3
Ceip Frian-Teis 6º de Primaria A Idade Moderna comeza co descubrimento de América en 1492 Cristovo Colón Dominio Público , vía Wikimedia Commons 1. En Europa 1.1 Co descubrimento de América en 1492 dirixida polo navegante Cristovo Colón xurdiu a Idade Moderna. Cambios da época: Descubrimentos xeográficos Desenvolvemento do comercio Aparición de monarquías absolutas Novas correntes relixiosas. Os cristiáns divídense en católicos que seguían o Papa e os protestantes a Lutero. 1.2 A sociedade europea Os cambios orixinaron un novo reparto social: O rei, máxima autoridade. O único que podía posuír un exército.

Idade moderna

  • Upload
    aa-ps

  • View
    222

  • Download
    4

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Contidos sobre a Idade Moderna

Citation preview

Page 1: Idade moderna

Ceip Frian-Teis 6º de Primaria

A Idade Moderna comeza co descubrimento de América en 1492

Cristovo Colón Dominio Público, vía Wikimedia Commons

1. En Europa 1.1 Co descubrimento de América en 1492 dirixida polo navegante Cristovo Colón xurdiu a Idade Moderna. Cambios da época:

• Descubrimentos xeográficos • Desenvolvemento do comercio • Aparición de monarquías absolutas • Novas correntes relixiosas. Os cristiáns divídense en católicos que seguían o

Papa e os protestantes a Lutero. 1.2 A sociedade europea

Os cambios orixinaron un novo reparto social: • O rei, máxima autoridade. O único que podía posuír un exército.

Page 2: Idade moderna

• Nobreza e clero (grupos privilexiados), non pagaban impostos. Axudaban o rei no goberno.

• Xente común, os máis numerosos e pagaban impostos. Dividíanse en: o Burgueses: Vivían nas cidades. Enriquecéranse co comercio. o Artesáns: Vivían nas cidades. Organizábanse en gremios. o Campesiños: Vivían no campo. Traballaban as terras da nobreza e da

igrexa. 1.3 Desenvolvemento cultural A invención da imprenta permitiu unha rápida transmisión dos coñecementos. Distínguense tres etapas:

• Renacemento (XV-XVI): Leonardo, Miguel Anxo, recuperaron elementos da cultura antiga e Grega.

• Barroco (XVII): Estilo moi recargado. Velázquez, Rubén... • A Ilustración (XVIII): Reivindícase a razón e a Ciencia. Deféndese a

participación cidadá e o fin do absolutismo. 2. En España

Imaxe Reis Católicos, autor Nodal imagen - Universidad de Salamanca, este ficheiro está licenciado baixo a licenza Creative Commons recoñecemento compartir igual 3.0 Unported vía wikimedia commons 2.1 Século XV

• A Idade Moderna comezou en España a finais do século XV baixo o reinado dos Reis Católicos (Isabel e Fernando)

• Estes reis cando se casaron uniron as coroas de Castela e Aragón. • Crearon unha monarquía autoritaria. Os reis pasaron a ter a máxima autoridade

militar e xudicial. • Conquistaron o norte de África e o sur de Europa. • Financiaron as viaxes do descubrimento de América.

Page 3: Idade moderna

2.2 Século XVI No século XVI, España alcanzou unha grande poder baixo os reinados de Carlos I e o seu fillo Felipe II, convertíndose no país de Europa máis poderoso. Carlo I foi o encargado de iniciar a colonización de América. Felipe II conquistou as Illas Filipinas. Ambos tiveron longas e custosas guerras contra os protestantes de Europa. 2.3 Século XVII-XVIII O século XVII foi un período de crise debido:

• As guerras longas e custosas • Disminuíu a poboación debido a peste e ó descenso da agricultura • Grandes rebelións políticas de cataláns e portugueses

Carlo II morreu sen descendencia no 1700 o que dou lugar a Guerra de Sucesión o trono español que gañou Felipe de Anjou. 2.4 A Sociedade da Idade Moderna en España Clara división social:

• O rei, máxima autoridade. • Nobreza e clero eran os grupos privilexiados. Poseían gran parte da terra e non

pagaban impostos • A xente común, tiña que pagar impostos e vivían na miseria. Os burgueses

enriquecéronse grazas o comercio con América. 2.5 Desenvolvemento cultural A pesar da crise España viviu un período de esplendor cultural (grande desenvolvemento), coñecido coma o Século de Ouro:

• Pintores: Velázquez, Murillo, Zurbarán. • Escritores: Lope de Vega (teatro); Cervantes (novela); Góngora y Quevedo

(poesía).