46
A prosa entre 1936 e 1976: os renovadores da prosa (Fole, Blanco Amor, Cunqueiro e Neira Vilas).

tema6_2010

  • Upload
    xenevra

  • View
    1.299

  • Download
    3

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: tema6_2010

A prosa entre 1936 e 1976: os renovadores da prosa (Fole, Blanco Amor, Cunqueiro e Neira Vilas).

Page 2: tema6_2010

A guerra civil pon fin a etapa política e cultural máis brillantes da historia galega. A represión afectou a ámbitos da cultura, producindo ata mortes (Alexandre Bóveda e Ánxel Casal) ou o exilio (Luís Seoane, Díaz Pardo, Blanco Amor, Cunqueiro)

Desaparece a produción literaria en galego por completo. Pero boa parte da cultura resistiu en Bos Aires.

Page 3: tema6_2010

Foi a partir de mediados dos anos 50 cando se comezou a producir unha lenta pero progresiva recuperación.

Page 4: tema6_2010

Liñas temáticasNarrativa dos

50Narrativa dos

60

Realismo popular

Realismo Social

Realismo fantástico Mundo Rural(Neira Vilas)

NNG(seguinte tema)

Continuadores da Xeración Nós

Page 5: tema6_2010

OS CONTINUADORES

• Otero Pedrayo e Carballo Calero

• Técnica narrativa: incorporación paulatina das técnicas narrativas do momento:o introspección, monólogo interior,o ruptura da secuencia temporal

Page 6: tema6_2010

A xente da Barreira (1959),, de Carballo Calero:a primeira obra narrativa publicada na posguerra, na que se reconstrúe a historia da degradación dunha familia fidalga desde os tempos da Restauración.

Page 7: tema6_2010

Otero Pedrayo:a) Entre a vendima e a castañeira(1957), vinte relatos breves.b) O señorito da Reboirana Publicada por vez primeira en 1960, narra a vida do fidalgo don Xoán Manuel Pereira de Castro, un singular personaxe que dá orixe a unha documentada novela de humor e aventuras que parodia o mundo da fidalguía. : Aventuras. Realismo. Parodia e humorismo.

Page 8: tema6_2010

Reprodución literaria e culta do conto popular sen se afastar das características propias do relato oral.

REALISMO POPULAR

• Ambientación rural• dialectalismo• sinxeleza

argumental• humorismo

Características

Page 9: tema6_2010

Anxel FoleÁ lus do CandilTerra BravaContos da néboaHistorias que ninguén cre

Page 10: tema6_2010

( Lugo, 1903-1986) é o representante deste núcleo temático.

2. Posguerra:a) Vai para o Courel, onde ten unha grande influencia da paisaxe.b) Nos anos corenta colabora na fundación de Galaxia.

1. Preguerra:a) Participa do núcleo lugués da segunda metade do século XX:Con Ramón Piñeiro e Pimentel.Actividades coma a revista Yunque.b) De republicano – socialista a secretario do Partido Galeguista.c) En 1935 publica relatos líricos breves en Nós.

Page 11: tema6_2010

TRAZOS DA SÚA OBRA

1. Naturalismo lingüístico:a) Oralidade.b) Dialectalismos.c) Vulgarismos.d) Arcaísmos.

2. Conto oral como reflexo da cultura popular.

3. Realismo narrativo, pois xustifica razoadamente os elementos fantásticos.

4. Orixinalidade estética e técnica, pois afirma que neses trazos é onde fica apersonalidade do autor.

5. Compromiso moral coa terra e o seu tempo.

6. Paisaxe coma elemento diferenciador da literatura galega.

Page 12: tema6_2010

Á lus do candil ( 1953)

1. Prólogo “ Terra do Caurel”, introdución dos contos dicindo que os están a contar arredor da cheminea na Torre de Abrantes.

2. O autor é un oínte e transcritor dos contos.

Page 13: tema6_2010

3. Influencia da transmisión oral, relatos populares e lendas, mais xustificadas razoadamente:a) Lobos.b) Aparecidos.c) Meigallos.d) Premonicións...

4. Etnografía reforzada pola descrición:a) Xeográfica.b) Antropolóxica.c) Lingüística

Page 14: tema6_2010

5. Características da narración:a) Narrador:• En primeira persoa ( referencias ao “ eu” narrador).• Contacontos, pois refírese a un auditorio próximo.• Testemuña dos feitos.

b) Inconcreción temporal.c) Interpolación de detalles:• Secundarios.• Sobreentendidos.

Page 15: tema6_2010

REALISMO FANTÁSTICO

Concepto co que se define a narrativa de Cunqueiro, na que se recrean mundos míticos e fantásticos de orixe árabe, nórdica, mesturados con elementos populares da realidade cotiá.

Page 16: tema6_2010

Cunqueiro: Se o vello Simbad volvese ás illas.Merlín e familia.As crónicas do Sochantre.Escola de menciñeiros,Os outros feirantes eXente de aquí e acolá.

Page 17: tema6_2010
Page 18: tema6_2010

• Seu pai era boticario e na súa botica coñece, debido ó seu carácter extravertido e conversador, personaxes que despois plasmará na súa obra (menciñeiros).

• Súa nai era moi fantasiosa e durante a súa infancia relatáballe historias ao seu fillo. Ela contribuíu a fomentar a imaxinación do escritor.

• Durante a súa infancia (influído polas lecturas de “Búfalo Bill”) escribiu unha novela do oeste na que os indios falaban galego e os americanos castelán.

Page 19: tema6_2010

Realismo FantásticoConcepto co que se define as novelas de Álvaro Cunqueiro, mestura de elementos culturalistas e populares, cun pé na realidade cotiá e outro na fantasía desbordada.

Page 20: tema6_2010

Mundo mítico de Cunqueiro• Mestura e síntese de realismo e fantasía, do mundo

cotián e o mundo lendario.• Incorporación á nosa literatura, dun xeito case lúdico, de

mitos doutras tradicións (clásica, oriental...)• A paisaxe con función simbólica positiva. É o espazo da

presenza humana, das fantasías, das viaxes...

“¡Non hai tales illas Sinbad! Dixo Adalí que ó sul non había nada! ¡Hai, hai! ¡Están as illas Cotovías coma sete laranxas!”

Page 21: tema6_2010

1. Mestura realidade e fantasía: conviven personaxes e feitos fantásticos con outros da vida cotiá.

Page 22: tema6_2010

2. Personaxes:Proceden de vellos mitos doutras culturas:

Page 23: tema6_2010

3. Humor

• Aparece, sobre todo, nos tres últimos libros de relatos breves:o Escola de menciñeiros (1960)o Xente de aquí e acolá (1971)o Os outros feirantes (1979)

• Ofrece a visión das crenzas e do xeito de entender o mundo da xente do rural galego.

Page 24: tema6_2010

• Tendencia a disgregación da novela

• Predomina a oralidade no escrito

• Mestura o extraordinario e marabilloso co cotián

345

Page 25: tema6_2010

As novelas: Merlín e familia, Crónicas do Sochantre e Se o vello Simbad volvese ás illas.

Son obras en que existe un débil fío argumental arredor do cal se van inserindo

unha serie de historias fantásticas.

Nestas obras, o interese está máis nas historias que contan os personaxes que crea (ou recrea, ou parodia) o

propio Cunqueiro.

Page 26: tema6_2010

Merlín e familia

construída a partir da organización dun grupo de relatos contados polo paxe que

serve ó sabio Merlín no tempo en que este estivo en Galicia.

Page 27: tema6_2010

A estrutura dos relatos adoita ser sempre a mesma: visita do mago,

exposición do problema eresolución do mesmo.

Na novela destaca a perfecta conxunción entre o mundo lendario da materia de Bretaña, ó que pertence o sabio Merlín e os seus visitantes, e o mundo da realidade, representado polo propio narrador e polo espazo coñecido de Galiza: “A terra de Miranda”

Page 28: tema6_2010

Felipe de Amancia e Turpín: paxe de don Merlín, a quen comezou a servir con nove anos cumpridos. Debecía por Manueliña de Carlos e de maior foi barqueiro en Pacios.

Dona Xenebra: raíña da Bretaña e moi nobre señora á que Merlín lle tiña moito respecto e cortesía. Prendía algo na fala e pasaba o tempo bordando no salón, cun algo de tristura nos ollos.

Condesiñas de Folgar: Vivían no pazo de Belvís, preto de Miranda. Gostaban do requeixo e das fitas de París e tiñan un cadelo que asubiaba unha alborada, como lle ensinara don Merlín.

Page 29: tema6_2010

As crónicas do Sochantre, situada na Bretaña do Século XVIII, presenta as peripecias que un Sochantre (músico de capela) vivirá nunha viaxe de tres anos, acompañado de varios personaxes de ultratumba.

Page 30: tema6_2010

Se o vello Simbad volvese ás illas entrelaza as historias lendarias de Simbad o mariñeiro de As mil e unha noites e a tradición mariñeira galega coa que todos nos identificamos.

Page 31: tema6_2010

Os libros de relatos: Escola de menciñeiros, xente de aquí e de acolá e Os outros feirantes. Son retratos ou semblanzas de personaxes, maioritariamente, que Cunqueiro nos presenta, cunha deliberada confusión, como froito da súa imaxinación ou tomados da realidade. Son personaxes apegados á realidade, inseparábeis do seu marco espacial e temporal (a Galicia rural de mediados de século). Sen embargo, a capacidade de ensoñación, tanto do narrador como dos personaxes creados, transpórtanos simultaneamente a un mundo de misterio e de ensoñación, cheo de historias fantásticas en que podemos encontrarnos mesmo con animais que falan ou cunha muller que pon ovos.

Page 32: tema6_2010

Cunqueiro pretende inserir estes relatos como unha continuación da tradición oral que el coñecía tan ben. Os personaxes son todos galegos e só abandonan o país cando marchan á emigración ou ao servizo militar. De ambos lugares traen un grande tesouro: historias que logo contan aos seus veciños.

Page 33: tema6_2010

Eduardo Blanco Amor

REALISMO SOCIAL

Blanco Amor ( Ourense, 1897-Vigo, 1979) publicou tres obras narrativas, dúas novelas, A esmorga (1959) e Xente ao lonxe ( 1972) e un libro de relatos, Os biosbardos (1962).

Centrado na vida das clases populares e no espazo urbano. Uso de novos recursos narrativos ( o interrogatorio, o perspectivismo...)

Page 34: tema6_2010

1959

1. Escrita en Bos Aires tras unha viaxe á Galiza.

2. Madurez adquirida pola aprendizaxe e pola asimilación de novas técnicas da renovación da narrativa do século XX:a) “ Xeración Perdida” norteamericana, ( Faulkner, Hemingway).b) Literatura latinoamericana ( Borges, Sábato).c) Neorrealismo e existencialismo europeos ( Camus, Sartre).

3. Precedente da narrativa galega moderna.

Page 35: tema6_2010

4. Dous narradores limitados:a) O da “ Documentación” inicial e o epílogo.b) Outro en primeira persoa que narra o núcleo da historia.

5. Distanciamento que producen estes narradores:a) Dúbida da veracidade do que se conta.b) Ambigüidade.c) O lector debe elixir o final e reconstruír o texto, pois omítese a parte dointerrogatorio a Cibrán, dándolle así ao lector a liberdade de xulgar aopersonaxe e á xustiza, así como amosando a soidade do personaxe.Esta é a chamada técnica telefónica.

Page 36: tema6_2010

6. Espazo social:a) Auria ( Ourense):• Centro da cidade: fidalgos, igrexa e funcionarios.• Arrabaldes: prostíbulos, tabernas...

b) Personaxes:• Marxinais e delincuentes.• Autodestrución.• Relación de fuxida co espazo ( o Bocas e o Milhomes

están máis alienados ca Cibrán).

Page 37: tema6_2010
Page 38: tema6_2010

Os Biosbardos é un conxunto de sete relatos contados en primeira persoa por un narrador infantil ou adolescente. Transcorren no Ourense da nenez e adolescencia do autor. Os protagonistas proceden, na súa maioría, das clase populares. Os seus problemas reais ( a pobreza, a descuberta do sexo e o erotismo, a emigración...) mesturados cunha dose de imaxinación e fantasía, compoñen o universo temático da obra.

Page 39: tema6_2010

Xente ao lonxe é unha novela que constitúe, de novo, unha radiografía do Ourense de comezos de século. O relato céntrase na historia dunha familia obreira. A través deles coñecemos o tecido social da cidade e os seus problemas e ofrécenos unha visión da sociedade da época ( o ensino, o sexo, a pobreza, a condición da muller, as loitas políticas, o mundo obreiro...)

Page 40: tema6_2010

Mundo Rural

367

Page 41: tema6_2010

Xosé Neira Vilas, (Vila de Cruces, 1928), recolle nas súas obras unha crónica da sociedade galega rural e da emigración a América, experiencia que el coñeceu de preto porque en 1949 emigrou a Bos Aires. En 1961 trasladouse a Cuba.

Page 42: tema6_2010

As súas obras acadaron un éxito editorial sen precedentes, sobre todo porque Neira Vilas conta historias sen artificios técnicos que dificulten a súa lectura e interpretación. Os seus textos están protagonizados por xente anónima e humilde que sobrevive co seu esforzo, en conflito constante coas normas e estruturas sociais que lle son impostas desde un Estado alleo ás súas necesidades ou en loita coa forza da natureza.

Page 43: tema6_2010

Neira VilasEmigra á Arxentina e vive a Cuba de Castro sen se relacionar cos autores do interior.

Trata con realismo cru a vida da Galiza rural na Guerra Civil e na posguerra.

Ausencia de interese pola innovación.

Personaxes con psicoloxía desenvolvida, mais dos que interesan os conflitos co exterior na loita por sobreviviren.

Page 44: tema6_2010

Neira Vilas cultiva o conto e a novela, cunha tendencia cara ao primeiro que fai dalgunhas das súas narracións longas simples acumulacións de relatos curtos de estrutura pechada conectados por tenues fíos como poden ser o marco espacial, a voz narrativa ou a paulatina evolución dos personaxes cara á autoafirmación.

Page 45: tema6_2010

Núcleos temáticos

a) Obras que xiran arredor da vivencia infantil do mundo da aldea: Memorias dun neno labrego (1961); Cartas a Lelo (1971) e Aqueles anos do Moncho (1977).

b) Narracións en que o mundo rural é observado desde o punto de vista do adulto: Xente no rodicio (1965), A muller de ferro (1969) e Querido Tomás (1980).

Page 46: tema6_2010

c) Narracións centradas no mundo da emigración: Camiño bretemoso (1967), Historias de emigrantes (1968) e Re muiño de sombras (1973); Tempo novo (1987).

d) Narracións centradas no mundo urbano visto dende unha perspectiva crítica: O home de pau

d) Coleccións de estampas líricas e semblanzas