13
“OS DOCE MESES DO ANO”

Os Doce Meses

Embed Size (px)

DESCRIPTION

cuento de invierno

Citation preview

Page 1: Os Doce Meses

“OS DOCE MESES DO ANO”

Page 2: Os Doce Meses

Nun país onde os veráns son suaves e os invernos xélidos, alá no medio da montaña vivía Marushka en compañía da súa madrastra e a súa medio irmá.

Marushka era odiada polas dúas mulleres que planeaban a súa morte.

Page 3: Os Doce Meses

Esperaron a que chegase o inverno para poñer en práctica o seu plan. Deste modo ordenáronlle que fose a buscar violetas á montaña.

-Violetas en Xaneiro?- pregunto Marushka.- Fai o que che dicimos! Estamos cansas de tanto inverno e queremos violetas! Non volvas sen elas ou non entras xamais nesta casa!

Page 4: Os Doce Meses

A moza marchou convencida de que non as atoparía nunca.

Atravesou o bosque e subiu a montaña onde florecían as violetas en primavera. Pero todo estaba cuberto dun manto de cor branca.

Escurecía, estaba cansa e morta de frió. De súpeto un estraño resplandor apareceu en fronte. Dirixiuse cara a alí e encontrou doce figuras silenciosas ao redor dunha cacharela

Page 5: Os Doce Meses

-Permitídeme por favor quentarme na vosa cacharela. Díxolle ao ancián que estaba sentado nunha pedra en forma de trono.- Dime nena, respondeulle este, que te trouxo ata aquí?.Como podedes imaxinar, unha vez que a moza lle dixo o das violetas, o ancián decidiu axudala, xa que el era o mes de Xaneiro e tiña o poder para facelo.

Page 6: Os Doce Meses

-Ven irmá Abril! –exclamou- e trae contigo as violetas!.Deseguido, unha das figuras encapuchadas ergueuse e despoxouse da capa. Unha moza fermosa fundiu a neve onde floreceron unha morea de violetas.- Toma cantas violetas necesites –díxolle Abril-, pero non lle digas a ninguén como as conseguiches.

Page 7: Os Doce Meses

Marushka recolleu as violetas, deulles as grazas e púxose en camiño a súa casa.

Ao chegar tanto a súa madrastra coma a súa medio irmá marabilláronse ante a visión das violetas invernais, pero non lles gustou nada que Marushka tivese regresado sa e salva.

Page 8: Os Doce Meses

Así que aos poucos días lle pediron amorodos.

Marushka regresou de novo ao lugar onde estaban os doce meses. Ao explicarlles o dos amorodos foi o mes de Xullo o que a axudou.

Así foi como puido regresar a súa casa cos amorodos para cumprir o capricho da madrastra e a medio irmá.

Page 9: Os Doce Meses

E, de novo, aos poucos días mandárona a buscar mazás.O mes de Outubro foi o encargado de axudala desta vez. Fundiu a neve, fixo aparecer unha maceira e díxolle que a sacudira e recollera as mazás que caeran. Como Marushka non quería abusar máis dos doce meses sacudiuna con moi pouca forza e só caeron dúas mazás. A que lle formaron as dúas mulleres cando voltou a casa só con dúas mazás foi impresionante. Pensaron que as comera todas e viña con dúas para vacilalas. Chamárona mentireira e golpeárona cunha vasoira.

Page 10: Os Doce Meses

Deste xeito as dúas decidiron ir a buscar máis seguindo as pegadas de Marushka.Ao chegar ao lugar onde se encontraban os doce meses do ano, non fixeron caso das figuras. Quentáronse na cachrela, sen pedir permiso, mentres falaban mal de Marushka.Cando Xaneiro lles preguntou:-Que vos trouxo a este lugar?A súa resposta foi: -E a ti que che importa vello tolo?.

Entón o rostro de Xaneiro empezou a oscurecerse, levantou a súa vara e ordenou ao vento que soprara.

Page 11: Os Doce Meses

As dúas mulleres foron incapaces de encontrar o camiño a casa, non se sabe se se precipitaron pola greta dun glaciar ou se a neve as enterrou. O caso é que ninguén volveu saber delas.

Marushka quedou soa na súa casa e cada vez que no calendario entraba un novo mes saudábao como un vello amigo.

Cando chegou o mes de Outubro un mozo chamou a súa porta pedindo traballo no seu lagar para facer sidra.

Page 12: Os Doce Meses

Xa vos imaxinades como remata esta historia.

Namorouse de Matrushka, casaron e tiveron moitos fillos.

Marushka demostrou ser unha nai sabia e cariñosa.

Page 13: Os Doce Meses

Ensinou aos seus fillos que a medida que pasan os meses, estes veñen ata nós un tras un, e que cada un deles, dende o caluroso Xullo ao xélido Xaneiro, é unha bendición do ceo e un bo amigo ao que se ha de querere respectar.

E O MÁIS IMPORTANTE A CELEBRAR A VIDA!