Upload
belen-cortegoso
View
231
Download
4
Embed Size (px)
DESCRIPTION
proxecto biblioteca cole pintor laxeiro
Citation preview
0
R/ Federico García Lorca, nº 18 Vigo (Pontevedra)
C.P. 36210 ,Vigo (Pontevedra)
TF: 986 238043
Fax: 986 203721
Email: [email protected]
1
MEMORIA DE ACTIVIDADES LEVADAS A CABO NO CENTRO EN RELACIÓN Á
ORGANIZACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR E AO FOMENTO DA LECTURA
(CURSOS 2.008 / 2.010)
ÍNDICE: 1. Intervencións en relación ao espazo físico da biblioteca escolar, equipamento, recursos,
fondos...
2.Actuacións para a centralización dos fondos documentais existentes no centro,
organización, rexistro, catalogación e automatización. Programa informático empregado.
3. Criterios e forma de realizar o préstamo.
4. Orzamento anual específico para a biblioteca.
5. Horario de apertura da biblioteca.
6. Organización do profesorado para a súa atención.
7. Publicación de boletíns e guías de lectura.
8. Actividades relacionadas co fomento da lectura. Apoio ao proxecto Lector de centro.
9. Actividades relacionadas coa formación de usuarios e a educación documental.
10.Actuacións, dende a biblioteca, destinadas a compensación das desigualdads
socioculturais, ou atención á diversidade.
11.Presenza da biblioteca escolar nos documentos organizativos e nas prácticas pedagóxicas
do centro.
12.Incidencia das intervencións realizadas no conxunto da comunidade educativa.
2
1. INTERVENCIÓNS EN RELACIÓN AO ESPAZO FÍSICO DA BIBLIOTECA ESCOLAR,
EQUIPAMENTO, RECURSOS, FONDOS (cursos 2.008/2.0010)...
• Nova decoración do espazo para que o alumnado atope na biblioteca un lugar atractivo
para ler un libro ou realizar actividades diversas. Redistribución do mobiliario en dous
espazos formando dous ambientes. Colocación dun expositor, andeis, un cabalete para a
colocación do libro de biblioteca “Eu quero contar...”, lector de barras, un canón. Unha
cortiza:“Unha ollada ao mundo”, para anunciar novas, artigos de prensa, horarios,
normas…; e dúas interiores, para a exposición de debuxos e redaccións do alumnado...Un
teatriño de monicreques.
• Sinalización seguindo e adaptando a C.D.U. Dispoñemos de dous ordenadores: un para a
xestión informática con programa “BIBLIO” e outro co Programa Meiga (recen
incorporado).
2. ACTUACIÓNS PARA A CENTRALIZACIÓN DOS FONDOS DOCUMENTAIS
EXISTENTES NO CENTRO, ORGANIZACIÓN, REXISTRO, CATALOGACIÓN E
AUTOMATIZACIÓN. PROGRAMA INFORMÁTICO EMPREGADO.
• Expurgo de libros e outros materiais. Rexistro e catalogación, forrado e selado de libros.
• Actualización de coleccións por niveis. Inventario para a centralización na biblioteca de
material audiovisual xa existente no centro.
• O rexistro e a catalogación no programa de xestión MEIGA.
3. CRITERIOS E FORMAS DE REALIZAR O PRÉSTAMO.
Os criterios e formas de realizar o préstamo están reflectidos nas Normas de Biblioteca.
Realízano o profesorado tanto polas mañás coma polas tardes.
4. ORZAMENTO ANUAL ESPECÍFICO PARA A BIBLIOTECA.
O colexio ten presupostado unha cantidade específica para a biblioteca: no curso
2.008/2.009 foi de 3.000 euros. Este curso ten un orzamento de ………………
Ademais, a Consellería enviounos a cantidade de 1.300 euros (2.008/2.009) e 900 euros
(2.009/2.010).
3
5. HORARIO DE APERTURA DA BIBLIOTECA.
A Biblioteca está aberta en horario lectivo e o préstamo realízano as correspondentes
titoras/es ou especialistas; en horario de tarde (de 16:00 a 18:00 horas), realízano o
profesorado que está de garda.
6. ORGANIZACIÓN DO PROFESORADO PARA A SÚA ATENCIÓN.
Todo o profesorado/titor ten unha sesión á semana para ir co seu grupo de alumnos e realizar
o servizo de préstamo, sesións de Animación Lectora, consulta de documentos...
Dende curso 2.008 / 2.009 a biblioteca conta cun Equipo de Biblioteca formado por sete
compoñentes, estando representados todos os ciclos.
7. PUBLICACIÓN DE BOLETÍNS, GUÍAS DE LECTURA, BLOGS OU PÁXINAS WEB
DA BIBLIOTECA...
• “Guía de Uso da Nosa Biblioteca”: tríptico no que presentamos a nosa mascota
“Gromiño”, as Normas da Biblioteca, os Principios e Funcións, e a forma de realizar o
servizo de préstamo.
• BOLETÍNS DE BIBLIOTECA trimestrais. Neles reflectimos as actividades
desenvolvidas na biblioteca e os proxectos.
• Guías de Lectura trimestrais. Recomendacións aos pais/nais.
• Colaboramos coa revista do colexio “Encontros”.
• Posta en marcha do blog do Programa PROA: [email protected].
8. ACTIVIDADES RELACIONADAS CO FOMENTO DA LECTURA. APOIO AO
PROXECTO LECTOR.
• Conta - contos trimestrais a cargo de profesorado e do alumnado:“A historia de Gromiño,
a nosa mascota”; “A Galicia máxica”. o conto tradicional e o mundo máxico – lendas,
tradicións...la literatura oral galega-; Teatro de Monicreques, “Carapuchiña vermella”;
“Porcas porquiñas” e “Unha Chea de familias”, de Xosé A. Neira Cruz. No mes de xuño
outro desenvolvido polo alumnado de 6º de primaria, “Os tres porquiños”, “El rey y la
rana”. (Ver material complementario).
4
• Animación Lectora realizada polas editoriais: OQO ( colaboración co Concello de Vigo
e con motivo do Día Internacional do Libro, 2 de abril) na 1ª e 2ª Edición do programa
“CONTARTE”. Ed. Edebé, “O ratiño Pérez” e “A Odisea”; Ed. Everest, “Federico…e
outra historia” con Servando Barreiro; De MeKané Didáctica e Consellería de
Educación, “A galiña azul”; Ed. Kalandraka, “Contos para soñar”; Ed. Everest, “O
Mago Christian Magic”;Ed. Alfaguara, “Xogamos co teatro” con Manolo Solla . (Ver
material complementario).
• Encontros con autores: do ilustrador e escritor Anxo Fariña e os libros “A
Monstroescola”, “Os Megatoxos”; e do Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil
2.009, Alfredo Gómez Cerdá e os seus libros “El cartero que se convirtió en carta”.
• “A hora de ler”: traballo de titoría dentro da aula e/ou dentro da biblioteca (P. L.).
• Exposicións: de novidades, de actividades (redaccións, debuxos..), de artigos de prensa,
do libros tradicional, das Rutas Xacobeas...
• Colaboración co Equipo de Actividades Extra - escolares:decoración das entradas
principais do colexio (murais relacionados co conto clásico/tradicional e coas rutas
xacobeas, marcapáxinas, móbiles…). E co Equipo de Normalización Lingüística (Letras
Galegas).
• Mes do libro: confección de tres libros conxuntos por parte de todo o alumnado do
colexio: “Poemario”, libro de poemas empregando a técnica do caligrama; “Libro
viaxeiro”, libro recompilatorio dos traballos do alumnado relacionado co Proxecto
“Gromiño viaxa…pola Rutas Xacobeas”.
• O Equipo das Tics, elaborou un material relacionado co tema anterior, para a pizarra
dixital.
• Coordinación e elaboración do Proxecto Lector e Escritor.
9. ACTIVIDADES RELACIONADAS COA FORMACIÓN DE USUARIOS E
EDUCACIÓN DOCUMENTAL.
5
• Confección da mascota, votación democrática do seu nome, visitas guiadas á Biblioteca
para coñecer o seu funcionamento e organización, marcapáxinas, elaboración de novos
carnés.
• Formación de alumnos/as colaboradores: obradoiro de forrado de libros, estudo e
clasificación de materiais, comprobación do rexistro de libros (devolución).
• Posta en marcha do Proxecto Documental “Gromiño viaxa…pola Rutas Xacobeas”.
10. ACTUACIÓNS DA BIBLIOTECA DESTINADAS Á COMPENSACIÓN DAS
DESIGUALDADES SOCIOCULTURAIS OU ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.
Colaboración co Departamento de Orientación e co profesor do PLAN PROA. Estableceuse
un programa baseado en diversas actividades: visita á biblioteca, lectura colectiva,
realización de tarefas de vocabulario, comprensión, entoación, dramatización...; lectura
individual para estimular o pracer de ler; actividades de comprensión escrita relacionados co
lido e que se concretan en descricións, poesía, narración, texto humorístico...; busca de
información en xornais para a elaboración de noticias; publicación no blog do Plan de
Lectura - creado pola profesora- cos traballos do alumnado, reseñas de libros lidos,
pequenas descricións, presentacións...
11. PRESENZA DA BIBLIOTECA ESCOLAR NOS DOCUMENTOS ORGANIZATIVOS
E NAS PRÁCTICAS PEDAGÓXICAS DO CENTRO.
A Biblioteca ten presenza no Proxecto Lector e Escritor de centro e na P.X.A.. Nestes
documentos se reflicten as liñas básicas do seu funcionamento, os obxectivos en canto á
xestión, organización e dinamización e as actividades. A Memoria Final incorpórase á
Memoria Xeral do Centro. Ademais, elaboramos materiais para a práctica pedagóxica:
documentos con actividades relacionadas coa animación lectora.
12. INCIDENCIA DAS INTERVENCIAÓNS REALIZADAS NO CONXUNTO DA
COMUNIDADE EDUCATIVA.
Grande incremento do servizo de préstamo: 1.819 usuarios no curso 2.008/2.009 e 3.058 o
curso 2.009/2.010.
6
GUIÓN
TÍTULO DO PROXECTO::”UNHA ILUSIÓN COMPARTIDA”
0. XUSTIFICACIÓN.
1. ANÁLISE DA SITUACIÓN DE PARTIDA E O SEU CONTEXTO.
2. ANÁLISE DAS NECESIDADES DE RENOVACIÓN E ACTUALIZACIÓN DOS FONDOS
DOCUMENTAIS.
3. OBXECTIVOS.
4. TIPO DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO.
5. ACTUACIÓNS POR TRIMESTRE.
A. XESTIÓN TÉCNICA E ORGANIZACIÓN.
B. DINAMIZACIÓN.
• Formación de usuarios.
• Fomento da lectura e escritura.
• Apoio ao desenvolvemento do Proxecto Lector de centro e outros
programas/proxectos de aula/centro.
• Educación para o acceso á información (tratamento da información e competencia
dixital).
• Apoio ao estudo ou outras actividades desde a biblioteca para a compensación das
desigualdades sociais.
• Difusión dos recursos dispoñibles na biblioteca.
• Accións para a integración da cultura impresa/cultura dixital.
6. HORARIO PREVISTO DE ATENCIÓN ESPECÍFICA (RESPONSABLE E INTEGRANTES
DO EQUIPO DE APOIO).
7. CRITERIOS E PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN.
7
1. XUSTIFICACIÓN.
Este proxecto xurdiu da experiencia destes últimos anos e responde á pregunta: que biblioteca
queremos?. A resposta nola dan os alumnos/as que día a día asisten e traballan nela: levando libros en
préstamo, gozando coas animacións lectoras e os conta – contos, demandando máis servizos,
axudando e colaborando na organización e na xestión; o profesorado, colaborando para levar á
práctica os programas e actividades que desenvolve e fomentando no seu alumnado o pracer que
causa a lectura; e as familias, indo cos seus fillos á biblioteca para ler en familia; o Equipo Directivo,
que sen o seu apoio non sería posible transformar a biblioteca nun espazo vivo.
Entendemos a Biblioteca como un centro de recursos e un entorno de aprendizaxe útil para a
realización de intervencións didácticas relacionadas con todas as áreas curriculares, para ser eficaz e
ser significativa e así conseguir obxectivos claros e definidos, fundamentalmente no que se refire ás
prácticas lectoras, escritoras e as habilidades intelectuais do noso alumnado.
Temos unha biblioteca con un aceptable espazo físico e con bos materiais, pero ademais queremos
seguir na liña desenvolvida: que sexa un medio dende o que o profesorado, alumnado e familias
estean dispostos a seguir transformándoa con compromiso, colaboración, autocrítica.
O noso ámbito de acción se concreta en:
Xestión e dispoñibilidade dos recursos documentais.
Articulación de servizos e programas.
A promoción e comunicación dos seus recursos e programas.
A cooperación e a coordinación co equipo docente.
8
2. ANÁLISE DA SITUACIÓN DE PARTIDA DA BIBLIOTECA E O SEU CONTEXTO.
O C.E.I.P. Pintor Laxeiro está situado na zona da Florida, en Vigo, preto da zona comercial de
Travesas. É un centro de 18 unidades: 6 de Educación Infantil e 12 de Educación Primaria.
Conta ademais con aulas específicas: 2 Aulas de apoio – P.T. e A.L.-, Departamento de
Orientación, Aula de Psicomotricidade, Ximnasio, Aula de Música, Aula de Relixión, Aula de
Audiovisuais, Biblioteca, Aula de Informática e 2 aulas de Lingua Inglesa.O seu alumnado
procede da zona e conta con alumnado inmigrante.
A BIBLIOTECA.
1. Organización do espazo.
1.1 Biblioteca central. Está situada na primeira planta do edificio escolar e conta con 60 metros
cadrados de superficie. Ten dous espazos: un dedicado a educación Infantil e Primeiros
Lectores, e outra para o resto do alumando.
1.2. Outros espazos. Todas as aulas dispoñen de bibliotecas de aula, a maioría ben dotadas e con
bo funcionamento. Os seus fondos aínda están sen catalogar na Biblioteca Central así coma
outros fondos que están na Sala de Profesores e que son fundamentalmente libros para adultos,
revistas e xornais.
Na Aula de Audiovisuais está todo o material correspondente a esta área. Na actualidade está
todo inventariado mais tamén está pendente de que estes recursos estean centralizados no
programa de xestión MEIGA. Falta tamén por inventariar e catalogar o material da Aula de
Informática. Nesta aula atopamos programas educativos para as diferentes áreas curriculares.
2. Organización do tempo:
A partir do curso 2.008/2.009 a Biblioteca conta cun equipo para xestionala e dinamizala. Este
encárgase de xestionar, e xunto con profesorado colaborador, realizamos tamén actividades de
9
animación lectora e conta - contos. Este equipo dispón dun horario fixo semanal. Unha vez á
semana a coordinadora reúnese coas coordinadoras de Normalización Lingüística e de
Actividades Extraescolares e Complementarias. Un martes de cada mes reúnese para dar
cumprimento ao programa establecido e avaliar as actividades desenvolvidas.
Todas as titorías dispoñen dun horario fixo á semana. Cada titora realiza actividades de lectura
co grupo, de animación lectora e/ou de conta – contos, segundo o Proxecto Lector de centro.
O Plan Proa tamén dispón dun horario polas tardes para todas aquelas actividades xa reflectidas
na memoria.
O servizo de préstamo e devolución de libros e outros materiais realízase en horario lectivo
polas titoras, e en horario de tarde polo profesorado que estea de garda. Todo o profesorado
realiza esta función seguindo o programa de xestión da biblioteca.
3. Recursos:
O Fondo.
No curso 2.008/2.009 fíxose un segundo expurgo dos fondos e materiais didácticos. O fondo de
libros catalogado está principalmente na Biblioteca, mais hai outro que está distribuído na Sala
de Profesores e na Aula de Audiovisuais. Os libros das diferentes bibliotecas de aula e diversos
materiais curriculares están sen catalogar de forma centralizada na biblioteca, polo que é un
obxectivo a traballar o próximo curso.
Traballamos co programa de xestión BIBLIO, moi básico, e co programa MEIGA que xa está
instalado nun dos dous ordenadores de que dispoñemos. Empezamos a introducir a base de
datos no curso actual.
A Biblioteca conta na actualidade con 5.489 libros organizados en andeis por cores. Neste
curso, estamos adaptando a CDU coas cores. A maioría son libros de literatura infantil e xuvenil
orientados ao alumando, dominando a narrativa. Tamén para o alumnado está as seccións de
Ciencias Naturais, historia e banda deseñada.
10
Contamos con libros e materiais didácticos específico de lingua galega, recompilados ao longo
dos anos e relacionados con Normalización Lingüística; dicionarios de lingua galega e castelá,
enciclopedias e diversos libros de consulta, tanto para o profesorado como para o alumnado.
Os Soportes.
Todo os libros atópanse en andeis baixos para o alumnado de infantil. O resto está distribuído en
andeis altos: andeis antigos e xa vellos e seis andeis enviados pola Consellería o curso
2.007/2.008. Como a biblioteca está dividida en dous espazos, no medio deles hai un expositor
móbil e dúas mesas que serven para a exposición de novidades.
Unha zona está dedicada a educación infantil e primeiros lectores. Conta co chan cuberto, mesas
redondas, un teatro de monicreques. Zona preparada para a realización de actividades de
animación lectora e conta - contos. A outra zona está deseñada para o resto do alumnado e para
o traballo do profesorado e conta con cinco mesas rectangulares e as súas cadeiras. Nesta zona
sitúase a mesa co ordenador de xestión do programa BIBLIO e outra mesa con outro ordenador
co programa MEIGA.
Outros elementos.
A Biblioteca está decorada con cores vivos e complétase con outros elementos decorativos:
bonecos, cestos, un pequeno baúl…O Equipo Directivo dotounos cunha pantalla e un canón.
Dispoñemos de tres cortizas (xa explicado o seu uso na Memoria).
4. Persoas.
Cando falamos de persoas relacionadas coa Biblioteca referímonos a todos os que participan nas
actividades do colexio: o Equipo Directivo, o profesorado, o alumnado, e as familias, que tanto
poden axudar á creación do hábito lector; escritores, editoriais…
11
Equipo de Biblioteca.
O Equipo de Biblioteca elabora ao principio de curso a Programación de Biblioteca que se
incorpora á P.X.A. Os nosos esforzos céntranse na implementación de distintas actividades que
articúlanse para todo o centro en colaboración con todo o profesorado.
As súas funcións e responsabilidades están reflectidas nas Normas de Biblioteca.
Dispoñemos dun horario específico e que se reflicte na P.X.A.
Durante o actual curso escolar o Equipo de Biblioteca está constituído polas
seguintes profesoras:
Coordinadora: Mª Dolores Crespo Couselo.
Membros: María Araújo Rodríguez ; Mª Berta Franco Chouza; Mª Isabel García Vázquez; Mª
Dolores González Torres; Mª Begoña Jara Segura; Mª del Carmen Otero Campos.
En total sete profesoras das diferentes etapas e ciclos que constitúen uns recursos humanos que
en número son imprescindibles para xestionar e dinamizar as actividades, distribuíndo as
funcións para que o traballo sexa máis operativo e áxil.
3. ANÁLISE DAS NECESIDADES DE RENOVACIÓN E ACTUALIZACIÓN DOS FONDOS
DOCUMENTAIS.
Fondos con soporte multimedia, de imaxe e de son.
Subscricións a revistas infantís, e a revistas para o profesorado.
Aumentar o fondo de lingua inglesa.
CDS en lingua galega e lingua inglesa.
12
4. OBXECTIVOS.
Como queda reflectido na xustificación deste proxecto, concibimos a Biblioteca como un centro de
recursos e un entorno de aprendizaxe útil, ademais de funcionar como unha biblioteca tradicional cos
seus materiais impresos e/ou de todo tipo. Neste sentido facemos nosos os obxectivos que a
UNESCO establece :
• Organizar e xestionar os recursos para que sexan máis accesibles, facilmente identificables e
utilizables.
• Ampliar os recursos documentais da biblioteca e equilibrar o fondo.
• Establecer mecanismos de coordinación co profesorado e cos equipos docentes para a escolla
de materiais e outros recursos.
• Proporcionar un continuo apoio ao proceso de ensino – aprendizaxe e así impulsar o cambio
educativo.
• Apoiar ao profesorado no desenvolvemento do Proxecto Lector e Escritor do centro.
• Difundir os fondos da biblioteca e facer que circulen.
• Conseguir que a biblioteca sexa un referente na vida do centro.
• Recompilar todos os documentos repartidos en diferentes dependencias.
• Apoiar e complementar o traballo de aula.
• Elaborar proxectos puntuais e apoiar os que se propoñan por outros equipos docentes.
• Promover a dinamización cultural.
• Promover o uso da biblioteca escolar e as bibliotecas de aula segundo o Proxecto Lector.
• Establecer canles de comunicación estables que permitan accións de difusión e promoción.
• Promover a cooperación e coordinación con organismos externos.
13
5. TIPO DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO.
Para lograr os obxectivos anteriores seguiremos desenvolvendo as acción destes cursos pasados
intentando avanzar e mellorar a nosa práctica educativa e que sintetizamos así:
Aplicación do Proxecto de Biblioteca que vimos desenvolvendo dende cursos pasados e
adaptarnos aos cambios que xorden coa práctica.
A biblioteca dispón dun espazo agradable – aínda que mellorable - , con fondos axeitados
e con materiais curriculares que están a disposición do profesorado.Dispón de elementos
organizativos do espazo físico: sinalización dos andeis por cores.Realizamos o tratamento
de rexistro – informatizado - , selado e forrado.
Dispoñemos de presuposto do centro para a adquisición de materiais.
Hai un horario específico á semana para todas as titorías e contemplado na P.X.A.
Funciona un Equipo de Biblioteca cun horario específico para xestionala e dinamizala.
O alumnado ten un carné lector e colabora na organización e na dinamización.Os pais/nais
acompañan aos seus fillos (Educación Infantil e Primeiro Ciclo) á Biblioteca polas tardes
para ler e/ou coller libros en préstamo.
As Normas da Biblioteca xa están elaboradas e aprobadas. Mantemos a carteleira
actualizada con información ao profesorado, alumnado e ás familias
Colaboramos con outros equipos en actividades e proxectos, e coa revista do colexio.
Colaboramos coas editoriais, co Concello e con Fundacións con sesións de conta – contos
e de animación lectora.
Coordinamos o Proxecto Lector e Escritor do centro.
Aportamos información ao profesorado das novas adquisicións, de lecturas e/ou
coleccións recomendadas: sobre todo referidas a valores, ou a materias curriculares.
Publicamos Boletíns de Biblioteca e Guías de Lectura trimestrais, e as difundimos ás
familias.
14
6. ACTUACIÓNS POR TRIMESTRE.
A/. XESTIÓN TÉCNICA E ORGANIZACIÓN:
1. XESTIÓNAR E ORGANIZAR OS RECURSOS PARA QUE SEXAN ACCESIBLES, IDENTIFICABLES E UTILIZABLES. INICIAIVA
ACTIVIDADES
RESPONSABLES
TEMPO
1. Mellorar o espazo físico.
1.1. Solicitaremos inversión para cambiar o mobiliario.
• Equipo de
Biblioteca.
• Dende o
primeiro trimestre.
2. Poñer o texuelo aos libros catalogados no programa Meiga.
2.1. Aplicaremos os criterios adaptados a nosa biblioteca. 2.2. Distribuiremos os materiais por categorías.
• Equipo de Biblioteca.
• Titores/as para as biblioteca de aula.
• Primeiro
trimestre.
3. Informatizar as novas adquisicions. 4. Reorganizar os fondos seguindo a CDU
3.1. Rexistro. 3.2. Selado. 3.3. Colocación do texuelo. 3.4. Forrado. 4.1. Reorganizaremos os andeis seguindo a CDU adaptada.
• Equipo de Biblioteca.
• Profesorado colaborador
• Alumnado do 3º ciclo colaborador
• Equipo de Biblioteca..
• Todo o curso.
• Primeiro trimestre.
5. Seleccionar os materiais seguindo as suxestións do profesorado e do alumnado
5.1. Nas reunións de ciclo. 5.2. Confección dun cartel con LIBROS – LAPA (libros inseparables).
• Profesorado. • Alumnado. • Equipo de Biblioteca.
• Cada trimestre. O Equipo de biblioteca
15
B/. DINAMIZACIÓN.
• Formación de usuarios.
1.Formar usuarios independentes no uso da información. INICIATIVAS
ACTIVIDADES
RESPONSABLES
TEMPO
1. Coñecer a biblioteca.
1.Realizar visitas guiadas. 2. Xogos de simulación para ensinar a ubicación, organización, clasificación e as Normas
• Equipo de Biblioteca. • Titores e especialistas
• Primeiro trimestre.
2. Buscar e localizar información.
2.1 Contar un conto a partir dun personaxe ou ilustración. 2.2.Redactamos entre todos un texto coas impresións, despois da visita. 2.3. Interpretamos os texuelos.
• Titorías. • Equipo Biblioteca. • Especialistas.
• Primeiro trimestre.
3. Usar os documentos.
3.1.Seleccionamos libros con imaxes cotiás. 3.2. Opinamos sobre as imaxes dun libro. 3.3. Describimos a imaxe dun libro. 3.4.Distinguimos tipos de informacións nun libro (gráficos, fotos,mapas…)
• Titorías. • Equipo biblioteca. • Especialistas.
• Todo o curso.
4. Elaborar un proxecto a longo prazo para o uso da biblioteca en proxectos de aprendizaxe formais e informais (Terceiro ciclo de primaria).
4.1.Actividades para desenvolver contidos instrutivos: a orde alfabética, ordenación e clasificación, selección, organización e representación das ideas principais…
• Equipo Biblioteca en coordinación cos Equipos de Ciclo e os especialistas. • Comisión Coordinación Pedagóxica.
• Terceiro Trimestre.
16
• Fomento da lectura e escritura.
1. Transformar a biblioteca nun centro de recursos para apoia a aprendizaxe activa de todas as áreas e niveis. INICIATIVAS
ACTIVIDADES
RESPONSABLES
TEMPO
.1. Favorecer cambios organizativos e metodolóxicos.
1.1.Elaborar un calendario de uso da biblioteca –como estes anos- tendo en conta as programacións de cada nivel.
• Todo o profesorado
• Primeiro Trimestre.
2.Accións que unan ao alumnado coa biblioteca.
2.1. Carné da biblioteca. 2.2. Carné lector. 2.3.Elaboraremos materiais – recordo da biblioteca (pegatinas, pins, diplomas…) 2.4.Axudantes de biblioteca (terceiro Ciclo). 2.5. Creacións colectivas de libros, contos, cómics.. 2.6. Servizo de préstamo. 2.7.Realizacións plásticas relacionadas cn algún autor, tema, conmemoración, proxecto… 2.8.Maleta viaxeira (Ed.Infantil). 2.9.Actividades para o mes do libro: O Retrato lector (agasallo). 2.10. Escribir poemas, citas, notas, debuxos…no libro “EU QUERO CONTAR”.
• Equipo Biblioteca. • Equipo de biblioteca
en coordinación co profesorado e equipos.
• Equipo de biblioteca
• Todo o curso.
• Terceiro trimestre.
• Todo o curso.
3.Accións de uso habitual da biblioteca.
3.1.Apertura diaria en horario lectivo e pola tardes. 3.2. Servizo de préstamo. 3.3.Actividades de Animación lectora para compartir experiencias lectoras. 3.4.Club de lectores. 3.5. Préstamos en bloque a un curso/nivel.
• .Equipo de biblioteca. • Profesorado.
• Todo o curso.
17
• Apoio ao desenvolvemento do Proxecto Lector e Escritor de centro e a outros
programas/proxectos de aula/centro .
1. Potenciar un novo estilo docente ofrecendo recursos ao libro de texto. INICIATIVAS
ACTIVIDADES
RESPONSABLES
TEMPO
1. Procurar que o alumnado constrúa proxectos de lectura con motivación variada.
1.1. Relacionadas coa lectura por pracer, por deber, por interese e por necesidade.
• Titorías. • Equipo de Biblioteca (asesorando)
• Todo o curso.
2. Realización de actividades puntuais.
2.1.Participación en actividades programadas: conta – contos, encontros con escritores. 2.2.Participación nas conmemoracións nas que participa o centro e que coordinan os diferentes equipos (P.X.A.).
• Equipo de Biblioteca. • Equipo de Biblioteca. • Outros equipos de coordinación docente.
• Repartidas nos tres trimestres.
3. Realización de producións escritas.
3.1. Realización de DIARIOS DE SAÍDAS culturais realizadas durante todo o curso. Logo podemos encadernalos e formar parte da biblioteca. 3.2. LIBRO VIAXEIRO.
• Equipo de Biblioteca en coordinación coas titorías.
• Equipo de Biblioteca.
• Nos tres trimestres.
• Segundo e terceiro trimestre (rematado no mes de abril).
4. Exposición. • Cada aula escolle un libro (Itinerarios Lectores). As clases traballan sobre el, elaboran un mural, escriben algo significativo e realizan algún traballo plástico. Reúnese todo, e no mes de abril expoñemos todo.
• Aulas. • Equipo de Biblioteca.
• Segundo e terceiro trimestre.
18
• Educación para o acceso á información (tratamento da información e competencia dixital).
1. Localizar información. INICIATIVAS
ACTIVIDADES
RESPONSABLES
TEMPO
• Planificar o traballo de busca.
• Comprender, analizar e interpretar criticamente os resultados dunha busca.
• Identificar e seleccionar a información relevante.
• Aplicar criterios para valorar a calidade da información: fiabilidade, actualización.
• Comparar información de diversas fontes.
• Reflexionar sobre a validez dos procesos de busca realizada.
• Profesorado.
Todo o curso
• Apoio ao estudo ou outras actividades desde a biblioteca para a compensación das
desigualdades sociais.
1. Colaborar co profesorado do Programa PROA INICIATIVAS
ACTIVIDADES
RESPONSABLES
TEMPO
1.Busca de información.
• Redacción de artigos.
• Profesorado do proxecto PROA.
• Todo o curso (en horario de tarde)
2. Traballo con libros da biblioteca: comprensión lectora, expresión oral…
• Redaccións • Lectura colectiva. • Opinións.
• Profesorado do proxecto PROA.
• Todo o curso (en horario de tarde)
3. Publicar as producións no blog: [email protected]
• As producións escritas son supervisadas polo profesor para a súa publicación.
• Profesorado do proxecto PROA
• Todo o curso (en horario de tarde)
19
• Difusión dos recursos dispoñibles na biblioteca
1. Dar a coñecer á comunidade educativa o traballo desenvolvido. INICIATIVAS
ACTIVIDADES
RESPONSABLES
TEMPO
1. Boletíns trimestrais de biblioteca.
• Información á Comunidade Educativa das actividades desenvolvidas.
Equipo de Biblioteca
• Un por trimestre.
2. Guías de Lectura.
• Información á C.E. de lecturas recomendadas.
- Equipo de Biblioteca.
• Un por trimestre.
3. Información ao profesorado das novidades..
• Información ao profesorado das novidades que vai incorporando a Biblioteca, en especial aquelas que estean relacionadas cos temas transversais.
- Equipo de Biblioteca.
• Unha vez por trimestre (cando incorporemos o material dentro da xestión informática).
4. Escribir para a revista escolar ENCONTROS.
• Escribiremos sobre temas relacionados coa lectura, os libros e/ou as actividades desenvolvidas na Biblioteca.
• Equipo Biblioteca. • Equipo das TICS.
• Terceiro trimestre.
20
• Accións para a integración da cultura impresa/cultura dixital.
1. Utilizar medios impresos como medios para difundir a literatura infantil e xuvenil. INICIATIVAS
ACTIVIDADES
RESPONSABLES
TEMPO
1. Mantemento da cortiza exterior actualizada.
• Recompilamos seccións culturais dos xornais que teñan referencias á literatura infantil e xuvenil.
• Equipo Biblioteca.
Todo o curso
2.Creación do Blog da Biblioteca.
• Publicaremos creacións propias.
• Equipo Biblioteca.
• Coordinadora Biblioteca.
Todo o curso
. 4.Creación de dossieres de prensa.E confeccionar listados de páxinas web.
• Busca, clasificación
de artigos relacionados na prensa escrita.
• Recompilación de ditos artigos en forma de murais, dossieres, libros, pósters…
• Equipo Biblioteca.
• Alumnado.
Todo o curso
21
7. HORARIO PREVISTO DE ATENCIÓN ESPECÍFICA (RESPONSABLE E INTEGRANTES
DO EQUIPO DE APOIO).
HORARIO EQUIPO DE BIBLIOTECA
LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES 1º
2º Dinamización ( Isabel García e Loli Crespo)
3º
Dinamización ( Begoña Jara e Loli Crespo)
4º Dinamización (María Araújo)
Dinamización (Carmen Otero)
5º COORDINACIÓN eQUIPOS
Recreo: De luns a venres todo o Equipo de biblioteca fai quendas de recreo para a atención da biblioteca. HORARIO DA BIBLIOTECA (HORARIO LECTIVO)
LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES 1º PR 6º A PR 3º A IF 3 ANOS A
2º PR 4º B PR 5º A
3º PR 4º A
PR 5º B
PR 1º B PR 6º B
4º IF 5 ANOS A PR 3º B
IF 5 ANOS B IF 4 ANOS B IF 3 ANOS B
5º IF 4 ANOS A PR 2º B PR 1º A PR 2º B
22
8. CRITERIOS E PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN.
Para avaliar este proxecto de mellora da nosa biblioteca recolleremos información cualitativa e
cuantitativa de todos os axentes implicados. Elaboraremos enquisas para comprobar:
A adquisición de hábitos adecuados no uso da biblioteca.
O coñecemento do sistema de organización dos materiais – segundo as idades -.
O grao de utilización da biblioteca na hora semanal de lectura.
A coordinación dos diferentes equipos e o grao de implicación para realizar proxectos
conxuntos.
Ao longo do curso escolar, elaboraremos indicadores, criterios ou referencias que nos permitan
coñecer diferentes aspectos:
1. Respecto ao Proxecto Lector:
Os apoios recibidos da biblioteca escolar para a súa implementación.
Grao de utilización do servizo de préstamo da Biblioteca.
A dinámica xerada pola Biblioteca escolar e a capacidade real que ten o
centro para organizar e utilizar os recursos bibliotecarios.
A aplicabilidade dos materiais dos materiais curriculares para o fomento da
lectura nas aulas e na Biblioteca escolar.
A información que ofrece a Biblioteca respecto ao desenvolvemento das
actividades programadas e a difusión das mesmas.
A cohesión, o grao de implicación e compromisos dos diferentes equipos.
23
2. Respecto a alumnado:
O índice de lectura e o hábito creado: lecturas persoais, control de préstamo,
uso da Biblioteca e das Bibliotecas de aula.
O grao de autonomía do alumnado na formación de usuarios.
A valoración dos textos producidos por eles, así coma os procesos de
comprensión: comprender globalmente, obter información, elaborar
interpretacións, reflexionar sobre o contido do texto, reflexionar sobre a
estrutura co texto.
3. Respecto ao profesorado:
A inclusión dos plantexamentos deste proxecto e do uso da Biblioteca escolar
nas programacións de aula.
O cambio de actitude respecto ás metodoloxías, contidos, actuacións…
A integración dun tempo dedicado á promoción e comprensión lectora no
horario diario e en todas as materias.
A utilización de documentación.
Grao de colaboración e participación nas actividades complementarias
organizadas dende a Biblioteca.
As actividades de formación.
4. Respecto ao pais/nais:
A dispoñibilidade e o grao de implicación nas actividades de lectura dos seus
fillos.
O coñecemento dos obxectivos do programa lector a través da hora de titoría
ou nas reunións de principio de curso.
Os recursos humanos e materiais que podan aportar.
5. Respecto á comunidade (Concello, institucións públicas e/ou privadas):
A dispoñibilidade para facilitar medios, instalacións, actividades…
A colaboración coa Biblioteca Municipal.
24
BIBLIORAFÍA.
“Gramática de la fantasía”. Gianni Rodari. Ediciones del Bronce, Barcelona.
“Disfrutar escribiendo”. Antonio García Teijeiro. “A Animación lectora “.Agustín Fernández Paz. Anaya.
“Bibliotecas y escuela”. García Guerrero, J. Junta de Andalucía.
“El deseo de leer. Propuestas creativas para despertar el gusto por la lectura”.
Moreno,V. Ed. Pamieba, Pamplona.
“Como una novela”. Pennac D. Ed. Anagrama, Barcelona.
“Diez competencias básicas. Buscar para decidir”. Monereo Font C. Cuadernos de Pedagogía nº 298. 2.001
“Estrategias de lectura”. Solé I. Ed. Graö, Barcelona.
“Bibliotecas escolares, centro de recursos educativos par ala enseñanza ye l
aprendizaje”. García Guerrero, J.
www.plec.es/documentos.
www.maratondeloscuentos.org/jornadas/textos_ponencias/kepa_osoro.pdf
http://www.fundaciongsr.es/penaranda/.
www.edu.xunta.es/biblioteca/portaleducativo/ .
EQUIPO DE BIBLIOTECA