75
I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA Curso 1º ESO INGLÉS Ano académico 2014-2015 0._ OBXECTIVOS XERAIS DE ETAPA (Decreto 133/2007-DOG do 13 xullo 2007) O ensino da lingua estranxeira nesta etapa terá como obxectivo o desenvolvemento das seguintes capacidades: 1. Escoitar e comprender información xeral e específica oral en distintas situacións comunicativas, adoptando unha actitude respectuosa e de cooperación co falante. 2. Comunicarse oralmente en situacións habituais de forma comprensible, axeitada e con certo nivel de autonomía. 3. Ler e comprender textos diversos dun nivel axeitado ás capacidades e intereses do alumnado co fin de extraer información xeral e específica, e utilizar a lectura como fonte de pracer e de enriquecemento persoal. 4. Escribir textos sinxelos con fins diversos sobre distintos temas utilizando recursos axeitados de cohesión e coherencia. 5. Utilizar eficazmente os compoñentes fonéticos, léxicos, estructurais e funcionais básicos da lingua estranxeira en contextos reais de comunicación. 6. Desenvolver a autonomía na aprendizaxe, reflexionando sobre o propio proceso de adquisición da lingua e transferindo á lingua estranxeira coñecementos e estratexias de comunicación adquiridas noutras linguas. 7. Buscar, seleccionar e presentar información oralmente e por escrito na lingua estranxeira utilizando todos os medios ao seu alcance, (bibliotecas, tecnoloxías da información e a comunicación e as estratexias de aprendizaxe). 8. Valorar a lingua estranxeira e as linguas en xeral, como instrumento de acceso á información e como ferramenta de aprendizaxe de contidos diversos, como medio de comunicación e entendemento entre persoas de procedencias, linguas e culturas distintas evitando calquera tipo de discriminación e de estereotipos lingüísticos e culturais. 9. Manifestar unha actitude receptiva e de autoconfianza na propia capacidade de aprender e usar a lingua estranxeira. 10. Coñecer os elementos culturais máis relevantes dos países onde se fala a lingua estranxeira, establecer relación entre aspectos culturais deses países e os propios rexeitando estereotipos negativos. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DE 1º ESO Todos os obxectivos arriba indicados correspóndense cos obxectivos específicos de cada curso desta etapa, pois en maior ou menor medida todos están incluídos en todos os niveis pero cun grado distinto de comprensión e/ou corrección, é dicir cando falamos por exemplo de “escribir textos sinxelos”, obviamente os textos de 4º ou 3º ESO terán que ser necesariamente máis

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA Curso 1º ESOINGLÉS Ano académico 2014-2015

0._ OBXECTIVOS XERAIS DE ETAPA (Decreto 133/2007-DOG do 13 xullo 2007)

O ensino da lingua estranxeira nesta etapa terá como obxectivo o desenvolvemento das seguintes capacidades:

1. Escoitar e comprender información xeral e específica oral en distintas situacións comunicativas, adoptando unha actitude respectuosa e de cooperación co falante.

2. Comunicarse oralmente en situacións habituais de forma comprensible, axeitada e con certo nivelde autonomía.

3. Ler e comprender textos diversos dun nivel axeitado ás capacidades e intereses do alumnado co fin de extraer información xeral e específica, e utilizar a lectura como fonte de pracer e de enriquecemento persoal.

4. Escribir textos sinxelos con fins diversos sobre distintos temas utilizando recursos axeitados de cohesión e coherencia.

5. Utilizar eficazmente os compoñentes fonéticos, léxicos, estructurais e funcionais básicos da lingua estranxeira en contextos reais de comunicación.

6. Desenvolver a autonomía na aprendizaxe, reflexionando sobre o propio proceso de adquisición da lingua e transferindo á lingua estranxeira coñecementos e estratexias de comunicación adquiridasnoutras linguas.

7. Buscar, seleccionar e presentar información oralmente e por escrito na lingua estranxeira utilizando todos os medios ao seu alcance, (bibliotecas, tecnoloxías da información e a comunicación e as estratexias de aprendizaxe).

8. Valorar a lingua estranxeira e as linguas en xeral, como instrumento de acceso á información e como ferramenta de aprendizaxe de contidos diversos, como medio de comunicación e entendemento entre persoas de procedencias, linguas e culturas distintas evitando calquera tipo de discriminación e de estereotipos lingüísticos e culturais.

9. Manifestar unha actitude receptiva e de autoconfianza na propia capacidade de aprender e usar a lingua estranxeira.

10. Coñecer os elementos culturais máis relevantes dos países onde se fala a lingua estranxeira, establecer relación entre aspectos culturais deses países e os propios rexeitando estereotipos negativos.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DE 1º ESO

Todos os obxectivos arriba indicados correspóndense cos obxectivos específicos de cadacurso desta etapa, pois en maior ou menor medida todos están incluídos en todos os niveis pero cungrado distinto de comprensión e/ou corrección, é dicir cando falamos por exemplo de “escribirtextos sinxelos”, obviamente os textos de 4º ou 3º ESO terán que ser necesariamente máis

Page 2: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos dicir que o nivel de esixencia vai irincrementándose a medida que avancemos en cursos pero os obxectivos son sempre os mesmos.

1.-CONTRIBUCIÓN DESTA MATERIA AO LOGRO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS

Esta materia está directamente relacionada coa competencia en comunicación lingüística por tratarse dunha lingua, polo tanto o que se persegue é un certo dominio da lingua inglesa, tanto oral como escrita, en diferentes contextos.Tamén contribúe ao desenvolvemento da competencia de aprender a aprender, xa que as linguas serven para comunicarse, entón son un instrumento fundamental para ter acceso a outros coñecementos non lingüísticos e así favorecer no alumnado a auto-reflexión acerca do seus modos de aprender e acerca do seu saber.Asemade, a aprendizaxe dunha lingua implica unha interacción social, o que nos conduce á conclusión de que tamén axuda a desenvolver a competencia social e cidadá, pois para comunicarse con éxito é preciso dispoñer dunhas habilidades e aceptar unhas normas de convivencia. Do mesmo xeito, esta materia favorece a competencia artística e cultural, posto que ocoñecemento dunha lingua estranxeira tamén implica o coñecemento dalgúns aspectos da cultura dos países de fala inglesa, e isto lévanos a fomentar a tolerancia e o respecto por outras culturas diferentes á nosa.O coñecemento dunha lingua estranxeira vai facilitar igualmente a competencia de autonomía e iniciativa persoal, xa que mediante a realización de tarefas comunicativas promóvese a capacidade de diálogo, de negociación, de cooperación e tamén a capacidade de decisión e responsabilidade.A contribución desta materia á competencia do tratamento da información e competencia dixital éimportante pois actualmente os avances tecnolóxicos dos que dispoñemos nos permiten manexar información en distintos soportes e coñecer outras realidades a través doutras fontes de información: internet.De maneira menos directa, esta materia contribúe ao desenvolvemento da competencia matemáticae do coñecemento e interacción co mundo físico, xa que a lingua é un instrumento para aprender novos contidos.

2.- CONTIDOS- 1º CURSO.

Bloque 1. Escoitar, falar e conversar.

* Comprensión de mensaxes orais sinxelas e básicas para realizar actividades de aula.

* Comprensión de textos orais sinxelos gravados ou en diferentes soportes multimedia, conectados cos seus intereses e apoiados con imaxes, sons e xestos.

* Uso de estratexias básicas de comprensión das mensaxes orais: anticipación do contido xeral do que se escoita con axuda de elementos verbais e non verbais e uso dos coñecementos previos sobre a situación.

* Memorización de producións orais breves significativas (saúdos, rutinas para iniciar ou manter a quenda de palabra, para manter a atención), propias da vida cotiá.

* Produción de mensaxes orais curtas, con estrutura lóxica e con pronuncia que non impida a comunicación (saúdo, despedida, presentacións, felicitación ás persoas da aula nos seus

Page 3: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

aniversarios....).

* Participación en conversas breves e sinxelas controladas dentro da aula, espontáneas e/ou en simulacións relacionadas con experiencias e intereses persoais.

* Uso de respostas axeitadas ás cuestións requiridas polo profesor/a e os compañeiros/as nas actividades de aula.

* Identificación e desenvolvemento progresivo de estratexias para superar as interrupcións na comunicación (como por exemplo a demanda de repetición e aclaración entre outras), facendo uso de elementos verbais e non verbais nas actividades de aula en parella e en grupo.

* Valoración da lingua estranxeira como instrumento para comunicarse e para achegarse a persoas doutras culturas.

* Valoración positiva das intervencións orais propias e alleas.* Uso de estratexias de cooperación na interacción e no traballo con outras persoas.

* Comprensión do sentido dun texto e reformulación na propia lingua, como actividade de mediación ante interlocutores que descoñecen a lingua estranxeira.

Bloque 2. Ler e escribir.

* Comprensión de instrucións básicas para a resolución de actividades presentadas por escrito.

* Asociación e identificación de grafía, pronuncia, fonema e significado a partir de modelos escritos, de imaxes, con palabras coñecidas e relacionadas con temas próximos ao alumnado, en situacións contextualizadas empregando diferentes recursos visuais e informáticos.

* Comprensión xeral e identificación de informacións específicas en diferentes tipos de textos sinxelos auténticos e adaptados, en soporte papel e dixital, sobre diversos temas axeitados á súa idade e relacionados con contidos doutras materias do currículo.

* Iniciativa para ler con certa autonomía textos axeitados á idade, intereses e nivel de competencia do alumnado.

* Uso de estratexias básicas de comprensión lectora: identificación do tema dun texto coa axuda de elementos textuais e non textuais, uso dos coñecementos previos sobre o tema, inferencia de significados polo contexto, por comparación de palabras ou frases similares nas linguas que xa coñecen.

* Recoñecemento dalgunhas das características e convencións da linguaxe escrita e como se diferencia da linguaxe oral.

* Desenvolvemento da expresión escrita de forma guiada, como por exemplo completando ou modificando frases e parágrafos sinxelos.

* Composición de textos curtos sinxelos, coñecidos previamente en producións orais, con elementosbásicos de intencións comunicativas a partir de modelos e utilizando cohesión e con diversas estratexias como a planificación, textualización e revisión do texto.

* Coidado na presentación dos textos escritos en soporte papel e dixital usando as regras básicas de

Page 4: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

ortografía e de puntuación e recoñecendo a súa importancia na comunicación escrita.

* Valoración positiva dos textos escritos propios e os do resto das persoas da aula, colaborando na súa produción e exposición e integrándoas na rutina da aula.

* Uso de distintas fontes, en soporte papel, dixital ou multimedia, para obter información e realizar tarefas individuais ou en grupo.

* Comprensión do sentido dun texto e reformulación na propia lingua, como actividade de mediación ante interlocutores que descoñecen a lingua estranxeira.

Bloque 3. Coñecementos da lingua.

Coñecementos lingüísticos.

* Identificación de elementos morfolóxicos básicos e habituais no uso da lingua como o substantivo, o verbo, o adxectivo, o adverbio ou a preposición e conectores básicos de adición, enumeración e ordenación.

* Identificación e uso de expresións comúns, de frases feitas sinxelas e de léxico relativo a contextos concretos e cotiáns e a contidos doutras materias do currículo.

* Identificación de antónimos básicos e de uso habitual.* Uso de estruturas e funcións básicas relacionadas coas situacións cotiás máis predicibles.

* Identificación de fonemas de especial dificultade.* Recoñecemento e produción de patróns básicos de ritmo, entoación e acentuación de palabras e frases.

Reflexión sobre a aprendizaxe.* Aplicación de estratexias básicas para organizar, adquirir, recordar e utilizar léxico.

* Uso progresivo de recursos para a aprendizaxe como dicionarios, libros de consulta, bibliotecas e tecnoloxías da información e a comunicación.

* Reflexión guiada sobre o uso e o significado das formas gramaticais axeitadas a distintas intencións comunicativas.

* Iniciación nas estratexias de autoavaliación e autocorrección das producións orais e escritas propias.

* Aceptación do erro como parte do proceso de aprendizaxe e ter unha actitude positiva para superalo.

* Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na aprendizaxe.

* Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula e fóra dela.

* Participación activa e cooperativa en actividades e traballos grupais.

* Confianza e iniciativa para expresarse oralmente e na escrita.

Page 5: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

Bloque 4. Aspectos socioculturais e consciencia intercultural.

* Recoñecemento e valoración da lingua estranxeira como instrumento de comunicación na aula, oucon persoas doutras culturas.

* Identificación dos principais costumes e trazos da vida cotiá propios doutros países e culturas onde se fala a lingua estranxeira. Comparación cos patróns culturais existentes en Galicia, evitando os estereotipos.

* Uso de fórmulas de cortesía axeitadas nos intercambios sociais.

* Coñecemento dalgúns trazos históricos e xeográficos dos países onde se fala a lingua estranxeira, obtendo a información por diferentes medios, entre eles a biblioteca, a internet e outras tecnoloxías da información e comunicación.

* Interese e iniciativa na comunicación con falantes ou aprendices/zas da lingua estranxeira, utilizando soporte papel ou medios dixitais.

* Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación con persoas pertencentes a outras culturas.

3.- METODOLOXÍA E RECURSOS DIDÁCTICOS

Cada clase comezará coa revisión da tarefa que os alumnos levan para facer na casa. Revisión docaderno de traballo.As instruccións da clase faranse sempre en inglés, agás no caso de puntos moi difíciles de entenderpara o alumno.O alumno realizará actividades individuais, por parellas e en pequenos grupos ou gran grupo.Para a aprendizaxe de vocabulario utilizaranse estratexias de aprendizaxe como : presenta-lo léxicopor familias léxicas ou campos semánticos, facer cadernos de vocabulario con debuxos, definiciónde palabras...Tamén audicións de palabras e dictados que serán correxidos polos propios alumnosou en parellas polos compañeiros. Será importante a audición de cancións do libro ou das quepoidan aporta-los alumnos e o profesor para o aumento do léxico e mellora da capacidade auditivados alumnos. Contribúe tamén a visualización de vídeos e a realización de exercicios en torno ósmesmos. As actividades de lectura faranse preferentemente na aula para controlar en cada momento o avanceou as dificultades que poidan ter os alumnos.Os alumnos usarán o diccionario tanto para ovocabulario das lecturas como para a realización de proxectos.Os proxectos realizaranse ó final de cada unidade temática e serán os propostos no libro de texto.Previamente, antes da lectura ou realización de proxectos, darase unha lista de vocabulario útil ouaxuda e estratexias para que o alumno poida deduci-lo significado das palabras polo contexto. Éimportante que o alumno comprenda que non fai falla entender tódalas palabras do texto paraentendelo.Para a realización de proxectos o alumno precisa organiza-las ideas e buscar información previa ódesenvolvemento do traballo. Esta laboura debe facela por si mesmo ou en grupo, coa axuda delibros da biblioteca, prensa ,internet...Estos traballos serán expostos para que os demais grupos coñezan o que fixeron os outros alumnos.O traballo por parellas a nivel oral será importantísimo dentro da aula de inglés, daralles ósalumnos mais soltura e confianza e tamén a oportunidade de falar todos e practica-lo inglés tódolos

Page 6: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

días.Estas actividades serán breves (5-10min.) para evita-lo aburrimento e alboroto. Neste apartadotraballamos as distintas funcíóns da linguaxe.A gramática e os verbos traballaranse mediante a realización de exercicios , control do estudiosistemático dos verbos regulares e irregulares e explicación das principais regras gramaticais e ofuncionamento dos verbos auxiliares. É importante o uso do grammar summary que aparece ó finaldo libro de texto. A corrección de erros levarase a cabo polo propio alumno ( autocorrección ), polos compañeiros epolo profesor.En ocasións escribirase a solución e noutros casos que o alumno poda autocorrexirse, faráo él. Oprofesor indicaralle o tipo de erro comertido:

Sp (spelling) Gr ( grammar) V (vocabulary) Wo (word order)

O libros de texto a empregar é English Plus 1 da Editorial OxfordOs alumnos de 1º de ESO realizarán a lectura de dous libros “ graders”.Asimesmo os alumnos traballarán 1 hora de vídeo á semana. Os vídeos son : VT1 (OUP) ,THUMBS UP 1, INTRODUCING GREAT BRITAIN AND IRELAND. ( Os capítulos refírense óstemas que se van dando ó longo do curso ( países e nacionalidades, roupas , comidas, costumes...).eo DVD ENGLISH PLUS 1 E SPOTLIGHT 1 ( OUP).Ocasionalmente traballarase con retroproxector, DVDs de películas axeitadas ó seu nivel de coñecementos e á súa idade e tamén con flash-cards de léxico e posters dos distintos campos semánticos traballados nos temas, cancións, encrucillados etc..

4.- TEMPORALIZACIÓNDistribúense os contidos de cada curso en 9 unidades didácticas ó longo do curso. En cada trimestredaranse unha media de 3 unidades didácticas.

5.- AVALIACIÓNProcedementos para a realización da avaliación inicial:Durante os primeiros días de clase rexistraremos as capacidades dos alumnos nas distintas destrezascomunicativas por medio da observación na aula e tamén utilizaremos unha proba de diagnóstico que inclúa exercicios variados para poder averiguar os coñecementos previos dos alumnos e detectar posibles dificultades de aprendizaxe e en consecuencia avanzar a un ritmo máis lento ou máis rápido.

5.1.- Instrumentos de avaliación

Avaliarase o traballo do alumno na aula, probas orais e escritas, a súa participación oral, ointerese por aprender e mellorar, a realización de deberes, a aportación de material e informaciónpara a realización de proxectos, o orden e limpeza na presentación de traballos así como aparticipación nas tareas tanto individuais como en grupos.A avaliación farase mediante a observación e toma de notas diaria polo profesor xunto coaautoavaliación do alumno na propia correccción de tarefas.

5.2.- Criterios de avaliación

Page 7: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

1. Comprender a idea xeral e as informacións específicas máis relevantes de mensaxes oraisemitidas cara a cara ou por medios audiovisuais sobre asuntos cotiáns se se fala amodo e conclaridade.

2. Comunicarse oralmente participando en conversas e en simulacións sobre temas coñecidos ou traballados previamente, utilizando as estratexias axeitadas para facilitar a continuidade da comunicación e producindo un discurso comprensible e axeitado á intenciónde comunicación. 3. Identificar e interpretar palabras e enunciados sinxelos e contextualizados, en situacións de comunicación significativas para o alumnado, coa axuda de elementos textuais e non textuais, sobre temas variados e outros relacionados con outras materias do currículo. 4. Redactar de forma guiada textos breves en diferentes soportes utilizando as estruturas, as funcións e o léxico axeitados, así como algúns elementos básicos de cohesión, partindo de modelos e respectando as regras elementais de ortografía e puntuación. 5. Na lingua propia, comparar aspectos da vida cotiá dos países nos que se fala a lingua estranxeira cos propios, identificando elementos básicos e evitando estereotipos.

6. Reformular na lingua propia o sentido dun texto, oral ou escrito, sobre temas previamentetraballados na aula, para facelo comprensible a interlocutores que descoñecen a lingua estranxeira estudada. 7. Identificar e utilizar algunhas estratexias utilizadas para progresar na aprendizaxe.

Este criterio pretende avaliar se o alumnado identifica e utiliza as estratexias básicas que favorecen o proceso de aprendizaxe, como a capacidade de ir valorando os seus progresos, a reflexión sobre como aprende un mesmo máis e mellor, a incorporación da aceptación do erro como parte do proceso de aprendizaxe, a utilización de formas diversas para almacenar, memorizar e revisar o léxico, o uso correcto do dicionario para identificar a acepción axeitada ao contexto; o uso de recursos bibliográficos, informáticos e dixitais co fin de recoller información, ampliar ou revisar aspectos traballados na aula, etc.

8. Usar de forma guiada as tecnoloxías da información e a comunicación para buscar información, producir mensaxes a partir de modelos e para establecer relacións persoais amosando interese polo seu uso.

5.2.- Criterios de cualificación- convocatoria ordinaria

Para a cualificación entrarán tódalas destrezas coa seguinte porcentaxe de cualificación:

Probas escritas de listening:(20%) Reading (proba/s do libro de lectura): (30% ) Probas de Use of English: (40%) Homework, classwork & attitude: (10%)

A avaliación desta materia é continua, polo tanto para superala é necesario superar a última avaliación.

Page 8: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

5.4.- Criterios de cualificación- convocatoria extraordinaria de setembro.

O alumnado que non superase a materia en xuño, poderá facelo na proba extraordinaria desetembro, a cal consistirá nun exame escrito que inclúa: un texto con preguntas de comprensiónacerca do mesmo; preguntas de vocabulario e exercicios de gramática. A nota acadada polo alumnoserá exclusivamente a obtida nesta proba escrita, non aplicándoselle os criterios de cualificaciónde xuño.

6.- ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

Como actividade complementaria realizarase a festividade de HALLOWEEN a finais do mes de outubro coa confección de murais, colocación de cabazas naturais con pequenas lámpadas no seu interior...así como tamén actividades relacionadas co tema: lecturas, encrucillados...

7.- ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Preveranse medidas de reforzo, estas decidiranse nunha reunión de seminario trala realización de probas de avaliación inicial en cada grupo no que se determinará que alumnos/as necesitan unha atención especial, que presumiblemente consistirá na adecuación das tarefas e actividades na aula e o homework así como dun libro adaptado máis sinxelo para cada trimestre coa conseguinte proba adaptada.

8._ PLAN PERSONALIZADO PARA REPETIDORES

Unha vez coñezamos os repetidores en cada grupo, estableceremos as medidas oportunas que seránsimilares ás previstas nos casos de atención á diversidade dependendo das características doalumno/a, pois poden presentarse problemas de diversa índole: de disciplina, de falta deconcentración, de dificultades de comprensión etc. E así estableceremos medidas específicas paracada caso.

9.- CONTIDOS E CRITERIOS MÍNIMOS DE AVALIACIÓN

9.1.- Contidos mínimos

Bloque 1. Escoitar, falar e conversar.

* Comprensión de mensaxes orais sinxelas e básicas para realizar actividades de aula.

* Comprensión de textos orais sinxelos gravados ou en diferentes soportes multimedia, conectados cos seus intereses e apoiados con imaxes, sons e xestos.

* Uso de estratexias básicas de comprensión das mensaxes orais: anticipación do contido xeral do que se escoita con axuda de elementos verbais e non verbais e uso dos coñecementos previos sobre a situación.

* Memorización de producións orais breves significativas (saúdos, rutinas para iniciar ou manter a

Page 9: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

quenda de palabra, para manter a atención), propias da vida cotiá.

* Produción de mensaxes orais curtas, con estrutura lóxica e con pronuncia que non impida a comunicación (saúdo, despedida, presentacións, felicitación ás persoas da aula nos seus aniversarios....).

* Participación en conversas breves e sinxelas controladas dentro da aula, espontáneas e/ou en simulacións relacionadas con experiencias e intereses persoais.

* Valoración da lingua estranxeira como instrumento para comunicarse e para achegarse a persoas doutras culturas.

* Valoración positiva das intervencións orais propias e alleas.

* Uso de estratexias de cooperación na interacción e no traballo con outras persoas.

Bloque 2. Ler e escribir.

* Comprensión de instrucións básicas para a resolución de actividades presentadas por escrito.

* Comprensión xeral e identificación de informacións específicas en diferentes tipos de textos sinxelos auténticos e adaptados, en soporte papel e dixital, sobre diversos temas axeitados á súa idade e relacionados con contidos doutras materias do currículo.

* Iniciativa para ler con certa autonomía textos axeitados á idade, intereses e nivel de competencia do alumnado.

* Desenvolvemento da expresión escrita de forma guiada, como por exemplo completando ou modificando frases e parágrafos sinxelos.

* Composición de textos curtos sinxelos, coñecidos previamente en producións orais, con elementosbásicos de intencións comunicativas a partir de modelos e utilizando cohesión e con diversas estratexias como a planificación, textualización e revisión do texto.

* Coidado na presentación dos textos escritos en soporte papel e dixital usando as regras básicas de ortografía e de puntuación e recoñecendo a súa importancia na comunicación escrita.

* Valoración positiva dos textos escritos propios e os do resto das persoas da aula, colaborando na súa produción e exposición e integrándoas na rutina da aula.

* Uso de distintas fontes, en soporte papel, dixital ou multimedia, para obter información e realizar tarefas individuais ou en grupo.

Bloque 3. Coñecementos da lingua.

Coñecementos lingüísticos.

* Identificación de elementos morfolóxicos básicos e habituais no uso da lingua como o substantivo, o verbo, o adxectivo, o adverbio ou a preposición e conectores básicos de adición, enumeración e ordenación.

* Identificación e uso de expresións comúns, de frases feitas sinxelas e de léxico relativo a

Page 10: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

contextos concretos e cotiáns e a contidos doutras materias do currículo.

* Uso de estruturas e funcións básicas relacionadas coas situacións cotiás máis predicibles.

Reflexión sobre a aprendizaxe.

* Aplicación de estratexias básicas para organizar, adquirir, recordar e utilizar léxico.

* Uso progresivo de recursos para a aprendizaxe como dicionarios, libros de consulta, bibliotecas e tecnoloxías da información e a comunicación.

* Iniciación nas estratexias de autoavaliación e autocorrección das producións orais e escritas propias.

* Aceptación do erro como parte do proceso de aprendizaxe e ter unha actitude positiva para superalo.

* Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na aprendizaxe.

* Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula e fóra dela.

* Participación activa e cooperativa en actividades e traballos grupais.

Bloque 4. Aspectos socioculturais e consciencia intercultural.

* Recoñecemento e valoración da lingua estranxeira como instrumento de comunicación na aula, oucon persoas doutras culturas e como medio de enriquecemento persoal.

* Identificación dos principais costumes e trazos da vida cotiá propios doutros países e culturas onde se fala a lingua estranxeira. Comparación cos patróns culturais existentes en Galicia, evitando os estereotipos.

* Uso de fórmulas de cortesía axeitadas nos intercambios sociais.

9.2.- Criterios mínimos de avaliación.

1. Comprender a idea xeral e as informacións específicas máis relevantes de mensaxes oraisemitidas cara a cara ou por medios audiovisuais sobre asuntos cotiás se se fala amodo e con claridade.

2. Comunicarse oralmente participando en conversas e en simulacións sobre temas coñecidos ou traballados previamente e expresar ideas propias de maneira intelixible. 3. Identificar e interpretar palabras e enunciados sinxelos e contextualizados, en situacións de comunicación significativas para o alumnado, coa axuda de elementos textuais e non textuais, sobre temas variados e outros relacionados con outras materias do currículo. 4. Redactar de forma guiada textos breves en diferentes soportes utilizando as estruturas, as funcións e o léxico axeitados, así como algúns elementos básicos de cohesión, partindo de modelos e respectando as regras elementais de ortografía e puntuación.

Page 11: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

5. Reformular na lingua propia o sentido dun texto, oral ou escrito, sobre temas previamente traballados na aula. 6. Identificar e utilizar algunhas estratexias utilizadas para progresar na aprendizaxe.

Este criterio pretende avaliar se o alumnado identifica e utiliza as estratexias básicas que favorecen o proceso de aprendizaxe, como a capacidade de ir valorando os seus progresos, a incorporación da aceptación do erro como parte do proceso de aprendizaxe,a utilización de formas diversas para almacenar, memorizar e revisar o léxico, o uso correctodo dicionario para identificar a acepción axeitada ao contexto; o uso de recursos bibliográficos, informáticos e dixitais co fin de recoller información, ampliar ou revisar aspectos traballados na aula, etc.

7. Usar de forma guiada as tecnoloxías da información e a comunicación para buscar información, producir mensaxes a partir de modelos e para establecer relacións persoais amosando interese polo seu uso.

Page 12: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA Curso 2º ESOINGLÉS Ano académico 2014-2015

1- OBXECTIVOS XERAIS DE ETAPA (Decreto 133/2007-DOG do 13 xullo 2007)

O ensino da lingua estranxeira nesta etapa terá como obxectivo o desenvolvemento das seguintes capacidades:

1. Escoitar e comprender información xeral e específica oral en distintas situacións comunicativas, adoptando unha actitude respectuosa e de cooperación co falante.

2. Comunicarse oralmente en situacións habituais de forma comprensible, axeitada e con certo nivelde autonomía.

3. Ler e comprender textos diversos dun nivel axeitado ás capacidades e intereses do alumnado co fin de extraer información xeral e específica, e utilizar a lectura como fonte de pracer e de enriquecemento persoal.

4. Escribir textos sinxelos con fins diversos sobre distintos temas utilizando recursos axeitados de cohesión e coherencia.

5. Utilizar eficazmente os compoñentes fonéticos, léxicos, estruturais e funcionais básicos da linguaestranxeira en contextos reais de comunicación.

6. Desenvolver a autonomía na aprendizaxe, reflexionando sobre o propio proceso de adquisición da lingua e transferindo á lingua estranxeira coñecementos e estratexias de comunicación adquiridasnoutras linguas.

7. Buscar, seleccionar e presentar información oralmente e por escrito na lingua estranxeira utilizando todos os medios ao seu alcance, (bibliotecas, tecnoloxías da información e a comunicación e as estratexias de aprendizaxe).

8. Valorar a lingua estranxeira e as linguas en xeral, como instrumento de acceso á información e como ferramenta de aprendizaxe de contidos diversos, como medio de comunicación e entendemento entre persoas de procedencias, linguas e culturas distintas evitando calquera tipo de discriminación e de estereotipos lingüísticos e culturais.

9. Manifestar unha actitude receptiva e de autoconfianza na propia capacidade de aprender e usar a lingua estranxeira.

10. Coñecer os elementos culturais máis relevantes dos países onde se fala a lingua estranxeira, establecer relación entre aspectos culturais deses países e os propios rexeitando estereotipos negativos.

1.-CONTRIBUCIÓN DESTA MATERIA AO LOGRO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS

Esta materia está directamente relacionada coa competencia en comunicación lingüística por tratarse dunha lingua, polo tanto o que se persegue é un certo dominio da lingua inglesa, tanto oral como escrita, en diferentes contextos.

Page 13: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

Tamén contribúe ao desenvolvemento da competencia de aprender a aprender, xa que as linguas serven para comunicarse, entón son un instrumento fundamental para ter acceso a outros coñecementos non lingüísticos e así favorecer no alumnado a auto-reflexión acerca do seus modos de aprender e acerca do seu saber.Asemade, a aprendizaxe dunha lingua implica unha interacción social, o que nos conduce á conclusión de que tamén axuda a desenvolver a competencia social e cidadá, pois para comunicarse con éxito é preciso dispoñer dunhas habilidades e aceptar unhas normas de convivencia. Do mesmo xeito, esta materia favorece a competencia artística e cultural, posto que ocoñecemento dunha lingua estranxeira tamén implica o coñecemento dalgúns aspectos da cultura dos países de fala inglesa, e isto lévanos a fomentar a tolerancia e o respecto por outras culturas diferentes á nosa.O coñecemento dunha lingua estranxeira vai facilitar igualmente a competencia de autonomía e iniciativa persoal, xa que mediante a realización de tarefas comunicativas promóvese a capacidade de diálogo, de negociación, de cooperación e tamén a capacidade de decisión e responsabilidade.A contribución desta materia á competencia do tratamento da información e competencia dixital éimportante pois actualmente os avances tecnolóxicos dos que dispoñemos nos permiten manexar información en distintos soportes e coñecer outras realidades a través doutras fontes de información: internet.

De maneira menos directa, esta materia contribúe ao desenvolvemento da competencia matemática e do coñecemento e interacción co mundo físico, xa que a lingua é un instrumento para aprender novos contidos.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DE 2º ESO

Todos os obxectivos arriba indicados correspóndense cos obxectivos específicos de cadacurso desta etapa, pois en maior ou menor medida todos están incluídos en todos os niveis pero cungrado distinto de comprensión e/ou corrección, é dicir cando falamos por exemplo de “escribirtextos sinxelos”, obviamente os textos de 4º ou 3º ESO terán que ser necesariamente máiscomplexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos dicir que o nivel de esixencia vai irincrementándose a medida que avancemos en cursos pero os obxectivos son sempre os mesmos.

2.- CONTIDOS- Segundo curso 2º E.S.O.

Bloque 1. Escoitar, falar e conversar.* Escoita e comprensión de mensaxes orais, de progresiva dificultade, emitidas dentro da aula, relacionados coas actividades habituais.

* Obtención de información xeral e específica de textos orais sobre asuntos cotiáns e predicibles procedentes de diferentes medios audiovisuais e con apoio de elementos verbais e non verbais.

* Uso de estratexias de comprensión das mensaxes orais: uso do contexto verbal e non verbal e dos coñecementos previos sobre a situación, así como identificación de palabras clave.

* Produción de mensaxes orais breves e coherentes sobre temas de interese persoal e cunha pronuncia que non dificulte a comunicación.

* Participación en situacións reais ou simulada de comunicación (conversas telefónicas, peticións, autopresentacións, identificación de obxectos, lugares ou persoas) en todo tipo de interaccións (parellas, grupos, equipos) dentro da aula, con pronuncia e entoación axeitadas para conseguir a comunicación.

Page 14: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

* Resposta axeitada a situacións de comunicación na aula.* Desenvolvemento de estratexias de comunicación para superar as interrupcións na comunicación e para iniciar e concluír intercambios comunicativos.

* Valoración positiva das intervencións orais propias e alleas na lingua estranxeira como instrumento para comunicarse e coñecer outras culturas.

* Comprensión do sentido dun texto e reformulación na propia lingua, como actividade de mediación ante interlocutores que descoñecen a lingua estranxeira.

Bloque 2. Ler e escribir.* Asociación de grafía, pronuncia e significado a partir de modelos escritos e expresións orais coñecidas e consolidación das asociacións grafía-son das mensaxes empregadas en situacións funcionais de comunicación.

* Comprensión da información xeral e específica en diferentes tipos de textos, en soporte papel e dixital, auténticos e adaptados, sobre asuntos familiares e relacionados con contidos doutras áreas do currículo.

* Iniciativa para ler de xeito autónomo textos de certa extensión.* Uso de estratexias de comprensión lectora: anticipación do contido antes e durante a lectura, identificación do tema dun texto coa axuda de elementos textuais e non textuais, emprego dos coñecementos previos sobre un tema, inferencia de significados polo contexto, por elementos visuais, por comparación de palabras ou frases similares nas linguas que coñecen.

* Recoñecemento e iniciación no uso dalgunhas fórmulas que diferencian a linguaxe formal e informal nas comunicacións escritas.

* Composición de distintos textos coa axuda de modelos, atendendo a elementos básicos de cohesión e utilizando estratexias elementais no proceso de composición escrita (planificación, textualización e revisión).

* Comunicación persoal con falantes da lingua estranxeira mediante correspondencia postal ou utilizando medios informáticos: chats, correo electrónico, etc. Utilización das tecnoloxías da información e a comunicación para ler e transmitir información.

* Presentación coidada dos textos escritos, en soporte papel e dixital usando as regras básicas de ortografía e puntuación e valorando a súa importancia nas comunicacións escritas e o sentido estético destes.

* Comprensión do sentido dun texto e reformulación na propia lingua, como actividade de mediación ante interlocutores que descoñecen a lingua estranxeira.

Bloque 3. Coñecemento da lingua.Coñecementos lingüísticos.* Identificación de elementos morfolóxicos no uso da lingua: substantivo, verbo, adxectivo, adverbio, preposición, etc.

* Ampliación de expresións comúns, de frases feitas e de léxico apropiado a contextos concretos, cotiáns e a contidos doutras materias do currículo.

Page 15: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

* Uso das estruturas e funcións máis habituais.* Recoñecemento e pronuncia de fonemas de especial dificultade.* Recoñecemento e produción de patróns básicos de ritmo, entoación e acentuación de palabras e frases.

Reflexión sobre a aprendizaxe.* Ampliación de estratexias para organizar, adquirir, lembrar e utilizar léxico.* Uso de recursos para a aprendizaxe como dicionarios, libros de consulta, bibliotecas ou tecnoloxías da información e da comunicación.

* Reflexión sobre o uso e o significado das formas gramaticais axeitadas a distintas intencións comunicativas.

* Participación en actividades de avaliación compartida, na avaliación da propia aprendizaxe e uso de estratexias de autocorrección.

* Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na aprendizaxe.

* Interese por aproveitar as oportunidades da aprendizaxe creadas no contexto da aula e fóra dela.

* Participación activa en actividades e traballos grupais.* Confianza e iniciativa para expresarse oralmente e na escrita.

Bloque 4. Aspectos socioculturais e consciencia intercultural.* Recoñecemento e valoración da lingua estranxeira como instrumento de comunicación internacional.

* Identificación e respecto cara aos costumes e trazos da vida cotiá propios doutros países e culturasonde se fala a lingua estranxeira respecto a patróns culturais existentes en Galicia.

* Ampliación de fórmulas de cortesía axeitadas nos intercambios sociais.* Coñecemento dos acontecementos culturais diversos de tipo histórico, aspectos xeográficos ou literarios, obtendo a información por diferentes medios, entre eles a biblioteca, a internet e outras tecnoloxías da información e comunicación.

* Interese e iniciativa na realización de intercambios comunicativos con falantes ou aprendices/zas da lingua estranxeira, utilizando soporte papel ou medios dixitais.

* Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación con persoas pertencentes a outras culturas.

* Respecto pola cultura da lingua estranxeira en comparación coa galega, acadando unha consciencia intercultural que supere os estereotipos.

4.- METODOLOXÍA E RECURSOS DIDÁCTICOS

Cada clase comezará coa revisión da tarefa que os alumnos levan para facer na casa.As instruccións da clase faranse sempre en inglés, agás no caso de puntos moi difíciles de entenderpara o alumno.O alumno realizará actividades individuais, por parellas e en pequenos grupos ou gran grupo.Para a aprendizaxe de vocabulario utilizaranse estratexias de aprendizaxe como : presenta-lo léxicopor familias léxicas ou campos semánticos, facer cadernos de vocabulario con debuxos, definición

Page 16: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

de palabras...Tamén audicións de palabras e dictados que serán correxidos polos propios alumnosou en parellas polos compañeiros. Será importante a audición de cancións do libro ou das quepoidan aporta-los alumnos e o profesor para o aumento do léxico e mellora da capacidade auditivados alumnos. Contibúe tamén a visualización de vídeos e a realización de exercicios en torno ósmesmos. O caderno de traballo estará dividido en partes : vocabulary,grammar, phonetics, listenings eexercises.As actividades de lectura faranse preferentemente na aula para controlar en cada momento o avanceou as dificultades que poidan te-los alumnos.Os alumnos usarán o diccionario tanto para ovocabulario das lecturas como para a realización de proxectos.Os proxectos realizaranse ó final de cada unidade temática e serán os propostos no libro de texto.Previamente, antes da lectura ou realización de proxectos, darase unha lista de vocabulario útil ouaxuda e estratexias para que o alumno poida deduci-lo significado das palabras polo contexto. Éimportante que o alumno comprenda que non fai falla entender tódalas palabras do texto paraentendelo.Para a realización de proxectos o alumno precisa organiza-las ideas e buscar información previa ódesenrolo do traballo. Esta laboura debe facela por si mesmo ou en grupo, coa axuda de libros dabiblioteca, prensa ,internet...Estos traballos serán expostos para que os demais grupos coñezan o que fixeron os outros alumnos.O traballo por parellas a nivel oral será importantísimo dentro da aula de inglés, daralles ósalumnos mais soltura e confianza e tamén a oportunidade de falar todos e practica-lo inglés tódolosdías.Estas actividades serán breves (5-10min.) para evita-lo aburrimento e alboroto. Neste apartadotraballamos as distintas funcíóns da linguaxe.A gramática e os verbos traballaranse mediante a realización de exercicios , control do estudiosistemático dos verbos regulares e irregulares e explicación das principais regras gramaticais e ofuncionamento dos verbos auxiliares. É importante o uso do grammar summary que aparece ó finaldo libro de texto. A corrección de erros levarase a cabo polo propio alumno ( autocorrección ), polos compañeiros epolo profesor.En ocasións escribirase a solución e noutros casos que o alumno poda autocorrexirse, faráo él. Oprofesor indicaralle o tipo de erro comertido:

Sp (spelling) Gr ( grammar) V (vocabulary) Wo (word order)

O libro de texto a empregar é English Plus 2 da Editorial OxfordOs alumnos de 2º de ESO realizarán a lectura de dous libros “ graders” e haberá dous libros delectura :Tamén 1 hora semanal de vídeo :VT1 (Longman), THUMBS UP de OUP e o DVD de English plus2 e Spotlight 2

5.- TEMPORALIZACIÓN

Distribúense os contidos de cada curso en 9 unidades didácticas ó longo do curso. En cada trimestredaranse unha media de 3 unidades didácticas.

6.- AVALIACIÓNProcedementos para a realización da avaliación inicial:

Page 17: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

Durante os primeiros días de clase rexistraremos as capacidades dos alumnos nas distintas destrezascomunicativas por medio da observación na aula e tamén utilizaremos unha proba de diagnóstico que inclúa exercicios variados para poder averiguar os coñecementos previos dos alumnos e detectar posibles dificultades de aprendizaxe e en consecuencia avanzar a un ritmo máis lento ou máis rápido.

Instrumentos de avaliaciónAvaliarase o traballo do alumno na aula, probas orais e escritas, a súa participación oral, ointerese por aprender e mellorar, a realización de deberes, a aportación de material e informaciónpara a realización de proxectos, o orden e limpeza na presentación de traballos así como aparticipación nas tareas tanto individuais como en grupos.A avaliación farase mediante a observación e toma de notas diaria polo profesor xunto coaautoavaliación do alumno na propia correccción de tarefas.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN.

Comprender a idea xeral e informacións específicas de mensaxes orais emitidas cara a cara ou procedentes de distintos medios audiovisuais, sobre temas coñecidos.

2. Participar con progresiva autonomía en conversas e simulacións relativas ás experiencias persoais, plans e proxectos, empregando estruturas sinxelas, as expresións máis usuais de relación social, e unha pronuncia axeitada para conseguir a comunicación.

3. Comprender a información xeral e a específica de diferentes textos escritos, auténticos e adaptados de extensión variada e axeitados á súa idade, demostrando a comprensión mediante unha actividade específica.

4. Redactar de xeito guiado textos diversos en diferentes soportes, empregando estruturas, conectores sinxelos e léxico adecuados, coidando os aspectos formais e respectando as regras elementais de ortografía e de puntuación para que sexan comprensibles ao lector e presenten unha corrección aceptable para a comunicación.

5. Utilizar os coñecementos adquiridos sobre o sistema lingüístico da lingua estranxeira, en diferentes contextos de comunicación, como instrumento de autoaprendizaxe e de autocorrección das producións propias orais e escritas e para comprender as producións alleas. 6. Identificar, utilizar algunhas estratexias básicas utilizadas para progresar na aprendizaxe. 7. Usar de xeito guiado as tecnoloxías da información e a comunicación para buscar información, producir textos a partir de modelos e para establecer relacións persoais mostrando interese polo seu uso. 8. Identificar e poñer exemplos dalgúns aspectos sociais, culturais, históricos, xeográficos ou literarios propios de países onde se fala a lingua estranxeira e amosar interese por coñecelos.

9. Reformular na lingua propia o sentido dun texto, oral ou escrito, sobre temas previamentetraballados na aula, para facelo comprensible a interlocutores que descoñecen a lingua estranxeira en estudo.

6.2.- Criterios de cualificación- convocatoria ordinaria

Page 18: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

Para a cualificación entrarán tódalas destrezas coa seguinte porcentaxe de cualificación:

Probas de listening (20%) Proba escrita do libro de lectura (30% ) Probas de Use of English (40%) Homework classwork, attitude (10%)

A avaliación desta materia é continua, polo tanto para superala é necesario superar a última avaliación.

6.2 MÍNIMOS ESIXIBLES PARA UNHA AVALIACIÓN POSITIVA

CONTIDOS MÍNIMOSBloque 1. Escoitar, falar e conversar.* Escoita e comprensión de mensaxes orais, de progresiva dificultade, emitidas dentro da aula, relacionados coas actividades habituais.

* Obtención de información xeral de textos orais sobre asuntos cotiáns e predicibles procedentes dediferentes medios audiovisuais e con apoio de elementos verbais e non verbais.

* Uso de estratexias de comprensión das mensaxes orais: uso do contexto verbal e non verbal e dos coñecementos previos sobre a situación, así como identificación de palabras clave.

* Produción de mensaxes orais breves e coherentes sobre temas de interese persoal e cunha pronuncia que non dificulte a comunicación.

* Participación en situacións simuladas de comunicación (conversas telefónicas, peticións, autopresentacións, identificación de obxectos, lugares ou persoas). * Resposta axeitada a situacións de comunicación na aula.

* Valoración positiva das intervencións orais propias e alleas na lingua estranxeira como instrumento para comunicarse e coñecer outras culturas.

* Comprensión do sentido dun texto e reformulación na propia lingua.Bloque 2. Ler e escribir.* Asociación de grafía, pronuncia e significado a partir de modelos escritos e expresións orais coñecidas e consolidación das asociacións grafía-son das mensaxes empregadas en situacións funcionais de comunicación.

* Comprensión da información xeral e específica en diferentes tipos de textos, en soporte papel e dixital, auténticos e adaptados, sobre asuntos familiares e relacionados con contidos doutras áreas do currículo.

* Iniciativa para ler de xeito autónomo textos de certa extensión.* Uso de estratexias de comprensión lectora: anticipación do contido antes e durante a lectura, identificación do tema dun texto coa axuda de elementos textuais e non textuais, emprego dos coñecementos previos sobre un tema, inferencia de significados polo contexto, por elementos visuais, por comparación de palabras ou frases similares nas linguas que coñecen.

* Composición de distintos textos coa axuda de modelos, atendendo a elementos básicos de cohesión e utilizando estratexias elementais no proceso de composición escrita (planificación, textualización e revisión).

Page 19: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

* Presentación coidada dos textos escritos, en soporte papel e dixital usando as regras básicas de ortografía e puntuación e valorando a súa importancia nas comunicacións escritas e o sentido estético destes.

* Comprensión do sentido dun texto e reformulación na propia lingua.Bloque 3. Coñecemento da lingua.Coñecementos lingüísticos.* Identificación de elementos morfolóxicos no uso da lingua: substantivo, verbo, adxectivo, adverbio, preposición, etc.

* Ampliación de expresións comúns, de frases feitas e de léxico apropiado a contextos concretos, cotiáns e a contidos doutras materias do currículo.

* Uso das estruturas e funcións máis habituais.* Recoñecemento e produción de patróns básicos de ritmo, entoación e acentuación de palabras e frases.

Reflexión sobre a aprendizaxe.* Ampliación de estratexias para organizar, adquirir, lembrar e utilizar léxico.* Uso de recursos para a aprendizaxe como dicionarios, libros de consulta, bibliotecas ou tecnoloxías da información e da comunicación.

* Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na aprendizaxe.

* Interese por aproveitar as oportunidades da aprendizaxe creadas no contexto da aula e fóra dela.

* Participación activa en actividades e traballos grupais.

Bloque 4. Aspectos socioculturais e consciencia intercultural.* Recoñecemento e valoración da lingua estranxeira como instrumento de comunicación internacional.

* Identificación e respecto cara aos costumes e trazos da vida cotiá propios doutros países e culturasonde se fala a lingua estranxeira respecto a patróns culturais existentes en Galicia.

* Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación con persoas pertencentes a outras culturas.

* Respecto pola cultura da lingua estranxeira en comparación coa galega, acadando unha consciencia intercultural que supere os estereotipos.

CRITERIOS MÍNIMOS DE AVALIACIÓN

1- Comprender a idea xeral e informacións específicas de mensaxes orais emitidas cara a cara ou procedentes de distintos medios audiovisuais, sobre temas coñecidos.

2. Participar con progresiva autonomía en conversas e simulacións relativas ás experiencias persoais, plans e proxectos, empregando estruturas sinxelas, as expresións máis usuais de relación social, e unha pronuncia axeitada para conseguir a comunicación.

Page 20: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

3. Comprender a información xeral e a específica de diferentes textos escritos, auténticos e adaptados de extensión variada e axeitados á súa idade, demostrando a comprensión mediante unha actividade específica.

4. Redactar de xeito guiado textos diversos en diferentes soportes, empregando estruturas, conectores sinxelos e léxico adecuados, coidando os aspectos formais e respectando as regras elementais de ortografía e de puntuación para que sexan comprensibles ao lector e presenten unha corrección aceptable para a comunicación. 5. Identificar, utilizar algunhas estratexias básicas utilizadas para progresar na aprendizaxe. 6. Usar de xeito guiado as tecnoloxías da información e a comunicación para buscar información, producir textos a partir de modelos e para establecer relacións persoais mostrando interese polo seu uso. 7. Reformular na lingua propia o sentido dun texto, oral ou escrito, sobre temas previamente traballados na aula.

6.3.- Programa de recuperación de pendentes

O alumnado que teña pendente esta materia de 1º ESO propoñeráselle o seguinte plan de traballoque consistirá en: lecturas adaptadas ao seu nivel, exercicios para que entregue mensualmente e queposteriormente se lle devolverán corrixidos e comentados e a realización dunha proba escrita portrimestre, acordando co alumno a data máis beneficiosa para el, para finalmente elaborar uninforme acerca do progreso do alumno nesta materia en cada avaliación. Os contidos e os criteriosesixidos para a recuperación desta materia pendente serán os reflectidos na programaciónespecífica do curso 1º ESO. Para a superación da materia pendente o alumno terá que entregar todasas tarefas que se lle encomenden mensualmente e que puntuarán un 30% e realizar unha proba portrimestre que puntuará o 70%. A nota final do alumno será a resultante da media ponderada das tresavaliacións, calculándoa do seguinte xeito: multiplicando a nota da 1ªavaliación x 1, a da 2ª x 2 e ada 3ª x 3, e dividindo a suma dos productos por 6.

Se a avaliación en xuño fose negativa, o alumno poderá presentarse á proba extraordinaria de setembro, onde realizará a mesma proba que os alumnos de 1º ESO que non superaron a materia en xuño, neste caso a nota do alumno será exclusivamente a nota acadada nesta proba escrita.

6.4.- Criterios de cualificación -convocatoria extraordinaria de setembro

O alumnado que non superase a materia en xuño, poderá facelo na proba extraordinaria desetembro, a cal consistirá nun exame escrito que inclúa: un texto con preguntas de comprensiónacerca do mesmo; preguntas de vocabulario e exercicios de gramática. A nota acadada polo alumnoserá exclusivamente a obtida nesta proba escrita, non aplicándoselle os criterios de cualificaciónde xuño.

7.- ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

Como actividade complementaria realizarase a festividade de HALLOWEEN a finais do mes de outubro coa confección de murais, colocación de cabazas naturais con pequenas lámpadas no seu interior...así como tamén actividades relacionadas co tema: lecturas, encrucillados...Temos previsto que acuda ao noso centro o contacontos Tim Bowley para levar a cabo esta actividade no curso de 2º ESO, como xa se fixo nos tres anos anteriores.

Page 21: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

8.- ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Preveranse medidas de reforzo, estas decidiranse nunha reunión de seminario trala realización de probas de avaliación inicial en cada grupo no que se determinará que alumnos/as necesitan unha atención especial, que presumiblemente consistirá na adecuación das tarefas e actividades na aula e o homework así como dun libro adaptado máis sinxelo para cada trimestre coa conseguinte proba adaptada.

9._ PLAN PERSONALIZADO PARA REPETIDORES

Este curso haberá un repetidor e estableceremos as medidas oportunas que serán similares ásprevistas nos casos de atención á diversidade dependendo das características deste alumno, poispode presentar problemas de diverda índole: de disciplina, de falta de concentración, de dificultadesde comprensión etc.

Page 22: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA Curso 3º ESOINGLÉS Ano académico 2014-2015

OBXECTIVOS XERAIS DE ETAPA (Decreto 133/2007-DOG do 13 xullo 2007)

O ensino da lingua estranxeira nesta etapa terá como obxectivo o desenvolvemento das seguintes capacidades:

1. Escoitar e comprender información xeral e específica oral en distintas situacións comunicativas, adoptando unha actitude respectuosa e de cooperación co falante.

2. Comunicarse oralmente en situacións habituais de forma comprensible, axeitada e con certo nivelde autonomía.

3. Ler e comprender textos diversos dun nivel axeitado ás capacidades e intereses do alumnado co fin de extraer información xeral e específica, e utilizar a lectura como fonte de pracer e de enriquecemento persoal.

4. Escribir textos sinxelos con fins diversos sobre distintos temas utilizando recursos axeitados de cohesión e coherencia.

5. Utilizar eficazmente os compoñentes fonéticos, léxicos, estruturais e funcionais básicos da linguaestranxeira en contextos reais de comunicación.

6. Desenvolver a autonomía na aprendizaxe, reflexionando sobre o propio proceso de adquisición da lingua e transferindo á lingua estranxeira coñecementos e estratexias de comunicación adquiridasnoutras linguas.

7. Buscar, seleccionar e presentar información oralmente e por escrito na lingua estranxeira utilizando todos os medios ao seu alcance, (bibliotecas, tecnoloxías da información e a comunicación e as estratexias de aprendizaxe).

8. Valorar a lingua estranxeira e as linguas en xeral, como instrumento de acceso á información e como ferramenta de aprendizaxe de contidos diversos, como medio de comunicación e entendemento entre persoas de procedencias, linguas e culturas distintas evitando calquera tipo de discriminación e de estereotipos lingüísticos e culturais.

9. Manifestar unha actitude receptiva e de autoconfianza na propia capacidade de aprender e usar a lingua estranxeira.

10. Coñecer os elementos culturais máis relevantes dos países onde se fala a lingua estranxeira, establecer relación entre aspectos culturais deses países e os propios rexeitando estereotipos negativos.

1.-CONTRIBUCIÓN DESTA MATERIA AO LOGRO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS

Esta materia está directamente relacionada coa competencia en comunicación lingüística por tratarse dunha lingua, polo tanto o que se persegue é un certo dominio da lingua inglesa, tanto oral como escrita, en diferentes contextos.Tamén contribúe ao desenvolvemento da competencia de aprender a aprender, xa que as linguas serven para comunicarse, entón son un instrumento fundamental para ter acceso a outros

Page 23: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

coñecementos non lingüísticos e así favorecer no alumnado a auto-reflexión acerca do seus modos de aprender e acerca do seu saber.Asemade, a aprendizaxe dunha lingua implica unha interacción social, o que nos conduce á conclusión de que tamén axuda a desenvolver a competencia social e cidadá, pois para comunicarse con éxito é preciso dispoñer dunhas habilidades e aceptar unhas normas de convivencia. Do mesmo xeito, esta materia favorece a competencia artística e cultural, posto que ocoñecemento dunha lingua estranxeira tamén implica o coñecemento dalgúns aspectos da cultura dos países de fala inglesa, e isto lévanos a fomentar a tolerancia e o respecto por outras culturas diferentes á nosa.O coñecemento dunha lingua estranxeira vai facilitar igualmente a competencia de autonomía e iniciativa persoal, xa que mediante a realización de tarefas comunicativas promóvese a capacidade de diálogo, de negociación, de cooperación e tamén a capacidade de decisión e responsabilidade.A contribución desta materia á competencia do tratamento da información e competencia dixital éimportante pois actualmente os avances tecnolóxicos dos que dispoñemos nos permiten manexar información en distintos soportes e coñecer outras realidades a través doutras fontes de información: internet.

De maneira menos directa, esta materia contribúe ao desenvolvemento da competencia matemática e do coñecemento e interacción co mundo físico, xa que a lingua é un instrumento para aprender novos contidos.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DE 3º ESO

Todos os obxectivos arriba indicados correspóndense cos obxectivos específicos de cadacurso desta etapa, pois en maior ou menor medida todos están incluídos en todos os niveis pero cungrado distinto de comprensión e/ou corrección, é dicir cando falamos por exemplo de “escribirtextos sinxelos”, obviamente os textos de 4º ou 3º ESO terán que ser necesariamente máiscomplexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos dicir que o nivel de esixencia vai irincrementándose a medida que avancemos en cursos pero os obxectivos son sempre os mesmos.

2.- CONTIDOSBloque 1. Escoitar, falar e conversar.

* Comprensión de instrucións en contextos reais e simulados.* Comprensión global e específica de textos orais de progresiva complexidade, relacionados con actividades propias da aula, cos intereses das alumnas e dos alumnos, cos seus sentimentos, desexose gustos.

* Escoita, identificación e comprensión de información xeral e específica de mensaxes sinxelas, de progresiva dificultade, cara a cara ou emitidas por medios audiovisuais sobre temas concretos e coñecidos, pronunciados con lentitude e claridade.

* Uso de estratexias de comprensión das mensaxes orais: uso do contexto verbal e non verbal e dos coñecementos previos sobre a situación, identificación de palabras clave e identificación da intención do falante.

* Produción oral de descricións, narracións e explicacións breves sobre acontecementos, experiencias e coñecementos diversos.

* Participación en conversas e simulacións sobre temas cotiás e de interese persoal con diversos finscomunicativos.

Page 24: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

* Emprego de respostas espontáneas a situacións de comunicación na aula.* Uso progresivamente autónomo das convencións máis habituais e propias da conversa en actividades de comunicación reais e simuladas.

* Uso progresivamente autónomo no uso de estratexias de comunicación para resolver as dificultades durante a interacción.

* Comprensión do sentido dun texto e reformulación na propia lingua, como actividade de mediación ante interlocutores que descoñecen a lingua estranxeira.

Bloque 2. Ler e escribir.

* Comprensión da información xeral e específica de textos auténticos, en soporte papel e dixital, sobre temas cotiás de interese xeral e relacionados con contidos doutras áreas do currículo.

* Lectura autónoma de textos relacionados cos seus intereses, para obter información ou goce.

* Uso de distintas fontes, en soporte papel, dixital ou multimedia, para obter información co fin de realizar tarefas individuais ou en grupo.

* Uso de diferentes estratexias de lectura como a identificación do contido dun texto escrito coa axuda de elementos textuais e non textuais, uso do contexto, de dicionarios ou aplicación de regras de formación de palabras para inferir significados.

* Produción guiada de textos sinxelos e estruturados, con algúns elementos de cohesión para marcarcon claridade a relación entre ideas e utilizando estratexias básicas no proceso de composición escrita (planificación, textualización e revisión de borradores) que axuden á reflexión sobre o proceso de escritura.

* Uso progresivamente autónomo do rexistro apropiado ao lector ao que vai dirixido o texto (formale informal).

* Comunicación persoal con falantes da lingua estranxeira mediante a correspondencia postal ou utilizando medios informáticos: chats, correo electrónico, etc.

* Interese pola presentación coidada dos textos escritos, en soporte papel e dixital, utilizando adecuadamente a ortografía e os signos de puntuación.

* Comprensión do sentido dun texto e reformulación na propia lingua, como actividade de mediación ante interlocutores que descoñecen a lingua estranxeira.

Bloque 3. Coñecemento da lingua.

Coñecementos lingüísticos.* Uso progresivamente autónomo de expresións comúns, frases feitas e léxico sobre temas de interese persoal e xeral, temas cotiás e temas relacionados con contidos doutras áreas do currículo.

* Uso, con progresiva autonomía, de expresións fixas, enunciados e léxico sobre temas de interese persoal.

* Identificación de antónimos, de «falsos amigos» e de palabras con prefixos e sufixos máis habituais.

Page 25: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

* Uso de estruturas e funcións asociadas a diferentes situacións de comunicación.

* Recoñecemento e pronuncia de fonemas de especial dificultade.* Recoñecemento e produción de diferentes patróns de ritmo, entoación e acentuación de palabras e frases.

Reflexión sobre a aprendizaxe.

* Aplicación de diferentes estratexias para organizar, adquirir, lembrar e utilizar léxico.

* Organización e uso, cada vez máis autónomo, de recursos para a aprendizaxe como dicionarios, libros de consulta, bibliotecas ou tecnoloxías da información e da comunicación.

* Análise e reflexión sobre o uso e o significado de diferentes formas gramaticais mediante comparación e contraste coas linguas que coñece.

* Participación na avaliación da propia aprendizaxe e uso de estratexias de autocorrección.

* Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na aprendizaxe.

* Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula e fóra dela.

* Participación activa en actividades e traballos grupais.

* Confianza e iniciativa para expresarse oralmente e na escrita.

Bloque 4. Aspectos socioculturais e consciencia intercultural.

* Valoración do uso da lingua estranxeira como medio para comunicarse con persoas de procedencias diversas.

* Identificación dos trazos comúns e das diferenzas máis significativas que existen entre os costumes, usos, actitudes e valores da sociedade cuxa lingua se estuda respecto a patróns culturais existentes en Galicia.

* Uso apropiado desde o punto de vista socio-cultural de fórmulas lingüísticas en situacións concretas de comunicación para expresar matices semánticos como cortesía, acordo, discrepancia, etc.

* Coñecemento dos elementos culturais máis significativos dos países onde se fala a lingua estranxeira: literatura, arte, música, cine, obtendo a información por diferentes medios, entre eles a biblioteca, a prensa, a Internet e outras tecnoloxías da información e da comunicación.

* Interese e iniciativa por comunicarse con falantes ou aprendices/zas da lingua estranxeira utilizando soporte papel ou medios dixitais.

* Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación con persoas pertencentes a outras culturas.

Page 26: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

3.- METODOLOXÍA E RECURSOS DIDÁCTICOS

Xa dende o principio, explicaremos claramente aos alumnos cales son os obxectivos xerais docurso e os particulares de cada unidade temática, expresando estes máis en funciónscomunicativas que nos aspectos formais aínda que se pretende a aprendizaxe global a untempo tanto do aspecto comunicativo como formal, en tódolos cursos. Sen embargoesforzarémonos por traballar máis a parte comunicativa.Así, desenvolveranse regularmente actividades de comunicación oral, establecendo probas fixas delistening dende a 1ª avaliación en tódolos grupos. Haberá que adicar pois sesións á práctica deactividades de listening na aula para familiarizar ó alumno. En canto ás probas, estas deberán seraxeitadas ó nivel dos alumnos e estar o máis guiadas posible, ou ilustradas con debuxos, ou convídeo. Asímesmo estableceremos actividades de comunicación moito máis variadas. Na claseintentarase que os alumnos interveñan o máis posible en inglés empregando dende o principio alinguaxe propia da aula de inglés. Fomentarase tamén as actividades de vídeo para ilustrar linguaxeque se está aprendendo, axudar a comprender situacións concretas, adquirir vocabulario, e apoiar aslecturas adaptadas que teñen o vídeo correspondente.Igualmente, será fundamental o fomento da lectura, en forma de libros adaptados cada trimestre coque se pretende que se adquira vocabulario e mellorar a comprensión lectora.

MATERIAL NECESARIOO alumno empregará o libro de texto English Plus 3 da ed. Oxford e os libros adaptados de lectura asignados pola profesora para cada trimestre. Tamén se utilizarán actividades de listening doutros manuais e traballaremos de vez en cando co DVD que acompaña o libro de texto.

4.- TEMPORALIZACIÓN

Distribúense os contidos en 9 unidades didácticas. Daranse unha media de tres unidades didácticas por trimestre.

5.- AVALIACIÓNProcedementos para a realización da avaliación inicial:Durante os primeiros días de clase rexistraremos as capacidades dos alumnos nas distintas destrezascomunicativas por medio da observación na aula e tamén utilizaremos unha proba de diagnóstico que inclúa exercicios variados para poder averiguar os coñecementos previos dos alumnos e detectar posibles dificultades de aprendizaxe e en consecuencia avanzar a un ritmo máis lento ou máis rápido.

5.1.- Criterios de avaliación

1. Comprender a idea principal e algúns detalles relevantes de textos en mensaxes orais sinxelas sobre temas concretos e coñecidos emitidas con claridade.

2. Participar en conversas e simulacións breves, relativas a situacións habituais ou de interese persoal e con diversos fins comunicativos, empregando as convencións propias da conversa e as estratexias necesarias para resolver as dificultades durante a interacción.

3. Comprender a información xeral e todos os datos relevantes de textos escritos auténticos, de extensión variada recoñecendo feitos e opinións e identificando, no seu caso, a intención comunicativa do autor.

Page 27: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

4. Redactar de forma guiada textos diversos, coidando o léxico, as estruturas, e algúns elementos de cohesión e coherencia para marcar a relación entre ideas e facelos comprensibles ao lector. 5. Empregar de xeito consciente en contextos de comunicación variados os coñecementos adquiridos sobre o sistema lingüístico da lingua estranxeira como instrumento de autocorrección e de autoavaliación das producións propias orais e escritas e para comprender as producións alleas.

6. Identificar e utilizar diferentes estratexias empregadas para progresar na aprendizaxe. 7. Usar as tecnoloxías da información e a comunicación de xeito progresivamente autónomo para buscar información, producir textos a partir de modelos, enviar e recibir mensaxes de correo electrónico e para establecer relacións persoais orais e escritas, amosando interese polo seu uso. 8. Identificar os aspectos culturais máis relevantes dos países onde se fala a lingua estranxeira, sinalar as características máis significativas dos costumes, normas, actitudes e valores da sociedade da que se estuda a lingua e amosar unha valoración positiva de patróns culturais distintos aos propios. 9. Reformular na lingua propia o sentido dun texto, oral ou escrito, sobre temas previamente traballados na aula, para facelo comprensible a interlocutores que descoñecen a lingua estranxeira en estudo.

5.2.- Criterios de cualificación

A nota da avaliación será a suma dos seguintes apartados, que reflexan os instrumentos de avalia-ción en cada caso.:

AVALIACIÓNS 1ª e 2ª

1- Traballo en clase, na casa, actitude (participación, interese, esforzo,e uso axeitado domaterial propio): 20%*=(10%+10%)

Proba de Use of English (Grammar, vocabulary, text, composition): 40% Proba de Listening: 10% Exame do libro de lectura ( Reading)30%

AVALIACIÓN 3ª 1- Traballo en clase, na casa, actitude (participación, interese, esforzo,e uso axeitado do material propio): 20%*=(10%+10%)2- Proba de Use of English (Grammar, vocabulary, text, composition): 60%3- Proba de Listening: 20%

*Para acadar este 20%, o alumno deberá traer sempre as tarefas encomendadas para realizar nacasa (10%), descontarase 0.1 puntos ata un máximo de 1 por cada vez que nos as realice ; o 10%restante será adicado á actitude,(precísase máis arriba en que consiste), se se produce unhaincidencia negativa neste subapartado descontarase un 0.1 ata un máximo de 1.

Page 28: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

A avaliación é continua, polo que non haberá exames de recuperación. A 2ª e3ª avaliaciónsincluirán contidos das anteriores. Dado que a nota final será a da 3ª avaliación, seráimprescindible ter superada esta cunha cualificación positiva.

5.4.- Programa de reforzo da materia pendente.

O alumnado que teña pendente esta materia de 2º ESO propoñeráselle o seguinte plan de traballoque consistirá en: lecturas adaptadas ao seu nivel, exercicios para que entregue mensualmente e queposteriormente se lle devolverán corrixidos e comentados e a realización dunha proba escrita portrimestre, acordando co alumno a data máis beneficiosa para el, para finalmente elaborar uninforme acerca do progreso do alumno nesta materia en cada avaliación. Os contidos e os criteriosesixidos para a recuperación desta materia pendente serán os reflectidos na programaciónespecífica do curso 2º ESO. Para a superación da materia pendente o alumno terá que entregar todasas tarefas que se lle encomenden mensualmente e que puntuarán un 30% e realizar unha proba portrimestre que puntuará o 70%. A nota final do alumno será a resultante da media ponderada das tresavaliacións, calculándoa do seguinte xeito: multiplicando a nota da 1ªavaliación x 1, a da 2ª x 2 e ada 3ª x 3, e dividindo a suma dos productos por 6.

Se a avaliación en xuño fose negativa, o alumno poderá presentarse á proba extraordinaria de setembro, onde realizará a mesma proba que os alumnos de 2º ESO que non superaron a materia en xuño, neste caso a nota do alumno será exclusivamente a nota acadada nesta proba escrita.

5.5.- Criterios de cualificación – convocatoria extraordinaria de setembro

O alumnado que non superase a materia en xuño, poderá facelo na proba extraordinaria desetembro, a cal consistirá nun exame escrito que inclúa: un texto con preguntas de comprensiónacerca do mesmo; preguntas de vocabulario ; exercicios de gramática e unha composición axeitadaao seu nivel. A nota acadada polo alumno será exclusivamente a obtida nesta proba escrita, nonaplicándoselle os criterios de cualificación de xuño.

6.- ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

Seguiremos intentando contactar cun centro británico ou irlandés para programar un intercambio.Tamén pensamos na posibilidade de participar nun programa de e-twinning para intercambiar información e traballos con outros centros estranxeiros a través do correo electrónico.

7.- ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Preveranse medidas de reforzo en cada grupo nos casos de alumnos con dificultades, estasdecidiranse nunha reunión de seminario trala realización de probas de avaliación inicial etras o intercambio de información coa profesora que imparteu clases a eses alumnos o cursoanterior e así poder determinar que alumnos-as necesitan unha atención especial, quepresumiblemente consistirá na adecuación das tarefas e actividades na aula e o traballo dacasa, así como dun libro adaptado máis sinxelo para cada trimestre coa conseguinte probaadaptada.

Page 29: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

8._ PLAN PERSONALIZADO PARA REPETIDORES

Unha vez coñezamos as características especiais dos repetidores, estableceremos as medidasespecíficas necesarias que serán similares ás previstas nos casos de atención á diversidade, poispoden presentarse problemas de diverda índole: de disciplina, de falta de concentración, dedificultades de comprensión etc.

9.-CONTIDOS E CRITERIOS MÍNIMOS DE APRENDIZAXE

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA PARA 3º E.S.OMateria: INGLÉS

CONTIDOS MÍNIMOS Bloque 1. Escoitar, falar e conversar.

* Comprensión de instrucións en contextos reais e simulados.* Comprensión global e específica de textos orais de progresiva complexidade, relacionados con actividades propias da aula, cos intereses das alumnas e dos alumnos, cos seus sentimentos, desexos e gustos.* Escoita, identificación e comprensión de información xeral e específica de mensaxes sinxelas, de progresiva dificultade, cara a cara ou emitidas por medios audiovisuais sobre temas concretos e coñecidos, pronunciados con lentitude e claridade.* Produción oral de descricións, narracións e explicacións breves sobre acontecementos, experiencias e coñecementos diversos.* Participación en conversas e simulacións sobre temas cotiás e de interese persoal con diversos finscomunicativos.* Comprensión do sentido dun texto e reformulación na propia lengua.

Bloque 2. Ler e escribir.

* Comprensión da información xeral e específica de textos auténticos, en soporte papel e dixital, sobre temas cotiás de interese xeral e relacionados con contidos doutras áreas do currículo.* Lectura autónoma de textos relacionados cos seus intereses, para obter información ou goce.* Produción guiada de textos sinxelos e estruturados, con algúns elementos de cohesión para marcar con claridade a relación entre ideas e utilizando estratexias básicas no proceso de composición escrita (planificación, textualización e revisión de borradores) que axuden á reflexión sobre o proceso de escritura.* Interese pola presentación coidada dos textos escritos, en soporte papel e dixital, utilizando adecuadamente a ortografía e os signos de puntuación.* Comprensión do sentido dun texto e reformulación na propia lingua.

Bloque 3. Coñecemento da lingua.

Coñecementos lingüísticos.* Uso progresivamente autónomo de expresións comúns, frases feitas e léxico sobre temas de interese persoal e xeral, temas cotiás e temas relacionados con contidos doutras áreas do currículo.* Uso, con progresiva autonomía, de expresións fixas, enunciados e léxico sobre temas de interese persoal.* Identificación de antónimos, de «falsos amigos» e de palabras con prefixos e sufixos máis habituais.* Uso de estruturas e funcións asociadas a diferentes situacións de comunicación.

Page 30: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

Reflexión sobre a aprendizaxe.*Aplicación de diferentes estratexias para organizar, adquirir, lembrar e utilizar léxico.* Análise e reflexión sobre o uso e o significado de diferentes formas gramaticais mediante comparación e contraste coas linguas que coñece.* Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na aprendizaxe.* Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula e fóra dela.* Participación activa en actividades.

Bloque 4. Aspectos socioculturais e consciencia intercultural.

* Valoración do uso da lingua estranxeira como medio para comunicarse con persoas de procedencias diversas.* Coñecemento dos elementos culturais máis significativos dos países onde se fala a lingua estranxeira: literatura, arte, música, cine, obtendo a información por diferentes medios, entre eles a biblioteca, a prensa, a Internet e outras tecnoloxías da información e da comunicación.* Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación con persoas pertencentes a outras culturas.

CRITERIOS MÍNIMOS DE AVALIACIÓN Comprender a idea principal e algúns detalles relevantes de textos en mensaxes orais

sinxelas sobre temas concretos e coñecidos emitidas con claridade. Participar en conversas e simulacións breves, relativas a situacións habituais ou de interese

persoal e con diversos fins comunicativos. Comprender a información xeral de textos escritos auténticos, de extensión variada

recoñecendo feitos e opinións . Redactar de forma guiada textos diversos, coidando o léxico, as estruturas, e algúns

elementos de cohesión e coherencia para marcar a relación entre ideas e facelos comprensibles ao lector.

Identificar e utilizar diferentes estratexias empregadas para progresar na aprendizaxe. uso.8. Identificar os aspectos culturais máis relevantes dos países onde se fala a lingua estranxeira,sinalar as características máis significativas dos costumes, normas, actitudes e valores da sociedade da que se estuda a lingua e amosar unha valoración positiva de patróns culturais distintos aos propios. 9. Reformular na lingua propia o sentido dun texto, oral ou escrito, sobre temas previamente traballados na aula.

Page 31: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

OBXECTIVOS

PROPOSTA DE CONTIDOS

LIÑAS METODOLÓXICAS

AVALIACIÓN INICIAL

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DO ALUMNADO

CRITERIOS E PROCEDEMENTOS PARA A AVALIACIÓN E REVISIÓN DO PROGRAMA

1._ OBXECTIVOS XERAIS DE ETAPA (Decreto 133/2007-DOG do 13 xullo 2007)

O ensino da lingua estranxeira nesta etapa terá como obxectivo o desenvolvemento das seguintes capacidades:

1. Escoitar e comprender información xeral e específica oral en distintas situacións comunicativas, adoptando unha actitude respectuosa e de cooperación co falante.

2. Comunicarse oralmente en situacións habituais de forma comprensible, axeitada e con certo nivelde autonomía.

3. Ler e comprender textos diversos dun nivel axeitado ás capacidades e intereses do alumnado co fin de extraer información xeral e específica, e utilizar a lectura como fonte de pracer e de enriquecemento persoal.

4. Escribir textos sinxelos con fins diversos sobre distintos temas utilizando recursos axeitados de cohesión e coherencia.

5. Utilizar eficazmente os compoñentes fonéticos, léxicos, estructurais e funcionais básicos da lingua estranxeira en contextos reais de comunicación.

6. Desenvolver a autonomía na aprendizaxe, reflexionando sobre o propio proceso de adquisición da lingua e transferindo á lingua estranxeira coñecementos e estratexias de comunicación adquiridasnoutras linguas.

7. Buscar, seleccionar e presentar información oralmente e por escrito na lingua estranxeira utilizando todos os medios ao seu alcance, (bibliotecas, tecnoloxías da información e a comunicación e as estratexias de aprendizaxe).

8. Valorar a lingua estranxeira e as linguas en xeral, como instrumento de acceso á información e como ferramenta de aprendizaxe de contidos diversos, como medio de comunicación e entendemento entre persoas de procedencias, linguas e culturas distintas evitando calquera tipo de discriminación e de estereotipos lingüísticos e culturais.

9. Manifestar unha actitude receptiva e de autoconfianza na propia capacidade de aprender e usar a

3º ESO/4º ESO PROGRAMA DE DIVERSIFICACIÓN CURRICULARCURSOS 2013-2014/ 2014-2015

Page 32: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

lingua estranxeira.

10. Coñecer os elementos culturais máis relevantes dos países onde se fala a lingua estranxeira, establecer relación entre aspectos culturais deses países e os propios rexeitando estereotipos negativos.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DE 3º E 4º ESO

Todos os obxectivos arriba indicados correspóndense cos obxectivos específicos de cadacurso desta etapa, pois en maior ou menor medida todos están incluídos en todos os niveis pero cungrado distinto de comprensión e/ou corrección, é dicir cando falamos por exemplo de “escribirtextos sinxelos”, obviamente os textos de 4º ESO terán que ser necesariamente máis complexos queos que se traballen en 3º ESO, queremos dicir que o nivel de esixencia vai ir incrementándose amedida que avancemos en cursos pero os obxectivos son sempre os mesmos.

CONTRIBUCIÓN DESTA MATERIA AO LOGRO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS

Esta materia está directamente relacionada coa competencia en comunicación lingüística por tratarse dunha lingua, polo tanto o que se persegue é un certo dominio da lingua inglesa, tanto oral como escrita, en diferentes contextos.Tamén contribúe ao desenvolvemento da competencia de aprender a aprender, xa que as linguas serven para comunicarse, entón son un instrumento fundamental para ter acceso a outros coñecementos non lingüísticos e así favorecer no alumnado a auto-reflexión acerca do seus modos de aprender e acerca do seu saber.Asemade, a aprendizaxe dunha lingua implica unha interacción social, o que nos conduce á conclusión de que tamén axuda a desenvolver a competencia social e cidadá, pois para comunicarsecon éxito é preciso dispoñer dunhas habilidades e aceptar unhas normas de convivencia. Do mesmo xeito, esta materia favorece a competencia artística e cultural, posto que o coñecemento dunha lingua estranxeira tamén implica o coñecemento dalgúns aspectos da cultura dos países de fala inglesa, e isto lévanos a fomentar a tolerancia e o respecto por outras culturas diferentes á nosa.O coñecemento dunha lingua estranxeira vai facilitar igualmente a competencia de autonomía e iniciativa persoal, xa que mediante a realización de tarefas comunicativas promóvese a capacidade de diálogo, de negociación, de cooperación e tamén a capacidade de decisión e responsabilidade.A contribución desta materia á competencia do tratamento da información e competencia dixital é importante pois actualmente os avances tecnolóxicos dos que dispoñemos nos permiten manexar información en distintos soportes e coñecer outras realidades a través doutras fontes de información: internet.De maneira menos directa, esta materia contribúe ao desenvolvemento da competencia matemática e do coñecemento e interacción co mundo físico, xa que a lingua é un instrumento para aprender novos contidos.TERCEIRO CURSO. (3º ESO)

Bloque 1. Escoitar, falar e conversar.

* Comprensión de instrucións sinxelas en contextos reais e simulados.* Comprensión global e específica de textos orais de progresiva complexidade, relacionados con actividades propias da aula, cos intereses das alumnas e dos alumnos, cos seus sentimentos, desexose gustos.

Page 33: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

* Escoita, identificación e comprensión de información xeral e específica de mensaxes sinxelas, de progresiva dificultade, cara a cara ou emitidas por medios audiovisuais sobre temas concretos e coñecidos, pronunciados con lentitude e claridade.

* Uso de estratexias de comprensión das mensaxes orais: uso do contexto verbal e non verbal e dos coñecementos previos sobre a situación, identificación de palabras clave e identificación da intención do falante.

* Produción oral de descricións, narracións e explicacións breves e sinxelas sobre acontecementos, experiencias e coñecementos diversos.

* Participación en conversas básicas e simulacións sobre temas cotiás e de interese persoal con diversos fins comunicativos.

* Emprego de respostas espontáneas a situacións de comunicación na aula.* Uso progresivamente autónomo das convencións máis habituais e propias da conversa en actividades de comunicación reais e simuladas.

* Uso progresivamente autónomo no uso de estratexias de comunicación para resolver as dificultades durante a interacción.

* Comprensión do sentido dun texto e reformulación na propia lingua, como actividade de mediación ante interlocutores que descoñecen a lingua estranxeira.

Bloque 2. Ler e escribir.

* Comprensión da información xeral e específica de textos, en soporte papel e dixital, sobre temas cotiás de interese xeral e relacionados con contidos doutras áreas do currículo.

* Lectura autónoma de textos relacionados cos seus intereses, para obter información ou goce.

* Uso de distintas fontes, en soporte papel, dixital ou multimedia, para obter información co fin de realizar tarefas individuais ou en grupo.

* Uso de diferentes estratexias de lectura como a identificación do contido dun texto escrito coa axuda de elementos textuais e non textuais, uso do contexto, de dicionarios ou aplicación de regras de formación de palabras para inferir significados.

* Produción moi guiada de textos sinxelos e estruturados, con algúns elementos de cohesión para marcar con claridade a relación entre ideas e utilizando estratexias básicas no proceso de composición escrita (planificación, textualización e revisión de borradores) que axuden á reflexión sobre o proceso de escritura.

* Uso progresivamente autónomo do rexistro apropiado ao lector ao que vai dirixido o texto (formale informal).

* Comunicación persoal con falantes da lingua estranxeira mediante a correspondencia postal ou utilizando medios informáticos: chats, correo electrónico, etc.

* Interese pola presentación coidada dos textos escritos, en soporte papel e dixital, utilizando adecuadamente a ortografía e os signos de puntuación.

Page 34: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

* Comprensión do sentido dun texto e reformulación na propia lingua, como actividade de mediación ante interlocutores que descoñecen a lingua estranxeira.

Bloque 3. Coñecemento da lingua.

Coñecementos lingüísticos.* Uso progresivamente autónomo de expresións comúns, frases feitas e léxico sobre temas de interese persoal e xeral, temas cotiás e temas relacionados con contidos doutras áreas do currículo.* Uso, con progresiva autonomía, de expresións fixas, enunciados e léxico sobre temas de interese persoal.* Identificación de antónimos, de «falsos amigos» e de palabras con prefixos e sufixos máis habituais.* Uso de estruturas e funcións asociadas a diferentes situacións de comunicación.* Recoñecemento e pronuncia de fonemas de especial dificultade.* Recoñecemento e produción de diferentes patróns de ritmo, entoación e acentuación de palabras e frases.Reflexión sobre a aprendizaxe.* Aplicación de diferentes estratexias para organizar, adquirir, lembrar e utilizar léxico.* Organización e uso, cada vez máis autónomo, de recursos para a aprendizaxe como dicionarios, libros de consulta, bibliotecas ou tecnoloxías da información e da comunicación.* Análise e reflexión sobre o uso e o significado de diferentes formas gramaticais mediante comparación e contraste coas linguas que coñece.

* Participación na avaliación da propia aprendizaxe e uso de estratexias de autocorrección.* Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na aprendizaxe.* Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula e fóra dela.* Participación activa en actividades e traballos grupais.* Confianza e iniciativa para expresarse oralmente e na escrita.

Bloque 4. Aspectos socioculturais e consciencia intercultural.

* Valoración do uso da lingua estranxeira como medio para comunicarse con persoas de procedencias diversas.* Identificación dos trazos comúns e das diferenzas máis significativas que existen entre os costumes, usos, actitudes e valores da sociedade cuxa lingua se estuda respecto a patróns culturais existentes en Galicia.* Uso apropiado desde o punto de vista socio-cultural de fórmulas lingüísticas en situacións concretas de comunicación para expresar matices semánticos como cortesía, acordo, discrepancia, etc.* Coñecemento dos elementos culturais máis significativos dos países onde se fala a lingua estranxeira: literatura, arte, música, cine, obtendo a información por diferentes medios, entre eles a biblioteca, a prensa, a Internet e outras tecnoloxías da información e da comunicación.* Interese e iniciativa por comunicarse con falantes ou aprendices/zas da lingua estranxeira utilizando soporte papel ou medios dixitais.* Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación con persoas pertencentes a outras culturas.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN.

1. Comprender a idea principal e algúns detalles relevantes de textos en mensaxes orais sinxelas sobre temas concretos e coñecidos emitidas con claridade.2. Participar en conversas e simulacións breves, relativas a situacións habituais ou de interese

Page 35: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

persoal e con diversos fins comunicativos, empregando as convencións propias da conversa e as estratexias necesarias para resolver as dificultades durante a interacción.3. Comprender a información xeral e todos os datos relevantes de textos escritos auténticos, de extensión variada recoñecendo feitos e opinións e identificando, no seu caso, a intención comunicativa do autor.4. Redactar de forma guiada textos diversos, coidando o léxico, as estruturas, e algúns elementos de cohesión e coherencia para marcar a relación entre ideas e facelos comprensibles ao lector.5. Empregar de xeito consciente en contextos de comunicación variados os coñecementos adquiridos sobre o sistema lingüístico da lingua estranxeira como instrumento de autocorrección e de autoavaliación das producións propias orais e escritas e para comprender as producións alleas.6. Identificar e utilizar diferentes estratexias empregadas para progresar na aprendizaxe. 7. Usar as tecnoloxías da información e a comunicación de xeito progresivamente autónomo para buscar información, producir textos a partir de modelos, enviar e recibir mensaxes de correo electrónico e para establecer relacións persoais orais e escritas, amosando interese polo seu uso.8. Identificar os aspectos culturais máis relevantes dos países onde se fala a lingua estranxeira, sinalar as características máis significativas dos costumes, normas, actitudes e valores da sociedade da que se estuda a lingua e amosar unha valoración positiva de patróns culturais distintos aos propios.9. Reformular na lingua propia o sentido dun texto, oral ou escrito, sobre temas previamente traballados na aula, para facelo comprensible a interlocutores que descoñecen a lingua estranxeira en estudo.

CUARTO CURSO (4º ESO-PDC)

Bloque 1. Escoitar, falar e conversar.* Escoita, identificación e comprensión do significado xeral e específico de conversas interpersoais sinxelas sobre temas coñecidos presentados de forma clara e organizada co fin de contestar no momento a preguntas ou cuestións sobre temas coñecidos.

* Escoita, identificación e comprensión xeral e dos datos máis relevantes de programas emitidos pormedios de comunicación audiovisuais nunha linguaxe clara e sinxela.

* Uso de estratexias de comprensión das mensaxes orais: uso do contexto verbal e non verbal e dos coñecementos previos sobre a situación, identificación de palabras clave e identificación da actitudee intención do falante.

* Produción oral de descricións, narracións e explicacións sobre experiencias, acontecementos e contidos diversos.

* Participación activa en conversas e simulacións sobre temas cotiáns e de interese persoal con diversos fins comunicativos.

* Uso de estratexias de cooperación na interacción e no traballo con outras persoas, colaborando, verificando a comprensión e cooperando activamente na realización das tarefas de comunicación.

* Emprego de respostas espontáneas e precisas a situacións de comunicación na aula.

* Uso de convencións propias da conversa en actividades de comunicación reais e simuladas.

Page 36: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

* Uso autónomo de estratexias de comunicación para iniciar, manter e terminar a interacción.

* Valoración das linguas como medio para comunicarse e relacionarse con compañeiras e compañeiros doutros países, como recurso de acceso á información e como instrumento de enriquecemento persoal ao coñecer culturas e maneiras de vivir diferentes.

* Comprensión do sentido dun texto e reformulación na propia lingua, como actividade de mediación ante interlocutores que descoñecen a lingua estranxeira.

Bloque 2. Ler e escribir.* Comprensión de instrucións e indicacións sinxelas e de comentarios básicos aos seus traballos escritos.

* Obtención de información xeral de textos orais.

* Comprensión xeral de diversos tipos de texto, en soporte papel e dixital, de interese xeral ou referidos a contidos doutras materias do currículo.

* Lectura autónoma de textos máis extensos relacionados co seus intereses.* Uso de distintas fontes, en soporte papel, dixital ou multimedia, para obter información co fin de realizar tarefas específicas.

* Consolidación de estratexias de lectura xa utilizadas como a identificación do tema dun texto escrito co apoio contextual que este conteña.

* Composición de textos diversos, con léxico axeitado ao tema e ao contexto.

* Presentación coidada dos textos escritos, en soporte papel e dixital utilizando correctamente a ortografía e os signos de puntuación.

Bloque 3. Coñecementos da lingua.Coñecementos lingüísticos.* Uso de expresións comúns, frases feitas e léxico sobre temas de interese persoal e xeral, temas cotiáns e temas relacionados con contidos doutras materias do currículo.

* Recoñecemento de antónimos, sinónimos e «falsos amigos» e formación de palabras a partir de prefixos e sufixos.

* Consolidación e uso de estruturas e funcións asociadas a diferentes situacións de comunicación.

Reflexión sobre a aprendizaxe.* Aplicación de estratexias para organizar, adquirir, lembrar e utilizar o léxico.

* Organización e uso, cada vez máis autónomo, de recursos para a aprendizaxe como dicionarios, libros de consulta, bibliotecas ou recursos dixitais e informáticos.

* Análise e reflexión sobre o uso e o significado de diferentes formas gramaticais mediante comparación e contraste coas linguas que coñece.

* Participación na avaliación da propia aprendizaxe e uso de estratexias de autocorrección.

* Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na aprendizaxe.

Page 37: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

* Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula e fóra dela.

* Participación activa e cooperativa en actividades e traballos grupais.* Confianza e iniciativa para expresarse oralmente e na escrita.Bloque 4. Aspectos socioculturais e consciencia intercultural.* Valoración da importancia da lingua estranxeira en todos os eidos das relacións internacionais.

* Identificación das características máis significativas dos costumes, normas, actitudes e valores da sociedade cuxa lingua se estuda e respecto a patróns culturais distintos aos existentes en Galicia.

* Coñecemento dos elementos culturais máis relevantes dos países onde se fala a lingua estranxeira obtendo a información por diferentes medios, entre eles a biblioteca, a prensa, a internet e outras tecnoloxías da información e comunicación.

* Interese e iniciativa por comunicarse con falantes ou aprendices/zas da lingua estranxeira utilizando soporte papel ou medios dixitais.

* Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación con persoas pertencentes a outras culturas.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN.

1. Comprender a idea principal de mensaxes orais emitidas en situacións de comunicación interpersoal ou polos medios audiovisuais, sobre temas que non esixan coñecementos especializados.

2. Participar en conversas e simulacións utilizando estratexias axeitadas para iniciar, manter e terminar a comunicación.

3. Comprender a información xeral de diversos textos escritos auténticos e adaptados e de extensiónvariada, identificando datos, opinións, argumentos.

4. Redactar con certa autonomía textos diversos cunha estructura lóxica, utilizando as convencións básicas propias de cada xénero, o léxico apropiado ao contexto e os elementos necesarios de cohesión e coherencia, de maneira que sexan facilmente comprensibles para o lector.

5. Utilizar de forma consciente os coñecementos adquiridos sobre o sistema lingüístico da lingua estranxeira en diferentes contextos de comunicación, como instrumento de autocorrección e de autoavaliación das producións propias orais e escritas e para comprender as producións alleas.

6. Identificar, utilizar e explicar estratexias utilizadas, poñer exemplos doutras posibles e decidir sobre as máis axeitadas ao obxectivo da aprendizaxe.

7. Usar as tecnoloxías da información e a comunicación con certa autonomía para buscar información, producir textos a partir de modelos, enviar e recibir mensaxes de correo electrónico e para establecer relacións persoais orais e escritas, mostrando interese polo seu uso. 8. Identificar e describir os aspectos culturais máis relevantes dos países onde se fala a lingua estranxeira e establecer algunhas relacións entre as características máis significativas dos costumes, usos, actitudes e valores da sociedade falante da lingua en estudo e a propia, e amosar respecto cara a elas.

Page 38: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

A nota da avaliación será a suma dos seguintes apartados, que reflexan os instrumentos deavaliación en cada caso.:AVALIACIÓNS 1ª 2ª 3ª

Traballo en clase, na casa, actitude (participación, interese, esforzo, uso axeitado do material):20%*=(6%+4%+10%)

Proba de Use of English (Grammar, vocabulary, text, composition): 40%Proba de Listening: 20%Exame dun libro de lectura adaptado ao seu nivel ( Reading) 20%

*Para acadar este 20%, o alumno deberá traer sempre as tarefas encomendadas para realizar nacasa (6%), descontarase un 0.1 puntos ata un máximo de 0.6 por cada vez que nos as realice ;deberá entregar todas as redaccións e/ou traballos que se lle pidan polos que acadará unha nota,que puntuará un 4% do total deste apartado, e finalmente o 10% restante será adicado á actitude,(precísase máis arriba en que consiste), se se produce unha incidencia negativa neste subapartadodescontarase un 0.1 ata un máximo de 1.A avaliación é continua, polo que non haberá exames de recuperación. A 2ª e3ª avaliaciónsincluirán contidos das anteriores. Dado que a nota final será a da 3ª avaliación, seráimprescindible ter superada esta cunha cualificación positiva.

Programa de reforzo de materia pendente

Seguindo as indicacións tratadas na C.C.P. de outubro acerca do alumnado que curse unprograma de diversificación curricular, non se seguirán os mesmos criterios que nos casosordinarios. Este alumnado tamén terá que entregar mensualmente unha serie de exercicios propostospola profesora co fin de adquirir os coñecementos necesarios para recuperar esta materia, pero nonterá que realizar unha proba específica. Considerarase que a superou se entregou as tarefas eamosou unha actitude receptiva, de esforzo e de traballo na clase.

Criterios de cualificación-Convocatoria extraordinaria de setembro

O alumnado que non superase a materia en xuño, poderá facelo na proba extraordinaria desetembro, a cal consistirá nun exame escrito específico para os grupos de PDC que inclúa: un textocon preguntas de comprensión acerca do mesmo; preguntas de vocabulario ; exercicios degramática e unha composición axeitada ao seu nivel. A nota acadada polo alumno seráexclusivamente a obtida nesta proba escrita, non aplicándoselle os criterios de cualificación dexuño.

LIÑAS METODOLÓXICAS

Xa dende o principio, explicaremos claramente aos alumnos cales son os obxectivos xerais do cursoos criterios de avaliación e os de cualificación. Ao tratarse dun grupo reducido de alumnospriorizaremos a parte comunicativa.

Page 39: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

Así, desenvolveranse regularmente actividades de comunicación oral, establecendo probas fixas deaudición dende a 1ª avaliación. Adicaremos parte do tempo de cada sesión á práctica de actividadesde listening , realizar pequenas conversas, actividades de parella (information-gap activities),xogos, etc.. xa que é posible a participación de todos os alumnos e o seguimento e orientación porparte da profesora é inmediato. En canto ás probas, estas deberán ser axeitadas ao nivel dos alumnos e estar o máis guiadas posible,ou ilustradas con debuxos, ou con vídeo. Na clase intentarase que os alumnos interveñan o máisposible en inglés empregando dende o principio a linguaxe propia da aula de inglés, aínda que sexanecesaria a traducción ao galego en moitos casos. Fomentarase tamén as actividades de vídeo e asrecollidas en CD-ROM ou a través de Internet, na páxina web da BBC ou outros para ilustrarlinguaxe que se está aprendendo, axudar a comprender situacións concretas ou adquirirvocabulario.O feito de seren dous grupos reducidos de alumnos nos permite traballar de xeito individualizado,cando así sexa preciso, a aprendizaxe e o afianzamento de coñecementos adquiridos. Utilizaremos o libro de texto Good Move, da editorial Oxford para 3º e o libro Smart Move, damesma editorial, para 4º, este libros os levarán os alumnos en préstamo. Ademáis utilizaremosvarios manuais de apoio que se axusten en cada momento ao progreso dos alumnos e que cubran asnecesidades que demandemos, así podemos citar varios: Headway elementary; Goal; Spotlight3(utilizaremos listenings e cancións deste libro),estes tres da editorial Oxford ; Let’s Go e Practice 1de Burlington. United , de Macmillan e outros que xurdan.

AVALIACIÓN INICIAL

Xa desde os primeiros días observaremos as capacidades dos alumnos, o seu nivel de competencialingüística en todas as destrezas comunicativas: escoitar, falar, escribir e ler. E actuaremos enconsecuencia, decidindo que material é o mais axeitado e que alumnos necesitan mais reforzo nestamateria.

CONTIDOS E CRITERIOS MÍNIMOS DE APRENDIZAXE PARA A SUPERACIÓN DO PDC

CONTIDOS MÍNIMOS

Bloque 1. Escoitar, falar e conversar.

* Comprensión de instrucións sinxelas en contextos reais e simulados.* Comprensión global e específica de textos orais de progresiva complexidade, relacionados con actividades propias da aula, cos intereses das alumnas e dos alumnos, cos seus sentimentos, desexose gustos.* Produción oral de descricións e opinións breves sobre acontecementos, experiencias e coñecementos diversos.* Comprensión do sentido dun texto.

Bloque 2. Ler e escribir.

* Comprensión da información xeral e específica de textos, en soporte papel e dixital, sobre temas cotiás de interese xeral e relacionados con contidos doutras áreas do currículo.* Lectura autónoma de textos relacionados cos seus intereses, para obter información ou goce.

Page 40: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

* Produción guiada de textos sinxelos e estruturados, con algún elemento de cohesión. * Interese pola presentación coidada dos textos escritos, en soporte papel e dixital, utilizando adecuadamente a ortografía e os signos de puntuación.* Comprensión do sentido dun texto.

Bloque 3. Coñecemento da lingua.

Coñecementos lingüísticos.* Uso progresivamente autónomo de expresións comúns, frases feitas e léxico sobre temas de interese persoal e xeral, temas cotiás e temas relacionados con contidos doutras áreas do currículo.* Identificación de antónimos, de «falsos amigos» e de palabras con prefixos e sufixos máis habituais.* Uso de estruturas e funcións asociadas a diferentes situacións de comunicación.

Reflexión sobre a aprendizaxe.*Aplicación de diferentes estratexias para organizar, adquirir, lembrar e utilizar léxico.* Análise e reflexión sobre o uso e o significado de diferentes formas gramaticais mediante comparación e contraste coas linguas que coñece.* Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na aprendizaxe.* Participación activa en actividades.

Bloque 4. Aspectos socioculturais e consciencia intercultural.

* Valoración do uso da lingua estranxeira como medio para comunicarse con persoas de procedencias diversas.* Coñecemento dos elementos culturais máis significativos dos países onde se fala a lingua estranxeira: literatura, arte, música, cine, obtendo a información por diferentes medios, entre eles a biblioteca, a prensa, a Internet e outras tecnoloxías da información e da comunicación.* Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación con persoas pertencentes a outras culturas.

CRITERIOS MÍNIMOS DE AVALIACIÓN

1. Comprender a idea principal e algúns detalles relevantes de textos en mensaxes orais moi sinxelas sobre temas concretos e coñecidos emitidas con claridade.2. Redactar de forma guiada textos diversos, coidando o léxico, as estruturas, e algúns elementos de cohesión e coherencia para marcar a relación entre ideas e facelos comprensibles ao lector.3. Identificar os aspectos culturais máis relevantes dos países onde se fala a lingua estranxeira, e amosar unha valoración positiva de patróns culturais distintos aos propios.4. Comprender a información xeral e específica de textos, en soporte papel e dixital, sobre temas cotiás de interese xeral e relacionados con contidos doutras áreas do currículo

CRITERIOS E PROCEDEMENTOS PARA A AVALIACIÓN E REVISIÓN DO PROGRAMA

Despois de cada trimestre ofreceránselle aos alumnos uns cuestionarios-enquisas para que valoren ogrado de satisfacción nesta materia dentro desta ensinanza. Ademáis, a profesora realizará unhaautoavaliación a partir das conclusións que se obteñan das enquisas e tomando como referenciatamén os resultados acadados polos alumnos na avaliación. Por outra banda, en cada sesión deavaliación e tamén na avaliación inicial o profesorado que imparta neste programa compartirá assúas propias opinións e observacións, de xeito que podamos detectar posibles erros e acertos no

Page 41: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

desenvolvemento deste programa e podamos adoptar as medidas que consideremos oportunas. (veros anexos incluidos no apartado da programación adicado a este respecto)

Page 42: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA Curso 4º ESOINGLÉS Ano académico 2014-2015

OBXECTIVOS XERAIS DE ETAPA (Decreto 133/2007-DOG do 13 xullo 2007)

O ensino da lingua estranxeira nesta etapa terá como obxectivo o desenvolvemento das seguintes capacidades:

1. Escoitar e comprender información xeral e específica oral en distintas situacións comunicativas, adoptando unha actitude respectuosa e de cooperación co falante.

2. Comunicarse oralmente en situacións habituais de forma comprensible, axeitada e con certo nivel de autonomía.

3. Ler e comprender textos diversos dun nivel axeitado ás capacidades e intereses do alumnado co fin de extraer información xeral e específica, e utilizar a lectura como fonte de pracer e de enriquecemento persoal.

4. Escribir textos sinxelos con fins diversos sobre distintos temas utilizando recursos axeitados de cohesión e coherencia.

5. Utilizar eficazmente os compoñentes fonéticos, léxicos, estruturais e funcionais básicos da lingua estranxeira en contextos reais de comunicación.

6. Desenvolver a autonomía na aprendizaxe, reflexionando sobre o propio proceso de adquisición da lingua e transferindo á lingua estranxeira coñecementos e estratexias de comunicación adquiridas noutras linguas.

7. Buscar, seleccionar e presentar información oralmente e por escrito na lingua estranxeira utilizando todos os medios ao seu alcance, (bibliotecas, tecnoloxías da información e a comunicación e as estratexias de aprendizaxe).

8. Valorar a lingua estranxeira e as linguas en xeral, como instrumento de acceso á información e como ferramenta de aprendizaxe de contidos diversos, como medio de comunicación e entendemento entre persoas de procedencias, linguas e culturas distintas evitando calquera tipo de discriminación e de estereotipos lingüísticos e culturais.

9. Manifestar unha actitude receptiva e de autoconfianza na propia capacidade de aprender e usar a lingua estranxeira.

10. Coñecer os elementos culturais máis relevantes dos países onde se fala a lingua estranxeira, establecer relación entre aspectos culturais deses países e os propios rexeitando estereotipos negativos.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DE 4º ESO

Todos os obxectivos arriba indicados correspóndense cos obxectivos específicos de cadacurso desta etapa, pois en maior ou menor medida todos están incluídos en todos os niveis pero cungrado distinto de comprensión e/ou corrección, é dicir cando falamos por exemplo de “escribir

Page 43: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

textos sinxelos”, obviamente os textos de 4º ou 3º ESO terán que ser necesariamente máiscomplexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos dicir que o nivel de esixencia vai irincrementándose a medida que avancemos en cursos pero os obxectivos son sempre os mesmos.

1.-CONTRIBUCIÓN DESTA MATERIA AO LOGRO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS

Esta materia está directamente relacionada coa competencia en comunicación lingüística por tratarse dunha lingua, polo tanto o que se persegue é un certo dominio da lingua inglesa, tanto oral como escrita, en diferentes contextos.Tamén contribúe ao desenvolvemento da competencia de aprender a aprender, xa que as linguas serven para comunicarse, entón son un instrumento fundamental para ter acceso a outros coñecementos non lingüísticos e así favorecer no alumnado a auto-reflexión acerca do seus modos de aprender e acerca do seu saber.Asemade, a aprendizaxe dunha lingua implica unha interacción social, o que nos conduce á conclusión de que tamén axuda a desenvolver a competencia social e cidadá, pois para comunicarse con éxito é preciso dispoñer dunhas habilidades e aceptar unhas normas de convivencia. Do mesmo xeito, esta materia favorece a competencia artística e cultural, posto que ocoñecemento dunha lingua estranxeira tamén implica o coñecemento dalgúns aspectos da cultura dos países de fala inglesa, e isto lévanos a fomentar a tolerancia e o respecto por outras culturas diferentes á nosa.O coñecemento dunha lingua estranxeira vai facilitar igualmente a competencia de autonomía e iniciativa persoal, xa que mediante a realización de tarefas comunicativas promóvese a capacidade de diálogo, de negociación, de cooperación e tamén a capacidade de decisión e responsabilidade.A contribución desta materia á competencia do tratamento da información e competencia dixital éimportante pois actualmente os avances tecnolóxicos dos que dispoñemos nos permiten manexar información en distintos soportes e coñecer outras realidades a través doutras fontes de información: internet.De maneira menos directa, esta materia contribúe ao desenvolvemento da competencia matemáticae do coñecemento e interacción co mundo físico, xa que a lingua é un instrumento para aprender novos contidos.

2.- CONTIDOS Cuarto curso. (4º ESO)

Bloque 1. Escoitar, falar e conversar.

* Escoita, identificación e comprensión do significado xeral e específico de conversas interpersoais sinxelas sobre temas coñecidos presentados de forma clara e organizada co fin de contestar no momento a preguntas ou cuestións sobre temas coñecidos.

* Escoita, identificación e comprensión xeral e dos datos máis relevantes de programas emitidos pormedios de comunicación audiovisuais nunha linguaxe clara e sinxela.

* Uso de estratexias de comprensión das mensaxes orais: uso do contexto verbal e non verbal e dos coñecementos previos sobre a situación, identificación de palabras clave e identificación da actitudee intención do falante.

* Produción oral de descricións, narracións e explicacións sobre experiencias, acontecementos e contidos diversos.

* Participación activa en conversas e simulacións sobre temas cotiáns e de interese persoal con diversos fins comunicativos.

Page 44: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

* Uso de estratexias de cooperación na interacción e no traballo con outras persoas, colaborando, verificando a comprensión e cooperando activamente na realización das tarefas de comunicación.

* Emprego de respostas espontáneas e precisas a situacións de comunicación na aula.

* Uso de convencións propias da conversa en actividades de comunicación reais e simuladas.

* Uso autónomo de estratexias de comunicación para iniciar, manter e terminar a interacción.

* Valoración das linguas como medio para comunicarse e relacionarse con compañeiras e compañeiros doutros países, como recurso de acceso á información e como instrumento de enriquecemento persoal ao coñecer culturas e maneiras de vivir diferentes.

* Comprensión do sentido dun texto e reformulación na propia lingua, como actividade de mediación ante interlocutores que descoñecen a lingua estranxeira.

Bloque 2. Ler e escribir.

* Identificación da intención do emisor da mensaxe.* Comprensión de instrucións e indicacións sinxelas e de comentarios básicos aos seus traballos escritos.

* Obtención de información xeral de textos orais auténticos, gravados e en soporte multimedia que conteñan vocabulario relativo a lugares, persoas, obxectos, acontecementos e accións ligados a temas de conversa habituais na idade das alumnas e alumnos.

* Comprensión xeral e específica de diversos tipos de texto, en soporte papel e dixital, de interese xeral ou referidos a contidos doutras materias do currículo.

* Lectura autónoma de textos máis extensos relacionados co seus intereses.* Uso de distintas fontes, en soporte papel, dixital ou multimedia, para obter información co fin de realizar tarefas específicas.

* Consolidación de estratexias de lectura xa utilizadas como a identificación do tema dun texto escrito co apoio contextual que este conteña.

* Composición de textos diversos, con léxico axeitado ao tema e ao contexto, cos elementos necesarios de cohesión para marcar con claridade a relación entre as ideas e utilizando con autonomía estratexias básicas no proceso de composición escrita como a planificación, textualización e revisión do texto.

* Uso con certa autonomía do rexistro axeitado ao lector ao que vai dirixido o texto (formal e informal).

* Comunicación persoal con falantes da lingua estranxeira a través de correspondencia postal ou utilizando medios informáticos.

* Presentación coidada dos textos escritos, en soporte papel e dixital utilizando correctamente a ortografía e os signos de puntuación.

* Comprensión do sentido dun texto e reformulación na propia lingua, como actividade de

Page 45: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

mediación ante interlocutores que descoñecen a lingua estranxeira.

Bloque 3. Coñecementos da lingua.

Coñecementos lingüísticos.* Uso de expresións comúns, frases feitas e léxico sobre temas de interese persoal e xeral, temas cotiáns e temas relacionados con contidos doutras materias do currículo.

* Recoñecemento de antónimos, sinónimos e «falsos amigos» e formación de palabras a partir de prefixos e sufixos.

* Consolidación e uso de estruturas e funcións asociadas a diferentes situacións de comunicación.

* Recoñecemento e pronuncia de fonemas de especial dificultade.* Recoñecemento e produción autónoma de diferentes patróns de ritmo, entoación e acentuación de palabras e frases.

Reflexión sobre a aprendizaxe.* Aplicación de estratexias para organizar, adquirir, lembrar e utilizar o léxico.

* Organización e uso, cada vez máis autónomo, de recursos para a aprendizaxe como dicionarios, libros de consulta, bibliotecas ou recursos dixitais e informáticos.

* Análise e reflexión sobre o uso e o significado de diferentes formas gramaticais mediante comparación e contraste coas linguas que coñece.

* Participación na avaliación da propia aprendizaxe e uso de estratexias de autocorrección.

* Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na aprendizaxe.

* Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula e fóra dela.

* Participación activa e cooperativa en actividades e traballos grupais.* Confianza e iniciativa para expresarse oralmente e na escrita.

Bloque 4. Aspectos socioculturais e consciencia intercultural.

* Valoración da importancia da lingua estranxeira en todos os eidos das relacións internacionais.

* Identificación das características máis significativas dos costumes, normas, actitudes e valores da sociedade cuxa lingua se estuda e respecto a patróns culturais distintos aos existentes en Galicia.

* Coñecemento dos elementos culturais máis relevantes dos países onde se fala a lingua estranxeira obtendo a información por diferentes medios, entre eles a biblioteca, a prensa, a internet e outras tecnoloxías da información e comunicación.

* Interese e iniciativa por comunicarse con falantes ou aprendices/zas da lingua estranxeira utilizando soporte papel ou medios dixitais.

* Uso apropiado, desde o punto de vista sociocultural, de fórmulas lingüísticas en situacións concretas de comunicación para expresar matices semánticos, como cortesía, acordo, discrepancia...

Page 46: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

* Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación con persoas pertencentes a outras culturas.

3.- METODOLOXÍA E RECURSOS DIDÁCTICOS

Xa dende o principio, explicaremos claramente ós alumnos cales son os obxectivos xerais docurso e os particulares de cada unidade temática, expresando estes máis en funciónscomunicativas que nos aspectos formais aínda que se pretende a aprendizaxe global a untempo tanto do aspecto comunicativo como formal, en tódolos cursos. Sen embargoesforzarémonos por traballar máis a parte comunicativa.Así, desenvolveranse regularmente actividades de comunicación oral, establecendo probas fixas delistening dende a 1ª avaliación en tódolos grupos. Haberá que adicar pois sesións á práctica deactividades de listening na aula para familiarizar ó alumno. En canto ás probas, estas deberán seraxeitadas ó nivel dos alumnos e estar o máis guiadas posible, ou ilustradas con debuxos, ou convídeo. Asímesmo estableceremos actividades de comunicación moito máis variadas. Na claseintentarase que os alumnos interveñan o máis posible en inglés empregando dende o principio alinguaxe propia da aula de inglés. Fomentarase tamén as actividades de vídeo para ilustrar linguaxeque se está aprendendo, axudar a comprender situacións concretas, adquirir vocabulario, e apoiar aslecturas adaptadas que teñen o vídeo correspondente.Igualmente, será fundamental o fomento da lectura, en forma de libros adaptados cada trimestre coque se pretende que se adquira vocabulario e mellorar a comprensión lectora.

MATERIAL NECESARIOO libro do alumno é English Plus 4 da Editorial Oxford. Asimesmo, os alumnos adquirirán o libro de lectura adaptado correspondente a cada trimestre.

4.- TEMPORALIZACIÓN

Distribúense os contidos do curso en 9 unidades didácticas ó longo do curso. En cada trimestre daranse unha media de 3 unidades didácticas.

5.- AVALIACIÓN

Procedementos para a realización da avaliación inicial:Durante os primeiros días de clase rexistraremos as capacidades dos alumnos nas distintas destrezascomunicativas por medio da observación na aula e tamén utilizaremos unha proba de diagnóstico que inclúa exercicios variados para poder averiguar os coñecementos previos dos alumnos e detectar posibles dificultades de aprendizaxe e en consecuencia avanzar a un ritmo máis lento ou máis rápido.

5.1.- CRITERIOS DE AVALIACIÓN.

1. Comprender a idea principal e os detalles máis relevantes de mensaxes orais emitidas en situacións de comunicación interpersoal ou polos medios audiovisuais, sobre temas que non exixan coñecementos especializados.

Page 47: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

2. Participar en conversas e simulacións utilizando estratexias axeitadas para iniciar, manter e terminar a comunicación, producindo un discurso comprensible e adaptado ás características da situación e á intención comunicativa. 3. Comprender a información xeral e específica de diversos textos escritos auténticos e adaptados e de extensión variada, identificando datos, opinións, argumentos, informacións implícitas e intencióncomunicativa do autor. 4. Redactar con certa autonomía textos diversos cunha estrutura lóxica, utilizando as convencións básicas propias de cada xénero, o léxico apropiado ao contexto e os elementos necesarios de cohesión e coherencia, de maneira que sexan facilmente comprensibles para o lector. En todos os escritos, en papel ou soporte dixital, avaliarase a progresiva utilización das convencións básicas de cada xénero e a presentación clara, limpa e ordenada.

5. Utilizar de forma consciente os coñecementos adquiridos sobre o sistema lingüístico da lingua estranxeira en diferentes contextos de comunicación, como instrumento de autocorrección e de autoavaliación das producións propias orais e escritas e para comprender as producións alleas. 6. Identificar, utilizar e explicar estratexias utilizadas, poñer exemplos doutras posibles e decidir sobre as máis axeitadas ao obxectivo da aprendizaxe.

7. Usar as tecnoloxías da información e a comunicación con certa autonomía para buscar información, producir textos a partir de modelos, enviar e recibir mensaxes de correo electrónico e para establecer relacións persoais orais e escritas, mostrando interese polo seu uso.

8. Identificar e describir os aspectos culturais máis relevantes dos países onde se fala a lingua estranxeira e establecer algunhas relacións entre as características máis significativas dos costumes, usos, actitudes e valores da sociedade falante da linguaen estudo e a propia, e amosar respecto cara a elas. 9. Reformular na lingua propia o sentido dun texto, oral ou escrito, sobre temas previamente traballados na aula, para facelo comprensible a interlocutores que descoñecen a lingua estranxeira en estudo.

5.2.- Criterios de cualificación

A nota da avaliación será a suma dos seguintes apartados que reflexan os instrumentos deavaliación utilizados en cada caso:

AVALIACIÓNS 1ª 2ª 3ª

Traballo en clase, na casa, actitude (participación, interese, esforzo,e uso axeitado do materialpropio): 15%*=(7%+4%+4%)

Proba de Use of English (Grammar, vocabulary, text, composition): 40%Proba de Listening: 20%Exame do libro de lectura ( Reading) 25%

*Para acadar este 15%, o alumno deberá traer sempre as tarefas encomendadas para realizar nacasa (7%), descontarase 0.1 puntos ata un máximo de 0.7 por cada vez que nos as realice ;

Page 48: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

deberá entregar todas as redaccións e/ou traballos que se lle pidan polos que acadará unha nota,que puntuará un 4% do total deste apartado, e finalmente o 4% restante será adicado á actitude,(precísase máis arriba en que consiste), se se produce unha incidencia negativa neste subapartadodescontarase un 0.1 ata un máximo de 0.4.

A avaliación é continua, polo que non haberá exames de recuperación. A 2ª e3ª avaliaciónsincluirán contidos das anteriores. Dado que a nota final será a da 3ª avaliación, seráimprescindible ter superada esta cunha cualificación positiva.

MÍNIMOS ESIXIBLES PARA UNHA AVALIACIÓN POSITIVA

CONTIDOS MÍNIMOSBloque 1. Escoitar, falar e conversar.

* Escoita, identificación e comprensión do significado xeral e específico de conversas interpersoais sinxelas sobre temas coñecidos presentados de forma clara e organizada .* Escoita, identificación e comprensión xeral e dos datos máis relevantes de programas emitidos pormedios de comunicación audiovisuais nunha linguaxe clara e sinxela.

* Uso de estratexias de comprensión das mensaxes orais: uso do contexto verbal e non verbal e dos coñecementos previos sobre a situación, identificación de palabras clave e identificación da actitudee intención do falante.

* Produción oral de descricións, narracións e explicacións sobre experiencias, acontecementos e contidos diversos.

* Participación activa en conversas e simulacións sobre temas cotiáns e de interese persoal con diversos fins comunicativos.

* Emprego de respostas espontáneas e precisas a situacións básicas de comunicación na aula.

* Valoración das linguas como medio para comunicarse e relacionarse con compañeiras e compañeiros doutros países, como recurso de acceso á información e como instrumento de enriquecemento persoal ao coñecer culturas e maneiras de vivir diferentes.

* Comprensión do sentido dun texto e reformulación na propia lingua.Bloque 2. Ler e escribir.

* Comprensión de instrucións e indicacións sinxelas e de comentarios básicos aos seus traballos escritos.

* Obtención de información xeral de textos orais auténticos adaptados, gravados e en soporte multimedia que conteñan vocabulario relativo a lugares, persoas, obxectos, acontecementos e accións ligados a temas de conversa habituais na idade das alumnas e alumnos.

* Comprensión xeral e específica de diversos tipos de texto, en soporte papel e dixital, de interese xeral ou referidos a contidos doutras materias do currículo.

* Lectura autónoma de textos máis extensos relacionados co seus intereses.* Uso de distintas fontes, en soporte papel, dixital ou multimedia, para obter información co fin de

Page 49: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

realizar tarefas específicas.

* Consolidación de estratexias de lectura xa utilizadas como a identificación do tema dun texto escrito co apoio contextual que este conteña.

* Composición de textos diversos, con léxico axeitado ao tema e ao contexto, cos elementos necesarios de cohesión para marcar con claridade a relación entre as ideas e utilizando con autonomía estratexias básicas no proceso de composición escrita como a planificación, textualización e revisión do texto.

* Presentación coidada dos textos escritos, en soporte papel e dixital utilizando correctamente a ortografía e os signos de puntuación.

* Comprensión do sentido dun texto e reformulación na propia lingua.Bloque 3. Coñecementos da lingua.

Coñecementos lingüísticos.* Uso de expresións comúns, frases feitas e léxico sobre temas de interese persoal e xeral, temas cotiáns e temas relacionados con contidos doutras materias do currículo.

* Recoñecemento de antónimos, sinónimos e «falsos amigos» e formación de palabras a partir de prefixos e sufixos.

* Consolidación e uso de estruturas e funcións asociadas a diferentes situacións de comunicación.

Reflexión sobre a aprendizaxe.* Aplicación de estratexias para organizar, adquirir, lembrar e utilizar o léxico.

* Organización e uso, cada vez máis autónomo, de recursos para a aprendizaxe como dicionarios, libros de consulta, bibliotecas ou recursos dixitais e informáticos.

* Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na aprendizaxe.

* Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula e fóra dela.

* Participación activa e cooperativa en actividades e traballos grupais.

Bloque 4. Aspectos socioculturais e consciencia intercultural.

* Valoración da importancia da lingua estranxeira en todos os eidos das relacións internacionais.

* Identificación das características máis significativas dos costumes, normas, actitudes e valores da sociedade cuxa lingua se estuda e respecto a patróns culturais distintos aos existentes en Galicia.

* Coñecemento dos elementos culturais máis relevantes dos países onde se fala a lingua estranxeira obtendo a información por diferentes medios, entre eles a biblioteca, a prensa, a internet e outras tecnoloxías da información e comunicación.

* Interese e iniciativa por comunicarse con falantes ou aprendices/zas da lingua estranxeira utilizando soporte papel ou medios dixitais.

* Uso apropiado, desde o punto de vista sociocultural, de fórmulas lingüísticas en situacións

Page 50: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

concretas de comunicación para expresar matices semánticos, como cortesía, acordo, discrepancia...

* Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación con persoas pertencentes a outras culturas.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN MÍNIMOS

1. Comprender a idea principal e os detalles máis relevantes de mensaxes orais emitidas en situacións de comunicación interpersoal ou polos medios audiovisuais, sobre temas que non exixan coñecementos especializados. 2. Participar en conversas e simulacións utilizando estratexias axeitadas para iniciar, manter e terminar a comunicación, producindo un discurso comprensible e adaptado ás características da situación e á intención comunicativa. 3. Comprender a información xeral e específica de diversos textos escritos auténticos e adaptados e de extensión variada, identificando datos, opinións, argumentos, informacións implícitas e intencióncomunicativa do autor. 4. Redactar con certa autonomía textos diversos cunha estrutura lóxica, utilizando as convencións básicas propias de cada xénero, o léxico apropiado ao contexto e os elementos necesarios de cohesión e coherencia, de maneira que sexan facilmente comprensibles para o lector.En todos os escritos, en papel ou soporte dixital, avaliarase a progresiva utilización das convencións básicas de cada xénero e a presentación clara, limpa e ordenada.

5. Utilizar de forma consciente os coñecementos adquiridos sobre o sistema lingüístico da lingua estranxeira en diferentes contextos de comunicación, como instrumento de autocorrección e de autoavaliación das producións propias orais e escritas e para comprender as producións alleas. 6. Identificar, utilizar e explicar estratexias utilizadas, poñer exemplos doutras posibles e decidir sobre as máis axeitadas ao obxectivo da aprendizaxe.

7. Usar as tecnoloxías da información e a comunicación con certa autonomía para buscar información, producir textos a partir de modelos, enviar e recibir mensaxes de correo electrónico e para establecer relacións persoais orais e escritas, mostrando interese polo seu uso.

8. Identificar e describir os aspectos culturais máis relevantes dos países onde se fala a lingua estranxeira e establecer algunhas relacións entre as características máis significativas dos costumes, usos, actitudes e valores da sociedade falante da linguaen estudo e a propia, e amosar respecto cara a elas. 9. Reformular na lingua propia o sentido dun texto, oral ou escrito, sobre temas previamente traballados na aula, para facelo comprensible a interlocutores que descoñecen a lingua estranxeira en estudo.

5.3.- Programa de reforzo da materia pendente

O alumnado que teña pendente esta materia de 3º ESO propoñeráselle o seguinte plan de traballoque consistirá en: lecturas adaptadas ao seu nivel, exercicios para que entregue mensualmente e que

Page 51: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

posteriormente se lle devolverán corrixidos e comentados e a realización dunha proba escrita portrimestre, acordando co alumno a data máis beneficiosa para el, para finalmente elaborar uninforme acerca do progreso do alumno nesta materia en cada avaliación. Os contidos e os criteriosesixidos para a recuperación desta materia pendente serán os reflectidos na programaciónespecífica do curso 3º ESO. Para a superación da materia pendente o alumno terá que entregar todasas tarefas que se lle encomenden mensualmente e que puntuarán un 30% e realizar unha proba portrimestre que puntuará o 70%. A nota final do alumno será a resultante da media ponderada das tresavaliacións, calculándoa do seguinte xeito: multiplicando a nota da 1ªavaliación x 1, a da 2ª x 2 e ada 3ª x 3, e dividindo a suma dos productos por 6.

Se a avaliación en xuño fose negativa, o alumno poderá presentarse á proba extraordinaria de setembro, onde realizará a mesma proba que os alumnos de 3º ESO que non superaron a materia en xuño, neste caso a nota do alumno será exclusivamente a nota acadada nesta proba escrita.

5.5.- Criterios de cualificación- convocatoria extraordinaria de setembro

O alumnado que non superase a materia en xuño, poderá facelo na proba extraordinaria desetembro, a cal consistirá nun exame escrito que inclúa: un texto con preguntas de comprensiónacerca do mesmo; preguntas de vocabulario; exercicios de gramática e unha composición axeitadaao seu nivel. A nota acadada polo alumno será exclusivamente a obtida nesta proba escrita, nonaplicándoselle os criterios de cualificación de xuño.

7.- ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

No terceiro trimestre asistirá ao noso centro un contacontos bilingüe inglés-galego que xa acudiu os catro cursos anteriores e resultou unha interesante experiencia.Seguiremos intentando contactar cun centro británico ou irlandés para programar un intercambio.Tamén pensamos na posibilidade de participar nun programa de e-twinning para intercambiar información e traballos con outros centros estranxeiros a través do correo electrónico.

8.- ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Preveranse medidas de reforzo, estas decidiranse nunha reunión de seminario trala realización de probas de avaliación inicial en cada grupo no que se determinará qué alumnos-as necesitan unha atención especial, que presumiblemente consistirá na adecuación das tarefas e actividades na aula e o homework así como dun libro adaptado máis sinxelo para cada trimestre coa conseguinte proba adaptada.

8._ PLAN PERSONALIZADO PARA REPETIDORES

Estableceremos as medidas oportunas que serán similares ás previstas nos casos de atención ádiversidade dependendo das características do alumno, pois pode presentar problemas de diverdaíndole: de disciplina, de falta de concentración, de dificultades de comprensión etc.

Page 52: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA Curso 1º BACINGLÉS Ano académico 2014-2015

0.- OBXECTIVOS XERAIS DO BACHARELATO (Decreto 126/2008 do 19 xuño-DOG 23/06/2008)1.- OBXECTIVOS DA LINGUA ESTRANXEIRA ( comúns a 1º e 2º bacharelato)

1. Comprender o sentido xeral, a información específica e os detalles necesarios de textos oraistransmitidos en situacións cara a cara ou por medios técnicos, emitidos nunha lingua estándar e quetraten temas habituais vinculados coa vida persoal e social e as distintas disciplinas do currículo.2. Producir textos orais coherentes e adecuados a distintas situacións de comunicación propias daidade e do nivel académico de estudos, con razoable fluidez e corrección, asegurando na interaccióne a eficacia comunicativa dos discursos emitidos.3. Escribir, en soportes variados, diversos tipos de textos sinxelos, ben organizados e con razoablecorrección lingüística e formal, sobre temas próximos e con distintos propósitos comunicativos.4. Comprender textos escritos en lingua estándar, tanto en rexistro formal como familiar, queaborden unha temática xeral ou relacionados co ámbito académico propios da idade e do nivel deestudos.5. Ler de forma autónoma textos xornalísticos, de divulgación científica e literarios, seleccionando aestratexia de lectura apropiada ao propósito da lectura e valorando esta como fonte de información,coñecemento e lecer.6. Utilizar e valorar a lingua estranxeira, e as linguas en xeral, como medio para acceder áinformación e a outros coñecementos e culturas, e recoñecer a súa importancia como medio decomunicación e entendemento internacional nun mundo multicultural e plurilingüe.7. Coñecer os trazos sociais e culturais fundamentais dos países en que se fala a lingua estranxeiratomando conciencia das similitudes e diferenzas entre estes e os propios, e evitando todadiscriminación e estereotipos culturais e lingüísticos.8. Utilizar a mediación entre persoas que non poden entenderse para facilitar que a comunicación serealice sen malentendidos e mellorar a comprensión intercultural.9. Saber planificar a propia aprendizaxe e adoptar unha postura activa e responsable dela, utilizandorecursos, como as tecnoloxías da información e da comunicación, e estratexias para mellorar odesenvolvemento da competencia comunicativa e poder guiar a aprendizaxe de forma conscientedentro e fóra da aula.10. Afianzar estratexias de autoavaliación na adquisición da competencia comunicativa na linguaestranxeira amosando neste proceso actitudes de iniciativa, confianza e responsabilidade.

2.- CONTIDOSEscoitar, falar e conversar.* Escoitar e comprender.-Comprensión xeral e específica de discursos, presentacións e conferencias en que se traten temasde interese xeral ou relacionados co seu ámbito académico de coñecemento e realizados en linguaestándar e de xeito claro e pausado.-Comprensión xeral e específica de mensaxes transmitidas por medios de comunicación, emitidastanto en lingua estándar como por falantes con diferentes acentos pero cunha cadencia normal.-Comprensión de interaccións orais de carácter persoal, familiar ou público suficiente para poderreaccionar con espontaneidade.

Page 53: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

-Uso de estratexias de comprensión como a identificación do propósito e do contexto comunicativodo texto, a elaboración de hipóteses sobre o contido, a inferencia de significados e o apoio nocontexto total -lingüístico e non lingüístico.-Toma de conciencia da importancia de chegar a comprender textos orais e escritos sen precisarentender todos e cada un dos seus elementos.*Falar e conversar.

-Produción oral atendendo á súa planificación e utilizando estratexias de comunicación como o usode circunloquios, paráfrases ou substitucións léxicas, que permiten sacar proveito dos medioslingüísticos dispoñibles.-Utilización de mecanismos de coherencia e cohesión textual propios da lingua oral.-Participación en conversacións e debates utilizando o rexistro adecuado á situación decomunicación e estratexias de colaboración.-Expresión de opinións, suxestións e argumentos en intercambios sociais achegando exemplos eexplicacións que faciliten a comprensión, cunha reacción lingüística e social adecuada aos puntosde vista e opinións dos demais participantes na interacción.-Descrición de experiencias, acontecementos, desexos, plans e aspiracións respondendo a preguntaspara dar detalles necesarios para o éxito da comunicación.-Produción oral planificada sobre temas xerais e académicos propios da idade e do nivel de estudos,nunha secuencia lineal, apoiándose en notas e elementos gráficos e respondendo a preguntascomplementarias de carácter previsible.-Resumo oral do sentido dun texto galego ou castelán oral ou escrito, coa finalidade de facelocomprensible a falantes da lingua estranxeira.

Ler e escribir.* Comprensión de textos escritos.-Comprensión de información xeral de textos xornalísticos, literarios ou académicos, en soportepapel e dixital, que traten temas próximos e coñecidos, identificando o propósito comunicativo, asideas principais e, se é o caso, o punto de vista de quen os escribe.-Localización e comprensión de información específica en documentos escritos de uso cotián e endocumentos oficiais breves e habituais.-Uso e consolidación de diferentes estratexias de lectura, como a identificación da intencióncomunicativa, a anticipación da información a partir dos elementos textuais e non textuais, o uso docontexto, a aplicación de regras de formación de palabras para inferir significados e o apoio naorganización da información e no tipo de texto.-Lectura autónoma de textos de diversa extensión e natureza -académicos, persoais, literarios exornalísticos- recorrendo ao uso de estratexias de lectura adecuadas á finalidade desta.-Uso, progresivamente autónomo, de distintas fontes en soporte papel, dixital ou multimedia paraobter información co fin realizar tarefas concretas.* Composición de textos escritos.-Composición de textos escritos atendendo ás secuencias de planificación, á textualización erevisión do texto obtido, á persoa ou persoas a quen se dirixe e ao tipo de texto que corresponda áintención de comunicación, utilizando mecanismos de coherencia e cohesión textual.-Composición de textos diversos -descritivos, narrativos, argumentativos e explicativos- relativosaos ámbitos persoal, público e educativo, con coherencia, claridade, cohesión, razoable correccióngramatical e léxico axeitado ao tema.-Presentación coidada dos textos escritos, en soporte papel e dixital, adecuados aos fins funcionais evalorando a súa importancia nas comunicacións escritas.

Coñecemento da lingua.* Coñecementos lingüísticos.

Page 54: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

-Ampliación do uso de elementos morfosintácticos e léxicos que permiten recoñecer, formular eorganizar distintos tipos de texto.-Recoñecemento e uso de expresións frecuentes e de locucións idiomáticas, frases feitas e léxicopropio de temas relativos a feitos de actualidade e relacionados con contidos académicos.-Uso de antónimos, sinónimos e falsos amigos, substitución léxica sinxela e formación de palabrasmediante recursos de derivación e de composición.-Recoñecemento e produción autónoma e intelixible de diferentes patróns de ritmo, entoación eacentuación necesarios para a comprensión e expresión de actitudes, sentimentos e reaccións.-Uso do alfabeto internacional para mellorar a producción oral propia.* Reflexión sobre a aprendizaxe.-Selección, organización e uso autónomo de recursos para a aprendizaxe como dicionarios, libros deconsulta, bibliotecas e recursos dixitais e informáticos.-Aplicación de estratexias para organizar, adquirir, lembrar e utilizar o léxico e as estruturaslingüísticas.-Reflexión sobre as estratexias utilizadas para mellorar as producións propias e para comprendermáis eficazmente as realizadas por outras persoas.-Identificación das causas dos propios erros, considerándoos parte natural de todo proceso deaprendizaxe e uso autónomo de estratexias de autocorrección e de reparación, e máis interese porsuperalos.-Esforzo por lograr unha progresiva espontaneidade no emprego da lingua á hora de realizar astarefas de aprendizaxe.-Participación activa nas tarefas de aprendizaxe amosando iniciativa, creatividade, e confianza naspropias posibilidades.-Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula e fóra dela,recorrendo ás tecnoloxías da información e da comunicación.

Aspectos socioculturais e consciencia intercultural.

-Toma de conciencia da diversidade lingüística e cultural española e europea, e aceptación dapertenza a unha sociedade pluricultural, evitando actitudes etnocéntricas e androcéntricas.-Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación e a comunicación con persoaspertencentes a outras culturas.-Interese e iniciativa por comunicarse con falantes ou aprendices da lingua estranxeira utilizandosoporte papel ou tecnoloxías da comunicación que permiten os intercambios orais e escritos.-Uso apropiado, desde o punto de vista sociocultural, de rexistros, de marcadores lingüísticos derelacións sociais, de exclamacións e interxeccións e das normas de cortesía en situacións concretasde comunicación.-Establecemento de relacións entre a cultura propia e a cultura propia da lingua estranxeira paracumprir o papel de intermediación cultural, abordando con eficacia a resolución de malentendidosinterculturais e esforzándose por superar relacións estereotipadas.

3.- METODOLOXÍA E RECURSOS DIDÁCTICOSOs obxectivos do curso desenvolveranse segundo as funcións comunicativas contidas en cadaunidade didáctica.Intentarase traballar as 4 destrezas lingüísticas (reading, speaking, writing, listening) regularmenteen cada sesión. A este respecto, este ano temos foi posible organizar unha hora semanal de desdobreonde potenciaremos as actividades de comunicación oral (listening e speaking) en grupos menosnumerosos ( 15 por grupo) co fin de que a competencia comunicativa do alumnado mellore.

Page 55: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

Na clase intentarase que os alumnos interveñan o máis posible en inglés empregando dende oprincipio a linguaxe propia da aula de inglés. Fomentarase tamén as actividades de vídeo parailustrar linguaxe que se está aprendendo, axudar a comprender situacións concretas, adquirirvocabulario, e apoiar as lecturas adaptadas que teñen o vídeo correspondente.Igualmente, será fundamental o fomento da lectura, en forma de libros adaptados co que se pretendeque se adquira vocabulario e mellorar a comprensión lectora.

4.- TEMPORALIZACIÓNDistribúense os contidos do curso en 9 unidades didácticas ó longo do curso. En cada trimestre daranse unha media de 3 unidades didácticas.

5.- AVALIACIÓNProcedementos para a realización da avaliación inicial:Durante os primeiros días de clase rexistraremos as capacidades dos alumnos nas distintas destrezascomunicativas por medio da observación na aula e tamén utilizaremos unha proba de diagnóstico que inclúa exercicios variados para poder averiguar os coñecementos previos dos alumnos e detectar posibles dificultades de aprendizaxe e en consecuencia avanzar a un ritmo máis lento ou máis rápido.

5.1.- Criterios de avaliación

1. Comprender a idea principal e os detalles máis relevantes de mensaxes orais emitidas ensituacións de comunicación interpersoal ou polos medios audiovisuais sobre temas concretosrelacionados cos ámbitos persoal, público e académico, realizados en lingua estándar e de xeitoclaro e pausado.2. Participar activa e autonomamente e con eficacia na comunicación da aula, en conversas, debatese simulacións, con diversos propósitos comunicativos, e diferentes funcións do discurso,intercambiando opinións, achegando suxestións e respondendo a elas, coincidindo e discrepandosobre temas xerais ou específicos dunha materia, establecendo contacto social en función dasituación de comunicación, pedindo aclaración sobre palabras clave que non entende, reformulandoe rectificando se non consegue facerse comprender e distinguindo un cambio de tema se a persoainterlocutora articula con claridade.3. Expresarse con razoable fluidez e corrección gramatical, coherencia, certa riqueza léxica epronunciación, ritmo e entoación adecuados, facéndose entender con claridade nunha variedade desituacións. 4. Realizar oralmente breves exposicións previamente planificadas sobre temas xerais ouacadémicos propios do nivel de estudos, nunha secuencia cohesionada e lineal, utilizando apoiostextuais e gráficos, e achegando explicacións e exemplos cando llelos soliciten, de maneira que sefaga entender sen dificultade a maior parte do tempo. 5. Mediar entre falantes que teñen dificultade para entenderse por descoñecemento da lingua ou deaspectos socioculturais, aclarando o sentido de textos orais e escritos coa finalidade de garantir arelación fluída entre falantes e culturas. 6. Uso de diversas estratexias de expresión oral e escrita como a planificación e o axuste damensaxe aos medios lingüísticos dispoñibles e á información procedente da actitude das persoasparticipantes na interacción.7. Ler con autonomía textos, cun obxectivo preciso de lectura, redactados nunha lingua estándar erelacionados tanto coa vida cotiá como co contexto educativo, para identificar as ideas máissignificativas, a liña argumental ou a información relevante para realizar unha tarefa.

Page 56: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

8. Redactar textos diversos, seguindo conscientemente o proceso de produción escrita utilizando osesquemas textuais propios de cada xénero, o léxico apropiado ao contexto comunicativo e oselementos necesarios de cohesión e coherencia, de maneira que sexan facilmente comprensibles nasúa lectura. En todos os escritos, en papel ou soporte dixital, avaliarase o respecto das regras básicasde ortografía e puntuación, así como a presentación clara, limpa e ordenada.9. Utilizar de forma consciente os coñecementos lingüísticos, sociolingüísticos, estratéxicos ediscursivos adquiridos, así como identificar e utilizar de xeito progresivamente autónomoestratexias de aprendizaxe, explicar as utilizadas, poñer exemplos doutras posibles e decidir sobreas que son máis axeitadas ao obxectivo da aprendizaxe. 10. Analizar, a través de documentos auténticos en diferentes soportes, aspectos característicossociais, culturais, históricos, xeográficos e artísticos propios de países onde se fala a linguaestranxeira e amosar interese por coñecelos.

5.2.- Criterios de cualificación

As tarefas a realizar na casa son fundamentais para obter resultados satisfactorios na aprendizaxedunha lingua estranxeira para ser conscientes do proceso de aprendizaxe , que implica fixar eutilizar novo vocabulario e estructuras.Polo tanto as notas da avaliación serán resultado das notas acadadas polos seguintes conceptos:O traballo persoal do alumno, que o gardará ordenado, a disposición do profesor.A asistencia a clase puntualmente co material requerido e boa disposición.A participación e actitude na clase que axudarán a avalia-la comprensión e a expresión oral.Controis e exames de avaliación.

A seguinte escala de porcentaxes concreta a valoración de cada un destes apartados, os cales á súavez indican os procedementos de avaliación utilizados en cada caso, na avaliación. A nota será oresultado da suma de diversos apartados.

AVALIACIÓN 1ª , 2ª e 3ª

Traballo na casa, na clase, actitude (participación, interese, esforzo,e uso axeitado domaterial propio) : 10%*= (4%+3%+3%)

Proba de Use of English: 50% Listening: 20% Proba do libro de lectura adaptado ao seu nivel: 20%

*Para acadar este 10%, o alumno deberá traer sempre as tarefas encomendadas para realizar na casa(4%), descontarase 0.1 puntos ata un máximo de 0.4 por cada vez que nos as realice ; deberáentregar todas as redaccións e/ou traballos que se lle pidan polos que acadará unha nota, quepuntuará un 3% do total deste apartado, e finalmente o 3% restante será adicado á actitude,(precísase máis arriba en que consiste), se se produce unha incidencia negativa neste subapartadodescontarase un 0.1 ata un máximo de 0.3.

A avaliación é continua, polo que non haberá exames de recuperación. A 2ª e3ª avaliaciónsincluirán contidos das anteriores. É necesario aprobar o 3º trimestre para aprobar aasignatura ó remate de curso. Non obstante, para beneficiar aos alumnos, o cálculo da notafinal será do seguinte xeito:a. A nota do 3º trimestre sempre que ésta sexa igual ou superior aos dous trimestresanteriores.

Page 57: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

b. Se fose inferior, a nota final será a media ponderada das tres avaliacións, que se calcularámultipicando a nota da 1ªavaliación x 1, a da 2ª x 2 e a da 3ª x 3, obtendo a continuación amedia aritmética de todos os productos.

MÍNIMOS ESIXIBLES PARA UNHA AVALIACIÓN POSITIVA

CONTIDOSEscoitar, falar e conversar.

* Escoitar e comprender.

-Comprensión xeral e específica de mensaxes transmitidas por medios de comunicación, emitidas en lingua estándar

-Comprensión de interaccións orais de carácter persoal, familiar ou público.

-Uso de estratexias de comprensión como a identificación do propósito e do contexto comunicativo do texto, a elaboración de hipóteses sobre o contido, a inferencia de significados e o apoio no contexto total -lingüístico e non lingüístico.

-Toma de conciencia da importancia de chegar a comprender textos orais e escritos sen precisar entender todos e cada un dos seus elementos.

* Falar e conversar.

-Produción oral atendendo á súa planificación e utilizando estratexias que permiten sacar proveito dos medios lingüísticos dispoñibles.

Ler e escribir.

* Comprensión de textos escritos.

-Localización e comprensión de información específica en documentos escritos de uso cotián.-Uso e consolidación de diferentes estratexias de lectura, como a identificación da intención comunicativa, a anticipación da información a partir dos elementos textuais e non textuais, o uso do contexto, a aplicación de regras de formación de palabras para inferir significados e o apoio na organización da información e no tipo de texto.- Lectura autónoma de textos de diversa extensión e natureza.-Uso, progresivamente autónomo, de distintas fontes en soporte papel, dixital ou multimedia para obter información co fin realizar tarefas concretas.

* Composición de textos escritos.

-Composición de textos diversos -descritivos, narrativos, argumentativos e explicativos- relativos aos ámbitos persoal, público e educativo, con coherencia,claridade, cohesión, razoable corrección gramatical e léxico axeitado ao tema.-Presentación coidada dos textos escritos, en soporte papel e dixital, adecuados aos fins funcionais evalorando a súa importancia nas comunicacións escritas.

Page 58: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

Coñecemento da lingua.

* Coñecementos lingüísticos.

-Ampliación do uso de elementos morfosintácticos e léxicos que permiten recoñecer, formular e organizar distintos tipos de texto.

-Recoñecemento e uso de expresións frecuentes e de locucións idiomáticas, frases feitas e léxico propio de temas relativos a feitos de actualidade e relacionados con contidos académicos.

-Uso de antónimos, sinónimos e falsos amigos, substitución léxica sinxela e formación de palabras mediante recursos de derivación e de composición.

-Recoñecemento e produción autónoma e intelixible de diferentes patróns de ritmo, entoación e acentuación necesarios para a comprensión e expresión de actitudes, sentimentos e reaccións.

* Reflexión sobre a aprendizaxe.

-Selección, organización e uso autónomo de recursos para a aprendizaxe como dicionarios, libros deconsulta, bibliotecas e recursos dixitais e informáticos.

-Aplicación de estratexias para organizar, adquirir, lembrar e utilizar o léxico e as estruturas lingüísticas.

-Identificación das causas dos propios erros e interese por superalos.-Participación activa nas tarefas de aprendizaxe amosando iniciativa, creatividade, e confianza nas propias posibilidades.

-Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula e fóra dela, recorrendo ás tecnoloxías da información e da comunicación.

Aspectos socioculturais e consciencia intercultural.

-Toma de conciencia da diversidade lingüística e cultural española e europea, e aceptación da pertenza a unha sociedade pluricultural, evitando actitudes etnocéntricas e androcéntricas.

-Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación e a comunicación con persoas pertencentes a outras culturas.

Criterios de avaliación mínimos

1. Comprender a idea principal e os detalles máis relevantes de mensaxes orais emitidas en situacións de comunicación interpersoal ou polos medios audiovisuais sobre temas concretos relacionados cos ámbitos persoal, público e académico, realizados en lingua estándar e de xeito claro e pausado.

2. Participar activa e autonomamente e con eficacia na comunicación da aula, en conversas.3. Expresarse con razoable fluidez e corrección gramatical, coherencia, certa riqueza léxica e pronunciación, ritmo e entoación adecuados, facéndose entender con claridade nunha variedade de situacións.6. Uso de diversas estratexias de expresión oral e escrita como a planificación e o axuste da mensaxe aos medios lingüísticos dispoñibles.

Page 59: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

7. Ler con autonomía textos, cun obxectivo preciso de lectura, redactados nunha lingua estándar e relacionados tanto coa vida cotiá como co contexto educativo, para identificar as ideas máis significativas, a liña argumental ou a información relevante para realizar unha tarefa.

8. Redactar textos diversos, seguindo conscientemente o proceso de produción escrita utilizando os esquemas textuais propios de cada xénero, o léxico apropiado ao contexto comunicativo e os elementos necesarios de cohesión e coherencia, de maneira que sexan facilmente comprensibles na súa lectura.

9. Utilizar de forma consciente os coñecementos lingüísticos, sociolingüísticos, estratéxicos e discursivos adquiridos, así como identificar e utilizar de xeito progresivamente autónomo estratexias de aprendizaxe, explicar as utilizadas, poñer exemplos doutras posibles e decidir sobre as que son máis axeitadas ao obxectivo da aprendizaxe.

5.5.- Criterios de cualificación- Convocatoria extraordinaria de setembro

O alumnado que non superase a materia en xuño, poderá facelo na proba extraordinaria desetembro, a cal consistirá nun exame escrito que inclúa: un texto con preguntas de comprensiónacerca do mesmo; preguntas de vocabulario ; exercicios de gramática e unha composición axeitadaao seu nivel. A nota acadada polo alumno será exclusivamente a obtida nesta proba escrita, nonaplicándoselle os criterios de cualificación de xuño.

7.- ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARESNo terceiro trimestre asistirá ao noso centro un contacontos bilingüe inglés-galego que xa acudiu os tres cursos anteriores e resultou unha interesante experiencia.Hai dous cursos levamos a cabo o intercambio cun centro americano, e o presente curso trataremos de contactar co centro británico Prince William, co que xa realizamos 3 intercambios, para ver a posibilidade de organizalo para o vindeiro curso.

8.- ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Consistirá en exercicios de reforzo para aqueles alumnos que así o soliciten.

MATERIAL NECESARIOO alumno necesita o libro de texto BRIDGES For Bachillerato 1 da editorial Burlington. Asímesmo, o alumnos deberán adquirir o libro de lectura adaptado correspondente a cada trimestre.

Page 60: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA Curso 2º BACINGLÉS Ano académico 2014-2015

0.- OBXECTIVOS XERAIS DO BACHARELATO (Decreto 126/2008 do 19 xuño-DOG 23/06/2008)1.- OBXECTIVOS DA LINGUA ESTRANXEIRA (comúns a 1º e 2º bacharealto)

1. Comprender o sentido xeral, a información específica e os detalles necesarios de textos oraistransmitidos en situacións cara a cara ou por medios técnicos, emitidos nunha lingua estándar e quetraten temas habituais vinculados coa vida persoal e social e as distintas disciplinas do currículo.2. Producir textos orais coherentes e adecuados a distintas situacións de comunicación propias daidade e do nivel académico de estudos, con razoable fluidez e corrección, asegurando na interaccióne a eficacia comunicativa dos discursos emitidos.3. Escribir, en soportes variados, diversos tipos de textos sinxelos, ben organizados e con razoablecorrección lingüística e formal, sobre temas próximos e con distintos propósitos comunicativos.4. Comprender textos escritos en lingua estándar, tanto en rexistro formal como familiar, queaborden unha temática xeral ou relacionados co ámbito académico propios da idade e do nivel deestudos.5. Ler de forma autónoma textos xornalísticos, de divulgación científica e literarios, seleccionando aestratexia de lectura apropiada ao propósito da lectura e valorando esta como fonte de información,coñecemento e lecer.6. Utilizar e valorar a lingua estranxeira, e as linguas en xeral, como medio para acceder áinformación e a outros coñecementos e culturas, e recoñecer a súa importancia como medio decomunicación e entendemento internacional nun mundo multicultural e plurilingüe.7. Coñecer os trazos sociais e culturais fundamentais dos países en que se fala a lingua estranxeiratomando conciencia das similitudes e diferenzas entre estes e os propios, e evitando todadiscriminación e estereotipos culturais e lingüísticos.8. Utilizar a mediación entre persoas que non poden entenderse para facilitar que a comunicación serealice sen malentendidos e mellorar a comprensión intercultural.9. Saber planificar a propia aprendizaxe e adoptar unha postura activa e responsable dela, utilizandorecursos, como as tecnoloxías da información e da comunicación, e estratexias para mellorar odesenvolvemento da competencia comunicativa e poder guiar a aprendizaxe de forma conscientedentro e fóra da aula.10. Afianzar estratexias de autoavaliación na adquisición da competencia comunicativa na linguaestranxeira amosando neste proceso actitudes de iniciativa, confianza e responsabilidade.

2.- CONTIDOSEscoitar, falar e conversar.* Escoitar e comprender.-Comprensión xeral e específica de discursos, presentacións e conferencias en que se traten temasde interese xeral ou relacionados co seu ámbito académico de coñecemento e realizados en linguaestándar e de xeito claro e pausado.-Comprensión xeral e específica de mensaxes transmitidas por medios de comunicación, emitidastanto en lingua estándar como por falantes con diferentes acentos pero cunha cadencia normal.-Comprensión de interaccións orais de carácter persoal, familiar ou público suficiente para poderreaccionar con espontaneidade.

Page 61: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

-Uso de estratexias de comprensión como a identificación do propósito e do contexto comunicativodo texto, a elaboración de hipóteses sobre o contido, a inferencia de significados e o apoio nocontexto total -lingüístico e non lingüístico.-Toma de conciencia da importancia de chegar a comprender textos orais e escritos sen precisarentender todos e cada un dos seus elementos.*Falar e conversar.

-Produción oral atendendo á súa planificación e utilizando estratexias de comunicación como o usode circunloquios, paráfrases ou substitucións léxicas, que permiten sacar proveito dos medioslingüísticos dispoñibles.-Utilización de mecanismos de coherencia e cohesión textual propios da lingua oral.-Participación en conversacións e debates utilizando o rexistro adecuado á situación decomunicación e estratexias de colaboración.-Expresión de opinións, suxestións e argumentos en intercambios sociais achegando exemplos eexplicacións que faciliten a comprensión, cunha reacción lingüística e social adecuada aos puntosde vista e opinións dos demais participantes na interacción.-Descrición de experiencias, acontecementos, desexos, plans e aspiracións respondendo a preguntaspara dar detalles necesarios para o éxito da comunicación.-Produción oral planificada sobre temas xerais e académicos propios da idade e do nivel de estudos,nunha secuencia lineal, apoiándose en notas e elementos gráficos e respondendo a preguntascomplementarias de carácter previsible.-Resumo oral do sentido dun texto galego ou castelán oral ou escrito, coa finalidade de facelocomprensible a falantes da lingua estranxeira.

Ler e escribir.* Comprensión de textos escritos.-Comprensión de información xeral de textos xornalísticos, literarios ou académicos, en soportepapel e dixital, que traten temas próximos e coñecidos, identificando o propósito comunicativo, asideas principais e, se é o caso, o punto de vista de quen os escribe.-Localización e comprensión de información específica en documentos escritos de uso cotián e endocumentos oficiais breves e habituais.-Uso e consolidación de diferentes estratexias de lectura, como a identificación da intencióncomunicativa, a anticipación da información a partir dos elementos textuais e non textuais, o uso docontexto, a aplicación de regras de formación de palabras para inferir significados e o apoio naorganización da información e no tipo de texto.-Lectura autónoma de textos de diversa extensión e natureza -académicos, persoais, literarios exornalísticos- recorrendo ao uso de estratexias de lectura adecuadas á finalidade desta.-Uso, progresivamente autónomo, de distintas fontes en soporte papel, dixital ou multimedia paraobter información co fin realizar tarefas concretas.* Composición de textos escritos.-Composición de textos escritos atendendo ás secuencias de planificación, á textualización erevisión do texto obtido, á persoa ou persoas a quen se dirixe e ao tipo de texto que corresponda áintención de comunicación, utilizando mecanismos de coherencia e cohesión textual.-Composición de textos diversos -descritivos, narrativos, argumentativos e explicativos- relativosaos ámbitos persoal, público e educativo, con coherencia, claridade, cohesión, razoable correccióngramatical e léxico axeitado ao tema.-Presentación coidada dos textos escritos, en soporte papel e dixital, adecuados aos fins funcionais evalorando a súa importancia nas comunicacións escritas.

Coñecemento da lingua.* Coñecementos lingüísticos.

Page 62: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

Funcións da linguaxe e gramática. Dar e pedir opinións e consellos. Persuadir advertir.

-Oracións de relativo especificativas e explicativas. / -Oracións subordinadas consecutivasintroducidas por so/such ... that. / -Should/had better. / -Nexos: although, even if, in spite of, etc.

Solicitar información empregando preguntas indirectas.Referirse a unha información recibida anteriormente empregango verbos específicos.-Estilo indirecto: afirmacións, preguntas, ordes, suxestións. / -Estilo indirecto cos seguintes verbosintroductorios: accept, advise, agree, apologise, ask, beg,declare, explain, insist, invite, offer, etc.

Narrar unha biografía e planificar un relato.-Subordinadas de finalidade introducidas por so (that), (in order) to, in order not to, so as to, soas not to. / -Adxectivos + enough/too + adxectivo. / -Usos do infinitivo ou xerundio despois dedeterminados verbos e adxectivos (easy to understand,pleased to see you). / -Phrasal verbs.

Formular hipóteses e especular. Establecer condicions e falar de verdades xerais. Expresarqueixas,

desexos e sentimentos de pesar e arrepentimento.-Oracións condicionais, revisión dos tres tipos. / -Futuro. Revisión das distintas formas de expresaro futuro, (will, be going to, present continuous). / -Futuro continuo. / -Futuro perfecto. / -Oraciónscondicionais con unless/as long as/providing that, etc. / -Wish + pasado simple (I wish youwere...)./ -Wish + pretérito pluscuamperfecto (I wish I hadn’t ...). / -Wish + would (I wish youwould ...).

Describir detalladamente o aspecto físico e o carácter dunha persoa real ou imaxinaria.-Orden de adxectivos e adxectivos compostos. / -Phrasal verbs para explicar rasgos de carácter oumodos de comportamento. / -Participio de presente e de pasado. / -Expresiones idiomáticas. /-Prefixos e sufixos para formar substantivos.

Mostrar acordo e desacordo e dar explicacións.-Regret/remember + xereundio/infinitivo. / -Conectores: for this reason, in addition, moreover onthe other hand, because, whereas, for example,consequently, etc.

Analizar cambios en diferentes lugares e cousas e na sociedade.-Voz pasiva. / -Pretérito perfecto continuo. / -Preterito pluscuamperfecto continuo. / -Need/needn’t+ infinitivo.-Could/may/might/must/should/ought to + have + participio. / -Have/get something done. / -Verbosseguidos de xerundio ou infinitivo.

Expresar sentimentos e falar de relacións persoais.-Be + adxectivos. / -Comparacións: as if, as ....as, as though. / -Verbos pronominais seguidos deadxectivos: look angry/smell good, etc. / -Phrasal verbs para falar do desenvolvemento dasrelacións persoais. / -Prefixos e sufixos para formar adxectivos.

-Recoñecemento e produción autónoma e intelixible de diferentes patróns de ritmo, entoación eacentuación necesarios para a comprensión e expresión de actitudes, sentimentos e reaccións.-Uso do alfabeto internacional para mellorar a producción oral propia.

* Reflexión sobre a aprendizaxe.

-Selección, organización e uso autónomo de recursos para a aprendizaxe como dicionarios, libros deconsulta, bibliotecas e recursos dixitais e informáticos.-Aplicación de estratexias para organizar, adquirir, lembrar e utilizar o léxico e as estruturaslingüísticas.-Reflexión sobre as estratexias utilizadas para mellorar as producións propias e para comprendermáis eficazmente as realizadas por outras persoas.-Identificación das causas dos propios erros, considerándoos parte natural de todo proceso deaprendizaxe e uso autónomo de estratexias de autocorrección e de reparación, e máis interese porsuperalos.

Page 63: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

-Esforzo por lograr unha progresiva espontaneidade no emprego da lingua á hora de realizar astarefas de aprendizaxe.-Participación activa nas tarefas de aprendizaxe amosando iniciativa, creatividade, e confianza naspropias posibilidades.-Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula e fóra dela,recorrendo ás tecnoloxías da información e da comunicación.

Aspectos socioculturais e consciencia intercultural.

-Toma de conciencia da diversidade lingüística e cultural española e europea, e aceptación dapertenza a unha sociedade pluricultural, evitando actitudes etnocéntricas e androcéntricas.-Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación e a comunicación con persoaspertencentes a outras culturas.-Interese e iniciativa por comunicarse con falantes ou aprendices da lingua estranxeira utilizandosoporte papel ou tecnoloxías da comunicación que permiten os intercambios orais e escritos.-Uso apropiado, desde o punto de vista sociocultural, de rexistros, de marcadores lingüísticos derelacións sociais, de exclamacións e interxeccións e das normas de cortesía en situacións concretasde comunicación.-Establecemento de relacións entre a cultura propia e a cultura propia da lingua estranxeira paracumprir o papel de intermediación cultural, abordando con eficacia a resolución de malentendidosinterculturais e esforzándose por superar relacións estereotipadas.

3.- METODOLOXÍA

Os obxectivos do curso desenvolveranse segundo os contidos de cada unidade didáctica.Intentarase traballar as 4 destrezas regularmente en cada sesión ou polo menos engadir sempre que se poida algunha actividade comunicativa co obxecto ademais de practicar para a realización dunha proba oral (listening) por cada trimestre. Na clase intentarase que os alumnos interveñan o máis posible en inglés empregando dende oprincipio a linguaxe propia da aula de inglés. Fomentarase tamén as actividades de vídeo parailustrar linguaxe que se está aprendendo, axudar a comprender situacións concretas, adquirirvocabulario, e apoiar as lecturas adaptadas que teñen o vídeo correspondente.Igualmente, será fundamental o fomento da lectura, en forma de libros adaptados cada trimestre coque se pretende que se adquira vocabulario e mellorar a comprensión lectora. Os alumnos teránunha lectura obrigatoria adaptada ó seu nivel no 1º e 2º trimestre. No terceiro trimestre, faranse máisfincapé en textos tipo selectividade co obxecto de adica-la práctica da comprensión lectora amodelos de texto variados, tanto en forma como en estilo e contidos.

METODOLOXÍA ADAPTADA.

Neste apartado de METODOLOXÍA temos que mencionar que un dos alumnos deste grupo de 2ºde bacharelato é invidente, e que é preciso polo tanto adaptar algún material do seguinte xeito: oalumno xa dispón do libro de texto Bridges 2 en braille, e dispón dun ordenador portátil que llepermite anotar e traballar con el. O portátil conta cun software especial: Jaws, que le todos osdocumentos en formato word e pdf. Desta maneira, cada vez que a profesora entrega material dereforzo ou repaso extraído doutros libros aos alumnos, este alumno recibe ese mesmo material en

Page 64: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

formato electrónico, utilizando un lápis de memoria. Asemade, todos os exames deberán serlleentregados tamén neste mesmo formato e lixeiramente adaptados en canto ao volume de actividadese o tempo adicado á proba pois este alumno necesita mais tempo que o resto dos estudiantes. Así, asprobas que Marco realiza presentan a mesma dificultade e son iguais que as probas que realizan osseus compañeiros, pero modificando a extensión da proba. Por exemplo o número de oracións paraseren completadas , as palabras para definir ou os verbos para completar nun texto en cada exercicioé menor.

4.- TEMPORALIZACIÓN

Distribúense os contidos do curso en 6 unidades didácticas. En cada trimestre daranse unha media de 2 unidades didácticas.

5.- AVALIACIÓN

Procedementos para a realización da avaliación inicial:Durante os primeiros días de clase rexistraremos as capacidades dos alumnos nas distintas destrezascomunicativas por medio da observación na aula e tamén utilizaremos unha proba de diagnóstico que inclúa exercicios variados para poder averiguar os coñecementos previos dos alumnos e detectar posibles dificultades de aprendizaxe e en consecuencia avanzar a un ritmo máis lento ou máis rápido.

5.1.- Criterios de avaliación

1. Comprender a idea principal e os detalles máis relevantes de mensaxes orais emitidas ensituacións de comunicación interpersoal ou polos medios audiovisuais sobre temas concretosrelacionados cos ámbitos persoal, público e académico, realizados en lingua estándar e de xeitoclaro e pausado.2. Participar activa e autonomamente e con eficacia na comunicación da aula, en conversas, debatese simulacións, con diversos propósitos comunicativos, e diferentes funcións do discurso,intercambiando opinións, achegando suxestións e respondendo a elas, coincidindo e discrepandosobre temas xerais ou específicos dunha materia, establecendo contacto social en función dasituación de comunicación, pedindo aclaración sobre palabras clave que non entende, reformulandoe rectificando se non consegue facerse comprender e distinguindo un cambio de tema se a persoainterlocutora articula con claridade.3. Expresarse con razoable fluidez e corrección gramatical, coherencia, certa riqueza léxica epronunciación, ritmo e entoación adecuados, facéndose entender con claridade nunha variedade desituacións. 4. Realizar oralmente breves exposicións previamente planificadas sobre temas xerais ouacadémicos propios do nivel de estudos, nunha secuencia cohesionada e lineal, utilizando apoiostextuais e gráficos, e achegando explicacións e exemplos cando llelos soliciten, de maneira que sefaga entender sen dificultade a maior parte do tempo. 5. Mediar entre falantes que teñen dificultade para entenderse por descoñecemento da lingua ou deaspectos socioculturais, aclarando o sentido de textos orais e escritos coa finalidade de garantir arelación fluída entre falantes e culturas. 6. Uso de diversas estratexias de expresión oral e escrita como a planificación e o axuste damensaxe aos medios lingüísticos dispoñibles e á información procedente da actitude das persoasparticipantes na interacción.7. Ler con autonomía textos, cun obxectivo preciso de lectura, redactados nunha lingua estándar erelacionados tanto coa vida cotiá como co contexto educativo, para identificar as ideas máissignificativas, a liña argumental ou a información relevante para realizar unha tarefa.

Page 65: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

8. Redactar textos diversos, seguindo conscientemente o proceso de produción escrita utilizando osesquemas textuais propios de cada xénero, o léxico apropiado ao contexto comunicativo e oselementos necesarios de cohesión e coherencia, de maneira que sexan facilmente comprensibles nasúa lectura. En todos os escritos, en papel ou soporte dixital, avaliarase o respecto das regras básicasde ortografía e puntuación, así como a presentación clara, limpa e ordenada.9. Utilizar de forma consciente os coñecementos lingüísticos, sociolingüísticos, estratéxicos ediscursivos adquiridos, así como identificar e utilizar de xeito progresivamente autónomoestratexias de aprendizaxe, explicar as utilizadas, poñer exemplos doutras posibles e decidir sobreas que son máis axeitadas ao obxectivo da aprendizaxe. 10. Analizar, a través de documentos auténticos en diferentes soportes, aspectos característicossociais, culturais, históricos, xeográficos e artísticos propios de países onde se fala a linguaestranxeira e amosar interese por coñecelos.

MÍNIMOS ESIXIBLES PARA UNHA AVALIACIÓN POSITIVA

CONTIDOSEscoitar, falar e conversar.

* Escoitar e comprender.

-Comprensión xeral e específica de mensaxes transmitidas por medios de comunicación, emitidas en lingua estándar

-Comprensión de interaccións orais de carácter persoal, familiar ou público.

-Uso de estratexias de comprensión como a identificación do propósito e do contexto comunicativo do texto, a elaboración de hipóteses sobre o contido, a inferencia de significados e o apoio no contexto total -lingüístico e non lingüístico.

-Toma de conciencia da importancia de chegar a comprender textos orais e escritos sen precisar entender todos e cada un dos seus elementos.

* Falar e conversar.

-Produción oral atendendo á súa planificación e utilizando estratexias que permiten sacar proveito dos medios lingüísticos dispoñibles.

Ler e escribir.

* Comprensión de textos escritos.-Localización e comprensión de información específica en documentos escritos de uso cotián.-Uso e consolidación de diferentes estratexias de lectura, como a identificación da intención comunicativa, a anticipación da información a partir dos elementos textuais e non textuais, o uso do contexto, a aplicación de regras de formación de palabras para inferir significados e o apoio na organización da información e no tipo de texto.- Lectura autónoma de textos de diversa extensión e natureza.

-Uso, progresivamente autónomo, de distintas fontes en soporte papel, dixital ou multimedia para obter información co fin realizar tarefas concretas.

* Composición de textos escritos.

Page 66: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

-Composición de textos diversos -descritivos, narrativos, argumentativos e explicativos- relativos aos ámbitos persoal, público e educativo, con coherencia, claridade, cohesión, razoable corrección gramatical e léxico axeitado ao tema.-Presentación coidada dos textos escritos, en soporte papel e dixital, adecuados aos fins funcionais evalorando a súa importancia nas comunicacións escritas.

Coñecemento da lingua.

* Coñecementos lingüísticos.

-Ampliación do uso de elementos morfosintácticos e léxicos que permiten recoñecer, formular e organizar distintos tipos de texto.

-Recoñecemento e uso de expresións frecuentes e de locucións idiomáticas, frases feitas e léxico propio de temas relativos a feitos de actualidade e relacionados con contidos académicos.

-Uso de antónimos, sinónimos e falsos amigos, substitución léxica sinxela e formación de palabras mediante recursos de derivación e de composición.

* Reflexión sobre a aprendizaxe.

-Selección, organización e uso autónomo de recursos para a aprendizaxe como dicionarios, libros deconsulta, bibliotecas e recursos dixitais e informáticos.

-Aplicación de estratexias para organizar, adquirir, lembrar e utilizar o léxico e as estruturas lingüísticas.

-Identificación das causas dos propios erros e interese por superalos.-Participación activa nas tarefas de aprendizaxe amosando iniciativa, creatividade, e confianza nas propias posibilidades.

-Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula e fóra dela, recorrendo ás tecnoloxías da información e da comunicación.

Aspectos socioculturais e consciencia intercultural.

-Toma de conciencia da diversidade lingüística e cultural española e europea, e aceptación da pertenza a unha sociedade pluricultural, evitando actitudes etnocéntricas e androcéntricas.

-Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación e a comunicación con persoas pertencentes a outras culturas.

Criterios de avaliación mínimos

1. Comprender a idea principal e os detalles máis relevantes de mensaxes orais emitidas en situacións de comunicación interpersoal ou polos medios audiovisuais sobre temas concretos relacionados cos ámbitos persoal, público e académico, realizados en lingua estándar e de xeito claro e pausado.

2. Participar activa e autonomamente e con eficacia na comunicación da aula, en conversas.

Page 67: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

3. Expresarse con razoable fluidez e corrección gramatical, coherencia, certa riqueza léxica e pronunciación, ritmo e entoación adecuados, facéndose entender con claridade nunha variedade de situacións. 6. Uso de diversas estratexias de expresión oral e escrita como a planificación e o axuste da mensaxe aos medios lingüísticos dispoñibles.

7. Ler con autonomía textos, cun obxectivo preciso de lectura, redactados nunha lingua estándar e relacionados tanto coa vida cotiá como co contexto educativo, para identificar as ideas máis significativas, a liña argumental ou a información relevante para realizar unha tarefa.

8. Redactar textos diversos, seguindo conscientemente o proceso de produción escrita utilizando os esquemas textuais propios de cada xénero, o léxico apropiado ao contexto comunicativo e os elementos necesarios de cohesión e coherencia, de maneira que sexan facilmente comprensibles na súa lectura.

9. Utilizar de forma consciente os coñecementos lingüísticos, sociolingüísticos, estratéxicos e discursivos adquiridos, así como identificar e utilizar de xeito progresivamente autónomo estratexias de aprendizaxe, explicar as utilizadas, poñer exemplos doutras posibles e decidir sobre as que son máis axeitadas ao obxectivo da aprendizaxe.

5.2.- Criterios de cualificación

A nota da avaliación será o resultado da suma de diversos apartados, que á súa vez reflexan osinstrumentos de avaliación. Estes apartados varían dependendo da avaliación, xa que no segundo eterceiro trimestre non hai libro de lectura e increméntase así o valor da proba tipo selectividade.

1ª avaliaciónTraballo na casa (entrega de redaccións, realización de exercicios na casa para seren corrixidos na

clase) esforzo e traballo na clase e actitude e disposición a mellorar: 10%*Proba dun libro de lectura adaptado ao seu nivel: 20%Proba de gramática (tempos verbais, sintaxe, vocabulario): 30%Proba escrita tipo selectividade-PAAU: 30%Proba de audición:Listening: 10%

2ª e 3ª avaliaciónsTraballo na casa, clase, esforzo: 10%*Proba de gramática (tempos verbais, sintaxe, vocabulario): 40%Proba escrita tipo selectividade-PAAU: 40%Proba de audición:Listening: 10%

*Esta porcentaxe repartirase do seguinte xeito: Traballo na casa (ata 0.3 puntos, descontándose 0.1por cada incidencia negativa); esforzo, participación (ata 0.3 puntos) e redaccións (ata 0.4) que seentregarán na data marcada pola profesora.A avaliación é continua, polo que non haberá actividades de recuperación. É necesario aprobar o 3ºtrimestre para aprobar a asignatura ó remate de curso. Non obstante, para beneficiar aos alumnos, ocálculo da nota final será do seguinte xeito:

Page 68: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

a. A nota do 3º trimestre sempre que ésta sexa igual ou superior aos dous trimestres anteriores.b. Se fose inferior, a nota final será a media ponderada das tres avaliacións, calculándoa doseguinte xeito: multiplicando a nota da 1ªavaliación x 1, a da 2ª x 2, e ada 3ªx3 dividindo a sumados productos por 6.

5.4 Superación da materia pendente

O alumnado que teña pendente esta materia de 1º BAC propoñeráselle o seguinte plan de traballoque consistirá en: lecturas dalgún libro adaptado ao seu nivel ou fragmentos de lectura extraídos de distintas fontes,exercicios para que entregue en dous trimestres e que posteriormente se lle devolverán corrixidos ecomentados e a realización dunha proba por trimestre, acordando co alumno a data máisbeneficiosa para el, para finalmente elaborar un informe acerca do progreso do alumno nestamateria en cada avaliación. Os contidos e os criterios esixidos para a recuperación desta materiapendente serán os reflectidos na programación específica do curso 1º BAC. Para a superación damateria pendente o alumno terá que entregar todas as tarefas que se lle encomenden no 1º e 2ºtrimestre e que puntuarán un 10% e realizar dúas probas: unha no 1º trimestre e outra no 2º quepuntuará o 90%. A nota final do alumno será a resultante da media ponderada das dúas avaliacións,calculándoa do seguinte xeito: multiplicando a nota da 1ªavaliación x 1, e a da 2ª x 2, dividindo asuma dos productos por 3.

Se esta nota fose insuficiente, ofreceráselle ao alumno a posibilidade de realizar outra proba enmaio, que inclúa contidos de todo o curso .Se a avaliación definitiva en maio fose negativa, o alumno poderá presentarse á probaextraordinaria de setembro, onde realizará a mesma proba que os alumnos de 1º BAC que nonsuperaron a materia en xuño, neste caso a nota do alumno será exclusivamente a nota acadada nestaproba escrita.

5.5.- Criterios de cualificación- Convocatoria extraordinaria de setembro

O alumnado que non superase a materia en xuño, poderá facelo na proba extraordinaria desetembro, a cal consistirá nun exame tipo selectividade, polo tanto constará de dúas partes: aprimeira será un texto con preguntas de comprensión acerca do mesmo; preguntas de vocabulario;exercicios de gramática e unha composición axeitada ao seu nivel. A segunda parte será unha probade listening. A nota acadada polo alumno será exclusivamente a obtida nesta proba escrita e deaudición, seguindo os mesmos criterios de correción que nas PAAU, non aplicándoselle oscriterios de cualificación de xuño.

7.- ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

Seguiremos intentando contactar cun centro británico ou irlandés para programar un intercambio.

8.- ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Page 69: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

Neste curso consistirá en proporcionarlles aos alumnos que o precisen material extra paratraballar na casa e que posteriormente lle será corrixido pola profesora con anotacións paraque o alumno mellore a súa competencia lingúïstica.

MATERIAL NECESARIOO alumno necesita o libro de texto BRIDGES For Bachillerato 2 da editorial Burlington. Asímesmo, o alumnos deberán adquirir o libro de lectura adaptado correspondente a cada trimestre.

9.- PUBLICIDADE:

Ao principio de curso expoñeranse no taboleiro de cada aula e sempre tamén na específica de inglésos criterios de avaliación e cualificación que figuran na programación e explicaránselles aos alumnos. Tamén se farán públicos na páxina web do centro.

10.- TRATAMENTO DE FOMENTO DAS TIC

A contribución desta materia á competencia do tratamento da información e competencia dixital éimportante pois actualmente os avances tecnolóxicos dos que dispoñemos nos permiten manexarinformación en distintos soportes e coñecer outras realidades a través doutras fontes deinformación: internet.O feito de que neste centro dispoñamos dunha aula específica para a materia de inglés, onde temosalgúns recursos necesarios (un ordenador con acceso a internet, un reproductor de CD, TV, DVD,Vídeo, un proxector de transparencias, e proxector de vídeo ) posibilítanos o uso frecuente destasferramentas para tratar a información en distintos soportes, asimesmo os manuais utilizados entodos os cursos proporciónannos interesantes materiais para desenvolver actividades variadas: CDROMs interactivos para reforzo de vocabulario e estructuras estudiadas; DVDs de documentais eepisodios que narran situacións vividas por uns personaxes e que serven para ilustrar e reforzar oscontidos estudiados; CDs de pronunciación: Burlington speech trainer; CDs que inclúen grabaciónsde narracións, conversacións, exercicios de fonética. Ademáis, os libros de texto utilizados en toda aESO son tamén libros dixitais, e isto permítenos axilizar a clase e motivar aos alumnos, asípodemos proxectar na aula as páxinas que elixamos e dun xeito máis efectivo e rápido realizardistintas tarefas, pasar dunha actividade a outra, amosar as respostas, destacar vocabulario eestructuras que nos interesen etc.Actualmente, unha porcentaxe moi elevada de alumnos ten ordenador na súa casa e así pode utilizartamén, de xeito individual, os recursos arriba mencionados, recurrir a diccionarios electrónicos e visitar algunhas páxinas web que as profesoras lles suxerimos: bogglesswordles.com./ bbc.co.uk/, britishcouncil.org/oup.com

11.- TRATAMENTO DE FOMENTO DA LECTURA

Dadas as características desta materia é imprescindible traballar diariamente a lectura comprensiva.Así, en todos os cursos desenvólvense tarefas que implican a comprensión de textos, ben de textosproporcionados polo propio libro de aula, ben de textos extraídos de revistas de interese, de xornais,ou ben actividades atopadas nalgunha páxina web. No proceso da lectura comprensiva incídese nasdistintas estratexias necesarias para entender o sentido do texto (axuda visual proporcionada nalectura, título do artigo, predicción do contido, brainstorming, lectura extensiva para obter a idea

Page 70: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

principal, lectura comprensiva, do xeral ao particular), deste xeito o alumnado ten que realizar unhaserie de exercicios (de vocabulario, de relacionar, de comprensión) que demostren que comprendeuo lido.Ademais das actividades de aula, en todos os cursos, cada trimestre, os alumnos terán que ler unlibro adaptado ao seu nivel de competencia lingüística. Esta lectura xa se ten que levar a cabo nacasa, trátase de fomentar a autonomía do alumno; sen embargo, nos cursos de 1º e 2º ESO énecesario facer un seguimento da lectura semanal. Posteriormente todos os alumnos realizarán unhaproba de comprensión e expresión da lectura proposta. O feito de que neste centro dispoñamos dunha aula específica para a materia de inglés, onde temosos recursos necesarios: un ordenador, un reproductor de CD, TV, DVD, Vídeo, un proxector detransparencias, Diccionarios bilingües e monolingües, algúns manuais de consulta e libros delectura así como revistas en inglés: National Geographic, The Times, The Irish Times, e revistasproporcionadas por algunha editorial (Macmillan, Longman...) facilítanos a posibilidade de utilizarestes recursos con frecuencia e de promover unha inmersión lingüística temporal, pois toda ainformación visual que recibe o alumno está escrita nesta lingua estranxeira. Ademáis, na bibliotecado centro, o alumno pode atopar eses libros que se lle esixen de lectura (sempre adquirimos variosexemplares de cada libro), e pode disfrutar da lectura doutras revistas en inglés ás que estamossuscritos: Let’s Start, Tot e finalmente ten a posibilidade de levar en préstamo películas en formatovídeo en versión orixinal con subtítulos e DVD .

Page 71: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

MODO DE ACTUACIÓN EN CASO DE ALUMNOS/AS AUSENTES EN DATAS DE EXAMES

A-O alumno/a ausente no día de exame por cuestións médicas debidamente xustificadas terá sempredereito a un novo exame. B- O alumno/a ausente no día de exame por razóns de enfermidade ou circunstancias persoais xustificadas polos seus pais/nais terá dereito a un novo exame sempre e cando sexa a primeira vez que esto lle sucede no curso nesta materia. Se ocurrise unha segunda vez perderá o dereito a realizarese exame.C- O alumno/a que non realiza un exame será valorado cun 0 nesa proba.

Page 72: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

1º/2º/3º/4º ESO Seccións bilingüesINGLÉS Ano académico 2014-

2015

Este curso temos os seguintes grupos de seccións bilingües: un grupo de EpeV en 1º ESO, que seráimpartido pola profesora de este departamento Luz Seco Chao; un grupo de Ciencias Naturais en 2ºESO, un grupo na materia de Bioloxía en 3º ESO e outro grupo na materia de Bioloxía en 4º ESO .Este curso académico, igual que no anterior, temos a posibilidade de organizar unha hora semanalde reforzo do idioma en cada nivel, como contempla a orde que regula o Plan de seccións bilingües.Nestas clases, que serán impartidas fóra do horario lectivo, traballaremos principalmenteactividades de comunicación oral a través de distintos exercicios: communication games,information-gap activities, pairwork activities, listening activities, discussions, using computers,DVDs or films, ... pero tamén reforzaremos vocabulario e expresións relacionadas coa linguaxecientífica, resolveranse dúbidas lingüísticas que puideran xurdir nas clases de Bioloxía e EPeV erevisaranse as novas estructuras sintácticas e tempos verbais que xa podan necesitar para expresar,explicar ou describir procesos científicos.O obxectivo, polo tanto, é que o alumnado mellore a competencia lingüística en inglés e así poidacomprender e expresar con éxito contidos desa materia que agora estudia de xeito bilingüe. A coordinación cos profesores das materias non lingüísticas é fundamental, e como xa viñamosfacendo, continuaremos con esas sesións de coordinación para comentar o progreso dos alumnos eas necesidades comunicativas (vocabulario e expresións) en cada momento.Estas clases non forman parte do currículo dos cursos da ESO, e polo tanto non podemos propoñerunha cualificación, pero informarase trimestralmente aos pais a través do titor/a do rendemento decada alumno/a nestas sesións. De tódolos xeitos, o alumnado recibe cualificacións nestas materiasimpartidas de xeito bilingüe e tamén en Inglés, e nestas verase reflexado o aproveitamento destesreforzos.Por outra banda, este curso, xa nos adxudiquen unha auxiliar de conversa, Helen cooke, quen xaestivo no noso centro hai dous cursos. Organizaremos un horario para esta persoa de xeito quepodan beneficiarse todos os grupos do centro, aínda que a algúns só os poida ver quincenalmente.No seu horario tamén figurarán unha reunión semanal de coordinación para os grupos de secciónsbilingües.Nas clases nas que participe este auxiliar potenciaranse as actividades comunicativas a través dexogos, charlas, entrevistas, exposicións etc.

Page 73: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

--PROCEDEMENTOS PARA AVALIAR A APLICACIÓN DA PROPIA PROGRAMACIÓN.

Para avaliar esta programación teranse en conta distintos aspectos que serán analizados en varias sesións de reunión deste departamento en cada un dos tres trimestres:

Análise dos resultados obtidos polos alumnos tras cada avaliación: porcentaxes de aprobados e suspensos en cada grupo.

Análise das enquisas dirixidas aos alumnos ao finalizar cada trimestre (anexo I). Reflexión sobre as súas respostas e posible toma de decisións.

Autoavaliación individual da nosa labor docente. (anexo II). Reflexión sobre as nosas respostas e posible toma de decisións.

Despois de seren estudiados os puntos arriba indicados veremos a necesidade de modificar ou non algúns aspectos desta programación tales como a metodoloxía, os criterios de cualificación ou os materiais didácticos utilizados.

En San Cibrao, a 15 de setembro de 2014

A xefa de departamento

Asdo.: Montserrat Deán Fernández

Page 74: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

ANEXO I- (enquisa dirixida ao alumnado)

DEPARTAMENTO DE LINGUA INGLESA

ENQUISA ANÓNIMA PARA ALUMNOS/AS curso:

Pregámosche respondas a estas cuestións con sinceridade e interese, pois as respostas de todo o grupo serán tidas en conta para unha posible mellora ou modificación dalgúns aspectos da programación didáctica desta materia.

O libro de texto utilizado paréceme en xeral: (rodea os adxectivos que che pareza se axustan á descripción e/ou engade outros)

Interesante difícil fácil nivel axeitado aburrido

A práctica desenvolvida para mellorar a lectura comprensiva pareceume: Suficiente insuficiente

A práctica desenvolvida para mellorar a expresión escrita pareceume: Suficiente insuficiente

A práctica desenvolvida para mellorar a comprensión oral pareceume: Suficiente insuficiente

O tempo adicado á expresión oral pareceume: Suficiente insuficiente

As lecturas propostas para a proba de reading parecéronme: (rodea e/ou engade opinións)

longas aburridas interesantes sinxelas difíciles

As probas escritas realizadas parecéronme: (indica a cales te refires)- Axeitadas á práctica desenvolvida- Máis sinxelas que as actividades da clase- Máis complexas que as actividades da clase- O tempo proporcionado para cada proba foi: (indica a cales te refires)Suficiente insuficiente

Suxestións e comentarios acerca do sistema de cualificación, valora a porcentaxe asignada a cada apartado e engade a túa opinión.

Suxestións e comentarios acerca de como mellorar de modo xeral o desenvolvemento da clase de inglés.

Page 75: I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS s... · PDF fileI.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS complexos que os que se traballen en 1º ou 2º ESO, queremos

I.E.S. Marqués de Sargadelos DEPARTAMENTO DE INGLÉS

DEPARTAMENTO DE LINGUA INGLESA

ANEXO II- (autoavaliación dirixida aos membros deste departamento)

Valoración persoal dos resultados obtidos polos alumnos/as na avaliación, análise porgrupos indicando as posibles características especiais.

Valoración persoal das enquisas recollidas ao alumnado dos grupos onde se imparte ereflexión sobre a súas respostas (aspectos a mellorar/modificar...)

Proposta/s de cambios, indicar cales de cara ás seguintes actuacións na aula.