25
Historia da normativización: a construción da variedade estándar. Interferencias e desviacións da norma.

tema2_09

  • Upload
    xenevra

  • View
    1.604

  • Download
    4

Embed Size (px)

DESCRIPTION

 

Citation preview

Page 1: tema2_09

Historia da normativización: a construción da variedade estándar. Interferencias e desviacións da norma.

Page 2: tema2_09

Na terminoloxía lingüística hispánica circulan desde o ano 1977 (Vallverdú) os termos normalización e normativación. O primeiro refírese á "extensión social da lingua"; o segundo á "escolla e formulación da norma".

Page 3: tema2_09

En sentido estricto a planificación lingüística en Galicia é moi recente, e non porque non houbese planificadores senón porque as propostas individuais carecían da socialización necesaria. Con todo, iniciativas e camiños cara á constitución "espontánea" dun estándar literario galego hainas desde o comezo mesmo da renacencia

literaria galega, hai máis de 150 anos.

Page 4: tema2_09

A falta de normalización motivou que este movemento espontáneo fose moi lento e que aínda non estivese concluído cando a finais da década de 1970 Galicia recupera parte dos seus dereitos, e entre eles, tamén en parte, os lingüísticos. A falta de alfabetización e outros medios de socialización da lingua fixeron máis lenta aínda a aparición dun estándar coloquial, supradialectal e depurado.

Page 5: tema2_09

A mediados do século XIX, aínda que xa con antecedentes importantes entre os ilustrados do séc. XVIII (Fr. Martín Sarmiento 1695-1772), e con algúns "precursores" máis inmediatos, prodúcese un Rexurdimento. Dura ata principios deste século e é impulsado tamén aquí por elites aculturadas na outra lingua, que non estaban de acordo co tipo de nación que lles inculcaban e lograron, por saber ou por reflexión, identificarse co máis esencial da súa terra

Page 6: tema2_09

Un feito destacable nesta época é a fundación dunha Academia (1905), longamente desexada por moitos, que ansiaban un código que acabase coa anarquía lingüística. A situación subalterna en que vivira o galego durante séculos creara entre os falantes a mala conciencia de que falaban incorrectamente o seu propio idioma

Page 7: tema2_09

Fóra destas elites a presencia do galego en ambientes que non fosen o rural ou suburbano, era escaso. Por outro lado, paradoxalmente os renacentistas escribían nunha lingua que era falada maioritariamente por analfabetos, lingüisticamente tan alienados coma os mesmos que renunciaran a falala. Aqueles renacentistas tiñan logo que cumprir tamén a misión de concienciar a unha poboación que infravaloraba a súa propia lingua.

Page 8: tema2_09

É só despois de 1916, coa fundación das Irmandades da fala, unha liga parecida á Liga Gaélica de Irlanda (1893), cando comeza a saír o galego fóra dos lindeiros do literario. Daquela comeza a dar os primeiros pasos para o proselitismo político. Escríbense en galego os primeiros ensaios e as primeiras obras de carácter científico de tipo local.É tamén nesta época cando comeza a haber publicacións periódicas (A Nosa Terra) de alcance máis ambicioso cás do século pasado.

Page 9: tema2_09

Nos 15 anos anteriores á guerra civil española aparece unha importante xeración de escritores, artistas, científicos e políticos. Por primeira vez un grupo unido de competentísimos intelectuais pon Galicia no foco dos seus intereses como creadores, investigadores e políticos.

A esta xeración, coñecida co nome da revista que os agrupaba, Nós, debemos hoxe o mellor que deu Galicia no camino da súa recuperación. Os homes desta xeración propóñense europeizar Galicia tanto nas ideas estéticas como na ciencia. Desde a perspectiva lingüística é unha etapa importantísima da historia do galego posto que se dá un gran progreso na súa elaboración, a saber: • modernización terminolóxica e • desenvolvemento estilístico

Page 10: tema2_09

O labor desta xeración e o da posterior (a do grupo para-universitario do Seminario de Estudos Galegos, mozos aínda cando comezou a guerra), foi frustrado polo triunfo de Franco, que anulou completamente o galeguismo, reducindo os seus homes ó exilio ou ó silencio.

Page 11: tema2_09

A recuperación posterior ó franquismo comezou ó principio dos 50. Despois do ingreso de España na UNESCO as medidas represivas contra o galego atenuáronse. Isto permitiu que algúns galeguistas sobreviventes da guerra acometesen a empresa de transmitirlle á xente nova o ideario

do vello galeguismo, fundado principalmente na defensa idiomática e outras tarefas de carácter cultural.

Page 12: tema2_09

Nos anos 60 madurece a primeira xeración de galegos que non viviu o trauma da guerra civil. Florece o asociacionismo cultural e comeza outra vez a organización do galeguismo a través dos partidos políticos. Debemos engadir un feito de notable interese: a creación dunha sección de estudios filolóxicos na Universidade de Santiago no ano 1963, da que proceden case tódolos que na actualidade participan na modernización do galego, calquera que sexa o seu punto de vista.

Page 13: tema2_09

Neste marco que acabamos de trazar insérese a cuestión da codificación lingüística.

Page 14: tema2_09

As formas elaboradas do estándar chégase porque, por unha parte, hai unha tendencia espontánea a saír do particularismo xeográfico integrándose nunha entidade común superior; e por outra, pola acción reformadora dos expertos e pola acción exemplarizante dalgúns creadores singulares. Isto ocorre de modo inevitable no momento en que se fai o esforzo, por pequeno que sexa, de poñer unha lingua por escrito.

Page 15: tema2_09

Cando os escritores do XIX comezan a utilizar o galego, descoñecedores da valiosísima literatura medieval, cren que son eles os primeiros en usar literariamente a nosa lingua. Vense na obriga de fixar unha lingua literaria, coa súa correspondente ortografía.

Este proceso de elaboración dun modelo lingüístico consta de tres etapas:• dialectalismo.• interdialectalismo.• supradialectalismo.

Page 16: tema2_09

Todos estes tanteos individuais na procura dunha norma sobreviviron sen freo nin controversia ata a década de 1970. A partir de aquela o galego comezou a ser materia de ensino.Máis ou menos polas mesmas datas (finais dos Setenta) abríronselle ó galego as posibilidades de ser lingua da administración ó pasar a ser lingua cooficial. É dicir, vólvese unha lingua con misións novas. Entón estaba claro que para a normalización (status planning) do galego a anarquía normativa, ou a multiplicidade de normas, era un obstáculo moi notable.Realmente é inconcebible unha normalización se non hai unha norma única.

Page 17: tema2_09

Hai dúas posturas con respecto á codificación do galego: • a dos que defenden que o galego é unha lingua en si e • a dos que consideran que o galego é unha variedade

dialectal do portugués.

Posturas:

Page 18: tema2_09

Ningunha proposta ortográfica triunfou nin deu lugar sequera a querelas que repercutisen máis aló de pequenos cenáculos. O problema das contraccións ao/ó, a acentuación, a apostrofación, a guionización, a representación de [ò], ou [h] son discutidas polemicamente en tódalas normativas.No plano da gramática a converxencia espontánea cara a formas unificadas foi máis lenta e a penas se deron disputas por escollas morfolóxicas como se deran polas escollas gráficas.

Page 19: tema2_09

Os partidarios de cada opción formularon lingüisticamente as súas propostas en gramáticas e normas ortográficas e morfolóxicas.

Page 20: tema2_09

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, propostas pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega en 1982, adoptadas despois como oficiais polo goberno galego. Como criterio principal tenderon a busca-la pureza idiomática, limpando o galego de trazos alienantes (préstamos innecesarios do castelán) e procurando non caer nos abusos propios da hiperidentificación.

Page 21: tema2_09
Page 22: tema2_09

Interferencias e desviacións da norma.

Page 23: tema2_09

No camiño da rehabilitación do idioma, da súa normalización para todos os ámbitos da vida cotiá do país, o galego topou cunha serie de atrancos derivados da parcial castelanización do léxico, da reducción da lingua a ámbitos rurais e coloquiais, e da diversidade de formas existentes no galego falado.

Page 24: tema2_09

neste camiño da rehabilitación do léxico houbo e hai interferencias e inconvenientes xerados polo propio idioma ou provocados polo contacto con idiomas alleos.

Page 25: tema2_09

interferencias

internas externas

arcaísmos vulgarismos hipergaleguismos castelanismo lusismo