30
CURSIÑO BÁSICO DE PODA. PROGRAMA I. Coñecimento da árbore froiteira: Constitución de unha árbore froiteira.Tipos de xemas. Tipos de ramos.Evolución dos ramos. II. Tipos de poda. Criterios básicos de poda. Épocas. Ferramentas de poda.Técnicas de realización de cortes. Operacións complementarias de poda. III. As podas de formación. As podas de fructificación. As podas en verde.

poda

Embed Size (px)

DESCRIPTION

CURSIÑO BÁSICO DE PODA. PROGRAMA

Citation preview

Page 1: poda

CURSIÑO BÁSICO DE PODA. PROGRAMA

I. Coñecimento da árbore froiteira: Constitución de unha árbore froiteira.Tipos de xemas. Tipos de ramos.Evolución dos ramos.

II. Tipos de poda. Criterios básicos de poda. Épocas. Ferramentas de poda.Técnicas de realización de cortes. Operacións complementarias de poda.

III. As podas de formación. As podas de fructificación. As podas en verde.

Page 2: poda

I. 1.Constitución de unha árbore froiteira. 2. Tipos de xemas. 3.Tipos de ramos.4.Evolución dos ramos.

I.1.1.CONSTITUCIÓN DE UNHA ÁRBORE FROITEIRA ENXERTADA

PATRÓN...........planta que aporta o sistema radicular(Portaenxerto ou pé)

+

VARIEDADE....planta que aporta o sistema aéreo(inxerto ou cultívar)

I.1.2.Árbores froiteiras directas

I.2Tipos de xemas.

Xemas de madeira................ producen brotes

Xemas de flor....................... producen flores

Xemas mixtas...................... producen brotes e flores

Page 3: poda

Xemas latentes....................non agroman no ano seguinte ao da súa formación

Xemas adventicias............... fómanse despois dun traumatismo

Xemas estipulares................ ou de sustitución (normalmente non se ven)

Según a súa posición nos ramos tamén poden ser xemas apicales (a da punta do ramo), axilares(situadas ao pé das follas ao longo do ramo),estipulares e adventicias.

I.3Tipos de ramos.

-En froiteiras de pebida:

Ramo de madeira: ramo normalmente vigoroso que leva xemas de madeira laterais e unha terminal, na base ten xemas latentes.

Ramo chupón: similar ao anterior pero moi vigoroso, mal situado e de crecemento vertical. Brindillas: similar a un ramo de madeira pero moi delgadiño e máis curto (30 cm como

moito) Dardo: ramo moi curto terminado nunha xema terminal de madeira cónica. Brindilla coroada: similar á brindilla simple pero remata nunha xema de flor. Lamburda: ramo moi curto que leva un botón de flor formado nunha soa estación de

crecemento. Dardo coroado:igual que o dardo pero cunha xema de flor na punta. Necesita un mínimo de

dúas campañas de crecemento para formarse.

Page 4: poda

-En froiteiras de carambuña:

Ramo de madeira: igual que nas froiteiras de pebida. Ramo chupón: igual que nas froiteiras de pebida Ramo mixto: ramo que leva xemas de madeira e de flor lateralmente, distribuídas de distinta

forma según as especies. Na base e na punta leva xemas de madeira. Chifona: ramo moi delgado que leva xemas laterais de flor e ás veces tamén de madeira. A

xema da punta é sempre de madeira. Ramillete de maio: ramo moi curto que leva unha xema central de madeira e as outras de

flor

I.4.Evolución dos ramos.Depende de:

Alimentación Luminosidade Variedade froiteira Etapa evolutiva da árbore. Patróns.

Page 5: poda

II. 1.Tipos de poda 2.Criterios básicos de poda. 3.Épocas.4. Ferramentas de poda.5.Técnicas de realización de cortes. 6.Operacións complementarias de poda.

1.TIPOS DE PODA

Según os obxectivos perseguidos:

-Podas de limpeza:deben realiarse sempre previamente a calquera outro tipo de poda en calquera tipo de árbore.Incluen:

-Limpeza de xenos da raíz ou da base do tronco e chupóns

-Eliminación de madeira morta, enferma ou danada

-Ramas mal situadas: as que van cara o interior da copa, as que se rozan, as que se cruzan etc

-Podas de formación: son as operacións que se realizan para formar a estructura da árbore e poteriormente mantela.

Page 6: poda

-Podas de fructificación: pretenden establecer os órganos productivos e mantelos no tempo.

-Podas de anovamento: o seu fin é eliminar partes da árbore envellecidas para sustituilas por outras formacións novas.

Según o tipo de cortes que se realicen:

-Podas por despunte: córtase unha parte do ramo.Poden ser de 2 tipos:

-Curtas: rebáixanse os ramos non deixando máis de 5 xemas ben formadas.-Longas: déixanse máis de 5 xemas ben formadas.

As podas por despunte : -desequilibran máis a árbore-enmarañan a copa-poden axudar a equilibrar a vexetación da árbore.

-Podas por rareo de ramos: elimínanse ramos completos desde a base e outros déixanse intactos.As podas por rareo de ramos obrigan a adiantar as podas de anovamento porque alargan máis a estructura da árbore.

Según a época de realización:

-Podas en seco-Podas en verde

2.CRITERIOS BÁSICOS DE PODA

Altura do tronco baixa. Ten as seguintes ventaxas:

-Maior accesibilidade á copa da árbore (podas,tratamentos, recolección...)-Entrada máis rápida en producción

Estructura sólida.

-Ángulos de inserción das ramas no tronco (ou das ramas secundarias nas primarias) abertos.

-Diferencia de grosor de unha rama respecto a aquela na cal se inserta.

-Inserción escalonada das ramas (mínimo 20 cm)

Aireación e iluminación da copa

Equilibrio da árbore

Page 7: poda

-Na súa copa-Entra a vexetación e a fructificación

3.ÉPOCAS DE PODA

EFECTOS DA PODA

PODAS EN SECO (DE INVERNO) PODAS EN VERDE (de vrao)Temperás De

InvernoTardías De

PrimaveraDe Vrao De Outono

Disminución de reservas

Vai a menos Mínima Vai a máis Máxima Grande pero recupéranse rápido

Vai a menos

Cicatrización de feridas

Lixeira Nula Boa Moi boa A observar según zonas e especies

A observar según zonas e especies

Danos por frío Escasos Según anos Escasos Sen problemasInfecións dos cortes

Poden ser frecuentes

Poden ser frecuentes en froita de carambuña

Menos frecuentes

Poucos problemas

Poden ser frecuentes

Poden ser frecuentes

Días disponibles para podar

Escasos Escasos Escasos Imprevisible Frecuentes Menos frecuentes

Presencia de flores e froitos

Según variedades

Non Non Non Si Según variedades

Recomendacions de poda para a nosa comarca

Froiteiras de pebida (mazá,pera,naxi,marmeleiro): podar desde a caída da folla ata pouco antes da floración. Para quitarlle vigor á arbore podar tarde.Froiteiras de carambuña (Pexegueiros, cerdeiras e sobre todo ameixeiras):podar pouco antes do inicio da floración (poda en seco tardía). Podar en verde só en primavera (despuntes,eliminación de ramos que sobren); probar para cada zona a poda de vrao e de outono.

4.FERRAMENTAS DE PODA.

-Tixeiras: cortes de 0 a 2 cm-Tixeiras de dúas mans: cortes de 2 a 3,5 cm-Tixeiras de aire: para ramos altos-Serruchos: cortes de máis de 3cm-Navalla: para perfilar os cortes de ramas gordas e facer operacións complementarias de poda-Motoserra: para ramas gordas-Material complementario: ataduras, canaveiras,pastas cicatrizantes...

Page 8: poda

5.TÉCNICAS DE REALIZACIÓN DE CORTES

-Cortes de despunte: realízanse por riba de unha xema

Page 9: poda

-Corte de eliminación de ramos. Execución correcta.: realízanse xusto por riba da inserción na rama

Page 10: poda

-Corte de unha rama e calidade do corte.

Page 11: poda
Page 12: poda

-Cortes de desvío de ramos e ramas

Page 13: poda

6.OPERACIÓNS COMPLEMENTARIAS DE PODA

Actuacións sobre as xemas

Eliminación de xemas:-Realízase un pouco antes da brotación.-Moi útil en árbores xóvenes en formación.-Práctica moi pouco traumática.

Incisións transversais:-Realízanse uns días antes da brotación.-Según a anchura e penetración das mesmas o efecto será máis ou menos prolongado.-Se se realizan por riba do ollo favorecen a brotación e crecemento do mesmo, e por debaixo favorecen a aparición de ramos débiles.

Incisións lonxitudinais:-Son cortes na direción do tronco da planta-Realízanse cara o final do vran, cando a árbore máis engorda.-Favorece o crecemento en grosor.

Eliminación de gromos (desgromado):-Realízase en maio e xuño.-Permítenos seleccionar os xenos que nos interesan para a formación da árbore favorecendo o seu crecemento.

Page 14: poda

-Práctica pouco traumática e con poucos problemas.

Espunte de gromos (pinzado): -Realízase en maio ou xuño -Elimínase a punta dun xeno duns 20 cm de largo -Funciona moi ben.

Anelado de ramas-Realízase en primavera xa con follas desenvolvidas, sempre antes de que se produza a inducción floral.-Elimínase un anel de casca máis ou menos ancho.-É unha operación traumática para a planta.

Page 15: poda

Rectificado, inclinación e arqueado de ramos -Realízanse respectivamente para abrir o ángulo de inserción

de un ramo; para fixar un ramo nunha posición determinada; e para adiantar a posta en fructificación da árbore.

Outras operacións complementarias son:

-o esfollado: realízase para eliminar follas e favorecer a maduración, coloración ou aireación dos froitos.

-o enxerto entre ramos: para unir ramos e robustecer transitoriamente a estructura da árbore. -o rareo de froitos: para favorece-la calidade dos que quedan e correxir as produccións

alternantes.Deben eliminarse os defeutuosos e os de menos tamaño á media. Non deben rozarse uns con outros; deixaranse ben distribuídos aclarando máis intensamente no extremo das guías terminais da estructura.

Page 16: poda

III.i. AS PODAS DE FORMACIÓN EN ÁRBORES FROITEIRAS

1. A FORMACIÓN DA GUÍA DA ÁRBORE.

a- Por alargamento natural da medra do ano anterior, sen realizar despunte ningún:

- provoca normalmente medras fortes os primeiros anos e máis suaves despóis.

- é convinte eliminar tódolos anos os ramos subterminais, que compiten co eixo, e son demasiado ergueitos e con ángulos moi cerrados.

- este método é aconsellable en especies ou variedades de crecemento lento e nas máis resistentes ó frío.

b.- Por escabezado da medra do ano anterior.

− Escabézase o ramo terminal unha terceira parte ou a mitade da súa lonxitude, podando por riba dunha xema san e ben formada, situada na vertical do corte do ano pasado, para así tender a endereita-lo eixo.

- Se por calquera razón a guía medrara desmesuradamente e sen botar ramas laterais, podaríase con unha poda de retroceso, que consiste en escabezar totalmente a guía deixando como moito uns 20 cm. Con isto inténtase equilibra-la ramificación.

- Este método realizado durante varios anos seguidos permite manter máis equilibrada a copa.

- Recoméndase para as especies sensibles ó frío, ou con xemas terminais pouco marcadas. Ou simplemente cando se quer obter unha forma máis regular.

No caso da perda da guía terminal por calquera causa accidental procederase como se pode observar no debuxo:

Page 17: poda

2. A FORMACIÓN DAS RAMIFICACIÓNS DA COPA

Tamén aquí existen diferentes alternativas para formar as ramas primarias e secundarias.

a. Elección das ramas primarias ou nais. Realizarase procurando que:

− Sexan de vigor similar entre elas.

− Ben orientadas según a forma buscada.

− Ángulos de inserción abertos, pero de crecemento ergueito.

− Escalonadas un mínimo de 20 cm sobre o tronco.

− Non escoller ramos subterminais nin anticipados.

b. As ramificacións secundarias escóllense buscando unha disposición alternante cara un lado e outro da rama primaria para obter maior regularidade, equilibrio e ocupación do espacio.

b.1. Formación das ramificacións por alargamento natural da medra do ano anterior sen realizar ningún despunte.

- É mais rápido.

- Non existen puntos débiles ó non haber cortes cicatrizados.

- As ramas solen ser demasiado longas e de difícil equilibrado, con crecemento moi ergueito.

- Ramas secundarias distribuídas máis irregularmente e poden quedar espacios sen cubrir.

b.2. Formación das ramificacións por despunte anual da terceira parte á mitade da medra do ano.

- A formación precisa máis tempo, co cal atrásase a entrada en producción.

- As ramas presentan zonas con feridas cicatrizadas nos puntos de corte co cal perden resistencia.

- Equilíbrase o desenvolvemento da copa, as ramificacións secundarias aparecen de

Page 18: poda

xeito máis regular e aprovéitase mellor o espacio.

En froiteiras de carambuña sólese utilizar un método intermedio que consiste en realizar desvíos sobre ramos anticipados en lugar de despuntes sobre xemas. Con isto conséguense as ventaxas do acurtamento e mellor cicatrización dos cortes.

3.AS FORMAS FRUTAIS

-Formas libres sen eixo central.

1.Vaso arbustivo ou irregular. Consta de:

− Un tronco vertical de altura variable entre 0,30 e 100 cm

− Ramas primarias en número variable de 3 a 7, insertas de forma non escalonada, distribuídas no espacio sen que se estorben entre si e ocupen o espacio disponible, con ángulos de inserción entre 45 -60°, dirixidas cara ó exterior e arriba.

− Sobre as primarias insértanse secundarias en número variable,alí onde xurdan, sen ningunha norma xeométrica, simplemente que ocupen espacios valeiros, e non se sobrepoñan e crucen con outras ramas.

− Tódolos demáis elementos da árbore considéranse formacións fructíferas de renovación periódica.

É unha poda moi intuitiva,que se aplica prácticamente a calquera especie ou variedade,aínda que cos anos tende a complicarse. Obtense unha entrada rápida en producción, pero as árbores envellecen antes.

Page 19: poda
Page 20: poda

2. Vaso libre ou a todo vento. Consta de:

− Tronco de altura variable según os casos, que se escabeza na plantación a uns 20 cm por riba de onde pretendamos establece-la copa.

− Número variable de ramas primarias, de 3 a 5, insertas lixeiramente escalonadas (20 cm),distribuídas de maneira regular darredor do tronco, dirixidas en ángulos variables según o vigor da especie, preferiblemente entre 40-60° ca vertical. As ramas non escollidas espúntanse ou elimínanse en verde para favorece-lo desenvolvemento das outras.

− A unha distancia de 30-100 cm da súa inserción cada primaria bifúrcase por poda en dúas secundarias que forman entre si ángulos de 40-60 grados. Obtemos así unha copa con 6-8 ramas estructurais. O resto de ramas non escollidas como primarias elimínanse.

− En especies de pouca ramificación e vexetación estas secundarias podense ramificar de novo a 50 cm da mesma maneira, obtendo así copas de ata 12 e máis ramas terciarias terminais.

− Normalmente xa non hai máis ramas estructurais e por tanto os restantes elementos trátanse con podas de fructificación.

− En anos sucesivos fanse podas de retroceso e anovamento das ramas estructurais para mante-la forma.

− Ainda que se usa para todo tipo de especies é máis aconsellable para aquelas con froitos de pouco peso (cerdeira e algunhas ameixeiras).

Page 21: poda
Page 22: poda

- Formas libres con eixo central

1. Pirámide irregular

− Para formar o eixo emprégase a técnica dos despuntes alternativos nunha e outra dirección cada 50-70 cm, para mantelo recto.

− Entre os ramos que se van formando cada ano escóllense un ou dous entre os mellores, ben dirixidos cara riba, cun ángulo de abertura de tan xiquera 45° (se é necesario ábrense) , sen que compita cas ramas anteriores. Entre cada dúas primarias situadas no mesmo plano vertical debese manter unha distancia mínima de 70 cm.

− Repítese o proceso tódolos anos ata acadar a altura que lle quéiramos dar á pirámide (3 a 5 m en froiteiras). A partir dese momento realízanse podas de retroceso pra mante-la altura.

− As ramas primarias alárganse por desvíos ou despuntes procurando o predominio das máis baixas para manté-la forma e o equilibrio. Se hai espacio para algunha secundaria pódese deixar.

− A forma é de rápida entrada en producción e doada de realizar e manter. É recomendable sobre todo para pereiras, cerdeiras e nogueiras con portes grandes.

Page 23: poda

2.Fuso

- Modificación da pirámide irregular aplicable a combinacións patrón variedade de pequeno desenvolvemento.

- As ramas primarias déixanse medrar escalonadamente casi en vertical paralelas á guía sen que se superpoñan ou estorben entre sí. Así obtense unha forma fusiforme. Non convén abusar do número de ramas primarias para que non se sobrepoñan e enmarañen a copa.

- O tamaño final da árbore anda por 2,5 m de altura e 1,5 de diámetro.

− Aplícase sobre todo a pereira e pexegueiro.

Page 24: poda

3. Eixo central.

Consta de :

− Un eixo central permanente formado por alargamento natural ou despuntes alternativos da guía terminal según o vigor da especie/ variedade.

− Un piso de ramas primarias establecidas a partir duns 50 cm de altura, dispostas escalonadamente cada 20-30 cm cara ó exterior sen que se estorben entre sí e con algunha rama secundaria ocasional. As ramas lévanse case ata a horizontal ás veces de maneira artificial e logo déixanse medrar cara riba para que non se debiliten moito.

− Aproximadamente a 1-1,5 m pódese formar outro piso de 2-3 primarias co mesmo criterio e con menos desarrollo que o piso de abaixo. Desta maneira axudamos a equilibra-lo eixo.

− Dimensións: 3,5 m de altura por 4-6 de diámetro para árbores vigorosos e para os de vigor pequeno 2,5m por 3-4 de diámetro.

− Con diversas modificacións aplícase a tódalas especies.

Formación:

− Partese dun plantón de un ano que se deixa medrar libremente o primeiro ano sen descabezalo, eliminando calquera ramo por debaixo dos 50 cm. e selecciónanse os xenos mellor situados, 3-4, controlando o resto con despuntes, sobre todo os máis ergueitos.

− Na primeira poda do inverno elimínanse todolos ramos menos os escollidos para forma-lo primeiro piso, que se deixan sen despuntar e ábrense o máis posible. O eixo tamén se deixa sen despuntar se medrou normalmente, caso contrario pode despuntarse.

− Nos 2-3 anos seguintes séguese coa formación do eixo, facendo despuntes ou desvíos só se hai un exceso de vigor.As ramas do piso inferior mantéñense abertas na inserción, pero dirixidas cara arriba, sen realizar despuntes innecesarios. Se aparecen ramificacións secundarias consérvanse se non estorban. Cando a forma estea ben definida selecciónanse dúas ou tres novas primarias a maior altura para axudar a estabiliza-lo crecemento.

− A partir do 4-5° ano o mantemento anual redúcese a podas de retroceso ou desvío sobre a guía e sobre a parte terminal das ramas primarias e secundarias. En tódolos demais ramos aplícanse podas de fructificación.

Page 25: poda
Page 26: poda

III.ii.AS PODAS DE FRUCTIFICACIÓN

1.Podas de fructificación de froiteiras de pebida.

Evolución natural dun ramo

Poda dos ramos de madeira

A poda trixema aplicarase en ramos pouco vigorosos, a poda polixema en ramos moi vigorosos e a poda longa(non poda) nos ramos de vigor medio.Para acelerar a posta en fructificación das árbores pódese recurrir ao arqueado de ramos (sería como acelerar os resultados da poda longa) e aos despuntes en verde de brotes (sobre todo no caso de

Page 27: poda

aplicar poda trixema e poda polixema).

Poda dos dardos coroados e lamburdas: non podar, só no caso de que haxa un posible exceso de producción se poden elimina-los peores e mal situados.

Poda das brindillas coroadas: pódense eliminar se hai dardos e lamburdas abondo,do contrario actuaremos como mostra o debuxo:

Poda de dardos: non podar, esperar a ver a súa evolución, ou tratar se se quere con muescas por debaixo.

Poda de brindillas simples: esperar a ver como evolucionan ou podar a dúas xemas. Tamén se poden eliminar se hai suficientes dardos e lamburdas.

Poda de chupóns: eliminalos pola base. Se se necesitan utilizar para renovar unha rama danada pódese facer.

Page 28: poda

2.Podas de fructificación de froiteiras de carambuña

Poda dos ramos mixtos.

A poda española aplícase en variedades con ramos pouco vigorosos. A poda francesa en variedades con ramos de vigor medio e a americana en variedades con ramos vigorosos.

A poda dos ramiños de maio: deixanse sen podar en especies ou variedades de froitos pequenos. En especies de froitos grandes (pexegueiros, algunhas ameixeiras...) é mellor eliminalos porque sairían os froitos arracimados que acabarían caendo ao medraren.

A poda das chifonas: depende da maneira de fructificar das diferentes variedades. En xeral sería mellor eliminalos, pero en moitas variedades débense deixar as mellor formadas e situadas adecuadamente.

Page 29: poda

III.iii.As podas en verdeRealízanse fundamentalmente con varios ouxectivos:

-Axudar na poda de formación da árbore mediante eliminación de brotes e pinzados.

-Axudar na posta en fructificación mediante pinzados e arqueados de ramos.

-Complemento das podas de inverno, para eliminar ramos sobrantes xurdidos en posicións pouco adecuadas e ramos chupóns.

Nalgunhas especies de carambuña, onde as circunstancias o permiten, utilizan estas podas como sustitutas das do inverno.

Tamén se consideran podas en verde os aclareos de froita nos que se eliminan os froitos defectuosos, mal situados, os sobrantes, ou os que teñen un tamaño inferior á media. O aclareo permítenos obter froita de maior calidade e correxir a alternancia en variedades propensas a este defecto.

Page 30: poda

CURSO DE PODA de froiteiras.BIBLIOGRAFÍA ACONSELLADA

− Alvarez Requejo, S.: “El manzano”. Ed. Mundi Prensa

- F. Gil- Albert Velarde: "Tratado de arboricultura frutal".Todo-los volumes.Ed. Mundi-Prensa

- F. Gil- Albert Velarde: "Tratado de arboricultura frutal". Vol.V. Poda de frutales. Ed. MUNDI-PRENSA.

- P. Grisvard: "La poda de los árboles frutales. Peral- Manzano".Ed. MUNDI-PRENSA.

-Patrick Johns: "Guía completa de la poda. Arbustos, árboles, enredaderas y setos". Ed. BLUME