. Xefatura de Sección de Seguridade Marítima

Baixo a dirección do Servizo de Busca, Salvamento Marítimo e Loita contra a Contamina-ción, a persoa titular da xefatura de Sección de Seguridade Marítima prestará apoio a todas as actividades organizativas e de execución que lle correspondan ao mencionado servizo en relación co salvamento marítimo e a loita contra a contaminación mariña, e desenvolverá especialmente as seguintes funcións:

a) A correcta almacenaxe, mantemento e distribución do material de loita contra a con-taminación mariña asignado ao Servizo de Busca, Salvamento Marítimo e Loita contra a Contaminación.

b) As atribuídas a este posto polo Plan territorial de continxencias por contaminación mariña accidental da Comunidade Autónoma de Galicia (Plan Camgal).

Artigo 31. Xefatura da Sala de Operacións

Baixo a dirección do Servizo de Protección de Recursos e en coordinación co Servizo de Busca, Salvamento Marítimo e Loita contra a Contaminación, a Sección de Control e Vixilancia e a Sección Técnica de Reparación e Mantemento, a persoa titular da xefatura da Sala de Operacións será responsable do correcto funcionamento da sala de operacións, especialmente no relativo ao rexistro escrito, control e fluidez das comunicacións do Servi-zo de Gardacostas de Galicia. Desenvolverá, ademais, as seguintes funcións:

a) Participar nas operacións de vixilancia e inspección desenvolvidas polo Servizo de Gardacostas de Galicia.

b) Participar na planificación das actividades dos/das integrantes do Servizo de Gar-dacostas de Galicia que operan desde os órganos e unidades centrais da subdirección xeral.

CV

E-D

OG

: i71

nc2i

9-tie

1-0k

72-o

jz4-

3py2

aoso

ehi2

Page 22: I. DIsposIcIóns xeraIs VIcepresIDencIa e consellería De ... · DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29032 Issn Depósito legal c. ttp.xunta.galdiariooficialgalicia I

DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29053

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

Artigo 32. Xefatura de Unidade Operativa

1. Baixo a dirección da persoa titular da xefatura do Servizo de Protección de Recursos ou outro superior xerárquico do Servizo de Gardacostas, e en coordinación coa xefatura da Sala de Operacións, a persoa titular da xefatura de Unidade Operativa dirixirá e coordinará todas as actividades da súa unidade operativa, e deberá prestar a súa colaboración nas ac-tuacións que se desenvolvan noutras unidades operativas no caso de ser necesario. Espe-cialmente, serán funcións da persoa titular da xefatura de Unidade Operativa as seguintes:

a) Elevar á persoa titular da xefatura do Servizo de Protección de Recursos para a súa aprobación as previsións semestrais e semanais de traballo do persoal da súa unidade.

b) Redactar ou, se é o caso, controlar que se redacten as actas, os informes e demais documentos relacionados coas actuacións desenvolvidas polo Servizo de Gardacostas de Galicia na súa unidade operativa.

c) Controlar que o persoal baixo o seu mando directo manteña en perfecto estado ope-rativo os vehículos, embarcacións, equipamentos e todo tipo de material asignado a súa unidade.

2. Por necesidades do servizo, poderán actuar como patróns/patroas ou mecánicos/as nas embarcacións do servizo, desenvolvendo durante estes períodos as funcións propias da actividade «a bordo» ás do seu cargo como xefe/a de Unidade Operativa. Esta situación só se poderá producir cando se reúnan as condicións requiridas para o enrolamento en embarcacións. Para estes efectos este persoal poderá permanecer enrolado nas embarca-cións do Servizo de Gardacostas de Galicia, en calidade de patrón/patroa ou mecánico/a en función da titulación profesional que posúa, mentres se manteñan as necesidades do servizo.

Artigo 33. Inspectores/as

Baixo a dirección da persoa titular da xefatura de Unidade Operativa, os/as inspectores/as desenvolverán as actividades previstas no parte de previsión semanal ou as encomenda-das por orde superior, segundo o caso. Especialmente, serán funcións dos/das inspecto-res/as as seguintes:

a) Elaborar propostas para ser tidas en conta na previsión semanal das actividades inspectoras.

CV

E-D

OG

: i71

nc2i

9-tie

1-0k

72-o

jz4-

3py2

aoso

ehi2

Page 23: I. DIsposIcIóns xeraIs VIcepresIDencIa e consellería De ... · DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29032 Issn Depósito legal c. ttp.xunta.galdiariooficialgalicia I

DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29054

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

b) Redactar as actas, informes e demais documentos relacionados coas funcións ins-pectoras.

c) Manter en permanente estado operativo os vehículos e demais medios e equipamen-tos asignados para o desenvolvemento das súas funcións.

d) Informar as persoas titulares das xefaturas de Unidade Operativa e da Sala de Ope-racións sobre as incidencias máis salientables que se produzan durante o servizo. Así mesmo, deberán informar a xefatura da Sala de Operacións da entrada e saída de servizo.

e) Analizar os aspectos máis relevantes das inspeccións levadas a cabo que permitan mellorar os sistemas de inspección.

Artigo 34. Patrón/patroa de embarcación

1. Baixo a dirección da persoa titular da xefatura de Unidade Operativa, os/as patróns/pa-troas de embarcacións desenvolverán as actividades previstas no parte de previsión sema-nal ou as encomendadas por orde superior, segundo o caso. Especialmente, serán funcións dos/das patróns/patroas de embarcación as seguintes:

a) Exercer o mando da tripulación das embarcacións, tanto no mar como durante os servizos en terra, responsabilizándose do mantemento, limpeza e estado operativo per-manente das embarcacións, a súa documentación oficial e os seus sistemas, elementos, equipamentos e embarcacións auxiliares, así como dos vehículos que lle sexan enco-mendados.

b) Adoptar as medidas necesarias que garantan a seguridade da tripulación e da embar-cación, cumprindo e facendo cumprir a normativa aplicable nesta materia.

c) Dirixir e tomar parte, cando sexa necesario, en todas as faenas e actividades propias da embarcación, especialmente nas de virado e estiba de artes e aparellos ou a súa des-carga ou transbordo e posterior carga, se é o caso, en transportes do Servizo de Garda-costas de Galicia para o seu almacenamento ou destrución.

d) Cubrir os diarios de navegación ou os cadernos de bitácora, así como redactar ou, se é o caso, controlar que se redacten as actas de inspección, informes e demais documenta-ción relacionada coas actividades desenvolvidas.

CV

E-D

OG

: i71

nc2i

9-tie

1-0k

72-o

jz4-

3py2

aoso

ehi2

Page 24: I. DIsposIcIóns xeraIs VIcepresIDencIa e consellería De ... · DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29032 Issn Depósito legal c. ttp.xunta.galdiariooficialgalicia I

DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29055

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

e) Informar as persoas titulares das xefaturas de Unidade Operativa e da Sala de Opera-cións sobre as incidencias mais salientables que se produzan durante o servizo, así como informar a xefatura da Sala de Operacións da entrada e saída de servizo.

2. Cando por condicións meteorolóxicas adversas, avarías ou outras causas de forza maior a embarcación non poida saír ao mar, ou cando as circunstancias operativas así o exixan, o/a patrón/patroa desenvolverá en terra as funcións propias da súa condición de membro do Servizo de Gardacostas de Galicia, levando a cabo as actividades establecidas no parte de previsión semanal pola persoa titular da xefatura de Unidade Operativa ou as encomendadas por orde superior.

3. Os/as patróns/patroas de embarcación teñen o deber de manter actualizadas en vigor as súas titulacións, certificados e requisitos legais para enrolamento e embarque. Con tal finalidade, autorizarase a súa asistencia ás correspondentes accións formativas, de per-feccionamento e ás prácticas precisas.

Artigo 35. Subinspectores/as

Baixo a dirección da persoa titular da xefatura de Unidade Operativa, os/as subins-pectores/as desenvolverán as actividades previstas no parte de previsión semanal ou as encomendadas por orde superior, segundo o caso. Especialmente, serán funcións dos/das subinspectores/as as seguintes:

a) Redactar as actas, informes e demais documentos relacionados coas actuacións desenvolvidas.

b) Manter en permanente estado operativo os vehículos e demais medios e equipos que lles sexan encomendados.

c) Informar as persoas titulares das xefaturas de Unidade Operativa e da Sala de Opera-cións sobre as incidencias máis salientables que se produzan durante o servizo, así como informar a xefatura da Sala de Operacións da entrada e saída de servizo.

Artigo 36. Mecánicos/as de embarcación

1. Baixo o mando directo do/da patrón/patroa da embarcación, exercerá a xefatura de máquinas das embarcacións e responsabilizarase do funcionamento e mantemento per-

CV

E-D

OG

: i71

nc2i

9-tie

1-0k

72-o

jz4-

3py2

aoso

ehi2

Page 25: I. DIsposIcIóns xeraIs VIcepresIDencIa e consellería De ... · DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29032 Issn Depósito legal c. ttp.xunta.galdiariooficialgalicia I

DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29056

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

manentemente operativo do sistema propulsor, auxiliares e equipamentos e sistemas me-cánicos, hidráulicos, eléctricos, liñas e tanques. Especialmente, serán funcións dos/das mecánicos/as de embarcación as seguintes:

a) Cubrir os cadernos de máquinas ou libros de motores, así como as actas, informes e canta documentación se lle poida requirir relacionada co desenvolvemento das súas funcións.

b) Colaborar, en caso de necesidade, nas faenas e actividades propias da embarcación, como son o amarre, fondeadura ou a colocación de defensas, entre outras, así como nas de virado e estiba de artes e aparellos ou a súa descarga ou transbordo e posterior carga, se é o caso, en transportes do Servizo de Gardacostas de Galicia para o seu almacena-mento ou destrución.

c) Manter en permanente estado operativo os medios, equipamentos e vehículos que lle sexan encomendados.

2. Cando por condicións meteorolóxicas adversas, avarías ou outras causas de forza maior, a embarcación non poida saír ao mar, ou cando as circunstancias operativas así o exixan, o/a mecánico/a desenvolverá en terra as funcións propias da súa condición de membro do Servizo de Gardacostas de Galicia, levando a cabo as actividades establecidas no parte de previsión semanal pola persoa titular da xefatura da respectiva unidade opera-tiva ou as encomendadas por orde superior.

3. Os/as mecánicos/as de embarcación teñen o deber de manter actualizadas en vigor as súas titulacións, certificados e requisitos legais para enrolamento e embarque. Con tal finalidade, autorizarase a súa asistencia ás correspondentes accións formativas, de per-feccionamento e ás prácticas precisas.

Artigo 37. Vixilantes-mariñeiros/as

1. A bordo das embarcacións, baixo o mando directo do/da patrón/patroa, os/as vixilan-tes-mariñeiros/as desenvolverán as seguintes funcións:

a) Realizar todas as faenas e actividades propias da embarcación, como o amarre, fon-deadura e colocación de defensas, entre outras.

b) Manter a boa orde e limpeza da embarcación, conxuntamente co resto da tripulación.

CV

E-D

OG

: i71

nc2i

9-tie

1-0k

72-o

jz4-

3py2

aoso

ehi2

Page 26: I. DIsposIcIóns xeraIs VIcepresIDencIa e consellería De ... · DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29032 Issn Depósito legal c. ttp.xunta.galdiariooficialgalicia I

DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29057

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

c) Levar cabo as operacións de virado e estiba de artes e aparellos ou a súa descarga ou transbordo e posterior carga, se é o caso, en transportes do Servizo de Gardacostas de Galicia para o seu almacenamento ou destrución.

2. No exercicio das súas funcións en terra, baixo a dirección da persoa titular da xefatura de Unidade Operativa ou outro superior xerárquico do Servizo de Gardacostas, realizarán as actividades previstas no parte de previsión semanal ou as encomendadas por orde su-perior, segundo o caso, desenvolvendo as seguintes funcións:

a) Redactar as actas, informes e demais documentos relacionados coas funcións asig-nadas.

b) Manter en permanente estado operativo os vehículos e demais medios e equipamen-tos asignados para o desenvolvemento das súas funcións.

c) Informar as persoas titulares das xefaturas de Unidade Operativa e da Sala de Opera-cións sobre as incidencias máis salientables que se produzan durante o servizo, así como informar a xefatura da Sala de Operacións da entrada e saída de servizo.

3. Os/as vixilantes-mariñeiros/as teñen o deber de manter actualizadas en vigor as súas titulacións, certificados e requisitos legais para enrolamento e embarque. Con tal finalida-de, autorizarase a súa asistencia ás correspondentes accións formativas, de perfecciona-mento e ás prácticas precisas.

CAPÍTULO VIIDa segunda actividade

Artigo 38. Das especificidades retributivas da segunda actividade

O persoal funcionario do Servizo de Gardacostas de Galicia que acceda á segunda ac-tividade de conformidade co disposto nos artigos 9, 10 e 11 da Lei 2/2004, do 21 de abril, terán dereito a percibir:

a) A totalidade das retribucións básicas e complementarias que viñeran percibindo antes de pasar a esa situación.

b) As retribucións ou complementos de carácter persoal que teñan recoñecidos.

CV

E-D

OG

: i71

nc2i

9-tie

1-0k

72-o

jz4-

3py2

aoso

ehi2

Page 27: I. DIsposIcIóns xeraIs VIcepresIDencIa e consellería De ... · DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29032 Issn Depósito legal c. ttp.xunta.galdiariooficialgalicia I

DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29058

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

c) Aquelas compensacións económicas que se puidesen determinar para o persoal do Servizo de Gardacostas de Galicia.

Artigo 39. Da porcentaxe de postos reservados á segunda actividade

A consellería competente en materia de pesca determinará, na súa relación de postos de traballo, segundo as dispoñibilidades de persoal e orzamentarias, os postos reservados á segunda actividade, que en ningún caso superarán o 5 % do total dos postos do Servizo de Gardacostas de Galicia.

Disposición transitoria única. Integración do persoal da escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia na escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia

Esta disposición ten por obxecto regular as condicións e o procedemento PE001A que se seguirá na integración do persoal funcionario pertencente á escala de axentes do Ser-vizo de Gardacostas de Galicia que, reunindo os requisitos establecidos nos puntos se-guintes e con independencia da súa situación administrativa, solicite integrarse na escala operativa creada pola Lei 10/2010, do 11 de novembro, de modificación da Lei 2/2004, do 21 de abril, pola que se crea o Servizo de Gardacostas de Galicia.

1. Requisitos para a integración.

De conformidade co previsto na disposición transitoria única da Lei 10/2010, do 11 de novembro, poderá solicitar a súa integración na escala operativa do Servizo de Gardacos-tas de Galicia o persoal funcionario de carreira da Administración autonómica pertencente á escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, subgrupo C1, que no momento da entrada en vigor da citada lei, cumprisen os seguintes requisitos:

a) Para a especialidade de patróns/patroas: estar en posesión do título profesional de patrón de pesca de altura ou patrón maior de cabotaxe ou patrón de altura ou equivalente ou superior.

b) Para a especialidade de mecánicos/as: estar en posesión do título profesional de mecánico naval maior ou mecánico maior naval ou equivalente ou superior.

2. Procedemento. Solicitude.

O persoal funcionario interesado que desexe integrarse na escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia deberá presentar a correspondente solicitude (anexo I) dirixida

CV

E-D

OG

: i71

nc2i

9-tie

1-0k

72-o

jz4-

3py2

aoso

ehi2

Page 28: I. DIsposIcIóns xeraIs VIcepresIDencIa e consellería De ... · DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29032 Issn Depósito legal c. ttp.xunta.galdiariooficialgalicia I

DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29059

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

á consellería competente en materia de pesca, obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requi-riráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365)

No caso de que a persoa solicitante considere que reúne os requisitos para poder inte-grarse nas dúas especialidades da escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia, poderá indicalo na mesma solicitude.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da entrada en vigor deste decreto.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

2.1. Documentación complementaria para a tramitación do procedemento:

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Para a integración na escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia, espe-cialidade patrón/patroas:

– Título profesional de patrón de pesca de altura ou patrón maior de cabotaxe ou patrón de altura ou equivalente ou superior.

CV

E-D

OG

: i71

nc2i

9-tie

1-0k

72-o

jz4-

3py2

aoso

ehi2

Page 29: I. DIsposIcIóns xeraIs VIcepresIDencIa e consellería De ... · DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29032 Issn Depósito legal c. ttp.xunta.galdiariooficialgalicia I

DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29060

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

b) Para a integración na escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia, espe-cialidade mecánico/a:

– Título profesional de mecánico naval maior ou mecánico maior naval ou equivalente ou superior.

c) Poder de representación da persoa representante, no caso de que non sexa outorga-do ante notario.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude de-berase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

2.2. Non será necesario presentar os documentos que xa fosen presentados anterior-mente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excep-cionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria pre-sencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Xunto co anterior e para os efectos de declaración da súa ulterior situación adminis-trativa, os/as solicitantes sinalarán no dito modelo de solicitude a súa opción de prestar servizos na escala en que solicitan integrarse ou de continuar prestándoos na escala de procedencia.

2.3. Comprobación de datos.

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluí-dos nos seguintes documentos:

a) DNI da persoa solicitante.

CV

E-D

OG

: i71

nc2i

9-tie

1-0k

72-o

jz4-

3py2

aoso

ehi2

Page 30: I. DIsposIcIóns xeraIs VIcepresIDencIa e consellería De ... · DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29032 Issn Depósito legal c. ttp.xunta.galdiariooficialgalicia I

DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29061

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

b) Poder de representación da persoa representante, só no caso de poder outorgado ante notario mediante documento público.

3. Proposta de resolución.

Instruído o procedemento e inmediatamente antes de redactar a proposta de resolución, porase de manifesto aos/ás solicitantes para que, no prazo de dez días hábiles, poidan alegar e achegar os documentos e xustificacións que crean pertinentes.

Concluído o trámite de audiencia, a consellería competente en materia de pesca formu-laralle á consellería competente en materia de emprego público proposta de resolución. Tal proposta irá acompañada da documentación que a fundamente, xunto coa relación dos/das funcionarios/as solicitantes que considera que reúnen os requisitos para a súa integración na escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia, así como da listaxe dos/das solicitantes que considera que non cumpren coas condicións establecidas para tal integración.

4. Resolución.

A consellería competente en materia de pesca formulará proposta de resolución sobre as solicitudes de integración presentadas que será trasladada a consellería competente en materia de emprego público para a súa resolución mediante orde, que deberá publicarse no Diario Oficial de Galicia, e que necesariamente incluirá a relación do persoal funcionario integrado na escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia, con indicación da/das especialidade/s na/nas que se integran, así como a relación das persoas que non reúnen os requisitos para esa integración.

O prazo máximo de resolución deste procedemento de integración será de seis meses, contados a partir do remate do prazo de presentación de solicitudes.

As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse só por medios elec-trónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electró-nica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitu-

CV

E-D

OG

: i71

nc2i

9-tie

1-0k

72-o

jz4-

3py2

aoso

ehi2

Page 31: I. DIsposIcIóns xeraIs VIcepresIDencIa e consellería De ... · DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29032 Issn Depósito legal c. ttp.xunta.galdiariooficialgalicia I

DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29062

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

de. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

No caso de persoas interesadas obrigadas a recibir notificacións só por medios electró-nicos deberán optar en todo caso pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida, nin produza efectos no procedemento, unha opción diferente.

As notificacións por medios electrónicos entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida polo interesado, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, a Adminis-tración xeral e as entidades do sector público autonómico efectuarán a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tra-tamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación das soli-citudes, serán incluídos nun ficheiro denominado Relacións administrativas coa cidadanía e entidades, co obxecto de xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio Administra-tivo de San Caetano, San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña), ou a través dun correo electrónico a [email protected].

5. Situacións administrativas.

Xunto coa súa proposta de resolución, a consellería competente en materia de pesca enviaralle á consellería competente en materia de emprego público a relación en que se detalle a opción de prestación de servizos manifestada polo persoal funcionario que se prevé no último parágrafo do número 2 da presente disposición transitoria.

CV

E-D

OG

: i71

nc2i

9-tie

1-0k

72-o

jz4-

3py2

aoso

ehi2

Page 32: I. DIsposIcIóns xeraIs VIcepresIDencIa e consellería De ... · DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29032 Issn Depósito legal c. ttp.xunta.galdiariooficialgalicia I

DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2018 Páx. 29063

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

O órgano competente, logo da integración, se é o caso, na escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia, procederá a declarar o persoal funcionario integrado na situa-ción administrativa que corresponda.

6. Permanencia do persoal integrado na escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia nos seus postos de traballo.

A integración do persoal funcionario, de conformidade cos puntos anteriores, na esca-la operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia, non implicará a perda dos postos de traballo que viñesen ocupando, que seguirán desempeñando nas mesmas condicións en canto á súa forma de provisión, realizando as funcións inherentes aos ditos postos.

Sen prexuízo do anterior, a persoa titular da consellería competente en materia de pes-ca poderá propoñer a adaptación das súas relacións de postos de traballo ás necesidades de organización e funcionamento do Servizo de Gardacostas de Galicia.

Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa

Queda derrogado o Decreto 157/2005, do 26 de maio, sobre ordenación e funcionamen-to do Servizo de Gardacostas de Galicia, e cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto neste decreto.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento normativo

Facúltase a persoa titular da consellería competente en materia de pesca para ditar as normas necesarias para o desenvolvemento do presente decreto.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta norma entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Ga-licia.

Santiago de Compostela, dezasete de novembro de dous mil dezasete

Alberto Núñez Feijóo Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CV

E-D

OG

: i71

nc2i

9-tie

1-0k

72-o

jz4-

3py2

aoso

ehi2