8
Unidade 11 O futuro de subxuntivo A circular Comentario global do texto Análise polo miúdo do tema: futuro de subxuntivo: formación e valores Actividades

T 11 - O Futuro de Subxuntivo

Embed Size (px)

DESCRIPTION

linguaxe administrativa

Citation preview

  • Unidade 11

    O futuro de subxuntivo

    A circular

    Comentario global do texto

    Anlise polo mido do tema:futuro de subxuntivo: formacin e valores

    Actividades

  • 116 Linguaxe administrativa

    CONCELLO DE LAXE (A CORUA)Avda. Cesreo Pondal, 26 C.P. 15117 Telf. 981 70 69 03Telefax 981 72 80 25 E-mail: [email protected]

    Circular de servicio

    Asunto: Informacin municipal a travs da web do concello.

    Na percura da modernizacin da administracin municipal decidrase aproveitar as novas tecno-loxas, creando a web do Concello, para mellora-la difusin da informacin que xeraban os ser-vicios municipais.Observo que non se est a conquerir este obxectivo, penso que non debemos de desaproveitar unmedio que tivo un custo econmico para as arcas municipais e que pode contribuir a unha maiorpublicidade de toda aquela informacin do que se est a facer no Concello e que de interesepara os nosos vecios.Poo en coecemento dos traballadores dos diferentes negociados/departamentos municipais aobriga de comunicar mediante nota, que ser depositada na carpeta que pon biblioteca das ofi-cinas xerais, de toda informacin que xulgaren importante para os cidadns.

    Srvase asinar a presente para constancia.

    Laxe, 19 de decembro de 2001

    O ALCALDE

    Asdo. Antonio Carracedo Sacedn

    Recibn un exemplar da presente circularHoxe, 20 de decembro de 2001

    D. M Jos Lpez PortosEducadora Familiar

    TEXTO ORIXINAL

  • CONCELLO DE LAXEAvda. Cesreo Pondal, 2615117 LaxeTel.: 981 706 903Fax: 981 728 025Enderezo electrnico: [email protected]

    CIRCULAR

    Asunto: informacin municipal na pxina web do concello

    A pxina web do concello creouse para mellorar a difusin da informacin que xeran os servizosmunicipais e para modernizar a administracin do municipio.

    Non se debe desaproveitar un medio que supuxo un custo econmico para as arcas municipais eque pode contribur a publicar todo o que se est a facer no concello e que lle interesa nosa ve-cianza.

    Este obxectivo non se est conseguindo, polo que lle recordo ao persoal de todos os departamen-tos ou negociados municipais que debe comunicar mediante unha nota toda a informacin que xul-gar importante para a cidadana. Esta nota debe depositarse na carpeta co rtulo biblioteca dasoficinas xerais.

    Laxe, 19 de decembro de 2001

    O alcalde

    rbrica

    Antonio Carracedo Sacedn

    Recibn un exemplar da presente circular.

    Laxe, 20 de decembro de 2001

    D. M. Jos Lpez PortasEducadora familiar

    117O futuro de subxuntivo

    TEXTO CORRIXIDO

  • Comentario global do texto

    O texto obxecto do comentario unha circular, dicir, un documento de transmisin que se dirixe a un grupo in-

    determinado de usuarios. Podemos clasificar a circular como un subtipo de carta que se utiliza para a comuni-

    cacin interna da Administracin. A informacin que transmite variada e, polo xeral, non se incle na tramita-

    cin do procedemento administrativo nin se incorpora ao expediente.

    Como a carta, a circular permite unha redaccin mis flexible e cordial ca outro tipo de documentos, anda que

    presenta menos datos na cabeceira. A pesar desta flexibilidade, a sa estrutura poderase acomodar s seguin-

    tes partes: cabeceira, corpo e peche.

    Neste documento observamos que, anda que non hai referencia, si se incle o asunto da circular e o corpo do

    documento desenvlvese en tres pargrafos en que a informacin responde estrutura tradicional da carta (in-

    troducin, exposicin e conclusin). Non utiliza frmulas de sado nin de despedida polo que, no peche, os ele-

    mentos seguen a orde lxica (lugar e data, cargo, rbrica, nome e apelidos).

    Sinalamos certas incorreccins como o abuso de recursos tipogrficos no ttulo do documento (maior tamao de

    letra, letra negra, letra cursiva e subliado). Non deixa ningn espazo entre os pargrafos polo que, nunha pri-

    meira ollada, o texto parece un bloque compacto e denso, impresin que non contribe claridade. O peche

    aparece centrado no medio da folla como se realmente fose o mis importante do documento, feito que se re-

    laciona co uso das maisculas para destacar o cargo da persoa que asina (*O ALCALDE) en contraposicin co

    cargo que desenvolve a persoa que asina o documento no momento da sa recepcin (*Educadora Familiar).

    Con respecto a este caso temos que sinalar que non hai ningunha razn para grafar *Familiar coa letra inicial

    en maiscula.

    Destacamos tamn o uso das maisculas e minsculas na palabra concello. Anda que acostuma aparecer en

    maiscula por tradicin, podemos distinguir entre o uso da maiscula para nos referir ao organismo e a mins-

    cula cando falamos do lugar ou edificio onde o goberno municipal desenvolve as sas funcins ou cando apa-

    rece a denominacin incompleta. Neste texto apreciamos unha falta de coherencia xa que no asunto aparece

    en minscula e logo, no corpo do documento, aparece das veces en maiscula: ...*a travs da web do con-

    cello..., ...creando a web do Concello..., ...se est a facer no Concello...

    Atopamos lxico que pertence a unha linguaxe especializada, o mundo das novas tecnoloxas como web, pe-

    ro chama a nosa atencin, sobre todo, o emprego de palabras como *percura ou *conquerir. Rexeitamos *per-

    cura posto que se trata dun vulgarismo por asimilacin con mettese, a forma correcta procura. No caso de

    *conquerir estamos ante un arcasmo, que significaba na poca medieval conquistar. Corriximos tamn o cas-

    telanismo *servicios.

    Colocamos o artigo na frase ...*de toda informacin... e mencionamos a falta de coherencia na utilizacin da

    segunda forma do artigo: ...aproveitar as novas tecnoloxas... fronte a ...para mellora-la difusin...

    Comentamos a falta de acento da palabra *contribuir.

    Pdese deducir que non se observa unha escrita discriminatoria en canto lingua, posto que utiliza correctamen-

    te o masculino para se referir a cargos ocupados por homes e o feminino para cargos que desenvolven mulle-

    res: o alcalde, educadora familiar. Pero si debemos comentar que, anda que o masculino funciona como xne-

    118 Linguaxe administrativa

  • ro non marcado para falar dos dous sexos, preferible utilizar outros recursos da lingua como os substantivos

    colectivos vecianza no canto de vecios en ...de interese para os nosos vecios, persoal no lugar de traballa-

    dores na frase Poo en coecemento dos traballadores... ou cidadana en vez de cidadns en que xulgaren im-

    portante para os cidadns...

    Destacamos a utilizacin correcta do futuro de subxuntivo no enunciado ...de toda informacin que xulgaren im-

    portante para os cidadns. O futuro de subxuntivo expresa unha accin futura non real pero que parece proba-

    ble que se realice.

    Mencionamos tamn a expresin obsoleta, dentro das correntes vixentes de modernizacin da linguaxe adminis-

    trativa, *Srvase asinar a presente para constancia. Neste mesmo enunciado sinalamos o mal uso que se fai do

    adxectivo *presente que adquire un valor de pronome que non lle corresponde.

    Nas abreviaturas que aparecen no texto debemos comentar a ausencia dos dous puntos despois de *Asdo., xa

    que logo vn a explicacin da rbrica e a errnea colocacin do punto en *D. que non debe ir despois da

    parte voada.

    O futuro de subxuntivo

    O futuro de subxuntivo contaba con plena vixencia funcional no galego-portugus medieval; pero, mis adiante, no

    galego viuse progresivamente desprazado por outras formas do subxuntivo e mais polo presente de indicativo. Es-

    t totalmente varrido do galego falado actual, anda que se conserva fosilizado en refrns e no cancioneiro popu-

    lar. Pervive feblemente na fala e na literatura galega do sculo XIX e na lingua literaria actual. Consrvase mis en

    certos rexistros formais da lingua escrita, por exemplo, na documentacin xurdica e administrativa.

    Presenta as mesmas terminacins de nmero e persoa ca o infinitivo conxugado, polo que ambos os dous tem-

    pos coinciden nos verbos regulares. Os verbos que teen unha raz distinta para os tempos de perfecto (verbos

    irregulares) toman esta para o futuro de subxuntivo.

    Ser Andar

    Futuro de subxuntivo Infinitivo conxugado Futuro de subxuntivo Infinitivo conxugado

    for ser andar andar

    fores seres andares andaresfor ser andar andar

    formos sermos andarmos andarmosfordes serdes andardes andardesforen seren andaren andaren

    A pesar da coincidencia de formas entre o infinitivo conxugado e o futuro de subxuntivo nos verbos regulares,

    difcil confundilos xa que, ao ser o futuro un tempo do modo subxuntivo, as accins que predique sern sempre

    accins irreais:

    Como vean hoxe, btoos De viren hoxe, btoos Se vieren hoxe, btoos.

    As que cheguen, marcho Ao chegaren, marcho Se chegaren, marcho.

    Antes de que os collamos... Antes de collrmolos... Se os collermos...

    119O futuro de subxuntivo

  • O futuro de subxuntivo expresa unha accin futura non real pero que parece probable que se realice. Debe apa-

    recer nunha oracin dependente doutra que leve o verbo en presente, en imperativo ou en futuro. A oracin en

    que se insira o futuro ser unha condicional con se (Se fixeren novos regulamentos, comunicaranse axia), unha

    temporal con cando (Cando fixeren novos regulamentos, comunquennolos axia), unha modal con segundo ou

    conforme (Comuniquen os novos regulamentos conforme os fixeren) ou unha relativa (Quen fixer novos regula-

    mentos, comunqueos axia).

    s veces, sase inadecuadamente o imperfecto de subxuntivo cando no seu lugar se debera utilizar o futuro de

    subxuntivo ou o presente de subxuntivo. Son os casos en que queremos indicar futuridade a partir do momento

    da orixe, por exemplo, a partir do momento en que se publique unha orde ou un decreto (...admitiranse as so-

    licitudes que se *presentasen dentro do prazo). Nestes casos o correcto empregar, na oracin principal, o pre-

    sente de indicativo ou o futuro de indicativo (admtense ou admitiranse) e na subordinada o futuro de subxuntivo

    (as que se presentaren) ou o presente de subxuntivo (as que se presenten). Pero o mis frecuente que apareza

    na subordinada o imperfecto de subxuntivo (as que se presentasen) que foi o tempo que veu substitur o futuro de

    subxuntivo. Debemos utilizar o futuro de subxuntivo ou o presente de subxuntivo pois son os tempos verbais que

    nos concretan o perodo, dicir, neste caso, precisan que s se van admitir as solicitudes que se presenten a

    partir do momento en que se publique a orde e non as que se presentasen antes da publicacin de tal orde.

    Aconsllase seguir esta regra: cando na principal empreguemos o presente ou o futuro de indicativo, na subor-

    dinada empregaremos o futuro de subxuntivo: admitiranse as solicitudes que se presentaren dentro do prazo.

    120 Linguaxe administrativa

  • Actividades

    1 Introduce formas de futuro de subxuntivo, se for posible, nos seguintes fragmentosextrados de documentos administrativos:

    ... cando se comprobe que as propostas se axustan ao que se require, remitiranse intervencin municipal.

    ... arquivarase a sa peticin en caso de que non se presente no prazo indicado.

    Ofrecemos, ao final destas indicacins, unha serie de referencias bibliogrficas bsicas que son de acce-

    so doado para todas as persoas que puidesen estar interesadas nas diferentes propostas de criterios de uso.

    Cando os ingresos se efecten por medio de transferencias, consideraranse admitidos aqueles que se pre-

    senten dentro dos quince das seguintes ao de publicar esta orde.

    Se a acreditacin por medio do correspondente diploma non fose suficiente estarase descoecendo a fina-

    lidade prctica para a que foron establecidos...

    O restablecemento da situacin de igualdade incle en todo caso a reparacin econmica, se houbese lu-

    gar a ela.

    2 Substite a forma salientada por un futuro de subxuntivo, sempre que sexa posible:

    Sexa quen fose non quedar sen castigo.

    O que estea condenado, ser desbotado.

    Se ves que eles se opoen, non te esforces.

    Se os recoeceses, dilles que nos chamen.

    Cando teas tempo, ven onda min.

    Se publicasen ma a lei, comezamos os cursos.

    Na reunin de ma aprobarase, se procedese, a obra para mellorar o pavilln.

    Se comprsedes das, despois cmprovos eu unha.

    Se o caso de que traian os nenos festa, teredes que poer mis pratos na mesa para o xantar.

    Irei fregar cando traian os pratos da mesa.

    Cando estean todos, poden vostedes entrar.

    3 Transforma as frases segundo o modelo:

    Un xogador que suple > Un xogador suplente

    Un encargo que urxe >

    Unha persoa que sobreviviu >

    Un metal que reloce >

    A pxina que segue >

    Unha rapaza que sobresae das mis >

    Un guerrilleiro que combate e que ten valor >

    Un sado que convn >

    Os que oen a radio >

    121O futuro de subxuntivo

  • 4 Une a forma castel coa galega correspondente:

    inversin burstil materia, disciplina

    estadillo algarismo

    guarismo desafiuzar

    desahuciar danos e perdas

    cumplimentar un impreso papelame

    daos y perjuicios relacin de persoal

    asignatura investimento bolsista

    papeleo cubrir un impreso

    matasellos cuo

    5 Introduce x ou s segundo corresponda:

    e cavar e tender e tensin e tensivo

    e cavacin e traar e trao e traeza

    e tran eiro e tran eira e a erar e i ir

    e cusa e piar e poliar e premer

    o eno me quio lapi entinela

    Cando na mesma palabra, non composta, aparece das veces x en posicin intervoclica, a primeira vez covalor de [ks] e a segunda co de [ ], pdese optar por substitur o primeiro x por s (esaxeracin, esaxerar, esi-xente, esixencia, esixir...) ou ben por manter inalterado o grupo etimolxico (exaxeracin, exixir...). Esta posibili-

    dade non lles afecta aos prefixos do tipo ex- seguidos de consoante nin s palabras compostas (expunxir, toxi-

    coloxa...). Con todo, algunhas voces moi populares, documentadas xa deste modo en textos medievais deben

    escribirse con s: escava, escavacin, escavadora; estender (pero extensin, extensivo, extenso, extensor); estra-ar, estraamento, estrao, estraeza; estranxeiro, estranxeira, estranxeirismo; estremar derregar, estrema, es-

    tremo linde (pero extremar, extremidade, extremismo, extremo, extremoso).

    122 Linguaxe administrativa