39

neotrobadorismo

  • Upload
    xenevra

  • View
    2.764

  • Download
    6

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: neotrobadorismo
Page 2: neotrobadorismo

O Neotrobadorismo supón unha nova concepción da poesía dos trobadores medievais. Xorde en relación ás vangardas de comezos do século XX e supón unha poesía que lembra ás cantigas medievais, pero está influída polas correntes do momento.

Page 3: neotrobadorismo

Como coñecen a poesía medieval? Xa se descubriran os tres cancioneiros medievais máis importantes,

mais a difusión da lírica medieval galego-portuguesa non se produce até a publicación de dúas antoloxías de José Joaquim Nunes: Cantigas de amor (1932) e Cantigas de amigo (1928), polo que podían ter noticias deles, pero non coñecelos en profundidade.

Coñecen ao ensaísta Teodosio Vesteiro Torres, quen se suicida en 1876 e dona á Biblioteca da Universidade de Santiago o que el cría que era o (C)V, que en realidade era unha antoloxía. É moi posíbel que no SEG coñecesen esta antoloxía e baseándose nela xurdise no neotrobadorismo.

Page 4: neotrobadorismo

Influencias: Cantigas medievais: hai unha mímese dos recursos estilísticos

(paralelismo, leixa-pren, refrán) e son as cantigas de amigo e as de amor os xéneros máis imitados.

Vangardas: léxico, metáforas... Neopopularismo: inflúe na temática das composicións

neotrobadoristas.

Cántigas medievais

Vangardas Neopopularismo

Page 5: neotrobadorismo

Cronoloxía: hai dúas obras que se sinalan como o comezo e o feche do Neotrobadorismo, con todo este movemento influirá posteriormente (Claudio Rodríguez Fer, Méndez Ferrín, Luz Pozo Garza...): Libro fundacional: Nao senlleira (1933) de Fermín Bouza Brey, aínda que

desde 1925 Bouza Brey publica en Nós poemas neotrobadoristas. Remate do movemento: Cancioeiro de Monfero (1953) de Xosé María

Álvarez Blázquez. 

Page 6: neotrobadorismo

A paréntese daGuerra Civil: durante o Franquismo non hai ningunha lei que prohiba escribir en galego (pero está prohibido traducir obras ao galego antes có castelán), pero na práctica escribir en galego supuña un problema. O Neotrobadorismo é o primeiro movemento en rexurdir trala guerra por non ser un movemento de compromiso social.

Page 7: neotrobadorismo
Page 8: neotrobadorismo

Fermín Bouza Brey naceu en Ponteareas en 1901, mais a súa infancia transcorreu en Vilagarcía de Arousa. Cursou o Bacharelato en Pontevedra e Ourense e licenciouse na Universidade de Compostela en Filosofía (sección de Historia) e Dereito. Nesta cidade, onde pasaría a maior parte da súa vida, coñeceu o maxisterio de Cotarelo Valledor, colaborou na revista Ultreya e publicou o seu primeiro traballo poético, Romance dos vinte anos (1921). Os seus traballos de investigación viron a luz nas páxinas dos Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, no Boletín da Real Academia Galega, na revista Nós ou no xornal A Nosa Terra.

Page 9: neotrobadorismo

Unha vez licenciado en Dereito, co Premio Extraordinario de Fin de Carreira, preparou o ingreso na carreira xudicial en Madrid. O acceso á carreira xudicial en 1929 conduciuno a Lleida, mais axiña voltou a terras galegas para exercer de xuíz na Estrada, proseguindo co seu traballo no Seminario e na revista Nós. No 1933 saía do prelo Nao senlleira, primeiro poemario do denominado neotrobadorismo.

Page 10: neotrobadorismo

Durante o conflito bélico de 1936 foi afastado do seu posto, acusado de masón e galeguista, mais foi rehabilitado como xuíz xurídico-militar en Lleida, desde onde retornou á Estrada como xuíz de Primeira Instancia. Ingresou en 1941 na Real Academia Galega, un ano máis tarde na Real Academia da Historia, e continuou o seu labor historiográfico desde o Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento. Foi cesado no seu cargo a principios dos cincuenta, polo que retomou a súa profesión de avogado en Compostela. Publicou en Portugal un novo poemario, Seitura (1955), que supuxo o abandono radical do neotrobadorismo.     A partir de 1969 unha serie de doenzas encadenadas lévao de vagariño á morte, que lle chega en 1973.

Page 11: neotrobadorismo
Page 12: neotrobadorismo

Nao senlleira viu a luz na editora compostelá Nós, principal canle para a literatura da inmediata preguerra e é, xunto coa Cantiga nova que se chama riveira de Álvaro Cunqueiro, a obra adoito sinalada como iniciadora do movemento poético denominado neotrobadorismo.

O libro saíu á luz como tal en 1933, como primeiro poemario do autor, pero varias das súas composicións xa foran incluídas en publicacións periódicas, entre eles unha ducia de poemas publicados na revista Nós, e iniciaran a devandita liña estética.

Page 13: neotrobadorismo

Componse de 20 poemas onde se pode ver o primeiro como unha declaración de principios ou intencións. Libro de temática variada vai estar estructurado en base a procedementos formais. Estas temáticas son: • neotrobadorismo, • temática mariñeira, • cantigas cívicas de afirmación nacionalista • e tres elexías.

Page 14: neotrobadorismo

O mar e a soidade, presentes nos versos de Mendinho que abren o libro, son dous dos motivos recorrentes da obra de Bouza.

e cercaron-mi as ondas, que grandes sone nen hei barqueiro nen remador.

Page 15: neotrobadorismo

A natureza é entendida como orixe e reivindícase a terra como comunidade nacional, o cal se realiza no neotrobadorismo por medio da súa celebración e, ao modo medieval, de colocala como fondo. O simbolismo arredor da paisaxe mariña, estabelece vínculos co Manuel Antonio de De catro a catro, con quen comparte promoción literaria, aínda que non liñas estéticas nin presupostos poéticos. Esta preeminente importancia do símbolo liga tamén a obra coa escrita de Amado Carballo

Pol-a costa verdegadaque dín de Jacobusland,no intre da media noiteanda a serea á cantar.

As cántigas que ela deitana vida ouviredes tal!

Page 16: neotrobadorismo

O símbolo da nao, que apunta cara ao corpo como vehículo da existencia, é o eixo ao redor do cal se artella o poemario, marcado tamén pola singularidade e pola soidade inherentes a ela, non pola vía do confesional e si cunha certa estilización do verso.

¡Quén dera ser nao senlleiran-aquel mar non presentidodas ja mergulladas terras!

Sen ceo, sen astros, sen vento,sempre â toa pol-as ondasdeitado no esquecimento,

nin andar nin desandar,nin ter outro coido acedoque leijarse ir pol-o mar...

Quén dera ser nao senlleira!

Sen fito —estrela nin porto—ser eu a propia ribeira!!

¡Quen dera...

Page 17: neotrobadorismo

Bouza era posuidor dunha salientábel erudición literaria e dun coñecemento fondo do mundo medieval, ao ser especialista en arqueoloxía e isto debeu marcar a súa concepción do texto poético como exercicio de procura da beleza. Así, salienta o oficio versificador, a riqueza fónica e a as escollas léxicas, nunha obra que inclúe o verso libre xunto con metros cultos e populares.

Estilo

Page 18: neotrobadorismo

Nos poemas neotrobadoristas copia os seguintes procedementos da cantiga de amigo: • conserva o enunciador lírico feminino, • emprega o paralelismo como forma estruturadora do poema;

o refrán; • léxico dos cancioneiros • e certo medievalismo onomástico.

Page 19: neotrobadorismo

Seitura (1955): Versos publicados tardiamente, que responden a unha estética anterior a 1936 con pegadas manuelantonianas. O seu poema Barca da saudade, fusiona o tema da emigración co mito xacobeo.Escrita con ortografía portuguesa, o que non supón lusismo ortográfico xa que só pretende ser unha homenaxe aos miñotos. É publicado en Braga, unha cidade simbólica e moi ligada a Galiza historicamente.

-”Dos catro cantos do MundoVén a barca da Saudade,E, a morrer dentro da tilla,Moitos sospiros vos trae,

-ai de nós-Moitos sospiros vos trae!

Somos almas de emigradosQue non puidemos chegare

A ollar a costa galegaCos nosos ollos mortaes, (...)

Page 20: neotrobadorismo

LELÍAS Ó TEU OLVIDO O pumariño da noite quer froitificar estrelas

o tanxer desta cantiga é o sinal para acendelas...-¡ai, meu amor!-

... é o sinal para acendelas.

Agárdanos na ribeira, sob o descordo do mar,no seo dos cons, o leito de herbiñas de namorar...

-¡ai, meu amor!-... de herbiñas de namorar.

As nove ondas do ensoño espreitan co seu engadopra enguedellar a toleira desta noite de noivado.

-¡ai, meu amor!-... desta noite de noivado.

Page 21: neotrobadorismo

Así ó fontegal da espranza, antes de que saia o díairemos enguedellados catar a flor da auga fría...

-¡ai, meu amor!-... catar a flor da auga fría.

¡Ó alén! que no pumariño madurecen os luceiros,nosos dous corazóns bailan tolos nos ledos turreiros,

¡Ai, meu amor!

no labradío das ondas albea a flor do luarlámpada para o teu leito de herbiñas de namorar...

¡Ai, meu amor!

Se algún malfado nos fere, axotaremos o mala bicos, ouh caramiña dun virxe caramiñal...

-¡ai, meu amor!- ...dun virxe caramiñal.

Fermín Bouza Brey: Nao senlleira, 1933.

85

Page 22: neotrobadorismo

Exemplo: “Lelías[1] ao teu ouvido”

Influencia da lírica medieval

• Refrán

Etnografía • “herbiña de namorar”: segundo a tradición se se mete esta herba no peto de alguén consegues que se namore de ti. É unha planta moi abundante en San Andrés de Teixido.

• “nove ondas”: refírese ao rito na praia da Lanzada para quedar embarazada.

• “a frol da auga fría”: rito da mañá de San Xoán.

[1] Unha lelía ou leilía é unha cancionciña popular.

Page 23: neotrobadorismo
Page 24: neotrobadorismo

Álvaro Cunqueiro nace o 22 de decembro de 1911 en Mondoñedo, unha cidade que cómpre ter presente para entender boa parte dun universo literario que comezou a tecerse alí mesmo, entres as fantasías narradas pola nai, Pepita Mora Moirón, e as tertulias organizadas na botica do pai, Xoaquín Cunqueiro Montenegro.

En 1921 Cunqueiro trasládase a Lugo para completar o bacharelato. En 1930 comeza a publicar poemas e artigos na revista Vallibria, que leva en Mondoñedo Xosé Trapero Pardo, e dirixe, ata 1933, Galiza, publicación galeguista.

Page 25: neotrobadorismo

Chegan así os tempos de afiliación ao Partido Galeguista, as colaboracións en A Nosa Terra, Nós, El Pueblo Gallego, Resol, Yunque... e, sobre todo, a publicación das súas primeiras obras, todas elas de poemas e ilustradas por Seoane: Mar ao norde (1932); Cantiga nova que se chama ribeira (1933), na corrente neotrobadoresca e merecedora, en 1934, do premio Gil Vicente; e Poemas do si e do non (1933), cancioneiro amoroso considerado como o introdutor do surrealismo na literatura galega.

Page 26: neotrobadorismo

O levantamento militar de xullo de 1936 sorprende a Cunqueiro en Mondoñedo. A súa militancia nas Mocidades Galeguistas e no Partido Galeguista, a súa defensa do Estatuto, a condición de editor de Galiza e a participación como orador nalgún mitin durante a República foron motivos máis que suficientes para que a súa familia se mobilizase ata conseguir a axuda dun crego de Ortigueira que, despois de levar a Cunqueiro a unha academia onde traballou como profesor, o incorpora, na Coruña, á redacción do semanario falanxista Era Azul. A partir deste momento o poeta que escribira case exclusivamente en galego, dado de alta no Registro General de Periodistas, empeza a obter recoñecemento polos seus traballos escritos en castelán para publicacións afíns ao novo réxime (Vértice, Legiones y Falanges, Escorial, Santo y Seña...), ao tempo que vai pasando polas redaccións de El Pueblo Gallego en Vigo e de La Voz de España en San Sebastián, antes de incorporarse en Madrid, en 1939, ao diario ABC.

Page 27: neotrobadorismo

En 1943 Cunqueiro abandona a Falanxe e un ano despois, desposuído do seu carné de xornalista por mor dun incidente coa embaixada francesa, obrígao a vivir de colaboracións esporádicas en revistas literarias antes de volver a Galiza en 1947, xa casado e como pai de dous fillos.

De novo en Mondoñedo, e grazas a Francisco Fernández del Riego, comeza a colaborar nas páxinas do diario compostelán La Noche, ao tempo que empezan a ser habituais os seus artigos en El Progreso, La Voz de Galicia, La Región, etc. Con todo, será no xornal vigués Faro de Vigo onde desenvolva boa parte da súa carreira xornalística, primeiro como colaborador, nos anos 50, posteriormente como redactor e logo como director entre 1965 e 1970.

Page 28: neotrobadorismo

A partir dos anos 50 Cunqueiro céntrase principalmente na narrativa.

No ano 1963 ingresou na Real Academia Galega, un recoñecemento tras o que chegarían outros moitos nos seus últimos anos de vida, entre eles o de Doutor Honoris Causa pola Universidade de Santiago de Compostela, en 1980, un ano antes do seu pasamento en Vigo.

http://www.apirronarse.com.ar/alvaro-cunqueiro

Page 29: neotrobadorismo

Obra poética

Revelouse como poeta vangardista con Mar ao norde, conxunto de poemas moi breves con tendencia á síntese metafórica. Conviven as atrevidas imaxes das vangardas con formas populares en Cantiga nova que se chama riveira (1933) e con cantigas neotrobadorescas, que reaparecen, con outras formas clásicas, na posguerra en Dona do corpo delgado (1950).Herba aquí e acolá (1980) é un conxunto heteroxéneo de poemas pertencentes a distintas épocas do autor

Page 30: neotrobadorismo

Características da súa poesía: presenta dous tipos de poesía:• Vangardista, achegada á de Manuel Antonio.• Neotrobadoresca e nepopulista, sen a rixidez formal da de Bouza Brey

e que enlaza coa Generación del 27 española.

Page 31: neotrobadorismo

As razóns que levan a Cunqueiro a facer este tipo de poesía son• O asombro que lle producen os cancioneiros (coñece a edición de Joaquim

Nunes, Cantigas de Amigo e de Amor (1928, 1932))• A publicación de Nao senlleira.

Cunqueiro manifesta o seu desexo de compoñer cantigas ao xeito medieval sen as limitacións métricas e rítmicas que se apreciaban en Bouza Brey (tamén en Aquilino Iglesia Alvariño ou en Filgueira Valverde). Este desexo de liberdade está relacionado coa influencia neopopulista (Cunqueiro estaba a ler La amante, de Alberti).

Page 32: neotrobadorismo

Me incorporé a una excursión de beatas que iban en peregrinación a Fátima, y en Oporto compré los Cancioneros en la edición de Nunes. Hay que tener en cuenta que la literatura de los Cancioneros, para los poetas del siglo XIX y aun los de este siglo (Noriega Varela, Ramón Cabanillas y para el propio Manuel Antonio y Amado Carballo), eran totalmente desconocidos. Ignoraban este enorme pasado lírico de la literatura gallega. Cuando estaba leyendo el Cancionero, en la edición de Nunes, absolutamente impresionado, salió a la luz Nao senlleira, de Bouza-Brey. Entonces fue cuando a mí se me ocurrió que sería posible componer unas cuantas canciones de amor y de amigo, especialmente de esto último, sin esta ortodoxia léxica y rítmica del libro de Bouza-Brey.

Page 33: neotrobadorismo

Cantiga nova que se chama riveira:

Primeira edición: publicada en Resol, contén 19 cantigas foron escritas en dous ou tres días nalgún recuncho dunha taberna santiguesa.

Segunda edición: publicada na editorial Monterrey (dos irmáns Álvares Blázquez). Contén 6 cantigas máis cuxa composición data de entre 1933 e 1936 (segundo di o propio Cunqueiro).

Page 34: neotrobadorismo

Exemplo: “Si a miña señor á i-alba de Arousa beilar”Influencia medieval

• Estruturas sintácticas• Aparición da palabra “señor”• É unha alba que lembra ao trobador pontevedrés Paio

Gómez Charinho, expresións coma “mar maior” lembran a Mendinho e as avelaneiras a Airas Nunes.

Influencia neopopulista

• Liberdade métrica

65

Page 35: neotrobadorismo

Dona do corpo delgado (1950): é un libro misceláneo, non é neotrobadoresco ao cento por cento, só unha das súas seccións “Cantigas do amor cortés” escritas tamén, segundo o autor, entre 1933 e 1936.

Agora trobo o vento e máila lúa fría,non o cervo do monte que a ágoa volvía.

Agora trobo o mare e máila nao veleiranon a amiga que canta só da abelaneira.

Agora trobo a lúa e máilo vento irado,non o cervo do monte, meu amigo pasado.

Agora trobo a nao e máila mar maior,e non aquela amiga, miña branca señor.

Page 36: neotrobadorismo

No niño novo do ventohai unha pomba dourada,meu amigo!Quén poidera namorala!

Canta ao luar e ao menceren frauta de verde olivo.Quén poidera namorala,meu amigo!

Ten áers de frol recente,cousas de recén casada,meu amigo!Quén poidera namorala!

Tamén ten sombra de sombrae andar primeiro de río.quén poidera namorala,meu amigo!

Álvaro Cunqueiro, Cantiga nova que se chama Riveira

* Le este poema neotrobadorista de Álvaro Cunqueiro. Podes escoitalo en Son de poetas.

* Cal é o tema da composición?

* Quen é a voz poética? Esta voz poética é a mesma que nas cantigas de amigo medievais?

* Que recursos estilísticos che permiten asegurar que se trata dunha composición neotrobadoresca?

Page 37: neotrobadorismo

Amor de auga lixeira,muiñeira

Amor de auga tardeira,ribeira.

Amor de auga frolida,cantiga.

Amor de auga perdida,ña amiga.

Álvaro Cunqueiro, Cantiga nova que se chama

Riveira

Con auga de sede vellanamorar eu namoreina,

meu amigo!

Con unha herba lixeiranamorar eu namoreina,

meu amigo!

Namorar eu namoreinacon unha cantiga leda

meu amigo!

Namorar eu namoreinacon áer da primaveira,

meu amigo!Álvaro Cunqueiro,

Cantiga nova que se chama Riveira

Page 38: neotrobadorismo

A dama que ía no branco cabalolevaba un pano de seda bordado.

        Na verde fror        as letras van de amor!

O cabaleiro do cabalo negrolevaba unha fita colléndolle o pelo.

        Na verde fror        as letras van de amor!

No meio do río cambiaron as vistas, el para o pano i ela prá fita.

        Na verde fror        as letras van de amor!

As vistas lles viron no río cambiare o pano e a fita por se namorar

        Na verde fror        As letras van de amor!

        Con amor vivirás!

A dama e o cabaleiro

Page 39: neotrobadorismo