24
Xornal de Información Xeral do Instituto de Educación Secundaria "María Sarmiento" PREMIO NACIONAL ÁS MELLORES PRÁCTICAS EDUCATIVAS CURSO 2003-04 O Provisional Viveiro, 21 decembro 2011 Ano XVIII - Número 51 SUMARIO: SUMARIO: SUMARIO: SUMARIO: SUMARIO: Folgas de profesores e alumnos Actividades do trimestre anterior Datos meteorolóxicos Entrevista a Eric R. Wolpers El día de mi muerte O teste Course- Navette Faleceu D. Amado Aguiar Eduardo Barreiros, o motor de... Experiencia Abalar O xogo da billarda A carón do blues: Bukka White Intelixencia emocional (Viveiro, 1811- Madrid, 1863) Naceu en Viveiro o 15 de setembro de 1811, no seo dunha familia acomodada e nunha época que coñecería a primeira Constitución española (1812), a consti- tución do primeiro concello institucio- nal en Viveiro e a volta ao absolutismo con Fernando VII. Ingresou no Colegio Insigne de la Na- tividad, fundado con bens legados por María Sarmiento e no que se estudaba latín, castelán e retórica, é dicir, o ensi- no medio da época. Máis tarde estuda en Mondoñedo, Santiago e Alcalá de He- nares, onde recibe o título de avogado. Inicia así una importante carreira como poeta, ensaísta, xornalista e político. Como político permaneceu fiel ao Par- tido Moderado e á monarquía da raíña María Cristina e da súa filla Isabel II, motivo este que o levaría a una estadía en prisión e que traería malas consecuen- cias para a súa saúde. Acadou cargos im- portantes: ministro, rector da Universi- dade Central, embaixador, académico,… Como xornalista colabora en xornais importantes da época (El Sol, El Espa- ñol, El Heraldo,.. e fai una importante contribución como crítico literario (pro- loguista de José Zorrilla, estudoso de El Cid, etc.) Na literatura destaca sobre todo como poeta romántico en castelán e como na- rrador é autor da novela psicolóxica De Villahermosa a la China. Escritos en ga- lego coñécense o poema Alborada, en 1828 e Égloga de Belmiro e Benigno, da que Xosé Mª Álvarez Blázquez des- cubriu o manuscrito en 1951. Ambos os dous poemas seguen unha liña clasicis- ta e virían ser un adianto da poesía do Rexurdimento galego. Finou en Madrid e en 1923 os seus restos foron trasladados á Igrexa de San Francisco, en Viveiro, por expreso dese- xo de ser enterrado na súa vila natal. BICENTENARIO DE NICOMEDES NICOMEDES NICOMEDES NICOMEDES NICOMEDES PASTOR DÍAZ PASTOR DÍAZ PASTOR DÍAZ PASTOR DÍAZ PASTOR DÍAZ O impulso á mellora e creación du- nha biblioteca escolar de primeiro ni- vel nace a comenzos do 2000; daque- la un grupo de profesores profunda- mente preocupados pola mellora dos procesos educativos, crendo que so- bre a biblioteca podería pivotar a vida académica do centro, propóñenlle á dirección o plan de traballo para a súa modernización. O proxecto foi inmediatamente re- coñecido, comezando pola ampliación do espazo, sumando á antiga bibliote- ca a aula contigua; debemos ter en conta que naquel momento había se- rias dificultades de espazo; isto trouxo presións e queixas dunha pequena parte do claustro sobre a dirección pero, coa Dende comezos deste curso a nova responsable da biblioteca é Susana Quintela, Profesora de Lingua e Literatura Castelá, que substitúe no cometido ao impulsor da mesma, Xan Fernández Fernández (continúa na páxina 2) NOITE TERRORÍFICA, UNHA DAS ÚLTIMAS ACTIVIDADES QUE SE CELEBRARON NA BIBLIOTECA unha década crecendo xuntos... a biblioteca cumpre cos seus obxectivos

O Provisional...PREMIO NACIONAL ÁS MELLORES PRÁCTICAS EDUCATIVAS CURSO 2003-04 O Provisional Ano XVIII - Número 51 Viveiro, 21 decembro 2011 SUMARIO: • Folgas de profesores e

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: O Provisional...PREMIO NACIONAL ÁS MELLORES PRÁCTICAS EDUCATIVAS CURSO 2003-04 O Provisional Ano XVIII - Número 51 Viveiro, 21 decembro 2011 SUMARIO: • Folgas de profesores e

Xornal de Información Xeral do Instituto de Educación Secundaria "María Sarmiento"

PREMIO NACIONAL ÁS MELLORESPRÁCTICAS EDUCATIVAS

CURSO 2003-04

O ProvisionalViveiro, 21 decembro 2011 Ano XVIII - Número 51

SUMARIO:SUMARIO:SUMARIO:SUMARIO:SUMARIO:• Folgas de profesores e alumnos

• Actividades do trimestre anterior• Datos meteorolóxicos

• Entrevista a Eric R. Wolpers• El día de mi muerte

• O teste Course- Navette• Faleceu D. Amado Aguiar

• Eduardo Barreiros, o motor de...• Experiencia Abalar• O xogo da billarda

• A carón do blues: Bukka White• Intelixencia emocional

(Viveiro, 1811- Madrid, 1863)

Naceu en Viveiro o 15 de setembro de1811, no seo dunha familia acomodadae nunha época que coñecería a primeiraConstitución española (1812), a consti-tución do primeiro concello institucio-nal en Viveiro e a volta ao absolutismocon Fernando VII.

Ingresou no Colegio Insigne de la Na-tividad, fundado con bens legados porMaría Sarmiento e no que se estudabalatín, castelán e retórica, é dicir, o ensi-no medio da época. Máis tarde estudaen Mondoñedo, Santiago e Alcalá de He-nares, onde recibe o título de avogado.Inicia así una importante carreira comopoeta, ensaísta, xornalista e político.

Como político permaneceu fiel ao Par-tido Moderado e á monarquía da raíñaMaría Cristina e da súa filla Isabel II,motivo este que o levaría a una estadíaen prisión e que traería malas consecuen-cias para a súa saúde. Acadou cargos im-portantes: ministro, rector da Universi-dade Central, embaixador, académico,…

Como xornalista colabora en xornaisimportantes da época (El Sol, El Espa-ñol, El Heraldo,.. e fai una importantecontribución como crítico literario (pro-loguista de José Zorrilla, estudoso de ElCid, etc.)

Na literatura destaca sobre todo comopoeta romántico en castelán e como na-rrador é autor da novela psicolóxica DeVillahermosa a la China. Escritos en ga-lego coñécense o poema Alborada, en1828 e Égloga de Belmiro e Benigno,da que Xosé Mª Álvarez Blázquez des-cubriu o manuscrito en 1951. Ambos osdous poemas seguen unha liña clasicis-ta e virían ser un adianto da poesía doRexurdimento galego.

Finou en Madrid e en 1923 os seusrestos foron trasladados á Igrexa de SanFrancisco, en Viveiro, por expreso dese-xo de ser enterrado na súa vila natal.

BICENTENARIO DE

NICOMEDESNICOMEDESNICOMEDESNICOMEDESNICOMEDESPASTOR DÍAZPASTOR DÍAZPASTOR DÍAZPASTOR DÍAZPASTOR DÍAZ

O impulso á mellora e creación du-nha biblioteca escolar de primeiro ni-vel nace a comenzos do 2000; daque-la un grupo de profesores profunda-mente preocupados pola mellora dosprocesos educativos, crendo que so-bre a biblioteca podería pivotar a vidaacadémica do centro, propóñenlle ádirección o plan de traballo para a súamodernización.

O proxecto foi inmediatamente re-coñecido, comezando pola ampliacióndo espazo, sumando á antiga bibliote-ca a aula contigua; debemos ter enconta que naquel momento había se-rias dificultades de espazo; isto trouxopresións e queixas dunha pequena partedo claustro sobre a dirección pero, coa

Dende comezos deste curso a nova responsable dabiblioteca é Susana Quintela, Profesora de Lingua e

Literatura Castelá, que substitúe no cometido aoimpulsor da mesma, Xan Fernández Fernández

(continúa na páxina 2)

NOITE TERRORÍFICA, UNHA DASÚLTIMAS ACTIVIDADES QUE SECELEBRARON NA BIBLIOTECA

unha décadacrecendo xuntos...a biblioteca cumpre cos seus obxectivos

Page 2: O Provisional...PREMIO NACIONAL ÁS MELLORES PRÁCTICAS EDUCATIVAS CURSO 2003-04 O Provisional Ano XVIII - Número 51 Viveiro, 21 decembro 2011 SUMARIO: • Folgas de profesores e

EDITORIALEDITORIALEDITORIALEDITORIALEDITORIAL FOLGAS CONTRA OSRECORTES NO ENSINO

O Director: Juan J. Pardo

Fomento da lecturaFomento da lecturaFomento da lecturaFomento da lecturaFomento da lecturaEstamoslle dando un novo pulo á lectura e á nosa

biblioteca. Non era fácil xa que se atopaba a moi bonivel dende hai moitos anos, polo fabuloso traballo doprofesorado responsable. Pero vendo a cantidade deideas e a enerxía que trae a nova coordinadora, estouseguro que imos sorprender os usuarios nas próximasdatas.

A animación á lectura é unha das accións máis im-portantes a desenvolver polo Instituto xa que constitúeunha ferramenta principal para adquirir coñecemento.

A gran variedade de profesorado que aquí ensina,pode enfocar diversos ámbitos do saber e polo tantoestimular a lectura en moi diversas áreas.

Os que formamos parte da dirección do centro educa-tivo temos a responsabilidade de implantar, cada ano,novas iniciativas para animar ao uso deste imprescin-dible medio que é a lectura.

Mediante a lectura, a xuventude formarase, acadarániveis educativos que lle serán recoñecidos con titula-cións académicas, entrará na sociedade do coñecemen-to e tomará parte así nas melloras sociais do futuro.

A mocidade que estamos formando será a encargadade solucionar os problemas actuais, farao seguro, porque se lle ocorren moitas ideas novas e en moitas delasestá a solución. As solucións aos problemas serán di-fundidas, escritas e serán lidas por outras persoas queas aproveitarán e combinarán co seu coñecemento.

Os alumnos de hoxe teñen diversidade de ofertas emoitos deles non se concentran nos estudos, non llesinteresa o que se expón e desconectan. Fomentar a lec-tura de maneiras diversas debe de ser un dos obxectivosa acadar.

A tecnoloxía aplicada á lectura tamén nos será útilpara movernos rapidamente pola gran cantidade de pu-blicacións que agora podemos manexar ao instante; sendesprazarnos do asento podemos mesmo ler algo que seestá a escribir no outro lado do mundo. A tecnoloxía éunha das ferramentas que tratamos de promover e coi-do que tamén é un pequeno apoio á lectura. Estadeatentos á biblioteca e ós clubs de lectura do IES MaríaSarmiento.

Páxina 2 O Provisional 21 decembro 2011

Ao longo deste último trimestre sucedéronse asprotestas polos recortes en Educación que afectanaos horarios do profesorado e ás ratios nas aulas,así como á diminución de recursos en xeral.

Así, os profesores foron á folga os días 21 e 29de setembro, e os alumnos o 6 de outubro.

Tamén houbo paros en varias datas, sendo omáis significativo o celebrado en Foz o día 18 deoutubro no que participaron profesores de toda AMariña, uns 500 segundo fontes sindicais.

En canto á incidencia das protestas, no IES Ma-ría Sarmiento foi do 11% o día 21 de setembro, o12,3% o 2º día e, no caso da folga de alumnos afec-tou a case un 30%, primncipalmente alumnos deciclos formativos e dos cursos de bacharelato.

Lembremos que o cadro ded persoal de profe-sores é de 90 persoas, mentres que o número dealumnos oscila entre os 750 e 800 matriculados.

perspectiva que dá unha década, resultou ser unha deci-sión acertada; o profesorado que propuxera o plan estivoaltamente comprometido e de feito, continúa colaborandocoa nova responsable, sendo a biblioteca unha das instala-cións mellor valoradas por todos os colectivos da comuni-dade educativa do IES María Sarmiento. (Ver nº 35 de OProvisional - abril de 2006)

Para estrearse no cargo, a nova responsable da bibliote-ca, programou o pasado 3 de novembro unha velada delectura "Noite de terror na biblioteca" que durou dende asoito da tarde ata o comezo das clases, ao día seguinte;durante toda a noite, á lus do candíl, os alumnos de 3º deESO do clube de lectura alternaron os relatos de medo coscontos e as bromas terroríficas: "foi unha noite entre ami-gos, traballando en equipo, buscando historias de terrorna rede e lendo por turnos; pensamos que nada nos daríamedo, pero despois de pasar polos corredores a escurasmudamos de opinión" dixo Elias Arias. A aceptación foinotable e a orixinalidade da acción educativa pon de mani-festo que a nosa biblioteca contúa en moi boas mans.

a mellora da biblioteca...(continuación)

Page 3: O Provisional...PREMIO NACIONAL ÁS MELLORES PRÁCTICAS EDUCATIVAS CURSO 2003-04 O Provisional Ano XVIII - Número 51 Viveiro, 21 decembro 2011 SUMARIO: • Folgas de profesores e

21 decembro 2011

16 23,7 17,8 55 1025

17 21,7 17,7 74 1030

18 21,8 15,7 72 =19 18,5 14,5 63 =20 20,2 15,7 76 =21 21 19 63 1025

22 19,3 1,2 75 1030

23 20,9 18,9 74 1020

24 21,3 15,8 75 1025

25 21,9 16,2 81 =26 22,3 16,3 84 1030

27 22,1 18,4 87 1025

28 22 18,2 73 =29 23,9 18,5 71 1030

30 23,3 18,7 69 1025

DÍA ºC ºC % bar MÁX MÍN HUM. P

1 17 13,8 74 1015

2 18,4 13,1 75 950

3 17,2 14,1 76 1000

4 16 11,9 76 1015

5 15,1 11,8 84 1025

6 14,1 10,7 83 1030

7 14,6 9,7 88 1025

8 15,7 8,8 85 1020

9 16,7 10,9 76 =10 16,3 11,7 84 1015

11 15,3 11,6 86 1020

12 17,6 11,8 87 =13 19,8 13,4 79 1015

14 19,9 14,1 82 =15 16,2 11,8 66 =16 15,9 12,6 85 1025

17 14,7 7,8 74 1035

18 14,7 8,8 80 1030

19 14,9 9,6 83 1020

20 16,5 12,3 87 1015

21 15,7 11,7 89 =22 15,8 9,3 92 1025

23 15,6 9,1 99 1030

24 14,8 10,2 84 =25 15,5 9,5 79 1035

26 14,9 9,5 83 1030

27 14 11,4 81 1035

28 14,3 8,3 93 1030

29 15,3 9,7 81 1025

30 14,3 11,9 87 1030

DÍA ºC ºC % bar MÁX MÍN HUM. P

DATOS METEOROLÓXICOS SEMESTRAISN

OV

EM

BR

O 2

011

ACTIVIDADES DOS ÚLTIMOS DÍAS DO CURSO 2010/11

SE

TE

MB

RO

201

1

OU

TU

BR

O 2

011

1 25,6 17,4 66 1030

2 26,5 19,3 57 1035

3 23,4 18,4 72 =4 22,7 17,2 77 =5 23,1 16,8 86 =6 19,3 16,6 88 1040

7 20,1 17,5 89 =8 18,1 15,6 78 1020

9 19,6 16,9 63 1035

10 20,4 14,7 77 1030

11 20,3 14,8 80 =12 20,6 13,9 79 =13 20,2 16,3 63 =14 20,3 13,2 80 1025

15 19,9 12,8 70 =16 20,2 11,6 78 =17 17,7 12,9 83 =18 18,6 13,8 82 =19 17,5 15,5 89 1030

20 16,8 10,9 76 =21 18,9 15,4 89 1025

22 17,8 10,3 79 1020

23 19,7 12,7 76 1015

24 17 9,9 80 1000

25 16,3 11 84 950

26 17,3 10,8 80 1000

27 15,9 14,3 97 1015

28 15,4 12,7 83 1025

29 15,6 12,7 82 1020

30 16,3 10,1 79 =31 17,6 11 83 1025

1 16 11,9 86 1020

2 13,3 9,7 79 1030

3 13,6 10,6 71 1035

4 14,7 12,5 88 1025

5 15 13,3 85 =6 13,5 12 84 1030

7 15 12,9 87 1035

8 15,7 12,8 86 =9 15,5 13,1 89 1020

10 15,4 13 75 1025

11 14,1 9,2 74 1030

12 14,1 9,9 82 1025

DE

CE

MB

RO

201

1O Provisional Páxina 3

ACTIVIDADES DOS ÚLTIMOS DÍAS DO CURSO 2010/11

DÍA ºC ºC % bar MÁX MÍN HUM. P

Sinalamos brevemente neste apartadounha reseña das actividades realizadas du-rante o fin de curso pasado (2010-11) quenon recolleramos no número anterior doProvisional por falta de tempo.

COMPETICIÓN DE COCHESDende o Departamento de Tecnoloxía, o

Profesor Óscar Sánchez organizou unha

carreira de enxeños elaborados polos alum-nos de 2º de ESO momento que recolle-mos na fotografía.

Mentres, no salón de actos, celebrouse odía 23 de xuño unha representación teatral acargo do grupo A TROPA DE TRAPO. Poroutra banda, o Clube de lectura "As Letrasfantásticas" coordinado por Susana Quinte-

la promoveu a compra de libros nunha li-braría de Viveiro a proposta dos propiosalumnos para engroxar os fondos da biblio-teca

SERGIO VALLEJO estivo nos talleresde Electromecánica e Carrozaría explican-do os pormenores da súa carreira deporti-va e clarexando dúbidas técnicas.

Page 4: O Provisional...PREMIO NACIONAL ÁS MELLORES PRÁCTICAS EDUCATIVAS CURSO 2003-04 O Provisional Ano XVIII - Número 51 Viveiro, 21 decembro 2011 SUMARIO: • Folgas de profesores e

O Provisional

ENTREVISTA:

Estuda Filoloxía Hispánica (Especialización enMaxisterio de Secundaria e Bacharelato) naUniversidade de Bremen (Alemaña).

Dende o 15 de setembro ao 20 de outubro realizouun periodo de prácticas no IES María Sarmiento.

*****

Páxina 4 21 decembro 2011

Por que motivos da elixiches oMaría Sarmiento para as túasprácticas?

Como o meu pai é de Vicedo,dende a miña nenez veraneo nestazona. Logo de falar con amigosmeus que cursaran o seu bacharela-to no IES María Sarmiento e queme deron boas referencias do cen-tro, o pasado mes de febreiro faleico Director e acordamos que íafacer as miñas prácticas aquí.

Por outra banda, o ano pasadoestiven de Erasmus en Santiago deCompostela, e a miña estancia alífoi tan feliz que quería volver pasaruns meses en Galicia durante esteano. Ademais, así teño a oportuni-dade de mellorar o meu español,por unha banda, e por outra decoñecer desde cerca como funcionao sistema educativo en España.

Que achega esta fase formativa ásúa carreira?

Como a especialización da miñacarreira está orientada ao maxiste-rio, é obrigatorio facer cinco prác-ticas nos cinco anos que duran osestudos. Por cuestións legais, estasprácticas son as únicas desas cincoque me permiten realizar no es-tranxeiro. Tras finalizalas, e acom-pañadas dunha memoria pedagóxi-ca, o traballo tradúcese en seis cré-ditos de libre configuración.

Como é a relación cos compañei-ros, no departamento de Lingua eco alumnado?

En primeiro lugar quero facerunha mención especial a dúas pro-fesoras de Lingua Española, Emmae Susana, porque puiden acompaña-las en moitas das súas clases,

arroupáronme e aprendín moitadidáctica a través delas. Ao permi-tirme impartir algunha clase, baixoa súa tutela, as súas indicaciónssobre aquilo que estaba facendoben e aquilo que podería mellorarservíronme de gran axuda.

Pero tamén me gustaría agradecero apoio do resto de profesorado aoque puiden acompañar nalgunhadas súas clases. Todos foron moiamables e simpáticos comigo, eademais interesáronse moito polacultura da miña país. Gustoumemoito traballar estas semanas coneles, compartir cafés durante osdescansos... e ademais estoullesmoi agradecido por ter unha pa-ciencia enorme cun alemán tanpesado coma min (risas).

Por outra banda, o trato cosalumnos foi totalmente satisfacto-

Eric nunha clase de Lingua e Literatura Castelá nun cursi de Bacharelato no noso Centro

Eric Rodríguez Wolpers Eric Rodríguez Wolpers

Page 5: O Provisional...PREMIO NACIONAL ÁS MELLORES PRÁCTICAS EDUCATIVAS CURSO 2003-04 O Provisional Ano XVIII - Número 51 Viveiro, 21 decembro 2011 SUMARIO: • Folgas de profesores e

O Provisional21 decembro 2011 Páxina 5

me cómodo e integrado desde unprincipio.

No plano lingüístico, chamoumea atención a cuestión da diglosia. Ofeito de que algúns profesores fala-sen entre eles unicamente en gale-go, mentres que outros o facíanunicamente en castelán. O mesmosucede cos alumnos. Algúns se co-municasen entre si unicamente encastelán, mentres que a outros llescusta utilizar este idioma ata enclase de Lingua Castelá. Aínda quecoñecía a situación lingüística deGalicia, gustoume vela de cercanun contexto educativo. Como o

feito de que algúnsprofesores, castelánfalantes habituais,fixesen unha transi-ción ao galego endeterminados mo-mentos da clase.

Queres engadiralgo máis?

Si. Nas miñascinco semanas deprácticas tiven aoportunidade degañar moitísimasexperiencias. Todosos profesores que

coñecín foron xeniais, tanto en pri-vado como no plano profesional.Déronme todas as oportunidadesposibles para que as miñas prácticasfosen perfectas: dar clases, coñecera profesión de cerca e aprender unpouco de francés e matemáticas conalgún deles (risas). De feito, creoque Masu tería que darme algúnsdeberes de matemáticas para levar-me a Alemaña (risas).

E, por suposto, sempre levareicomigo o libro de García Lorca queme regalaron.

Como volvo ao Vicedo todos osanos, prontó fareilles unha novavisita a todos.

E espero que, cando nos atope-mos, nos saudemos cun ¡fálamesempre! (risas).

rio, e sorprendeume a súa curiosi-dade polas diferenzas entre o meupaís e Galicia.

Cóntanos alguna anécdota (tipronuncias anecdota, risas)

Un día tiven a posibilidade de darunha clase enteira de inglés, ensegundo de bacharelato. Candoentrei no aula, Merche (a profeso-ra) non chegara aínda e empecei eusó a dar a materia. Pouco despoisentrou ela, que esquecera que eutiña que ir ese día, e atopouse atoda a clase sentada, en silencio, ecomigo impartindo inglés. Foiunha situación moichocante para osdous, pero supoñoque aí empezou amiña carreira do-cente (risas).

Ao principioestaba un pouconervioso porquenon sabía comoempezar, perocomo os alumnosforon tan respec-tuosos, a pesar deque eu era só unestudante en prácti-cas, todo transco-rreu de forma natural.

Que é o que máis che chamou aatención nos ámbitos de organiza-ción do centro, impartición, e ta-mén no plano cultural e social?

En principio, non notei diferen-zas significativas a nivel organizati-vo e de impartición de clases entreEspaña e Alemaña. Son dous siste-mas moi parecidos. En cambio, sime chamou a atención o meu tratoinicial cos profesores do centro.Cando coñecín os meus colegas,pareceume curioso que o saúdocoas mulleres fose con dous bicosen lugar de darnos a man, ou queenseguida pasásemos a tutearnos.Iso contrasta co trato máis formalque se dispensa en Alemaña, perome axudou moito á hora de atopar-

REDACCIÓN

A auga como recursopara producir aire a

presión

Non se trata, como puidera pare-cer, dun invento ultramoderno, polacontra, é un sistema moi antigo uti-lizado nas ferrerías dende hai dousou tres séculos para a produción deaire (o esquema que vemos ante-riormente corresponde á tromba deTeixois no Concello asturiano deTaramundi).

Conducindo a auga a través desetubo chamado "tromba" conségue-se o necesario aire a presión que darávida á combustión do carbón co quemoldear o ferro para a produción deapeiros de labranza, cazos, tixolas,etc.

A auga pasa a través da tromba,diminuíndo a presión ó pasar poloestrangulamento que hai nesta; estadisminución fai que a presión at-mosférica sexa superior á que haidentro do tubo co cal entra aire óinterior mesturándose rapidamentecoa auga.

Na parte inferior desta construc-ción, hai unha cámara onde os fluí-dos caen sobre unha lousa que faique se separen. A auga ocupa a par-te inferior e sae ó exterior a travésdun sistema de sifón. O aire veseobrigado a saír por unha espita a pre-sión; dende alí será conducido porun tubo ata a forxa.

Page 6: O Provisional...PREMIO NACIONAL ÁS MELLORES PRÁCTICAS EDUCATIVAS CURSO 2003-04 O Provisional Ano XVIII - Número 51 Viveiro, 21 decembro 2011 SUMARIO: • Folgas de profesores e

O ProvisionalPáxina 6 21 decembro 2011

VISITA Á EXPOSICIÓN DO BICENTENARIODE NICOMEDES PASTOR DÍAZ

O día 5 de outubro os alumnos de 3º de ESO coordinados polo Departa-mento de Lingua Galega fixeron unha visita á exposición "Douscentosanos de Nicomedes Pastor Díaz (1811-2011)" que o Seminario de Estu-dos "Terra de Viveiro" preparou na sa de exposicións do Conservatorio

de Música. Os alumnos participaron por equipos nunha xincana sobre aexposición e remataron facendo unhas lecturas da vida e obra de Pastor

Díaz diante da súa estatua, na praza Maior.

http://www.edu.xunta.es/centros/iesmariasarmiento

Campionatode fútbol salaO habitual campionato que or-

ganiza durante os recreos o De-partamento de Educación Físicacoordinado por Mariluz FernándezDíaz, conta este ano coa partici-pación de doce equipos. Por iso,celébrase unha primeira fase, naque se reparten en dous grupos,da que sairán os catro melloresconxuntos que logo xogarán a fasefinal, previsiblemente no segundotrimestre.

Como novidade, segundo sina-lou a xefa do Departamento, esteano arbitrarán dous xogadores decada equipo: todos xogan e todosarbitran.

Os equipos inscritos son:1-JICC,

2 -MUKIS,3-PELO FUEGO AND COMPANY,

4-LOS SOLFAMIDAS,5-NOMAD F.C.,

6-1º CS ELECTRICIDAD,7-CHILINDRIS,

8-BOTAFOGO MS,9-MAGAZOS AND COMPANY,

10-SHARTKAS,11-COA X DE MIXTA, e

12-LANDROVE

Excursión deExcursión deExcursión deExcursión deExcursión de4º de ESO4º de ESO4º de ESO4º de ESO4º de ESO

Nunha reunión celebrada no sa-lón de actos o 26 de outubro, osalumnos de 4º de ESO decidiron,por maioría, ir a Barcelona deviaxe fin de etapa educativa; ditaactivivdade terá lugar no último tri-mestre do curso e prevén visitara Sagrada Familia, o Parque Güe-ll, o Nou Camp, entre outros luga-res da capital catalá.ERXMHFDEBL

SADRALLIBX

FUCAEDNARA

ONAPOINVEB

NORIRCUODF

PXHCAGGFEB

PDEVAHCDAP

ERXMHFDEBL

SADRALLIBX

FUCAEDNARA

ONAPOINVEB

NORIRCUODF

PXHCAGGFEB

PDEVAHCDAP

LOCALIZA NA SEGUINTE TÁBOALOCALIZA NA SEGUINTE TÁBOALOCALIZA NA SEGUINTE TÁBOALOCALIZA NA SEGUINTE TÁBOALOCALIZA NA SEGUINTE TÁBOASETE XOGOS POPULARES GALEGOSSETE XOGOS POPULARES GALEGOSSETE XOGOS POPULARES GALEGOSSETE XOGOS POPULARES GALEGOSSETE XOGOS POPULARES GALEGOS

Page 7: O Provisional...PREMIO NACIONAL ÁS MELLORES PRÁCTICAS EDUCATIVAS CURSO 2003-04 O Provisional Ano XVIII - Número 51 Viveiro, 21 decembro 2011 SUMARIO: • Folgas de profesores e

O Provisional21 decembro 2011 Páxina 7

este pasado verán atopamos ao estimado Sr. Pupas (desapa-recido dende o nº 23) na praia da Abrela soñando con domi-nar moitas facetas e situacións dunha maneira asombrosa

O pasado 3 de febreirorealizáronse 31 doazóns de

sangue no IES "MaríaSarmiento"; 5 foron depersoas que doaron por

primeira vez e houbo outras9 persoas que non puideron

doar

***** MÁIS INFORMACIÓN EN:

[email protected]

DOA SANGUE 900 100 828

Centro de Transfusiónde Galicia

PREPARATIVOSPREPARATIVOSPREPARATIVOSPREPARATIVOSPREPARATIVOSPARA UN NOVOPARA UN NOVOPARA UN NOVOPARA UN NOVOPARA UN NOVOINTERCAMBIOINTERCAMBIOINTERCAMBIOINTERCAMBIOINTERCAMBIOLINGÜÍSTICOLINGÜÍSTICOLINGÜÍSTICOLINGÜÍSTICOLINGÜÍSTICO

Ao igual que en anos anteriores,os Departamentos de Francés e Xeo-grafía e Historia están preparando unintercambio lingüístico, nesta oca-sión será co Lycée de Saint-Girons,no Pirineo francés.

Trátase dun centro composto polaEscola do Alto Couserans e o co-lexio de Saint-Girons; tamén ten alia Universidade un SEGPA (Secciónde Ensinanza Xeral e ProfesionalAdaptada) e unha unidade de edu-cación inclusiva.

Está previsto que a primeira faseda actividade , -na que os nososalumnos viaxaran a Francia- , se ce-lebre no segundo trimestre e, a con-tinuación, virán a Viveiro os alumnosdo Saint-Girons.

Ata o de agora, as previsións apun-tan á participación duns corentaalumnos que irán acompañados detres profesores.

TEATRO NATEATRO NATEATRO NATEATRO NATEATRO NACORUÑACORUÑACORUÑACORUÑACORUÑA

O Departamento de LinguaCastelá e Literatura organizou o8 de novembro unha excursióná Coruña para asistir á represen-tación da obra tetral "Bodas desangre", traxedia escrita en ver-so e prosa por Federico GarcíaLorca no 1931.

Asistiron os alumnos de 4º deESO e de 4º PDC acompaña-dos por Emma García Rivas, Su-sana Quintela e Mª Jesús PérezRamos.

Page 8: O Provisional...PREMIO NACIONAL ÁS MELLORES PRÁCTICAS EDUCATIVAS CURSO 2003-04 O Provisional Ano XVIII - Número 51 Viveiro, 21 decembro 2011 SUMARIO: • Folgas de profesores e

O ProvisionalPáxina 8 21 decembro 2011

¡Claro! ¿Por qué no?Me quedaría en casa ymalgastaría toda la maña-na en hacer una tarta losuficientemente grandecomo para que aguantaselas innumerables embesti-das de mi hijo mayor ensus visitas al frigorífico.De modo que tendría quecancelar mi hora de tenisy mi habitual masaje ma-ñanero. Pero habría hechotodo esto de buen talantesi Lilly no hubiera añadi-do después:

-Ah, y creo que deberíashablar con Rudy. Le hanpuesto un cero en el examen deinglés.

Vislumbré aquella expresión deregocijo tan propia de Lilly. Eraobvio el hecho de que se alegrabaal saber que en breve Rudy reci-biría noticias mías. Y esto ocupóel puesto número tres del día. Lanota de mi hijo tan solo el cuarto:provocaba en mí más ira que Li-lly se alegrase de que a su herma-no mayor no le fuesen bien lascosas. Decidí perdonárselo, sinembargo. Ella tenía razón: era sucumpleaños. Aún así, no se libróde una pizca de reproche impreg-nado en mi mirada.

La muerte es fácil, apacible. Alcontrario de lo que piensa todo elmundo. La vida es más complica-da, llena de quebraderos de cabe-za, preguntas sin respuesta… Y deesto terminé de darme cuenta tras,dos horas más tarde, escuchar a

mi marido susurrarme con vozcansada que había perdido a unpaciente en el quirófano. Resulta-ba sumamente difícil jugar con lavida y la muerte trazando cortescon el bisturí, le comprendía. Y lereservé el segundo puesto a estehecho. Porque ahora, mi maridono podría pensar en otra cosa entodo el día. En efecto, no tuvotiempo para decirme que me que-ría por última vez. De todos mo-dos, yo no necesitaba que me lodijese. Ya lo sabía. Si mi vida fue-se una película de Hollywood,posiblemente habría muerto en susbrazos, con el manto húmedo dela lluvia arropándome. Y todosllorarían en el cine sin poder re-sistirse al escuchar la música detragedia. Lamentablemente, estoes la vida real. Y los finales deHollywood ya están muy vistos.

Más tarde, pensé en el paciente.

Y ese fue el pensamiento más ho-rrible del día, lo que ocupó el pri-mer puesto. Saber que aquel po-bre hombre no volvería a estar consu familia, no volvería a oler denuevo la primavera, ni se enamo-raría… Tantos sueños por cumplir,tantos recuerdos, tantas emocio-nes tiradas a basura… Un mundodestruido, como dice Paulo Coe-lho. Tal vez ese hombre estaba apunto de descubrir la cura del cán-cer, de inventar algo revoluciona-rio o de escribir el libro más boni-to del mundo. Nunca nadie lo sa-bría. Reflexionando sobre esto enla cama, cerré los ojos. Y ya nun-ca más volví a abrirlos.

Y no sólo porque me muriera. Para ser exactos, eso ocupó como mucho el puesto número seis delos peores momentos del día. En el puesto número cinco se situa el instante en que Lilly me miró con

ojos de sueño y me preguntó:-¿Por qué no te quedas en casa, mamá? ¡Hoy es mi cumpleaños! (Maldito Karma - David Safier)

El día de mi muerte no tuvo ninguna gracia

Iria Moliner Piñón1º Bachillerato A

Page 9: O Provisional...PREMIO NACIONAL ÁS MELLORES PRÁCTICAS EDUCATIVAS CURSO 2003-04 O Provisional Ano XVIII - Número 51 Viveiro, 21 decembro 2011 SUMARIO: • Folgas de profesores e

O Provisional21 decembro 2011 Páxina 9

É coñecido como o test de resistencia cardiorrespiratoria, unha proba creadapor Luc Léger na que o alumno vai desprazándose dun punto a outro (ida e volta)situado a 20 metros de distancia realizando un cambio de sentido aoritmo indicado por un sinal sonoro que vai acelerándoseprogresivamente.

O obxectivo fundamentealdo test é medir o

consu-mo de osíxenodun individuo, ou a súa ca-pacidade aeróbica, porque oorganismo humano ten mecanismospara transformar a enerxía proporcionada polos alimentose posibilitar o seu aproveitamento a través das células musculares.

No test que realizaron 17 alumnos do noso centro, baixoa supervisión de Fran Basanta e Mariluz Fdez. Díaz, acadá-ronse os resultados que figuran no cadro.

Esta actividade forma parte da programación didácticado Departamento de Educación Física ao tempo que osprofesores comparan os datos e baremos cos dos cursosanteriores a modo de investigación-acción.

O test de Course-Navette

-Momento da realización do Course-Navett nas pistas do noso centro polos alumnos da ESO-

COMO SE FAI?O alumno comeza a proba an-

dando e finalízaa correndo, des-prazándose dun punto a outro

situado a 20 metros de distancia efacendo o cambio de sentido ao

ritmo indicado por un sinal sonorodos profesores; este sinal vai

acelerándose progresivamente(hai que ter en conta que son

poucos os que logran concluír otest completo). O momento en

que o individuo interrompe a pro-ba é o que indica a súa resisten-

cia cardiorrespiratoria.

RESULTADOS:

Masculino: Adrián Ben de 2º D, chegou a 12 períodos.Feminino: Celia García de 3º B, foi a alumna máis destacada facendo 9,5percorridos de ida e volta.Tamén son significativos os resultados de Antón Ramallal e Ana Cortiñasque, sendo de 1º de ESO, obtiveron 10 e 7 períodos respectivamente.

Page 10: O Provisional...PREMIO NACIONAL ÁS MELLORES PRÁCTICAS EDUCATIVAS CURSO 2003-04 O Provisional Ano XVIII - Número 51 Viveiro, 21 decembro 2011 SUMARIO: • Folgas de profesores e

O ProvisionalPáxina 10 21 decembro 2011

FALECEU D. AMADO

Grupo de compañeiros de D. Amado na Escola de Mestría Industrial de Viveiro. Deesquerda a dereita están: Emilio Casariego Carballés, Pedro Álvarez Expósito, Amado

Aguiar, Enrique Pérez García, Ángel Rodríguez Vázquez, Olaga Rúa Trigo, Isabel CruzChaves, Humberto del Rio Vieira, José Antonio Chao Batán, José Ramos Fernández e,

diante Ramón Barro Gómez (falecido o 3 de febreiro de 2007).

D. Amado, como era coñecido en Viveiro, era natural de Mondoñedopero veu para a Vila no ano 1956. Sacerdote e profesor de RelixiónCatólica exerceu como capelán no Hospital da Caridade, como coadxutorna Parroquia de Santiago e ultimamente, capelán da Residencia Betaniaonde finou o pasado 17 de novembro aos 81 anos de idade.

Foi nomeado profesor de Relixión na Escola de Mestría Industrial poloBispo de Mondoñedo, despois da xubilación de D. José María PérezLópez o 1 de outubro de 1960 desempeñando ese cargo dende o día 20dese mesmo mes.

En xaneiro de 1961 nomeárono Xefe de Estudos, responsabilidadeque exerceu ata 14 de decembro de 1970 cando pasou a ser Secretario,cesando dese último cargo o 15 de decembro de 1974.

Dende o 1 de outubro de 1990, ata a súa xubilación a finais do curso1995-96 foi Xefe de Seminario de Relixión.

¡Descanse en paz!.

EstabañónEstabañónEstabañónEstabañónEstabañónpresentoupresentoupresentoupresentoupresentououtro librooutro librooutro librooutro librooutro libro

A Asociación Cultural Estabañóneditou, o pasado verán, o séptimo li-bro, Seis poetas olvidados, unhaantoloxía con obras de Alonso Pérezde Vivero e Luis de Vivero (de finaisdo século XV, principios do XVI), Ni-colás Taboada Leal (XVIII), CameliaCociña de Llansó, José Almoina Ca-ballero e Luis Tobío Campos (os tresde finais do XIX, comezos do XX).

Anteriormente tiñan publicado "Ascarrachentas" de Fina Roca, "El di-gesto indigesto" de Fernando PérezBarreiro, "A Francesada en Viveiro,189" Xosé R. Fernández, "Viveiro,síntesis del incensario y la gaita" deJosé Travieso Quelle e "Viveiro y AMariña" de Álvaro Ruibal Carballal eo catálogo inédito de D. Juan Dona-petry Iribarnegaray titulado "Heráldi-ca Vivariense".

LOTARÍA

O persoal do IES María Sarmientoxoga este ano 2011 na lotaría de

Nadal uns 11.500 euros ao número

72.933

B I B L I O M A S Ao blog da nosa biblioteca

Page 11: O Provisional...PREMIO NACIONAL ÁS MELLORES PRÁCTICAS EDUCATIVAS CURSO 2003-04 O Provisional Ano XVIII - Número 51 Viveiro, 21 decembro 2011 SUMARIO: • Folgas de profesores e

21 decembro 2011 Páxina 11O Provisional

dende A Coruña ata a fronte de Oviedo.Durante esa triste etapa, o seu pai adquire a exclusiva da empresa

Luíntra, cun turismo Renault para levar o correo (este monopolio foraregulado no 1927) na liña Ourense-Parada do Sil-Ourense e mercatamén un Chevrolet de catro cilindros e 16 CV do ano 1925, un camiónFord e unha carrozaría demasiado longa que ten que adaptar.

No 1939, cando acaba a contenda, transforma varios camións enautobuses para a nova empresa deviaxeiros que refunda o seu pai enOurense. Máis tarde, Eduardo, xa sepon á fronte dun pequeno taller familiarno baixo da súa vivenda onde se adap-tan, reparan e manteñen os autobusesda liña familiar e comeza a fabricargasóxenos, primeiro para os seus pro-pios vehículos e logo, por encargo dadoque a gasolina estaba racionada. Ne-ses momentos é cando constrúen unterceiro autobús da liña, cos travesei-ros dun camión Citroën, un diferencialde despezamento e o motor e a caixade cambios dun camión queimado, aín-da que a carrozaría a encargan nova aun taller de Ourense.

BARREIROS, CONSTRUTORANo 1945, Eduardo Barreiros funda BECOSA (Barreiros Empresa

Construtora, S.A.) con oito obreiros iniciando traballos e contratas deobras públicas na provincia de Ourense fabricando parte da maquinariae utensilios que utiliza na construción de estradas. Realiza obras perto daGudiña, no Barco de Valdeorras e en Soutelo do Montes. Tamén lle sonadxudicadas as obras de 80 km. de regos asfálticos no sur da provinciae no edificio sindical do Carballiño. Para realizar estes traballos tamén

Eduardo Barreiros Rodríguez naceu en Gundiás (Ourense), na Pa-rroquia de San Miguel do Campo, o 24 de outubro de 1919; aos catroanos levárono para Canarias, onde o seu pai se gañaba a vida facendocedazos; por motivos de saúde dos seus avós regresaron a Galicia no1925. Casouse no 1946 coa mestra Dorinda Ramos natural de Cerreda(a uns 16 Kms de Parada do Sil) e tiveron dous fillos Eduardo Javier eMariluz. Trasladouse a Madrid co resto da súa familia no 1955 e faleceuna Habana (Cuba) ou 19 de febreiro de 1992.

OS DIFÍCILES COMEZOSNese momento (1925), ao regreso

de Tamaraceite (Gran Canaria) seupai inicia un pequeno negocio familiarde autobuses de liña ao comprar unPanhard Levassor de 10 HP con ca-pacidade de carga de 1.500 Kg. coque fai a ruta Ourense-Luintra-Ouren-se. Máis tarde, o proxenitor, solicitaa concesión da liña entre Ourense-Os Peares-Ourense e compra un se-gundo autobús, neste caso un estar-taelado Renault de 2 toneladas por4.000 ptas.

O mozo Eduardo traballa de revi-sor na liña familiar, picando os bille-tes e, as fins de semana, lavando epoñendo a punto o autobús. Tamén comeza a asistir, como aprendiz, a untaller de mecánica en Ourense (propiedade de José Arce) onde amosa assúa incribles calidades para o entendemento dos mecanismos e a súagran capacidade de traballo e iniciativa; aos 12 anos xa estaba totalmenteenfroscado no mundo do automóbil.

Ao estalar a Guerra Civil no 1936, cumpre o servizo militar na fronte,primeiro no terzo Abárzuza, e logo como condutor nun dos autobusesda familia que fora requisado para o transporte de soldados e feridos

Os Barreiros sempre foron unha familia moi unida; na foto vémolos nun dosprimeiros autobuses familiares (1932). Á esquerda (cortado) está Eduardo,

logo de pé Eduardo (pai) e dentro, polas fiestras, asoman en 1º lugar assúas irmás María e Mariluz e máis atrás Valeriano e Graciliano. Nestes

"autobuses" podían viaxar 20 persoas dentro e 10 nos bancos do teito(ademais dos vultos, cochos e pitas)

Eduardo Barreiros,o motor de EspañaEduardo Barreiros,o motor de España

Baixo este suxestivo título presentou o historiador ehispanista británico, Hugh Thomas, o l 5 de marzo de2007 o libro biográfico en torno á figura doemprendedor galego Eduardo Barreiros Rodríguez.Esta obra, que serve de base a este artigo recopilatorio,constitúe un verdadeiro estudo político, social eeconómico no contexto da España dos anos 20 aos 90,tendo como fío condutor a vida de Barreiros, que contri-buíu notablemente ao desenvolvemento industrial e eco-nómico e á motorización da España da posguerra.

Non resulta doado condensar nestas catro páxinas avida e obra dun personaxe tan senlleiro como foiEduardo Barreiros, pero ao igual que fixemos ennúmeros anteriores de O Provisional expoñemos soa-mente este traballo con carácter exploratorio pretenden-do somentes espertar a curiosidade dos nosos alumnosrespecto a esta biografía.

Page 12: O Provisional...PREMIO NACIONAL ÁS MELLORES PRÁCTICAS EDUCATIVAS CURSO 2003-04 O Provisional Ano XVIII - Número 51 Viveiro, 21 decembro 2011 SUMARIO: • Folgas de profesores e

O ProvisionalPáxina 12 21 decembro 2011

Comeza fabricando o EB-1(cunha produción de tres unida-des diarias) para aplicación en ca-mións de 5 a 7 TM, inicio dunhalenda de motores no transporteespañol. Ao tempo compra os pri-meiros 20.000 m2 de terreo en Vi-llaverde (Madrid).

Continúa a produción cos EB-2 e o EB-4 de 55 CV, para diver-sas aplicacións en turismos, ve-hículos lixeiros, grupos electróxe-nos e maquinaria en xeral; istoanimou a numerosos taxistas etransportisas ao cambio ao acei-te pesado. Logo chegarían os EB-100, o EB-150 e outros, que se

adaptaban como anel ao dedo ás necesidades de motorización naque-les históricos momentos. Estas máquinas semellan, ás veces, copias dosPerkins (de causalidade a firma inglesa non tiña patente para España); poidaque inicialmente fose así, pero está claro que tiñan a impronta de Barreiros.

En paralelo a toda esta frenética actividade empresarial creou taménoutras factorías auxiliares e de compoñentes: CEESA (Construtora Eléc-trica Española, S.A.) para a fabricación de dinamos, arranques e regu-ladores, CABSA en 1955 (bombas de inxección) e unha rede comercialpropia Mosa -Motor Nacional, S.A. cun capital de 5.000.000 ptas. paraa comercialización dos seus produtos.

Tampouco se quedou coa fabricación de motores e, un pouco vol-vendo ás súas orixes, maxinou un prototipo de camión. Era o ano 1957.Barreiros constrúe un vehículo partindo de pezas doutros, como xa ofixera no seu Ourense natal, e preséntao a concurso do exército portu-gués como camión militar de alta capacidade. Así nace o alcumado oAvó (cun motor EB6) primeiro vehículo Barreiros, co que gaña o con-curso luso para a subministración duns 300 camións fronte a outrasempresas internacionais coma a General Motors.

O camión era parco, duro e, ao tempo, barato de fabricar. Incluso eramáis adaptado ás necesidades do propio exército español que os poli-ticamante todopoderosos Pegaso, fabricados por ENASA (EmpresaNacional de Autocamiones), propiedade do INI (Instituto Nacional de

Industria) gobernado polo seu eter-no inimigo o marqués de Suan-ces.

Iníciase a comercialización dedous novos camións, o Azor e oSúper Azor. Isto creoulle moitosproblemas coa administraciónvendo limitada a súa actividadeata límites de ter que acouder adesguaces e ao contrabando parapoder seguir fabricando.

Será o propio Eduardo Barrei-ros quen conduza un camión, nosmontes próximos ao pazo do Pardo,ante a mirada atenta de do "Xene-ralísimo" Francisco Franco. Nonestá moi claro ata que nivel con-venceu ao ditador, pero isto tradu-ciuse na autorización do INI parafabricar camións, aos que segui-

ron autobuses, tractores e máis motores.Barreiros solicita de novo permiso para fabricar automóbiles.Iso foi

xa demasiado para os oídos do Instituto Nacional de Industria, a xoiade Franco propietaria de SEAT, que se opón frontalmente.

FOTO SUPERIOR: á dereita aparece Eduardo Barreiros Nespereira, pai do noso prota-gonista xunto ao autobús requisado á familia para o transporte de soldados e feridos

dende A Coruña ata a fronte de Oviedo.FOTO INFERIOR: motor Krupp diesilizado por Barreiros (expos. itinerante ano 1951).

inventa varias máquinas moienxeñosas que axusta a ca-mións para varrer e eliminar o poantes de asfaltar.

Pero sen dúbida a obra quecatapultou a BECOSA foi a adxu-dicación, mediante concurso, daconstrución do espigón de Caste-llón, cun valor inicial de catro mi-llóns de ptas. Ninguén pensabaque o ía conseguir, pero inxeñode Barreiros (utiliza camións quexiran na punta da obra, de ape-nas 4 m. de ancho, sobre plata-formas móbiles en vez das tradi-cionais vagonetas); isto fai queen só tres meses poña en funcio-namento a canteira, o transporte, a vertedura e o taller da obra.

No taller de Ourense empeza a transformación de motores de gaso-lina (Krupp rusos) ao ciclo Diesel para cubrir as necesidades dospropios vehículos utilizados nas obras de contratas.

No 1948 a gasolina custaba a 6,25 pts/litro (11 no mercado deestraperlo) e o gasóleo só 1,80; ademais, había que sumar o me-

nor consumo específico das mecánicas Diesel o que facía moirendible a operación; por exemplo: os ZIS-5 de 73CV abandonadospola república pasaron de consumir 40 litros de gasolina/100Kms a

28 litros/100 de gasoil. ¡Botade contas!.Poucos crían que eses motores modificados tan sequera arrincasen

pero non só o facían, senón que funcionaban perfectamente. A novaespallouse como a pólvora, principalmente entre os transportistas daépoca que anagan de pedidos o taller familiar de Ourense, quedándosepequeno en moi pouco tempo. Esta situación, e a fama que lle dan astransformacións, animan a Barreiros a dar o gran salto.

TRASLADO DA ACTIVIDADE A MADRIDFUNDACIÓN DE BARREIROS DIESEL

Era o ano 1952. A capital cumpre as mellores condicións de cara aoproxecto expansivo que lle ronda na cabeza a Eduardo, sobre todopolo céntrico e polas comunicacións. Para iso, aluga unhas naves (nokm. 7 da estrada Madrid - Andalu-cía, por 50.000 ptas. ao mes e con50 traballadores) onde transformacentos e centos de motores. É oxerme da futura fábrica BarreirosDiesel de Villaverde.

Coa tremenda experiencia acu-mulada, e con ese capital huma-no, apoiado sempre polos seus ir-máns Valeriano, Celso e Graci-liano (enxeñeiro industrial a quenEduardo lle pagara a carreira) pro-pónse facer un motor totalmentenovo con tecnoloxía propia. Noné doado, pero meu dito meu feito,en 1954 funda Barreiros Dieselun capital de 10.000.000 ptas.

O famoso anagrama de Barreiros, en forma de oito,está formado pola conxunción da E de Eduardo e aB de Barreiros; todo un símbolo da motorizaciónespañola

Page 13: O Provisional...PREMIO NACIONAL ÁS MELLORES PRÁCTICAS EDUCATIVAS CURSO 2003-04 O Provisional Ano XVIII - Número 51 Viveiro, 21 decembro 2011 SUMARIO: • Folgas de profesores e

O Provisional21 decembro 2011 Páxina 13

ASOCIACIÓN COS AMERICANOS, O PRINCIPIO DO FINNeste contexto, unido a unha especial crise de financiamento, Barreiros

necesitaba urxentemente un socio; e atopouno na americana Chrysler,a quen vende o 40% do capital de Barreiros Diesel en 1963 nacendoasí a Barreiros-Chrysler para a fabricación das marcas Dodge e Simca(marca francesa que estaba participada nesa época nun 63% pola americanaChrysler). O pacto inclúe a fabricación de coches e camións america-nos, e decídese montar tamén o turismo Dodge Dart, do que se importanas pezas dende EEUU para facer unhas 15.000 unidades. Pero a incia-tiva resultou devastadora, o mercado non podía dixerir tanto volume decoches considerados de "alta gama" (lembremos que o propio presi-dente do goberno, o Almirante Luis Carrero Blanco, viaxaba nun Dodge3700 GT pola rúa Claudio Coello de Madrid cando sufríu o atentado daETA que lle custou a vida o 20 de decembro de 1973).

A maioría das pezas dos Dodge viñan da factoría americana a carón do ríoHudson, ás veces xa oxidadas (hai quen di que o teito de vinilo do DodgeDart GT agochaba o incepiente óxido). Foi un fracaso.

Con todo, é nesta época, coincidindo co lanzamento do famoso utili-tario Simca 1000 e 1000GT, a finais de 1965, cando a fábrica en Villaver-de chega á súa máxima expansión. As cifras son asombrosas (non haique perder a perspectiva dos seus comezos en Gundiás):

Un dos auncios míticos da Barreiros que saía habitualmente na prensa enalguna revista do sector

- a planta de Villaverde ocupa dous millóns de metros cadrados- xera uns 25.538 empregos- ten unha ampla rede comercial e unha financeira propia- factura máis de 7.000.000.000 ptas.- inviste 4.200.000.000 ptas. nas plantas industriais- outros mil millóns na rede comercial de distribución.Pero o emporio está gravemente ferido.As dificultades financieiras, moitas inducidas polo incómo-

do socio americano, que pensa máis en introducirse en Euro-

Nesta panorámica da fábrica de Villaverde podemos ver omontaxe dos camións Halcón, Puma e Comando (1963)

Recorte do artígo publicado por Business Week sobre Barreiros Diesel. No mesmo intúese o toque de lle dan de rei Midas a Eduardo Barreiros, resaltando asúa alianza coa Chrysler. É salientable tamén que o consideren coma o principal representante dunha nova xeración de industriais xurdidos da pobreza

Page 14: O Provisional...PREMIO NACIONAL ÁS MELLORES PRÁCTICAS EDUCATIVAS CURSO 2003-04 O Provisional Ano XVIII - Número 51 Viveiro, 21 decembro 2011 SUMARIO: • Folgas de profesores e

O ProvisionalPáxina 14 21 decembro 2011

pa que fabricar coches, obrigan aos Barreiros a vender en 1967 outro37% a Chrysler, ata un total do 77%, e xa no 1969 o resto, saíndotristemente de Villaverde co acordo de non dedicarse nun lustro a ningun-ha actividade relacionada co automóbil.

Ao final, trala crise do petróleo do 1973, a Chrysler vendeu todas as partici-pacións en Europa, incluída a planta de Villaverde denominada naquel momen-to Chrysler España.

Pero nese "lustro sabático" Eduardo Barreiros non pode estar quedo;compra unha finca de 5.000 Ha. na Solana (Cidade Real) transforman-do un terreo totalmente baldío nun extraordinario campo de cultivo daman da firma Puvasa (Explotacións Porto Vallhermoso, S.A.); chegaa ser unha das principais fontes de abastecemento de sementais ásganderías de España e de Europa cos mellores laboratorios de insemi-nación artificial que existen no vello continente.

A DERRADEIRA ETAPA EN CUBATranscorridos os cinco anos "apartado" do mundo do motor pactados

cos americanos da Chrysler, xa mediados os anos 70, Eduardo volveás andadas e funda DIMISA (Diesel Motores Industrias S.A.), para ainvestigación e desenvolvemento de familias de motores Diesel de 130a 500 CV; adquire, no polígono industrial de Pinto (Madrid), dúasnaves xemelgas duns 1.000 m2 cada unha, nas que instala un modernolaboratorio de motores para a fabricación e experimentación de prototi-pos coa máis alta tecnoloxía do momento.

De novo preséntase e gaña un concurso, desta vez en Cuba, condous motores de 8 cilindros saídos de Pinto. Gáñalle nada menos queá poderosa Nissan, o concurso para a fabricación de mecánicas Dieselna Cuba de Fidel Castro; os motores de Barreiros funcionaron durante máisde dous meses de forma inenterrompida.

CURIOSO:- Eduardo e a súa dona Dorinda foron de lúa de mel á Coruña nun

flamante Standar Special (Jaguar) vermello que el mesmo prepara-ra para a ocasión; pero aos dous días da viaxe vendeuno polo dobredo que lle custara e volveron en tren para a casa.

- Un dos primeiros motores Diesel que houbo na Escola de MestríaIndustrial de Viveiro, cando comezou a impartirse a Rama de Auto-moción no 1972-73, foi precisamente un Barreiros modelo C-24.

- Eduardo Barreiros tense entrevistado con responsables de Barro-Chavín para transformar a empresa viveirense e fabricar engrenaxespara David Brown; a falla da potencia eléctrica necesaria fixo farca-sar o proxecto.

-O Ministerio de Cultura, mediante Resolución de 24 de agostode 2010, do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais,fixo pública a concesión dunha axuda para rodar a película "Eduar-do Barreiros, El Henry Ford español" de Continental Producciones,S. L. por importe de 150.000 euros (BOE 8/9/2010)

Con máis de sesenta anos, no 1982, fai as maletas e trasládase áHabana, levándo con el un puñado de colaboradores, a maioría persoaltécnico, da etapa anterior de Barreiros Diesel. Alí, e fronte ás dificulta-des que supón facer na illa caribeña un motor cun mínimo de calidade,volve ás súas orixes e dedícase á dieselización de mecánicas degasolina (ZIL-130, obviamente de procedencia rusa), ata que por fin ve aluz o Taíno (nome dos habitantes da illa antes do descubrimento), motorcubano desenvolvido por Barreiros. Asina un contrato para a direccióndo plan de desenvolvemento automotriz cubano co fin de producir,baixo a súa dirección e supervisión, motores Diesel de diversas cilin-dradas (de 6 a 12 cilindros en V), cuxa denominación será Taino EB.

Mentres tanto, a produción deixa moito que desexar e non se alcan-zan os obxectivos previstos.

Dentro da súa insaciable inquietude, e xa con 72 anos cumpridos,Barreiros proxecta levar o motor cubano a Angola e montar alí unhafábrica, pero a morte alcánzao sen conseguilo.

Sempre nos quedará a dúbida: que pasaría se non se houbese asociado cosamericanos ou se se lle permitise asociarse con SAVA ou ENASA?, seguiríaproducindo camións e tractores na actualidade?...

RECOÑECEMENTO AO SEU LABOREn España, foille concedida a Gran Cruz da Orde ao Mérito Civil e

a Medalla ao Mérito no Traballo. En Cuba, foi nomeado Doutor HonorisCausa en Ciencias Técnicas e a Giraldilla dá Habana.

Pero, se acaso, o que aínda falta é un recoñecemento expreso dopobo galego e dos seus representantes que parecen ter olvidadas figu-ras tan salientables, coma Barreiros, José Barro González ou moitasoutras que contribuiron ao meritorio pasado industrial do noso pobo.

Os que coñeceron a Eduardo Barreiros non poden esquecer que foi unhome sensato, emprendedor, traballador e honesto. Colaboradores, em-pregados e ata adversarios, recoñecen na súa figura o alicerce sobre oque se instala a industria moderna da automoción en España.

A FUNDACION BARREIROS E O MUSEONo 1997 constitúese a Fundación Eduardo Barreiros en recoñece-

mento á obra do emprendedor ourensán presidida pola súa filla, MariluzBarreiros Ramos. Dado que a preocupación pola formación dos máisnovos foi sempre unha das constantes na vida do noso protagonista, afundación aspira a desenvolver actividades que abarquen diferentescampos dentro do mundo da automoción nos ámbitos industrial, técnico,ata a faceta estética e plástica, sempre cun horizonte formativo.

Tamén conta cun museo monográfico inaugurado un ano máis tardeen Valdemorillo, un espazo expositivo no que se amosan os logros doseu traballo, tesón e experimentación.

Concibido como viva achega para a educación das novas xeraciónsé tamén un espazo interactivo no que se pode acceder ás diferentesobxectos, incluídos coches, camións e tractores, o que fai posibleentender o traballo da produción de motores naquela época. Existe ataun motor EB6 seccionado de demostración que orixinariamente foi rega-lado por Eduardo Barreiros á Escola Técnica Superior deEnxeñeiros Industriais de Madrid en 1954 e que, posterior-mente, en 1998, a Escola doou ao Museo. (N.T.L.)

Eduardo Barreiros con Fidel Castro (1979)

BIBLIOGRAFÍA:EDUARDO BARREIROS EL MOTOR DE ESPAÑA. HUGH THOMAS.Editorial Planeta. ISBN 84 08 06834 2¡ES UN MOTOR ESPAÑOL!: HISTORIA EMPRESARIAL DE BARREI-ROS. JOSÉ LUIS GARCíA RUIZ, MANUEL SANTOS REDON Madrid,Síntesis, 2001 GARAJE. IMÁGENES DEL AUTOMÓVIL EN LA PINTURA ESPAÑOLADEL SIGLO XX. Fundación Eduardo Barreiros, 2000 LOS DODGE ESPAÑOLES: LA PRODIGIOSA AVENTURA DE EDUAR-DO BARREIROS. PABLO GIMENO VALLEDOR, RAMÓN ROCA, Ma-drid, Cie Inversiones Editoriales - Dossat 2000

Page 15: O Provisional...PREMIO NACIONAL ÁS MELLORES PRÁCTICAS EDUCATIVAS CURSO 2003-04 O Provisional Ano XVIII - Número 51 Viveiro, 21 decembro 2011 SUMARIO: • Folgas de profesores e

M55R

3s20

I14

M23

A16

I13

N25

T21O

18

s12

E02

M17

A22

R32

I35

A37

A50

R52

I61

E62

N66

T68

I04

E07

I11

I03

E08

T10

E15

I24

A26

A28

E19

21 decembro 2011 Páxina 15O Provisional

s12

I01

E02

M17

A22

R32

I35

A37

s39

A50

R52

M55R

3

I61

E62

N66

T68

O70

s09

I04

E07

A05

I11

I03

E08

O06

T10

s20

I14

E15

M23

A16

R29

I24

A26

s27

A28

R30M

33

R31

I13

E19

N25

T21O

18

s44

I01

E42

M51

A40

R65

I53

A57

s39

A58

R64

M67 R

68

E46

N54

T48

s09

I38

E41

A05

I59

I49

E45

O06

T56

s20

E43

A16

R29

I36

A63

s69

R30

M33

R31

I13

E47

O18

A60

O70

I34

123456123456123456123456123456123456

123456123456123456123456123456123456

123456712345671234567123456712345671234567

123456123456123456123456123456123456

123456712345671234567123456712345671234567

123456712345671234567123456712345671234567

123456123456123456123456123456123456

123456123456123456123456123456123456

123456123456123456123456123456123456

123456123456123456123456123456123456

123456123456123456123456123456123456

BÓLAS TOLASAtopa as bólas que permitan

construír o nome do noso cen-tro; iso si, por orde numérica

(Solución na páxina 23)

COMEZO DO SEGUNDO ANO DA EXPERIENCIA

ABALAR

lar. Así mesmo, os equipos levaninstaladas novas ferramentas ta-les como iTALC (programa de con-trol dos ordenadores dos alumnosdende o posto de coordinación deaula), ou Sigala (programa de xes-tión de grupos de alumnos), entreoutras.

Unha vez que estea completadaa instalación realizarase unha ac-ción formativa co profesorado parainformar sobre o funcionamento xe-ral do equipamento Abalar e sobreas novidades deste curso.

Este curso ten o seu despachono IES María Sarmiento un técnicoda Unidade de Atención a Centros,o ex-profesor Juan Menéndez Ro-cha, feito que sen dúbida cointri-buirá a un mellor aproveitamentoda plataforma Abalar.

Iniciamos o segundo ano de Aba-lar coa recepción, a mediados denovembro, dos equipamentos co-rrespondentes ás catro novas au-las para 2º de ESO. Ao igual queno curso anterior cada aula do-touse de encerado dixital interac-tivo, canón ultracurto e carro de car-ga cos ultraportátiles dos alumnos,un para cada un, e mais o portátilde aula.

No momento de rematar esta in-formación, aínda Faltaban por ins-talar as antenas WIFI pero preve-se que estean listas á volta dasvacacións de Nadal.

Como novidades, convén desta-car o feito de que o antigo siste-ma operativo Linux-Ubuntu da edi-ción anterior pasa a ser substituí-do por Debian na nova imaxe Aba-

Page 16: O Provisional...PREMIO NACIONAL ÁS MELLORES PRÁCTICAS EDUCATIVAS CURSO 2003-04 O Provisional Ano XVIII - Número 51 Viveiro, 21 decembro 2011 SUMARIO: • Folgas de profesores e

O ProvisionalPáxina 16 21 decembro 2011

visita ao conxunto etnográfico de Teixois

Os Departamentos de Música e de Bioloxía organizaron unhaexcursión a Vigo para visitar a estación de ciencias mariñas Tora-lla (momento que recolle a fotografía) e asistir ao musical “Los40”. Foi o 14 de outubro cando os alumnos de 4º de ESO e de 1ºde Bacharelato acompañados polas profesoras Gema Rena, Pi-lar Asensio e Mª Jesús Pérez Ramos se desprazaron á cidadeolívica para participar nas devanditas actividades.

VIAXE A VIGOVIAXE A VIGOVIAXE A VIGOVIAXE A VIGOVIAXE A VIGO

O 24 de novembro os alumnos de 4º de ESO estiveron en Taramundipara visitar, acompañados polos profesores Angélica Otero, AndrésCriado e Miguel Plasencia, a área etnográfica de Teixois e o museo

dos muiños de Mazonovo. De regreso estiveron na praia das Catedraisen Ribadeo.

PA

E

iesMASA

PLAN DE AFORROENERXÉTICO 2011

Dentro do Plan Anual de Xestión des-te curso 2011-2012 contémplase unapartado específico referente ao afo-rro enerxético, centrado principalmen-te na diminución do consumo de ener-xía eléctrica.

Os obxectivos específicos que sepretenden son:

-Concienciar sobre a necesidade deoptimizar o consumo enerxético.

-Rebaixar o consumo de electricida-de, neutralizando o incremento provo-cado pola incorporación de novos equi-pos informáticos e de proxección nasaulas.

En canto aos puntos concretos deaforro, identificados como PAE, con-templan:

-A automatización do acendido dasluminarias.

-Cambio progresivo das luces anti-gas por outras con arranque electróni-co en zonas comúns e con gran núme-ro de funcionamento. Xa se teñen ins-talados puntos PAE na sala de profe-sores, corredores e nos talleres deelectricidade. Proximamente acomete-rase esa mesma actuación no tallerde electromecánica de vehículos e nazona de pintura (carrozaría).

Outro ámbito destacable de cara aoaforro é a utilización da estación de cap-tación solar que xa está subministran-do toda auga quente para os servizosdo edificio C (lavabos dos talleres deelectricidade, electromecánica e pun-to de recollida de auga polo persoal delimpeza) que vén funcionando dendecomezos deste curso.

O plan continuará, segundo confir-mou o Director, ao longo dos vindeiroscursos.

Page 17: O Provisional...PREMIO NACIONAL ÁS MELLORES PRÁCTICAS EDUCATIVAS CURSO 2003-04 O Provisional Ano XVIII - Número 51 Viveiro, 21 decembro 2011 SUMARIO: • Folgas de profesores e

O Provisional

P

ST

IC

A

21 decembro 2011 Páxina 17

-Car

men

Ruí

z M

artín

ez-

4ºB

mir

ad

a

MD no IES MASA - Por Martín Martínez (ADAPTACIÓN AO PONTE DA CONSTITUCIÓN)

http://iesmasaxeohistoria.blospot.com

fai 15 anos

fai 10 anos

fai 5 anosNº 35, publicación:07-04-2006

SUMARIO: O IES María Sarmiento participa

no Programa PISA 2006, A Festa doSan Xoán Bosco, Como se vive a Leiantitabaco, Algoritmo, A Biblioteca

Escolar e a CDU, O Bruxo do Pozo, OtisSpann, Entregado o premio do INEGA aoDepartamento de Tecnoloxía, Campaña

de vacinacion contra a meninxite

Nº 7, publicación:20-12-96EDITORIAL:

De Escola de Obreiros de Viveiro aInstituto de Secundaria

SUMARIO: Eleccións ó Consello Escolar, Xubilaciónsde Amado Aguiar e Ramón Barro, Bares,Curso de autocad,A lenda de Estabañón,

Viaxe no tempo,Os mitos, O RegulamentoOrgánico dos IES

Nº 22, publicación:21-12-01EDITORIAL:

O Plan Galego de F.P.SUMARIO:

Xubilación de José Antonio Chao,Subproceso de acollida, Elísabet Gómez

xurado dos Xerais, Celeiro e as súaoríxes, Tempo de reflexión, Cursos de

verán, Tropezóns coa xeometría, O vellomuiñeiro (1ª parte), Biblioteca online,APA, O profesorado no marco da ISO

É A QUINTA VEZ QUE CHE-GAS TARDE ESTA SEMANA(e iso que só houbo clase

dous días)

Page 18: O Provisional...PREMIO NACIONAL ÁS MELLORES PRÁCTICAS EDUCATIVAS CURSO 2003-04 O Provisional Ano XVIII - Número 51 Viveiro, 21 decembro 2011 SUMARIO: • Folgas de profesores e

O Provisional

Agora parece que se empeza a po-tenciar outra vez e dar a coñecer xun-to con outros xogos tradicionais, comao do peón, o da chave, os bolos, a pe-tanca, etc. O obxectivo é que non seolviden totalmente, e só quede a súareferencia nos libros e na historia; poriso, a principios deste século XXI, co-mezou un movemento popular en vi-las e aldeas patrocinado polos con-cellos e asociacións culturais de caraa recuperar este xogo tradicional den-tro do amplo conxunto dos que sepracticaban na nosa cultura. Para isonaceu unha liga chamada LNB, ousexa, Liga Nacional de Billarda, cuxoúnico obxectivo é potenciar este de-porte e dalo a coñecer a modo decompetición, unificando as distintasnormas de xogo, pois variaban dunlugar a outro.

O xogo da billarda pódese dicir quenaceu nas aldeas e nas vilas onde osrapaces con tan só dous paus xoga-

Por José María Leal López

Páxina 18 21 decembro 2011

ban e se entretiñan en calquera lu-gar; aínda que, debido á forza con quese bate a billarda, soían buscarse si-tios abertos sen nada ó arredor, poisconviña evitar os lugares cerrados ouas rúas onde houbera xente xa que éun xogo perigoso e, ó bater con forzaa billarda, esta podería impactar tan-to en obxectos coma en persoas, ecausarlles moito dano. Debido á súasimilitude, a billarda pódese conside-rar coma o pai do béisbol actual, tanarraigado nos países americanos, peromenos aquí.

Eu lembro a billarda con moito aga-rimo polos bos momentos que paseixogando cos meus compañeiros eamigos en Celeiro. Este xogo toma-ba diferentes nomes, segundo os lu-gares onde se practicaba, aínda queos máis populares eran a billarda, aestornela e o caño, entre outros. EnCeleiro e Viveiro chamabámoslle oxogo do caño.

Polo que respecta ós seus funda-mentos, pódese dicir que son moisinxelos, aínda que para saber xogarben hai que practicar moito. O pri-meiro que se necesitaban eran douspaus cilíndricos de madeira dura quenon rachara, coma o carballo ou obuxo; un era o pau de bater, que me-día uns cincuenta centímetros; o outropau era o caño, que era máis curto,arredor duns quince centímetros,máis ou menos; este afiábase polasdúas puntas coma se fora un lapis.Cada un de nós preparaba coidado-samente cunha navalla tanto o pau debater coma o caño; logo puíase cun-ha lixa xa que era moi importante queestiveran ben feitos e puídos para quenon fixeran vexigas nas mans.

Como diciamos, o xogo desenvol-víase en lugares abertos por mor deque ó lanzar o caño con forza noncausara ningún dano a ninguén queestivera por alí cerca, tamén había que

Nun primeiro plano podemos ver o caño, pau máis curto ao que se lle pegaba co pau de bater.A superficie dura, coma a da pista do noso centro, é ideal para o xogo pero hai que ter moita

precaución: ver cara a onde sae "disparado".

XOGOS POPULARES: A BILLARDAXOGOS POPULARES: A BILLARDAXOGOS POPULARES: A BILLARDAXOGOS POPULARES: A BILLARDAXOGOS POPULARES: A BILLARDA

Quizais sexa un dos xogostradicionais galegos máisapaixonantes que se practi-caban decotío hai uns cantosanos nas vilas e aldeas detoda Galicia. Eu recórdoocomo o xogabamos os rapa-ces en Celeiro, aló polo prin-cipio dos anos sesenta, e con-sidero que quizais sexa undos xogos máis complexosque había conxuntamente codo peón; logo, co paso dosanos, foise abandonando coaentrada doutros foráneos,ata quedar coma un xogopracticamente testemuñal.

Page 19: O Provisional...PREMIO NACIONAL ÁS MELLORES PRÁCTICAS EDUCATIVAS CURSO 2003-04 O Provisional Ano XVIII - Número 51 Viveiro, 21 decembro 2011 SUMARIO: • Folgas de profesores e

O Provisional21 decembro 2011 Páxina 19

xogar en lugares onde o chan foseduro, o mellor era a terra batida lim-pa onde non houbera herba para po-der bater ben o caño. O xogo podíasefacer ben en parellas ou ben de formaindividual, todo dependía da xente dis-posta a participar que houbera naquelmomento alí.

O obxectivo fundamental do xogoera coseguir unnúmero de pun-tos predetermi-nado que erafixado polosxogadores an-tes de esco-menzar a xogar; xeral-mente establecíanse unhamarca sobor dos mil pun-tos, que se ían anotando nochan cunha vara, e o pri-meiro que chegaba a esenúmero era o que gañabao xogo. Por parellas seguíase o mes-mo criterio, de maneira que quedabaprimeira a que acadaba dita puntua-ción. Hai outra forma que tamén sexoga chamada de escardar que é pa-recida aínda que non igual, pero enCeleiro xeralmente xogabamos ospuntos que é a que vou nomearagora.

O xogo comezaba cun sorteopara saber a orde en que se ti-raba, isto é, quen era o primeiroe logo os seguintes que ían ba-ter o caño; a continuación facía-se una raia no chan que era opunto de partida e o punto onde sesituaba o caño; o primeiro xogadortiña ata tres opcións para bater o de-vandito caño ata afastalo o máis lo-nxe posible da raia; se fallaba as tresopción, pasaba o seguinte a bater,unha vez que xa batía a billarda des-pois só disponía de dous golpes máispara acabar a xogada, e una vez fi-nalizadas as tres tiradas, o batedorcalculaba mentalmente cantas veces

cabía o pau na distancia que habíaentre a raia de saída e a posición fi-nal a onde chegara o caño, logo pre-guntáballe ó xogador contrario seaceptaba dita medida, se dicía que sisumaba os puntos directamente no

seu casilleiro, pero se non había acor-dó entre os dous, tiña que medir ditadistancia co pau de bater; se había amedida pedida ou a pasaba pois su-maba os puntos pedidos, pero se nonos alcanzaba entón non lograba nin-gunha puntuación. Tamén podía acon-

tecer que o lanzador nas tres tiradasnon sumara máis de dez puntos, da-quela xa non sumaba nada e dabapaso ó xogador seguinte, e así ía se-guindo o xogo, coa rotación duns edoutros tendo en conta o sorteo atachegar á suma estipulada.

O xogador ou xogadores do equipocontrario segundo fora o xogo, indivi-dual ou por parellas, poñíase a unadistancia duns quince metros do que

Xeralmente, xogábase no inverno,en tempos de lecer, polo que o máiscomún era facelo os domingos polas

tardes, despois de merendar.

batía o caño, e, se lograba coller estepolo aire antes de caer no chan, en-tón o batedor xa non sumaba ningúnpunto e pasaba a golpear o que colle-ra o caño no aire, a isto chamábase-lle “chapar”. Había tamén outra nor-

ma que se aplica-ba cando o cañocaía nun lugar inac-cesible, por exem-plo nunha poza deauga, nun buratoou quedaba colga-da nalgún sitio, en-tón acordábase po-

ñer o caño no chan ó rente do lugar,pero o xogador perdía una tirada, cocal se tiña dúas feitas xa non podíaxogar máis.

O xogo da billarda é coñecido epracticado por todo o territorio espa-ñol; en cada lugar ten diferentes no-mes, aínda que o máis común é o debillarda. O tempo de duración depen-día do que se tardara en alcanzar ospuntos fixados; pero, se empezaba achover, o xogo suspendíase automa-ticamente. Debido ás súas caracte-rísticas, este basicamente é un xogoque necesita forza física, de maneira

que o practicaban exclusiva-mente os rapaces, ademais ne-cesitaba un adestramento pre-vio para dominalo. Por outrolado, permitía, e permite, fomen-tar o compañeirismo, a compe-tividade e a coordinación físicade movementos, era moi diná-

mico e funcional, o que o convertehoxe en día nun xogo ideal para aeducación secundaria. Tamén hai queter en conta que o caño ou estornelaten certo risco físico, así que esixeque se tomen sempre as precauciónsestablecidas para a súa práctica senriscos. Para concluír, animo a todo omundo a xogar ó caño, billarda ou es-tornela, como máis nos guste, ánimopois. Viveiro, novembro de 2011

Page 20: O Provisional...PREMIO NACIONAL ÁS MELLORES PRÁCTICAS EDUCATIVAS CURSO 2003-04 O Provisional Ano XVIII - Número 51 Viveiro, 21 decembro 2011 SUMARIO: • Folgas de profesores e

O ProvisionalPáxina 20 21 decembro 2011

Ao igual que en anos anteriores,reunímonos no patio cuberto, porquechovía, para "bailar" este marabillosoxoguete.

Houbo demostracións e concursos debaile do peón. O campión foi MateoFustes de 2º C que logrou manter durante1' e 6" o trompo en rotación; logo, noapartado de filigranas, gañou Yancarllode 4º de ESO PDC, e en decoración MirianTimiraos Díaz de 1º de ESO. Todosrecibiron un agasallo en forma de valede compra para material didáctico.

Segundo os profesores organizadoresdo evento, Basanta, Mariluz, Leal e Victor,lográronse os principais obxectivos pre-vistos para esta actividade:

Divulgar, recuperar e conservar asactividades lúdicas tradicionais; favo-

recer a relación alumno-profesor; diversi-ficar a oferta de actividades; promover oexercicio físico e o xogo cooperativo.

Tamén se editou un folleto explicativodo xogo dende a perspectiva da infanciado profesor Leal López.

O xoves, 11 de novembro de 2011, celebramos o DÍA DO PEÓN

IRIA

Os alumnos do Programa de Diver-sificación Curricular, acompañadospola profesora Sabela Barcón Soto,visitaron as instalacións da cadeaSer-Mariña como complemento aoestudo dos medios de comunicaciónoral. Foi así que o 29 de setembrose trasladaron ata a emisora ondeforon entrevistados en vivo para aemisión mariñá.

Tamén aproveitaron a saída para fa-cer un percorrido polas igrexas deSanta María e San Francisco, expo-ñentes viveirenses do románico e dogótico.

n:t.l.

¡Bo Nadal a todos!¡Bo Nadal a todos!¡Bo Nadal a todos!¡Bo Nadal a todos!¡Bo Nadal a todos!

VISITA ÁVISITA ÁVISITA ÁVISITA ÁVISITA ÁCADEA SERCADEA SERCADEA SERCADEA SERCADEA SER

"En mi casa he reunido juguetes pequeños y grandes sin los cuales no podría vivir. Elniño que no juega no es niño, pero el hombre que no juega perdió siempre al niño que

vivía en él y que le hará mucha falta" -Pablo Neruda-

Page 21: O Provisional...PREMIO NACIONAL ÁS MELLORES PRÁCTICAS EDUCATIVAS CURSO 2003-04 O Provisional Ano XVIII - Número 51 Viveiro, 21 decembro 2011 SUMARIO: • Folgas de profesores e

O Provisional

FUNDACIÓN LIBÉLULA

Yashmina Shawki, xornalista e escritora de san-gue galega e kurda, publica a súa segunda obranarrativa en lingua galega; Fundación libélula éunha novela curta onde conta a loita de catromulleres, Gladys, Helena, Laura e, a que funcio-na de elo de unión entre ellas, María Xosé. To-das elas se atopan nunha situación difícil, maisdescobren que unidas son quen de superar to-dos os obstáculos.

SEN MIRAR ATRÁS

Sen mirar atrás de Dani Castelao é a obra ga-ñadora do Premio de Banda Deseñada Castelaodo ano 2009. O protagonista é un mozo que,decidido a romper co seu pasado, inicia unhaviaxe na compaña do seu can na procura dunha vidanova, pero, quen dixo que era fácil cumprir os so-ños? Agárdanos un final sorprendente ao final docamiño.

A FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS

O premio de narrativa Merlín do ano 2010 foi paraesta novela de Teresa González; nela a protagonis-ta é a nena Serafina, propietaria dunha bicicletaverde e laranxa coa que realizar unhas acrobaciasque causan sensación entre a veciñanza: pode fa-cer a vertical no guiador, danzar cos pés na selamentres a bicicleta fai círculos, andar polosaires...Mais poderá sobrevivir ás teimosías da súatía Perfecta, unha cantante de ópera xubilada cuxapalabra favorita é Non!! e a un misterioso rumor so-bre ella que se estendeu pola vila?

21 decembro 2011

Ventá aberta aos librosVentá aberta aos librosVentá aberta aos librosVentá aberta aos librosVentá aberta aos libros

Páxina 21

ÁLVARO CUNQUEIRO

A viaxe pode comezar ábeira dun río, ti serás unhadama ou un cabaleiro; parti-rás cara á Bretaña nunha ca-rruaxe con xentes do máisalá; singrarás os mares deSinbad e namoraraste coa in-tensidade de Xulieta ou Ro-meo; terás as dúbidas deHamlet e a maxia de Merlín,mais, cando regreses á túaÍtaca, levarás na ollada abeleza dos mil ríos e o inmenso tesouro da linguaelixida por Álvaro Cunqueiro. Le a Cunqueiro, todasas súas obras son unha festa da imaxinación!!

XEROGLÍFICO:a biblioteca neste curso

(solución na páxina 23)

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

Tenía una flor, que creció en un florero,nacieron más que pronto crecieron,flor tenía, flores tengoahora Flor no está sola,al igual que el florero

Víctor Fariñas - 3ºB

Page 22: O Provisional...PREMIO NACIONAL ÁS MELLORES PRÁCTICAS EDUCATIVAS CURSO 2003-04 O Provisional Ano XVIII - Número 51 Viveiro, 21 decembro 2011 SUMARIO: • Folgas de profesores e

"BUKKA WHITE"Por Javier Caneda González

O Provisional

A carón do blues

Bukka White (1906-1977) pertence á segunda xeración de innumerables bluesmen que xurdiron da rexión do Delta doMississippi. Adepto á utilización do slide, dotado dunha voz profunda e un estilo inconfundible, o home da guitarra de

aceiro National é considerado un dos maiores bluesman que xamais existisen.

Páxina 22 21 decembro 2011

Booker T. Washington White naceu nun-ha pequena cidade chamada Houston (Mis-sissippi) o 12 de novembro de 1906. Apren-deu a tocar a guitarra e o piano durante ainfancia a través do juke-joint do seu tío,co que viviu en Clarksdale dende os treceanos. Durante esta época coñeceu a Char-ley Patton (unha das súas influencias mu-sicais) quen lle ensinou tamén algunhastécnicas e trucos coa guitarra.

A partir de 1921 come-zou a percorrer todo oDelta tocando co pia-nista George «Bullet»Williams. Estas incan-sables viaxes tiñan undobre obxectivo:aprender o máximo po-sible desta experiencia,e escapar da dura vida re-collendo algodón noscampos do Delta.

Con tan só dezaseisanos casou con Jessie Bea,a cal falecería 3 anos des-pois tras unha ruptura deapéndice nun Hospital deHouston (Mississippi). Sendúbida un duro golpe paraWhite que aínda non cumpri-ra os vinte anos.

Pouco a pouco a súa crecente reputacióncomo bluesman atraeu ós cazatalentos e des-ta forma Ralph Lembo, que tiña unha tendaen Itta Bena, organizou a primeira sesión degravación para o selo Victor en Memphis en1930. Baixo o nome de Washington Whitefixo as súas primeiras gravacións cunha mes-tura de blues, góspel e temas relixiosos. Doscatorce temas que parece chegaron a gravar-se, unicamente se publicaron catro deles.«New Frisco Train» e «Panama Limited» sonos máis coñecidos.

En plena depresión económica as oportu-nidades de volver gravar un disco para Whitepecháronse por completo. A crise na indus-tria musical foi catastrófica e White abando-nou Memphis e regresou a Mississippi.

Habería que esperar a 1937 para que, re-comendado por Big Bill Broonzy, viaxase aChicago para volver gravar. Nesta sesiónrexistrou o seu maior logro comercial, o clá-sico «Shake ´Em On Down». O éxito destetema foi fulminante e sería versioneado casede inmediato por numerosos bluesmen da

época como Bo Carter, Big Joe Williams e opropio Big Bill Broonzy.

Pero xusto cando se fixo esta grava-ción, Bukka estaba a ser xulgado por

unha pelexa na rúa que remataratraxicamente e onde White foraacusado de asasinato. Final-mente sería declarado culpa-ble e condenado á dura peni-tenciaría de Parchman

Farm.Cando Bukka Whiteingresou en

prisión era un home cun disco de éxito grava-do e que tiña xa unha longa historia ás súascostas. Combatera con certa fortuna comoboxeador profesional en Chicago, xogara óbéisbol dúas tempadas cos Birminghan BlackCats, vendera licores de contrabando, actua-ra como músico itinerante e fixera longasviaxes que superaban a moitos dos seus con-temporáneos, pasando por Saint Louis, Bal-timore, Cincinnati, Cleveland e mesmo Bu-ffalo. O éxito de «Shake ´Em On Down»valeulle en Parchman o status de celebridadedentro da prisión, o que lle serviu para gozarde certos privilexios.

Cando John Lomax (que estaba a facer gra-vacións de músicos tradicionais para a Bi-blioteca do Congreso), chegou a ParchmanFarm buscando posibles intérpretes, ato-pouse con White e propúxolle gravar para el.Afeito a cobrar polos seus discos, White ac-cedeu de mala gana e gravou só dous temas:un vello blues chamado «Po ´ Boy» e un novotema propio titulado «Sic ´Em Dogs On».

Trala súa saída de prisión pouco despois,dirixiuse a Chicago decidido a converterse

nun artista profesional. En marzo de 1940,cunha guitarra Gibson que lle prestara BigBill Broonzy, e acompañara unicamente deWashboard Sam que tocaba a táboa de lavar,gravou para Vocalion 12 novos temas, queseguen considerándose entre as maiores obrasmestras da historia do blues. «High FeverBlues», «Parchman Farm Blues», «SleepyMan Blues”, “When Can I Change My Clo-thes?» ou «Fixin ´ To Die Blues» son

clásicos do Delta ao seumáximo nivel. A partir

de entón a maioríadestes temas con-

verteríanse nogroso do seu re-

pertorio.A pesar de

todo, por aquel entónestas novas gravacións

non lle serviron para alcan-zar o seu sono de facer unha

exitosa carreira como blues-man. En 1942 foi recrutadopola Mariña para participar naSegunda Guerra Mundial.

Dous anos máis tarde sería libe-rado e instalaríase definitivamente

nunha pensión en Memphis. Aíndaque o contrataban de cando en vez para

tocar nalgunha festa de fin de semana, gañá-base a vida traballando nunha fábrica de tan-ques. Así permanecería no esquecemento du-rante dúas décadas.

Cando o seu primo B.B. King chegou aMemphis en 1946, White contribuíu decisi-vamente para que o seu mozo parente se fixeseun oco na escena local. Ademais de presenta-lo a todos os músicos que coñecía na cidade,acolleuno na súa casa, comproulle unha guita-rra nova e buscoulle traballo. Un detalle que obo de King non esquecería xamais.

Pasaron moitos anos ata que en 1961 BobDylan gravou «Fixin ´ To Die Blues» no seuálbum de debut, e renaceu o interese polashistóricas gravacións que Bukka White fixeraen 1940. Sen que el o soubese, os seus vellosdiscos convertérano nun artista de culto.

Pouco despois, uns novos guitarristas fo-lks, John Fahey e ED Denson, comezaronen serio a súa busca. Baseándose nun dosseus temas («Aberdeen Mississipi Blues»),enviáronlle unha carta dirixida a: «Booker T.Washington White (antigo cantante de blues).Lista de correos de Aberdeen (Mississippi)

Page 23: O Provisional...PREMIO NACIONAL ÁS MELLORES PRÁCTICAS EDUCATIVAS CURSO 2003-04 O Provisional Ano XVIII - Número 51 Viveiro, 21 decembro 2011 SUMARIO: • Folgas de profesores e

bvbvbvbvbv

Rúa: Misericordia, 5827850 - VIVEIRO (Lugo)

Teléf.: 982.56.04.49 - Fax: 982.56.23.06Móbil 606.54.11.55 e [email protected]://www.iesmariasarmiento.net Impreso, en papel reciclado, enPUBLILAR - Magazos - Viveiro Depósito Legal: LU - 402-94

Viveiro, 21 de decembro de 2011ANO XVIII, NÚMERO 51

TIRADA 900 EXEMPLARESDISTRIBUCIÓN GRATUÍTA a alumnos e

profesores: 850 exemplares, por correo aantigos profesores, institucións, centros e

medios de comunicación: 50SUBVENCIONA:

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICADO IES MARÍA SARMIENTO

O Provisional

DISCOGRAFIA SELECCIONADA

Artigo publicado en decembro do 2010no número 20 da revista "Palabra de Blues"

(México)acarondoblues.blogspot.com

23 decembro 2011 Páxina 27

«. A carta chegou a un familiar de Bukka quecoñecía a súa dirección en Memphis e llareenviou. Cando finalmente o encontro seproduciu, Fahey e Denson atopáronse unhome san, de cincuenta e poucos anos e queseguía tocando a guitarra tan ben como nosseus antigos discos.

A finais de 1963 Bukka xa tiña un contratode gravación con Arhoolie. Aínda que seguíatocando algúns dos seus vellos temas, o seuestilo cambiara moito e con frecuencia gusta-ba de facer longas improvisacións e de crearnovas composicións (vésaxe «Sky Songs»).Foi o inicio dunha nova carreira para BukkaWhite que comezou a actuar nos grandes es-cenarios estadounidenses e europeos. Demos-trou durante toda a década que tiña un gransentido do espectáculo e un enorme talentocomo músico e narrador de historias, o que lleproporcionou unha grande popularidade.

En 1967 participou tamén nunha xira comoparte do American Folk Blues Festival, e aoano seguinte chegou a tocar nos Xogos Olím-picos celebrados en México. En 1968 gra-vou, para o selo Blue Horizon, unha serie detemas acompañado por primeira vez porunha pequena banda de blues. O disco resul-tante chamouse «Memphis Hot Shots».

Iniciando a nova década, comezou a tocara guitarra eléctrica aínda que, pouco conven-cido do cambio, pronto desistiría e voltaría ásúa vella National de aceiro ata o final dosseus días. En 1973 gravou para Biograph oseu último disco e un dos seus mellores tra-ballos, recuperando o vello estilo tradicionaldo Delta con «Big Daddy». Ese mesmo anocompartiría escenario con B.B. King, un reen-contro moi emotivo para ambos os dous.

A mediados da década de 1970 a súa saúdecomezou a resentirse e a súa actividade musi-cal decrecería irremediablemente. Finalmentemorreu de cancro o 26 de febreiro de 1977.

- Aberdeen Mississippi Blues- The Complete Sessions 1930-1940- Parchman Farm Blues- The Sonet Blues Story- 1963 isn´t 1962- Sky Songs- Memphis Hot Shots- Big Daddy

7 5 A MS07 220132

SOLUCIÓNS:-BÓLAS TOLAS-

solución: IES MARÍA SARMIENTO1-2-12-17-22-32-35-37-39-50-52-55-61-62-66-68

-XEROGLÍFICO-a nosa biblioteca sin Xan

¡ata o 9 dexaneiro!

O Provisional

COLABORAN NESTECOLABORAN NESTECOLABORAN NESTECOLABORAN NESTECOLABORAN NESTENÚMERO 51NÚMERO 51NÚMERO 51NÚMERO 51NÚMERO 51

ALUMNOS:ALUMNOS:ALUMNOS:ALUMNOS:ALUMNOS: Iria Moliner Piñón, Víctor Fariñas Barceló,

Iria Timiraos, Elias Arias Mas, Alumnosclube de lectura "As Letras Fantásticas",

Carmen Ruíz Martínez, Martín (ex-alumno)PROFESORES:PROFESORES:PROFESORES:PROFESORES:PROFESORES:

Xosé Cabana Cabana,José María Leal, Emma García,Sabela Barcón, Susana Quintela,Fran Basanta, Marilúz Fdez. Díaz PERSOAL NON DOCENTE: PERSOAL NON DOCENTE: PERSOAL NON DOCENTE: PERSOAL NON DOCENTE: PERSOAL NON DOCENTE:

Javier Caneda GonzálezDISTRIBUCIÓN E ARQUIVO:DISTRIBUCIÓN E ARQUIVO:DISTRIBUCIÓN E ARQUIVO:DISTRIBUCIÓN E ARQUIVO:DISTRIBUCIÓN E ARQUIVO:José López Peña, Lucía Lage Pol

Antonio González da TorreCOORDINACIÓN E MAQUETCOORDINACIÓN E MAQUETCOORDINACIÓN E MAQUETCOORDINACIÓN E MAQUETCOORDINACIÓN E MAQUETACIÓN:ACIÓN:ACIÓN:ACIÓN:ACIÓN:

Néstor Timiraos Labaen

FOTO ÁLBUM: alumnos da antiga "Escola de Mestría" na praza doObradoiro durante a viaxe a Santiago por mor do Xubileo de 1976

Page 24: O Provisional...PREMIO NACIONAL ÁS MELLORES PRÁCTICAS EDUCATIVAS CURSO 2003-04 O Provisional Ano XVIII - Número 51 Viveiro, 21 decembro 2011 SUMARIO: • Folgas de profesores e

GRAN ANGULARGRAN ANGULARGRAN ANGULARGRAN ANGULARGRAN ANGULAR

O Provisional 21 decembro 2011Páxina 24

c i o n a l ,porquese nonentende-mos o quesentimos, eo porqué osentimos, tampouco pode-remos comprender por quépensamos e actuamos de de-terminada maneira.

Existen emocións básicas que seguroque todos nós podemos recoñecer se nosparamos un pouco a pensar:

-O medo, constúe unha anticipacióna unha ameaza ou perigo que nos produ-ce ansiedade, incerteza e mesmo insegu-ridade; o medo invítanos á protección.

-A sorpresa, sobresalto, asombro, des-concerto que tén carácter transitorio,pode axudarnos a orientarnos fronte ánova situación.

-Adversión, é o desgusto ou o noxo;adoitamos afastarnos do que nos produ-ce esa emoción.

-Ira, rabia, resentimento, furia, irritabi-lidade indúcennos cara á destrución

-Alegría, diversión, euforia, gratifica-ción, estar contentos, dá unha sensaciónde benestar, de seguridade. Mentres quea alegría lévanos a intentar reproduciraquel suceso que nos fai sentir ben, atristeza motívanos cara a unha nova rein-

O psicólogo e profesor estadounidense Daniel Golemanadquiriu fama mundial a partir da publicación do seu libro"Emotional Intelligence" en 1995. Nel, explica que o éxitodunha persoa non depende exclusivamente do seu cocienteintelectual ou dos estudos acadados; Goleman di que o quemáis importa é o nivel de intelixencia emocional.

Outro autor, Howard Gardner, premio Príncipe de Astu-rias de Ciencias Sociais 2011, fala na súa obra "Frames of

Mind" (1983) das intelixencias múltiples. Observou comonas diferentes culturas a xente desenvolve capacidades

que son importantes para o seu modo de vida, e define aintelixencia como "a capacidade de resolver problemas, ouelaborar produtos que son de gran valor para un determi-

nado contexto comunitario ou cultural".

MANIFESTACIÓNAs emocións posúen uns compo-

ñentes condutais particulares, que sono xeito en que estas se mostran exter-

namente e poden ser, en certa me-dida, controlables

(dependendo daaprendizaxe fami-

liar e cultural decada grupo).Tamén existen

outros compo-ñentes non lin-

güísticos da súaexpresión (comuni-

cación non verbal): faciais, accións e xes-tos e tamén a proxémica.

Outros que son fisiolóxicos e involun-tarios: tremor, ruborizarse, sudoración,respiración axitada, dilatación pupilar,aumento do ritmo cardíaco (estes com-poñentes son os que se analizan nun de-tector de mentiras).

EDUCAR DENDE NENOSDebemos educar para formar persoas

emocionalmente intelixentes.As características básicas e propias da

persoa emocionalmente intelixente te-ñen que ver co suficiente grao de au-toestima, ser persoas positivas e o al-truismo; tamén a empatía (entender ossentimentos dos demais), o recoñece-mento dos propios sentimentos expre-sando tanto os positivos como os nega-tivos. Tamén é necesario aprender a con-

trolarse, automotivarse, ter ilusión e in-terese polas cousas costruíndo unha es-cala propia de valores.

As persoas que son educadas destexeito poden superar mellor as dificulta-des e frustracións atopando o xusto equi-librio entre a esixencia e a necesaria to-lerancia.

intelixencia emocional

QUE É ENTÓN A INTELIXENCIAEMOCIONAL?

Tal e como sinala o autor sería algo asícomo a capacidade de recoñcer os pro-pios sentimentos e os dos demais, paralograr manexar as emocións e ter así u-nhas relacións más produtivas cos quenos rodean.

Poderiamos deducir entón que o co-ciente intelectual (CI) contribúe apenasun 20% ao noso éxito na vida fronte ao80% restante que dependería da inte-lixencia emocional, que inclúe factorescomo a capacidade de automotivación,a persistencia, o control dos impulsos, aregulación do humor ou a empatía.

AS EMOCIÓNSUnha emoción é un estado afectivo que

experimentamos, unha reacción subxec-tiva ao ambiente que vén acompañadade cambios orgánicos (fisiológicos e en-docrinos) de orixe innato, influídos polaexperiencia.

As emocións teñen unha función adap-tativa do noso organismoá contorna que nos rodea.Cada individuo experi-menta unha emoción dunxeito particular dependen-do das súas experienciasanteriores, aprendizaxe,carácter e da situaciónconcreta. Algunhas dasreaccións fisiolóxicas ecomportamentais quedesencadean as emocións son innatas,mentres que outras pódense adquirir.

Contrarrestar a forte emoción que nunmomento sentimos con estratexias razoa-das é o que nos levar a actuar de maneiraequilibrada e nos axuda a dar sentido ánosa vida. Por iso, é moi importante odesenvolvemento da intelixencia emo-○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○