3
LECTURA DE IMAXES - o guion Educación Plástica e Visual IES Nº 1 A Estrada 1 O guión é o fío conductor de toda mensaxe secuenciada, a súa confección é sempre unha operación previa á realización definitiva do cómic, a fotonovela, o vídeo ou a película. A realización dun guión é indispensable para traballar con linguaxes secuenciadas. O guión debe ter en conta: 1. ¿Que se quere dicir?. Nun proceso de comunicación sempre hai alguén que transmite unha mensaxe e outros que a reciben. Polo tanto temos que definir moi claramente cal é a mensaxe que queremos expoñer. Un consello: ideas sinxelas, pero ben elaboradas, permiten xerar argumentos moi atractivos. 2. ¿Como se ten que decir?. Unha mesma idea argumental (por exemplo: a invasión norteamericana en Vietnam) pode ser transmitida con intención estética (unha película: La chaqueta metálica”), con intención informativa (un documental de televisión sobre a Fronte Nacional do Vietcong), de conciencia social (por exemplo, qué dereito ten unha potencia extranxeira a intervir nunha guerra civil), político (o avance do comunismo nos países asiáticos), etc. 3. As fases de elaboración do guión. A idea argumental debe ser tranferida á linguaxe plástica ou audiovisual mediante: Un argumento que se desenvolve no Guión Literario, pensando sempre que vai ser visualizado. Unha vez feito o guión literario, pasamos ó Guión Técnico. Cada guionista soe ter a súa plantilla particular, pero polo xeral contén en columnas separadas: a) O texto ou diálogo da viñeta ou escena (en caso de imaxes en movemento). b) O story-boart. O story-boart son escenas fixas das películas ou cómics, planeadas de antemán e debuxadas dentro dunha serie de cadros iguais. Diferéncianse do cómic por prescindir dos bocadillos e as viñetas, pois non están feitos para ser lidos sinón como ponte entre o guión literario e o encadre final da viñeta ou a toma cinematográfica. É moi práctico para prever as escenas e a iluminación c) O son que lle corresponda (se o guión é para vídeo ou cine). d) O tipo de plano desa viñeta ou escena (xeral, plano medio, plano detalle, etc.) e) Ángulo de visión (picado, subxectivo, etc.). O GUIÓN

O guión

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: O guión

LECTURA DE IMAXES - o guion Educación Plástica e Visual IES Nº 1 A Estrada 1

O guión é o fío conductor de toda mensaxe secuenciada, a súa confección é sempre unha operación previa á realización definitiva do cómic, a fotonovela, o vídeo ou a película. A realización dun guión é indispensable para traballar con linguaxes secuenciadas. O guión debe ter en conta: 1. ¿Que se quere dicir?. Nun proceso de comunicación sempre hai alguén que transmite unha mensaxe e outros que a reciben. Polo tanto temos que definir moi claramente cal é a mensaxe que queremos expoñer. Un consello: ideas sinxelas, pero ben elaboradas, permiten xerar argumentos moi atractivos.

2. ¿Como se ten que decir?. Unha mesma idea argumental (por exemplo: a invasión norteamericana en Vietnam) pode ser transmitida con intención estética (unha película: La chaqueta metálica”), con intención informativa (un documental de televisión sobre a Fronte Nacional do Vietcong), de conciencia social (por exemplo, qué dereito ten unha potencia extranxeira a intervir nunha guerra civil), político (o avance do comunismo nos países asiáticos), etc. 3. As fases de elaboración do guión. A idea argumental debe ser tranferida á linguaxe plástica ou audiovisual mediante: Un argumento que se desenvolve no Guión

Literario, pensando sempre que vai ser visualizado.

Unha vez feito o guión literario, pasamos ó Guión Técnico. Cada guionista soe ter a súa plantilla particular, pero polo xeral contén en columnas separadas: a) O texto ou diálogo da viñeta ou escena (en

caso de imaxes en movemento). b) O story-boart. O story-boart son escenas

fixas das películas ou cómics, planeadas de antemán e debuxadas dentro dunha serie de cadros iguais. Diferéncianse do cómic por prescindir dos bocadillos e as viñetas, pois non están feitos para ser lidos sinón como ponte entre o guión literario e o encadre final da viñeta ou a toma cinematográfica. É moi práctico para prever as escenas e a iluminación

c) O son que lle corresponda (se o guión é para vídeo ou cine).

d) O tipo de plano desa viñeta ou escena (xeral, plano medio, plano detalle, etc.)

e) Ángulo de visión (picado, subxectivo, etc.).

O GUIÓN

Page 2: O guión

LECTURA DE IMAXES - o guion Educación Plástica e Visual IES Nº 1 A Estrada 2

Para que comprendas mellor o dito sobre o guión técnico, tes a continuación unhas escenas dunha historieta e o guión correspondente á mesma.

Page 3: O guión

LECTURA DE IMAXES - o guion Educación Plástica e Visual IES Nº 1 A Estrada 3

VIÑETA Descripción da ESCENA PLANO ÁNGULO TEXTOS

1 O capitán Trueno nada nun mar encrespado. Horizonte alto, ceo escuro

XERAL MEDIO-PICADO

En cartela: As terribles ondas que o zarandeaban, botaron o noso amigo lonxe da embarcación.

2 Escena similar á anterior, pero no lado dereito do horizonte, divísase en contraluz un barco

XERAL MEDIO

En cartela: ¡A pesar de que loitou dabondo para volver a ela! En globo de pensamento: ¡Sigrid! ¡Non podo deixar a soa no poder dese foraxido!

3 Trueno segue loitando contra as ondas que ocupan toda a viñeta. O seu rostro ten que expresar a angustia da situación

XERAL MEDIO

En cartela: Perdido de vista o barco, o Capitán Trueno comezou un combate desesperado pola supervivencia no desencadeado océano En globo: Estou perdido...¡Pero non deixarei de loitar ata a fin!

4

O personaxe está case afundido. Á súa dereita, vese o barco moito máis cerca. O rostro segue marcando a angustia.

XERAL MEDIO-PICADO

En cartela: Cando o atopamos de novo, segue loitando contra as ondas...¡pero as súas forzas van minguando! Globo de pensamento: Os meus músculos... xa apenas responden. Aproxímase a fin.

5 Sae unha man da auga, e unha corda no aire case a roza

Primeiro Plano

MEDIO Sen texto

6 A man colle a corda Plano detalle

MEDIO Sen texto

7 Trueno, coa cabeza fóra da auga, colle con forza a corda.

MEDIO MEDIO

En cartela: O contacto da soga coa súa man, devolve as forzas ó Capitán Trueno... e o seu asombro non ten límites.

8

O barco ocupa case toda a viñeta. Dende el Goliath tira da corda. O Capitán ten medio corpo fóra da auga e amarra a corda.

XERAL MEDIO

Globo 1: ¡Crispín! ¡Goliath! ¡Gundar! Globo 2: ¡Agárrate forte Capitán! ¡Imos sacarte da auga!

9

O Capitán Trueno envolto nunha manta, aparece no interior do barco. Ó fondo Gundar, á súa esquerda Goliath ofrécelle un caldo quente, á súa dereita Crispín.

MEDIO MEDIO

Globo 1: ¡Proba isto! ¡É un caldo especial “ó Goliath”! Globo 2: ¡Amigos! Que alegría verme entre vós!