2
VISITA DE VIOLETA MONREAL 3º B O día 24 de xaneiro veu ao nos colexio Violeta Monreal, unha ilustradora e escritora asturiana. Ten corenta e nove anos e un fillo. Leva 26 anos facendo o seu traballo. Cando debuxa, faino facendo collages. Explicounos que os debuxos hai que miralos dúas veces e que unha orla é un marco que rodea o debuxo. O primeiro libro que escribiu foi “A onde vai a neve que se leva o vento”, o último foi “Carapuchiña Vermella” e os que máis lle gustan son os de Pamela Panamá. Contou que as cousas que saen mal hai que quitalas e intentar facelas mellor, tamén dixo que non lle gusta que lle digan que está torto, sempre mira dúas veces as cousas e ao final sempre o fai moi ben. Cando se puxo a facer un cadro abriu a súa maleta e dixo que antes de traballar, tíñase que asegurar de que tiña o material, para non ter que

Violeta

Embed Size (px)

DESCRIPTION

animación a lectura. Visita dunha ilustradora

Citation preview

Page 1: Violeta

VISITA DE VIOLETA MONREAL 3º B

O día 24 de xaneiro veu ao nos colexio Violeta Monreal, unha ilustradora e

escritora asturiana. Ten corenta e nove anos e un fillo. Leva 26 anos

facendo o seu traballo.

Cando debuxa, faino facendo collages. Explicounos que os debuxos hai que

miralos dúas veces e que unha orla é un marco que rodea o debuxo.

O primeiro libro que escribiu foi “A onde vai a neve que se leva o vento”, o

último foi “Carapuchiña Vermella” e os que máis lle gustan son os de Pamela

Panamá.

Contou que as cousas que saen mal

hai que quitalas e intentar facelas

mellor, tamén dixo que non lle gusta

que lle digan que está torto, sempre

mira dúas veces as cousas e ao final

sempre o fai moi ben.

Cando se puxo a facer un cadro abriu

a súa maleta e dixo que antes de

traballar, tíñase que asegurar de que

tiña o material, para non ter que

Page 2: Violeta

levantarse, coma facía o seu fillo. Cando empezou a sacar papeis e

recortalos cos dedos para facer debuxos eu alucinei, non sei se os meus

compañeiros e os doutros cursos alucinaron.

Dixo que ía facer un debuxo e cortou tiras para quentar . Fixo un sol moi

raro, unha montaña e tamén unha árbore, pero quixo facela máis á dereita e

como non lle cabía fixo unha remontaña e puxo a árbore.

Nos foi dicindo coma facía un debuxo e nos dixo que o coidaramos ben,

tamén puxo un ollo na árbore.

Doulles aos profes uns corazóns e a nos un pavo ou unha estrela. Respondeu

ás nosas preguntas e ao final firmounos os libros.

Dounos de regalo :estrelas, pavos, cunchas, folerpas e follas de plástico.

O que máis me gustou foi cando fixo o cadro e a despedida, nos firmou a

todos os nenos.

A todos nos gustou moito o cadro e é moi creativa. É moi simpática, nos

ensinou a facer debuxos como fai ela e nos dou un recordo.