30
Número: 143 - Ano: XIII - Xullo 2014 - Depósito Legal: OU 151-2002 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de agosto. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 TEMA DO MES Páx. 2 DEPORTES Páx. 20 SOCIEDADE Páx.15 BARRIOS Páx. 7 O COB, á espera de coñecer se participa en LEB Ouro Os Orzamentos 2014 apróbanse en Xunta de Goberno local Ríos Limpos e Escua denuncian o estado de abandono do Barbaña Cultura amplía a rehabilitación da Catedral TEMA DO MES Pax.3 [páx. 10] Unha sentenza anula 41 contratacións no Concello de Ourense O pleno insta a reformar o parque dos Patos Segundo a moción do BNG, os veciños denunciaron a presenza de ratas e cobras debido á maleza no contorno da zona verde./M.REJO. [Páx.4-5] Entrevista ao subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro

Xullo 2014 - Ourense por Barrios

Embed Size (px)

DESCRIPTION

As novas rehabilitacións previstas na Catedral, a petición de reforma do parque dos Patos da Valenzá, o proxecto de urbanización da Finca Mariñamansa, e as obras de construción dun parque en Santa Teresita, imaxes de portada do número de xullo de Ourense por Barrios.

Citation preview

Page 1: Xullo 2014 - Ourense por Barrios

Número: 143 - Ano: XIII - Xullo 2014 - Depósito Legal: OU 151-2002 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de agosto. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

TEMA DO MES Páx. 2 DEPORTES Páx. 20SOCIEDADE Páx.15BARRIOS Páx. 7

O COB, á espera de coñecer se participa en LEB Ouro

Os Orzamentos 2014 apróbanse en Xunta de Goberno local

Ríos Limpos e Escua denuncian o estado de abandono do Barbaña

Cultura amplía a rehabilitación da Catedral

TEMA DO MES Pax.3

[páx. 10]

Unha sentenza anula 41 contratacións no Concello de Ourense

O pleno insta a reformar o parque dos Patos

Segundo a moción do BNG, os veciños denunciaron a presenza de ratas e cobras debido á maleza no contorno da zona verde./M.REJO.

[Páx.4-5]

Entrevista ao subdelegado do

Goberno en Ourense, Roberto Castro

Page 2: Xullo 2014 - Ourense por Barrios

� Ourense por BARRIOSXullo de �014

TEMA DO MES

Paula Lodeiro

A directora xeral de Re-cursos Humanos do Conce-llo de Ourense, Carmen Ro-dríguez Dacosta, considera que só houbo “un erro de forma” na contratación de 41 traballadores que vén de ser anulada polo Tribunal Superior de Xustiza de Ga-licia (TSXG). A anulación destes 41 postos de traballo afecta á práctica totalida-de das xefaturas de servi-zo, pero tamén ao persoal eventual de Alcaldía e dos restantes grupos políticos, e ao departamento de comu-nicación.

A sentenza, contra a que non cabe recurso, é o resul-tado do contencioso admi-nistrativo interposto polo sindicato CSIF contra a Relación de Postos de Tra-ballo (RPT) do Concello de Ourense. Os maxistrados estiman catro dos argumen-tos do recurso do sindicato, “que asignábamos fun-cións de dirección a postos de grupo C, en tres postos concretos; porque reservá-bamos sen xustificación de-terminados postos a persoal eventual; terceiro, por per-mitir a cobertura de persoal laboral de determinados postos; e por non xustificar a libre designación como forma de provisión”, ex-

plicou a directora xeral de Recursos Humanos.

O Concello ten agora un prazo de dous meses para facer cumplir a sentenza, que foi notificada o pasa-do día 3 de xullo aínda que non se informou dela ata a Xunta de Goberno local do xoves 17. O voceiro dos socialistas, José Ángel Vázquez Barquero, xustifi-cou esta tardanza en que “as cosas de palacio ás veces van máis despacio do que teñen que ir” pero negou que se ocultara información relevante ao pleno na apro-bación dos orzamentos. “O Goberno entende que esta

sentenza non é relevante para a aprobación dos orza-mentos”, dixo Barquero, e engadiu que fai referencia a “vicios subsanables con ca-rácter retroactivo”. Na mes-ma idea insistía Rodríguez Dacosta: “na miña opinión, consultada cos técnicos, a RPT non é un documento orzamentario, non afectaría aos presupostos”.

Motivar as contrataciónsA directora xeral de Per-

soal agarda que dea tempo a adaptar as contratacións ao que indica o alto tribunal e que non se produza por tan-to ningún cesamento. Así, deberán motivar “de forma distinta ao que aparece na RPT” as contratacións de persoal eventual e de libre designación. Por exem-plo, concretou Rodríguez

En relación á sentenza, o voceiro do PP, Rosendo Fernández, lamentou “que o alcalde non dea a cara ante un feito deste cali-bre e non informe direc-tamente nin aos cidadáns nin aos propios afectados” así como que o grupo de goberno non aceptara a súa emenda aos orzamen-tos no pleno do pasado martes, en relación á ne-cesidade de elaborar unha nova RPT, “sendo coñece-dor o equipo de goberno desta sentenza demoledo-ra, notificada ás partes o 3 de xullo”.

Os populares pediron por rexistro un certificado

ao secretario para saber se tiña coñecemento da sen-tenza antes do pleno ex-traordinario do día 15. “Se o Goberno municipal ocul-tou esta sentenza, puxo en serio risco a toda a corpo-ración, xa que de resultar aprobado o orzamento, todo aquel que levantase a man, tería incurrido nun delito de prevaricación?”, pregúntase Fernández.

Tamén solicitaron con-vocatoria de xunta de vo-ceiros “para que se nos informe de xeito inmedia-to das accións que se van tomar ao respecto dende o Goberno municipal”, dixo Rosendo Fernández.

Tamén o BNG solicita xunta de voceiros. Xosé Somoza pídelle ao alcalde que explique nela “como vai afrontar o grupo de goberno a aplicación des-ta sentenza, que vai pasar cos postos de traballo, coas traballadoras, coas áreas e os servizos que fican cun-ha plantilla mermada” e ademais que, xunto ao seu grupo de goberno, “por decencia, abandonen o Concello de Ourense”.

O nacionalista conside-ra que o rexedor e o gru-po socialista “estafaron a esta cidade durante 14 días ocultando a sentenza

do TSXG e levando a ple-no un documento ilegal a mantenta no expediente de Orzamentos de �014. Este feito constitúe un gra-vísimo incidente, un máis, na xestión de persoal da actual directora xeral de Recursos Humanos, Car-men Rodríguez Dacosta mais tamén un engano por parte de todo o grupo de goberno ás traballadoras do Concello, aos grupos da oposición e ao conxun-to da cidadanía”.

Recordan os nacionalis-tas que levan tres anos de-mandando a elaboración dunha nova RPT.

Unha sentenza do TSXG anula 41 contratacións eventuais no Concello de Ourense

Rosendo Fernández: “Se o Goberno ocultou esta sentenza, puxo en serio risco a toda a corporación”

Xosé Somoza: “Estafaron a esta cidade ocultando a sentenza e levando a pleno un documento ilegal”

A directora xeral de Recursos Humanos, Carmen Rodríguez Dacosta, antes de comezar a rolda de prensa sobre a sentenza contra a RPT, acompañada do director de comunicación do Concello, Luis Congil, un dos 41 afectados pola decisión xudicial./P.LODEIRO.

4 A directora xeral de Recursos Humanos asegura que se trata só dun “erro de forma” que se poderá subsanar sen que haxa ningún cesamento de persoal.

Dacosta, “as libres desig-nacións teñen que motivar por que eses postos son di-rectivos e explicalo en cada caso”.

Os erros subsanaranse mediante un expediente que está a elaborar o departa-mento de Recursos Huma-nos, que será comunicado á mesa de negociación e que sería aprobado en Xunta de Goberno local. Neste sen-tido, a xuntanza cos sindi-catos estaba prevista para o mércores �3 de xullo.

Rodríguez Dacosta in-sistiu que a RPT actual do Concello de Ourense “non é unha innovación” socia-lista, posto que vén do ano �004 e hainas similares noutros municipios. O que si é novidade é que “nun-ca ninguén impugnara esta forma de motivación”.

Rodríguez Dacosta negou que a sentenza afecte aos orzamentos de 2014, “a RPT non é un documento orzamentario”

Page 3: Xullo 2014 - Ourense por Barrios

3Ourense por BARRIOSXullo de �014

TEMA DO MES

P.L.

Por primeira vez, o Con-cello de Ourense aprobou uns orzamentos a través da Xunta de Goberno local e non en pleno. Tras fracasar no intento de que algún gru-po da oposición dera o seu apoio ás contas xerais para este ano, o grupo de gober-no socialista -en minoría- decidiu recurrir á Xunta de Goberno Local para apro-bar inicialmente o luns �1 de xullo os orzamentos do Concello para o presente ano �014.

É unha posibilidade que permite desde decembro pasado a Lei de Raciona-lización e Sostenibilidade da Administración Local, para os casos nos que non se alcanzara nunha primeira votación a maioría precisa, se previamente existira un orzamento prorrogado.

O orzamento foi apro-bado cos informes favora-bles da Oficialía Maior e a Secretaría Xeral do Pleno, mais coas advertencias do interventor e do asesor xu-rídico. Basicamente, tanto o secretario como o oficial maior ratificaron que a Xunta de Goberno é com-petente para aprobar o do-cumento financieiro. O vo-

ceiro socialista, José Ángel Vázquez Barquero, concre-tou que non faltaba “ningún informe preceptivo”.

O documento aprobado foi o mesmo que se elevou a pleno o 15 de xullo, sen incluir as emendas presen-tadas por BNG e PP que se votaron na sesión plenaria extraordinaria.

TramitaciónUnha vez superado este

trámite o luns �1 de xullo, o orzamento deberá publi-carse no BOP e abrirase un prazo de 15 días para alega-cións, para novamente re-gresar á Xunta de Goberno, que resolverá as alegacións e dará a súa aprobación de-finitiva.

De cumprirse coa tra-mitación, serían os segun-dos orzamentos aprobados nesta lexislatura, tralos de �01�, que foran refrenda-dos por socialistas e nacio-nalistas (daquela aínda no goberno). En �013 houbo orzamentos prorrogados.

O Goberno municipal recorre á Xunta de Goberno local para aprobar os Orzamentos4 Despois de que a oposición rexeitase aprobar as contas nun pleno extraordinario, os socialistas acudiron a esta fórmula para sacar adiante os presupostos de �014, que contan con informes favora-bles de secretario e oficial maior, e en contra do interventor.

Tal e como fora anun-ciado, ningún dos tres grupos da oposición votou a favor da aprobación ini-cial dos Orzamentos �014 do Concello de Ourense.

Coñecido o resultado da votación, non houbo grandes novidades nas in-tervencións dos diferentes voceiros, máis que repetir o xa anunciado por eles mesmos en datas previas. O voceiro socialista, José Ángel Barquero, dixo das contas que tiñan por obxectivo “a loita activa contra a crise” e que res-pondían a “unha lóxica de

gasto proactivo”.A edil de Democracia

Ourensana, Susana Gó-mez, xustificou a ausencia de emendas do seu grupo porque “presentalas signifi-caría negociar, avalar e dar por boa a súa xestión”, que cualificou de “pésima”.

O voceiro do Bloque, Xosé Somoza, apuntou con tres argumentos o voto con-trario da súa formación: por ser un Goberno municipal “sen credibilidade” para veciños, concesionarias, cidadáns e os propios con-celleiros socialistas; por ser un goberno “incapaz” de

executar un orzamento e por non ser as contas “que necesita Ourense; hai unha total falta de conexión coa realidade”.

Pola súa banda, a con-celleira popular, Beatriz Tejada, considerou que os orzamentos son “extempo-ráneos” e “insumisos” coas obrigas aquiridas, ademais dun “fraude, porque non será posible executalos” e lamentou que, cun orza-mento tan elevado, presente só “un �% de inversións”.

Na súa resposta á oposi-ción, Barquero recalcou que os orzamentos aprobaranse

4A oposición rexeita as contas

“no marco da lei, non pola porta de atrás” en referen-za á súa ratificación en Xunta de Goberno local, e anunciou que o Gober-no local está elaborando o plan económico-finan-cieiro ao que obriga a lei ao ter superado o teito de gasto nas contas.

Os orzamentos para �014 do Concello de Ourense ascenden a 103,8 millóns de euros, dos ca-les 34,7 millóns destinan-se a cubrir gastos de per-soal, 49,8 millóns a gasto corrente, e 4,4 millóns a investimentos reais.

Momento no que a oposición votou en contra dos Orzamentos./P.LODEIRO.

4 A oposición rexeita aprobar as contas en pleno

Segundo Vázquez Barquero, non faltaba “ningún informe preceptivo”

Page 4: Xullo 2014 - Ourense por Barrios

4 Ourense por BARRIOSXullo de �014

ENTREVISTA

“Un conductor de ambulancia, un xefe de bombeiros, o servizo de limpeza… parece que é normal que esas actividades sexan prioritarias e básicas. Distinto é que algún concello pretenda certos contratos para tratar de colocar persoas”

Paula Lodeiro

Roberto García Castro (Vilavella, A Mezquita, 1955), doutor en Ciencias da Educación, licencia-do en Filosofía e Letras e diplomado en Ciencias Humanas, ten unha longa traxectoria en política. Tras ser parlamentario autonó-mico durante dúas décadas, exercía como director xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias cando foi chamado, en febreiro de �01�, para asumir o cargo de subdelegado do Gober-no en Ourense.

Moitos cidadáns pre-gúntanse cales son as competencias e tarefas dun subdelegado do Go-berno.

Roberto Castro: “En primeiro lugar o labor é representar ao Estado e ao Goberno do Estado na provincia respectiva, iso a efectos de representación e protocolo.

Aínda que hai moitas competencias transferidas, quedan moitas cousas que dependen do Estado: por exemplo, a seguridade ci-dadá, a Policía, a Garda Civil, a Tesourería Xeral da Seguridade Social, a

inspección de traballo, a Muface, o tráfico na pro-vincia, non só a efectos de sancións senón tamén coa normativa, estranxeiría, as

concesións das armas de caza, armas cortas, os ex-plosivos… unha serie de competencias que teñen que ser xestionadas desde a

Subdelegación do Goberno; aínda que parece sencilliño non o é tanto”

Como é un día de tra-ballo do subdelegado do

Goberno?R.C.: “Un día normal

depende da axenda pero en xeral pasa pola firma de to-dos os documentos penden-

tes que as distintas unidades teñen elaborado, pasa pola atención aos asuntos inter-nos da casa, pasa por actos de representación”.

Un dos seus labores é o de presidir as xuntas locais de seguridade; é Ourense unha provincia tranquila, segura?

R.C.: “Teño que dicir que si. Se temos en conta as estatísticas, friamente tomadas é unha provincia segura. Se España está nun índice de criminalidade do 49 por mil, Galicia está entre o �7 e o �8 por mil e Ourense está ao redor do �3 por mil, nese aspecto temos unha media baixa de delin-cuencia. Eu sempre digo o mesmo: aínda que estatisti-camente os números sexan razoablemente asumibles a min preocúpame os que pa-decen un problema: aquel que lle entran na casa ou nunha nave e lle rouban materiais ou ferramentas, aquel que lle rouban un te-léfono, á señora que lle tiran un bolso, aquel comercio que lle entran e lle levan a recadación. Ás persoas que sufren un problema deses non lles falemos de esta-tística. Nese sentido nunca estou satisfeito a pesar de que os números nos din que é unha provincia segura e tranquila”.

Algunha zona da pro-vincia que preocupe es-pecialmente en canto á seguridade, na que sería necesario un reforzo?

R.C.: “Sempre que hai máis poboación hai algunha dificultade maior, hai máis aglomeracións, é máis difí-cil o control. Pero ten tanto

Roberto Castro, no seu despacho da Subdelegación do Goberno en Ourense./RAMSÉS.

ENTREvISTA AO SUBDELEGADO DO GOBERNO EN OURENSE, ROBERTO CASTRO:

“Actuamos sen mirar a cor, mirando obxectivamente que se cumpran as normas”4Roberto Castro destaca a importancia dos valores da proximidade, a honestidade e a sensibilidade nos políticos.

Page 5: Xullo 2014 - Ourense por Barrios

5Ourense por BARRIOSXullo de �014

ENTREVISTA

dereito a sentirse preocupa-do e atendido calquera per-soa que vive no medio rural como calquera persoa que vive en Xoan XXIII ou no Paseo”.

Na xunta de seguridade de Ourense participan re-presentantes veciñais, que temas lles trasladan?

R.C.: “Na última asisti-ron as asociacións Miño e Centro e trasladáronnos al-gunha preocupación lóxica dalgúns puntos da cidade nos que pode haber algún trapicheo de substancias, e ao alcalde, que é co presi-dente, algunhas preocupa-cións concretas dos firmes dalgunhas rúas, como a rúa Concello e a avenida da Habana, cuestións referidas a paradas de bus, e algún tema referido á venda am-bulante, aos manteiros.

É evidente que están fa-cendo unha competencia desleal, a calquera comer-cio da cidade encantaría-lle poder expoñer os seus produtos na rúa nun metro cadrado e eles non o poden facer, porén os que veñen de fóra si o fan. Tamén é certo que é unha poboación especial, son inmigrantes e teñen moitas dificultades, e aínda que hai unha certa presión sobre eles trátase de que haxa unha razoable flexibilidade; preferimos que un inmigrante que ten poucos recursos poida ex-poñer algunhas cousiñas para vender antes de que sexa un delincuente. Enten-dendo que hai que respectar o comercio porque paga os seus impostos pero hai que buscar unha flexibilidade humana”.

A supervisión dos con-tratos dos Concellos para axustalos ás novas norma-tivas do Goberno central é unha das súas últimas competencias, dalle moi-tos problemas?

R.C.: “Non, non nos dá

ningún problema, é unha obriga e polo tanto o que é obrigatorio hai que asumilo como tal. Nós actuamos de oficio, revisando os acordos municipais, e valoramos en relación á normativa actual, que pode gustarnos ou non, pero mentres exista unha lei hai que cumplila.

Hai unha normativa res-tritiva respecto do gasto pú-blico, do endebedamento, e entón os concellos teñen que argumentar moi ben as contratas, e evidentemente hai distintos tipos de con-trato. Poño un exemplo, un conductor de ambulancia por baixa ou xubilación, non sería xusto nin lóxico que non se substituira, un xefe de bombeiros, o ser-vizo de limpeza… parece que é normal que esas ac-tividades sexan prioritarias e básicas. Distinto é que algún concello pretenda certos contratos para tratar de colocar persoas ou para tratar de dar unha imaxe de que estamos cumplindo determinados traballos que se poden cumplir doutra maneira.

A normativa diferencia moi ben o que é obrigatorio do que non o é tanto, e neste sentido actuamos de oficio ou a instancia de parte, por unha denuncia. Con todos os concellos igual, sen mi-rarlle a cor, hai concellos que teñen dificultades do PP, e eu formo parte do PP, hai concellos do Partido Socialista, outros do PP, do PSOE, do BNG, non teñen problemas… Actuamos sen mirar a cor, que é como debe actuarse desde a ins-titución, mirando obxecti-vamente que se cumpran as normas.

Cando vemos que hai un contrato requerímoslle ao concello que fundamente a súa contratación, se o re-querimento é negativo por-que non contestan ou non

fundamentan ben a cuestión entón a Avogacía do Estado fai un informe e remítese á Delegación do Goberno na Coruña e en base a infor-mes previos acorda levalo ao Contencioso-Adminis-trativo ou non levalo, e o Contencioso toma unha de-cisión xudicial, e aí xa non entramos.

Nós, insisto moito, nisto somos obxectivos e inde-pendentes e non miramos cores nunca, porque se o miráramos seríamos un árbitro parcial e non esta-ríamos cumprindo a nosa obriga”.

Tocoulle un momento difícil para representar o Goberno central na pro-vincia neste momento de crise, polas políticas de recortes?

R.C.: “Certo; cando en-tramos estábamos en plena crise, e o Goberno do Esta-do encontrouse cunha serie de situacións non previstas nin esperadas, sospeitá-bamos que a situación era complicada, que a herdan-za recibida era difícil pero non nos imaxinábamos que houbera tantas facturas sen pagar, tantas xestións pen-dentes de facer. O Goberno do Estado atopouse unha situación complicada, dun déficit tremendo e tivo que afrontar esa situación e to-mar medidas de axuste di-fíciles.

Para o político é máis có-modo dar que esixir e facer cumplir e poñer normas que autodisciplinen a nosa vida, pero o Goberno tivo que facer iso para aforrar e poder pagar o que estaba debéndose e agora están empezando a darse os froi-tos. Os cidadáns pasámolo moi mal pero agora empeza a haber un certo repunte, e a partir do ano 15 e 16, os axustes van ser ao revés, os cidadáns van ter un pouco máis de alivio, a efectos de

impostos, de declaración de renda.

Eran medidas necesarias pero no momento que se to-maron a rúa sempre respos-ta, e sobre todo os lexítimos representantes e necesarios que son os sindicatos, que tratan de defender as súas posicións, e aquí na cidade, en Verín e no Barco, houbo e hai aínda manifestacións, concentracións, dúas folgas xerais... Tivemos moitas manifestacións, nalgúns destes anos pasados houbo 400. Tamén tivemos o tema das preferentes, desafiu-zamentos, aquí ao mellor non tanto... e claro, o repre-sentante do Estado na pro-vincia é a cara visible dese Goberno.

A pesar diso eu quero dicir que houbo moito respecto, os sindicatos manifestáron-se de maneira moi pacífica e moi cívica. Tamén é certo que a Policía e a Garda Ci-vil actuaron con respecto e cumprindo o seu deber pero sen interferir. No cómputo global pesa máis o positivo que o negativo, Ourense de-mostrou convivencia e res-pecto mutuo”.

Onde se ve a medio pra-zo, de volta á política máis activa ou á súa carreira profesional no mundo educativo?

R.C.: “Véxome xa xubi-lado e na casa porque un ten a súa idade xa, estamos nos 59. Na miña traxectoria ti-ven a fortuna de representar a Ourense no Parlamento de Galicia �0 anos, tiven a confianza do presidente da Xunta que me tivo tres anos na dirección xeral de Rela-cións Institucionais e Parla-mentarias e agora teño esta responsabilidade pero non teño máis aspiracións, nin para arriba nin para abaixo.

O máis importante foi ter esas oportunidades, ha-belas aproveitado, facelo o mellor posible, con toda a

honradez e a honestidade, e sobre todo desde a proximi-dade; creo que os políticos temos que facer o esforzo de ser próximos, de ser un máis entre os cidadáns, non sentirnos como algo espe-cial porque non o somos. Eu procuro ser normal, unha persoa que anda pola rúa, que saúda, que escoita, que vive a diario os pro-blemas da xente porque un

non pode ser insensible, un político representa á cida-danía, forma parte da cida-danía, somos un máis. Ás veces pode ocurrir que dea a sensación de que algúns políticos ao mellor non es-tán tan próximos, en todo caso é un erro. O político ten que ser próximo, sensi-ble, facer cumplir a lei, si, pero poñerlle unha brizna de sensibilidade.”

O subdelegado do Goberno, ante un retrato do anterior Rei./RAMSÉS.

“Preferimos que un inmigrante que ten poucos recursos poida expoñer algunhas cousiñas para vender antes de que sexa un delincuente. Entendendo que hai que respectar o comercio porque paga os seus impostos”“Creo que os políticos temos que facer o esforzo de ser próximos, de ser un máis entre os cidadáns”

Page 6: Xullo 2014 - Ourense por Barrios

6 Ourense por BARRIOSXullo de �014 BARRIOS

“Hai veciños de primeira e de segunda para gozar das cousas, pero para pagar somos todos de primeira”

Redacción

Olga Giráldez é a presi-denta da Asociación de Ve-ciños Ponte Canedo dende fai dous anos, pero leva vi-vindo no barrio moitos máis. Con experiencias anteriores noutras rexións, enfróntase como representante veciñal á pasividade das autoridades plantándolles cara e sen tirar a toalla.

Para ela, sen dúbida, a maioría dos políticos sus-penden nas súas funcións: os do Concello de Ourense polo nefasto mantemento das infraestruturas dos ba-rrios, e a clase política en xeral polo emprego da cida-danía para lograr uns intere-ses meramente persoais.

Que valoración fas deste tempo como presidenta da Avv Ponte Canedo?

Olga Giráldez: “Ser re-presentante veciñal é un cargo non retribuído, pero moi agradecido e iso com-pénsache todo”.

Un é presidente ás 24 horas?

O.G.: “Si, sempre te-mos algunha anécdota. Por exemplo, fai uns días pará-ronme unhas señoras e re-clamáronme que cobraba as actividades que fai a asocia-ción mentres as demais non o fan. Entón, chamei á con-celleira (de Participación Ci-dadá) para cerciorarme e ela confirmoume que en todas se cobran. E cando llo co-mentei ás veciñas dixéron-me que era moi rápida, pero o que son é legal. Iso si, o vindeiro ano parece ser que todos os cursos serán de bal-de, pero é unha excepción”.

Cales son os problemas máis habituais da Ponte?

O.G.: “O barrio da Ponte ten un grave problema de limpeza, e iso é fundamen-tal. Hai moita deixadez no mantemento de xardíns, par-ques e beirarrúas. Ademais, a zona da beira do río dá

pena e o parque central da Ponte, o alumeado público tamén está en moi mal esta-do e a pasarela oxidada. Acá as infraestruturas póñense en marcha, pero unha vez feitas o Concello esquécese delas e non se manteñen”.

Nas últimas décadas os problemas mudaron?

O.G.: “Son máis ou me-nos os mesmos, pero van a peor, porque a sociedade está máis incivilizada e a educa-ción brilla pola súa ausencia. Por exemplo, a suciedade que causan os excrementos dos cans é inaceptable, en-tón daste conta de que hai certo tipo de persoas que fan que a convivencia se vaia deteriorando. Diso non son culpables os gobernantes, pero si na medida en que non sancionen aos que teñen este comportamento”.

Como ves a resposta das autoridades ante as recla-macións veciñais?

O.G.: “Concretamente a concelleira de Participación Cidadá, María Devesa, é unha persoa sempre disposta a axudarnos; pero penso que é a única. Tampouco teño queixa de Susana Bayo. En cambio, outros nin sequera é sinxelo reunirse con eles. Se teño que poñerlles nota, daríalles un � e xa son moi benévola”.

Como se atopan as obras no local da asociación?

O.G.: “Tiven nestes días unha reunión coa concellei-ra de Cultura ao respecto e dela saquei en limpo que poderían estar rematadas de cara a novembro. Iso evi-dencia que temos un alcalde moi mentiroso, porque el asegurou que estaría listo entre decembro de �013 e xaneiro de �014. Pero hoxe está moi instaurado na clase política iso de mentir por mentir. Eu teño as miñas dúbidas de que poidamos comezar despois de verán as actividades xa no novo

local, porque parece que xa está rematado pero hai un problema de trámites”.

Estavos a causar moitos trastornos este retraso?

O.G.: “Moitísimos. A Troya é como a nosa pro-pia casa porque nos tratan moi ben, pero temos moitas carencias porque non pode-mos levar a cabo todas as nosas actividades. Loxica-mente, mentres están bo-tando a partida á tarde nós non podemos poñernos con clases de baile de salón ou ioga, son incompatibles. Este retraso está afectando moito ao traballo da asocia-ción, porque a xente á Troya vén aos cursos pero non vén a estar un rato, como fan no noso local, para simplemen-te falar, algúns pensan que molestan”.

Consideras que os ba-rrios están discriminados en relación ao centro?

O.G.: “Totalmente. Hai veciños de primeira e de se-gunda para gozar das cousas, pero para pagar somos todos de primeira. Ti vas por unha beirarrúa no centro e é moi raro que vexas excrementos de cans ou orina, non obs-tante, vas por calquera par-te da Ponte, sobre todo Ri-

beira de Canedo e a rúa do Mercado, e iso é constante. Non temos apenas presenza policial aínda que pagamos ese servizo como os demais, polo que lle esiximos ao Concello maior vixilancia para sancionar economica-mente estes comportamen-tos, porque neste país non se cambia ata que che toca no peto.

De feito, ante estes pro-blemas estiven pensando en facer unha xuntanza cos ve-ciños e proporlles non pagar o servizo de limpeza, xa que non se nota no barrio. Todos os veciños temos dereito a vivir limpos e con decoro”.

A única solución son me-didas drásticas?

O.G.: “Aos políticos hai que ensinarlles os dentes porque eu creo que a polí-tica é unha escada pola que sobe unha persoa, e os ci-dadáns forman os banzos, e o que sobe cando chega ao alto voltéase e mexa pola es-cada. E iso é o que acontece, utilízannos como votantes para acadar o seu fin e logo esquécense de nós ata den-tro de catro anos. Iso non é facer política”.

Que opinión che merece a polémica da ubicación

dun tanatorio-crematorio en vistahermosa?

O.G.: “No caso de Vis-tahermosa conseguiuse que non se ubicara finalmente alí porque se fixo a presión que se fixo, pero aí había in-tereses moi fortes que a se-ñora Áurea Soto coñece moi ben. Finalmente, ese tema solucionouse porque houbo unha segunda xuntanza co BNG na que se logrou o seu compromiso público de que non ían votar a favor e cum-plírono, por unha vez.

Pero a culpa é de todos, porque todos os políticos, salvo contadas excepcións, móvense polos seus propios intereses. O proxecto do ta-natorio-crematorio xa era do PP e agora quedoulles a estes. Cando están na opo-sición moito protestan, pero cando chegan ao goberno esquécense de todo”.

Compartes o dito de que “a unión fai a forza”?

O.G.: “Totalmente, o que pasa é que ao galego cósta-lle entender iso, é moi indi-vidualista. Eu vivín noutras rexións de España e hai unha diferencia abismal. En Asturias ou no País Vasco teñen outra idea do asocia-cionismo e así conseguen o

que conseguen. Acá a xen-te aposta polo ‘vai ti’ e se consegues algo xa logo nos aproveitamos todos. Lo-grariamos moitas cousas se houbera unión, non é protes-tar por protestar, é pelexar polo que é necesario”.

Que actividades organi-za a asociación?

O.G.: “Se tiveramos o lo-cal en verán organizariamos actividades para cativos e as nais, e outras que non se fan en inverno. Os bailes de salón é das que máis che pi-den, e tamén pilates. Asema-de, ofrecemos informática, manualidades, organizamos excursións… Pero nós so-mos a única asociación que non acepta subvencións, porque consideramos que tal e como está a situación hai cousas máis importantes ás que adicar o diñeiro, e que as AAVV se deben financiar soas, coa colaboración dos veciños, cada un do que poi-da. Entendo que o Concello subvencione os locais, pero as comidas ou as excursións débenas pagar os veciños. Somos o país das esmolas e debemos ser autónomos”.

Envíalle unha mensaxe aos veciños da Ponte.

O.G.: “Que non deixen de asociarse porque neste mo-mento non teñamos un local propio, porque seguimos dando servizo a todos os veciños e a cantas reclama-cións teñan. Que nos tras-laden todas as súas queixas porque dende a directiva non damos estado en todos os puntos do barrio”.

E outra aos políticos ourensáns.

O.G.: “Diríalles que to-dos os veciños somos iguais e temos dereito á mesma calidade de vida, porque o parque San Lázaro está moi ben, pero a Ponte tamén. A eles gústalles vir pasear por xunto ao río, pero non se pre-ocupan de coidar este barrio e darnos os mesmos servi-zos que ao centro. Polo que deberían facelo ou se non, deberemos nós optar por cambiar de sistema e deixar de mantelos a todos”.

ENTREvISTA A OLGA GIRÁLDEZ – PRESIDENTA DA Avv PONTE CANEDO

“Temos un alcalde moi mentiroso, asegurou que as obras no local da asociación estarían rematadas en

xaneiro e agora dinnos que en novembro”4 A presidenta da Asociación de Veciños Ponte Canedo, Olga Giráldez, achéganos ás carencias do seu barrio e ao estado das obras do local veciñal.

“As asociacións de veciños débense financiar soas. Entendo que o Concello subvencione os locais, pero non as comidas e excursións. Somos o país de esmolas.”

Olga Giráldez, presidenta da AVV Ponte Canedo na entrada da Troya, o espazo que em-pregan os seus asociados para reunirse até que rematen as obras no local veciñal./S.N.

Page 7: Xullo 2014 - Ourense por Barrios

7Ourense por BARRIOSXullo de �014PUBLICIDADE

O precinto dos contedores soterrados é consecuencia da falta de mantemento de seguridade por parte do ConcelloO PP denuncia que desde o grupo de goberno non se deu ningunha explicación ao respecto e os contedores levan precintados dous meses

O portavoz do grupo mu-nicipal do Partido Popular de Ourense, Rosendo Fer-nández, informou de que os contedores soterrados da cidade levan dous me-ses clausurados, sen máis explicacion que un cartel de “fóra de uso temporal”. Ante a falta de explicacións por parte do grupo de go-berno, ten que ser o Grupo Municipal do Partido Po-pular, forza maioritaria do Concello, o que explique a verdade deste asunto.

Na cidade existen un to-tal de 8� contenedores so-terrados distribuidos en 46 illas. A meirande parte dos mesmos foron colocados en �003 (salvo os das rúas avenida de Marín, Francis-co Llorens, Camelias, Dali, praza da Chave e Florenti-no Cuevillas, que foron ins-talados con posterioridade). Supuxeron un investimento de 1.640.000 euros (�0.000 euros por equipo).

Estas instalacións están reguladas por un Real De-creto que establece “que o propietario dos equipos ten que manter en todo mo-mento o bo estado e fun-cionamento dos mesmos e impedir a súa utilización cando non se poida garanti-zar a súa seguridade”.

Aquí é onde se sitúa a problemática: é necesario realizar un plan de man-temento dos equipos, que asegure que a conformi-dade inicial da instalación perdura durante toda a vida do equipo. É importante que os equipos de traballo sexan mantidos de xeito que a súas características non se degraden ata o punto de poñer en risco ás persoas debido a situacións perigo-sas.

Pois ben, o último man-temento realizado pola em-presa instaladora data de �008. Tres anos despois, en agosto de �011, esta em-

presa rexistrou unha carta advertindo ao equipo de goberno da grave situación xerada por tres anos de falta de mantemento.

Sobrecusto do mante-mento

A solución, ten un custo: 150.000 euros, debido ao deterioro causado pola falla de mantemento dos equi-pos a día de hoxe. “Pero señores: nun orzamento do grupo de goberno de 103 millóns de euros, non exis-te nin rastro desta partida”, subliñou o voceiro do PP.

Se o mantemento fose regular, bastarían 36.000 euros cada ano. “Pero a ina-cción e a desidia do gober-no minoritario de Ourense obviou sempre esta posibi-lidade”, apuntou Rosendo Fernández.

Pero o máis grave de todo é que, debido a esta falta de xestión, de previsión e de dotación orzamentaria, o

que está en risco é a segu-ridade dos traballadores de Ecourense. De feito, o pre-cinto dos contedores ten un motivo directo: o departa-mento de riscos laborais da concesionaria esixiu o pre-cinto destas instalacións,

debido á falta de mante-mento, polo risco que pode supoñer a manipulación dos mecanismos por parte dos operarios á hora de balei-ralos. A empresa Ecourense négase a realizar este traba-llo, precisamente polo risco

Rosendo Fernández, acompañado da concelleira Mónica Mourelo, compare-ceron para valorar o arqui-vo da denuncia presentada polo Goberno Municipal por presunta suplantación de identidade e falsidade en documento público no expediente referido ás bei-rarrúas da casa do alcalde, na rúa Clara Corral Aller.

Inmediatamente despois, o alcalde compareceu en rolda de prensa para amosar ese suposto documento fal-sificado. Non tivo reparos o señor alcalde en manifes-tar cousas como esta: “Po-demos estar ante un feito gravísimo motivado polas tramas de vinganza e ansias de poder, e corresponderá aos tribunais determinar as

posibles responsabilidades do PP e do seu portavoz”.

O xoves 10 de xullo o al-calde anunciou que a Fisca-lía arquivou esta denuncia, pero omitiu os detalles, que si fixo públicos o voceiro popular.

Rosendo Fernández leu o decreto da Fiscalía, que recolle que “sentada a falsi-dade do documento non foi posible determinar a autoría do mesmo, que poida ser atribuida a título de respon-sabilidade criminal a persoa determinada. En relación con isto e vista a alegación presentada por Rosendo Fernández pódese concluir igualmente, que non existe indicio nin tan sequera mí-nimo de calquera tipo que poida evidenciar, non xa a

,

autoría ou participación da citada persoa (de Rosendo Fernández), senón a nece-sidade ou conveniencia de realizar calquera tipo de dilixencia para aclarar dita situación de presunta auto-ría”.

Un vez coñecido o escrito do fiscal, Rosendo Fernán-dez manifestou que “queda claro que este portavoz que lles fala nada tivo que ver coa presunta falsificación en documento público, pese as constantes insinua-cións vertidas por parte da señora Soto e do señor al-calde; queda tamén claro que ao señor alcalde se lle desmontou o seu principal argumento con respecto á denuncia, presentada por nós o �0 de marzo de �014,

sobre o xeito no que se pa-garon as beirarrúas da súa casa. Como ven, e compro-ban, aquel escrito non foi a orixe da grave irregularida-de que puxemos en coñece-mento da xustiza e pola que todos os ourensáns estamos agardando a que o señor al-calde pague o que debe e se deixe de lerias”.

A denuncia do PP segue o seu curso

“E quero deixar claro que o alcalde minte con descaro cando di que a Fiscalía pide o arquivo da causa das bei-rarrúas. A denuncia inicial, a que nós presentamos, si-gue o seu curso. A arquiva-da é a presentada por Aurea Soto o 10 de abril”, engadiu Rosendo.

“E non menos claro que-da que cada vez se acrecen-tan máis as dúbidas sobre o que sucedeu neste asunto, o da falsificación, toda vez que dende o � de maio es-tamos agardando a que se constitúa a comisión de in-vestigación sobre esta pre-sunta falsídade documental, e nada se sabe”, recalcou o voceiro do PP.

Neste sentido, Rosendo Fernández pregúntase “se efectivamente ese docu-mento levaba tres anos no Concello, por que non se lle diu resposta en todo este tempo? Por que non se ini-ciou unha investigación in-terna na Concellería de Ur-

banismo, departamento coa obriga de custodiar o expe-diente? Quen e por que fal-sificou un documento que serviu de fallido argumento político ao alcalde?”

A única pregunta que ten resposta, segundo concluiu Rosendo Fernández, é a seguinte: “Por que mon-tou este circo da denuncia por falsidade documental o alcalde de Ourense e a súa secuaz a concelleira Áurea Soto? Dígovolo eu: para desviar a atención so-bre o realmente importan-te, a clave de todo.... Que o alcalde pague os �9.000 euros que debe ás arcas municipais”.

existente, precisou Rosendo Fernández.

“Isto, señores e señoras, é gravísimo e ninguén do goberno minoritario e des-nortado de Ourense asume responsabilidade algunha”, rematou o portavoz.

O voceiro popular, Rosendo Fernández, xunto aos concelleiros José Luis Valcar-ce e Carmen Carballo, amosa un dos contedores soterrados precintado.

Comparecencia de Rosendo Fernández e Mónica Mourelo.

Rosendo Fernández esixe ao alcalde que pague o que debe na urbanización da súa casaTralo arquivo da denuncia presentada polo Goberno local refe-rida á presunta falsificación dun documento público

Page 8: Xullo 2014 - Ourense por Barrios

8 Ourense por BARRIOSXullo de �014

BARRIOS

O parque de Santa Teresita rematarase este verán4 Serán 1�.000 metros de zonas verde nun ba-rrio que carecía de áreas de esparcemento.P.L.

Con lixeiro retraso na execución das obras, o gran parque de 1�.000 metros cadrados de Santa Teresita vai tomando forma.

Tanto o alcalde de Ouren-se como a edil de Urbanis-mo, que visitaron as obras este mes, destacaron o complexo e longo labor de desenvolvemento urbanísti-co que permitirá que Santa Teresita e O Vinteún teña a súa primeira gran zona de esparexemento a finais des-te verán. De feito, Agus-tín Fernández cualificouna como “unha das grandes obras deste goberno” e con-siderou que os veciños des-tes dous barrios “pódense sentir orgullosos” ao poder contar “cunha zona verde privilexiada que case nin-gún barrio ten”.

Áurea Soto, pola súa ban-da, recordou que esta zona verde xa estaba prevista no Plan de 1986, pero non foi xestionada ata a chegada do seu goberno. “O máis importante é o traballo de xestión do solo que houbo previo”, sinalou, referíndo-se á transformación dos te-rreos privados en públicos. “A ocupación dos terreos, os convenios para rematar a ocupación cando caeu o Plan Xeral, a execución do proxecto…”, enumerou Soto, que asemade explicou que os propietarios desta

área de reparto manterán o seu aproveitamento “no contorno que pecharían as traseiras destas casas, que poderán executar no seu momento”.

Contido da actuaciónO proxecto, de preto dun

millón de euros de investi-mento, recupera o interior da mazá situada trala igrexa de Santa Teresita para uso público, cun deseño basea-do nunha zona verde dedi-cada ao ocio e xogos infan-tís, e adaptado á topografía existente, cunha importante pendente entre unha punta e outra do soar.

Adecentáronse os dous accesos existentes, desde as rúas Xares e Bubal e desde as rúas Alejandro Pedrosa e Río Limia, e creouse un novo vial peonil (e ocasio-

nalmente para vehículos). Ao carón deste trazado instalarase unha zona de merendeiro con mesas e bancos de pedra.

A actuación inclúe ta-mén a renovación da rede de abastecemento, a ca-nalización subterránea da rede de telecomunica-cións, a instalación dunha rede de distribución para o subministro de gas natural para facer fronte ás de-mandas futuras neste con-torno, e a dotación dunha instalación de iluminación óptima, tanto desde o pun-to de vista luminotécnico como económico. No re-ferido ás superficies, ins-talarase novo pavimento en toda a zona, incluíndo os viais, os aparcadoiros, as beirarrúas, a zona de xogos e a pista deportiva.

Redacción

A Asociación Veciñal As Termas continúa coa pro-gramación de charlas in-formativas, nesta ocasión foi Belén Pérez, educa-dora social da Asociación Española contra o Cancro (AECC-Ourense), quen fa-lou sobre prevención e de-tención precoz do cancro.

Un dos obxectivos que As Termas se marcou para

�014 era o de realizar di-versas charlas informativas sobre temas de interese para os habitantes das vivendas de promoción pública situa-das ao carón da estación de autobuses, onde ten a súa sede a asociación.

As temáticas son moi va-riadas: dende o coidado do medio ambiente (a primeira delas foi sobre a reciclaxe do aceite usado) pasando pola saúde (nesta ocasión

tocoulle ao cancro) e proxi-mamente sobre consumo, cunha charla sobre a factura eléctrica.

A experiencia foi valo-rada como moi positiva polas asistentes que xa par-ticiparan o ano pasado na campaña “súmate ao rosa” en apoio á loita contra o cancro de mama, polo que a colaboración continuará entre o colectivo e a AECC-Ourense.

Charla informativa sobre a prevención do cancro na asociación As Termas4 Coa colaboración da Asociación Española contra o Cancro.

A educadora social Belén Pérez impartiu a charla no local de As Termas./CEDIDA.

O proxecto recupera o interior da mazá situada trala igrexa de Santa Teresita

O alcalde de Ourense e a concelleira de Urbanismo xunto cos técnicos responsables do proxecto de parque de Santa Teresita./P.LODEIRO.

Aspecto das obras desde a rúa Río Bubal./P.LODEIRO.

Page 9: Xullo 2014 - Ourense por Barrios

9Ourense por BARRIOSXullo de �014

BARRIOS

Redacción

O presidente da Depu-tación de Ourense, Manuel Baltar, anuncioulle aos empresarios do polígono industrial das Coiñás no Vinteún un plan estratéxi-co elaborado polo Inorde para esta zona industrial, un documento que ten como obxectivo propoñer unha mellor posición loxística da zona industrial das Coiñás mediante o acondiciona-mento e creación de novas infraestruturas, servizos e dotacións públicas.

O plan contempla mello-rar a comunicación viaria, que se verá potenciada a través da futura Circunva-lación Norte.

Baltar considera “nece-

sario e prioritario” avanzar na dinamización económi-ca desta zona industrial, e amosoulle aos empresarios o apoio da Deputación de Ourense –por medio do Inorde- para acadar un maior e mellor desenvolve-mento das Coiñás co fin de favorecer a consolidación e implantación de empresas e a creación de emprego.

Necesidades do polígonoO plan estratéxico desta-

ca que é necesario mellorar a rede viaria actual, os apar-cadoiros, as instalacións

eléctricas de alta e baixa tensión, o abastecemento e saneamento, así como as redes de rego e hidrantes, gas e alumeado público.

Tamén contempla a do-tación de vídeo-vixilancia e a incorporación dunha rede de voz e datos, ade-mais dun edificio insti-tucional que concentre a xestión da actividade da zona empresarial co fin de permitir un desenvol-vemento empresarial en igualdade de medios e oportunidades con outros ámbitos industriais.

A Deputación elabora un plan para o polígono das Coiñás4 Contempla a mellora da comunicación viaria e dos aparcadoiros, entre outros aspectos.

Manuel Baltar xunto a empresarios da zona industrial do Vinteún./CEDIDA.

É necesario mellorar aparcadoiros, instalacións eléctricas, abastecemento e saneamento, e redes de rego e dotar o polígono de vídeo-vixilancia

Redacción

A Plataforma Ríos Lim-pos e Escua organizaron o pasado 9 de xullo dúas accións de denuncia co río Barbaña como protago-nista. Primeiro limparon un pequeno tramo do río, no Pozo do Inferno, ao ca-rón da Molinera, de onde retiraron varias bolsas con refugallos. Despois mon-taron unha “praia fluvial” improvisada no parque Barbaña, con parasois e

Os participantes na limpeza do Barbaña escenificaron despois unha “praia fluvial” ao carón do río./P.LODEIRO.

toallas.

Máis protecciónMartiño Ramos, en re-

presentación de ambos co-lectivos, explicaba que o motivo destas dúas accións de denuncia é “poñer o foco de atención da cidade no Barbaña, que é o noso río esquecido”. “Coidamos que os nosos ríos precisan coidados e protección, é incomprensible que non funcionen as depuradoras que se pagaron con diñeiro

O Barbaña, “o noso río esquecido”4 Ríos Limpos e Escua denun-cian o seu estado de abandono.

público en toda a provin-cia; que non se fagan os investimentos prometidos en saneamento no Barba-ña; o problema que teñen os encoros de contamina-ción de cianobacterias; non é de recibo tampouco que os cursos fluviais ao longo das obras do AVE se vexan afectados por falta de me-dios preventivos”, relataba algún dos problemas aos que se enfrontan os cursos fluviais na nosa provincia.

Ríos Limpos e Escua de-mandaron unha actuación máis decidida por parte da Confederación Hidrográfi-ca e da Deputación: “non están cumplindo coa súa función de supervisar que non haxa vertidos e cando os hai buscar os culpables”, afirmou Ramos.

Redacción

O BNG está a desen-volver unha campaña de información sobre a súa proposta de xestión para a Praza de Abastos da Ponte. Os nacionalistas queren que a veciñanza deste barrio opine sobre o modelo de mercado que se instalará no edificio reha-bilitado.

O Bloque presentara unha moción no pleno de xuño que fora retirada da orde do día por PSOE e PP. Nela defendía a xes-tión directa da Praza por parte do Concello ou que

se impulsara a creación dunha cooperativa ou aso-ciación de comerciantes e pequenos produtores que se fixeran cargo dos postos.

O BNG considera que non se pode permitir que logo dun investimento de dous millóns de euros “unha grande empresa se faga car-go da xestión para ocupar este espazo cun gran super-mercado; sobran en Ouren-se grandes superficies e fal-tan iniciativas que lle dean a xente oportunidades para a instalación de pequenos negocios e onde a cidada-nía poida comprar produtos frescos e de calidade”.

Reclaman debate sobre a xestión da Praza de Abastos 4 Campaña informativa do BNG na Ponte.

Page 10: Xullo 2014 - Ourense por Barrios

10 Ourense por BARRIOSXullo de �014 BARRIOS /A VALENZÁ

P.L.

O grupo municipal so-cialista de Barbadás pre-sentou ante o Xulgado de Instrucción nº 3 de Ouren-se nova documentación sobre os negocios inmo-biliarios do rexedor da localidade, o popular José Manuel Freire Couto, a quen os socialistas acusan de presunta corrupción ur-banística.

O voceiro do PSOE en Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, relatou catro operacións urbanísticas entre os anos �004 e �006 en Matosinhos, Portugal, entre unha empresa cons-tituída por Freire Couto (Alba María Sociedade Promotora de Bens Inmo-ves) e unha filial do gru-po Mahía (López & Noya Sociedade Promotora e Construtora Imobiliaria).

En concreto, a adquisi-ción de inmobles por im-porte de ��5.000 euros o �3 de abril de �004, por importe de 180.000 euros o �3 de xullo de �004, por importe de 185.000 euros o 1� de outubro de �004 e por importe de �95.000 euros o �6 de setembro de �006. Todas as compra-vendas “de seren pagadas, foron pagadas en metáli-co”, apunta Valcárcel, xa que o notario indica que o importe das mesmas foi percibido previo acto no-tarial e tampouco constan préstamos nin hipotecas para facer fronte a estas cantidades, por parte dun-ha empresa, Alba María, constituída en xaneiro de �004 con apenas 5.000 euros de capital social, de-

nuncia o político socialista.Coinciden estas opera-

ción urbanísticas no tempo coa tramitación no Conce-llo de Barbadás da área de reparto 1 da Valenzá, na que tanto Mahía como Frei-re tiñan propiedades.

Informe dunha peritoApoian esta denuncia

os socialistas nun informe elaborado por unha peri-to, incluído nas dilixencias previas que se siguen con-tra Mahía nun xulgado de Santiago por presunto frau-de fiscal. Neste informe, “resulta acreditado que non existiu movemento efecti-vo de diñeiro nas supostas compravendas do Emporio Freire, dado que a indicada perito manifesta que non existe apoio contable para os supostos movementos de diñeiro en efectivo”, relata Valcárcel. No mesmo senti-do, a perito recolle as decla-racións dunha traballadora da empresa inmobiliaria “que nega a existencia de ingresos en caixa por con-tías tan considerables”. En particular, dous apuntes con data 15.07.04 e 07.10.14 por importes de �00.000 e �9�.000 euros, apenas uns días antes das operacións de compravenda coa em-presa de Freire Couto.

Na mesma sesión ple-naria tamén houbo acordo unánime de todos os gru-pos para iniciar de xeito inmediato contactos co Polígono Virtual de Gali-cia para asinar un conve-nio de colaboración mútua que teña como finalidade a posta en marcha dun proceso de aceleración empresarial, do empren-demento e do comercio local en Barbadás.

Tamén se aprobou por unanimidade unha mo-ción do BNG para axilizar os trámites da Risga

O PP aprobou en soli-tario –coa abstención de PSdeG e BNG- a redución do tipo de gravame do IBI do 0,5 ó 0,4 % para �015. O voceiro socialis-ta, Xosé Carlos Valcárcel, reprochou que “chega tarde porque o PSdeG xa o solicitou en maio de �008 e en xuño de �013. E chega mal porque non se modifican as bonifica-cións, que consideramos

O PSOE amplía a denuncia contra Freire Couto4 Reseña varias operación ur-banísticas entre unha empresa do rexedor e unha filial de Mahía.

Redacción

A corporación munici-pal de Barbadás aprobou por unanimidade en ple-no, o 7 de xullo, unha mo-ción de grupo do BNG na que se solicita que o Con-cello de Barbadas elabore un proxecto de reforma do parque dos Patos. Refíre-se a proposta á parte alta da zona verde, a zona que linda coa rúa do Picouto, e solicítase que se elimine a matogueira existente e se adecente a contorna.

Segundo recollían os nacionalistas nun comu-nicado, “a gran cantidade de maleza acumulada e o abandono desta zona fai que os veciños teñan que convivir con cobras e ra-tas preto das súas viven-das, algo que denunciaron no Concello porque inclu-so estes animais se metían nos garaxes”.

valado para a zona de xogos

A proposta nacionalista tamén veu motivada pola inseguridade na zona de xogos polo que o BNG pide a instalación dun va-lado de protección para que os menores xoguen con total tranquilidade.

O BNG defendeu no pleno un proxecto que inclúa paseos para xente maior, bancos para o des-canso de quen o precise e en definitiva aproveitar un espazo hoxe inutilizado.

O pleno insta a reformar o parque dos Patos da Valenzá4 Apróbase unha moción do BNG.

Todas as compravendas “de seren pagadas, foron pagadas en metálico”, xa que non constan préstamos nin hipotecas

insuficientes, xa que non se bonifica a persoas en risco de exclusión social e parados de longa dura-ción”. Valcárcel anticipou que presentará alegacións á ordenanza.

Aprobouse, cos votos a favor do grupo de goberno do PP e do PSdeG, unha modificación de crédi-to para investimentos en parques e viais que supón duplicar o previsto inicial-mente para este fin nos or-zamentos.

O PP rexeitou unha pro-posta socialista para me-llorar a seguridade cidadá nas festas con gran afluen-cia de público, aínda que o alcalde anunciou que se tomarán medidas excep-cionais ante eventos simi-lares ás festas da Valenzá deste ano.

Foi rexeitada -por PP e PSdeG- a moción nacio-nalista para superar o mo-delo institucional do Esta-do español e recoñecer o dereito a decidir.

“A gran cantidade de maleza acumulada fai que os veciños teñan que convivir con cobras e ratas preto das súas vivendas”

4 Outros asuntos aprobados

Aprobada a urbanización da Finca MariñamansaRedacción

A Finca Mariñamansa será urbanizada. A Xunta de Goberno local vén de aprobar o proxecto de ur-banización dun ámbito de 178.3�8 metros cadrados, a pedimento da xunta de compensación, cun orza-mento de 18 millóns de euros.

O seu obxectivo é de-senvolver as infraestru-turas necesarias: viais, rede de abastecemento, saneamento, iluminación pública e outras para que as parcelas resultantes cumplan coa condición de soares.

Entre as obras a reali-zar está previsto o desvío e canalización do Regato Mariñamansa; a constru-ción dun paso subterráneo para evitar a intersección da glorieta existente na avenida de Zamora; a ex-planación do terreo ata acadar as rasantes dos viais; a pavimentación dos viais, das beirarrúas, zonas de aparcamento, isletas e zonas verdes de uso mixto; a instalación de mobiliario urbano; e traballos de plantación e xardinería.

O proxecto de urbaniza-ción aprobado inicialmen-te será sometido agora a información pública polo prazo de �0 días e remi-tido a informe da Confe-deración Hidrográfica do Miño-Sil.

Finca Mariñamansa.

Os veciños queixábanse da maleza acumulada na parte alta do parque. A proposta do BNG tamén pide un valado na zona de xogos, bancos e un paseo./M.REJO.

Page 11: Xullo 2014 - Ourense por Barrios

11Ourense por BARRIOSXullo de �014

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 151-�00� / OU 1�5-�003 / OU 164-�004/ OU 155-�007. Redacción: r/ Bedoya 7 1º Of. 6 - 3�004 Ourense. Tel: 988 045 35� Correo-e: [email protected]. Distribúe: Visual. Imprime: Publicaciones Tameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Silvia Nieto, Raquel Sertaje, Pablo Feijoo

Nº143/133/119/8� - Ano: XII - Xullo de �014 - Difusión: 40.000 exemplares (Ed. Couto:11.000, Ed. Ponte Canedo: 10.000, Ed. San Francisco: 9.000 exemplares e Ed. Centro: 10.000 exemplares). Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 045 35�.

Concello Ourense 988 388 100Concello Barbadás 988 360 000Deputación 988 385 100Xunta de Galicia 01�Pazo de Xustiza 988 370 7�8 Policía Local 09� / 988 388 138P. Local Barbadás 988 ��1 050Policía Nacional 988 391 771Guardia Civil 988 �35 353Guardia C. Tráfico 988 222 881ITV 90� 309 000Bombeiros 080 / 988 370 000Incendios forestais 085Prot. Civil �4 h. 988 510 �54Prot. Civil Barbadás988 391 479Cruz Roja Ourense 988 ��� 484SOS Galicia 11�Urxencias e ambulancias 061Consultas sanitarias90� 400 116H. Sta. Mª Nai 988 385 499Hospital Cristal 988 385 500Atención Cidadán 988 39� 909Teletaxi 988 �1 00 11Taxis A Valenzá 988 �51 471Taxis Carrefour 988 �31 657RENFE 90� �40 �0�Estación autobuses 988 �16 0�7Correos 988 ��3 083 Fenosa 988 ��� ���Aquagest 988 �50 088Atención menor 900 �0� 010Asoc. Diabética Auria988 ��6 608AECC 988 �19 300C. C. Antisida 988 �33 000Alcer 988 ��9 615AFAOR 988 �19 �9�Alcoh. Anón. 646 645 119�4h. Alc. Anón. 988 �69 540Alcoh.An. �4h. 988 �� 76 �3 Asoc.Crohn 630 136 447Down Ourense 988 370 313Atención Muller Maltratada 016

4TELÉFONOS DE INTERESE

4AUTOBUSES: liñas e horarios dos urbanos de Ourense en www.urbanosdeourense.es e liñas e horarios dos buses a A Valenzá en www.anpian.com

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

ALUGUERAlúgase apartamento casco antigo, amoblado, todo exterior, Ourense, moi económico Tel. 637 00 59 10Alúganse 2 oficinas amobladas fronte ao Pazo de Xustiza. Tel. 637 00 59 10Alugo local económico acondi-cionado en Avda de Zamora e ofi-cina amoblada na avda da Sainza. Con certificados enerxéticos le-tras E e C respectivamente. Prezo a convir. Tel. 6�7 �03 131Alúgase praza de garaxe pecha-da na rúa Pena Trevinca, 40. Por 50 euros/mes. Tel 649 �55 033.Alúgase piso en Portonovo para todo o ano, con garaxe. Tel. 6�6 �97 504.Alugo apartamento en Sanxenxo 1 e � habitacións, aparcamento e barbacoa. A 15 minutos de praia Montalvo. Tel. 607 27 19 16.Alugo apartamento amobla-do, � habitacións, baño, garaxe pechado, próximo a Igrexa de Fátima. 370 euros + comunidade. Telf. 988 �� �1 79.Alugo piso amplo, 3 habitacións, cociña, � baños, salón, buhardilla, garaxe pechado e adega. Próximo á Igrexa de Fátima. 400 euros + comunidade. Tel. 988 �� �1 79.Alúgase praza de garaxe en Edi-ficio Malingre, avda de Portugal, 4. Tel. 679 446 301.

VENDASTRABALLOFanse reparacións en fogares e negocios, carpintería, persianas, mobles, etc. Tel. 656 78� 460.Clases a domicilio. A todas as etapas. Especialidade matemáti-cas xerais. Posúo certificado de formador e CAP. Ampla expe-riencia.Económico.Tel. 636 619 589. clasesadomicilio�[email protected]écese señora de mediana idade responsable e con experiencia para coidado de persoas maiores, nenos e tarefas do fogar. Posúo curso de axuda a domicilio. Para Ourense capital. Tel. 685 374 191.Ofrécese rapaza para traballo por horas: pasar o ferro, arranxos básicos de costura, limpeza de co-ciñas e fogar en xeral, organiza-ción de trasteiros.Chamar tardes 618 806 516.Ofrécese señora para traballar unha ou dúas horas, para coidar persoas, sacalas a pasear, facer recados e outros. Totalmente de confianza. Con informes. Tel. 606 4� �5 43.Matrimonio cubano católico, con preparación cultural e pro-fesional, busca emprego como coidadores de persoas maiores, acompañantes, xardinería, traba-llo doméstico e outros servizos. Coidamos de enfermos ou de persoas con discapacidade física, e realizamos traballo en residen-cias.Internos ou por horas, en calquera zona. Tel. 611 353 009.Ofrécese chica para traballo por horas: plancha, arranxos bá-sicos de costura, limpeza de coci-ñas e fogar en xeral, organización de trasteiros.Chamar tardes. Tel. 618 806 516.Desbrózanse fincas con tractor e a man. Prezo económico. Tel. 630 5�1 448.

véndese berce, silliña con plásti-co e bañeira. Todo por �00 euros. Tel. 696 18 11 73.vendo sensores de aparcamento con pantalla led que indica distan-cia e lado de colisión (varias cores) e regalo instalación en Ourense. En 3 horas telos instalados con acabado profesional garantizado por 40 euos. Unha das últimas me-didas de seguridade ao teu alcance. Móbil/Whatsapp 667 830 310. vendo apartamento en vigo, � habitacións, 1 baño con coci-ña americana, trasteiro e garaxe, praia America, bo prezo. Tel. 607 �7 19 16.Vendo 36 ventás corredeiras de aluminio branco con illamento cristal dobre Climalit. medidas: 5�cms de alto por 115cms de lar-go.Prezo 95€ unidade. Telf. 687 19 33 44vendo 2 portas de aluminio bran-co con cristal sen marco. Medidas: �35cms de alto por 78cms. A porta pódese adaptar facilmente ao facer o marco. Ten pechadura con cha-ve. 80 euros cada unha. Telf. 687 19 33 44vendo compresor de aire ABC VG-5-PC INDUSTRIAL 6CV-HP, Presión 8Kgs/cm� psi115, 750 Li-tros/minuto cfm �36,48 velocida-de 650 depósito 300 l. 1.000 euros Tel. 687 19 33 44.véndese sofá 3-2 e un enfriador de botellas e apeiros de labranza de madeira. Tel. 637 00 59 10véndense apéndices Durvan a 10 euros novos sen desprencitar. Tel. 988 60 70 75vendo casco de moto Coolmax, de segunda man e en bo estado, prezo a negociar. Tel. 988 �1 35 56 (chamar de 15 a 18 h.)vendo rodas de coche. 185/80/R14. Tel. 663 376 00�.véndese SEAT Ibiza TDI por 1.300 euros. Tel 609 8�� 076

Ocasión: vendo finca edifica-ble con proxecto, 1.000 m�, antes 13.900 euros, agora 8.980 euros. TEl. 606 4� �5 43.

[Deixe os seus anuncios no 988 045 35� ou en [email protected]. Gratuítos para particulares; negocios, consultar tarifas. Os anuncios mantéñense durante dous meses;

no caso de que queira repetilos despois dese prazo ou retiralos antes, volva chamarnos]

SERVIZOS / CLASIFICADOS

4ADÓPTANOS...

Recorda: é para sempre!

4CARTA AO DIRECTOR

Se queres denunciar algún tema de interese xeral, queres ser escoitado ou coñeces algunha inxustiza, envíanos a túa carta ao director (máximo 10 liñas) a info@

periodicobarrios.com, xunto co teu nome completo, DNI e teléfono

4FELICITACIÓNS CONTACTOS

Contacta con PROGAPE na estrada de Eiroás s/n - Vilar de Astrés -

Tlf: 988 21 29 39 - Facebook/Progape

Envíanos a túa felicitación con fotografía, nome, data e texto a [email protected] ou por correo ordinario a r/Bedoya, 7,

1º, of. 6 - 32004, Ourense

Ofrécese chico de compañía, de 34 anos, para mulleres de entre �0 e 55 anos. Tamén para despedidas de solteira. Prezo económico. Tel. 66� �81 31�.

Cachorros de cruce de pastor, machos e femias; son nove.

Macho e femia. Son ir-máns. Teñen catro meses. Serán medianos.

Macho de mes e medio. Moi xoguetón e cariñoso. Hai outro irmán igualiño.

Kira. Femia. Podenca de ano e medio. Moi inquieta. Acostumada a nenos.

COMPROCompro casa vella, palleira, ade-ga ou galpón, máximo a 10 kms de Ourense. Prezo máximo aprox. 3 500 euros. Tel. 636 3� 95 �4.Compro terreo, máximo 500-1000 m� preto de Ourense, máxi-mo 10 kms aprox. Non importa que teña edificación de calquera tipo. Prezo ata 3.500 euros. Tel. 636 3� 95 �4.

vendo casa para fin de semana con xardín, sen restaurar. 7.800

Page 12: Xullo 2014 - Ourense por Barrios

1� Ourense por BARRIOSXullo de �014

Ourense acolle unha reunión de autocaravanasRedacción

A Asociación Galega de Autocaravanas anun-ciou unha expedición de máis de 50 vehículos que visitará a cidade o 5 de agosto. O obxetivo é o de visitar a zona monumen-tal de Ourense e gozar da nosa gastronomía. Os integrantes da expedición manifestaron tamén a súa vontade por descubrir o percorrido termal ás bei-ras do río Miño.

CIDADE

P.L.

A Plataforma Pro Cam-pus Digno anuncia que levará á xustiza, tanto na vía contencioso-admi-nistrativa como na penal, o acontecido cos estudos de Física en Ourense, por se se tivera producido un delito de prevaricación administrativa. Tamén solicita a dimisión do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Váz-quez, “polo dano intencio-nado ocasionado”.

Esta foi a resposta da Plataforma ao informe desfavorable da Axencia para a Calidade do Siste-ma Universitario de Ga-licia (ACSUG) sobre a proposta de implantación do Grao en Enxeñaría Fí-sica no campus ourensán, que bota por terra as aspi-racións de que os estudos puideran impartirse o vin-deiro curso universitario.

Opinan desde a Plata-forma que Enxeñaría Fí-sica non se implanta en Ourense “porque era un proxecto que xerou resis-tencia en grupos que, pola

súa calidade, o viron como unha amenaza aos seus ‘feudos’”. Segundo o seu voceiro, o profesor de Físi-ca Claudio Cerdeiriña, “(a non implantación) é unha decisión política, se supera-mos esas obxeccións, apa-recerán outras novas”.

“Nova oportunidade”Ante o novo contexto que

se abre, o reitor da Univer-sidade de Vigo, Salustiano Mato, salientou que “se abre unha nova oportunida-de institucional que non se pode perder, unha oportuni-dade que nos pode permitir non só cumprir as expec-tativas que tiñamos para o Grao de Enxeñaría Física senón ser incluso máis am-biciosos”.

Á espera de que o anuncio feito polo reitor se concrete, o próximo curso iniciarase no campus ourensán con 18 profesores da área de Física impartindo apenas 40 horas de clase ao ano cada un.

O grao de Física chegará á xustiza4 Por un posible delito de pre-varicación administrativa.

P. L.

O Concello de Ourense dalle o prazo dun ano ao promotor Casas Ouren-se para que execute o proxecto de urbanización da área de reparto na que está encravada a residen-cia universitaria. Residen-cia que deixará de funcio-nar como tal “alomenos” durante eses 1� meses, tal e como confirmaba a concelleira de Urbanismo, Áurea Soto.

A Xunta de Goberno local aprobou o “peche

e precinto” da residencia universitaria e, ao mesmo tempo, o novo proxecto de urbanización da área de re-parto presentado polo pro-motor, desestimando a súa alegación na que solicitaba que a execución se realiza-se en catro anos e non en un. Se non cumpre o prazo, o Concello executará de oficio a urbanización.

Unha vez realizadas as obras, “tería que retrami-tarse a licenza de obra e de apertura”, o que pode-ría demorar aínda máis a reapertura da instalación

Catro edificios, pendentes da licenza do párking de Paseo-ConcordiaP.Lodeiro

Catro inmobles das rúas Santo Domingo (números 31 e 43), Paseo (8) e Con-cordia (�4) están afectados pola situación irregular do aparcadoiro de “Aparca-mientos Ourense”, situa-do entre as rúas Paseo e Concordia e cuxa licencia de apertura leva tramitán-dose desde 1981.

Segundo informou a edil de Urbanismo, Áurea Soto, aos propietarios, a resultas de toda a inves-tigación realizada tras retomar a tramitación da licenza do párking en xu-llo do ano pasado, “tive-mos coñecemento que hai licenzas (de ocupación) concendidas con entrada e saída por estes aparcadoi-ros”, concedidas entre os anos 1991 e �001.

Posibles responsabili-dades patrimoniais

Os propietarios pode-rían verse afectados po-los resultados dos dous expedientes que se están tramitando en relación ao aparcadoiro; o primeiro, de disciplina urbanística “que está pendente de re-solución e podería rematar co peche desta entrada por Paseo e saída por Concor-dia”, e o segundo, a licen-za de apertura do aparca-doiro, cuxa tramitación ten que finalizarse tamén en próximas datas. “Non sabemos, dada a sofisti-cación deste expediente, como serán os informes técnicos e xurídicos que sustenten ambas as reso-lucións, pero si que temos claro que de levar consigo o peche implicará unha vez máis responsabilida-des patrimoniais cuantio-sas e esperamos que poi-dan resolverse para xerar o mínimo trastorno aos propietarios” concluía a concelleira socialista.

Os vehículos pasarán a noite nos aledaños do Cam-po da Feira, logo do visto bo por parte da Concellería de Comercio -o elevado núme-ro de vehículos participan-tes obriga a emprazalos nun lugar con espazo e servizos axeitado-, e partirán ao me-diodía do 6 de agosto para continuar a viaxe pola nosa comunidade, nunha ruta de preto de mil quilómetros que rematará en Santiago de Compostela.

A Asociación Galega de Autocaravanas pretende con esta xira o intercam-bio de experiencias e co-ñecementos entre os seus socios.

P.L.

No Concello de Ouren-se non existe ningún ex-pediente relativo á con-cesión da cafetería do hotel Sanmartín, coñecida popularmente como “La Pajarera” e explotada na actualidade co nome de “La Central”.

A responsable de Urba-nismo, Áurea Soto, vén

de pór a disposición da comisión informativa que investiga a concesión da cafetería (a proposta dunha moción do BNG no pleno de xuño), toda a documen-tación existente en rela-ción a esta instalación. A cafetería obtivo licenza de reforma, pedida pola pro-piedade, “Promociones y Alojamientos Orensanos”, non pola empresa que a

explota actualidade, e da que é socia a muller do presidente da Deputación, María José Caldelas.

En canto ao resto da documentación deposi-tada, pouco máis que un convenio asinado entre o Concello e “Promociones y Alojamientos Orensa-nos” en �006 para urba-nizar o denominado “xar-dín xaponés”, e o propio proxecto de reordenación deste, asinado por Áurea Soto en 1997 cando tra-ballaba como arquitecta municipal. Non consta documentación anterior: “non existe expediente algún nin do 68 nin máis recente”, explicaba Soto.

Por esta falta de infor-mación sobre a concesión, a concelleira de Urbanis-mo considera que “sería moi convinte que o con-celleiro Aurelio Gómez Villar informase dado que el foi un dos que estaba formando parte do gober-no cando se asinou o con-venio do 96”.

Con todo, Soto entende que a documentación que existe “é dabondo para que os servizos xurídicos re-solvan sobre a concesión, sobre a súa data de finaliza-ción (estimada en �018) ”.

18 profesores de Física impartirán este curso apenas 40 horas de clase

A cafetería do Sanmartín carece de expediente4 A licenza de reforma foi con-cedida á empresa propietaria do hotel, que foi quen a solicitou.

A residencia universitaria estará pechada alomenos un ano4 O proxecto de urbanización, xa aprobado, debería executarse no prazo de 1� meses.

universitaria, aínda que Soto sinalou que “terían prioridade”.

Fachada da residencia.

Cafetería “La Central”, antes “La Pajarera”./M.REJO.

Page 13: Xullo 2014 - Ourense por Barrios

13Ourense por BARRIOSXullo de �014PUBLICIDADE

Page 14: Xullo 2014 - Ourense por Barrios

14 Ourense por BARRIOSXullo de �014

Neste tempo atenderon 580 persoas

SOCIEDADE

4GUÍA DE SAÚDE [anúnciese no 685 800 190 e [email protected]]

4VETERINARIA

A anaplasmose ou ehrli-chiose é unha enfermidade transmitida por garrapatas e producida por bacterias dos xéneros Ehrlichia spp e Anaplasma spp, que se presenta en forma intra-citoplasmática en grupos de organismos chamados mórulas. É unha enfer-midade de distribución mundial, onde se illaron diversas especies de am-bos os xéneros, sendo as máis frecuentes na nosa área de traballo a Ehrli-chia canis, Anaplasma platys e Anaplasma pha-gocytophilum.

Presentación clínicaA enfermidade produ-

cida tanto por A. platys como A. phagocytophilum é frecuentemente asinto-mática ou subclínica, sen observarse signos evi-dentes. No primeiro caso adoita provocar cadros de leve febre, trombocitope-nia, signos oculares, men-tres que as infeccións por A. phagocytofila caracterí-zase habitualmente por un cadro inespecífico asocia-do a poliartrite.

Doutra banda, E. canis é a que xeralmente causa unha enfermidade máis grave, ademais de ser a máis frecuentemente illa-da, e consta de tres fases: aguda, subclínica e cróni-ca.

Na fase aguda caracterí-zase pola presenza de vas-culite, comeza 1-3 sema-nas post-infección e dura entre � e 4 semanas, so-brevivindo a maioría dos cans inmunocompetentes. A esta séguelle unha fase subclínica, que pode durar varios anos e dá lugar á fase crónica. Nesta últi-ma é onde se producen as alteracións máis graves, e gran parte delas están re-lacionadas con reaccións inmunes fronte ao para-sito. Os principais signos clínicos son:

- Febre e signos inespe-cíficos como apatía, ano-rexia, letarxia, perda de peso...

- Evidencias de sangra-do, palidez de mucosas e aumento de tamaño de

fígado, bazo e ganglios lin-fáticos.

- Poliuria/polidipsia con presenza de proteinuria, poden observarse en casos nos que se instaurou unha enfermidade renal.

- Rixidez, intolerancia ao exercicio e articulacións in-flamadas e dolorosas reco-ñécense en cans con poliar-trite secundaria a infeccións por ehrlichia.

- Tamén poden observar-se alteracións oculares e respiratorias así como sig-nos neurolóxicos.

TratamentoEn cada caso particular

necesitaremos establecer unha correcta terapia de soporte así como controlar as posibles complicacións secundarias, ademais de establecer un correcto trata-mento para eliminar a bac-teriemia.

O tratamento de elección é a Doxiciclina. Tamén se demostrou a eficacia da Tetraciclina, Cloranfenicol, Enrofloxacina... O Dipro-pionato de Imidocarb ta-mén se empregou con certa eficacia no tratamento da ehrlichiose canina.

En certos casos pódense apreciar fenómenos inmu-nomediados de destrución de eritrocitos e/ou plaque-tas, polo que pode ser be-neficiosa a utilización de corticoides.

PrevenciónA prevención da Ehrli-

chiose baséase en manter os animais libres de garra-patas.

Miguel Gómez, veterinario hospital veterinario Abros

Enfermidades transmitidas por garrapatas: a anaplasmose

Na fase crónica é onde se producen as alteracións máis graves, gran parte relacionadas con reaccións inmunes fronte ao parasitoA prevención basease en manter os animais libres de garrapatas

Un instituto axudará a pacientes con hiperactividadeRedacción

A Fundación INGADA (Instituto Galego de Tras-torno de Déficit de Aten-ción e Hiperactividade e Trastornos Asociados) co-mezou a súa actividade en Ourense este mes.

O obxectivo desta insti-tución sen ánimo de lucro é prestar os seus servizos a pacientes, ás súas familias e a profesionais do ámbi-to sanitario ou da educa-ción. O TDAH (Trastorno de Déficit de Atención e Hiperactividade) é causa frecuente do fracaso es-colar e de dificultades nas relacións persoais, e na idade adulta, xera tamén problemas sociais e labo-rais. O catálogo de servi-zos ofertados inclúe, entre outros, información sobre diagnóstico e tratamen-to, programa de fárma-co-vixilancia, e grupo de apoio para proxenitores.

A sede do INGADA está no Policlínico Santa Cris-tina e a súa presentación oficial farase no mes de outubro nunha gala inau-gural de carácter lúdico.

Redacción

A Fundación JuanSoña-dor celebra esta mes o se-gundo aniversario dun dos seus proxectos sociais na cidade: o centro de aten-ción a persoas inmigran-tes (CAI) Teranga Ouren-se. O Programa Teranga funcionaba inicialmente nunha vivenda en Oira que era casa de acollida para persoas inmigrantes en situación de exclusión

social, pero máis tarde re-estruturouse no que é agora, un centro de atención a per-soas inmigrantes, cambian-do a súa localización á rúa Pena Trevinca.

A entidade social centra o seu traballo no desenvolve-mento de diferentes servi-zos: inserción sociolaboral, punto de encontro, volunta-riado, emancipación e sen-sibilización, dos que se le-van beneficiado nestes dous anos unhas 580 persoas.

O CAI Teranga cumpre dous anos4 Atende inmigrantes desde a súa sede na rúa Pena Trevinca.

Os inmigrantes seguen sufrindo as consecuencias socioeconómicas da crise, facéndoos aínda máis vul-nerables á hora de buscar ou manter un emprego e a renovación periódica da súa documentación, que lles dá dereito a seguir residindo e traballando en España. Se a todo iso engadimos as dificultades que xorden cando unha persoa carece dunha rede social ou familiar que sir-va de apoio neste empeño, a situación faise insusten-table, explican desde a Fundación JuanSoñador.

O equipo de educadores e voluntarios do Programa Teranga trata de dar res-posta a algunhas destas ne-cesidades, o que se reflicte nas insercións laborais que se seguen rexistrando mes a mes, no apoio persoal fa-vorecendo espazos de en-contro e formación, ou na posibilidade dunha acolli-da temporal, grazas á aper-tura dunha nova vivenda de emancipación. O CAI Teranga conta co apoio de Afundación - Obra Social Abanca.

Unha actividade no CAI Teranga Ourense./CEDIDA.

Page 15: Xullo 2014 - Ourense por Barrios

15Ourense por BARRIOSXullo de �014

Na actualidade estanse realizando traballos na Capela de San Xoán e nas cubertas

EN BREVE

Redacción

O conselleiro de Cultu-ra, Educación e Ordena-ción Universitaria, Xesús Vázquez volveu nova-mente a visitar a Catedral de San Martiño de Ouren-se, onde anunciou máis traballos de recuperación no templo ourensán.

Neste sentido explicou que a Consellería está xa a traballar na elaboración dun prego de condicións técnicas para a recupera-ción da portada medieval e limpeza da fachada nor-te, así como nas melloras para o acondicionamento do patio que se encontra entre a nave da catedral e o edificio de Coengos, así como das criptas que están por debaixo del. “Esta úl-tima actuación –dixo- per-mitirá recuperar a vista da fachada sur da Catedral, nestes momentos parcial-mente cuberta, co que se ennobrecerá a entrada ao Arquivo Catedralicio e ao edificio de Coengos”.

Estes traballos servirán, asemade, para recuperar un espazo que podería destinarse á ampliación do museo do templo, coa posibilidade de facer nel unha exposición de pezas pétreas ao aire libre.

Xesús Vázquez indicou,

O conselleiro de Cultura xunto ao bispo de Ourense diante da Catedral ourensá./RAMSÉS.

ademais, que se acaban de adxudicar a restauración da pintura do muro norte do nártex. “Estas tres no-vas actuacións – engadiu- supoñen un investimento de máis de 460.000 euros que se suma aos preto de 1,1 millóns de euros que destinamos ás obras xa rematadas ou que están en execución nesta Catedral de San Martiño, co que podemos dicir que en tan só catro anos o esforzo económico dedicado á súa conservación supera os 1,5 millóns de euros”.

Traballos actuaisDurante a súa visita o

conselleiro aproveitou para comprobar o avan-zado estado das obras de recuperación da Capela de San Xoán e interesouse polo inicio da segunda fase dos traballos de res-tauración das cubertas da Catedral, que arrincaron a finais do mes de xuño e que teñen un prazo de execución de seis meses.

Cultura amplía a rehabilitación da Catedral4 Recuperarase a portada me-dieval e acondicionarase a fa-chada norte e un patio.

4 Recollida de tapóns solidarios

Ismael é un neno ouren-sán de cinco anos que ne-cesita un tratamento coa hormona do crecemento durante 14 anos, para me-llorar a súa saúde e nivel de vida. Un tratamento que foi denegado pola Se-guridade Social polo seu elevado custo. Por este motivo a súa familia de-cidiu acudir a unha clínica privada e pide axuda dado o custo tan elevado e a súa situación económica.

Para colaborar coa fa-milia, pódense entregar tapóns no Bar Bentraces, situado en Bentraces, no municipio de Barbadás.

4 Xornada de busca de emprego

O Espazo Xove de Ourense (antiga Casa da Xuventude) organiza unha vez á semana unha xorna-da de busca de emprego a través de Internet. A cita para os mozos ourensáns en busca de traballo é to-dos os xoves na aula de informática en horario de 10 a 13 horas.

Os participantes apren-den a redactar o seu currí-culum vitae e unha carta de presentación, a crear unha conta de correo elec-trónico e a realizar unha busca activa a través de webs de emprego e redes sociais.

4 Renovación da Tarxeta Milenio para pensionistas

A nova normativa regu-ladora das Tarxetas Mile-nio para a terceira idade e pensionistas establece que só se expedirán es-tas tarxetas para viaxar gratuitamente no servizo de autobuses urbanos ás persoas cuxos ingresos sexan inferiores ao 150% do Indicador Público de Renta de Efectos Múlti-ples (IPREM).

Os interesados deberán recabar no Concello sen-llos certificados dos seus ingresos e de estaren em-padroados no municipio, antes de dirixirse ás ofici-nas de ABANCA, acom-pañando copia do DNI e fotografía, para solicitar a tarxeta.

O Concello promove actividades para cativos e embarazadas4 A través das concellerías de Educación e de Benestar Social.Redacción

A Concellería de Educa-ción promove este verán actividades para escolares en catro centros educativos da cidade -Curros Enríquez, Amadeo Barroso, O Couto e Prácticas-, na Escola de Artes Escénicas, na Aula de Natureza de Oira, nas bi-

bliotecas municipais e nos centros cívicos.

Trátase dunha proposta para o tempo de lecer que pretender proporcionar aos máis cativos alternativas lú-dicas para as sús vacacións, ao tempo que axudar ás fa-milias a conciliar a súa vida familiar e laboral durante estas datas.

Grupo de escolares que realizan actividades de verán no CEIP Curros Enríquez xunto á concelleira de Educación, Ana Garrido, e os seus monitores./P.LODEIRO.

Propostas para emba-razadas

Pola súa banda, a Conce-llería de Saúde e Benestar Social organiza en xullo e agosto cursos destinados a mulleres embarazadas, co obxectivo de sensibi-lizar sobre a importancia da educación para a saúde nas xestantes.

Ofértanse obradoiros ao aire libre de pilates e control de estrés, ioga, e actividades acuáticas, que se desenvolverán nos me-ses de xullo e agosto. O obxectivo principal des-tas propostas é mellorar a saúde física, psíquica e social das mulleres emba-razadas.

Redacción

A Ponte está de festa. Como cada xullo os pon-tinos celebran as súas fes-tas populares,na honra do Apóstolo Santiago. A partir do �4 de xullo actividades para toda a familia terán como escenario as rúas do barrio. A Sociedade Artís-tica A Troya encargouse, como é habitual, de prepa-rar o programa.

Deste xeito, o xoves �4 iniciaranse os festexos co concurso de karaoke que se celebrará no parque ao ca-rón do río Miño. E tamén, o �4 e �5 disputarase o tra-dicional torneo de fútbol sala.

Xa o propio día de San-tiago Apóstolo, dará come-zo a Festa da Cervexa Ar-

tesán (que se prolongará ata o 27), así como o Mercado de Artesanía (que tamén durará todos os días de fes-tas). Amais, un espectáculo radiofónico a cargo da emi-sora Radio Líder e os fogos artificiais ás 12 da noite completan o programa do día �5.

MúsicaPero como non podía ser

doutro xeito, as festas da Ponte sempre veñen carga-das de boa música.

Na noite do �6 ao �7 de xullo terá lugar a sexta edi-ción do festival PonteRock, no que a partir das ��.30 horas se darán cita artistas e grupos locais para dar a coñecer as súas creacións. Entre eles atópanse Mal-Agoiro, Malheira, Inibo e

AcidProyect. A cita é no parque xunto a ponte Ro-mana e a entrada será de balde.

Asemade, charangas e orquestas porán a nota musical todos os días de celebración para que a troula non pare nin un se-gundo. Está xa confirma-do o concerto da Banda Municipal de Ourense na xornada do �5 de xullo, á unha da tarde.

Os actos relixiosos e as atraccións e postos am-bulantes serán outros dos puntos de interese das fes-tas.

A Ponte en festas4 Do �4 ao �7 de xullo.

Haberá unha festa da cervexa e un mercado de artesanía

SOCIEDADE

Page 16: Xullo 2014 - Ourense por Barrios

16 Ourense por BARRIOSXullo de �014

4DIARIO DUNHA EMIGRANTE

It’s only rock and rollHai uns días volvín ver

sobre un escenario a Mick Jagger e os seus secua-ces. O monarca indiscuti-ble do rock é incapaz de decepcionar. Envolvido nese halo de autoconfian-za desbordante que che dá o coñecerte o amo do cotarro, outorgou a todos os presentes outra memo-ria desas que o tempo non logra borrar. Fíxoo en Roskilde, antiga capital de Dinamarca que hoxe en día acolle un museo de barcos viquingos, unha igrexa onde están ente-rrados todos os reis da-neses e o festival de rock máis multitudinario en terras nórdicas. Mesmo nun país onde se venera o moderno, onde o futuro é o mellor tempo que poida existir, os lendarios Sto-nes, que xa estivesen aquí nos 60, volveron impor o seu legado ao ritmo de acordes escoitados miles de veces, pero que seguen sendo contemporáneos. Time is on their side.

Fixérono arroupados por miles de fans incon-dicionais. Tamén había unha importante cifra de incrédulos que se ache-garon para ver se Mick a palmaba sobre o esce-nario e, en caso contra-rio, poder dicir que eles tamén viron aos Rolling Stones. Por suposto, ha-bía unha considerable manda de mozas cuxo único coñecemento do cuarteto británico vén da colección H&M de cami-setas “Rock your Butt” con linguas irreverentes que quedan tan ben con vaqueiros e axúdanche a conseguir ese look de re-belde sen causa que tanto se leva entre os hispters deste país. Que que son os hipsters? Si, home, esa tribo de gafotas rariños e empollóns con ansias de ser glamour e cool a base de rescatar do armario o estilo grunge e mesturalo cun aire hippy e intelec-tual descoidado, pero no que a dirección de cada pelo adoita estar estuda-da. Conseguilo é máis fácil do que parece. Iso si, se o fas en Dinamarca, ten en conta que, a pesar de que o obxectivo é pa-

“Tamén había unha importante cifra de incrédulos que se achegaron para ver se Mick a palmaba sobre o escenario e, en caso contrario, poder dicir que eles tamén viron os Rolling Stones”

ARTIGOS / OCIO E CULTURA

4AXENDAExposicións- Ata o 31 de xullo-

“Non queimes o futuro” - Parque Montealegre

- Ata o 15 de agosto - “Arquitecturas da alma” de Plácido L. Rodríguez - Centro Cultural M.V.

- Ata o 15 de agosto - “Espacio abisal” de Mª J. Pulido - Centro Cultural

- Ata o 31 de agosto - “Soños sobre lenzo” de Ángeles Jorreto - Museo Municipal

- Ata o �1 de setembro - “Caligramas” de Uxío Novoneyra - Local de Es-cua (praza da Estrela)

- Ata o 30 de setembro - “Aos olhos de Eduardo” - Museo Municipal

Espectáculos- 30 de xullo - Cantigas

que espantan - �� h - Pra-za San Marcial

- 31 de xullo - Maxia e clown: “Os sete magnífi-cos máis un” - �1 h - Par-que dos Patos da Valenzá

- 7 de agosto - Abraham Circo - �1 h - Parque dos Patos da Valenzá

- 14 de agosto - Kamb-ahiotta presenta “Koquet-te” - �1 h - Parque dos Patos da Valenzá

Música- �6 de xullo - Festival

Ponte Rock - ��:30 h- Par-que Ribeira de Canedo

- �8 de xullo - Jam Ses-sion Rock - �� h - Café Cultural Auriense

- �9 de xullo - Concerto de The Phantom Dragsters - 22 h - Praza San Marcial

- 30 de xullo - Doc Magoo’s - 23 h - Miudiño

- 1 de agosto - The Screamin’Fish - �� h - Café Cultural Auriense

- 5 de agosto - Concerto de Alberto Mbundi - 22 h - Praza San Marcial

- 6 de agosto - Mitocon-drias - 23 h - Miudiño

- 1� de agosto - Los amigos de los músicos - 22 h - Praza San Marcial

- 13 de agosto - Carmen Johns - 23 h - Miudiño

- 19 de agosto - Concer-to Eba Reiro y Esposa - �� h - Praza San Marcial

varios- 6 de agosto - Roteiro

Xeración Nós - �0:30 h - Praza de Ferro

+ en www.periodicobarrios.com

Se existe unha gran ex-posición que represente o espírito do Centenario esta é ‘On the Road’, pola súa grande relevancia in-ternacional e pola enorme calidade das obras que nela poden apreciarse.

Ata finais de novembro, Compostela é a sede da arte contemporánea mun-dial. Un total de 44 obras de 35 artistas internacio-nais divídense nos tres espazos que ocupa a mos-tra na cidade –o Pazo de Xelmírez, contiguo á cate-

dral; o cemiterio e a igre-xa de Bonaval- ademais das intervencións urbanas que impulsan ao visitante a percorrer o casco histó-rico de Santiago.

A mostra é unha ho-menaxe ao concepto de camiñar, que se quere re-presentar a través dunha brillantísima selección ar-tística que aglutina artistas que ofrecen a mirada máis actual sobre o fenómeno da peregrinación xacobea e sobre a figura de San Francisco de Asís.

Galicia celebra ata me-diados de �015 o VIII Centenario da Peregri-nación de San Francisco de Asís a Santiago. Con motivo de tal efeméride, a Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia, de-señou unha programación que complementa a oferta turística da comunidade e que potencia a internacio-nalización do destino, ao tempo que pon o acento no seu atributo máis singular: ser a meta do Camiño de Santiago.

Os viaxeiros que nos vindeiros meses elixan Ga-licia como destino dos seus días de vacacións terán ante sí unha oferta turísti-ca e cultural de primeiro nivel. Eventos expositivos, científicos, congresuais ou artísticos configuran unha programación exclusiva que está orientada a aden-trarse no coñecemento da figura de San Francisco de Asís, na pegada que este deixou na historia e na ci-vilización actual, así como na súa vinculación co Ca-miño de Santiago e a cul-tura xacobea.

Unha das iniciativas que se enmarcan nes-ta conmemoración é o ‘Menú Peregrino de Asís a Compostela’. Unha ac-ción colaborativa entre a rede de Paradores e oito restauradores galegos dis-tinguidos con Estrella Mi-

Instalación de Mario Merz na mostra “On the road” no pazo de Xelmírez de Santiago.

VIII CENTENARIO DA PEREGRINACIÓN A SANTIAGO

San Francisco de Asís, unha nova forma de adentrarse no fenómeno xacobeo

“On the road”, a mostra estrela

chelín que contribúen a po-ñer en valor os magníficos espazos de restauración dos Paradores e os enclaves nos que se ubican, pero tamén a excepcional oferta culinaria da comunidade galega.

Este Menú Peregrino poderase degustar en doce establecementos da rede de Paradores, cinco deles en Galicia, o Parador de Santo Estevo, o de Baiona, o de Cambados, o de Ribadeo e o de Santiago.

ExposiciónsPero ademais das inicia-

tivas relacionadas coa gas-tronomía e o enoturismo, Turismo de Galicia promo-ve para a celebración do oitavo centenario múltiples proxectos expositivos que transmiten dende diversas

ópticas a influencia do Santo de Asís no Camiño de Santiago e a vincula-ción entre a sensibilidade xacobea e a franciscana.

Unha das exposicións que nestes momentos se pode visitar na cidade compostelana é a mostra Peregrino e Novo Após-tolo. San Francisco no Camiño de Santiago. Este gran proxecto conta con obras de arte de primeiro nivel. Zurbarán, El Greco ou Salzillo son algúns dos artistas cuxas obras se po-den visitar no Colexio de Fonseca, enmarcadas no discurso expositivo que aglutina obras comprendi-das entre os séculos XII e XVIII e que forman parte do legado histórico e espi-ritual do Santo de Asís.

recer un perro flauta, tes que levar encima trapiños e complementos que poden custarche medio soldo do mes. O hipster non quita o elegante.

Ademais de poder gozar dos Stones por cuarta vez nesta vida de nómade sen norte, Roskilde foi para min a realización doutro soño de rockeira frustrada: estar tres días sen duchar-me, durmir nunha tenda de campaña situada no ester-coleiro do rock, infestar o meu sistema de comida lixo, café e cervexa, facer cola en baños cuxo chei-ro podería facer estalar en bramidos de cólera ao máis beato do Vaticano e pasarme case unha semana coa dor de riles máis doce da miña existencia. Todo, rodeada dun ambiente in-crible. Dubido que en UK as masas se contiveran por entrar nalgún tipo de mo-mento “vouche dar até no carné de identidade” . Os nórdicos, a pesar de ter un porte importante de ma-tóns, son moi pacíficos. O que me sorprende, sobre todo cando a omnipresen-te cervexa non deixa de correr, coma se fose o au-téntico maná dos deuses do Valhalla. Eles tranquilos, e elas baixándose os panta-lóns á vista de todo o mun-do para botar a meadiña onde as pillase. A igualda-de é o que ten.

E o verán tamén. Calor, auga, cervexa, espíritos li-viáns e risoños, Jack White, Kasabian, Stevie Wonder... E uns días que quedarán no recordo como o mellor da miña estancia en Dinamar-ca. It’s Only Rock?n Roll, But I Like It.

Raquel Sertaje

Page 17: Xullo 2014 - Ourense por Barrios

17Ourense por BARRIOSXullo de �014

4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN 4CRÓNICAS DOUTRO MUNDO

Cando escribes literatura, acabas por ter un problema, un só problema: que escri-bes literatura. E como es-cribes literatura, todo o que acontece na túa vida é ma-terial literario. E as conse-cuencias son nefastas. Si… Sobre todo para a túa vida, que se acaba convertendo nunha espléndida biografía para o futuro, pero fodida e tortuosa no presente real. Así, comezas a decatarte de que algo falla, ou ben a túa perspectiva das cousas está equivocada, ou é que sinxelamente vives a con-tracorrente. Premios impo-sibles, sucesos que parecen inventados pero condicio-nan a túa vida, manuscritos perdidos e historias que nunca chegan a lerse en pa-pel. Esta é a peripecia dun verdadeiro escritor. Esta é a peripecia dunha verdadeira escritora.

Bret Easton Ellis pode ser criticado por moitas cousas. Por excesivo, por procaz, por desmesurado e por hiperrealista, por unha linguaxe cinematográfica, logo non literaria, ou por unhas historias e uns perso-naxes que percorren os tex-tos case que como meros adxectivos do seu músculo creador, sinxelos artefactos dunha construción literaria.

Pero o que non se pode negar é a súa condición de escritor. De creador a con-tracorrente, contra todos, ata contra si mesmo. A súa voz narrativa funciona nos seus textos coma un deus ex machina que o come todo e que o abrangue todo, dende o real ata o irreal das súas historias. As novelas de Ellis son as novelas do escritor, e as súas ideas son

Imaxe das obras de construción da Universidade Laboral en 1975.

Lunar Park e o canon occidental

ARTIGOS / OCIO E CULTURA

A Universidade LaboralEn setembro de 1974 comezaban as obras da Universidade Laboral presupostadas en

�08 millóns de pesetas.O arquitecto madrileño Julio Cano Lasso e o seu colega José María Sanz Sanz deseñan un inmoble funcional en formigón armado de corte raciona-lista, que, segundo eles, imitaba a arquitectura popular galega polo emprego de grandes galerías acristaladas orientadas ao sur para permitir a entrada de luz.

A Universidade Laboral formulouse como resposta ás imperantes necesidades da nosa provincia no eido cultural e educativo.

A magna construción inaugúrase en outubro de 1975. Na obra traballaron uns 300 obreiros a quendas de día e noite. Un edificio singular.

Fernando valcárcel González, membro do Arquivo Visual Ourensán

4RECEITA

Ingredientes (4 persoas):- 1 litro de leite- 300 gr de azucre- 100 gr de arroz- 1 litro de nata- 15 xemas de ovo- 6 claras de ovo- Rama de canela- Cáscara de laranxa- Cáscara de limónElaboración:- Poñer a ferver o leite

Xeado de arroz con leite

co azucre, a canela, a la-ranxa e o limón.

- Unha vez ferva, engadir o arroz previamente lavado e deixar cocer a lume medio sen deixar de remexer, du-rante aproximadamente 45 minutos. E deixar enfriar.

- Montar as claras, a nata e as xemas.

- Triturar o arroz con leite e tamizalo; e engadir a nata coas claras e as xemas.

- Mesturar todo ben e in-troducir no conxelador re-movendo cada media hora durante 4 horas aproxima-damente.

- Sacar dúas bolas de xea-do e presentalas nun prato con canela espolvoreada, unhas follas de menta e algo de froita (fresas, fram-boesas...).

Luis Iglesias. Os Caracoles. 988 380 165

4FIRMA INVITADA

Estaba noviña, de estre-no vestida para a ocasión, arrecendía como un biscoito recén sacado do forno. Fa-chendosa nacida do amor e dos soños, ben querida, unha filla ben buscada, pa-saron os nove meses de es-pera, de anceios, de noites sen dormir, todos arredor do carballo esperando o feliz alumeamento.

Os pais, os avós, os tíos, os veciños están cheos de ledicia. É a nena de todos, e non é de ningué por si soa e segundo quere. Está prepa-rada para levar polo mundo as raíces dos seus, ela leva

Presentación da revista A Bugallao sangue dos ancestros nas veas, os costumes, a lingua e unha mensaxe de invitación permanente que fala de seu.

No “Marcos Valcárcel”, un marco de beleza e de cul-tura, para que non se sentira estraña, presentárona dun xeito case máxico, non po-día ser doutro.

Alí retiraron o veo e todos viron a sua cariña bonita. Era filla da loita dos seus, pero tamén era unha feiti-ceira que quería namorar, naceu dura, forte, da árbore de Galicia, do carballo que se ergue cara ao ceo.

Nas noites de luar dos

amores do vento ca curuxa, naceu “A Bugalla “. Ela é de Ourense, é dos gaiteiros, é dos afiadores, das termas e do barallete, é outra filla da Atenas galega.

A outras irmás deixá-ronas orfas, e a outras chegaron a afogalas para que calasen, sabedes que a algúns a cultura failles ronchas, pídovolo dende aquí, mimádea, querédea, porque é vosa, é A Buga-lla de Ourense para todos aqueles que amen a cultura de aquí e de alá.

Avelino Jácome

O secretario de Política Lingüística, Valentín García, a concelleira de Xuventude, María Devesa, e representantes da agrupación Queixumes dos Pinos durante a presentación da revista A Bugalla./RAMSÉS

os personaxes, transfigura-dos en nomes de persoas, en accións, en lugares, en cores, en todo o imaxinario imaxinado.

Por iso, era cuestión de tempo que pasase Lunar Park, que escribise unha his-toria na que axustase contas consigo mesmo, o culpable de todo. Nesta novela o per-sonaxe principal chámase como o escritor e todas as historias son inventadas, ra-zón pola cal todas son verda-de. Na literatura de verdade, a diferenza do que acontece demasiadas veces na litera-tura galega –chea de máis de profesores con moito tempo libre–, o que fan os creado-res é seguir o canon univer-sal, o instituído pola Poética de Aristóteles, e dotar de verosimilitude as historias imposibles que nos aconte-cen acotío. Noutras palabras, como dicía Pessoa, o poeta é un finxidor. Finxe tanto que chega a finxir que é dor a dor que realmente sente.

E nisto Ellis é un mestre. Xa o sospeitabamos con American Psycho, con Me-nos que cero ou con As leis da atracción. E é un mestre porque todos nós, lectores, ficamos engaiolados por ese discurso real feito ficción que nos vai levando polos camiños da literatura do es-critor nacido en Los Angeles ata que, de súpeto, non sabe-mos o que pode ser verdade e o que pode ser invención. Ese camiño do realismo alucinado foi o que princi-piou hai moito tempo o Don Quixote de Cervantes, ou moito tempo antes O asno de ouro de Apuleyo. Pero se o pensamos un segundo, tamén A esmorga de Blanco Amor e, por suposto, a Beat

Generationnorteamericana da que Ellis é un grande her-deiro: Burroughs, Kerouac, Ginsberg e, por moito que digan, tamén Bukowski.

E todo isto, a pesar de todo, tampouco importa. Como non importa que o personaxe Ellis ou o escritor Ellis sexa drogadicto, alco-hólico, bisexual, millonario e pai de familia sen familia ou con familia. Tanto ten, é a literatura, esa estraña enfermidade que fai que, malia que o máis racional sexa vivir, ti, como lector, te dediques a ler sen parar un libro ata o final, aínda que se faga noite, aínda que tardes en comer ou en chegar ao traballo.

Será por iso que eu empa-tizo con esta obra e co seu autor, porque conta historias tan incribles que só poden ser verdade. Como eu agora, que non son máis que un per-sonaxe dun escritor que con-ta historias doutros escritores e que, inexplicablemente, son absolutamente real. Ou inventado.

Que lle pregunten ao ami-go que me deixou este libro, Lunar Park. El saberá. Terá que saber.

Manuel Blancomanuel.blanco74@

hotmail.com

Page 18: Xullo 2014 - Ourense por Barrios

18 Ourense por BARRIOSXullo de �014

A medida que pasaban os minutos, diferentes artistas sumábanse a festa de Manu Chao, colaborando nos seus temas

Pablo Feijoo

A 19ª edición do festival Derrame Rock deixou dúas grandes xornadas de música, onde puidemos ver a unha gran cantidade de artistas de diferentes estilos musicais como rock, pop, punk, har-dcore ou o ska. Dous días de música sen pausa que foi agradecida polos fans dos artistas que se congregaron no recinto de Expourense.

Abriron o festival dous dos catro grupos ouren-sáns do cartel: Malheira e Above the Seas. Destem-plados, como gañadores do concurso de bandas, toca-ron tras eles. Os vigueses Aphonnic presentaron o seu novo traballo “Héroes”,

cun son contundente e com-pacto. Uzzhuaia, chegados dende Valencia tocaron parte do seu disco “Santos y Diablos”, e deron paso aos vitorianos Segismundo Toxicómano, que ofreceron unha hora de puro punk. El drogas, ex cantante de Ba-rricada, foi un dos artistas máis aclamados. O vetera-no cantante ofreceu un dos concertos máis extensos do festival, no que repasou toda a súa traxectoria.

Logo facían aparición Ba-ron Rojo, que demostraron que seguen en forma tras moitos anos.

Contra a unha da madru-gada chegaba o momento cu-mio da noite, coa actuación de Loquillo, seguramente o

artista máis agardado. Ofre-ceu un extenso repertorio de temas clásicos como “Feo, fuerte y formal” ou “El rom-peolas”, que fixeron levan-tar os aplausos e ovacións dos milleiros de persoas que nese momento se reunían no recinto do festival.

A lista de veteranos con-tinuaba ca actuación de Mi-guel Costas. O ex-membro fundador de Siniestro Total repasou os temas que el mesmo compuxo para a súa antiga banda e a actual.

Pechou a noite o ska de Betagarri.

Segunda xornadaO sábado non ía a ser me-

nos. Os locais AcidProyect e Prap’s foron os primeiros en actuar, demostrando que en Ourense hai calidade musical de sobra.

Os portugueses Backflip, cun repertorio de contun-dente metal e os arxentinos Attaque 77 despregando rock e entrañables baladas,

OCIO E CULTURA

daban paso a unha lenda como Marky Ramone. O exbaterista de Ramones in-terpretou temas propios e da súa antiga banda.

Rulo y la Contrabanda foi dos grupos triunfadores da noche, cun concerto que nos deixou a nota negativa, dun vándalo que abriu unha brecha a Rulo cun xeo, e o momento mais emotivo, cando sacou ao escenario a Iker, un pequeno cativo de catro anos que cantou “La cabecita loca” co artista.

La Pegatina fixeron vi-brar miles de persoas cos seus ritmos bailables e a súa fusión de estilos. Sen dúbida grandes triunfado-res do festival.

Celtas Cortos repasaron os máis de �0 anos de ca-rreira da banda e pecharon o festival grupos coma Ga-tillazo, banda de Evaristo, mítico cantante de La Polla Records ou os madrileños Habeas Corpus co seu po-tente hardcore.

Pablo Feijoo

A duodécima edición do festival Reperkusión, que se celebrou en Benposta os días 11, 1� e 13 de xullo, deixounos unha festa cultu-ral en maiúsculas, reunindo música, teatro, actividades circenses, que foron goza-das por miles de persoas chegadas de todo a xeogra-fía nacional.

O festival desenvolveuse en tres xornadas divididas en venres, sábado e do-mingo. Case 7� horas de música e cultura sen pausa. Na primeira xornada os pri-meiros asistentes recibiron a benvida con actividades gratuítas como as actua-cións da compañía teatral 8MM, a dos mozos do circo de Bemposta, baixo o nome de Troupe Sky, e a música de The Turre’s Band, que animaron a tarde cos seus alegres ritmos.

Os concertos de pago comezaron ás �3 horas coa actuación de Cuchufellos, un dos dous grupos da pro-vincia, que fixeron un repa-so de toda a súa traxectoria,

demostrando que queda moita música. O momento álxido do concerto chegou cando un dos músicos fixo subir á súa parella para pe-dirlle matrimonio, aceptan-do esta a proposición ante miles de persoas.

Tras o grupo de Manza-neda chegaba o prato forte da noite, coa actuación de Muchachito y sus Com-padres, composto por el mesmo, o guitarrista Diego Pozo, alias “El Ratón”, quen fora membro do grupo Los Delincuentes, e o pintor Santos de Veracruz. Ofre-ceron un concerto no que repasaron os tres discos de Muchachito Bombo Infier-no con éxitos como “Ojalá no te hubiera conocido nun-ca”, xunto a temas dos De-lincuentes, mentres Santos pintaba dous cadros simul-taneamente no escenario.

N.O.H.A actuaban en plena madrugada, chegados desde a República Checa cunha gran fusión de esti-los desde o rap até a música electrónica, interpretados por tres excelentes voces. Pecharon a noite o ska e a

rumba dos franco-galegos Kimbalá e a sesión dj de Funkombo.

A noite de Manu ChaoOs canarios Kuarembó

amenizaron a tarde do sába-do coa súa fusión de estilos musicais e Supergalácticos e Crassh puxeron o toque teatral mentres os mozos da Troupe Sky volvian delei-tarnos coas súas acrobacias.

O cantautor portugués Daniel Lança coa súa Bar-celona Street Orkestra abría os concertos de pago, cun-ha fusión de rumba e rock que animou o público. Se-guidamente os santiagueses Terbutalina presentaron o seu último disco “A matar”, nun frenético concerto sen pausa.

O mellor estaba por che-gar, pasada a medianoite Manu Chao La Ventura fixo gritar ao público só coa presenza dos membros do grupo. O concerto durou case tres horas, repasando toda a traxectoria de Manu e a súa antiga banda Mano Negra. Cancións que se converteron en himnos ao longo destes anos como “Mala Vida” ou “La Ca-rretera”, soaron con forza e ritmo na conglomerada

chaira. A medida que pasa-ban os minutos, diferentes artistas sumábanse á festa de Manu, colaborando nos seus temas; Daniel Lança volvía ao escenario para interpretar a súa canción “Vagabundo de las calles” e outras do propio Manu Chao. Os mozos de Kim-balá colaboraron engadindo instrumentos de vento ao concerto, aínda que a maior sorpresa foi a presenza de Fermín Muguruza sobre o escenario. O que fose líder de Kortatu ou Negu Go-rriak saíu a interpretar as súas cancións máis míticas como “Sarri sarri” ou “Gora Herria”, todas elas coreadas polo público. Como colofón da actuación, Ico, vocalista da banda local O Sonoro Maxín, interpretaba a dúo con Manu “Licor Café”, canción ben coñecida polo público ourensán.

Tras o apoteósico concer-to do artista franco-galego, os berlineses Dirty Honkers actuaban en último lugar, cun concerto divertido e singular a partes iguais. O seu electro-swing fusioná-base coa súa particular pos-ta en escea ataviados con mandos de videoconsolas que empregaron para facer

FESTIvAL REPERkUSIóN

Ourense réndese a Manu Chao

Loquillo e La Pegatina, triunfadores do Derrame Rock

efectos sonoros e estrañas vestimentas das que se fo-ron desprendendo ao longo do show.

Por último, o Dj Hadri H pechou a noite do sábado para os máis valentes.

Ambiente inmellorableO festival rematou o

domingo con actividades como as olimpíadas de ma-labares, as actuacións dos grupos Curioso Periplo, os

lucenses Colectivo Bomba, os ourensáns Os Bi-Chis e A banda de Andrelo, ou a retransmisión da final do Mundial de Fútbol, e nova-mente a sesión de Hadri Dj de peche.

Durante tres días, Ben-posta presentou un ambien-te inmellorable, con miles de persoas percorrendo as súas rúas sen máis finalida-de que pasalo ben e gozar da música.

Loquillo, durante o seu concerto no Derrame./RAMSÉS.

Manu Chao, na súa terceira actuación no Reperkusión./P.F.

Page 19: Xullo 2014 - Ourense por Barrios

19Ourense por BARRIOSXullo de �014

Sara Moreno. /ARQUIVO

Redacción

A Xunta de Galicia concedeu o pasado 11 de xullo en Cangas, o premio ao mérito deportivo a cin-co deportistas e entidades ourensás.

Estes premios, creados en �010, están concibidos para persoas e entidades do ámbito deportivo que contribúen á excelencia do deporte galego, polo seu talento e entusiasmo de cara ao mesmo.

A entidade ourensá pre-miada foi o Club Ourense Baloncesto. O COB cele-bra este ano o �5º aniver-sario do primeiro ascenso á liga ACB. Os outros pre-miados foron Fernando

Bouso, adestrador de CD Ourense no ano 68, cando se conseguiron 30 vito-rias noutros tantos encon-tros; José García Calvo ‘Willy’, por ser o precur-sor das andainas en Gali-cia; José Luis Gómez Lla-mas, impulsor de moitas disciplinas deportivas na nosa provincia; e, a título póstumo, Josefina Salga-do, 1� veces campioa de España de atletismo.

R. Torres

Lucía Nespereira e Sara Moreno regresan a Ourense. A ourensá xogará no Cida-de As Burgas e a andaluza voltará ao Ponte Ourense.

Nespereira procede do Viaxes Amarelle -onde mantivo a categoría- e vén

Lucía Nespereira e Sara Moreno regresan a Ourense4 A ourensá xogará no Cidade As Burgas e a andaluza voltará ao Ponte Ourense.

de ser convocada coa se-lección española. Antes do Amarelle militou no Bure-la Pescados Rubén, onde acadou o título de Liga e de Copa baixo as ordes de Ja-vier Pardeiro. Este feito non pasou desapercibido para os técnicos da Federación Española de Fútbol, e desde fai un ano lévana chamado a todas as convocatorias da selección.

Lucía tívoo claro desde o principio, e a pesar de que varios equipos ían tras ela, non o dubidou e firmou pola elástica franxiverde. Como a propia peche dixo: “da Coruña a Ourense pódese vir por nacional ou pola au-tovía; Codeso (adestrador do Cidade) fixo que viñera pola autovía”, explicaba a internacional ourensá.

Ponte OurensePola súa banda, o Pon-

te Ourense reincorpora a Sara Moreno no que será a súa segunda etapa no club albinegro. Ademais, subi-rán do filial ao primeiro equipo Verónica Touza e Paloma González. Causa-rán baixa para esta tempa-da Drica e Souza.

Lucía Nespereira./RAMSÉS

Cinco ourensáns condecorados co mérito deportivo4 Catro persoas e unha entida-de son os galardoados.

“Willy”./RAMSÉS

Participación ourensá no nacional de nataciónRedacción

Celebrouse nas piscinas Picornell de Barcelona o Campionato de España de natación open absoluto e júnior.

Por parte ourensá oito nadadores acudiron á cita. O máis destacado da re-presentación do Club Na-tación Pabellón Ourense foi a sétima posición de Laura Pimentel en 1.500 libres, 10ª en 800 libres e 11ª en 400 libres; Marc Ciurana foi oitavo en 800 libres, 10º en �00 braza e 11º en 400 estilos.

En júniors, Miguel Pi-mentel foi sétimo en 400 libres e 13º en 1.500 li-bres; Andrea Bello, cuarta en �00 bolboreta e novena en 100 bolboreta; Paula Blanco, 10ª en 200 costas; Mara Vélez, 15ª en 800 li-bres e Uxía Gómez, 18ª en �00 costas.

DEPORTES

Page 20: Xullo 2014 - Ourense por Barrios

�0 Ourense por BARRIOSXullo de �014

DEPORTES

Paredes e Ocampo, líderes do circuíto4 No ecuador do “Correndo por Ourense”.R. Torres

Paredes e Ocampo con-tinúan líderes do “Corren-do por Ourense”, no ecua-dor do circuíto.

As rúas do centro de Ourense acolleron a ter-ceira proba do circuíto “Correndo por Ourense”,

a carreira do Corpus. Preto de medio milleiro de atletas participaron nesta proba que regresou ás súas orixes, onde as rúas do Progreso e do Paseo foron as protago-nistas.

En categoría absoluta tan-to Javier Paredes (Sociedad Gimnástica de Pontevedra)

coma Ana María Ocampo (Ourenrunning) foron os vencedores, ampliando a súa vantaxe cos seus per-seguidores na clasificación xeral do circuíto.

Paredes chegou diante de Óscar Ramos, segundo, e Luis Raña, terceiro. En ca-tegoría feminina Ana María Ocampo rematou en pri-meira posición seguida de María Ferreiro e Ana María López.

Descanso ata setembroO circuíto toma un res-

piro ata o 7 de setembro, cando se correrá a carreira da Ponte.

R. Torres

O V Trofeo Barrios Deportivo -o torneo dos campións- saldouse coa vitoria do Hermanos Ca-rral ao gañar a Eurosport /Karlaska por tres goles a un. Na final feminina, o Cidade Ourense venceu ao Castrelo de Miño por 5-0.

Hermanos Carral e Eurosport chegaron á fi-nal logo de desfacerse en semifinais de Cidade As Burgas e Gestamp respec-tivamente. A final, que en todo momento estivo moi nivelada, comezou co gol do Eurosport o que supo-ñía o 1-0 co que se rema-taría a primeira metade.

Na continuación, o conxunto do Carballi-ño subiu un pouco máis a liña de presión e coa súa velocidade lograba empatar o encontro. O

Hermanos Carral faise co Trofeo Barrios Deportivo 4 En categoría feminina o vencedor foi o Cida-de de Ourense.

conxunto da capital non se daba quitado a presión dos Hermanos Carral e estaba a sufrir en exceso. Froito da constancia o Carral anotaba o segundo gol para adian-tarse no marcador. A falta de 15 minutos para o final do encontro, unha falta di-recta coábase na portaría do Eurosport. 3-1, resultado co que se finalizaría o encon-tro e o Hermanos Carral al-zábase co V Trofeo Barrios Deportivo.

Deste xeito, o Eurosport / Karlaska rompe unha racha de tres anos consecutivos vencendo este torneo.

Cidade de OurenseEste ano celebrouse unha

final feminina entre o Cida-de de Ourense e o Castrelo de Miño. Os dous equipos de Provincial fixeron un vistoso encontro no que o claro vencedor foi o Cidade de Ourense ao gañar por un claro cinco a cero.

Lance da final entre o Eurosport e o Hnos. Carral. /R.T.

Momento chave para o Club Ourense Baloncesto4 Agarda a resolución da Federación para saber se participa a próxima tempada en LEB Ouro.R. Torres

Momento chave para o Club Ourense Balonces-to que agarda a resolución da Federación Española de Baloncesto para saber se participa a próxima tempa-da na LEB Ouro.

Despois de non presentar o aval en tempo e forma, o COB, logo dunha morato-ria, conseguiu xuntar o aval e depositalo na FEB.

O problema chega cando 13 equipos xa entregaron o aval e xa teñen praza fixa a vindeira tempada. Que-

A directiva do COB no Paco Paz. /RAMSÉS

da unha das 14 que tiña previsto a Federación que estivera composta a Liga e dous equipos loitando por ela: COB e Coruña. Os dous entregaron os avais, e Coruña ten prioridade so-bre Ourense por quedar en mellor posición na pasada competición.

16 equiposAlbíscase un atisbo de

esperanza se finalmente a Federación amplía a 15 os equipos que participen na vindeira Ouro (con Coru-ña e COB), ou mesmo a 16

(Bilbao Basket xa se inte-resou pola posiblidade de participar). Unha opción interesante (a dos 16 equi-pos) e que todos verían con bos ollos. Con 16 equipos sería unha Liga máis com-petitiva e máis longa que con 14, o que suporía máis semanas de baloncesto en cidades coma Ourense.

Toca que a FEB deci-da, unha Federación que é partidaria de 14 equipos (o contrario que os clubs), o que faría que o COB que-dara fóra da Adecco Ouro. A decisión, nestes días.

UD Ourense Os membros da plataforma SOS Ourense deixarán paso para que a Unión Deportiva

Ourense comece a dar os seus primeiros pasos. Para iso xa está inscrita na Xunta de Galicia e na Federación Galega de Fútbol para poder saír a competir este ano. O máis probable é que o fagan na Terceira Rexional. Esta semana reuniranse para votar unha serie de aspectos coma a nova equipación e a formación dunha directiva, entre outros.

Page 21: Xullo 2014 - Ourense por Barrios

�1Ourense por BARRIOSXullo de �014

PUBLICIDADE

Page 22: Xullo 2014 - Ourense por Barrios

�� Ourense por BARRIOSXullo de �014 PUBLICIDADE

Page 23: Xullo 2014 - Ourense por Barrios

�3Ourense por BARRIOSXullo de �014

PUBLICIDADE

Page 24: Xullo 2014 - Ourense por Barrios

Ourense por BARRIOSXullo de �014

Page 25: Xullo 2014 - Ourense por Barrios

Número: 133 - Ano: XIII - Xullo 2014 - Depósito Legal: OU 125-2003 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de agosto. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

O Nadal xa está aquí

[páx. 15 e páx. 39-42]

BARRIOS Páx.9TEMA DO MES Páx.3 ENTREvISTA Páx.4-5TEMA DO MES Páx.2 OCIO Páx.15

Os Orzamentos 2014 apróbanse en Xunta de Goberno local

A Deputación elabora un plan para o polígono das Coiñás

Entrevista ao subdelegado do Goberno en Ourense

Unha sentenza anula 41 contratacións no Concello de Ourense

[páx. 8]

Aínda que cun lixeiro retraso na execución dos traballos, o grupo de goberno compromete a súa apertura para finais de verán./P.LODEIRO

O parque de Santa Teresita toma forma

Entrevista a Olga Giráldez, presidenta da

Asociación de veciños da Ponte [Páx.6]

Do 24 ao 27 de xullo, A Ponte celebra as festas de Santiago

Page 26: Xullo 2014 - Ourense por Barrios

Ourense por BARRIOSXullo de �014

Page 27: Xullo 2014 - Ourense por Barrios

Número: 119- Ano: XIII - Xullo 2014 - Depósito Legal: OU 164-2004 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de agosto. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

SOCIEDADE Páx.14 DEPORTES Páx.20TEMA DO MES Páx.2 OCIO Páx.18TEMA DO MES Páx.3

Os Orzamentos 2014 apróbanse en Xunta de Goberno local

Hermanos Carral gaña o v Trofeo Barrios Deportivo

O CAI Teranga, con sede en Pena Trevinca, cumpre dous anos

Reperkusión: Ourense réndese a Manu Chao

Unha sentenza anula 41 contratacións no Concello de Ourense

O proxecto de urbanización aprobado inicialmente será sometido agora a información pública polo prazo de 20 días./M. REJO.

Aprobada a urbanización da Finca Mariñamansa [páx.10]

[páx. 4-5]

Entrevista ao subdelegado do

Goberno en Ourense, Roberto Castro

Page 28: Xullo 2014 - Ourense por Barrios

Ourense por BARRIOSXullo de �014

Page 29: Xullo 2014 - Ourense por Barrios

Número: 82- Ano: XIII - Xullo 2014 - Depósito Legal: OU 155-2007 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de agosto. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

TEMA DO MES Páx.2 OCIO Páx.18 DEPORTES Páx.20TEMA DO MES Páx.3 CIDADE Páx.12

Paredes e Ocampo vencen na carreira popular do Corpus

Festival Reperkusión: Ourense réndese a Manu Chao

Unha sentenza anula 41 contratacións no Concello de Ourense

O grao de Física chegará á xustiza por presunta prevaricación

Os Orzamentos 2014 apróbanse en Xunta de Goberno local

Na actualidade hai traballos na Capela de San Xoán e nas cubertas. Vaise recuperar a portada medieval e acondicionar a fachada norte e un patio./M.R.

Cultura amplía a rehabilitación da Catedral [páx. 15]

[Páx. 4-5]

Entrevista ao subdelegado do

Goberno en Ourense, Roberto Castro

Page 30: Xullo 2014 - Ourense por Barrios