2

Click here to load reader

Triptico t cp_dh_13

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Triptico t cp_dh_13

INSCRIPCIÓN:A inscrición pode realizarse a través da páxina web:

http://galicia.isf.es/tcpdh

MATRÍCULA:Unha vez que se lle comunique a confirmación de reserva de praza deberá realizar a matrícula no prazo de cinco días laborais.

O prezo do curso é de 50 euros que se aboaran na seguinte conta:

Enxeñería Sen FronteirasNovaGalicia. Número de conta:

2091-0314-10-3000151636É importante que no ingreso ou transferencia figuren polo menos os seguintes datos:

Nome e apelidos da persoa:Inscrición no curso:

VIII Curso Tecnoloxía e CooperaciónLugar onde se quere asistir ao curso:

Lugo

Unha vez que se teña feito a matrícula enviarase unha copia resgardo de pagamento por correo electrónico a:

lugo @galicia.isf.es

En colaboración coa:

O curso englobase dentro do Programa de Educación para o Desenvolvemento de ESF-Galicia.

Inscrición dispoñible na páxina web:http://galicia.isf.es/tcpdh

Contacto:lugo @galicia.isf.es

VIII CURSO TECNOLOXÍA EVIII CURSO TECNOLOXÍA E COOPERACIÓN PARA OCOOPERACIÓN PARA O

DESENVOLVEMENTO HUMANODESENVOLVEMENTO HUMANO

15-16-17 de Marzo e 5-6-7 de Abril

R.U. Bal y Gay - Campus de Lugo 2013

Inscrición e matrícula dispoñible na web:http://galicia.isf.es/tcpdh

Recoñecemento con 2 créditos de libre configuración para todas as titulacións da USC.

Matrícula: 50 €

Page 2: Triptico t cp_dh_13

Enxeñería Sen Fronteiras Galicia organiza, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, a oitava edición do curso Cooperación e Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano.

A través del, Enxeñería Sen Fronteiras persegue mostrar ao alumnado unha visión global das causas e consecuencias da pobreza e da desigualdade no mundo e a necesidade de xuntar esforzos e adquirir un compromiso activo para poder combater esas situacións.

Mostrarase ademáis a importancia de por a tecnoloxía e a enxeñería ao servizo do desenvolvemento, entendéndoas e aplicándoas dentro do entorno cultural, político, social, económico e ambiental en que se empregan.

Duración do curso: 60 horasDatas: 15-16-17 de Marzo e 5-6-7 de AbrilLugar: Salón de Actos da Residencia Universitaria Bal y Gay - Campus de Lugo.Destinatarios: Comunidade universitaria e todas aquelas persoas que están interesadas na cooperación ao desenvolvemento.Data límite de inscrición: Martes, 12 de Marzo.

A USC recoñece, para todas as titulacións dos campus de Santiago de Compostela e de Lugo a

validación do curso como 2 créditos de libre configuración; para ter acceso aos créditos de libre configuración o alumnado deberá cumprir as condicións descritas no apartado certificado de asistencia.

PROGRAMA

Venres, 15 de MarzoTarde

- Benvida e presentación do curso. Conceptos básicos- A pobreza no norte ou o Cuarto mundo- Precedentes históricos das relacións Norte-Sur.Como se traducen estes feitos na pobreza- Participación social, sensibilización e incidencia política

Sábado, 16 de MarzoMañá

- Políticas e axentes da cooperación para o desenvolvemento - Participación social, sensibilización e incidencia política. Medio ambiente- O acceso a terra, estrutura de tenencia da terra e implicacións sociais

Tarde- Ferramentas na cooperación, proxectos. Xes-tión do proxecto. Introdución ao marco lóxico

Domingo, 17 de MarzoMañá

- Movementos migratorios. Fenómeno da pobreza.- Movementos sociais no Sur.- Perspectiva de xénero na cooperación.

Tarde- Modelos de desenvolvemento. Desenvolvemento sostible- Papel da agricultura no desenvolvemento Sur.- Ordenación territorial. Fortalecemento institucional- A Educación para o desenvolvemento (EpD)

Venres, 5 de AbrilTarde

- O enfoque medioambiental no desenvolvemento- Certificación FSC- Implicación persoal na cooperación, posibles ferramentas dun mundo mellor.

Sábado, 6 de AbrilMañá

- O concepto de Tecnoloxías Apropiadas- Tecnoloxías de información para a Comunicación (TIC´’s). Software Libre- Aplicación de ferramentas Do Sur no Norte, GIS Honduras

Tarde- A Educación para o desenvolvemento (EPD)- Investigación e Acción Participativa

Domingo, 7 de AbrilMañá

- O acceso a auga como dereito universal.- O modelo enerxético actual e alternativas- Economía responsable, cuestión de educación?

Tarde- A Avaliación para o achegamento á realidade- Avaliación do curso e clausura

CERTIFICADO DE ASISTENCIAAsistencia mínima a un 90% das horas do curso

e participación activa no mesmo para ter dereito a un certificado que será emitido pola USC. O alumnado deberá realizar dous traballos ao longo do curso, que se avaliarán xunto coa participación activa no mesmo para poder recibir este certificado de asistencia.

Prazas limitadas.Data límite de inscrición: Martes 12 de Marzo de 2013.