8
XUÑO 2012 nº 41 - Ano IV O encontro, a alegría, a amizade e o amor non se miden; vívense e compártense. (Anónimo) E PENTECOSTE FÍXOSE REALIDADE O pasado domingo 27 de maio, celebramos a festividade de Pentecoste. Momento de caer na conta de que Deus nos impulsa co seu Espírito para que sexamos quen de vivir segundo os valores de Xesús, sen medo, compartindo a boa nova do AMOR. Coincidiu esta festa co remate do curso da catequese parroquial, polo que estaba claro que nesa eucaristía, tiñamos que facer algo relacionado con ese día, así que, empezamos a reflexionar sobre iso. Pensamos no que significaba Pentecoste: cincuenta días despois da Pascua, da nova vida de Xesús, os discípulos asustados, pechados na casa, senten de súpeto a forza do Espírito. O Resucitado failles sentila. Eles ábrense a Él, déixanse invadir por Él, perden o medo e saen convencidos, seguros da súa misión. De súpeto, decatámonos que isto foi o que aconteceu na nosa parroquia este curso: a finais de ano, o falecemento de Miguel, o noso párroco e amigo, sumiunos nunha fonda tristura. Sentiámonos perdidos, desesperanzados, con medo, con dúbidas. Pero, sen saber moi ben cómo, antes de rematar a pregunta de “e agora, que imos facer?” , estabamos respostando: “seguir, por suposto”. E todo seguiu: catequese, actividades, reunións de grupos, entroido, confirmacións, comuñóns… porque vós estabades aí, acompañándonos, sen deixarnos sos. Empezamos a descubrir entón unha forza que nos empuxaba a continuar a tarefa que viñamos realizando, convencidos de estar no bo camiño. Marabillounos sentir que toda a comunidade parroquial se deixaba levar por esa forza. Soubémonos de verdade COMUNIDADE, con todo o que iso significa, sentindo o mesmo, traballando en conxunto e compartindo sofrimentos e alegrías. Este último domingo de catequese, cinco meses despois daquel momento de escuridade e desesperanza (que por sorte, pouco durou), quixemos presentar na eucaristía todo o positivo descuberto durante o curso. Así, colocamos no altar un Sol no que desde os distintos grupos fomos poñendo raios que querían expresar o sentido e vivido na catequese tanto polos nenos como polos adultos: - A maxia da amizade. - Coñecemento e respecto polos demais. - Os momentos e as ilusións compartidas. - Descubrir a Xesús a través da Biblia. - Medrar como grupo. - Forza para seguir adiante. - Grazas a todos por estar aí. Ese raio, o das grazas, foi por e para todos vós, irmáns e compañeiros, que facedes real a nosa comunidade. Grazas pola vosa compaña, polo vos ánimo cando algún de nós cre telo perdido, polo voso cariño e por compartir este Pentecoste, no que recoñecemos a Deus, ao seu Espírito, quen igual ca o Sol, sempre está aí, dándonos a súa forza, impulsándonos á vida cristiá, unha vida na que todos somos irmás, na que o “único” que temos que facer é actuar guiándonos polo AMOR. Grazas por ser e facer PARROQUIA. SUMARIO Rostros do Barrio Cousas da rapazada (Páxina 2) Austeridade na familia (Páxina 3) Á calor da Palabra (Páxina 4) Novas parroquiais (Páxina 5) Avanzando na Ensinanza Social da Igrexa (Páxina 6) A Igrexa e o IBI (Páxina 7) Axenda (Páxina 8)

LARADA XUÑO

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Revista parroquial mensual

Citation preview

Page 1: LARADA XUÑO

re v is ta p a rro q u ia l m e n s u a l d e S a n C ris to v o d a s v iñ a sM a rz o 2 0 0 9 n º2 - A n o I

XUÑO 2012 nº 41 - Ano IV

O encontro, a alegría, a amizade e o amor non se miden; vívense e compártense. (Anónimo)

E PENTECOSTE FÍXOSE REALIDADE

O pasado domingo 27 de maio, celebramos a festividade de Pentecoste. Momento de caer na conta

de que Deus nos impulsa co seu Espírito para que sexamos quen de vivir segundo os valores de Xesús, sen

medo, compartindo a boa nova do AMOR.

Coincidiu esta festa co remate do curso da catequese parroquial,

polo que estaba claro que nesa eucaristía, tiñamos que facer algo

relacionado con ese día, así que, empezamos a reflexionar sobre iso.

Pensamos no que significaba Pentecoste: cincuenta días despois da

Pascua, da nova vida de Xesús, os discípulos asustados, pechados na casa,

senten de súpeto a forza do Espírito. O Resucitado failles sentila. Eles

ábrense a Él, déixanse invadir por Él, perden o medo e saen convencidos,

seguros da súa misión.

De súpeto, decatámonos que isto foi o que aconteceu na nosa

parroquia este curso: a finais de ano, o falecemento de Miguel, o noso

párroco e amigo, sumiunos nunha fonda tristura.

Sentiámonos perdidos, desesperanzados, con

medo, con dúbidas. Pero, sen saber moi ben

cómo, antes de rematar a pregunta de “e agora,

que imos facer?” , estabamos respostando: “seguir, por suposto”. E todo seguiu:

catequese, actividades, reunións de grupos, entroido, confirmacións, comuñóns…

porque vós estabades aí, acompañándonos, sen deixarnos sos. Empezamos a

descubrir entón unha forza que nos empuxaba a continuar a tarefa que viñamos

realizando, convencidos de estar no bo camiño. Marabillounos sentir que toda a

comunidade parroquial se deixaba levar por esa forza. Soubémonos de verdade

COMUNIDADE, con todo o que iso significa, sentindo o mesmo, traballando en

conxunto e compartindo sofrimentos e alegrías.

Este último domingo de catequese, cinco meses despois daquel momento

de escuridade e desesperanza (que por sorte, pouco durou), quixemos presentar na

eucaristía todo o positivo descuberto durante o curso. Así, colocamos no altar un

Sol no que desde os distintos grupos fomos poñendo raios que querían expresar o

sentido e vivido na catequese tanto polos nenos como polos adultos:

- A maxia da amizade.

- Coñecemento e respecto polos demais.

- Os momentos e as ilusións compartidas.

- Descubrir a Xesús a través da Biblia.

- Medrar como grupo.

- Forza para seguir adiante.

- Grazas a todos por estar aí.

Ese raio, o das grazas, foi por e para todos vós, irmáns e

compañeiros, que facedes real a nosa comunidade. Grazas pola vosa

compaña, polo vos ánimo cando algún de nós cre telo perdido, polo voso

cariño e por compartir este Pentecoste, no que recoñecemos a Deus, ao

seu Espírito, quen igual ca o Sol, sempre está aí, dándonos a súa forza,

impulsándonos á vida cristiá, unha vida na que todos somos irmás, na

que o “único” que temos que facer é actuar guiándonos polo AMOR.

Grazas por ser e facer PARROQUIA.

SUMARIO

Rostros do Barrio

Cousas da rapazada

(Páxina 2)

Austeridade na familia

(Páxina 3)

Á calor da Palabra

(Páxina 4)

Novas parroquiais

(Páxina 5)

Avanzando na Ensinanza

Social da Igrexa

(Páxina 6)

A Igrexa e o IBI

(Páxina 7)

Axenda

(Páxina 8)

Page 2: LARADA XUÑO

A FUME DE CAROZO

ROSTROS DO BARRIO

Este mes, en esta sección, hay, como indica el título varios rostros. Son los de jóvenes de nuestra

parroquia que el pasado 19 de mayo recibieron el sacramento de la Confirmación.

Son chicos y chicas que llevan varios años preparándose para ese momento, que forman parte de

distintos grupos parroquiales y que, han querido comprometerse ante la comunidad a vivir de acuerdo con los

valores de Jesús. Ahora que ya tienen edad suficiente han sido ellos y ellas quienes han dicho Sí a la gran

familia de la Iglesia. Recibieron el sacramento a través

de nuestro Arzobispo, D. Julián Barrio, que les dedicó

unas hermosas y cariñosas palabras durante la

celebración. Pero ellos fueron los verdaderos

protagonistas, dando un gran ejemplo de

compañerismo y participación.

Son jóvenes, alegres, chicos y chicas

“normales y corrientes”, con los problemas propios de

su edad, con las inquietudes lógicas de esos años. Pero

en algo son diferentes a otros muchos: en que

decidieron dedicar parte de su tiempo a crecer en la fe,

acompañados desde la Parroquia por su catequista.

Ahora, ya confirmados, les queda dejar actuar

la fuerza de ese Espíritu que siempre nos acompaña y

que nos ayuda a caminar durante toda nuestra vida.

Desde aquí les damos la enhorabuena al mismo tiempo que les agradecemos su ejemplo y valentía.

Gracias mozos (y mozas, por supuesto) por querer ser Iglesia, por ser como sois.

COUSAS DA RAPAZADA

Aquí estamos algunos de los que formamos el grupo de los que empezamos este año a prepararnos

para la Confirmación. Empezamos allá por el pasado octubre, y a estas alturas del curso, nos hemos parado a

reflexionar sobre lo que aprendimos y vivimos.

Somos un grupo pequeño formado por

siete personas (aunque en la foto solo estamos

cuatro). Esto tiene sus inconvenientes, pero

también sus ventajas, porque nos conocemos más

y nuestra relación es más estrecha.

Nos estuvimos reuniendo todos los jueves

a las 19,30 horas, con Sandra, nuestra catequista.

Hablamos de la vida, de nuestra vida, nuestras

preocupaciones y le buscamos sentido desde el

punto de vista de la fe.

Lo pasamos muy bien y aunque nos

tomamos todo muy en serio, también nos reímos

mucho. Somos conscientes de que estamos

formando grupo y creciendo como personas, tanto

físicamente como a nivel religioso.

Nos gusta compartir nuestras cosas, incluidas comidas, por eso muchos jueves traemos algo que

preparamos en casa y lo tomamos entre todos.

El próximo año seguiremos reuniéndonos, porque nos gusta lo que hacemos aquí, nos sentimos

también parroquia y queremos confirmarnos.

Si alguno o alguna tiene nuestra edad y se anima, aquí lo recibiremos con los brazos abiertos.

¡Feliz verano!

Page 3: LARADA XUÑO

A LAREIRA

CRECENDO EN AUSTERIDADE NA FAMILIA

Non toca falar de austeridade pola crisis actual, nin porque os políticos de turno nos digan que temos

que apretarnos o cinturón. Queremos falar de

austeridade coma valor fundamental para o crecemento

da familia cristiá. Un dos exemplos máis claros de falta

de austeridade na familia é que dende que nacen os nosos

fillos, esforzámonos en mimalos en demasía, partindo do

principio de que “deben ter o que nós non puidemos

alcanzar”. Acostumámolos a vivir sen carecer de nada e a

conseguir as cousas sen esforzo. Os rapaces así educados

non cambiarán nunca, nin saberán facer fronte ás

responsabilidades familiares actuais e futuras. Formando

ó redor deles un entorno insolidario e individualista por

falla de virtudes e valores. E xa non só isto, teríamos que

preguntarnos os que somos pais se as veces non sería

fundamental e necesario educalos para a frustración.

Aínda que sone duro, todos temos que ser conscientes

das nosas limitacións e aprender a vivir con elas. Decir un “non” nun momento determinado e propiciar un

diálogo sobre esa negativa pode ser un encontro educativo inesquecible.

A austeridade non ten nada que ver coa tacañería, cutrería nin cicatería. E si ten que ver coa

xenerosidade, a templanza e o desprendemento. A austeridade é compatible coa elegancia, os bos gustos,

a boa eduación , o aforro, o dominio da responsabilidade, o dominio da vontade, etc.

Austeridade na comida ¡Que espectáculos tan tristes vemos a nenos e non tan nenos facer á hora da comida! Xa non só a

actitude que temos ante a comida, senón o consumo desmesurado e sen control que as veces facemos da

mesma. Antes, os nosos pais, nos intentaban ensinar a comer de todo, pero hoxe incluso ás veces se ven

leccións de cómo tirar a comida sen que te vexan no comedor, ou que o criterio “non me gusta isto” é

fundamental, educativo e determinante para que o meu fillo coma unha comida e non a outra. Moitos de nós

vimos da xeración “deixar o prato baleiro”. Ao principio pensamos que é unha teima dos nosos pais pero

cando crecemos nos damos conta que é unha cuestión de xustiza social, de valores e de tomar conciencia con

realidades tan duras coma a fame no mundo que moitos irmáns nosos están sufrindo. Recuperar o comer de

todo, coidando as cantidades e aproveitando os restos é un exercicio de responsabilidade non unha crueldade

propia duns dictadores.

Tamén entre os adultos temos que recuperar o valor social da comida, resaltando e valorando o

momento de encontro e racionalizando os alimentos en sí, tentando non caer no “comer por comer” sen máis.

Austeridade nas compras (Discernir o que é necesario e o que non).

A austeridade nos chama a unha visión crítica ante o consumo, a publicidade e o mercado. E isto hai

que cultivalo. Debemos agotar a vida útil das cousas que usamos antes de pensar en substituilas. A

austeridade é a antítese da cultura de “usar e tirar”.

Austeridade non significa sempre comprar ao menor prezo, nin as cousas peores, xa que moitas

veces o barato sae caro porque é de mala calidade e se estropea antes. Pero ¡ollo!, que este último argumento

ás veces o usamos como motivo aparente do que conleva a “tiranía das marcas” (por exemplo na roupa).

Neste eido debemos fomentar en nós mesmos e nos nosos fillos actitudes de consumo responsable (este

termo abarca moitos aspectos que non podemos cubrir neste artigo).

Claves que nos poden axudar O diálogo é fundamental. Temos que buscar momentos para falar destes temas, creando espazos

abertos, de asunción de responsabilidades e de escoita, non só cos nosos fillos senón tamén a parella e outros

adultos cos que convivamos.

Aos rapaces, non debemos darlle todo o que nos piden. E moito menos tentar substituir a nosa falta

de tempo con eles “regalándolles cousas”. Se temos pouco tempo, debemos tentar que ese sea tempo de

“calidade”. É máis, deberiamos preguntarnos se é xusto que “quen pode” poda ter “todo o que queira”. A

coherencia é sen dúbida fundamental para o testemuño de persoa e de familia.

Para os cristiáns a austeridade de vida non é só unha esixencia ética, senón tamén unha virtude á que

somos chamados a cultivar polo mandamento de Xesús, o AMOR.

Yolanda e Juan

Page 4: LARADA XUÑO

Á CALOR DA PALABRA

Domingo 10 (Mc 14,12-16.22-26)

El primer día de la fiesta de los panes

Acimos, cuando se inmolaba la víctima pascual, los

discípulos dijeron a Jesús: "¿Dónde quieres que

vayamos a prepararte la comida pascual?".

El envió a dos de sus discípulos, diciéndoles:

"Vayan a la ciudad; allí se encontrarán con un

hombre que lleva un cántaro de agua. Síganlo,

y díganle al dueño de la casa donde entre: El

Maestro dice: '¿Dónde está mi sala, en la que voy a

comer el cordero pascual con mis discípulos?'. El les

mostrará en el piso alto una pieza grande, arreglada

con almohadones y ya dispuesta; prepárennos allí lo

necesario". Los discípulos partieron y, al llegar a la

ciudad, encontraron todo como Jesús les había dicho

y prepararon la Pascua. Mientras comían, Jesús

tomó el pan, pronunció la bendición, lo partió y lo

dio a sus discípulos, diciendo: "Tomen, esto es mi

Cuerpo". Después tomó una copa, dio gracias y se

la entregó, y todos bebieron de ella. Y les dijo:

"Esta es mi Sangre, la Sangre de la Alianza, que se

derrama por muchos. Les aseguro que no beberé

más del fruto de la vid hasta el día en que beba el

vino nuevo en el Reino de Dios". Después del canto

de los Salmos, salieron hacia el monte de los Olivos.

Domingo 17 (Mc 4,26-34) Y decía: "El Reino

de Dios es como un hombre

que echa la semilla en la

tierra: sea que duerma o se

levante, de noche y de día, la

semilla germina y va

creciendo, sin que él sepa

cómo (… ) También decía:

"¿Con qué podríamos

comparar el Reino de Dios?

¿Qué parábola nos servirá

para representarlo? Se parece a un grano de

mostaza. Cuando se la siembra, es la más pequeña

de todas las semillas de la tierra, pero, una vez

sembrada, crece y llega a ser la más grande de todas

las hortalizas, y extiende tanto sus ramas que los

pájaros del cielo se cobijan a su sombra". Y con

muchas parábolas como estas les anunciaba la

Palabra, en la medida en que ellos podían

comprender. No les hablaba sino en parábolas, pero

a sus propios discípulos, en privado, les explicaba

todo.

Domingo 24 (Lc 1,57-66.80) Cuando llegó el tiempo en que Isabel debía

ser madre, dio a luz un hijo. Al enterarse sus

vecinos y parientes de la gran misericordia con que

Dios la había tratado, se alegraban con ella. A los

ocho días, se reunieron para circuncidar al niño, y

querían llamarlo Zacarías, como su padre; pero la

madre dijo: "No, debe llamarse Juan". Ellos le

decían: "No hay nadie en tu familia que lleve ese

nombre". Entonces preguntaron por señas al padre

qué nombre quería que le pusieran. Este pidió una

pizarra y escribió: "Su nombre es Juan". Todos

quedaron admirados. Y en ese mismo momento,

Zacarías recuperó el habla y comenzó a alabar a

Dios. Este acontecimiento produjo una gran

impresión entre la gente de los alrededores, y se lo

comentaba en toda la región montañosa de Judea.

Todos los que se enteraron guardaban este recuerdo

en su corazón y se decían: "¿Qué llegará a ser este

niño?". Porque la mano del Señor estaba con él. El

niño iba creciendo y se fortalecía en su espíritu; y

vivió en lugares desiertos hasta el día en que se

manifestó a Israel.

Domingo 1 de julio (Mc 5, 21-43)

Cuando Jesús regresó en la barca a la otra

orilla, una gran multitud se reunió a su alrededor, y

él se quedó junto al mar. Entonces llegó uno de los

jefes de la sinagoga, llamado Jairo, y al verlo, se

arrojó a sus pies, rogándole con insistencia: "Mi

hijita se está muriendo; ven a

imponerle las manos, para que se

cure y viva". Jesús fue con él y lo

seguía una gran multitud que lo

apretaba por todos lados. (….)

Todavía estaba hablando, cuando

llegaron unas personas de la casa

del jefe de la sinagoga y le

dijeron: "Tu hija ya murió; ¿para

qué vas a seguir molestando al

Maestro?". Pero Jesús, sin tener

en cuenta esas palabras, dijo al jefe de la sinagoga:

"No temas, basta que creas". Y sin permitir que

nadie lo acompañara, excepto Pedro, Santiago y

Juan, el hermano de Santiago, fue a casa del jefe de

la sinagoga. .. Pero Jesús hizo salir a todos, y

tomando consigo al padre y a la madre de la niña, y

a los que venían con él, entró donde ella estaba. La

tomó de la mano y le dijo: "Talitá kum", que

significa: "¡Niña, yo te lo ordeno, levántate". En

seguida la niña, que ya tenía doce años, se levantó y

comenzó a caminar. Ellos, entonces, se llenaron de

asombro, y él les mandó insistentemente que nadie

se enterara de lo sucedido. Después dijo que le

dieran de comer.

Page 5: LARADA XUÑO

MUXICAS

III MARCHA DA PRIMAVERA

O domingo 13 de maio, despois da misa de 11,30, nenos, nenas, pais, nais, avós, avoas e catequistas,

saímos de camiñata cara o parque de Eirís. Alí pasamos o día compartindo xogos, cancións e comida. O certo

é que o tempo tamén quixo acompañar e estivo un día radiante, cheo de sol.

Foi a nosa terceira “Marcha da Primavera”, unha experiencia que sempre resulta moi positiva, que nos

anima a repetila o vindeiro ano. Grazas a todos os que participastes nela e fixestes posible ese día.

CONFIRMACIÓNS

O pasado sábado, 19 de maio, trece mozos e mozas da

nosa parroquia recibiron o sacramento da Confirmación. Presidiu

a celebración D. Julián Barrio, o noso Arcebispo, que se dirixiu

con moito cariño a todos os presentes. Na súa homilía pediulles

aos rapaces que “amasen á Igrexa como se ama á familia, porque

amando, todo o demais vira engadido”. Confirmandos,

familiares e fregueses participamos nesa eucaristía acompañando

aos xóvenes neste momento tan importante do seu crecemento na

fe.

Foi unha fermosa tarde, que rematou compartindo uns

pinchos ao final, no adro da igrexa.

Felicitamos dende aquí a todos os que se confirmaron, aos seus familiares e a toda a comunidade

parroquial.

CONVIVENCIA CATEQUESES ARCIPRESTADO RIAZOR

Como todos os anos, o último sábado de maio, nenos e nenas das catequeses parroquiais do

Arciprestado de Monelos, pasamos un día de convivencia nunha finca de Iñás (Oleiros).

Tivemos unha pequena celebración, xogamos moito e disfrutamos dun festival con actuacións das

distintas parroquias. Un grupo da nosa rapazada representounos bailando a canción “Quiero rayos de Sol”

resultando gañador do “Festival de Catevisión 2012” . Pasámolo moi ben, unha verdadeira xornada de

encontro e compartir.

Page 6: LARADA XUÑO

BRASAS

AVANZANDO NA ENSINANZA SOCIAL DA IGREXA

Onde iamos? Ah, si, falabamos no anterior número da revista das finanzas éticas. En realidade, isto, un

pouco máis artesanalmente, se ten feito na nosa sociedade non hai moito. O que agora se chama microcréditos,

antes era solidariedade pura e dura: apoio dos veciños e a familia (antes máis extensa que agora, por outra parte)

para axudar a alguén a facer un muro, un pendello ou o que fixese falta. E iso era sagrado, é dicir, se antepoñía ao

demais porque se consideraba fundamental para a colectividade e un ben en si mesmo.

Sendo honestos, isto de unir a banca e a ética, pois a verdade é que de

primeiras pode que se nos faga un pouco raro. Pero o certo é que hai bancos

que operan no noso país e que este tipo de entidades veñen a poñer no centro

a economía real, a do día a día, apoiando directamente os procesos produtivos.

Partindo da premisa de que a actividade económica non é neutral, xurdiron

grupos de persoas e colectivos que promoven outra forma de destinar os

cartos aforrados.

Facendo un pouco de historia, falábase de a quen se lle daba ou non

cartos e había sectores que directamente non se querían apoiar: armamento,

prostitución, madeiras tropicais, alcohol, etc. Pero logo viuse que ademais

desas chamadas “pantallas negativas”, conviña sinalar de forma propositiva aqueles eidos da economía ordinaria

que están máis chamados a facer humanidade nova e que, por iso, debían ser obxecto de financiación: loita contra

a pobreza, inserción social de persoas en risco de exclusión social, actividades culturais, comercio xusto,

restauración do medioambiente,...

Por outra banda, precisamente son aquelas entidades, grupos e asociacións que teñen por obxecto atender

ás persoas en situacións máis vulnerables, os que coñecen de primeira man as necesidades reais e verdadeiras

tanto da nosa sociedade, como do mundo en que vivimos. Pensemos nun intre nos colectivos en defensa dunhas

relacións internacionais máis xustas, ou aqueles que denuncian a débeda externa de moitos países empobrecidos.

E qué mellor que estes grupos sexan aqueles que estean na base desta banca ética?

A banca ética predica unha organización participativa, na que as decisións non son tomadas por elites

financeiras ou castes políticas. Asemade, as diferenzas entre quen menos cobra e quen máis gaña, nunca son

maiores que 1 a 10. Máis aínda: unha banca onde a lucratividade non existe. Si hai marxes comerciais para facer

viable calquera empresa, pero non a opulencia. Concretamente no proxecto Fiare de banca ética a máxima “unha

persoa, un voto” non é un desideratum, senón un feito. E se hai traballadores cun soldo de mil euros, as persoas

con máis responsabilidade nunca poderán cobrar máis de tres mil euros. Convirán comigo que parece máis xusto,

todo o contrario que na banca actual, onde as distancias salariais poden ser de 1 a 100, 1 a 500, 1 a 1.000...

Alguén que sega lendo ata aquí poderá pensar: “Ao fin e ao cabo, a igrexa terá que ter os cartos investidos

dalgún xeito!”. No nº 45 da última encíclica Caritas in veritate, afírmase: “Convén esforzarse non só para que

xurdan sectores ou segmentos <éticos> da economía, senón para que toda a economía e as finanzas sexan éticas e

o sexan non por unha etiqueta externa, senón polo respecto de esixencias intrínsecas da súa propia natureza.”

Ás veces quen isto escribe criticará as inversións da igrexa na banca

convencional, porque a búsqueda da verdade pretende ser o alicerce que tenta

medir a nosa crítica, e non a defensa de intereses particulares. Pero ao mesmo

tempo, se as Cáritas diocesanas de Bilbao, Burgos, Granada, Salamanca, San

Sebastián, Tuy-Vigo, Valencia ou Vitoria; os Bispados bilbaíno, donostiarra e vitoriano; relixiosos coma os

Escolapios, Carmelitas da caridade, Adoratrices escravas, Fillas de San Xosé, etc; e innumerables parroquias,

coma o do Cristo da Victoria de Vigo, apoian decididamente a banca ética Fiare, non dubidemos que, o queiramos

ou non, hai un mínima fiabilidade de que hai bases morais que sinalan a este tipo de bancos na boa dirección: que

as persoas estean por riba do capital. A transparencia nas operacións, o crédito como un dereito humano, a

eficiencia e a sobriedade como compoñentes da responsabilidade ética, non son verbas amables, senón principios

recollidos no artigo 5 dos estatutos da Banca popolare ética, banco italiano vencellado a Fiare.

Por último, pero non menos importante: en Fiare hai comisións ético-sociais, formadas por persoas

ligadas ao territorio onde se dan os préstamos, que avalían se un proxecto para o que se solicitan cartos é axeitado

aos principios morais da banca ética. Se aínda que sexa viable economicamente, non se axusta a eses principios,

será rexeitado. Vamos, unha garantía máis para saber qué sociedade queremos rexenerar de forma decidida.

Sen dúbida esta foi unha primeira aproximación. Convidámosvos a coñecer máis de preto a banca ética,

unha realidade xa, aquí e agora, en www.fiare.org. Por unha vez dá gusto dicir: imos á publicidade. Alfredo Losada

Page 7: LARADA XUÑO

LUME ABERTO

HABLANDO CON CLARIDAD DEL IBI

En estos días se han levantado voces que solicitan

que la iglesia deje de estar exenta del pago del IBI,

porque es un privilegio y porque en estos tiempos de

crisis los ayuntamientos no se pueden permitir el

renunciar a lo recaudado por ese concepto.

Tal vez deberíamos aclarar algunas cosas sobre

ese supuesto privilegio de la Iglesia católica, haciendo

dos consideraciones.:

1ª.- La exención del IBI no es en absoluto un privilegio

especial de la iglesia católica. Por ley, están exentos

de IBI:

Servicios públicos (Defensa, Seguridad,

Educación y Servicios penitenciarios).

Los inmuebles destinados a usos religiosos

por aplicación de Convenios con la Santa

Sede, con la Federación de Entidades Religiosas Evangélicas, con la Federación de

Comunidades Israelitas y con la Comisión Islámica.

Pertenecientes a gobiernos extranjeros o que les sea de aplicación la exención por convenios

internacionales.

Los pertenecientes a Cruz Roja.

Los terrenos ocupados por las líneas de ferrocarriles y los edificios enclavados en los mismos

terrenos.

Colegios concertados.

Pertenecientes al patrimonio histórico-artístico.

Entidades sin fines lucrativos

Y no digamos las ventajas fiscales de que gozan partidos políticos y sindicatos: no tienen que

declarar lo ingresado por cuotas, las subvenciones, las donaciones, los rendimientos de sus actividades

económicas ni los rendimientos procedentes de las rentas de su patrimonio.

Pues ya ven: nadie pide que partidos políticos y sindicatos renuncien a sus enormes ventajas fiscales.

Nadie solicita que paguen el IBI las mezquitas o templos budistas. Nadie clama por el pago del IBI de

embajadas o colegios, o grandes palacios. Nadie exige que lo pague el ejército o las comisarías, las

estaciones de RENFE o las cárceles. No. Nada de nada, pero sí se dice que lo pague la Iglesia.

2ª.- Leo que se pide el pago del IBI por parte de la Iglesia porque en un momento de crisis los ayuntamientos

necesitan ese dinero. Pues se me ocurren varias cosas. Pero sólo me voy a detener en una de ellas.

Esta crisis está generando evidentemente una gran pobreza.

¿Qué están haciendo por los pobres las embajadas, los propietarios de los grandes palacios, las

mezquitas…? ¿Qué están haciendo por ellos los ayuntamientos? Porque a Cáritas llegan cada día personas

enviadas por sus ayuntamientos para que les echemos una mano, ya que ellos andan justos de presupuesto.

No los envían a los sindicatos ni a los partidos, a las mezquitas o sinagogas, embajadas o legaciones

diplomáticas. No. Los envían a las parroquias.

Pues ya ven la solución. Que el IBI lo pague la Iglesia para ayudar a salir de la crisis. Justo a la

institución que más está haciendo por sacar adelante a esa gente, justo a ésa, que le suban los impuestos.

Y los partidos y sindicatos, tan solidarios ellos, ¿no van a renunciar a alguno de sus privilegios?

¿Nadie va a pedir que paguen el IBI las embajadas de USA, Rusia, Cuba o China? ¿Nadie exigirá impuestos

a las mezquitas? ¿Y a Renfe? ¿Y a la duquesa de Alba?

Pues no, que pague la Iglesia.

Jesús Peón

Page 8: LARADA XUÑO

AGENDA JUNIO 2012

INTENCIONES MISAS

Semana del 4 al 10:

Sábado 9:

19,30 h.: Por Daniel y sus bisabuelos.

Domingo 10:

13 h.: Intenciones de Jaime Villares.

Semana del 11 al 17: Sábado 16:

19,30 h.: Aniversario Vicente Prego No.

Domingo 17:

12,30h.: PRIMERAS COMUNIONES.

Por Dominga Landeira y esposo.

Semana del 18 al 24:

Sábado 23:

19,30 h.: Por Antonio Rego y Ernesto Cebrián.

Domingo 24:

12,30 h.: PRIMERAS COMUNIONES.

Por José Sánchez Varela, Begoña Soliño y

demás familiares difuntos.

Semana del 25 de junio al 1 de julio:

Sábado 30:

19,30 h.: Aniversario Antonia Juncal Becerra.

Domingo 1:

13 h.: Intenciones de Elisa Bello.

Se incorporaron a la comunidad cristiana por el bautismo ¡Bienvenid@s!:

Daniela Campo Pardo

Samael Gerpe Saleta

Daniela Valiño Teijido

Noa Couto Quintela

Alba Lamas López

Descansa en la Paz del Padre:

Josefa Díaz Vázquez

Celebraron su amor en el matrimonio.¡Felicidades!

Mª Dolores Portas Rodríguez y David Gómez López

María López Boado y Carlos Alonso Moreira

ACTIVIDADES PREVISTAS VERANO 2012

Campamento: del 29 de julio al 3 de agosto, en

Valdoviño. Aún quedan algunas plazas. Si estás

interesado/a pregúntanos.

Camino de Santiago: del 16 al 20 de julio, desde

Lugo. Puedes apuntarte hasta el 17 de junio.

PARA APUNTAR EN LA AGENDA:

Celebración del Perdón para Primera Comunión: Martes, 5 de junio,

a las 20,15 horas en la Iglesia Parroquial.

Reunión Campamento Parroquial: jueves, 12 de julio a las 20,30

horas, en el Centro Parroquial.

Sardiñada Parroquial: sábado, 30 de junio, a las 20 horas en el atrio

parroquial.

CAMPAÑA DE LA RENTA 2011

Os recordamos que hasta el mes de junio está abierta la campaña de la declaración de la Renta.

La Iglesia recibe del Estado el 0,7% del importe de la declaración de las personas que le

asignan a ella esa cantidad. Es decir, no hay una cantidad fija, sino que el montante irá en función de lo

que los católicos hayamos decidido en nuestra declaración.

Es importante destacar que también se puede marcar al mismo tiempo la casilla que asigna un

porcentaje de nuestra declaración a las ONG´s. Pensemos que hay organizaciones no gubernamentales

de la Iglesia, como Cáritas o Manos Unidas, se benefician de ello.

MESA DE REDACCIÓN E

COORDINACIÓN

Yolanda Sánchez Sánchez

Juan López Sánchez

Alfredo Losada Suárez

José Juan Videla Rodríguez

Mª Dolores Mantiñán Loureiro

DIRECCIÓN

“Centro Parroquial”

R/ Birloque, 52 B

15. 008 A Coruña

Tlf.: 981 132 700 / 981 283 945

CORRECCIÓN LINGÜÍSTICA

Mª Dolores Mantiñán Loureiro

E-MAIL

[email protected]

BLOG:

sancristovodasvinas.blogspot.com

TIRADA

500 Exemplares.

DISTRIBUCIÓN

Primeiro domingo de mes na

parroquia e no barrio.

IMPRIME

Velfer

IMPORTANTE:

Los días 17 y 24 de junio, la misa en la Iglesia parroquial será a las 12,30 horas.