42
DINAMIZACIÓN DO GALEGO NUNHA CONTORNA RURAL Verónica Dopico e Yolanda Castro. EDLG CPI Virxe da Cela, Monfero (A Coruña) CURSO DE GALEGO PARA PROFESORADO EN PRÁCTICA CEFORE FERROL. 11 DE NOVEMBRO DE 2013 Verónica Dopico Yolanda Castro

Virxedacela en cefore 11 novembro 2013

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Virxedacela en cefore 11 novembro 2013

DINAMIZACIÓN DO GALEGO NUNHA CONTORNA RURAL

Verónica Dopico e Yolanda Castro.

EDLG CPI Virxe da Cela, Monfero (A Coruña)

CURSO DE GALEGO PARA PROFESORADO EN PRÁCTICA CEFORE FERROL. 11 DE NOVEMBRO DE 2013

Verónica Dopico Yolanda Castro

Page 2: Virxedacela en cefore 11 novembro 2013

O NOSO CENTRO

• O CPI Virxe da Cela, de titularidade pública, oferta EI, EP, ESO e

PCPI.

• No presente curso 2013-2014 están matriculados no centro un total de 159 alumnos/as: 28 en Educación Infantil, 86 en Educación Primaria, 67 na ESO e 6 en PCPI.

• O claustro está formado por 25 profesores/as.

• 6 persoas constitúen o persoal de administración e servizo.

• No noso centro existe un comedor escolar.

Page 3: Virxedacela en cefore 11 novembro 2013

O CENTRO E A SÚA CONTORNA

• O CPI Virxe da Cela está situado no Xestal, no Concello de Monfero,

entre as localidades de Pontedeume, Betanzos e As Pontes (provincia de A Coruña).

• A superficie de Monfero é de 171,7 km², e a súa poboación 2978 habitantes.

• Comprende as parroquias de O Alto de Xestoso, (Santa María), Queixeiro (San Xurxo), San Fiz de Monfero (San Fiz), Santa Xiá de Monfero (Santa Xiá), Taboada (Santa Mariña), O Val de Xestoso, (San Pedro), Vilachá (Santa María).

Page 4: Virxedacela en cefore 11 novembro 2013
Page 5: Virxedacela en cefore 11 novembro 2013

O CP.I. Virxe da Cela está situado nun contorno rural e galego falante, aproximadamente un 80% dos/-as alumnos/-as son galegofalantes. O resto, podémolos catalogar como castelanfalantes ou ben na súa maioría, como castelanfalantes aparentes, xa que a súa lingua materna é o galego, e, en maior ou menor medida empregan estruturas sintácticas, morfolóxicas e mesmo fonolóxicas en galego, así como léxico propio do idioma galego.

O noso alumnado procede dos concellos de Monfero e Irixoa. É basicamente unha zona, agrícola e gandeira, onde a lingua de relación do alumnado e as súas familias é o galego e tamén a lingua oral empregada en calquera dos establecementos, lugares de ocio, etc.

Page 6: Virxedacela en cefore 11 novembro 2013

Peculiaridades do noso centro e da súa contorna que van condicionar a liña de actuación do noso EDLG

CPI

Ámbito rural

Xornada partida

Matrícula reducida

Cadro de persoal con poucos profesores/as

Poboación dispersa

Transporte público case inexistente

Page 7: Virxedacela en cefore 11 novembro 2013

O EDLG

Peculiaridades que van definir a nosa liña de actuación:

• Equipo pequeno: Nestes tres cursos o equipo estivo constituído por 4 profesores/as (1 de EI, 1 de EP e 2 de ESO).

• Non estamos vinculados coa area lingüística.

Page 8: Virxedacela en cefore 11 novembro 2013

• Contexto 1: A comunidade educativa. Dinamizando a nosa escola.

• Contexto 2: A importancia da lingua e da cultura.

• Contexto 3: A sociedade do S. XXI: as novas tecnoloxías.

• Contexto 4: O cambio social: educación en valores.

OBXECTIVOS Establecemos 4 grandes bloques de obxectivos, correspondéndose con contextos ou situacións nas que trataremos de reforzar a dimensión comunicativa do galego.

Page 9: Virxedacela en cefore 11 novembro 2013

ACTIVIDADES 1.- Recuperación do patrimonio natural, cultural e artístico 2.- Potenciación do galego oral 3.- Potenciación do galego escrito 4.-Realización de produtos audiovisuais 5.- Blogues 6.- Educación en valores

Page 10: Virxedacela en cefore 11 novembro 2013

1.1.- Recuperación de festas de carácter popular: Magosto

1.2.- Recuperación de festas de carácter popular: Entroido

1.3.- Recuperación de festas de carácter popular: Maios

1.4.- Recuperación de xogos tradicionais

1.5.- Guía de tradición oral

1.6.- Guía de cultura popular

1.7.- Guía de arquitectura popular

1.8.- Guía da flora e fauna da zona: As Fragas do Eume

1.9.- Guía de microtoponimia

1.10.- Guía de verbas esquecidas

1.11.- Proxecto Ríos (Plan Proxecta)

1.12.- A Escola dos Nosos Avós

1.13.- Recuperación dos oficios tradicionais.

1.- RECUPERACIÓN DO PATRIMONIO NATURAL, CULTURAL E ARTÍSTICO

Page 11: Virxedacela en cefore 11 novembro 2013

1.1.- Magosto Descrición: Celebración dun magosto, degustación de castañas e realización de actividades lúdicas. Campionato de buxainas e outros xogos tradicionais. Obxectivos: •Promover a interacción entre a escola e a súa contorna. •Recuperación de festas tradicionais. •Fomentar o respecto pola conservación da natureza e o medio.

Page 12: Virxedacela en cefore 11 novembro 2013

1.2.- Entroido

Descrición: Festival de Entroido con disfraces, comparsas, actuacións musicais

e degustación de doces típicos.

Obxectivos:

• Recuperación de festas tradicionais .

• Creación de textos en galego (coplas das comparsas).

Page 13: Virxedacela en cefore 11 novembro 2013

1.3.- Maios

Descrición: Recuperación da tradición dos Maios, xa perdida na zona dende

hai anos. Construción das estruturas dos Maios; composición e interpretación de cantigas e danzas.

Obxectivos:

• Recuperación de festas tradicionais .

• Creación de textos en galego.

Page 14: Virxedacela en cefore 11 novembro 2013

1.4.- Recuperación de xogos tradicionais

Descrición: Traballo de campo recollendo informacións variadas acerca dos xogos tradicionais da zona.Celebración de xornadas de xogos tradicionais no centro escolar.

Obxectivos:

• Promover a interacción entre a escola e a súa contorna.

• Valorar o patrimonio cultural.

• Aproveitamento do tempo de lecer.

Page 15: Virxedacela en cefore 11 novembro 2013

1.5.- Guía de tradición oral

Descrición: Traballo de campo recollendo informacións variadas acerca da tradición oral da zona: cantigas, coplas, refráns, adiviñas, contos populares.

Obxectivos: • Recuperación e conservación do patrimonio inmaterial. • Potenciación da oralidade.

Page 16: Virxedacela en cefore 11 novembro 2013

1.6.- Guía de cultura popular

Descrición: Traballo de campo recollendo informacións variadas a cerca do saber popular e tradicións na zona: os oficios, os ciclos agrícolas, apeiros de labranza, gastronomía, festas, lugares, alcumes.

Obxectivos: • Recuperación do patrimonio cultural. • Potenciación da oralidade. • Aprender a manexar ferramentas de investigación (traballo de

recollida).

Page 17: Virxedacela en cefore 11 novembro 2013

1.7.- Guía de arquitectura popular Descrición: Traballo de campo recollendo informacións variadas acerca da

arquitectura popular da zona: tipos de poboamentos, tipos de edificacións, construcións auxiliares, toponimia, etc

Obxectivos: • Recuperación do patrimonio cultural. • Aprender a manexar ferramentas de investigación (traballo de recollida). • Potenciar o emprego das novas tecnoloxías.

Page 18: Virxedacela en cefore 11 novembro 2013

1.8.- Guía de flora e fauna da zona: As Fragas do Eume

Descrición: Traballo de campo recollendo informacións variadas a cerca da flora e fauna da zona, incidindo principalmente no espazo natural das Fragas do Eume

Obxectivos: • Valorar os patrimonio natural e axudar a preservalo. • Espertar a conciencia ecolóxica.

Page 19: Virxedacela en cefore 11 novembro 2013

1.9.- Guía de microtoponimia

Descrición: Traballo de campo recollendo informacións variadas a cerca dos topónimos da zona. Creación dun arquivo documental. Elaboración de mapas con datos sobre a microtoponimia da zona.

Obxectivos: • Recuperación do patrimonio inmaterial • Elaboración dun banco de datos coa microtoponimia da zona: nomes de

predios, leiras, camiños, outeiros, montes, etc. • Utilización de TICs (Sixpac e Google Maps).

Page 20: Virxedacela en cefore 11 novembro 2013

1.11.- Proxecto Ríos (Plan Proxecta) Descrición: Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e

participación cidadá da asociación ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia). Inspección ao río Lambre polo seu paso á altura do noso centro escolar (O Xestal, Monfero). Traballo interdisciplinar (departamentos de CCNN, CCSS, Francés, Música, Matemáticas, e outros)

Obxectivos: • Recuperación do patrimonio natural • Fomentar a conciencia ecolóxica do noso alumnado cara á protección dos ríos,

tratando de conservar e mellorar a calidade dos ecosistemas fluviais.

Page 21: Virxedacela en cefore 11 novembro 2013

1.12.- A Escola dos Nosos Avós

Descrición: Iniciativa da Fundación Barrié de la Maza, a través da convocatoria do “I Concurso de Historia da Escola en Galicia”. O EDLG solicita a colaboración de toda a comunidade educativa para a recuperación de material gráfico relacionado co noso centro ou cas antigas escolas que existían na zona do pasado (fotografía, escáner)

Obxectivos: • Recuperación do patrimonio inmaterial. • Utilización de TICs (programas de edición de audio e vídeo)

Page 22: Virxedacela en cefore 11 novembro 2013

1.13.- Recuperación de oficios tradicionais

Descrición: Valoración e recuperación dos oficios tradicionais a

través do contacto directo con persoas da nosa contorna.Visita á Panadaría Os Reis (O Xestal), para coñecer todo o proceso da elaboración do pan.

Obxectivos: • Recuperación do patrimonio inmaterial.

Page 23: Virxedacela en cefore 11 novembro 2013

2.- POTENCIACIÓN DO GALEGO ORAL

2.1.- Contacontos

2.2.- Contos musicados

2.3.- Aprendendo dos nosos maiores

2.4.- Lecturas dramatizadas: grupo de teatro escolar

2.5.- Grupo de cantareiras

2.6.- Ciencia divertida

2.7.- Proxecto Antártida

2.8.- O xestal nas Ondas

Page 24: Virxedacela en cefore 11 novembro 2013

2.1.- Contacontos

Descrición: Actuación dun contacontos. Editorial Kalandraka. Alumnado de 1º ESO “Mahán e a Cadeira Vermella”.

Obxectivos: • Potenciar o uso oral do galego. • Dinamización da biblioteca escolar.

Page 25: Virxedacela en cefore 11 novembro 2013

2.6.- Ciencia Divertida Descrición: • Realización de experimentos científicos preparados na materia de CCNN e

presentación co alumnado como público. • Celebrar o Día da Ciencia en Galego e participar nas videoconferencias

organizadas pola CGEDLG para conmemorar esta data. Obxectivos: • Achegar as ciencias a todo o alumnado dun xeito divertido e motivador. • Fomentar as capacidades orais do alumnado.

Page 26: Virxedacela en cefore 11 novembro 2013

2.7.- Proxecto Antártida

Descrición: Establecemento dunha comunicación oral coa Base Antártica Gabriel de Castilla a través de videoconferencia (Skype). Elaboración de materiais audiovisuais e dun dossier con toda a información recadada.

Obxectivos: • Achegar as ciencias, e o ecosistema da Antártida a todo o alumnado

dun xeito divertido e motivador. • Fomentar as capacidades orais do alumnado.

Page 27: Virxedacela en cefore 11 novembro 2013

2.8.- O Xestal nas Ondas

Descrición: Creación dunha radio escolar a través de Podcasts

pendurados no blogue. Elaboración de programas abordando diferentes temáticas.

Obxectivos:

• Fomentar as capacidades orais do alumnado.

• Difundir a lingua galega.

Page 28: Virxedacela en cefore 11 novembro 2013

3.- POTENCIACIÓN DO GALEGO ESCRITO

3.1.- Obradoiros de animación á lectura e á escritura en lingua galega

3.2.- Celebración das Letras Galegas 3.3.- Clásicos da literatura inglesa 3.4.- Concurso de cubertas de libros 3.5.- Internet 3.6.- Deseño e elaboración de materiais curriculares e

didácticos para traballar as diversas áreas curriculares e para o traballo por proxectos.

Page 29: Virxedacela en cefore 11 novembro 2013

3.1.- Obradoiros de animación á lectura e á escritura en lingua galega

Descrición: Obradoiro impartido por persoal especializado. Introdución ás

técnicas de escritura creativa e lectura imaxinativa (Editorial Kalandraka), ilustración e banda deseñada (Antonio Seijas).

Obxectivos: • Potenciar o uso escrito do galego e o gusto pola lectura en galego. • Fomentar a creatividade . • Abordar a lectura dende unha vertente máis imaxinativa e motivadora.

Page 30: Virxedacela en cefore 11 novembro 2013

3.2.- Celebración das Letras Galegas

Descrición: Realización de diferentes actividades e actos para

divulgar a obra da figura homenaxeada, Roberto Vidal Bolaño Obxectivos: • Valorar as producións dos escritores e creadores galegos. • Divulgar a literatura en galego

Page 31: Virxedacela en cefore 11 novembro 2013

3.4.- Concurso de cubertas de libros

Descrición: Concurso para deseñar a cuberta de libros, organizado polo Departamento de Plástica. Nas bases non está establecido o idioma, estando contempladas as cubertas en lingua galega, castelá, inglés e francés.

Obxectivos: • Potenciar o uso escrito do galego e o gusto pola lectura en galego. • Fomentar a creatividade . • Abordar a lectura dende unha vertente máis imaxinativa e motivadora.

Page 32: Virxedacela en cefore 11 novembro 2013

3.5.- Internet Descrición: Traballo de investigación en equipo arredor dun eixe temático: Internet.

Conceptos básicos relacionados con Internet: web, navegador, buscador, correo electrónico, web 2.0, foros, blogues, wikis, redes socias, etc .

Obxectivos: • Fomentar a lectura en galego e a utilización do galego en textos escritos. • Potenciar o emprego das TICs • Desenvolver habilidades de uso da información, consultando fontes documentais

diversas, en soportes e formatos diferentes.

Page 33: Virxedacela en cefore 11 novembro 2013

3.6.- Deseño e elaboración de materiais curriculares e didácticos para a traballar as diversas áreas curriculares.

Descrición: Dotar ao profesorado e ao alumnado de Ed. Infantil e Primaria de

materiais didácticos contextualizados en lingua galega para a aprendizaxe da lecto-escritura (impresos e dixitais).

Obxectivos: • Ampliar o banco de recursos do profesorado de materiais específicos en

lingua galega. • Propiciar o uso das TICs como recurso de información e aprendizaxe,

empregando como lingua vehicular o idioma galego.

Page 34: Virxedacela en cefore 11 novembro 2013

4.-REALIZACIÓN DE PRODUTOS AUDIOVISUAIS

4.1.- Documentais e curtametraxes 4.2.- Micromovies 4.3.- A Nosa Escola: arquivo gráfico, sonoro e visual do

centro

Page 35: Virxedacela en cefore 11 novembro 2013

4.1.- Documentais e curtametraxes

Descrición: Elaboración de guións, gravación e edición de documentais e curtametraxes. Xesteira Films (produtora do EDLG): “Radio Monfero FM”, “Mahán e a cadeira vermella”, materiais audiovisuais para a despedida de 4º de ESO, “A Cápsula do tempo” ONCE.

Obxectivos: • Animar á lectura e á escritura en galego. • Fomentar o emprego das novas tecnoloxías.

• Potenciar os capacidades creativas do alumnado.

Page 36: Virxedacela en cefore 11 novembro 2013

4.2.- Micromovies

Descrición: Proxecto de elaboración de “Micromovies” a prol do voluntariado na Rede de Centros Escolares Solidarios do Plan Proxecta (Xunta de Galicia).

Obxectivos: • Promoción e difusión do galego oral. • Fomentar o emprego das novas tecnoloxías.

• Potenciar os capacidades creativas do alumnado.

Page 37: Virxedacela en cefore 11 novembro 2013

4.3.- A Nosa Escola: arquivo gráfico, sonoro e visual do centro

Actividade: • Creación dun arquivo fotográfico e audiovisual que recolla as actividades realizadas no

centro ao longo do curso (festivais, visitas culturais, obradoiros, etc.) Traballo de investigación recuperando fotografías e textos sobre o historia da nosa escola. Dixitalización de material existente. Entrevista a antigos mestres/as , alumnos/as , familias, etc.

Obxectivos: • Aprender a manexar ferramentas de investigación (traballo de recollida). • Rescatar a memoria dos maiores. • Fomentar o emprego das novas tecnoloxías.

Page 38: Virxedacela en cefore 11 novembro 2013

5.- Blogues

5.1.- Blogue Xesteira (http://cpivirxedacelaxesteira.blogspot.com) 5.2.- Blogue A buxaina (http://abuxaina.blogspot.com) 5.3.- Blogue de 3º ciclo de primaria

(http://www.oblogdoterceirociclo.blogspot.com) 5.4.- Blogue Monferosolidario (http://cpivirxedacelasolidario.blogspot.com) 5.5.- Blogue Pensa coa prensa (http://blogs.prensaescuela.es/altofalantes) 5.6.- Blogue Cantos Rodados (http://www.cantosroda2.blogspot.com) 5.7.- Colaboracións co blogue da Biblioteca Castelao

(http://obiblioblog.blogspot.com/)

Page 39: Virxedacela en cefore 11 novembro 2013

5.1.- Blogue Xesteira

http://cpivirxedacelaxesteira.blogspot.com

Page 40: Virxedacela en cefore 11 novembro 2013

6.- EDUCACIÓN EN VALORES

6.1.- Construción dunha mocidade crítica e responsable 6.2.- Xornadas de convivencia 6.3.- De Escola a Escola (en colaboración ONG Fundación

Vicente Ferrer) 6.4.- A cadeira vermella (en colaboración ONG Entreculturas) 6.5.- Plan Proxecta: Rede Galega de Centros Solidarios

Page 41: Virxedacela en cefore 11 novembro 2013

Blogue Monferosolidario

http://cpivirxedacelasolidario.blogspot.com

Page 42: Virxedacela en cefore 11 novembro 2013

Agradecementos

• Alumnado CPI Virxe da Cela. Eles e elas son os

auténticos/as protagonistas do noso proxecto.

• Profesorado CPI Virxe da Cela. Pola axuda na realización de moitas das actividades.

• Dirección do CPI Virxe da Cela. Por apoiar todas as nosas propostas e facilitar o noso traballo.

• CEFORE Ferrol. Por facilitar a difusión do noso proxecto.

• Asistentes.