14
LAS CRÓNICAS DE NARNIA Libro: C. S. Lewis (1950) Película: Andrew Adamson (2005…) Saga composta por sete libros que narra as aventuras dos irmáns Pevensie en Narnia, terra de fantasía e maxia poboada por animais parlantes e outras criaturas mitolóxicas que se ven envolvidas na eterna loita entre o ben e o mal. Ata agora foron levados ao cine tres dos sete volumes da saga: O león, a bruxa e o armario , O príncipe Caspian e A travesía do viaxeiro do alba. Unha historia de fantasía chea de fidelidade, traizón e heroísmo. ALICIA EN EL PAÍS DE LAS MARAVILLAS Libro: Lewis Carrol (1865) O relato que Lewis Carrol, escribira para a nena Alicia Liddell, é un entramado de situacións inverosímiles e absurdas, xogos de linguaxe e asociacións oníricas. As versións que da obra orixinal se levaron a cabo tanto en papel como en cine son numerosas. Unha das últimas, a película de Tim Burton, unha delicia para os fans do director Un clásico da literatura xuvenil, e unha adaptación locamente marabillosa DIARIO DE GREG Libro: Jeff Kinney (2006) Película: Thor Freudenthal (2010) Greg é o mediano dunha familia de tres irmáns, vai ao instituto e a súa maior aspiración é pasar desapercibido fronte a profesores e pais e ser o gracioso da clase. Un retrato cómico da vida e costumes dos adolescentes, a través dunha serie da que ata agora nos chegaron oito volumes, tres deles levados ao cine con gran éxito entre o público xuvenil. Unha serie xuvenil áxil, brillante e divertida : http://diariodegreg.com/ BILLY ELLIOT Película: Stephen Daldry (2000) Libro: Melvin Burgess (2002) A cinta narra a cruzada que ten que librar un adolescente, Billy Elliot, para dar renda solta á súa paixón polo baile. Estupendas escenas de baile e grandiosa interpretación de Jaime Belle. Melvin Burgess, escritor inglés de ficción para mozos, logra na súa adaptación da película captar a calidez e a paixón que Stephen Daldry conseguira transmitir. Obra emotiva, divertida e sensible sobre o triunfo da perseveranza

Guía de lectura "Os mellores... libros de cine"

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Guía de lectura "Os mellores... libros de cine"

LAS CRÓNICAS DE NARNIA Libro: C. S. Lewis (1950) Película: Andrew Adamson (2005…) Saga composta por sete libros que narra as aventuras dos irmáns Pevensie en Narnia, terra de fantasía e maxia poboada por animais parlantes e outras criaturas mitolóxicas que se ven envolvidas na eterna loita entre o ben e o mal. Ata agora foron levados ao cine tres

dos sete volumes da saga: O león, a bruxa e o armario , O príncipe Caspian e A travesía do viaxeiro do alba.

Unha historia de fantasía chea de fidelidade, traizón e heroísmo.

ALICIA EN EL PAÍS DE LAS MARAVILLAS Libro: Lewis Carrol (1865) O relato que Lewis Carrol, escribira para a nena Alicia Liddell, é un entramado de situacións inverosímiles e absurdas, xogos de linguaxe e asociacións oníricas. As versións que da obra orixinal se levaron a cabo tanto en papel como en cine son numerosas. Unha das últimas, a

película de Tim Burton, unha delicia para os fans do director

Un clásico da literatura xuvenil, e unha adaptación locamente marabillosa

DIARIO DE GREG Libro: Jeff Kinney (2006) Película: Thor Freudenthal (2010) Greg é o mediano dunha familia de tres irmáns, vai ao instituto e a súa maior aspiración é pasar desapercibido fronte a profesores e pais e ser o gracioso da clase. Un retrato cómico da vida e costumes dos adolescentes, a través dunha serie da que ata agora nos

chegaron oito volumes, tres deles levados ao cine con gran éxito entre o público xuvenil.

Unha serie xuvenil áxil, brillante e divertida : http://diariodegreg.com/

BILLY ELLIOT Película: Stephen Daldry (2000) Libro: Melvin Burgess (2002) A cinta narra a cruzada que ten que librar un adolescente, Billy Elliot, para dar renda solta á súa paixón polo baile. Estupendas escenas de baile e grandiosa interpretación de Jaime Belle. Melvin Burgess, escritor inglés de ficción para mozos, logra na súa adaptación da

película captar a calidez e a paixón que Stephen Daldry conseguira transmitir.

Obra emotiva, divertida e sensible sobre o triunfo da perseveranza

Page 2: Guía de lectura "Os mellores... libros de cine"

EL MARAVILLOSO MAGO DE OZ Libro: Frank Baum (1900) Película: Victor Fleming (1939) O conto infantil escrito por Baum converteuse nun clásico da literatura. Unha historia fantástica onde se narra como Doroty é arrastrada por un tornado cara a unha fantástica terra habitada por seres extraordinarios. Levada á gran pantalla en numerosas

ocasións, a versión de Victor Fleming protagonizada por Judy Garland, colocouse entre as mellores películas de xénero musical da historia do cine. Porque é bonito soñar...

PIPPI CALZASLARGAS Libro: Astrid Lindgren (1945) Serie TV: Olle Hellbom (1969 Pippi é a encarnación da independencia e a rebeldía da infancia; os seus actos están motivados polo absurdo, a espontaneidade ou o desexo de provocación. Vive soa nunha enorme casa cun cabalo e un mono. Un clásico da literatura infantil escandinava

que se fixo universal grazas á televisión, nunha serie interpretada por Inger Nilsson no papel de Pippi, e na que a autora do libro adaptou os guións

Pippi, a heroína infantil de Vila Kunterbunt.

EL PEQUEÑO NICOLÁS Libro: René Goscinny (1960) Película: Laurent Tirard (2009) Serie de libros infantís escritos polo historietista francés René Goscinny, creador de Astérix. Os libros, narrados en primeira persoa por Nicolás, un mozo de 7 anos, reflicten, con humor, o contraste dos mundos dos nenos e dos adultos, e van acompañados dos debuxos

a plumilla de Sempé. A película de Laurent Tirard, adaptación desta serie, tenra e divertida, é perfecta para ver en familia. Unha mirada irónica e amable que nos segue facendo sorrir.

Unha mirada irónica e amable que nos segue facendo sorrir http://www.petitnicolas.com/

LA INVENCIÓN DE HUGO CABRET Libro : Brian Selznick (2007) Película : (La invención de Hugo) Martin Scorsese (2011) O libro combina de forma orixinal e marabillosa texto e debuxo, con referencias literarias a obras de séculos pasados. París, anos 30. Hugo é un orfo que vive entre os muros dunha estación de trens parisina. Ninguén sabe da súa

existencia ata que lle descobre unha excéntrica pícara xunto á que vivirá unha incrible aventura. Scorsese creou na súa adaptación ó cine unha película eterna, simultáneamente clásica e moderna.

Tributo ao cine e aos libros

Page 3: Guía de lectura "Os mellores... libros de cine"

CHARLIE E A FÁBRICA DE CHOCOLATE

Libro: Roald Dahl (1964) Película: Tim Burton (2005) Willy Wonka celebra un concurso para visitar a súa fábrica de chocolate. Cinco pícaros, entre eles Charlie, serán elixidos. Alí vivirán unha fantástica aventura nun lugar máxico e marabilloso. Combinando humor, ironía e imaxinación

Roald Dahl fai unha crítica dos defectos dos nenos da nosa sociedade. A adaptación de Tim Burton, é divertida, chea de enxeño e alucinantes escenas

Deliciosamente malvado

HARRY POTTER Y LA PIEDRA FILOSOFAL Libro: J. K. Rowling Película: Chris Columbus Serie da autora británica J.K. Rowling na que se describen as aventuras do novo aprendiz de mago Harry Potter e os seus amigos, na súa constante loita contra o malvado Lord Voldemort. Éxito de vendas a nivel internacional. As aventuras de Harry

Potter foron levadas ao cine por diferentes directores, interpretadas por Daniel Radcliffe. En case todas elas os guións de Steve Klove deron como resultado unhas historias armónicas e fluídas

…Comeza a maxia!

CORAZON DE TINTA Libro: Cornelia Funke (2003) Película: (2008) Corazón de tinta é a primeira novela da saga Mundo de tinta, unha obra de fantasía moi actual. Meggie, acompañada dun grupo de amigos reais e de ficción, intenta salvar ao seu pai -posuidor do don de facer reais os personaxes dos contos- das gadoupas dos malvados. A película,

áxil e ben interpretada, trasládanos dun xeito correcto ao universo creado pola escritora

Mundo de tinta: O fantástico poder dos libros

LAS AVENTURAS DE TINTÍN Cómic: Hergé (1930-1976) Película: (El secreto del unicornio) Steven Spielberg (2011) O reporteiro Tintín é o protagonista desta serie de aventuras que nos fará viaxar polos cinco continentes en compañía duns famosísimos personaxes secundarios (Capitán Hadock, profesor Tornasol, Hernández e Fernández). Foi

levada ao cine en numerosas ocasións, sendo a película de Spielberg a que mellor soubo trasladar o cómic á grande pantalla, nunha das máis espectaculares películas deste gran director

Adaptación visualmente deslumbrante do gran cómic de aventuras

Page 4: Guía de lectura "Os mellores... libros de cine"

MUJERCITAS Libro: Louisa May Alcott (1868) Película: Mervy LeRoy (1949) A autora fai un relato en certo xeito autobiográfico da súa propia vida familiar. Co trasfondo da Guerra de Secesión a novela narra a historia da señora March e as súas fillas, A película de Mervy LeRoy, pese a ser unha versión bastante edulcorada, goza de moito

encanto polos seus toques de humor e o seu gran reparto, no que se inclúen varias das mellores actrices da Metro da época

Entrañable

Las aventuras de Sherlock Holmes Autor: Arthur Conan Doyle (1887) Película (Sherlock Holmes) Guy Ritchie (2011) O detective creado polo escritor Arthur Conan Doyle é un dos personaxes de ficción máis famosos da historia da literatura e o protagonista de gran número de películas, obras de teatro e cómics. A película de Guy Ritchie, á súa

vez adaptación do cómic de Lionel Wigram, converte a Sherlock Holmes (Robert Downey Jr.) e ao Doutor John Watson (Jude Law) en detectives con habilidades para o boxeo e esgríma respectivamente Da literatura ao cómic, do cómic á gran pantalla

EL SEÑOR DE LOS ANILLOS Libro: J. R.R.Tolkien (1954) Película: Peter Jackson (2001-2003) Obra cume de Tolkien, ambientada nun mundo fantástico chamado a Terra Media. Narra as aventuras dun grupo de seres: (elfos, hobbits, ananos, humanos) que forman a Comunidade do Anel no seu intento por destruír o Anel Único, forxado por Sauron. A adaptación ao cine

de Peter Jackson é un gran espectáculo visual que cosechó un gran éxito internacional e obtivo o récord de Premios Oscar

Sobresaliente triloxía, referente na literatura e cine fantásticos

EL EXTRAÑO CASO DEL DOCTOR JEKYLL Y EL SEÑOR HYDE Libro: Robert Louis Stevenson (1886) Película: John S. Robertson (1920 ) Stevenson, un dos grandes escritores do XIX, propón unha alegoría moral en forma de misterio: os dous extremos, o ben e o mal, están convivindo nunha soa persoa, o médico Henry Jekyll, que inventa unha poción química capaz de

transformalo nun temible monstro: Míster Hyde. A película de cine mudo dirixida por John S. Robertson en 1920 e interpretada por John Barrymnore, é unha das primeiras e máis brillanes adaptacións da novela.

Jeckyll e Hyde : A eterna loita do ben e do mal

Page 5: Guía de lectura "Os mellores... libros de cine"

LAS MINAS DEL REY SALOMÓN Libro: Henry Rider Haggard (1885) Película: Andrew Marton, Compton Bennett (1950) Henry Rider Haggard foi un escritor de aventuras ambientadas en lugares exóticos. Allan Quatermain, cazador de elefantes, emprende unha viaxe plagado de dificultades en busca das portentosas minas do rei Salomón. A adaptación ao

cine máis coñecida é a protagonizada por Stewart Granger, Deborah Kerr

¡Aventuras en África…!

EL NIÑO CON EL PIJAMA DE RAYAS Libro: John Boyne (2007) Película: Mark Herman (2008) A obra de Boyne dirixida tanto aos mozos como aos adultos, con máis de 5 millóns de exemplares vendidos en todo o mundo, conta a historia de Bruno, un neno de nove anos, se muda coa súa familia a unha casa xunto a unha cerca. Cercas como esa existen en moitos sitios

do mundo, só desexamos que non che atopes nunca cunha. A película de Mark Herman é unha notable adaptación, unha película enternecedora e brutal ao mesmo tempo

O holocausto a través dos ollos dun neno

OLIVER TWIST Libro: Charles Dickens, (1838) Película: Oliver (1968) Historia publicada por entregas nun xornal londinense. Un orfo miserable descobre grazas ao achado dun amuleto as súas orixes nunha familia rica. Unha serie de tramas secundarias dan unha panorámica dalgúns problemas sociais da época, como o traballo infantil ou a

utilización de nenos para cometer delitos. A versión de Carol Reed, ganadora de 5 Oscars, é un dos mellores musicais de sempre. Espectaculares bailes exteriores e perfectas escenas interiores.

Marabillosa adaptación musical do clásico de Dickens

O RETRATO DE DORIAN GRAY Libro: Oscar Wilde (1891) Película: Albert Lewin (1945) O retrato de Dorian Gray narra a obsesión dun home atractivo e exitoso por manterse sempre novo, despois de que un amigo, o pintor Basil Hallward, retratáselle soberbiamente nun lenzo. A novela é unha das pedras angulares nos debates entre a ética e a estética, o ben

e o mal, a arte e a vida. Un clásico da literatura que segue asombrando a todo tipo de lectores. A versión cinematográfica máis aplaudida é a de Albert Lewin.

Entre a ética e a estética, o ben e o mal, a arte e a vida

Page 6: Guía de lectura "Os mellores... libros de cine"

ENGURRAS Cómic: Paco Roca (2007) Película: Ignacio Ferreras (2011) Engurras, novela gráfica, fálanos do alzheimer, un tema escasamente tratado en cómic. E faino de modo intimista e sensible, con algúns apuntes de humor, que serven de contrapunto a eses outros momentos máis duros. Por ela o autor obtivo o Premio Nacional do Cómic en

2008. A película de Ignacio Ferreras, contou coa colaboración de Paco Roca na redacción do guión e deseño dos personaxes

Un cómic excepcional; unha película sobresaliente

AKIRA Cómic: Katsuhiro Ôtomo /1982-1993) Película: Katsuhiro Ôtomo (1988) O cómic que introduciu o manga en occidente. Todo un clásico do cómic ciencia-ficción Ano 2019, Neo-Tokyo, construída sobre as ruínas da antiga capital xaponesa. Xapón é un país ao bordo do colapso. Un equipo de científicos renovou un

experimento para atopar a individuos que poidan controlar o arma definitiva: unha forza denominada "a enerxía absoluta".

Título de culto e referencia para calquera afeccionado ó cómic.

CAMINO A LA PERDICIÓN Cómic: guión, Max Allan Collins; dibujo, Richard Piers Rayner (1998) Película: Sam Mendes (2002) Michael O'Sullivan é un bo pai... pero tamén un asasino a soldo que pronto deberá tomar un camiño cheo de traizón e vinganza. A novela gráfica colleitou desde o primeiro momento boas críticas entre autores destacados da novela

policíaca. A película reinventa o cine negro sen traizoar os códigos deste glorioso xénero. Newman e Hanks bordan os seus papeis

Unha obra de arte pintada con sangue

PERSEPOLIS Cómic: Marjane Satrapi (2000) Película: Marjane Satrapi, Vincent Paronnaud (2007) Persépolis é a historia autobiográfica da iraní Marjane Satrapi. Testemuña con 10 anos do cambio político que supuxo a revolución islamista, pasa a súa adolescencia en Europa, onde coñece

outra cultura que nada ten que ver coa do seu país. Aínda que se adapta á súa nova vida, regresa Irán, onde choca novamente cunha sociedade tiránica e opresiva. Levada ao cine pola autora do cómic en colaboración con Vincent Paronnaud.

Tráxica e emocionante, realista e máxica, cómica … e atroz

Page 7: Guía de lectura "Os mellores... libros de cine"

LA GATA SOBRE EL TEJADO DE ZINC CALIENTE Libro : Tennessee William (1954) Película: Richard Brooks (1984) Unha das obras mestras de Tennessee Williams coa que obtivo o segundo Premio Pulitzer de teatro. Crónica dunha crise matrimonial, e mordaz retrato de familia presidido polo patriarca, que contempla a destrución da súa familia e

do seu fillo predilecto. A película de Richard Brooks, conta coa fabulosa interpretación de Paul Newman e Elizabeth Taylor

A familia segundo Tenessee Williams

CYRANO DE BERGERAC Libro: Edmond Rostand (1897) Películ: Jean-Paul Rappeneau (1990) Drama de capa e espada, pleno de romanticismo, de Edmond Rostand, que obtivo durante a súa estrea en 1897 un éxito clamoroso. Inspirado na vida de Cyrano de Bergerac, estrafalario escritor e filósofo gascón do século XVII, famoso polo seu desproporcionado

nariz. A obra deu lugar a catro óperas e a diversas películas, das que destaca a dirixida por Rappeneau e protagonizada por Depardieu .

Para gozar unha e outra vez.. pardiez!

HAMLET Libro: William Shakespeare (1602) Película: (Hamlet, el honor de la venganza) Franco Zeffirelli (1990) A traxedia de Hamlet traza o retrato dun lendario príncipe de Jutlandia que, obrigado a esclarecer os motivos que levaron á morte do seu pai, sucumbe ante a fatalidade das circunstancias. A súa tolemia, ou ambigüidade,

aproxímano á sensibilidade da nosa época. Desde 1907, en que Melié o levoun por primeira vez á gran pantalla, as adaptacións sucedéronse. Destacamos a de Zeffirrelli, coa sorprendente interpretación de Mel Gibson

Obra cumbre da literatura e do teatro

LAS BICICLETAS SON PARA EL VERANO Libro: Fernando Fernán Gómez (1978) Película: Jaime Chávarri (1984) Fernando Fernán Gómez, actor, escritor, guionista e director de cine e teatro, é o autor desta obra teatral sobre a vida cotiá dunha familia española durante a Guerra Civil. A partir do guión de Fernán

Gómez, e apoiándose nun magnífico reparto, no que destaca a interpretación de Agustín González, Chávarri consegue, sen mostrarnos a guerra, transmitir como esta golpea o universo interior dunha familia.

Os anos en que España se quedou sen veráns e sen bicicletas

Page 8: Guía de lectura "Os mellores... libros de cine"

O CORAZÓN DO NEGROR Libro: Joseph Conrad (1889) Película: (APOCALYPSES NOW) Francis Ford Coppola (1979) A novela máis recoñecida de Joseph Conrad conta a viaxe que o protagonista, Marlow, fai polo Congo en busca de Kurtz, un axente comercial que se volveu tolo, e entrégase con pracer ás máis terribles

atrocidades. Levada ao cine por Coppola en Apocalypse Now, que traslada a acción a Vietnam para crear unha sensacional película antibelicista. Fabuloso reparto, destacando a brillante interpretación de Marlon Brando

¡Que delicia ulir napalm pola mañá!

ASESINATO EN EL ORIENT EXPRESS Libro: Agatha Christie (1934) Película: Sidney Laumet (1974) Un asasinato prodúcese a bordo do Orient Express en marcha e Hércules Poirot, o detective belga creado por Agatha Christie, deberá resolvelo. Sidney Lumet lévou a novela ao cine nunha adaptación extremadamente fiel.

Orixinal ambientación decadente e espléndido reparto (Albert Finney Lauren Bacall, Ingrid Bergman, Anthony Perkins, Richard Widmark, Sean Connnery) Pode un adicto ás novelas de misterio pedir máis que iso?"

BLADE RUNNER: SUEÑAN LOS ANDROIDES CON OVEJAS ELÉCTRICAS? Libro: Philip K. Dick (1968) Película: Ridley Scott (1982) Historia futurista protagonizada por Rick Deckard, un cazador mercenario cuxa tarefa consiste en exterminar aos Replicantes, robots creados polo home para traballar comos escravos para el.

Philip K. Dick é considerado un dos grandes autores de ciencia ficción de tódolos. Blade Runner foi levada ao cine en 1982 por Ridley Scott, converténdose nunha película de culto

Todos eses momentos perderanse no tempo como bágoas na choiva

COMETAS EN EL CIELO Libro: Khaled Hosseini (2003) Película: Marc Forster (2007) Amir regresa a Afganistán, baixo o dominio talibán, coa intención de rescatar ao fillo do seu mellor amigo das garras do réxime. Khaled Hosseini, escritor de orixe afgano afincado en Estados Unidos, é o autor desta conmovedora novela que fala de de dous pais e dous fillos, da súa

amizade e de como a casualidade pode converterse en fito inesperado do noso destino. Levada ao cine en 2007 por Marc Foster, que creou unha película igualmente emotiva.

Visión occidental dun drama de Oriente Próximo

Page 9: Guía de lectura "Os mellores... libros de cine"

CRIADAS Y SEÑORAS Libro: Kathryn Stockett (2009) Película: Tate Taylor (2011) Mississippi, anos 60. Skeeter, decide entrevistar ás mulleres negras que se pasaron a vida ao servizo das grandes familias sufrindo todas as formas de discriminación racial Kathryn Stockett logrou situarse coa súa novela entre os autores norteamericanos máis cotizados

do momento. A novela é levada ao cine por Tate Taylor, que consegue unha película igualmente emotiva. Sublimes interpretacións de Viola Davis e Octavia Spencer.

Conmovedora homenaxe ás mulleres subyugadas.

DOCTOR ZHIVAGO Libro: Boris Pasternak, (1957) Película: David Lean (1965) Doutor Zhivago narra a vida dun intelectual romántico, testemuña dunha das épocas máis tráxicas da historia rusa: o tumultuoso período de 1912-1923. Con esta personaxe achegarémonos a Revolución Rusa, a Guerra Civil e ao nacemento da Unión

Soviética. Ademais, Doutor Zhivago é a historia dun grande e desesperado amor. A adaptación de David Lean, rodada en España, e protagonizada Omar Shariff, foi unha das películas máis taquilleras da historia do cine

Doutor Zhivago, un gran soñador nun mundo violento

DRÁCULA Libro: Bram Stoker (1897) Película: Francis Ford Coppola (1992) A novela, publicada en 1897 polo irlandés Bram Stoker, instaurou a figura do aristócrata transilvano como arquetipo do mal e modelo de sedución perversa. Escrita en forma de diarios e cartas, abriu un novo camiño na novela de terror e foi fonte inagotable de adaptacións

cinematográficas. A de Coppola, protagonizada por Gary Oldman e Keanu Reeves, é unha das mais fieis á novela

Amor e terror, dúas sensacións que adoitan ir unidas nos espíritos torturados

EL BESO DE LA MUJER ARAÑA Libro: Manuel Puig (1976) Película: Hécto Babenco (1985) Un homosexual e un activista político comparten cela nunha prisión. Para facer menos longos os días de encerro, Molina conta a Valentín as tramas das películas que viu: todas elas plenas de mulleres misteriosas que entregan o seu corazón ao home equivocado. Un dos textos

imprescindibles da literatura latinoamericana contemporánea. Levada ao cine polo cineasta chileno Héctor Babenco en 1985

Excelente interpretación de Hurt nunha correcta adaptación da novela

Page 10: Guía de lectura "Os mellores... libros de cine"

EL PIANISTA DEL GUETO DE VARSOVIA Libro: Wladyslaw Szpilman (2000) Pelícua: (O pianistta) Roman Polanski (2002) Wladyslaw Szpilman, músico e compositor polaco que sobreviviu ao Holocausto xudeu durante a Segunda Guerra Mundial, fálanos no seu libro das deportaciones, dos campos de

exterminio, da destrución do Gueto de Varsovia e do Alzamiento de capital durante a Segunda Guerra Mundial. A versión de Polanski obtivo tres oscars e foi Palma de Ouro no Festival de Cine de Cannes.

Obra conmovedora que reconstrúe con hermosura o espanto

Libro: Patrick Süskind (1985) Película: (O perfume : historia dun asasino) Tom Tykwer (2006) A primeira obra do autor alemán Patrick Suskind, convertida rapidamente en best-seller. Novela contemporánea, que esconde tras de si a historia dun mozo que vive mergullado na miseria do seu propio ser pola súa incapacidade de amar e o profundo rexeitamento social e

familiar que o acompañou ao longo da súa vida. Levada ao cine por Tom Tykwer nunha adaptación fiel que obtivo dous premios do Cine europeo en 2007

A esencia dun criminal

EL GATOPARDO Libro: Giuseppe Tomasi dei Lampedusa (1959) Películo: Luccino Visconti (1963) En maio de 1860, após o desembarco de Garibaldi en Sicilia, Don Fabrizio asiste con distancia e melancolía ao final dunha época e da clase social á que pertence: a aristocracia. A película rodada por Visconti en 1963 e protagonizada por Burt Lancaster, Claudia Cardinale e Alain Delon,

foi galardoada coa Palma de Ouro no Festival de Cannes. .

Un clásico da literatura italiana e unha das películas máis v de Visconti

EL HALCÓN MALTÉS Libro: Dashiell Hammett (1930) Película: Jonh Huston (1941) Puicada en 1930, é a novela máis famosa de Dashiell Hammett, autor fundamental do xénero negro. Tras fracasar por dúas veces consecutivas no seu intento de levar a novela ao cine, a productora Warner, acepta a proposta dun mozo guionista que pretende dirixir a súa

primeira película: Jonh Huston, que con esta película comeza a súa gran carreira de director. Contará coa participación de Humphrey Bogart no papel de Sam Spade.

Un relato criminal de violencia, ambición e engano

Page 11: Guía de lectura "Os mellores... libros de cine"

EL VIEJO Y EL MAR Libro: Ernest Hemingway (1952) Película: John Sturges (1958) O Nobel de literatura, figura clave dentro da novela contemporánea, é o autor deste conto co que gañaría o Premio Pulitzer. Un vello mariñeiro, no crepúsculo da súa vida, emprende unha última e arriscada travesía. Cando á fin logra dar cunha gran peza, terá que

loitar contra ela denodadamente. A película, protagonizada por Spencer Tracy, é unha adaptación respectuosa e loable do libro.

Unha historia emotiva sobre a soidade, a vellez, a superación persoal, a dignidade…

JANE EYRE Libro: Charlotte Brontë (1874) Película: Cary Fukunaga (2011) Jane Eyre é un grande clásico da literatura inglesa; unha novela romántica sobre unha orfa que enfronta o seu destino grazas á súa intelixencia e integridade inquebrantables. E ademais unha crítica punzante da sociedade victoriana e un himno á valentía e ao

romance. Levada ao cine en múltiples ocasións, a adaptación máis recente, de Cary Fukunaga, é unha obra respetuosa co texto, e á vez unha obra creativa e orixinal.

Unha das novelas máis populares e exitosas de todos os tempos

EL TAMBOR DE HOJALATA Libro: Günter Grass (1959) Película: Volker Schlöndorff (1979) Un dos títulos máis destacados da historia da literatura. Unha obra mestra pola crítica mordaz, a ironía despiadada e o espectacular sentido do humor con que Günter Grass constrúe a narración. Óscar, o pequeno que non quería crecer, é un dos símbolos literarios máis

entrañables do noso tempo. A película recibiu o Óscar á Mellor película de fala non inglesa e foi Palma de Ouro en Cannes

Boa adaptación dunha das mellares novela alemás do século XX

EL TERCER HOME Libro: Graham Greene (1950) Película: Carol Reed (1949) Poucos autores foron levados tantas veces ao cine como Greene. A novela naceu como guión cinematográfico para o filme de Carol Reed. Tralo éxito da película, esplendidamente interpretada por Orson Welles e Joseph Cotten, Greene adaptou o guión para darlle un

carácter máis literario. O resultado é o libro que coñecemos actualmente. Unha historia de espionaxe ambientada en Viena en plena Guerra Fría. Fantásticos libro e película para os amantes do suspense e a intriga

Page 12: Guía de lectura "Os mellores... libros de cine"

MADAME BOVARY Libro: Gustave Flaubert (1956) Película: Vincente Minnelli (1949) A obra máis coñecida de Gustave Flaubert, narra a escura traxedia de Emma Bovary, muller infelizmente casada, e cuxos soños chocan cruelmente coa realidade. E é tamén unha crítica á sociedade burguesa do século XIX. . O filme de Vincente Minnelli, fiel á novela,

introduce un prólogo e un epílogo no que o propio escritor, interpretado por James Mason, se converte no narrador da historia.

Drama, romance… e crítica social

MOBY DICK Libro: Herman Melville (1851) Película: John Huston (1956) Óbra principal de Herman Melville, un dos autores máis influentes do século XIX. Ahab, o capitán do Pequod, un barco baleeiro, vive obsesionado por dar caza a Moby Dick, a grande balea branca que lle arrincou unha perna e o encheu de odio e sede de vinganza. A

novela foi varias veces levada ao cine, sendo a versión de John Huston a que conta coa mellor personificación do Capitán Ahab na interpretación de Gregory Peck.

Se o demo elixise converterse en peixe, faríao nunha balea

LA NARANJA MECÁNICA Libro: Anthony Burgess, (1962 ) Película: Stanley Kubrick (1971) Novela distópica británica, sucesora de traballos como 1984 de George Orwell ou Un mundo feliz de Aldous Huxley. Conta a historia do nadsat-adolescente Alex e os seus tres drugos-amigos nun mundo de crueldade e destrución. A película de

Kubrick causou un grande impacto desde a súa estrea pola súa violencia, ata o punto de que o director forzou á Warner a que retirase a súa distribución de Gran Bretaña.

Encarnizada sátira dunha sociedade futura consumida pola violencia e o salvajismo

LORD JIM Libro:Joseph Conrad (1900) Película: Richard Brooks (1965) Jim é un mozo idealista que descobre o mar a bordo do Patna, un vello vapor que transporta a oitocentos peregrinos cara á Meca. Unha noite, o barco afúndese e a tripulación abandónao sen auxiliar aos peregrinos. Jim asume a vergoña de non

facer nada por estes e inicia unha verdadeira odisea na selva. Cun reparto grandioso, Richard Brooks consegue unha gran película de aventuras situadas nunha ambiente colonial do Sudeste asíastico

A fina liña que separa a cobardía da heroicidade

Page 13: Guía de lectura "Os mellores... libros de cine"

MATAR A UN RUISEÑOR Libro: Harper Lee (1960) Película: Robert Mulligan (1962) Harper Lee obtivo en 1961 o Pulitzer pola súa única novela, Matar a un ruiseñor. Un alegato contra o racismo no profundo sur estadounidense protagonizado por Atticus Finch e os seus fillos Jem e Scoutt, a narradora. A marabillosa película de Robert Mulligan

está protagonizada por Gregory Peck cunha interpretación (pola que levou o Óscar) que queda pegada á retina e ao corazón.

Atticus Finch, o heroe silencioso

ORGULLO Y PREJUICIO Libro: Jane Austen (1813) Película: Joe Wright (2005) Unha das novelas mais coñecidas de Jane Austen e da literatura inglesa en xeral. Publicada por primeira vez en 1813.. Coa chegada do señor Darcy á súa rexión, as vidas da familia Bennet altérase profundamente. Retrato dunha sociedade contraditoria e absurda na

Inglaterra Victoriana. Na película de Joe Wright, destacan as interpretacións de Keira Knightley e Matthew Macfadyen Digna adaptación da novela romántica máis coñecida de Jane Austen

LAS UVAS DE LA IRA Libro: John Steinbeck (1939) Película: John Ford (1940) Steinbeck recibe o Premio Pulitzer en 1940 por esta novela, na que describe o proceso polo cal os pequenos productores agrícolas son expulsados das súas terras e obrigados a emigrar como xornaleiros a California. Obra polémica e transgresora

que fala da xustiza e a dignidade humana nunha Norteamérica azoutada pola crise. A película, protagonizada por Henry Fonda, é unha das incontables obras mestras de John Ford,

Estados Unidos, anos trinta: retrato da gran crise

MILLENIUM Serie: Stiege Larsson (2005-2007) Película: Daniel Alfredson, Niels Arden Oplev, (2009) A serie de novelas escritas por Stieg Larsson, superventas a nivel mundial, é un fascinante fresco do crime e do castigo, de perversións sexuais e trampas financeiras; un entramado violento e ameazante no que, no entanto, crecerá unha historia de amor.

Ata agora tres dos volumes da serie foron levados ao cine, con gran aceptación por parte do público.

Lisbeth Salander, a heroína de ollos fríos

Page 14: Guía de lectura "Os mellores... libros de cine"

LOS SANTOS INOCENTES Autor: Miguel Delibes (1982) Película: Mario Camus (1984) Retrato da Castela rural. Un dos libros máis lidos de Miguel Delibes, con excelente acollida entre todo tipo de públicos. Conta unha historia de inxustizas, desigualdades sociais e opresión no escenario da España rural de

época franquista. Levada ao cine por Mario Camus, nunha das mellores películas españolas de todos os tempos. Rabal e Landa bordan os seus papeis

Unha das mellores novelas e películas españolas de todos os tempos

O LÁPIS DO CARPINTEIRO Libro : Manuel Rivas (1998) Película : Antón Reixa A obra do autor galego, Premio Nacional de Narrativa en 1996, narra a relación entre dous homes que se sitúan a ambos lados do muro dunha prisión galega en 1936: un médico republicano, apreciado por todos os presos, e o carcereiro Herval, corroído pola envexa e o rancor.

Na película dirixida por Antón Reixa e Xosé Morais destaca a interpretación de Luís Tosar.

Historia de amor, de odio e represión

LA COLMENA Libro: Camilo José Cela (1951) Película: Mario Camus (1982) No Madrid da posguerra, un bulicioso enxame humano afánase en conseguir comer quente, espantar o frío, saciar o desexo sexual, librarse da tuberculose, matar o tempo..., ir tirando. Unha testemuña fiel da vida cotiá nas rúas, cafés e alcobas do Madrid de 1943, pero

tamén unha amarga crónica existencial. Levada ao cine por Mario Camus nunha película na que o propio Cela participou como guionista e actor.

Espléndida adaptación da novela máis coñecida do premio Nobel

LOS GIRASOLES CIEGOS Libro: Alberto Méndez (2004) Película: Jose Luís Corda (2008) Los girasoles ciegos é unha colección de tres contos cos que o autor, Premio Nacional de Literatura, conseguiu o Premio da Crítica en 2004. Catro historias da postguerra, dos tempos do silencio e da derrota, sutilmente engarzadas entre si. Unha parte do

devandito libro foi adaptado ao cine por José Luís Cuerda nun filme correcto, aínda que sensiblemente menos sutil que o seu orixinal literario

Un canto á dignidade