2
Máis vale previr que lamentar Boletín Mensual Nº 75 / Maio 2019 O teu corredor de seguros sempre te informa... Se non estás seguro, búscanos Notre Dame non tiña seguro Calculan que a súa reconstrución custará máis de 1 000 millóns de euros. Os poten- tados do país doaron 850 millóns, pero No- tre Dame non tiña contratada unha póliza de seguro. A catedral pertence ao Estado francés que é o responsable de manter e renovar estes edificios que se prestan gra- tuitamente á Igrexa. A investigación determinará quen é o cau- sante do incendio. Varias empresas inter- viñan nos traballos de restauración. Todas elas contan cun seguro de Responsabilida- de Civil. Se se demostra a súa neglixencia, as aseguradoras deberán indemnizar ata o límite contratado, aínda que, probable- mente, sexa insuficiente para sufragar os cuantiosos danos. Non obstante, algunhas obras de arte si contaban cunha póliza es- pecial. Hai que ter en conta que as Igrexas e Mes- quitas son edificios e como tales asegúran- se cun multirrisco e responsabilidade civil, pois teñen as mesmas necesidades de pro- tección que calquera edificio. Non obstan- te, hai coberturas que si hai que destacar como a rotura de cristais... Este suposto é moi importante posto que, en moitas oca- sións, debe restaurarse unha vidreira con gran valor histórico e artístico. Para estes elementos contrátanse as chamadas co- berturas reforzadas. Ademais, este tipo de seguros tamén protexen as cúpulas, azulexos, artesoados... que forman parte do noso patrimonio cultural. E un suposto moi especial para as Igrexas é que tamén se aseguran especialmente contra os raios, xa que, ao ser edificios altos, e en moitas ocasións o máis alto, os raios fixan os seus campanarios como principal obxectivo. “A saúde está no zapato e no prato” Estamos de acordo, pero que pasa se o teu son as alerxias alimentarias? En España hai 14 millóns de persoas que padecen algún tipo de alerxia, e destas 1,3 millóns son aler- xias a alimentos , as froitas son o principal causante na poboación xeral. Na poboación infantil entre un 4 e un 8% padece alerxia alimentaria, e é con máis frecuencia o ovo, o leite, os froitos secos, o peixe e o marisco, os legumes e, cada vez máis, as froitas. As alerxias son unha resposta esaxerada do sistema inmunolóxico ao contacto, á inxes- tión ou á inhalación; provocan desde reac- cións leves como erupcións, urticaria, tose, comechón, diarrea ou vómitos; ata reac- cións moi graves , como dificultade respira- toria, asma, hipotensión, opresión torácica, mareos, mesmo shock anafiláctico con risco de morte. Hai persoas que nacen con elas, outras que as desenvolven ao longo da súa vida e outras que co paso do tempo ven como as súas alerxias se van reducindo, mesmo chegan a desaparecer. En todas estas situa- cións, débense ter controladas. E o mellor é acudir regularmente ao profesional especia- lista, en Aparato Dixestivo ou en Alergoloxía, que determinará as probas oportunas, así como o tratamento que se debe seguir. En España aplícase a normativa europea que obriga a dispoñer de información ali- mentaria relacionada con 14 substancias alerxénicas de declaración obrigatoria na etiquetaxe de alimentos envasados, tamén nos non envasados, a granel e de venda a distancia. Esta lexislación tamén afecta a lo- cais de hostalaría, restauración, hospitais e comedores escolares. E que pode facer o teu Seguro ao respec- to? O primeiro é encontrar un seguro cun servizo de Saúde adecuado tendo moi cla- ro tanto as coberturas como as exclusións, pois as alerxias poden considerarse como enfermidades preexistentes, polo que sem- pre é necesario indicalo na póliza. Por iso o importante é contratalo cando estás ben. E, antes de que digas “achís”, nas nosas oficinas podes encontrar todo o asesora- mento que necesites. SIMON & SIMON ECONOMISTES, S.L. - Grazas por lernos! Estamos encantados de recibir os teus comentarios e as túas suxestións. BALMES, 243 4t - 4a , 8006 - BARCELONA Tf: 932 370 202 Fax: 932 372 584 | Email: [email protected] www.simonsimon.cat Twitter: @SimonSimonEcon

Máis vale previr que lamentarE, antes de que digas achís , nas nosas o cinas podes encontrar todo o asesora-mento que necesites. SIMON & SIMON ECONOMISTES, S.L. - Grazas por lernos!

  • Upload
    others

  • View
    6

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Máis vale previr que lamentarE, antes de que digas achís , nas nosas o cinas podes encontrar todo o asesora-mento que necesites. SIMON & SIMON ECONOMISTES, S.L. - Grazas por lernos!

Máis vale previr que lamentar

Boletín MensualNº 75 / Maio 2019

O teu corredor de seguros sempre te informa... Se non estás seguro, búscanos

Notre Dame non tiña seguroCalculan que a súa reconstrución custará máis de 1 000 millóns de euros. Os poten-tados do país doaron 850 millóns, pero No-tre Dame non tiña contratada unha póliza de seguro. A catedral pertence ao Estado francés que é o responsable de manter e renovar estes edificios que se prestan gra-tuitamente á Igrexa.

A investigación determinará quen é o cau-sante do incendio. Varias empresas inter-viñan nos traballos de restauración. Todas elas contan cun seguro de Responsabilida-de Civil. Se se demostra a súa neglixencia, as aseguradoras deberán indemnizar ata o límite contratado, aínda que, probable-mente, sexa insuficiente para sufragar os cuantiosos danos. Non obstante, algunhas obras de arte si contaban cunha póliza es-pecial.

Hai que ter en conta que as Igrexas e Mes-quitas son edificios e como tales asegúran-se cun multirrisco e responsabilidade civil, pois teñen as mesmas necesidades de pro-tección que calquera edificio. Non obstan-te, hai coberturas que si hai que destacar como a rotura de cristais... Este suposto é moi importante posto que, en moitas oca-sións, debe restaurarse unha vidreira con gran valor histórico e artístico. Para estes elementos contrátanse as chamadas co-berturas reforzadas. Ademais, este tipo de seguros tamén protexen as cúpulas, azulexos, artesoados... que forman parte do noso patrimonio cultural. E un suposto moi especial para as Igrexas é que tamén se aseguran especialmente contra os raios, xa que, ao ser edificios altos, e en moitas ocasións o máis alto, os raios fixan os seus campanarios como principal obxectivo.

“A saúde está no zapato e no prato”

Estamos de acordo, pero que pasa se o teu son as alerxias alimentarias? En España hai 14 millóns de persoas que padecen algún tipo de alerxia, e destas 1,3 millóns son aler-xias a alimentos , as froitas son o principal causante na poboación xeral. Na poboación infantil entre un 4 e un 8% padece alerxia alimentaria, e é con máis frecuencia o ovo, o leite, os froitos secos, o peixe e o marisco, os legumes e, cada vez máis, as froitas.

As alerxias son unha resposta esaxerada do sistema inmunolóxico ao contacto, á inxes-tión ou á inhalación; provocan desde reac-cións leves como erupcións, urticaria, tose, comechón, diarrea ou vómitos; ata reac-cións moi graves , como dificultade respira-toria, asma, hipotensión, opresión torácica, mareos, mesmo shock anafiláctico con risco de morte.

Hai persoas que nacen con elas, outras que as desenvolven ao longo da súa vida e outras que co paso do tempo ven como as súas alerxias se van reducindo, mesmo chegan a desaparecer. En todas estas situa-cións, débense ter controladas. E o mellor é

acudir regularmente ao profesional especia-lista, en Aparato Dixestivo ou en Alergoloxía, que determinará as probas oportunas, así como o tratamento que se debe seguir.

En España aplícase a normativa europea que obriga a dispoñer de información ali-mentaria relacionada con 14 substancias alerxénicas de declaración obrigatoria na etiquetaxe de alimentos envasados, tamén nos non envasados, a granel e de venda a distancia. Esta lexislación tamén afecta a lo-cais de hostalaría, restauración, hospitais e comedores escolares.

E que pode facer o teu Seguro ao respec-to? O primeiro é encontrar un seguro cun servizo de Saúde adecuado tendo moi cla-ro tanto as coberturas como as exclusións, pois as alerxias poden considerarse como enfermidades preexistentes, polo que sem-pre é necesario indicalo na póliza. Por iso o importante é contratalo cando estás ben.

E, antes de que digas “achís”, nas nosas oficinas podes encontrar todo o asesora-mento que necesites.

SIMON & SIMON ECONOMISTES, S.L. - Grazas por lernos! Estamos encantados de recibir os teus comentarios e as túas suxestións.BALMES, 243 4t - 4a , 8006 - BARCELONA

Tf: 932 370 202 Fax: 932 372 584 | Email: [email protected]

www.simonsimon.cat

Twitter: @SimonSimonEcon

Page 2: Máis vale previr que lamentarE, antes de que digas achís , nas nosas o cinas podes encontrar todo o asesora-mento que necesites. SIMON & SIMON ECONOMISTES, S.L. - Grazas por lernos!

Máis vale previr que lamentarRede Nacional de Corredores de Seguros

Dep

ósito

Leg

al M

-415

89-2

012

Edita

: E2K

Glo

bal B

usin

ess

Solu

tions

, S.A

.

Fallas, tracas, petardos, lumes artifi-ciais... Por San Xosé, San Xoán, roma-rías, festas dos pobos, dos barrios... Días para pasalo ben, pero con precau-ción e moito coidado.

Os materiais pirotécnicos só deben com-prarse en establecementos autorizados e debemos respectar as instrucións in-dicadas en cada artigo. Por exemplo: non gardes un petardo no peto, non o acendas e o suxeites coas mans, non o lances a outra persoa e non o metas dentro de botellas ou ladrillos.

As cacharelas non poden prenderse a menos de 15 metros dunha fachada, dun aparcadoiro de vehículos ou baixo liñas eléctricas ou telefónicas. O chan protexerase con area e, se estamos no campo, hai que retirar ramas e maleza para que non prenda. Teremos manguei-

ras, caldeiros de auga ou calquera outro medio efectivo de extinción.

E se pasa algo?

O mellor é contratar un seguro de Res-ponsabilidade Civil. Custa moi pouco e, pola contra, calquera incidente pode ser moi elevado en custo.

As fallas en Valencia asegúranse e as súas actividades pirotécnicas. As pólizas cobren as probas, os danos que poi-da sufrir calquera persoa, os gastos de bombeiros, a RC por danos materiais, entre outras.

Cos petardos que lanza a rapazada é máis sinxelo. O seguro Multirrisco do Fo-gar ampara a responsabilidade civil. Xa sabes que os danos causados por me-nores recaen nos pais ou titores.

“Tres, familia é”A Asemblea Xeral da ONU instituíu en 1993 o día 15 de maio como o Día Internacional da Familia. Esta conmemoración reflicte a importancia que a comunidade internacional lle confire á familia, como unidade básica da sociedade á marxe de como estea compos-ta. E promove a adopción de medidas ade-cuadas para axudar a cada familia a asegurar o benestar e a dignidade de todos os seus membros.

En 2018, O Día Internacional da Familia estivo centrado nas familias e sociedades inclusivas, resaltando a necesidade de construír socie-dades pacíficas e inclusivas para lograr un desenvolvemento sostible.

O concepto de familia foi evolucionando ao longo dos anos de acordo coas tendencias mundiais e os cambios demográficos. Pode-mos encontrar familias con 2 mamás, dous papás ou monoparentais, compostas por máis avós e avoas, con mascotas, familias numerosas, sen descendencia... e todas son familias onde o punto común é o amor.

Afortunadamente, a industria do seguro tamén evoluciona xunto coa sociedade, pro-texendo a todos os membros da unidade familiar, independentemente da súa composi-ción, e é que existen tantas formas de protec-ción como tipos de familia.

Os imprescindibles do autónom@Se es autónom@, podemos darche a mellor solución ao mellor prezo :

1. RC Profesional.

2. Multirrisco empresa para protexer o teu patrimonio de calquera incidente do negocio.

3. Baixa laboral cuxos cobramentos son compatibles cos da Seguridade So-cial.

4. Vida que inclúa a incapacidade permanente e absoluta.

5. Saúde para que a túa atención sanitaria sexa rápida.

Estudamos as túas necesidades? Consúltanos.

Quen xoga con lume...

Inve

stig

ació

n

Reco

men

daci

ón

Enviámosche este Boletín Informativo en calidade de cliente de SIMON & SIMON ECONOMISTES, S.L., coa finalidade de informarte sobre distintos aspectos relacionados co sector dos seguros.

Se non queres recibir a partir deste momento o Boletín, pregámosche que nos envíes un correo electrónico coa palabra "Baixa" ao seguinte enderezo: [email protected]

Cla

ve A

dmin

istr

ativ

a: J

164G

C