30

risco

  • Upload
    xenevra

  • View
    1.006

  • Download
    12

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: risco
Page 2: risco

(Ourense, 1884-1963)No seo dunha familia acomodada, a súa vida transcorreu en Ourense e Trasalba, co seu amigo e veciño Ramòn Otero Pedrayo. Estudou Dereito por libre na Universidade de Santiago, licenciouse en 1906 e ingresou no corpo de funcionarios de Facenda, con destino en Ourense.Nestes anos comezou a súa vida intelectual coa lectura das vangardas literarias e filosòficas ao tempo que ía prendendo nel o interese polo esoterismo e polas filosofìas orientais.

Page 3: risco

Despois dunha estancia en Madrid de tres anos, regresou a Ourense en 1916 como profesor de historia na Escola de Maxisterio. A súa preocupación intelectual manifestouse nun profundo coñecemento da actualidade das vangardas literarias e no interese polo esoterismo e as filosofìas orientais, e levouno a fundar en 1917 a revista La Centuria, da que saíron sete números. A finais dese mesmo ano incorporouse ao movemento galeguista, entrando nas Irmandades da Fala e colaborando no xornal A Nosa Terra.

Page 4: risco

Risco desenvolveu un labor fundamental a prol da recuperación e dignificación da cultura galega, preocupación que o levou a atender a múltiples frontes, desde aconsellar e guiar a nova xeración até se transformar no ideólogo do nacionalismo co ensaio Teoría do nacionalismo galego. Foi fundador da revista Nós e colaborou no Seminario de Estudos Galegos. No campo político consolidou desde moi cedo o seu peso nas Irmandades, e conseguiu a súa desmembración creando a Irmandade Nazonalista Galega, de opción culturalista fronte ás aspiracións políticas da vella Irmandade da Fala.

Non eramos patriotas. 0 patriotismo d’aquela era o patriotismo hespañol [...] Nós eramos exotístas, partidarios do lonjano, do recuado, do descoñecido.[...]E andivemos pelengrinando pol-as cosmogonías e pol-as culturas en demanda do insólito [...] Non sintiamo-lo hespañol, e se respeito da Europa eramos oríentalistas, respeito da Hespaña eramos europeístas.

Page 5: risco

Risco observou un rexurdir do espírito atlántico e celta, que estaba á marxe da decadente cultura grecolatina, e que encarnaba o verdadeiro sentir do pobo galego. Dese xeito, reflectiu nos seus escritos as afirmacións de que “Galicia é xa unha nación” e “ser diferente é ser eisistente”, en clara alusión á identidade galega, posuidora dunha lingua, dunha tradición, dunha historia e duns costumes propios, que a singularizaban con respecto ó resto dos pobos de España.

Galíza non será nada se se uniformíza con España. Ser diferentes é ser existentes. Pódese ceder en todo, agás no noso patrimonio espiritual.

Page 6: risco
Page 7: risco

En 1930 Risco realizou unha viaxe como bolseiro co fin de se achegar á etnografía centroeuropea. Os catro meses que pasa en Alemaña márcano ideoloxicamente cara un pensamento máis conservador e católico. De regreso publicou "Da Alemaña" na revista Nós, un conxunto de artigos que serán compilados posteriormente en Mittleleuropa (1934), onde se pode apreciar a súa postura ideolóxica, cada vez máis tradicionalista. Durante a súa estadía en Berlín asiste tamén a unha conferencia ofrecida por Rabindranath Tagore e fica desencantado pola súa presenza tornándose o seu anterior fervor polo poeta bengalí en evidente desprezo. Durante a conferencia Risco fai un debuxo rápido do escritor que será logo incluído no libro.

Page 8: risco

A súa aportación máis destacada dentro do Partido Galeguista foi a creación e posterior escisión da Dereita Galeguista. Durante a guerra foi un afervoado cantor dos fascistas sublevados. En 1945 marchou a Madrid, mais voltou definitivamente para Ourense en 1948. Son anos en que Risco está centrado na súa carreira como escritor español. De todos os xeitos, a instancias dos seus vellos camaradas, baixo o título de Leria, publicou en 1961 unha escolma de traballos filosóficos, críticos e literarios, redixidos na nosa lingua entre 1920 e 1955.

Page 9: risco

    Tras a súa morte, acaecida en 1963, a multifacetada e controvertida personalidade de Vicente Risco continuou a exercer unha forte fascinación, e a súa obra investigadora, ensaística, crítica, etnográfica e literaria foi obxecto de numerosos estudos.

Page 10: risco

BASES FILOSOFICA DO PENSAMENTO DE RISCO:

Irracionalismo gnoseolòxico

Visiòn cìclica da historia

O sentimento da Terra

Page 11: risco

Irracionalismo gnoseolóxico.

Segundo esta teoría, o emprego exclusivo da razón non pode dar conta da realidade (cando menos no seu aspecto global), pois esta é tamén coñecible por outros medios (intuición, mito, arte, relixión ... ). A ditadura da razón leva a un esmorecemento do espírito e conduce á decadencia. De aí a súa crítica da experimentación, da ciencia e da técnica (realizacións supremas da razón).

Fronte ao racionalismo, Risco exalta o sentimento, non como función afectiva senón como facultade cognoscitiva e potencia mística, que, por riba da razón, nos revela o cerne das cousas. Isto explica a súa fascinación polo mito, polo esoterismo e polas filosofías orientais, e, coa súa chegada ao galeguismo, a valoración da tradición, que permite reconstruír o corpo da cultura galega, produto do espiritualismo céltico e atlántico, que Risco contrapón ao intelectualismo da civilización mediterránea.

Page 12: risco

Visión cíclica da Historia. A teoría da historia formulada por Risco, de novo esbozada en Nós, os inadaptados, ten un carácter cíclico e espiritualista. Existen tres tipos de homes, dinos Risco: hylícos (materialistas), psíquicos (racionalistas) e pneumáticos (espiritualistas).

Page 13: risco

O sentimento da Terra.

O sentimento relixioso da Terra é unha constante antropolóxica e cultural do home galego. Trátase da emoción dun pobo de labradores, profundamente apegado á Terra, que orixina o sentimento da Natureza e da paisaxe. Este sentimento arraigou inicialmente nos devanceiros celtas ao chegaren a Galicia e desde entón ficou gravado no inconsciente colectivo da raza e nas súas manifestacións culturais.

Deste xeito, a cultura galega é o resultado dunha perfecta simbiose coa Terra e ten como substrato común a saudade -adoración da terra e procura do alén-, que conforma a nosa cosmovisión e psicoloxía. Neste senso valora a fala como o elemento máis espiritual da cultura, pois modela o pensamento e a maneira de ser das xentes ata o punto de que o cambio de lingua determina a dexeneración espiritual dos pobos.

Page 14: risco
Page 15: risco

Narrativa curta

Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros (1919)

A trabe d’ouro e a trabe d’alquitrán (1925)

O lobo da xente (1935)

A coutada (1926)

Os europeos en Abrantes (1927)

Page 16: risco

Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros (1919) é a súa primeira obra narrativa. O doutor Alveiros, o protagonista, vive unha estraña aventura na que entra en contacto co mundo dos mortos e, despois de facer uso dos seus coñecementos esotéricos, logra liberar a momia de Tutankhamen das súas vendas e presencia a participación do defunto faraón na Danza Macabra. Trátase dunha narración humorística con notas críticas referidas ás materias ocultistas tratadas no texto.

 Viña n-os anuncios de preferencia. Pouco explícito, mais atraguía o ollar vagariñante.     O Dr. Alveiros leuno, e quedous'a pensar. O fin escribiu pregando que lle deran explicaciós. El non sabía, afellas, segredo ningún; sabía o que saben moitos qu'andan âs voltas co-isas cousas do demo. Estudiar, estudiaba, pro lle non viña o diaño a soplar âs orellas. Escribiu porqu'era curioso.     Era home de moita cachaza e d'un forte escepticismo. Com'él hai moitos outros que andan a estudiar as bruxerías; en este com'en outro calquera ramo da cencia, os que tolean son poucos. Mais o Alveiros, dend'o día qu'escribíu, agardou a resposta c'unha impacencia que medraba ô pasar cada día.     O fin, chegou. E puña:     Sr. D. Bieito Alveiros     Moi distinto señor:

     Teño moito gusto en lle mandar as aclaraciós que desexa. Teño coñocemento das suas pubricaciós, e creo que vostede e o que tal pra me servire no conto. Agora, qu'o que eu quero que vostede faga se s'anima a elo é difícile. Tamén o premeo é merecente de qu'un faga un esforzo. Trátase de atopar un rescrito que podía volvel-o movemento a unha momia enfaixada y-embalsamada pol-os exipcios. Se vostede m'o pode dar, os trinta mil pesos son seus.  Pregandoll'o maor segredo, fica de V. afmo. S. S. q. ll. b. a. m.

R. Dehmel. 

Page 17: risco

A trabe de ouro e a trabe de alquítrán (1925) é tamén un relato de base folclórica, pero agora nitidamente literaturizado:Bastián penetra no mundo soterraño, onde residen os mouros (representantes do poder da ciencia e da técnica) e mais os Avós da Raza (druídas celtas que aparecen como conservadores da tradición milenaria). A narración ten unha evidente dimensión doutrinaria e didáctica: o camiño de recuperación da identidade galega conduce as orixes celtas da nosa cultura, amecidas co cristianismo, rexeitando a allea, enganosa e destructora civilización mediterránea.

Page 18: risco

O lobo da xente (1925) . Supón a transcrición literaria e culta da lenda popular do lobishome. O narrador recrea dunxeito sobrio os elementos anecdóticos transmitidos pola tradición oral e realiza algunha disertación, poñendo de relevo a misteriosa relación do home coas fonduras secretas da natureza.

libro

Page 19: risco

A Coutada (1926) desenvolve un diálogo filosófico máis que unha verdadeira narración. O protagonista, inadaptado na sociedade urbana, trata de convencer á muller para regresar á “Coutada “, casa herdada que simboliza a fidelidade ao "imperativo da raza" (o sentimento da terra) e a conseguinte felicidade.

Page 20: risco

Os europeos en Abrantes (1927) é unha novela inacabada da que Risco publicou uns capítulos en Nós. Constitúen unha sátira de persoas e lugares da vida ourensá.

Socialmente, a poboación divídese en tres clases; a alta é a médico; a media,o xefe de estación e o cabo da garda civil e a baixa, tódolos demais. Esta división tripartita fúndase na consideración social, mais pódese facer outra entre o elelmento militar e o civil, outra entre a clase industrial e a clase agraria, etc..., porque en Abrantes é un mundo en pequeno. En Abrantes non hai costumes.... Os homes xúntanse na tenda onde venden viño e gasosas. O viño, cando hai colleita no país, é agre; cando non o hai, é composto. As gasosas teñen a temperatura do tempo; quentes no verán e frías no inverno. As mulleres xúntanse nas portas. Os nenos e os cans xúntanse en tódolas partes.Coma as gasosas, así é o clima de Abrantes: no inverno é un glaciar, no verán é un inferno. O verán de Abrantes é bíblico; é unha praga, é as dez pragas de Exipto................

Page 21: risco

Narrativa longaPero o cume da súa narrativa é O porco de pé (1928). A xeito de parodia, é unha sátira das estructuras sociais ourensás personificada na figura de don Celidonio, comerciante de orixe castelá que chega a alcalde e representa a vulgaridade e materialismo da nova burguesía. Fronte a el, o doutor Alveiros é un intelectual espiritualista. O experimentalismo narrativo, vencellado coa estética expresionista, e o afán de presentación das ideas dilúen a narración, que ocupa un segundo plano.

Page 22: risco

Na postguerra, D. Celidonio ascendeu de porco a marrán e chegou a ser alcalde. A parenta inflou coma o fol da gaita. [...]

Don Celidonio é gordo e artrítico. O carrolo sáelle para fóra; na calva ten unha que outra serda; ten as fazulas hipertrofiadas, da cor do magro do xamón, e tan lustrosas, que semellan que botan unto derretido; ás nádegas e o bandullo vánselle un pouco para abaixo.

O lardo rezúmalle por todo o corpo, e no vran súdao en regueiros aceitosos e en pingotas bastas, coma as que deitan os chourizos cando están no fumeiro.

Así como é graxento o corpo, tamén o miolo de D. Celidonio. Se lle escachasen a testa, tiña que ser con pau-ferro e picaraña, en lugar dunha sesadahabía atopar un unto. Corpo e alma, tanto ten, todo é graxa e manteiga. Don Celidonio é igual por dentro ca por fóra: carne e espírito son a mesma zorza, misturada e revolta, co mesmo adubo de ourego e pemento).

Page 23: risco
Page 24: risco

Risco é un ideólogo cunha marcada propensión ao didactismo, polo que é no ensaio onde encontra a súa forma máis natural de expresión. Podemos distinguir tres etapas na súa traxectoria intelectual

Pregaleguista(ata 1920)

Nacionalista(1920 – 1934)

Postnacionalista(1934 – 1963)

Page 25: risco

A primeira etapa (pregaleguista, anterior a 1920) aparece explicada por el mesmo en Nós, os ínadaptados (1933). Neste ensaio, Risco estuda a evolución ideolóxica do seu grupo xeracional. Céntrase na descrición do decadentismo de fin de século, nos cosmopolitismo, no interese polas filosofías orientais... Estas páxinas son de especial importancia pois poñen de relevo os gustos literarios e artísticos do grupo ourensán e, sobre todo, os presupostos ideolóxicos de Risco, que se asentan no irracionalismo gnoselóxico.

1

Page 26: risco

A segunda etapa (nacionalista, 1920-1934) iníciase coa conversión de Risco ao galeguismo, O seu ingreso nas Irmandades e a fundación da revista Nós. Sen mudar os presupostos ideolóxicos. O ourensán troca teosofía, budismo e orientalismo por cristianismo, celtismo e atlantismo. Risco converterase no principal ideólogo do movemento galeguista coa publicación da Teoría do nacionalismo galego (1920), obra na que pretende exaltar o ser de Galicia a través da lingua, da terra e da raza, nunha concepción orgánico-historicista da nación.

2

Page 27: risco

A terceira etapa (postnacionalista, 1934-1963) comeza coas crónicas da súa viaxe a Centroeuropa, publicadas en Nós e que logo recollería en parte no libro Mitteleuropa (1934); nel xa se percibe o desencanto polas direccións que tomaba o movemento galeguista ao aliarse coa esquerda para salvar a autonomía. De aí en diante, a súa concepción cíclica e espiritualista da historia vai deixando paso a un mero providencialismo, onde ningún papel teñen nacións e culturas, pois a Historia fica reducida á loita entre Deus e o Demo.

3

Page 28: risco
Page 29: risco
Page 30: risco