66
As funcións sociais da lingua. Conflito e diglosia. Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos.

tema1_09

  • Upload
    xenevra

  • View
    1.335

  • Download
    5

Embed Size (px)

DESCRIPTION

 

Citation preview

Page 1: tema1_09

As funcións sociais da lingua. Conflito e diglosia. Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos.

Page 2: tema1_09

As funcións sociais da lingua.

Lembra!!

Page 3: tema1_09

As funcións sociais dunha fingua son en realidade funcións xerais de relación social realizadas mediante a lingua, Entre as distintas maneiras en que unha lingua pode concretar a función comunicativa no seo dunha sociedade salientamos as seguintes:

Función de identidade

Función cultural

Función institucionalFunción local

Función laboral

Función familiar

Page 4: tema1_09

Función de identidade

A lingua opera como vehículo de articulación interior do pensamento

propio.

Page 5: tema1_09

Función familiar

A lingua fálase na casa, de portas adentro, cos pais, cos irmáns. Repárese en que a familia é o espazo da primeira socialización, aquela en que o individuo aprende parte das

pautas que gobernarán a súa vida adulta, incluídas as lingüísticas. Entre nós, o galego sobreviviu como lingua

familiar durante séculos. Fóra da casa, os adultos falaban galego só ás veces (dependendo do contexto e do

interlocutor: diglosia) ou nunca.

Page 6: tema1_09

Función laboral

A mudanza da lingua familiar no ámbito laboral acontece adoito en lugares onde existen varias

linguas en contacto.

Page 7: tema1_09

Función local

O idioma emprégase con normalidade nos contactos diarios entre persoas do mesmo contorno (amigas, veciñas, coñecidas).

En Galicia, o cambio de lugar de residencia carrexou durante moito tempo unha mudanza de lingua, de xeito que cando os habitantes do rural

marchaban á capital cambiaban o galego polo castelán.

- De andar a servir se me esquenció de todo el jallego.- Vaites, vaites.

Page 8: tema1_09

Función institucional

Un idioma cumpre a función institucional cando é empregado polos cidadáns para se comunicaren coas

institucións políticas e administrativas. En determinados ámbitos (o xudicial, por exemplo), a presenza do galego

segue a ser aínda cativa. Noutros, algúns persoeiros empregan o galego en público de maneira notoriamente

artificial ("galego litúrxico").

Page 9: tema1_09

Función cultural

A lingua cumpre esta función cando é empregada non só por aquelas persoas que a aprenderon orixinariamente como

lingua inicial (L1) senón por cidadáns doutros países que a aprenderon voluntariamente como segunda lingua (L2).

Parte da relevancia que o inglés mantén nos nosos días como lingua de cultura internacional apréciase na cantidade de

individuos de lingua orixinaria non inglesa que se esforzan en aprendelo como L-2.

Page 10: tema1_09

O conflito lingüístico. Definición causas e consecuencias.

Page 11: tema1_09

O ser humano é un ser social que convive con outros membros no seo dunha sociedade. A sociedade humana existe porque as persoas que as conforman se relacionan entre si a través dun mesmo sistema de comunicación. Agora ben, non todos falamos a mesma lingua, pois os pobos somos diferentes.

Page 12: tema1_09
Page 13: tema1_09

A diversidade lingüística é tan grande que atopamos 3000 linguas diferentes

Page 14: tema1_09

Neve

• Schnee (al)• Neu (cat)• Neige (fr)• Snow (ingl)• Neve (it)• Neve (pt)• Snö (sueco)• ninge (rom)

Na linguaxe esquimó temos para esta palabra:aniu (neve no chan), kanevvluk (neve lixeira),murvaneq (neve suave e profunda), natquik (neve en remuíño), nevluk (neve pegañenta), qanis, quineq (neve sobre a auga), nutaryuk (neve fresca), etc.

Na lingua kangiryuarmiut aínda é maior o número de palabras para a ‘neve caída’, ‘neve derretíndose’, ‘neve en po’, ‘neve caendo’, etc.

Page 15: tema1_09

A pluralidade lingüística do planeta non é maldición bíblica, senón signo de variedade humana e de progreso.Falar dunha única lingua como universal é un feito antihistórico.

Page 16: tema1_09

Situación lingüística mundial.

Raramente coinciden as fronteiras lingüísticas coas políticas. Hai un número 30 veces maior de linguas ca de estados.

Page 17: tema1_09

A adopción dunha determinada lingua como idioma oficial implica unha decisión xurídico-política (usualmente de rango constitucional) que reflicta toda unha serie de actitudes precedentes, de proxectos de actuación, etc... que sería irreal disociar do acto de autoridade. Como a lingua oficial lle compete ao Estado, os cambios de status das linguas oficiais teñen que ser relacionados cos cambios na organización política. O status oficial dunha lingua específica non está fixado permanentemente, senón exposto a flutuacións de acordo coas circunstancias sociopolíticas.

Page 18: tema1_09

A lingua oficial non é sempre a lingua do grupo ou grupos lingüísticos asentados no territorio do Estado. Os países do considerado Terceiro Mundo ofrecen moitos exemplos desta situación: o inglés na India, o francés no Líbano.

Page 19: tema1_09

Dúas linguas nunha sociedade.

Ningún Estado nace multilingüe. Cando nos atopamos dúas linguas no seo dunha sociedade, estamos ante un feito antinatural, froito das vicisitudes históricas.

Miquel Siguán explica isto aludindo a tres motivos:- os procesos de expansión e unificación política.- os movementos migratorios.- os contactos internacionais.

Page 20: tema1_09

A existencia de máis dunha comunidade idiomática no seo dos estados a miúdo presenta unha situación de desequilibrio e desigualdade non só numérica (maioría/minoría), senón tamén xurídica (prohibición, represión, eliminación/ promoción, protección, defensa), de status (oficial/particular) e de emprego. Esta realidade

cristaliza nun conflito lingüístico.

Page 21: tema1_09

No enfoque da realidade multilingüe caben dúas opcións:• eliminación directa ou indirectamente das linguas

minorizadas en favor da que o Estado define coma “nacional” e “oficial”: uniformismo.

• recoñecemento desas linguas a través do seu recoñecemento formal coma idiomas oficiais ou eventualmente nacionais. Cada comunidade debe manter, conservar e facer progresar a súa lingua, establecendo unha segunda para se comunicar con individuos doutra comunidade: ecoloxismo lingüístico.

Page 22: tema1_09

O ideal do equilibrio lingüístico consiste en que todas e cada unha

das linguas desempeñen no seu territorio propio a totalidade das funcións posíbeis para calquera

idioma.

Page 23: tema1_09

Substitución lingüística

Page 24: tema1_09

"...o alumno que chega á escola falando a lingua de maior prestixio, e na escola o sistema educativo imponlle a adquisición dunha nova lingua. Se nestas circunstancias o alumno se manifesta disposto a emprender a aprendizaxe dunha segunda lingua, esta non significará ningunha ameaza para o seu status lingüístico privilexiado, xa que fala a lingua prestixiosa e seguirá falándoa. A posibilidade dun fracaso na aprendizaxe da segunda lingua non lle producirá ningunha perda de prestixio. Nestas condicións a súa actitude diante das dúas linguas pode ser positiva e as aprendizaxes refórzanse mutuamente. Para estes alumnos o proceso de educación bilingües terá efectos aditivos.

Page 25: tema1_09

... se nun primeiro momento a lingua cumpre funcións primordialmente afectivas, nun estado posterior troca a función da linguaxe, para enlazar directamente co desenvolvemento cognitivo.Se un neno chega á escola cun uso cognitivo da linguaxe aínda feble, e alí recibe a proposta dunha lingua distinta, e se coincide que o neno pertence a unha familia ou grupo social que minusvalora a súa propia lingua, e ademais non a utiliza en funcións cognitivas, nin tampouco na escola é estimulado a utilizar a súa lingua para funcións cognitivas, senón que a escola insta ó neno a utilizar coma única lingua para as funcións cognitivas a segunda, prodúcese entón unha fractura no desenvolvemento lingüístico, con resultados negativos para ambas as dúas linguas."Mackey/Siguán 1986.

Page 26: tema1_09

CUESTIÓNS:1. Busca no dicionario as palabras subliñadas no texto.

2. ¿Que ambiente lingüístico describe o texto? Cita outros países ou comunidades onde tamén se produza esta situación.

3. Extrae as ideas principais do texto.

4. Fai unha valoración crítica destas ideas.

Page 27: tema1_09
Page 28: tema1_09
Page 29: tema1_09

Miguel Siguán propón chamar bilingüe ao individuo que é quen de empregar dúas ou máis linguas en calquera situación e con parecida

facilidade e eficacia.

Page 30: tema1_09

individual territorialsocial

bilingüismo

Page 31: tema1_09

Do punto de vista individual o bilingüismo é a capacidade que posúe un individuo para comunicarse coa mesma facilidade en dúas linguas. O problema xorde ao determinar o grao de dominio de ambas as dúas linguas atendendo tanto ao código oral coma escrito.

Page 32: tema1_09

Do punto de vista social falamos de bilingüismo cando no seo dunha comunidade se empregan dúas linguas diferentes como medio de comunicación, sendo condición indispensábel que unha parte importante dos individuos desa sociedade sexan bilingües.

Se isto non se cumpre, estamos ante un fenómeno de colingüismo.

Page 33: tema1_09

Un exemplo disto é o caso belga. En Bélxica existen oficialmente varias comunidades lingüísticas: no norte, en Flandes, fálase flamengo, mentres que no sur, na Valónica, as linguas utilizadas son o valón e o francés.

En Bélxica recoñécense catro rexións lingüísticas, cada unha cun territorio determinado. Tres delas son monolingües: a flamenga, a francesa (cos valóns falantes) e a xermana. Só na capital, Bruxelas, recoñecen o bilingüismo franco-flamengo; agora ben, a poboación non é maioritariamente bilingüe.

Page 34: tema1_09
Page 35: tema1_09

Tanto uns coma outros desenvolven a súa vida social nun dos sistemas sociais, con locais onde se atopan falantes dunha ou outra lingua, asociacións profesionais ou recreativas distintas, servizos públicos separados ou con ventás distintas segundo a lingua... e o que é máis significativo, con dous sistemas escolares distintos onde non ten éxito a promoción do idioma alleo.

Page 36: tema1_09

Cando nunha zona bilingüe a maioría dos falantes prefire utilizar unha lingua ou outra dependendo das situacións, prodúcese unha situación de diglosia.

lingua A ou dominante é a que se emprega nas situacións máis formais

lingua B ou dominada só se emprega, habitualmente, en situación coloquiais

Page 37: tema1_09

Hai diglosia sempre que entre as linguas non existe unha situación de equilibrio, o cal se manifesta, por exemplo, en que se opta por unha lingua para o uso familiar e outra para o ensino ou para usos máis formais. Tamén hai diglosia cando o emprego dunha das linguas implica menor consideración social.

Page 38: tema1_09

Hábitat Nivel cultural Nivel económico

rural urbano Nos centros urbanos e nas capas sociais con status económico superior, aumenta o emprego do castelán. Esta tendencia, sen embargo, non ten exacta correspondencia

se atendemos aos indicado res culturais.

Page 39: tema1_09

O castelán preséntase como a lingua prestixiosa, a da cidade e das clases dominantes, dos usos formais e do futuro, do progreso

Page 40: tema1_09

o galego chega a identificarse co mundo rural ou mariñeiro, os espazos non urbanos, os usos non formais e a tradición, o pasado...

Page 41: tema1_09

DIGLOSIA

O individuo pode tomar actitudes tales como as de:

• aceptar que as dúas linguas teñen funcións sociais distintas.

• intentar identificarse co grupo lingüístico preponderante e tratar de asumir esa lingua preponderante coma se fose a súa primeira lingua.

• manterse fiel á súa primeira lingua

(Ambigüidade : actitudes mesturadas coas acabadas de mencionar.)

Page 42: tema1_09

A coexistencia entre as dúas linguas é tensa e inestábel.

Grupo monóglata en lingua foránea

Grupo diglósico

Grupo monóglata en lingua propia

Glotofaxia

Page 43: tema1_09
Page 44: tema1_09

Os procesos normalizadores dependen de:

acción institucional da comunidade, materializada a través do poder político

acción individual, derivada da vontade de ser das persoas que conforman a sociedade

da accións colectiva non institucional daqueles individuos que se agrupan para levar a cabo o proceso normalizador

Page 45: tema1_09

Substitución lingüística

Normalización lingüística

desaparición do galego en beneficio do castelán A súa consideración como unha

ferramenta comunicativa propia do noso país, manifestación do noso ser cultural, e o seu emprego xeneralizado libre de prexuízos.

Page 46: tema1_09

O obxectivo final dun estado multilingüe e democrático non é “promover o bilingüismo” senón garantir a utilización de dúas ou máis linguas na comunidade política asegurando o seu futuro.Garantir a utilización de dúas ou máis linguas asegurando o seu futuro.

Asegurando o seu futuro

Page 47: tema1_09

A única alternativa posíbel para a supervivencia das linguas é a

normalización lingüística, isto é, facer da lingua o vehículo normal de comunicación dunha

sociedade.

Cada lingua debe cumprir no seu territorio propio a totalidade de funcións posíbeis.

Page 48: tema1_09

Por outro lado, estudios sociolingüísticos sobre os niveis de coñecemento e uso do galego revelan que é entendido pola xeneralidade da poboación, que ademais é capaz de falalo; pero só posúen competencia escrita menos da metade dos falantes. O analfabetismo en galego é xeral entre os adultos aínda que, gracias á súa introdución no ensino, as novas xeracións están adquirindo destrezas de lecto-escritura no idioma propio.

Page 49: tema1_09

Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos.

Page 50: tema1_09

Que son os prexuízos?• Son xuízos de valor sen

base suficiente emitidos sobre unha lingua ou sobre os falantes dela co propósito de provocar o seu rexeitamento.

Page 51: tema1_09

Os prexuízos lingüísticos non son innatos

No discursoPolas condutas

Page 52: tema1_09

Estes prexuízos son moi variados e atéstanse so formulacións diversas, aínda que teñen un fondo común que non é outro máis que o desprezo pola

diferenza e o afán de asimilación

Page 53: tema1_09
Page 54: tema1_09
Page 55: tema1_09
Page 56: tema1_09

Prexuízos estéticos

linguas suaves vs. ásperas (serán, en todo o caso, os falantes os que falen).

Os chistes en galego son máis graciosos

Page 57: tema1_09

Prexuízos socioeconómicos

_ Ese muchacho dicen que sabe muchísimo_ Sí; pero tiene un acento tan gallego!….

Page 58: tema1_09

"Un can de Turquía ouvea igual que un can de Dinamarca; un cabalo das Pampas arxentinas rincha igoal que un cabalo da Bretaña. ¿E sabedes por que? Porque os probes animaes aínda están no idioma universal...” (Castelao 1961: 43)

Page 59: tema1_09

Prexuízos socioculturais

Page 60: tema1_09

o emprego do galego como un sinal de descortesía ou de falta de educación en determinados contextos:

1. O galego como desconsideración cara ás persoas descoñecidas (de asumirmos iso, estariamos reservando para o galego un papel totalmente subordinado como lingua inferior condenada á progresiva desaparición).

2) Renuncia ao uso do galego por respecto ás persoas foráneas.

Page 61: tema1_09

O galego non serve para o rock / pop

Page 62: tema1_09

Prexuízos sociopolíticos

Page 63: tema1_09

• O galego, imposición dunha minoría política intolerante (tanto a Lei de normalización lingüística como o Plano xeral de normalización da lingua galega, por exemplo, foron aprobados por unanimidade no Parlamento galego).

• A imposición do galego no sistema educativo (todas as materias teñen o mesmo grao de imposición; sería como falarmos en Inglaterra da imposición do inglés).

• Como antes se impuxo o castelán, agora quérese da mesma forma impor o galego (moita xente foi ridiculizada, castigada e inclusive nalgún caso asasinada por falar ou defender o galego: deuse un só caso á inversa?).

Page 64: tema1_09

• Os nenos e nenas non gostan da materia de lingua galega (e gostan das outras materias?; aquelas crianzas que menosprezan o galego están a proxectar o desprezo das persoas maiores do seu contorno).

• O castelán tamén é lingua propia da Galiza (que o castelán é tan galego como o galego resulta unha contradictio in terminis; sería como dicir que o queixo de Castela é tan galego como o do país porque tamén o consomen persoas galegas).

Page 65: tema1_09
Page 66: tema1_09

Libro que hai que ler