4
Curso 2010/11 número 36 Boletín de biblioteca Especial Letras Galegas Lois Pereiro Letras Galegas Unha vida en fotos Escolla de poemas Dixeron delCoñece ao autor: Visita o blog Percorre o Gloster Investiga nas webquest O poeta monfortino Lois Pereiro é o autor homenaxeado este 17 de maio con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, segundo acordou o plenario da Real Academia Galega (RAG). O presidente da RAG, Xosé Luís Méndez Ferrín reivindicou o "compromiso" da súa obra, "a temática e a súa forma", así como o seu carácter "contemporáneo". Todo iso, engadiu, faio "merecedor" da homenaxe que incrementará o índice de coñecemento do autor na comunidade, sobre todo entre os máis novos. A RAG sinalou que Pereiro cultivou desde os seus inicios "unha imaxe e unha estética" que fixeron del "un Letras Galegas 2011 autor de culto, cartografiou como ninguén o labirinto do mundo contemporáneo conciliando para tal fin o individualismo escéptico coa tradición demoledora do expresionismo centroeuropeo", engadiu. Aquí tedes unha mostra da súa poesía: o seu epitafio. “Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar onde eu repouse, enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria" Agradecementos: RAG Web oficial do autor IES Concepción Arenal de Ferrol Seminario Galán Mar Mato do Faro de Vigo Román Cerqueiro Landín do IES de Porto do Son

Letras Galegas 2011

Embed Size (px)

DESCRIPTION

O 17 de maio todos os anos adícase a un escritor recoñecido polo seu valor literario en língua galega.

Citation preview

Page 1: Letras Galegas 2011

Curso 2010/11

número 36 Boletín de biblioteca

Especial Letras Galegas

Lois Pereiro

Letras Galegas

Unha vida en fotos

Escolla de poemas

Dixeron del…

Coñece ao autor:

Visita o blog

Percorre o Gloster

Investiga nas webquest

O poeta monfortino Lois Pereiro é o autor homenaxeado este 17 de maio con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, segundo acordou o plenario da Real Academia Galega (RAG).

O presidente da RAG, Xosé Luís Méndez Ferrín reivindicou o "compromiso" da súa obra, "a temática e a súa forma", así como o seu carácter "contemporáneo". Todo iso, engadiu, faio "merecedor" da homenaxe que incrementará o índice de coñecemento do autor na comunidade, sobre todo entre os máis novos.

A RAG sinalou que Pereiro cultivou desde os seus inicios "unha imaxe e unha estética" que fixeron del "un

Letras Galegas 2011

autor de culto, cartografiou como ninguén o labirinto do mundo contemporáneo conciliando para tal fin o individualismo escéptico coa tradición demoledora do expresionismo centroeuropeo", engadiu.

Aquí tedes unha mostra da súa poesía: o seu epitafio.

“Cuspídeme enriba cando

pasedes por diante do lugar

onde eu repouse, enviándome

unha húmida mensaxe de

vida e de furia necesaria"

Agradecementos:

RAG

Web oficial do autor

IES Concepción Arenal

de Ferrol

Seminario Galán

Mar Mato do Faro de

Vigo

Román Cerqueiro Landín

do IES de Porto do Son

Page 2: Letras Galegas 2011

Página 2 de la 4

O corpo inerte de Lois Pereiro (nacido en 1958) atópase sobre un outeiro da alta montaña de Lugo no Incio. Moi preto do camposanto, segue en pé a casa familiar onde xogou, leu e argumentou cos seus irmáns Xosé Manuel e Inés, vivenda na que pasaban os veráns mentres que o resto do ano residían en Monforte. Foron anos de anécdotas e mimos coas avoas Balbina, Emilia, o avó Manuel e o tío Pepe satélites dun núcleo familiar peculiar. "Seu pai era licenciado en Dereito, traballara de avogado pero como non lle gustase puxo en marcha unha cristalería; e a súa nai fora mestra na República. Vos nenos tingan unha conta nas librarías de Monforte para comprar libros. Vos amigos falan dá súa familia como unha familia excepcional, con igualdade e liberdade entre vos membros. Era xente distinta", explica Marcos Calveiro, autor de "Naúfrago do paraíso. Biografía e antoloxía".

O ocaso da infancia coincidiu coa morte de Franco. O poeta atopábase en Madrid matriculado na Facultade de Socioloxía, estudos (que lle defraudaron) e cidade que abandonou para regresar a Monforte.

De volta a casa, á cristalería onde seu pai ofreceralle traballo, aproveitando o verán do 75 para achegarse a lugares como Valdeorras para volver colocar Madrid no seu compás onde o nome de Piedade, o seu amor, marcaríalle o norte durante parte da súa vida.

O rastro, a Filmoteca Nacional, a Escola de Idiomas onde estudaba francés, alemán e inglés foron tres eixos con bisagra na poesía. Foi en Madrid onde escribiu entre 1975 e 1978 Poemas para unha Loia, libro póstumo que recolle versos publicados na revista Loia onde converxía co seu irmán, Manuel Rivas e Antón Patiño.

En Madrid, Pereiro tamén gozou da Transición e a Movida; partiu cara a centroeuropa peregrinando na busca da irmandade celta en Irlanda, trazando plans de futuro ata que en 1981 o veleno chegou á súa vida para empezar a "durmir no desastre".

En semanas, Lois Pereiro perdeu o alento. Non podía nin vestirse só. Despois de meses sen saber que enfermidade lle consumía e paralizaba ou corpo, os médicos recoñeceron que tiña o síndrome do aceite tóxico. A inxestión de aceite desnaturalizado de colza (importado para uso industrial e vendido para consumo humano) incluíu a Lois Pereiro na listaxe de 18.000 persoas afectadas en España. A enfermidade devolveríao, con enormes dores até a súa morte, a Galicia que abandonaría só por días para realizar distintas viaxes con Piedade e outros amigos así como coa súa familia.

É a intoxicación a que o converterá nun Náufrago do paraíso (título dunha novela inacabada), nun poeta con calafríos en letras: "Xa non podo ver nada ó meu redor/ que signifique máis que a miña sombra" ante "un punto final non aire" como recollía no poema "Pregúntome cando" da súa obra Poemas 1981/1991. Con ese libro, comezou a esculpir na súa biografía a fama de maldito mentres aproveitaba para escaparse a Berlín ou París gañándose a vida con traducións.

Poesía última de amor e enfermidade sería o seu último libro en vida, escrito entre 1992 e 1995 con acróstico incluído dedicado ao novo virus contraído, sida; e con descricións do seu corpo como "un campo de batalla", confesando a recepción dun "perverso, inofensivo e altruísta placebo inocuo administrado a un corpo xa vencido".

Unha vida en fotos

Page 3: Letras Galegas 2011

Luz e sombras de amor resucitado

Tristemente convivo coa túa ausencia

sobrevivo á distancia que nos nega

mentres bordeo a fronteira entre dous mundos

sen decidir cal deles pode darme

a calma que me esixo para amarte

sen sufrir pola túa indiferencia

a miña retirada preventiva

dunha batalla que xa sei perdida

resolto a non entrar xamais en ti

pero non á tortura de evitarte.

Poema Póstumo

Somentes

intentaba conseguir

deixar na terra

algo de min que me sobrevivise

sabendo que deberia ter sabido

impedirme a min mesmo

descubrir que só fun un interludio

atroz entre dous muros de silencio

só puiden evitar vivindo á sombra

inocularlle para sempre a quen amaba

doses letais do amor que envelenaba

a súa alma cunha dor eterna

sustituíndo o desexo polo exilio

iniciei a viaxe sen retorno

deixándome levar sen resistencia

ó fondo dunha interna

aniquilación chea de nostalxia.

Cero a la izquierda O corredor de fondo perde o alento

fuxindo dunha vida inzada de renuncias

da súa liturxia obesa e oleosa,

mediocre nos seus comunais fracasos,

bágoas de xelo, indignación contida

non deu chegado a tempo de exercer

a súa rebelión,

nin de levar a cabo

a súa vinganza definitiva

contra un mundo inxusto, homicida, e cruel,

pola inutilidade da súa propia vida

solitario, enfermo e fatigado,

a morte anticipouse e chegou antes.

“Poema para P. ós trinta e un anos

camiño do ceo”

Se a morte é un incidente necesario que me penetre calada e sen furia a traizón e uniformemente cruel co suor que polas noites crea o fracaso dun corpo que coñece os seus dominios vencido pola ofensa continuada dos feitos. E así desculpara a miña derrota

o medo que xa non sinto por ti.

Escolla de poemas

XXII

O desamor, brutal amputación

ou atrofia dun soño maltratado,

debería se sempre un último ritual

representado en salas clandestinas.

Interpretando orgánicos monólogos,

recitaríamos con fluidez a dor interna

dos nosos tristes ósos

cando o amor se dilúe en

hemorraxias

de líquidos desexos

abortados.

Page 4: Letras Galegas 2011

Nome e grupo:

Suxerencias

Autor Título Formato

Visítanos

no noso blog:

www.blogfesquio.blogspot.com

IES Fernando Esquío

Empedrón 16

TELÉFONO:

981391080

FAX:

981391280

E-MAIL

[email protected]

Dixeron de Lois…

“A elección deste poeta maldito, punk e post moderno provocou una descoñecida onda de entusiasmo no mundo literario galego e xerou decontado una inagardada expectativa de renovación para o futuro dunha efeméride en evidente retroceso de interese popular” Manuel Bragado

Lois encarna

a cultura

alternativa e

underground

“Andou polas beiras salvaxes da vida” Manuel Rivas

“Creo que non se

escribirá un texto

poético máis íntimo e

conmovedor en lingua

galega desde o Follas

Novas de Rosalía”

“Os poemas de Lois son de aceiro,

funcionan coma un bisturí que disecciona

a vida, pero detrás apreciase a

fraxilidade do individuo” Xavier Seoane

“Meu irmán era esencialmente un poeta, un roqueiro amante das palabras, una persoa calada e con moito sentido do humor”

Xosé Manuel Pereiro, irmán de Lois