24
VERÍN Páx.6 ALLARIZ Páx.12 XINZO Páx.11 Número: 3 - Ano: IX - Xullo 2014 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de agost o. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 OCIO Páx.21-23 CELANOVA Páx.14 Festas do verán: Santa Mariña, Batu- cada, San Roque... A Plataforma en Defensa do Partido Xudicial de Xinzo reuniu na capital limiá preto dun milleiro de persoas o pasado día 10. Comezan a comercializarse “Xabóns d’Allariz” Un tren turístico visitará este verán a D.O. Monterrei Un curso repasa pasado, presente e futuro do audiovisual Entrevista ao director da Escola de Gaitas, Fernando Dopico Entrevista ao subdelegado do Goberno, Roberto Castro [páx. 2-3] A Limia defende o seu xulgado [páx. 10]

16 de xullo - Barrios

Embed Size (px)

DESCRIPTION

No número de xullo de Barrios (ed. Xinzo-Verín-Allariz-Celanova) levamos á portada a manifestación en Xinzo contra a supresión do seu partido xudicial e a entrevista co subdelegado do Goberno, Roberto Castro

Citation preview

Page 1: 16 de xullo - Barrios

VERÍN Páx.6 ALLARIZ Páx.12XINZO Páx.11

Número: 3 - Ano: IX - Xullo 2014 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de agost o. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

OCIO Páx.21-23CELANOVA Páx.14

Festas do verán: Santa Mariña, Batu-cada, San Roque...

A Plataforma en Defensa do Partido Xudicial de Xinzo reuniu na capital limiá preto dun milleiro de persoas o pasado día 10.

Comezan a comercializarse “Xabóns d’Allariz”

Un tren turístico visitará este verán a D.O. Monterrei

Un curso repasa pasado, presente e futuro do audiovisual

Entrevista ao director da Escola de Gaitas, Fernando Dopico

Entrevista ao subdelegado do

Goberno, Roberto Castro [páx. 2-3]

A Limia defende o seu xulgado

[páx. 10]

Page 2: 16 de xullo - Barrios

� BARRIOSXullo de �014

TEMA DO MES

“Un conductor de ambulancia, un xefe de bombeiros, o servizo de limpeza… parece que é normal que esas actividades sexan prioritarias e básicas. Distinto é que algún concello pretenda certos contratos para tratar de colocar persoas”

Paula Lodeiro

Roberto García Castro (Vilavella, A Mezquita, 1955), doutor en Ciencias da Educación, licencia-do en Filosofía e Letras e diplomado en Ciencias Humanas, ten unha longa traxectoria en política. Tras ser parlamentario autonó-mico durante dúas décadas, exercía como director xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias cando foi chamado, en febreiro de �01�, para asumir o cargo de subdelegado do Gober-no en Ourense.

Moitos cidadáns pre-gúntanse cales son as competencias e tarefas dun subdelegado do Go-berno.

Roberto Castro: “En primeiro lugar o labor é representar ao Estado e ao Goberno do Estado na provincia respectiva, iso a efectos de representación e protocolo.

Aínda que hai moitas competencias transferidas, quedan moitas cousas que dependen do Estado: por exemplo, a seguridade ci-dadá, a Policía, a Garda Civil, a Tesourería Xeral da Seguridade Social, a

inspección de traballo, a Muface, o tráfico na pro-vincia, non só a efectos de sancións senón tamén coa normativa, estranxeiría, as

concesións das armas de caza, armas cortas, os ex-plosivos… unha serie de competencias que teñen que ser xestionadas desde a

Subdelegación do Goberno; aínda que parece sencilliño non o é tanto”

Como é un día de tra-ballo do subdelegado do

Goberno?R.C.: “Un día normal

depende da axenda pero en xeral pasa pola firma de to-dos os documentos penden-

tes que as distintas unidades teñen elaborado, pasa pola atención aos asuntos inter-nos da casa, pasa por actos de representación”.

Un dos seus labores é o de presidir as xuntas locais de seguridade; é Ourense unha provincia tranquila, segura?

R.C.: “Teño que dicir que si. Se temos en conta as estatísticas, friamente tomadas é unha provincia segura. Se España está nun índice de criminalidade do 49 por mil, Galicia está entre o �7 e o �8 por mil e Ourense está ao redor do �3 por mil, nese aspecto temos unha media baixa de delin-cuencia. Eu sempre digo o mesmo: aínda que estatisti-camente os números sexan razoablemente asumibles a min preocúpame os que pa-decen un problema: aquel que lle entran na casa ou nunha nave e lle rouban materiais ou ferramentas, aquel que lle rouban un te-léfono, á señora que lle tiran un bolso, aquel comercio que lle entran e lle levan a recadación. Ás persoas que sufren un problema deses non lles falemos de esta-tística. Nese sentido nunca estou satisfeito a pesar de que os números nos din que é unha provincia segura e tranquila”.

Algunha zona da pro-vincia que preocupe es-pecialmente en canto á seguridade, na que sería necesario un reforzo?

R.C.: “Sempre que hai máis poboación hai algunha dificultade maior, hai máis aglomeracións, é máis difí-cil o control. Pero ten tanto

Roberto Castro, no seu despacho da Subdelegación do Goberno en Ourense./RAMSÉS.

ENtREVIStA AO SUBDELEGADO DO GOBERNO EN OURENSE, ROBERtO CAStRO:

“Actuamos sen mirar a cor, mirando obxectivamente que se cumpran as normas”4Roberto Castro destaca a importancia dos valores da proximidade, a honestidade e a sensibilidade nos políticos.

Page 3: 16 de xullo - Barrios

BARRIOSXullo de �014

3TEMA DO MES

dereito a sentirse preocupa-do e atendido calquera per-soa que vive no medio rural como calquera persoa que vive en Xoan XXIII ou no Paseo”.

E na raia, Verín, a Li-mia?

R.C.: “Na zona da raia hoxe non existen fronteiras, hai unha boa coordinación e colaboración entre as po-licías de España e Portugal, manteñen reunións periódi-cas para intercambiarse in-formación porque hai xente que pode estar cruzando e utiliza algún refuxio para pasar un pouquiño máis desaparcibido.

Houbo unha época de máis roubos de gando pero afortunadamente iso pasou; non quere dicir que non poida volver pero as forzas de seguridade teñen extre-madas as precaucións e a alerta”.

A supervisión dos con-tratos dos Concellos para axustalos ás novas norma-tivas do Goberno central é unha das súas últimas competencias, dalle moi-tos problemas?

R.C.: “Non, non nos dá ningún problema, é unha obriga e polo tanto o que é obrigatorio hai que asumilo como tal. Nós actuamos de oficio, revisando os acordos municipais, e valoramos en relación á normativa actual, que pode gustarnos ou non, pero mentres exista unha lei hai que cumplila.

Hai unha normativa res-tritiva respecto do gasto pú-blico, do endebedamento, e entón os concellos teñen que argumentar moi ben as contratas, e evidentemente

hai distintos tipos de con-trato. Poño un exemplo, un conductor de ambulancia por baixa ou xubilación, non sería xusto nin lóxico que non se substituira, un xefe de bombeiros, o ser-vizo de limpeza… parece que é normal que esas ac-tividades sexan prioritarias e básicas. Distinto é que algún concello pretenda certos contratos para tratar de colocar persoas ou para tratar de dar unha imaxe de que estamos cumplindo determinados traballos que se poden cumplir doutra maneira.

A normativa diferencia moi ben o que é obrigatorio do que non o é tanto, e neste sentido actuamos de oficio ou a instancia de parte, por unha denuncia. Con todos os concellos igual, sen mi-rarlle a cor, hai concellos que teñen dificultades do PP, e eu formo parte do PP, hai concellos do Partido Socialista, outros do PP, do PSOE, do BNG, non teñen problemas… Actuamos sen mirar a cor, que é como debe actuarse desde a ins-titución, mirando obxecti-vamente que se cumpran as normas.

Cando vemos que hai un contrato requerímoslle ao concello que fundamente a súa contratación, se o re-querimento é negativo por-que non contestan ou non fundamentan ben a cuestión entón a Avogacía do Estado fai un informe e remítese á Delegación do Goberno na Coruña e en base a infor-mes previos acorda levalo ao Contencioso-Adminis-trativo ou non levalo, e o

Contencioso toma unha de-cisión xudicial, e aí xa non entramos.

Nós, insisto moito, nisto somos obxectivos e inde-pendentes e non miramos cores nunca, porque se o miráramos seríamos un árbitro parcial e non esta-ríamos cumprindo a nosa obriga”.

tocoulle un momento difícil para representar o Goberno central na pro-vincia neste momento de crise, polas políticas de recortes?

R.C.: “Certo; cando en-tramos estábamos en plena crise, e o Goberno do Esta-do encontrouse cunha serie de situacións non previstas nin esperadas, sospeitá-bamos que a situación era complicada, que a herdan-za recibida era difícil pero non nos imaxinábamos que houbera tantas facturas sen pagar, tantas xestións pen-dentes de facer. O Goberno do Estado atopouse unha situación complicada, dun déficit tremendo e tivo que afrontar esa situación e to-mar medidas de axuste di-fíciles.

Para o político é máis có-modo dar que esixir e facer cumplir e poñer normas que autodisciplinen a nosa vida, pero o Goberno tivo que facer iso para aforrar e poder pagar o que estaba debéndose e agora están empezando a darse os froi-tos. Os cidadáns pasámolo moi mal pero agora empeza a haber un certo repunte, e a partir do ano 15 e 16, os axustes van ser ao revés, os cidadáns van ter un pouco máis de alivio, a efectos de

impostos, de declaración de renda.

Eran medidas necesarias pero no momento que se to-maron a rúa sempre respos-ta, e sobre todo os lexítimos representantes e necesarios que son os sindicatos, que tratan de defender as súas posicións, e aquí na cidade, en Verín e no Barco, houbo e hai aínda manifestacións, concentracións, dúas folgas xerais... Tivemos moitas manifestacións, nalgúns destes anos pasados houbo 400. Tamén tivemos o tema das preferentes, desafiu-zamentos, aquí ao mellor non tanto... e claro, o repre-sentante do Estado na pro-vincia é a cara visible dese Goberno.

A pesar diso eu quero dicir que houbo moito respecto, os sindicatos manifestáron-se de maneira moi pacífica e moi cívica. Tamén é certo que a Policía e a Garda Ci-vil actuaron con respecto e cumprindo o seu deber pero sen interferir. No cómputo global pesa máis o positivo que o negativo, Ourense de-mostrou convivencia e res-pecto mutuo”.

Onde se ve a medio pra-zo, de volta á política máis activa ou á súa carreira profesional no mundo educativo?

R.C.: “Véxome xa xubi-lado e na casa porque un ten a súa idade xa, estamos nos 59. Na miña traxectoria ti-ven a fortuna de representar a Ourense no Parlamento de Galicia �0 anos, tiven a confianza do presidente da Xunta que me tivo tres anos na dirección xeral de Rela-cións Institucionais e Parla-

mentarias e agora teño esta responsabilidade pero non teño máis aspiracións, nin para arriba nin para abaixo.

O máis importante foi ter esas oportunidades, ha-belas aproveitado, facelo o mellor posible, con toda a honradez e a honestidade, e sobre todo desde a proximi-dade; creo que os políticos temos que facer esforzos de ser próximos, de ser un máis entre os cidadáns, non sentirnos como algo espe-cial porque non o somos. Eu procuro ser normal,

unha persoa que anda pola rúa, que saúda, que escoita, que vive a diario os pro-blemas da xente porque un non pode ser insensible, un político representa á cida-danía, forma parte da cida-danía, somos un máis. Ás veces pode ocurrir que dea a sensación de que algúns políticos ao mellor non es-tán tan próximos, en todo caso é un erro. O político ten que ser próximo, sensi-ble, facer cumplir a lei, si, pero poñerlle unha brizna de sensibilidade.”

O subdelegado do Goberno, ante un retrato do anterior Rei./RAMSÉS.

“Agora teño esta responsabilidade pero non teño máis aspiracións, nin para arriba nin para abaixo”

Page 4: 16 de xullo - Barrios

4 BARRIOSXullo de �014

VERÍN E COMARCA

Redacción

A Consellería do Medio Rural e do Mar destina o 5�,9% do seu orzamento,

é dicir, 307,9 millóns de euros, a dinamizar a econo-mía do medio rural. Así o sinalou a conselleira Rosa Quintana durante unha visi-

ta ao Concello de Riós, onde mantivo unha xuntanza co alcalde, Francisco Arman-do Veiga, cos produtores de leite, mel, carne e con repre-

sentantes do sector da casta-ña da zona. Esta visita forma parte dun achegamento cos sectores produtivos para analizar os problemas do rural e buscar entre todos as mellores solucións, xa que, dixo a conselleira, “a mellor forma de acertar é escoitar ao sector”.

Durante o encontro, Quin-tana sinalou que a segunda gran función das contas da Consellería do Medio Ru-ral e do Mar é a destinada á actuacións e valorización no medio rural, contía que me-dra nun 7,6%. Neste senti-do, incidiu que é de vital importancia a incorporación de mozos ás actividades agrarias, pois, sinalou, o im-pulso debe chegar das novas xeracións. Por iso no �014 a partida dedicada a esta fi-nalidade ascende a 1�,7 mi-llóns de euros, un 45% máis que en �013.

Ademais, Rosa Quintana lembrou que a aposta pola modernización e diversifi-cación do tecido produtivo rural contou no presente orzamento con 79,7 millóns de euros e a implantación

de sistemas produtivos agrarios sustentables, 8,6 millóns de euros. Por outra banda, a partida de axudas para a industrialización e comercialización de pro-dutos agroalimentarios é de 19,7 millóns de euros.

CastiñeirosNo eido forestal, salien-

tou o esforzo da Conselle-ría destinado a reforestar e evitar o decaemento produ-tivo do monte, unha tarefa á que destina 10 millóns de euros. No caso de Riós destacou o seu potencial na plantación de castiñeiros.

A conselleira explicou que houbo xente da zona que non se puido benefi-ciar destas axudas porque a superficie que se esixía non se axustaba ao terri-torio desta zona. Tras ser conscientes desta situación esta esixencia modificouse, subliñou Quintana.

Rosa Quintana analiza en Riós os problemas do rural4 Mantivo un encontro con produtores de leite, mel, carne e do sector da castaña.

A conselleira de Medio Rural acompañada do presidente da Deputación e do alclade de Riós./RAMSÉS.

Medio Rural dedica 10 millóns a axudas para reforestacións

O Campamento do Invernadeiro será do 25 ao 30 de agostoRedacción

A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín xa co-mezou a tramitar as soli-citudes de inscrición para participar nunha nova edi-ción do Campamento do Invernadeiro, que se cele-brará do �5 ao 30 de agos-to e está dirixido a meno-res de entre 9 e 15 anos.

Esta iniciativa permite aos rapaces recibir unha educación ambiental e ecolóxica, impulsar o res-pecto pola natureza me-diante actividades lúdicas e educativas, coñecer a importancia do reciclaxe e a convivencia entre os mo-zos e co contorno.

O campamento oferta 50 prazas e a cota para parti-cipar é de 110 euros para empadroados no Concello de Verín, e de 130 euros para non empadroados.

Page 5: 16 de xullo - Barrios

BARRIOSXullo de �014

5VERÍN E COMARCA

EN BREVE

4 Abertas as piscinas de Castrelo do Val

O Concello de Castrelo do Val manterá abertas du-rante todo o verán as pisci-nas municipais, en horario de 1� a �1 horas.

Por cuarto ano conse-cutivo os prezos de ac-ceso ás instalacións están conxelados, sendo o pase por día de un euro para os residentes maiores de 14 anos (1,5 para os non resi-dentes) e 70 céntimos para os menores de 3 a 14 anos (1 euro para os que non re-sidan no municipio).

4 Iniciativa solidaria na Ludoteca de Verán

Baixo o lema “Valeria, a túa loita é a nosa loita”, os participantes na Ludoteca de Verán de Verín recada-rán fondos destinados ao tratamento de rehabilita-ción neurolóxica de Vale-ria De Dios, unha pequena da vila de catro anos que padece unha ataxia cere-belosa non filiada.

Os menores están a elaborar diferentes ma-nualidades como broches, pulseiras, pompóns, ou lapiceiros, entre outros, que venderán nas feiras de xullo e agosto en Verín; a próxima, o día �3.

Un total de 434 estu-dantes de Ensino Medio de 169 centros de Galicia acadaron unha puntuación definitiva de nove ou su-perior na parte xeral das Probas de Acceso á Uni-versidade na convocatoria de xuño. Estas �77 rapazas e 157 rapaces viron reco-ñecido o seu esforzo nun acto o pasado 1 de xullo organizado pola Universi-dade de Santiago.

A provincia con máis estudantes avantaxados é A Coruña (188) segui-da de Pontevedra (149), Lugo (69) e Ourense (�8). Entre os �8 estudantes da provincia de Ourense, está Ángel Deprada Fernán-dez, alumno que cursou os estudos de Bacharelato no IES García Barbón.

No acto que se celebrou

4 Prazos de matrículaO prazo de matrícula nos estudos de Bacharelato (Humanidades, Ciencias Sociais e

Ciencias e Tecnoloxía) no IES García Barbón é do 1 ao 10 de setembro para o alum-nado que aprobou na convocatoria de setembro.

En canto á Formación Profesional, a listaxe definitiva de solicitudes coñecerase o 17 de xullo, sendo a primeira adxudicación o 18 de xullo; a matrícula para estes alumnos será do 18 ao �4 de xullo ás 13 horas. Haberá unha �ª adxudicación o �9 de xullo, con prazo de matriculación entre os días �9 e 31 de xullo (ata as 13 horas). Por último ha-berá un período extraordinario desde o 1 ao 1� de setembro (ata as 13 horas).

Un alumno de Bacharelato do IES García Barbón, entre os mellores expedientes de Galicia

Ángel Deprada Fernández, acadou unha puntuación de nove ou superior na selectividade.

no Auditorio de Galicia, Ángel estivo acompañado

polo seu pai e polo direc-tor do IES García Barbón.

Servizo de bibliopiscina na Granxa A Biblioteca Pública Municipal de Verín puxo en funcionamento, por sexto consecutivo, o servizo da bibliopiscina

nas piscinas descubertas da Granxa, co obxecto de estender os servizos bibliotecarios aos usuarios desta instalación de-portiva, potenciar a lectura e atraer á biblioteca a un público que non é usuario habitual. A bibliospicina oferta un fondo de máis de 300 volumes en tres idiomas (castelán, galego e portugués) conformado por libros, contos infantís, cómics, xornais e revistas actuais, así como diferentes xogos de mesa. A bibliopiscina funcionará ata o mes de setembro, en función da climatoloxía, e o seu horario será de 17 a �0 horas durante os sete días da semana.

As instalacións da Biblioteca Pública continuarán abertas ao público nos meses de verán, de luns a venres, de 10 a 13.30 e de 16.30 a 19.30 horas.

22 voluntarios de 11 a 16 anos atenderán a bibliopiscina; na imaxe, co alcalde e concelleiros de Verín./CEDIDA.

Page 6: 16 de xullo - Barrios

6 BARRIOSXullo de �014

VERÍN E COMARCA

EN BREVE

4 tempada de caza en Vilardevós

A Asociación de Caza-dores de Vilardevós pon a disposición dos seus socios as tarxetas para a tempada �014/�015, que se poderán retirar no Ban-co Santander desta loca-lidade. A asociación pre-parou as máis de 15.000 hectáreas que forman o te-cor con traballos de rozas, sementeiras, limpeza e recuperación de bebedoi-ros, unha repoboación de 400 perdices e unha solta no que vai de ano de 387 coellos.

As invitacións dia-rias poderán retirarse no mesmo banco, en varios locais de Vilardevós (Me-són Castaño, Café Bar Os Roquiños) ou acudindo ao garda de caza da aso-ciación. Os prezos das in-vitacións para a vindeira tempada oscilan entre os �0 e os 50 euros por ca-zador e día, dependendo do tipo de caza (maior ou menor) e do mes.

4 A xustiza dalle a razón á CIG

A xustiza dalle a ra-zón ao sindicato CIG, no recurso que interpuxera contra o Decreto de Alcal-día do Concello de Verín que prohibira a coloca-ción de pancartas contra a Lei do Aborto durante o pasado entroido.

Segundo sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo nº � de Ourense, o Goberno mu-nicipal de Verín violou o dereito á liberdade de expresión ao tomar esta determinación. Esta é a sexta condena ao concello verinés por violación de dereitos fundamentais.

Como consecuencia, a CIG adianta que, unha vez sexa firme esta sen-tenza, procederá a presen-tar denuncia penal ante o Xulgado de Instrución de Verín, co obxecto de que se investigue e se deter-mine se “as accións con-trarias aos dereitos funda-mentais dos traballadores, protagonizadas polo al-calde de Verín e o seu gru-po de goberno, poden ser constitutivas dun delito de prevaricación ou, mesmo, dun delito contra a liber-dade”.

A ruta inclúe unha degustación de viños da D.O.

Dous viños da Denomi-nación de Orixe Monte-rrei foron galardoados co recoñecemento ao Mellor Viño tinto de Galicia e ao Mellor Viño Branco de Colleiteiro na XXVI Cata dos Viños de Galicia que concede a Consellería do Medio Rural e do Mar.

A adega Crego e Mona-guillo alzouse co Premio ao Mellor Viño Tinto de Galicia co viño “Crego e Monaguillo �013” das variedades mencía, araúxa e merenzao, e o adeguei-ro Manuel Guerra Justo coroou con “Vía Arxén-tea �013” o palmarés dos viños brancos galegos na categoría de colleiteiros ou pequenas adegas.

Os mellores viños bran-cos e tintos galegos con-cédense por cata final das

mostras mellor valoradas nas cinco denominacións de orixe da comunidade. Do mesmo xeito, na Cata de Viños de Colleiteiro ou Pequenas Adegas conflúen mostras de todas as deno-minacións, alzándose co premio só o viño branco e tinto mellor puntuados, en cata a cegas, por un pres-tixioso panel de expertos catadores.

No que respecta á cate-goría D.O. Monterrei, os viños “Quinta das Tapias Treixadura �013” da ade-ga Pazo Blanco Núñez, “Quinta do Buble Godello �013” de Quinta do Buble, e “Crego e Monaguillo Godello �013” da adega Crego e Monaguillo, ob-tiveron, respectivamente, o Acio de Ouro, Acio de Prata e Acio de Bronce.

Un tren turístico visitará este verán a D.O. Monterrei4 A próxima saída será o 19 de xullo.Redacción

Promover as Denomi-nacións de Orixe como destinos turísticos en Ga-licia, este é o obxectivo que perseguen as distintas Rutas do Viño incluídas no programa “A Todo Tren”. Unha delas pasará pola D.O. Monterrei ata en seis ocasións este ve-rán, sendo as próximas citas os días 19 de xullo, 3, 16 e 31 de agosto, e 13 e o �8 de setembro.

A ruta inclúe un pro-grama multidisciplinar, onde o viño se presen-ta acompañado da visita aos principais atractivos e reclamos turísticos da comarca, nun trazado que, antes de regresar a Ourense, debuxa no mapa paradas na Mezquita, Vi-lavella, A Gudiña, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía e Allariz. Amais de participar nunha degusta-ción de viños da Denomi-nación de Orixe Monte-rrei ao pé do seu castelo, os viaxeiros visitarán a adega Gargalo, a estación ferroviaria de Baños de Molgas, a colexiata romá-nica de Xunqueira de Am-bía, o conxunto medieval de Allariz e o seu Festival de Xardíns. Trátase dunha ruta dun día de duración, que combina tren e auto-bús no seu trazado, e onde o grupo está sempre acom-pañado por un guía.

“A Todo Tren” é unha iniciativa promovida pola Xunta en colaboración co Inorde e Renfe.

4XXVI Cata dos Viños de Galicia

Concluído o segun-do trimestre de �014, a Denominación de Orixe Monterrei acentúa a ten-dencia dos últimos anos, alcanzando un incremento récord do 60% na entrega de contraetiquetas respec-to dos datos do �013.

No segundo trimestre rexistrouse un aumento de �85.000 contraetique-tas emitidas polo Conse-llo Regulador en compa-ración co ano pasado, o que supón un crecemento do 60% neste período e fai prever un salto cuanti-tativo nas cifras anuais de viño cualificado na Deno-minación de Orixe.

O crecemento pare-

ce ser xa unha tendencia na denominación, pois ademais de mellorar as cifras respecto de exerci-cios anteriores, manifesta crecementos á alza entre trimestres do mesmo ano. Así, en �014 Monterrei arrincou cun aumento das cifras de comercialización do �5% no primeiro tri-mestre, pasando a un 60% no segundo.

Nunha comparativa anual, a primeira metade de �013 supuxo en Mon-terrei a comercialización de 913.000 botellas fron-te a 1.300.000 botellas en �014, o que supón un in-cremento de case 400.000 botellas.

4 Máximos de crecemento en 2014

O tren parte da estación de Renfe en Ourense./RAMSÉS.

Redacción

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de confirmar a sentenza da Audiencia Provincial, dic-tada por un xurado popular o pasado mes de febreiro, contra os catro acusados de asasinar ao chofer Ber-nardino Pousa en Verín en setembro de �011. En total, 78 anos de cárcere para os catro autores do crime.

O tribunal desestima os recursos interpostos polas representacións da viúva do asasinado, Dolores Ál-varez, a súa filla, Mª Án-geles Pousa, que apelaron para lograr a absolución,

e os da ex parella desta, Alberto Vázquez, e o sica-rio portugués Ilidio Magal-haes, que pedían redución de pena. Tamén desestima o recurso do xenro da vítima, que solicitaba o incremento das indemnizacións aos seus fillos.

Dolores Álvarez e Mª Án-geles Pousa deberán cumprir unha condena de �0 anos de prisión por asasinato con agravante de parentesco, Alberto Vázquez 16 anos de privación de liberdade por asasinato co atenuante de confesión, e Ilidio Ma-galhaes �� anos de cárcere por asasinato co agravante de aleivosía.

O tSXG desestima o recurso dos acusados no crime de Verín4 Confirma a sentenza da Au-diencia Provincial contra os autores do asasinato do chofer Bernardino Pousa.

Redacción

A Eurocidade Chaves-Verín AECT celebra a decisión da Comisión Eu-ropea de reducir as tarifas de roaming ata nun 50% a partir de xullo. A nova nor-mativa europea de roaming establece novos prezos máximos e inclúe rebaixas de ata un 55% para todos os que usen Internet nos seus dispositivos móbiles nalgún país da UE.

A Comisión Europea fixou o custo máximo por megabyte nos �0 cénti-mos, fronte aos 45 cénti-mos actuais; o prezo das chamadas de móbil no estranxeiro en 19 céntimos por minuto, e a recepción de chamadas en 5 cénti-mos por minuto.

Para o director da Agru-

pación Europea de Coopera-ción Territorial Eurocidade Chaves-Verín e alcalde de Verín, Juan Manuel Jime-nez, esta medida “axudará ao desenvolvemento econó-mico, á competitividade das empresas e á mobilidade, sobre todo nos territorios de fronteira en xeral e ao territorio Chaves-Verín en particular; xa que segundo o último Eurobarómetro, o 70% dos europeos limita o uso do móbil cando sae do seu país e ata o 94% desac-tiva o seu servizo de datos no móbil polos altos sobre-custos”.

Esta medida é un primei-ro paso para eliminar unha tarifa que sempre supuxo un obstáculo importante no desenvolvemento económi-co e á mobilidade nos terri-torios de fronteira.

A Eurocidade celebra a redución das tarifas de roaming4 En chamadas, mensaxes e uso de Internet no móbil.

Page 7: 16 de xullo - Barrios

BARRIOSXullo de �014

7especial EMPRESAS

así como levantamento e deslizamento das tellas pola perda de adheren-cia que o morteiro ten co paso do tempo.

Evitando o uso do cemento ou morteiro e

utilizando elemen-tos de ventilación axeitados mini-mízase a forma-ción de con-densacións e a aparición de brións e fun-gos.A alta cali-

dade da tella Verea, número 1 en resisten-cia á xeada, e a idonei-dade da instalación do tellado co Verea Sys-tem, garanten o pro-duto 35 anos.

Verea é, a día de hoxe, o referente ce-rámico en tella curva, tanto coa tradicional te-lla árabe como coa tella S. Desde o pasado mes de maio, dispón tamén da súa nova tella Pla-na Verea.

Co fin de satisfacer as necesidades e gustos dos clientes, o departa-mento de innovación de Verea deseñou unha te-lla totalmente plana, de liñas puras e elegantes, que permite imitar aca-bados de lousa ou ma-deira coas vantaxes dun produto cerámico.

Un dos aspectos cla-

Tanto na construción dunha vivenda nova como na rehabilitación da actual, o deseño do tellado debe buscar a adaptabilidade do mesmo ás inclemen-cias climáticas ás que vai estar sometido, por iso é fundamental, non só a elección dos me-llores materiais senón tamén a forma de ins-talalos. Verea fabrica tellas pensadas para as especiais caracterís-ticas do clima galego e proporciona as pautas de instalación para ga-rantir a durabilidade do tellado:

1.- En canto a elec-ción dos materiais:

As frecuentes xea-das galegas danan for-temente os elementos construtivos. Verea ofrece as tellas con maior resistencia á xea-da do mercado español, que superan os 500 ciclos de xeo-desxeo, cando o nivel máis alto establecido na norma europea é de 150 ciclos

En zonas de choiva abundante, a lei obriga a que o tellado teña unha inclinación mínima do 3�% para tella cerámi-ca. Co Verea System,

ve para o éxito da nova Tella Plana Verea é a súa facilidade de ins-talación. Trátase dunha tella con encaixe, cuxo deseño permite que o solape non sexa fixo, polo que se adapta a calquera tipo de cuber-ta e a pesar da súa lixei-reza presenta unha gran resistencia mecánica.

Verea desenvolveu tamén as pezas espe-ciais necesarias para a completa instalación do tellado plano: remates laterais; inicios; tapóns e encontros a tres e ca-tro augas.

Mercados tan esixen-a evacuación de augas é igualmente correcta con pendentes mesmo infe-riores (desde un �6%).

2.- En canto ao siste-ma de instalación (Ve-rea System):

Aínda quedan en Ga-licia tellados ins-talados con morteiro. Con todo, a correc-ta instalación das tellas realí-zase con espuma de poliuretano e ganchos. A utiliza-ción de morteiro na instalación pode provo-car futuros desconcha-mentos nas tellas, pro-blemas de ventilación da cuberta que poden dar lugar a condensacións, A nova tella plana Verea comercialízase nunha ampla gama de cores.

Vista dunha das liñas de fabricación de Verea.

A tella Verea, agora tamén planates como Estados Uni-dos certificaron a alta calidade da tella plana Verea, superando os controis para a cer-tificación no Miami Dade County de Flori-da, onde ademais cla-sificouse como grao 1 pola súa baixa absor-ción de auga.

Ademais do mer-cado nacional, a tella plana Verea ten como destinos principais China, Corea, Reino Unido, Caribe e Esta-dos Unidos, onde xa se instalaron con gran éxito numerosos tella-dos.

O tellado e o clima

Page 8: 16 de xullo - Barrios

8 BARRIOSXullo de �014

XINZO E COMARCA

Redacción

Un total de 15 veciños da comarca da Limia ca-pacitaranse laboralmente no eido agrícola grazas ao convenio de colaboración que manteñen a Deputación Provincial, o Inorde e Cári-tas Diocesana de Ourense. A formación, que comezou este mes, desenvolverase ata finais de ano nunha finca que o organismo provincial posúe na Limia e vén ava-lada polo éxito da primeira edición deste curso, que se pechou cun 30% dos parti-cipantes xa cun contrato de traballo.

Trátase da segunda convo-catoria dun proxecto pionei-ro levado a cabo entre unha entidade privada asistencial, Cáritas, e unha institución pública, o Inorde. Foi en fe-breiro do pasado ano cando os dous organismos asina-ron un convenio que certi-fica 320 horas de formación repartidas en 80 xornadas, que se estenderán durante algo máis de catro meses.

Ao igual que aconteceu na pasada edición, a produ-ción que acaden durante o transcurso da actividade for-mativa chegará a familias desfavorecidas a través dos servizos de comedor de Cá-ritas e os propios alumnos tamén poderán gozar dunha parte da produción. Neste sentido, o xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, pe-diulles aos participantes que aproveiten esta oportunida-de lembrándolles que están

xurdindo cooperativas pola zona como exemplo de que é posible vivir do campo. O responsable de Cáritas, José Ángel Feijóo Mirón, indicou que o obxectivo da formación é outorgarlles aos alumnos “os recursos nece-sarios para que poidan des-envolver” as súas vidas.

Contido da formaciónOs alumnos aprenderán a

producir alimentos como a pataca ou froitos hortícolas. O temario elaborado para este proxecto abrangue un coñecemento amplo sobre as actividades agrícolas e a aprendizaxe continuará coa composición biolóxica e química da terra; o abo-no, coñecendo os tipos de fertilizantes; o rego e os fenómenos atmosféricos; a

sementeira como método necesario para a reprodu-ción das plantas e froitos; os labores e coidados que deben establecerse como rutina nos traballos agra-rios, ou as enfermidades que poden afectarlle ás plantas cultivadas, como combatelas e loitar contra a súa propagación.

A formación completa-rase con temas coma o cul-tivo de cereais, legumino-sas, tubérculos, plantas da horta, árbores frutais e as ferramentas e maquinaria precisas para desenvolver estes traballos.

Un curso de capacitación agrícola do Inorde e Cáritas forma 15 veciños da Limia4 Trátase dun convenio que traballa pola inser-ción laboral no campo da agricultura.

O xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez; o director de Cáritas Diocesana de Ourense, José Ángel Feijóo Mi-rón, e o director do Centro Agrogandeiro de Xinzo Ser-vando Álvarez, xunto aos alumnos do curso./CEDIDA.

Adxudicadas as melloras da estación de autobuses de XinzoRedacción

A Consellería de Infra-estruturas vén de adxudi-car por �6.40� euros as obras de mellora das esta-cións de autobuses de Xin-zo de Limia e do Barco de Valdeorras, enmarcadas dentro do Plan Renove deste tipo de instalacións. As obras comezarán na segunda quincena deste mes e durarán dous meses aproximadamente.

No caso da estación de Xinzo de Limia a obra po-tenciará os accesos para aquelas persoas con mo-bilidade reducida, a través do pintado de prazas de aparcamento no exterior da estación e a colocación da correspondente sinal informativa. Ademais, melloraranse os pasos de peóns remarcando o seu trazado e poñendo dúas sinais.

Outros traballos locali-zaranse nas instalacións, onde se substituirán as luminarias de emerxencia que están en mal estado e se subsanarán as humida-des mediante a limpeza, reparación e selado de ca-nalóns; a substitución das baixantes deterioradas e a limpeza e reparación de cuberta. Finalmente, pro-cederase á restauración dos paramentos e teitos afectados.

O obxecto do Plan Re-nove é engadir valor a es-tas instalacións de servizo público, as cales foron construídas nos anos 70, 80 e 90 e por tanto non es-tán adaptadas para as no-vas esixencias normativas de accesibilidade.

ADEGAL solicita audiencia á conselleira de Medio Ambiente4 A asociación non está con-formes co Plan Director da Rede Natura �000.Redacción

ADEGAL, Asociación de Empresarios, Gan-deiros e Agricultores da Limia solicitou unha xun-tanza coa titular da Conse-llería de Medio Ambien-te, Ethel Vázquez, para analizar a “problemática” que ocasiona na comarca o Plan Director da Rede Natura �000 de Galicia.

Tras estudar o docu-mento, aprobado o pasa-do mes de marzo, ADE-GAL conclúe que este fai “un tratamento uniforme e inconcreto das distin-tas zonas protexidas, independentemente da súa ubicación, sen res-pectar as peculiaridades da comarca agraria máis importante de Galicia, a Limia, caracterizada por unha agricultura e gan-deiría intensivas”.

Lonxe de ser un marco legal no que ampararse, a asociación considera que o Plan Director xera prexuízo para a comarca da Limia, “tendo en conta a escasez de actividades permitidas e a necesida-de de autorización por parte da Dirección Xe-ral da Conservación da Natureza para o habitual funcionamento de activi-dades tanto agrarias como gandeiras, a obrigatorie-dade do sometemento ao Estudo de Impacto Ambiental para unha ac-tividade, incrementando

notoriamente o custo total do proxecto que repercute no interesado, así como a dúbida dun posible de-senvolvemento normativo posterior”.

Diálogo coa XuntaPor estes motivos,

membros de ADEGAL mantiveron unha reunión o pasado mes de xuño cos alcaldes dos municipios afectados polos espazos protexidos para transmi-tirlle a súa posición sobre o Plan Director da Rede Natura �000, na que acor-daron solicitar unha entre-vista á nova conselleira de Medio Ambiente, a quen lle solicitarán unha solución “que concilie a actividade agrogandeira e empresa-rial co medio ambiente, nunha comarca netamente agrícola, que se manifesta nos recursos potenciais e na actividade fundamental dos seus poboadores”.

A Asociación de Empre-sarios, Gandeiros e Agri-cultores da Limia agotará todas as vías do diálogo coa Administración antes de emprender medidas le-gais e mobilizacións.

A asociación cre que o Plan xera prexuízo para a comarca “tendo en conta a esca-sez de actividades permitidas”

Os alumnos reci-birán 320 horas de formación du-rante catro meses

Page 9: 16 de xullo - Barrios

BARRIOSXullo de �014

9PUBLICIDADE

Page 10: 16 de xullo - Barrios

10 BARRIOSXullo de �014

XINZO E COMARCA

A Plataforma pide aos gobernantes locais que inflúan no Goberno para que retire o anteproxecto

Redacción

O Concello de Vilar de Santos estreou o pasado 13 de xullo unha feira mensual, un acontece-mento que, a xuízo do alcalde, Xan Jardón, “vén completar a liña de traba-llo do Concello para apos-tar por novas alternativas de futuro que incentiven e faciliten todo tipo de ac-tividades no medio rural”.

“Partindo da nosa base agraria, apostamos por novas áreas de desenvol-vemento para dotarnos de servizos e equipamen-tos públicos de calidade, como a posta en marcha do Museo da Limia, o Par-que empresarial, o Centro de Atención de Persoas Maiores, o Centro de In-novación, a Escola Infan-til e agora a feira, proxec-tos que contribuíron a aumentar a calidade de vida dos veciños, a me-llorar as perspectivas de futuro e frear o envellece-mento e a despoboación no medio rural”, enumera o rexedor.

Ademais do polbo e car-ne, no mercado mensual frécese unha boa mostra de produtos artesanais e de calidade do propio concello e do resto de mu-

nicipios da Reserva da Bio-sfera, como os queixos, as cervexas, marmeladas, li-cores, xabóns naturais, pan e empanadas, ademais de postos de venda ambulante.

A primeira feira tivo lugar durante toda a mañá do do-mingo 13 de xullo na praza do Concello e continuará celebrándose o segundo do-mingo de cada mes.

PiscinaPor outra banda, Vilar

de Santos vén de abrir as portas ao público, un verán máis, da súa piscina mu-nicipal de auga salgada. A cal emprega un sistema de cloración mediante electró-lise salina, que xera cloro a partir do sal común, que é o único elemento que hai que repoñer.

Esta sistema aplica me-didas de aforro e eficien-cia enerxética mediante un sistema ecolóxico, seguro e sostible que ten posibi-litado aforros do 80% no mantemento, evita a mani-pulación de produtos quí-micos e reduce o consumo de auga.

Vilar de Santos pon en marcha unha feira mensual 4 Será o segundo domingo de cada mes.

Xa está aberta ao público a piscina municipal de auga salgada

Redacción

A Plataforma en Defen-sa do Partido Xudicial de Xinzo convocou o pasado 10 de xullo unha manifes-tación polas rúas da locali-dade para mostrar o rexeita-mento da cidadanía contra a reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial, que, entre outras medidas, prevé a su-presión dos partidos xudi-ciais, entre os que se atopa o da capital limiá. Á mar-cha asistiron preto de 1.000 persoas, entre as que se ato-paron veciños da comarca, avogados, procuradores e traballadores da xustiza, re-presentantes de sindicatos e de partidos políticos.

No comunicado lido ao rematar a protesta, a Pla-taforma lembrou as con-secuencias desta reforma lexislativa, que suporía “nada máis e nada menos que o peche do xulgado de Xinzo, a desaparición dos xulgados de paz dos concellos da nosa comarca e, tamén, a supresión do Rexistro Civil; trasladán-dose todos estes servizos a Ourense”, e este traslado implicaría o gasto da cida-danía de “cartos, moitos cartos, non só para despra-zarnos ata a capital, senón

tamén o que perderíamos se temos que deixar os nosos traballos, os nosos nego-cios e botar toda a mañá, ou días en Ourense”, explican. Ademais, recordaron que a actividade diaria destes xul-gados xera beneficios eco-nómicos para a comarca.

O colectivo quixo facer fincapé neste punto porque asegura que dende o Parti-do Popular “non se nos está a dicir a verdade”. Por iso, “pedímoslles aos gobernan-tes das institucións locais que se integren na platafor-ma e que, dentro das súas posibilidades, inflúan no Goberno para que retire o anteproxecto. Esixímoslle que cumpran co mandato

que lles outorgamos cando os eliximos. Os gobernantes ao servizo do pobo, non o pobo ao servizos dos gober-nantes”. Unha reclamación para o Goberno municipal ao que acusan de dar “estra-ñas xustificacións para non secundar unha manifesta-ción que o único que procu-ra é facer forza para que a Limia non sexa relegada a un segundo plano”.

Apoio do PSOEEsta marcha si contou co

apoio de, entre outras fora-macións políticas, o Partido Socialista. A voceira no Concello de Xinzo, Elvira Lama, cualificou de “co-vardes e irresponsables os

alcaldes da comarca da Limia e o de Xinzo” por apoiar a manifestación, pero non acompañar aos manifestantes. “Non se pode entender como os representantes dos veci-ños quedaron na casa sen apoiar e defender o servi-zo que presta o xulgado de Xinzo”.

Pola súa banda, o coor-dinador provincial de Ourense das Xuventudes Socialistas, Mario Tarrío, que tamén estivo presente na manifestación, senten-ciou que “o que está a bus-car o Partido Popular con este ataque aos dereitos ci-vís é amordazar á cidada-nía”. Asemade, sostivo que “nunha provincia como Ourense, esta reforma vai afastarnos da Xustiza”.

Os veciños de Xinzo maniféstanse contra a supresión do partido xudicial4 A marcha foi respaldada por unhas mil persoas, coa ausencia de representantes do Goberno local.

Manifestantes contra a supresión do partido xudicial de Xinzo ao seu paso pola rúa de San Roque. /CEDIDA.

Page 11: 16 de xullo - Barrios

BARRIOSXullo de �014

11XINZO E COMARCA

“Queremos facer un concerto da banda titular coa colaboración de amigos artistas de moito renome”“Non hai nin música tradicional nin pura, a música por definición é mestura”

Paula Lodeiro

O ferrolán Fernando Do-pico leva 16 anos en Xinzo como profesor da Escola Municipal de Gaitas e Per-cusión do Concello, da que tamén forman parte Xoan Losada, como profesor de percusión e director da ban-da titular, e Miguel Esté-vez, como profesor de gaita e director da banda B.

Que oferta a Escola de Gaitas do Concello de Xinzo?

Fernando Dopico: “Te-mos varias seccións na es-cola: a banda titular ou A, a B e a C. Temos pandere-teiras, cantareiras, tanto en sección de concurso como a sección sénior, cuartetos tradicionais, solistas...

Na escola impártese mú-sica tradicional per se, des-de cancioneiros de gaita a partituras de autores, algun-has de composición propia, hai un bo corpus musical; e na percusión exactamente o mesmo. Desde técnica tradicional de percusión de tambor, bombo, pandeire-ta, pandeiro... a unha per-cusión máis moderna que é a de bandas, que require

outra serie de plantexamen-tos técnicos.

En canto ás bandas, bus-camos outra serie de ele-mentos musicais diferentes, desde unha perspectiva de música tradicional pero in-corporando novos elemen-tos”.

Non só dades clases, verdade?

F.D.: “Na Escola temos alumnos entre os 8 e os 80 anos, temos rapaces moi pe-queniños e xente xa de ida-de madura, o cal para nós é un aliciente porque significa que podemos facer chegar á música a un grupo bastante heteroxéneo de persoas.

O curso rematou agora, no verán só funcionan as ban-das a nivel de actuacións. Nos últimos anos notamos que hai unha certa carencia de actividade artística, algo que está pasando a todo tipo de agrupacións en Galicia. A recesión e a crise econó-mica nótase en todo.

Coa banda titular nós pa-samos de ter actuacións non só en Galicia senón fóra, a practicamente estar en mí-nimos. Este verán, o único que temos previsto, a parte de actuar en Xinzo nas fes-

tas e nos actos institucionais do Día de Galicia, é un fes-tival en Pola de Siero (Astu-rias, os pasados 1� e 13 de xullo) e pouco máis”.

Este ano celebrades o voso 25º aniversario.

F.D: “Cúmprese o �5 aniversario, non da Escola que ten máis anos, senón da banda. En Xinzo creouse primeiro a Escola, tres anos antes; era o momento en Ourense no que se empeza o mundo das bandas de gai-tas, a de Xinzo é unha das primeiras.

Os actos do �5º aniversa-rio son actos pobres, pobres no sentido de que a situa-ción económica do Concello non permite que teñamos un presuposto… a mellor cele-bración é poder existir.

Houbo xa un acto en Na-dal, unha cea de compoñen-tes e ex compoñentes da banda de todos os tempos na que estiveron presentes varias xeracións.

Unha serie de actos que ti-ñamos programados houbo que cambialos. Para as fes-tas tiñamos previsto facer un concurso de cuartetos para atraer a xente de toda Galicia e atopámonos que o

Festival Celta de Ortigueira que cae esa fin de semana por primeira vez organiza un concurso de cuartetos e para rizar máis o rizo chá-manme a min para ir de xurado.

Queremos facer despois do verán unhas xornadas sobre bandas de gaitas con ponencias de profesores, músicos, artesáns...; e un concerto da banda titular coa colaboración de amigos artistas de moito renome. E isto levámolo ao Auditorio de Ourense porque en Xin-zo non temos e na Casa da Cultura xa non collemos nin a banda de gaitas (40 mem-bros na banda titular)”.

As vosas aulas de en-saios están cheas de carteis e recordos das vosas ac-tuacións, mesmo chegastes a tocar con Hevia.

F.D.: “Con José Ángel Hevia teño amizade persoal, desde fai moitísimos anos. Cando xurdiu o tema da gaita electrónica, vivín ese proxecto. E José Ángel do mundo do folclore tradicio-nal asturiano dá o salto ao folk, son os anos de Carlos Núñez, Berrogüeto, Luar na Lubre... Hai un tema no seu

disco que causa furor, “Bu-sindre Reel” e nese e noutro “El Garrotín” Hevia metía bandas de gaitas. Chámame e dime, ‘tesme que botar unha man’. Ás veces ía-mos toda a banda de Xinzo acompañando a Hevia para tocar eses temas, outras, un grupo de oito ou dez, depen-dendo das necesidades do espectáculo. Foron anos de tolería, non dabamos feito”.

Non foron as únicas ac-tuacións por fóra de Gali-cia da banda.

F.D: “A banda de Xinzo á súa vez tiña as súas propias actuacións. Por exemplo estivemos en Nova Delhi representando a España; estivemos nun concerto de nadal no Vaticano cun mon-tón de artistas; en festivais de bandas de gaitas e folcló-ricos en Francia; por toda a xeografía española, en Ma-drid no “Músicas nos Reales Sitios” no Palacio del Pardo; en Portugal, un montón de ocasións; a Asturias imos todos os anos...

A xente que estivo na banda nese momento tivo a oportunidade de contactar e coñecer a artistas de todo tipo, o cal é unha riqueza formativa”.

Sodes puristas coa mú-sica tradicional ou estades abertos á renovación?

F.D.: “Isto do purismo e demais, eu son refractario a eses termos, levo demasia-dos anos na música tradi-cional como para crer nesas tonterías, para empezar non hai nin música tradicional nin pura, a música por defi-nición é mestura, polo tanto desde a perspectiva histori-cista a música galega é unha música de mesturas, ten in-fluencias de todo tipo.

Se o que queremos decir é aquela música que está vixente aínda e que era froi-to dunha sociedade dun tem-po determinado, penso que todos somos amantes da tra-dición, loxicamente somos todos quen de reinterpretar a tradición, porque antes que nós o fixeron.

Eu tiven sorte de ter un dos grandes mestres gaitei-ros, Constantino Beyón, e descender dunha escola fun-

dada por Manolo Lorenzo hai cen anos, eu hoxe non podo tocar como eles porque temos máis técnica e instru-mentos máis evolucionados, e unha melodía a reinterpre-tamos, a enriquecemos.

O que xerou máis polé-mica foi o tema das bandas de gaitas, no momento en que as bandas de gaitas op-tan por algo que xa viñan facendo, deixar de ser un cuarteto e plantexarse ser unha agrupación doutro tipo e buscar que tipo de ritmos, de melodías se poden facer nun colectivo de 30, 40 per-soas. Curiosamente o folk non xerou polémica, porque para mestizaxe o folk, todo son ritmos e instrumentos irlandeses e ninguén se es-candaliza”.

É moi complicado apren-der a tocar a gaita?

F.D: “Como calquera ins-trumento, hai que estudalo como todo. Nós ensinamos música, traballamos con partitura, aos rapaces dáse-lles clase de teoría musical, logo está a praxe, tanto en gaita como percusión, ata as pandeiretas se tocan con partitura.

Como ocorre sempre, a aptitude e a actitude da per-soa tamén vai condicionar, por sorte en Xinzo hai gai-teiros boísimos, e saíron e o demostraron porque gaña-ron premios tanto de solis-tas, como de cuartetos como de bandas, temos unha boa colección de premios”.

Nótase que hai tradición familiar en Xinzo na músi-ca tradicional?

F.D.: “Si se nota. Aquí en Xinzo o gran referente eran os gaiteiros de Baronzás, que se chamaban Airiños de Antela, un cuarteto que fun-ciona desde os anos 40 ata os anos 80. Hai outros como son os gaiteiros de Laroa, e gaiteiros solistas. Houbo an-tes un grupo de ocasión, Os Antelanos, en 19�8.

Na Escola é moi común ter irmáns, primos, uns van traendo a outros, dase o fenónemo de ter varias xeracións na propia escola aprendendo, avoa en pan-dereita sénior, fillo-filla can-tando e netos tocando”.

ENtREVIStA AO DIRECtOR DA ESCOLA MUNICIPAL DE GAItAS DE XINZO

“Nos últimos anos notamos unha carencia de actividade artística”

4 Fernando Dopico adiántanos que a celebración dos �5 anos de vida da banda de gaitas de Xinzo será discreta.

Fernando Dopico no local de ensaios da Escola Municipal de Gaitas e Percusión de Xinzo./P.LODEIRO.

Page 12: 16 de xullo - Barrios

1� BARRIOSXullo de �014

ALLARIZ E COMARCA

EN BREVE

4 Os museos aumentan o seu horario

Os museos municipais (Museo Galego do Xogue-te, Museo da Moda e Mu-seo do Coiro) amplían o seu horario, ata o día 14 de setembro, para facilitarlles o acceso a todas as persoas que durante este tempo vi-sitan Allariz.

Os museos abrirán mar-tes, mércores e domingos de 1� a 14 horas, amplian-do o horario pola tarde (de 19 a �1 horas) os xoves, venres e sábados; os luns permanecerán pechados. A entrada para cada un deles é de dous euros, existindo un bono de tres euros que permite a entrada aos tres cintos. O acceso é gratuíto para os menores de catro anos ou para os veciños con tarxeta de cidadanía.

4Os servizos municipais adáptanse ao verán

Varias instalacións mu-nicipais de Allariz cam-bian o seu horario nestes meses de verán. A piscina municipal abrirá en xullo e agosto de xeito ininte-rrompido, en horario de 9 a �1 horas a piscina clima-tizada, e de 11 a �1 horas as piscinas exteriores, in-cluíndo estas últimas sá-bados e domingos.

A Casa da Mocidade amplía o seu horario ata o 6 de setembro. Estará en funcionamento de luns a venres de 11:30 a 13:30 horas e de �0 a �� horas. Os días festivos a instala-ción estará pechada.

En canto á biblioteca municipal da Casa da Cul-tura reducirá o seu horario ata o 15 de setembro, ofre-cendo só servizo de 9:30 a 14 horas.

4 Instalacións deportivas na Casa da Mocidade

A Casa da Mocidade crea novos espazos deportivos para que este verán os mozos e mozas de Allariz conten coas mellores instalacións posibles.

A reforma consistirá na ampliación das canchas de fútbol e baloncesto, con novas porterías e canastras para a práctica de ditos de-portes.

Redacción

Despois dun período de proba e debido á grande acollida, o Concello de Allariz xunto coa Asocia-ción A.N.D.R.E.A. come-zan a comercialización de “Xabóns D’Allariz”. Uns xabóns elaborados con leite de burra, que ten pro-piedades antioxidantes, e manteiga de karité, un po-deroso protector e hidra-tante da pel, e non inclúen nin fragancias artificiais nin produtos químicos.

A presentación do pro-duto en tenda foi feita en Cosmethics, comercio de cosmética natural locali-zado no centro de tendas outlets da vila alaricana. A venda está dispoñible de forma directa e tamén vía on line.

Polo momento “Xabón D’Allariz” pode mercarse na parafarmacia da vila, no mercado da Reserva da Biosfera, no Museo da Moda e no Obradoiro de San Salvador, de onde procede a súa elabora-

ción. Non obstante, tanto o Concello como a Asocia-ción A.N.D.R.E.A. preten-den a expansión do produto a outros puntos de Galicia así como da xeografía es-pañola.

Dinamización do rural“Xabóns D’Allariz” xor-

de coma un proxecto de

Empeza a comercialización de xabóns elaborados en Allariz4 Están á venda en comercios da vila e tamén vía on line.

dinamización rural que traballa para garantir unha liña local de produtos ar-tesáns de alta calidade. Pretende ser unha produ-ción encamiñada á susten-tabilidade da asociación de xeito que se garante a continuidade do seu la-bor en favor de colectivos desfavorecidos.

Posto de “Xabón D’Allariz” na pasada Feira de Outono./ARQUIVO.

Redacción

O Concello de Xun-queira de Espadanedo ce-lebrou o pasado 11 de xu-llo, no 17º aniversario do asasinato do concelleiro de Ermua Miguel Ángel Blanco, unha homenaxe a todas as vítimas do te-rrorismo, “quen polo feito de defender a xustiza, o pluralismo político e a de-mocracia constitucional, foron vilmente asasinadas co único fin de silenciar as súas ideas a través das armas e do sufrimento de miles de españois”.

Especialmente quíxose con este acto “preservar a memoria e o recoñece-mento como símbolo de liberdade, que personifica o noso veciño Miguel Án-

gel Blanco quen, hai hoxe 17 anos, era vítima dun cruel secuestro perpetrado polos asasinos da banda terrorista ETA”, indica o comunicado municipal. “O seu secuestro e covarde execución marcou na so-ciedade española un antes e un despois na loita contra o terrorismo e en favor das vítimas”, prosigue a decla-ración institucional.

Por todo isto o Concello de Xunqueira de Espadane-do reafirma “o compromiso cos principios constitucio-nais, a xustiza, o pluralismo político, a dignidade huma-na e a democracia consti-tucional, á vez que rexeita calquera tipo de violencia que tente impoñer as súas ideas por outra canle que non sexa a democracia”.

Xunqueira de Espadanedo homenaxea a Miguel Ángel Blanco4 No 17º aniversario do seu asasinato.

O acto incluiu a colocación dun ramo de flores fronte á escultura que recorda a Miguel Ángel Blanco./CEDIDA.

Redacción

A Asociación de Co-merciantes e Hostaleiros de Allariz convocou un concurso para a creación do seu logotipo. O logo deberá estar relacionado cos obxectivos e caracte-rísticas da asociación, va-lorándose a orixinalidade, a síntese e que estea rela-cionado co comercio e a

hostalería. Os traballos deberán pre-

sentarse en formato dixital en versión branco e negro e en cor, antes do 10 de agos-to.

O gañador do certame recibirá un premio de 300 euros e entre todos os parti-cipantes sortearase unha es-tancia de fin de semana nos establecementos de hospe-daxe asociados.

Os hostaleiros de Allariz buscan logo4 A través dun concurso aberto ata o 10 de agosto.

Page 13: 16 de xullo - Barrios

BARRIOSXullo de �014

13ALLARIZ E COMARCA / CELANOVA E COMARCA

Redacción

O Concello de Allariz continúa o acondiciona-mento das vías alaricanas. O vial que comunica coa Acearrica foi mellorado pola brigada municipal, que, nestes días, iniciará as obras de acomodamento dos accesos ao novo co-lexio infantil. O obxectivo pasa pola creación de bei-rarrúas e doutros servizos, que pretenden garantir a seguridade dos cativos.

O Concello permanece

á disposición do colexio Padre Feijoo para aten-der as súas inquedanzas e peticións, agardando a que no inicio do curso as instalacións estean “per-fectamente axeitadas ao tránsito seguro de alum-nado e persoal do centro educativo”.

O Concello de Allariz mellora os accesos ao novo colexio4 Crearanse beirarrúas para garantir a seguridade.

Redacción

En seis meses de �014 a Fundación Curros Enríquez de Celanova superou o total anual de visitantes escola-res desde a apertura da Casa dos Poetas en �006.

Durante os meses de fe-breiro e xuño a Fundación Curros Enríquez acolle nu-merosos grupos de escola-res que se achegan a Cela-nova para visitar a Casa dos Poetas e realizar algunha das actividades organizadas ao redor dos escritores da vila. Moitos deles realizan o programa ‘Vén coñecer a Celanova de Curros e Cel-so Emilio’ que combina vi-sitas á Casa dos Poetas, ao Mosteiro de San Rosendo, á Virxe do Cristal e a Castro-mao cun percorrido urbano a través da poesía pola vila de Celanova.

Anualmente a Fundación recibe de media uns 50 centros de ensino de toda Galicia (aproximadamen-te uns �.000 rapaces) pero nestes seis primeiros meses do ano, a Fundación Cu-rros Enríquez atendeu xa a

Encontro de tracción animal Redacción

Celanova, A Bola e a localidade lusa de Castro Leboreiro acollen os próxi-mos 19 e �0 de xullo un Encontro Transfronteirizo de Tracción Animal.

Na parte teórica falarase do manexo e doma de equi-nos para a tracción animal, e na parte práctica realiza-ranse traballos agrícolas. A proxección do documental “O carro e o home” e unha degustación na tapería Plan C completan o programa.

58 grupos escolares, que suman un total de �.476 visitantes.

Premio para a Funda-ción

A Fundación Curros En-ríquez recibiu a pasada fin de semana, no transcurso da VI Festa da Palabra, o premio Setecarballas, que anualmente outorga a Fundación da Insua dos Poetas.

Prémiase á Fundación Curros Enríquez polo seu papel de difusión da vida e obra de Manuel Curros Enríquez, así como doutros escritores relacionados con Celanova, e por organizar campañas informativas e levar a cabo actividades relacionadas co mundo da literatura galega.

Curso de apicultura en tapería Plan C, que segue acollendo actividades de todo tipo, como charlas ou reunións./CEDIDA.

Récord de visitas escolares á Fundación Curros Enríquez 4 Recibiu en seis meses preto de �.500 alumnos.

A Fundación recibiu un premio polo seu papel de difusión da vida e obra dos escritores celanoveses

A administración local tamén renovou o vial que comunica coa Acearrica

Page 14: 16 de xullo - Barrios

14 BARRIOSXullo de �014

CELANOVA E COMARCA

P. Lodeiro

Lembrar a figura de Car-los Casares e revisar o esta-do do audiovisual en Galicia son os obxectivos do Curso de Medios Audiovisuais de Celanova (CeMAC), que se está a desenvolver ata o venres 18 nesta localidade.

Esta edición, que leva por título “Audiovisual en Galicia: �5 anos de presen-te” rememorará o �5ª ani-versario da estrea das tres primeiras longametraxes de ficción en galego, que marcaron o despegue da industria audiovisual en Galicia. Tras proxectarse “Sempre Xonxa” o mar-tes 15, “Urxa” exhíbese o mércores 16 ás ��:30 h e “Continental” poderase ver o día 17 ás ��:30 h. Estas proxeccións están abertas ao público en xeral.

Os directores destas tres películas (agás o faleci-do Chano Piñeiro) estarán presentes na última xorna-da de curso nunha mesa re-donda sobre “Onde está e cara onde vai o audiovisual galego?”, unha das activi-dades dun programa “que ofrece pluralidade de for-matos con estreas de lon-gametraxes, documentais, webseries e TV movies, no único foro de reflexión anual que ten lugar en Ga-licia sobre o noso audio-

visual”, explicou Miguel Anxo Fernández, director do CeMAC. Catro xorna-das para reflexionar sobre o audiovisual galego, a través de proxeccións, me-sas de debate, relatorios e talleres e coa participación de directores, actores, pro-dutores, guionistas e repre-sentantes institucionais.

taller “Celanova, plató

de ficción” Ademais, de maneira pa-

ralela, estase a desenvolver o taller audiovisual “Cela-nova, plató de ficción”, co-ordinado por Paulino Pérez, que este ano gravou unha webserie (“Interfecto”) de tres capítulos, coa partici-pación de 11 alumnos e 5 actores da Escola Superior de Arte Dramática de Vigo,

que recolle a arte, a histo-ria e as lendas de Celanova, nun ton de suspense e intri-ga. Os capítulos poderanse ver ao longo do curso, ao igual que a segunda tempa-da de “Fame”, a webserie gravada na pasada edición do taller.

O curso está organizado pola Fundación Carlos Ca-sares e conta co financia-mento da Deputación de Ourense, a Universidade de Vigo (é curso de extensión universitaria), o Concello de Celanova e AGADIC.

Un curso repasa en Celanova o pasado, presente e futuro do audiovisual galego4 O 11º Curso de Medios Audiovisuais de Celanova celébrase ata o 18 de xullo na vila de San Rosendo.

4 Máis iniciati-vas audiovisuais

Este curso non é a única iniciativa do eido audiovisual que se rea-liza en Celanova este mes, pois por segundo ano consecutivo, a vila acollerá un campo de traballo que versará so-bre este ámbito. Durante 15 días �5 mozos e mo-zas de diferentes países traballarán na creación dunha curtametraxe so-bre o patrimonio da lo-calidade celanovesa, que se exhibirá no Congreso de Patrimonio Cultural que se desenvolverá na vila no mes de setembro, segundo adiantou o al-calde, José Luis Ferro.

Durante o curso proxéctanse os filmes “Sempre Xonxa”, “Urxa” e “Continental”

Redacción

O BNG de Celanova mostra a súa preocupación ante o estado en que se atopan os terreos de pro-piedade municipal, polo que solicita publicamente ao Concello que leve a cabo a roza de pastos en parcelas e en diferentes vías públicas da vila.

O seu voceiro, Leopol-do Rodriguez Puga, ase-gura que é necesario “para previr posibles incendios durante o verán ademais de eliminar vectores que provocan a aparición de de pragas preto dos nu-cleos de poboación”.

Esta limpeza deberiase realizar, opinan no Blo-que, na primeira quincena de xuño, que, é “cando se estima que a vexetación alcanzará o máximo des-envolvemento, despois da climatoloxía que tive-mos”.

Incendios, acumulación de cascallos e pragas

O obxecto desta actua-ción é retirar toda a broza das parcelas “para evitar riscos de incendios, acumu-lación de cascallos ou pra-gas de insectos ou roedores, así como evitar que o mato invada as beirarrúas ou zonas de tránsito peonil”. Desta forma garantiríanse as debidas condicións de salubridade, hixiene e segu-ridade nos soares e predios xestionados polo Concello.

Ademais lembra o porta-voz municipal nacionalista, “non se pode esixir aos pro-pietarios que acometan a limpeza dos terreos e que o Concello de Celanova teña as súas parcelas sen ningún tipo de mantemento”.

Redacción

A Aula CeMIT do Conce-llo de Celanova non pecha por vacacións. A aula se-guirá formando aos celano-veses en novas tecnoloxías durante os meses de xullo e agosto.

O próximo curso en co-mezar é un denominado “Conta o que queiras na in-ternet coa axuda dun blog”.

Redacción

O voceiro do BNG na Merca, Manuel Outumu-ro, denuncia publicamen-te que unha praza de lim-padora municipal, vacante por xubilación, vén de ser concedida á filla dun con-celleiro do PP, partido que goberna a localidade.

Non é o único casoOutumuro reseña que

este non é o único caso de enchufismo. “Só fai falla revisar a Relación de Postos de Traballos para decatarse de que case o 100% dos traballadores que se incorporaron ao Concello nos últimos 15 anos son militantes, ou

os seus familiares directos foron en listas ou son con cargos do PP”. Refírese aos postos de auxiliar ad-ministrativa, técnica local de emprego, persoal da bri-gada municipal, tractorista, técnica da escola taller e mestra da escola infantil. Nestes dous últimos casos, os postos están ocupados por unha concelleira e unha ex concelleira do PP, apunta o político nacionalista.

Por iso vén de presentar un escrito no Concello para que se faga convocatoria pública desa vacante para ser cuberta polo sistema que garanta os principios de igualdade, mérito e ca-pacidade, así como o de pu-blicidade.

O BNG denuncia enchufismo na Merca4 Unha praza de limpadora foi parar a unha filla dun edil do PP, afirman.

Piden a limpeza das parcelas municipais para previr incendios4 O BNG presentou un escrito no Concello.

A roza debería realizarse na primeira quincena de xuño

A actividade da aula CeMIt non cesa nos meses de verán4 Cursos para todas as idades.

Realizarase entre o �1 e o �4 de xullo de 16 a 18:30 horas e está destinado a persoas interesadas nesta temática que posúan destre-zas no manexo dun PC.

“Manexo da cámara dixi-tal” é o seguinte curso, pre-visto para a xornada do �8 de xullo de 16 a 19 horas, e novamente dirixido a cida-danía en xeral.

Xa para menores de 4

a 10 anos ofrécese o cur-so “Divírtete coas novas tecnoloxías”. Impartirase desde o �9 de xullo ao 8 de agosto en horario de 11 a 13 horas.

Finalmente, “Aprende a retocar as túas fotografías

coa ferramenta GIMP” é a última formación pre-vista, do �9 de xullo ao 1 de agosto en horario de 17 a 18.30 h. Para partici-par hai que ter saber uti-lizar un ordenador a nivel usuario.

Aula CeMIT de Celanova./CEDIDA.

Organizadores e colaboradores na apertura do curso no auditorio Ilduara./CEDIDA.

Page 15: 16 de xullo - Barrios

BARRIOSXullo de �014

15especial DEPUTACIÓN DE OURENSE

Campaña de educación viaria

Axudar aos condutores do rural ourensán, prefe-rentemente aos maiores de 65 anos, a actualizar a súa formación en materia via-ria, tanto no que atinxe á nova normativa de tráfico como á recuperación dos puntos perdidos do carné, é o obxectivo da campa-ña que vén de poñer en marcha a Deputación de Ourense conxuntamente coa Asociación Provincial de Autoescolas e a Xefa-tura Provincial de Tráfico, unha iniciativa que pre-tende formar, informar e sensibilizar aos condu-tores para incrementar a seguridade e os seus coñe-cementos.

A campaña, á que se destinan 18.000 euros -14.400 euros por parte da Deputación e 3.600 euros achegados pola Asocia-ción de Autoescolas- des-envolverase en 31 con-cellos entre os meses de xuño e setembro, e con-sistirá en charlas informa-tivas, impartidas por 31 profesores de autoescolas, tendo a previsión acadar un número aproximado de 1.500 alumnos, a maioría deles maiores de 65 anos.

A Deputación de Ourense, primeira de España en contar cunha ordenanza de Transparencia A proposta, aprobada no pleno de xuño, recolle aspectos como a publicidade activa da información e o dereito á información pública e a súa reutilización

A Deputación de Ouren-se é o primeiro goberno provincial de España que conta cunha ordenanza de Transparencia, logo de que a corporación provincial aprobase en sesión plena-ria unha normativa que ten como obxectivo ordenar administrativa e xuridica-mente no ámbito da insti-tución provincial aspectos como a publicidade activa da información e o dereito á información pública e á súa reutilización.

A ordenanza de Trans-parencia recolle cues-tións reguladas en textos e normativas de grande importancia como son as leis de Réxime xurídico, Reutilización da informa-ción, Transparencia e a de Racionalización e sostibi-lidade da Administración Local; unha ordenanza, por certo, que regulará si-tuacións que xa a Deputa-ción de Ourense vén des-envolvendo e practicando como compromisos de seu do goberno provincial.

A nova ordenanza es-

trutúrase en 7 capítulos, 49 artigos e 1 disposición final de “Entrada en vigor”. O ámbito de aplicación son as entidades que forman parte do sector público provin-cial, e entre as obrigas que recolle o documento figura o de elaborar, manter actua-lizada e difundir a informa-ción facilitando o acceso á mesma e permitindo a súa reutilización, así como utili-zar preferentemente medios electrónicos e telemáticos.

Asemade, a ordenanza cita como medios de acce-so á información as oficinas de información, as páxinas web ou sedes electrónicas e os servizos de atención te-lefónica, e como principios xerais recolle a presunción xeral da publicidade da in-formación pública, publi-cidade activa, reutilización da información, dereito ao acceso á información, ac-ceso inmediato por medios electrónicos e calidade da información (veraz, fide-digna, actualizada e com-prensible).

Todo este acceso á in-

formación realizarase coa debida protección de datos persoais e dentro dos lími-tes legais, e será unha infor-mación que se facilite a ini-ciativa propia e de maneira gratuíta; na páxina web ou sede electrónica; en lingua galega e castelá e con pra-zos de publicación e actua-lización.

As obrigas específicas da

Pleno da Deputación no que se aprobou a ordenanza de Transparencia./A.PAZ.

publicidade informativa re-fírense ao tipo de informa-ción que se facilitará dende a institución. Neste apartado figura a información sobre: a institución, a súa organi-zación, planificación e per-soal; altos cargos e persoas que exercen a máxima res-ponsabilidade; información de relevancia xurídica; so-bre contratación, convenios

e subvencións; información económica, financeira e or-zamentaria, e sobre servi-zos e procedementos.

O último capítulo do documento recolle que a ordenanza será sometida a avaliación e seguimento polo órgano responsable, artellando actividades de formación, sensibilización e difusión.

O Observatorio Económico Ourensán sinala o semestre actual como o de maior recuperación do emprego na crise

O cuarto informe do Observatorio Económico Ourensán, unha ferramenta que a Deputación desen-volve para a análise econó-mica, laboral, empresarial e social da provincia e das súas comarcas, constata unha aceleración na recu-peración dos mercados de traballo locais, tanto a nivel comarcal como municipal.

Por primeira vez desde o inicio da crise, o descenso do paro en taxa interanual dase en cada unha das doce comarcas da provincia de Ourense. As catro últimas en acadar este logro foron Allariz-Maceda, A Baixa Limia, Valdeorras e Terra de Celanova, que precisa-ron do semestre actual para

romper as series consecu-tivas de auxe do paro inte-ranual sufridas desde o ano �007.

Aínda que persiste a di-ferente velocidade de evo-lución entre as afiliacións e o paro rexistrado, a me-llora laboral xeralízase no conxunto da provincia. O número de traballadores adscritos á Seguridade So-cial aínda non neutralizou o signo negativo, se ben é certo que o descenso pro-vincial suavizouse no últi-mo ano, ao pasar do -�,6% ao -1,1% actual. Pola súa parte, o paro rexistrado descende agora un 7,1% en taxa interanual, cando en maio de �013 seguía tran-sitando no terreo dos incre-

mentos, cunha subida anual do 0,7%.

Cambio de tendenciaO presidente da Deputa-

ción de Ourense, Manuel Baltar, dixo no acto de pre-sentación do estudo que os indicadores “amosan que estamos a ver unha ace-leración na velocidade de recuperación e que os mer-cados de traballo comezan a abrirse”.

Baltar destacou que es-tamos “no mellor semestre para a rexeración do merca-do laboral da provincia”, e que este cambio de tenden-cia “non é unha circunstan-cia illada, senón que está a perdurar no tempo”, enga-dindo que por primeira vez

en todo o período en crise “as doce comarcas ouren-sás rexistran descensos in-teranuais do paro rexistra-do”.

O informe reflicte que na actualidade Ourense perde afiliados á metade de ve-locidade que hai un ano. A taxa de redución pasou en doce meses do �,6% ao 1,1%, o que anticipa que de manterse este ritmo habería cambio de signo a partir do segundo semestre de �015, que sería cando as afilia-cións comezasen a crecer en taxa interanual. “Este fito, tan esperado deixaría ver na provincia de Ouren-se, tamén por primeira vez desde o ano �007, a coinci-dencia entre o descenso do

paro e o aumento das afilia-cións”.

O presidente provincial subliñou que nunca antes houbera descensos anuais do paro nas do ce comarcas á vez, “e moito menos aos niveis actuais, que equiva-len a máis do 7% e a �.�00 persoas menos á procura de traballo. Dito doutro xeito, ao ritmo de agora mesmo, cada día abando-

nan o paro unha media de 183 demandantes”. Aín-da así, Baltar apunta que non se pode confundir a realidade “nin caer en in-terpretacións triunfalistas. Os datos reflicten melloría e as cifras transmiten certo optimismo, pero a contabi-lidade laboral e económica da provincia continúa a presentar algúns rexistros inquietantes”.

Manuel Baltar durante a presentación do informe do Observatorio Económico Ourensán./A.PAZ.

Page 16: 16 de xullo - Barrios

16 BARRIOSXullo de �014

PROVINCIA

Medio Rural financia 19 concentracións parcelariasRedacción

A Consellería de Medio Rural e do Mar mobilizará este ano en Ourense preto de 1,� millóns de euros en actuacións en materia de concentración parcelaria, que servirán para impul-sar o sector agrario.

Os investimentos pre-vistos nesta partida re-fírense a 19 procesos de concentración parcelaria que se están a desenvol-ver en 11 concellos da provincia, entre eles os de Verín, Porqueira, Cartelle, Verea, Vilardevós, Xun-queira de Ambía, Calvos de Randín, Monterrei e Vilar de Barrio.

A concentración parce-laria que se está a levar a cabo na parroquia de Castelaus, en Calvos de Randín, é a actuación que acapara un maior investi-mento cifrado en preto de 4�0.000 euros.

Pura Rodríguez, nova presidenta do PP de Gomesende4 Xa hai candidatos para as agrupacións de Xinzo, Calvos de Randín e Verea.Redacción

Pura Rodríguez Álvarez é a nova presidenta do PP de Gomesende, tras ser respaldada co 100% dos votos dos compromisarios no congreso local dos po-pulares desta localidade.

Rodríguez anunciou que o seu antecesor no cargo, Radigundo Castro, será o presidente de honra do PP de Gomesende, como recoñecemento a prol do partido e do municipio como alcalde que foi.

Ademais, a presidenta local recalcou varias cla-ves para o futuro do mu-nicipio: “Entre as nosas necesidades máis impor-tantes atópase a de fixar poboación, así como a de tratar de conservar e me-llorar as nosas infraestru-

turas e servizos. De feito, trataremos de aproveitar as instalacións do grupo esco-lar, hoxe sen nenos, como centro de día ou residencia, co fin de dar un importan-te servizo aos nosos maio-res”.

Próximos congresosÁ volta do verán celebra-

ranse congresos locais do PP en Xinzo (5 de setembro), Calvos de Randín (1� de se-tembro) e Verea (o día �6), sendo os únicos candidatos a asumir estas presidencias locais Antonio Pérez, José Manuel Andrade, e Juan Antonio Martínez, respecti-vamente.

Pura Rodríguez./CEDIDA.

Adxudicadas obras en catro estradas da provincia4 Cun investimento de case medio millón de euros.Redacción

A Consellería de Me-dio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de adxudicar as obras de mellora de catro estradas da provincia de Ourense: OU-301 entre Xinzo e Porqueira, a OU-304 entre Xinzo e Baltar, a OU-3�0 entre Piñeira de Arcos e Ponte Noalla, e OU-531 entre Xinzo e Cortegada, to, todas elas encadradas dentro da Rede Primaria e Secundaria da Xunta.

Estas actuacións, que foron adxudicadas á em-presa Extraco, comezarán este verán e terán un prazo de execución de catro me-ses aproximadamente. O investimento previsto é de

489.394 euros.O obxecto principal des-

tes traballos é mellorar o estado do firme existente con solucións localizadas definidas en función das necesidades de cada estrada nun período de catro me-ses.

Na OU-301 actuarase en tres tramos que suman pouco máis de quilómetros; na OU-304 en dous tra-mos que contabilizan 410 metros; na OU-3�0 traba-llarase en cinco puntos di-ferentes, isto é, un total de 2.040 metros; e finalmente na OU-531 �.075 metros en cinco puntos diferentes.

teñen un prazo de execución de catro mesesAntonio Pérez/ARQUIVO.

En setembro, congresos en Xinzo, Calvos de Randín e Verea

Page 17: 16 de xullo - Barrios

BARRIOSXullo de �014

17DEPORTESDEPORTES

Un grupo de atletas populares na edición 2014 da nocturna de Celanova./S.N.

Redacción

Unha das carreiras po-pulares nocturnas que máis simpatía produce é a de Celanova. A terra dos poetas vístese por un día de atletismo e congrega cada ano a unha cifra que ronda o medio milleiro de participantes entre todas as categorías.

En categoría absoluta masculina, o limián da Sociedad Gimnástica de Pontevedra Rubén Diz foi o vencedor desta edición, moi por diante dos seus rivais. Diz detivo o cro-no en �4:�� minutos tras 7.800 metros percorridos.

Na segunda posición, a un minuto e 17 segundos, entraría o seu compañei-ros de equipo Javier Pare-des. O ourensán empregou �5:39 minutos en comple-tar a distancia.

Ao terceiro caixón do podio subiu José Manuel Casado (Vía XVIII Ma-ceda) cun tempo de �6:14 minutos.

Categoría femininaYolanda Gutiérrez (New

Balance Team) foi a máis rápida das féminas cun tempo de �9:38 minutos. A 38 segundos entraría Iria Fernández (Comesaña SC), cun tempo de 30:13 minu-tos; e Sonia Teijeiro (Our-enrunning) foi terceira con 30:47.

Outras categoríasEn prebenxamíns, Adán

Rodríguez e Sabela Álvarez foron os vencedores. Na ca-rreira de infantís e cadetes, David Burgos e Inés Amo-rín foron os máis rápidos. En alevín gañaron Aarón Suárez e Sara Álvarez. E na carreira benxamín, Germán González e Noa Burgos fixéronse co primeiro posto.

500 atletas toman as rúas de Celanova4 Durante a súa XI Carreira Nocturna.

Sanjosé vence no Val do támega4 Segundo foi Teixeira.Redacción

O ciclistas do AC Hote-les by Marrior Rafael Pé-rez Sanjose foi o primeiro clasificado da quinta edi-ción da Volta Cicloturista

Val do Támega.O segundo en entrar na

liña de meta foi Francisco J. Teixeira (Run&Bike). E terceiro foi Alberto Penín (C.C. Orensano). Participa-ron 153 ciclistas.

Baños de Molgas, cita estival ineludible4 O � de agosto disputarase a popular do San Salvador.R.t.

O sábado � de agosto cele-brarase en Baños de Molgas a VII Carreira Popular do San Salvador.

A partir das 19 horas da-rán comezo as probas, coa primeira delas que é a de

pitufos (de 150 metros); ás 19:30 horas será a de me-nores (�.300 metros) e ás �0:00 horas a carreira ab-soluta, cun percorrido de 7 quilómetros.

A inscrición realizarase a través da páxina web www.championchipnorte.com; a

cota de inscrición será de 5 euros para os participantes da carreira de 7 quilómetros e de balde para o resto dos participantes.

O prazo para anotarse remata o mércores 30 de xullo. Os participantes da carreira de pitufos non pre-cisan inscrición.

Participantes dunha edición anterior da carreira de Baños de Molgas./ARQUIVO

Os atletas Rubén Diz e Yolanda Gutiérrez foron os claros vencedores da carreira absoluta

Page 18: 16 de xullo - Barrios

18 BARRIOSXullo de �014 DEPORTES

O cadete Iván Feijoo -no centro- foi a gran sensación do BTT da nosa comunidade ao ven-cer en todas as probas autonómicas, o que lle valeu para proclamarse campión galego.

Btt con sabor macedán4 Os bikers de Maceda lograron importantes éxitos no Campionato de Galicia de BTT.Redacción

O BTT galego ten sabor macedán. E é que varios bikers de Maceda lograron subirse ao podio do Cam-pionato Galego de BTT.

O galego de BTT celebra-do na localidade lucense de Pobra de Brollón deixou un éxito incuestionable para o Actyon-Merida-Academia Postal.

Iván Feijoo foi o vencedor na categoría cadete, o que lle supuxo vestirse co maillot de campión galego no seu primeiro ano na categoría. Feijoo venceu en todas as probas do campionato.

Pola súa banda, Raúl Gon-zález foi o gañador júnior nunha carreira moi axustada, na que logrou superar a Raúl Fernández (campión de Es-paña júnior de ciclocross). Con esta vitoria González proclamábase campión ga-lego.

Na proba raíña, Saúl Ló-pez foi segundo; sendo ta-mén o segundo sub�3, tan só por detrás dun dos gran-des bikers nacionais, o ma-cedán do MMR Pro Team Pablo Rodríguez.

En mulleres, Eva Álvarez rematou segunda (subcam-pioa galega) en elite, tan só superada por Lucía Váz-quez.

En resumo, o equipo ma-cedán logrou dous titulos autonómicos (Iván Feijoo -cadete- e Raúl González -júnior-) e dous subcampio-natos (Eva Álvarez -elite- e Saúl López -sub�3-).

Da Escola de Ciclismo JA Hermida, Aida Gonzá-lez acadou a vitoria alevín na Mini BTT disputada en Tui.

Citas de xuñoA última fin de semana

de xuño o Actyon-Mérida-Academia Postal acudiu a

diversas citas deportivas, e en todas acadou grandes resultados.

A primeira delas foi a úl-tima proba puntuable para o Open de España de BTT XC, que se disputou en Be-cerril de la Sierra, e na que Eva Álvarez se proclamou como a mellor sub�3 fe-minina; Iván Feijoo foi 8º na categoría cadete; e Raúl González, 15º en júnior.

Ademais, tamén se dis-putou o Campionato de Galicia de Maratón, no que José Ramón Villanue-va subiu ao podio ao con-seguir a medalla de prata na categoría sub�3.

Os máis pequenos do club tamén obtiveron bos resultados. Desprazáronse ata Betanzos, para acudir ao I Mini BTT da localida-de, no cal lograron seis po-dios, destacando entre eles a vitoria de Aida González en alevíns.

4 HípicaDo 17 ao �4 de xullo o

camping do Invernadoiro acollerá o II Campus Hí-pico, centrado na equita-ción, amais de contar con outras actividades.

Con este evento pretén-dese que os participantes coñezan máis en profun-didade o mundo da equita-ción, melloren o seu nivel de inglés e gocen de xor-nadas de convivencia con outros nenos e nenas.

4 Fútbol salaO II Campus Interna-

cional de fútbol sala terá lugar en Xinzo de Limia do 4 ao 14 de agosto. O prezo do campus é de 55 euros. Ademais, haberá un prezo por día de 8 euros. As inscricións poden fa-cerse no teléfono 6�7 781 8��, en Ortopedia Prieto ou en Café Trebello.

4 Fútbol americano

O domingo 10 de agos-to no campo de fútbol J.A. Carrera celebrarase o II Campus de Inicia-ción ao fútbol america-no. O evento dará come-zo ás 10 horas. O prezo da inscrición máis o se-guro é de 10 euros. Para máis información poden dirixirse á web www.xinzofootball .weebly.com ou no teléfono 610 616 079.

4 triatlónO sábado �3 de agos-

to celebrarase en Allariz o XXV Triatlón popular “Vila de Allariz”.

O percorrido que deben realizar os participan-tes será de 750 metros a nado, �4 quilómetros en bici e 5,5 quilómetros a pé.

Redacción

A EDC Verín vén de acadar grandes resultados en fútbol, fútbol sala e at-letismo. Na final de fútbol sala cadete, o Verín venceu por 3-0 ao Burela logran-do a Copa Galicia. O Ve-rín chegou á final logo de gañar ao Azkar de Lugo e ao Parrulo de Ferrol.

En fútbol infantil, os verineses lograron un em-pate a dous contra o Pon-tevedra. O equipo alevín A disputou a fase final do Campionato Galego en Portas (Pontevedra), no que rematou oitavo da zona sur Pontevedra-Ourense e entre os 16 mellores de toda Galicia. O equipo benxamín A foi terceiro na fase final do Campionato Galego, sen-do terceiro da zona sur de Galicia, por detrás do Celta e o Areosa. E os pre-benxamíns foron sextos

Grandes resultados das EDC Verín4 En fútbol, fútbol sala e atle-tismo.

da mesma zona sur, rema-tando entre os 1� mellores de Galicia.

AtletismoVarios atletas da EDC

participaron na terceira proba puntuable do circuí-to “Correndo por Ourense �014”, na carreira do Cor-pus-Centro. Os atletas de Verín lograron catro vi-torias a cargo de Marina Moredo, Xoel Gago, An-tía Castro e Fiz Losada.

Sorteos Os menores Quique Fer-

nández Fernández e Joel Núñez Blanco resultaron gañadores dos sorteos presenciais dos agasallos do álbum das disciplinas competitivas EDC de Ve-rín, promovido desde o Concello de Verín e a Aso-ciación de Empresarios de Verín-Centro Comercial Urbano Verín, para a tem-pada �013-�014.

Integrantes do equipo de atletismo de Verín na carreira do Corpus do circuíto “Correndo por Ourense 2014”.

EN BREVE

Page 19: 16 de xullo - Barrios

BARRIOSXullo de �014

19AXENDA /CLASIFICADOS

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 14�-�014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 3�004 Ourense. Tel: 988 045 35�. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Visual. Imprime: Publicaciones Tameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, X.M. Pérez Bouza, Silvia Nieto, Andrés Diz

Nº3 - Ano: IX - Xullo �014 - Difusión: 15.000 exemplares Impreso en papel 100% reciclado.A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 045 35�.

Comarca de MonterreiConcello de Verín 988 410 001Concello de Monterrei 988 418 00� Concello de Oimbra 988 4�6 160Concello de Vilardevós 988 417 004Concello de Riós 988 4�5 03�Concello de Castrelo de Val 988 419 00�Concello de Laza 988 4�� 00�Concello de Cualedro 988 4�4 004Comisaría de Policía Verín 988 414 1�3Policía Local Verín 988 411 61�Bombeiro Verín 988 41� 1�1Garda Civil 988 410 005Protección Civil 988 41� 1�1Estación de autobuses 988 413 516Taxis - Parada Hospital 988 414 34�Taxis - Parada Estación Autobuses 988 411 81�Taxis - Parada Praza Merced 988 410 385Taxis - Parada Praza do Concello 988 411 113Ambulatorio Urxencias 988 410 800Ambulatorio Cita previa 988 413 460Hospital de Verín 988 413 636Cruz Vermella 988 411 600Correos e Telégrafos 988 411 038Rexistro Civil de Verín 988 410 387Rexistro da Propiedade 988 410 737Oficina de emprego 988 410 703Oficina da Seguridade Social 988 410 253Servizos Sociais Verín 988 414 776Cáritas Parroquial 988 410 679IES nº1 de Verín 988 411 �1�IES García Barbón 988 410 379I. Bacharelato X. Taboada Chivite 988 410 041CEIP Amaro Refoxo 988 411 4�5CEIP Princesa de España 988 410 1�8Comarca de A LimiaConcello de Xinzo 988 550 111Concello de Porqueira 988 466 10�Concello de Calvos de Randín 988 434 000Concello de Baltar 988 466 503Concello de Os Blancos 988 467 506 Concello de Trasmiras 988 445 000Concello de Sarreaus 988 454 00� Concello de Vilar de Barrio 988 449 001Concello de Sandiás 988 465 001Concello de Vilar de Santos 988 465 883Concello de Rairiz de Veiga 988 465 55�Policía Local Xinzo 988 46� 4�5Garda Civil 988 46� 361Estación de autobuses 988 460 309Centro de saúde Xinzo 988 46� �00Punto Atención Continuada 988 46� 456Rexistro civil de Xinzo 988 46 0 188Rexistro da Propiedade 988 460 �09Taxis - Parada 988 460 �58

Oficina de emprego 988 460 375Oficina da Seguridade Social 988 462 951Xulgado de 1ª Instancia 988 46� 364Servizos Sociais Xinzo 988 550 111Cáritas Parroquial 988 460 ���IES Lagoa de Antela 988 46� 454IES Cidade de Antioquía 988 461 �71CEIP Rosalía de Castro 988 460 480CEIP Carlos Casares 988 460 507Gardería Municipal 988 461 049Oficina Agraria Comarcal da Limia 988 460 024Comarca de Allariz-MacedaConcello de Allariz 988 440 001Concello de Baños de Molgas 988 430 000Concello de Maceda 988 463 001Concello de Paderne de Allariz 988 �93 000Concello de Xunqueira de Ambía 988 436 006Concello de Xunqueira de Espadañedo 988 �91 001Policía Local Allariz 988 440 000Garda Civil Allariz 988 440 031Centro de Saúde de Allariz 988 440 958Centro de Saúde de Baños de Molgas 988 430 331Centro de Saúde de Maceda 988 463 370Policia Local Maceda 696 511 038 Garda Civil Maceda 988 463 084Parada taxis Maceda 988 463 �04 CEIP Padre Feixoo 988 440 8�5IES Allariz 988 440 036Gardería municipal Allariz 988 440 �19Servicio Municipal de Augas Allariz 988 440 004Xulgado de Paz Allariz 988 440 704Comarca de terras de CelanovaConcello de Celanova 988 431 481Concello da Bola 988 433 768Concello de Cartelle 988 491 111 Concello de Gomesende 988 485 000Concello da Merca 988 �60 000 Concello de Padrenda 988 494 783Concello de Pontedeva 988 495 005Concello de Quintela de Leirado 988 493 500Concello de Ramirás 988 491 5�3Concello de Verea 988 430 600Policía Local Celanova 988 431 806Centro de Saúde de Celanova 988 451 736IES Celanova 988 431 �90CEIP Curros Enríquez 988 431 7�5Oficina Seguridade Social Celanova 988 553 055Xulgado 1ª Instancia Celanova 988 431 48�Urxencias Sanitarias 061Cita previa Servizo Galego Saúde 90� 077 333Teléfono maltratadas 016ITV 90� 309 000Protección Civil 11�Incendios forestais 085Fenosa (averías) 988 ��� ���

4TELÉFONOS DE INTERESE

[Se eres un particular, publica os teus anuncios

clasificados gratis no 988 045 352 ou en

[email protected]]

4CLASIFICADOSALUGUER/VENDA

4AXENDAObradoiros- 9 e 10 de agosto - En-

contro de Cestería - Santa Mariña de Augas Santas (Allariz)

Deportes- 9 de agosto - Olimpia-

das Inter-pobos - Campo da Moreira - Xinzo de Limia

- �3 de agosto - XXV Triatlón Vila de Allariz- 18 h- Allariz

- �4 de agosto - Regata de piragüismo - Allariz

Música e espectáculos- �0 de xullo - I Festival

de bandas de música “Vila de Allariz”- �0 h - Festival de Xardíns de Allariz

Festas-17, 18, 19 e �0 de xullo

- Festas patronais de Santa Mariña- Xinzo de Limia

- �4 de xullo - Festa da Patria Galega - Souto do Folgoso (Allariz)

- �4 e �5 de xullo - Fes-tas na honra de Santiago Apóstolo- Coedo

- �4, �5 e �6 de xullo - Festas na honra de Santia-go Apóstolo e Santa Ana - Borrán (Vilar de Barrio)

- �5 e �6 de xullo - Ba-tucada - Verín

- Do �6 de xullo ao 9 de agosto - Ciclo do Pan - diversos emplazamentos de Allariz

- 1 e � de agosto - Pobo fantasma - �3 h - Chaioso (Maceda)

- � e 3 de agosto - Festas da Ramallosa - Celanova

- 8 e 9 de agosto - Feria do Viño - Verín

- Do 1� ao 16 de agos-to - Festa na honra de San Roque - Celanova

- �3 e �4 de agosto - Fes-ta da Empanada - Allariz

Feiras- Cartelle - 18 xullo - Celanova - os xoves- Cualedro - 18 de xullo- Maceda - �0 de xullo- A Merca - �6 de xullo- Rairiz de Veiga - �3 de

xullo- Ramirás - terceiro do-

mingo de xullo- Verín - �3 de xullo- Xinzo de Limia - �7 de

xullo- Xunqueira de Ambía

- �4 de xullo

Alúgase piso en Portonovo para todo o ano, con garaxe. Tel. 6�6 �97 504.Alugo apartamento en Sanxenxo 1 e � habitacións, aparcamento e barbacoa. A 15 minutos de praia Montalvo. Tel. 607 �7 19 16.Alugo apartamento amoblado, � habitacións, baño, garaxe pechado, próximo a Igrexa de Fátima. 370€ + comunidade. Telf. 988 �� �1 79.Compro casa vella, palleira, ade-ga ou galpón, máximo a 10 kms de Ourense. Prezo máximo aprox. 3 500 euros. Tel. 636 3� 95 �4.Compro terreo, máximo 500-1000 m� preto de Ourense, máxi-mo 10 kms aprox. Non importa que teña edificación de calquera tipo. Prezo ata 3.500 euros. Tel. 636 3� 95 �4.Vendo apartamento en Vigo, � habitacións, 1 baño con cociña americana, trasteiro e garaxe. Praia América. Bo prezo. Tel. 607 �7 19 16.Alugo piso amplo, 3 habitacións, cociña, � baños, salón, buhardilla, garaxe pechado e adega. Próximo á Igrexa de Fátima. 400€ + comu-nidade. Tel. 988 �� �1 79.Alúgase praza de garaxe en Edi-ficio Malingre, avda de Portugal, 4. Tel. 679 446 301.Alúgase praza de garaxe pecha-da na rúa Pena Trevinca, 40. Por 50 euros/mes. Tel. 649 �55 033.

EMPREGOMatrimonio cubano católico, con preparación cultural e profesional, busca emprego como coidadores de personas maiores, acompañan-tes, xardinería, traballo doméstico e outros servizos. Coidamos de en-fermos ou de persoas con discapa-cidade física, e realizamos traballo en residencias da terceira idade.Podemos traballar internos ou por horas, en calquera zona. Tel. 611 353 009.Ofrécese chica para traballo por horas: plancha, arranxos básicos de costura, limpeza de cociñas e fogar en xeral, organización de trasteiros.Chamar tardes. Tel. 618 806 516.Desbrózanse fincas con tractor e a man. Prezo económico. Tel. 630 5�1 448.

CONTACTOSOfrécese chico de compañía, de 34 anos, para mulleres de entre �0 e 55 anos. Fanse despedidas de solteira. Prezo económico. Tel. 66� �81 31�.

VENDASVendo rodas de coche. 185/80/R14. Tel. 663 376 00�.

Page 20: 16 de xullo - Barrios

�0 BARRIOSXullo de �014 ARTIGOS

4HISTORIAS DE MONTERREI

O día 1� de xullo do �014 quedará gravado na memoria de moitos dos veciños da comarca de Monterrei. Foi un día de festa, de felicidade e de protesta. Unha festa úni-ca nun lugar único, a fe-licidade de xuntarnos os veciños da comarca para unha boa causa e a mes-ma protesta de todo o ano: “Eu non quero hotel no castelo”.

A romaría de Monterrei foi multitudinaria. A festa, a diversión e as ganas de facerse oír e reclamar o que é xusto mesturáronse nunha xornada única. Os grupos e charangas que nos acompañaron duran-te todo o día conseguiron crear unha atmosfera chea de enerxía positiva e de forzas para a nosa cau-sa. Os nenos de mentres pasaban o tempo na zona infantil imaxinando que eran arqueólogos, xogan-do a xogos populares ou ao xadrez xigante, aínda que seguro que para todos eles a estrela da festa foi un exemplar de aguia ha-rris xenialmente amestra-da e que fixo as ledicias de grandes e pequenos. Men-ción aparte merece tamén

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

Jorge e Manuel... os nosos curas

Unha das cousas que aprendín dos maiores foi a de ser agradecido. Coi-do que é unha das virtudes máis fermosas que pode ter unha persoa, cando en reali-dade, alguén o merece.

Atrévome hoxe a ser o portavoz dunha xeración, que medramos ao amparo e protección espiritual dun-ha parroquia exemplar, di-rixida polos irmáns Sueiro Martínez, dous curas, Jorge e Manuel, que para valorar a súa longa traxectoria na querida parroquia de San-ta María a Maior de Verín poden xurdir opinións va-riadas, mais non se poderá negar o incomiábel labor feita cara aos máis necesi-tados deste pobo, e como non, o traballo incansable coas diferentes xeracións de rapaces que coas activi-dades da parroquia fomos aproveitando unha mensaxe inesquecible.

É sabido que hoxe en día, a discrepancia que hai na rúa á hora de falar dos es-tamentos eclesiásticos e das distintas institucións que os forman, a todos os niveis, é contundente. Aquí, hoxe, neste relato que sae do co-razón, non estou con máis intención que a de dar as grazas aos nosos curas en nome de todos aqueles que

formamos parte daquela xeración de mozos, porque aínda que fose de forma complementaría, eles for-maron parte da nosa forma-ción como persoas.

Máis de medio século conviviron cunha vila, que non pode ter máis que agra-decemento polo traballo desinteresado desenvolvi-do ao longo de todos eses anos. Quen non ten na casa algunha fotografía de don Jorge ou don Manuel?

Quixera ir mais alá do que a vista está, e que sinxelo é de resaltar, e sacar á luz detalles que, alomenos eu, sempre levarei na alma. O tándem formado por estes dous irmáns era unha ba-lanza equilibrada con preci-sión infinita.

Os rapaces de entón olla-bamos a don Jorge como o cura maior, serio e recto, que sempre deixaba unha mirada profunda, que facía que a súa mensaxe parsimo-niosa e metódica fora nítida e entendible para todos.

Pola contra, don Manuel era o cura máis novo, o em-prendedor, de voz potente e limpa, que soupo levar as rendas dunha comuni-dade de rapaces que non deixabamos de soñar. Con el moitos de nós puidemos ver o mar por primeira vez,

ensinounos tamén a falar diante do público, aínda que só fora para contar un conto, ou sinxelamente fixo que aprenderamos a com-partir un anaco de pan can-do non había outra cousa máis que roer.

Supoño, que entendere-des, que todos estes valores, insignificantes para moitos, foron parte das inmen-sas cousas que nos deixou aquel irrepetible Campa-mento Xuvenil do “Júnior”, que tanto botan de menos os pais de agora.

Con máis de medio sécu-lo de traballo en Verín foron moitos os acontecementos que tanto don Jorge como don Manuel fixeron na fer-mosa igrexa da parroquia, alumeada coa presencia do Cristo das Batallas, incrible imaxe que foi e será refe-rencia dos meus ollos, nun templo onde cada quen po-derá reflexionar ceibe, á súa maneira.

Quédome coa lembranza dos partidos que xogamos no atrio da parroquia entre as árbores, co beneplácito

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

Os ricos perderon moito coa crise e en certos casos até perderon percentual-mente máis do que as “cla-ses medias” e os “pobres”.

Acá está a situación do diñeiro abstracto e do diñei-ro concreto. Os ricos per-den a metade do que teñen, o que, nótese, non acontece porque a riqueza dos ricos

non vén dos salarios, é ex-presada en moitos bens que a crise alcanzou pouco ou nada. Non é a mesma cousa que aconteceu a un “clase media” ou un “pobre”.

Un profesor, por exem-plo, tivo un recorte de 700, 800 ou 900 euros, o que significa moito recorte; e nos pobres, �00 ou 300 é dramático.

Moitos dan leccións de moral aos consumidores “endebedados” e din que os salarios están por enriba do que a economía produce. O

concreto pesa moito, o abs-tracto é unha pena de ave voando ao vento.

O aparello dos partidos políticos é cada vez máis semellante. Quen muda acá son poucos milleiros de persoas que non teñen em-prego fóra dos partidos, os cales exercen unha influen-cia enorme.

Estes son máis combati-vos que os sindicatos, xa que é ao final a súa profe-sión. Eles saben que alá fóra é moito máis duro! Vivimos, por tanto, nunha

Pobres e ricos, diñeiro abstracto e diñeiro concreto

“Vivimos nunha democracia com-plicada, envolta en corrupción”

“Quédome coa lembranza dos partidos que xogamos no atrio, das películas do “Zorro”, das catequeses, dos maios e das rifas da tómbola”

dos curas aos que xamais lles incomodou o barullo dos rapaces na xolda, coas películas do “Zorro” no acolledor cine do salón parroquial, as catequeses, os maios, as rifas da tóm-bola da caridade no Láza-ro, e un sinfín de recordos entrañables que xamais se borrarán.

O noso Concello, des-pois da retirada por xu-bilación dos nosos curas, tivo o acertado detalle de dar o nome a unha das rúas de nova creación en Verín, concretamente a que cruza da Espido ata a rúa San An-tón, quedando reflexada co nome de “rúa dos Irmans Sueiro Martínez”.

Coido que o Cristo das Batallas fará forza para que don Jorge poida intuir este humilde agradece-mento, e que don Mano-lo, con paciencia infinita, agarde co noso alento vencer ese derradeiro es-forzo, sempre en beneficio dos demais.

Unha aperta de corazón.

Miguel A. Prieto “Chita”

democracia complicada, envolta en corrupcións espantosas, que no tempo do Salazar e Franco eran impensables.

Estamos dirixidos tamén por “mozos expertos” da peor especie, denotando unha incompetencia atroz.

Esperemos que o “bote-llón” de agora, non exer-za unha influencia dema-siado negativa nos mozos que nos gobernarán nos vindeiros anos, e que non sexa aínda peor!

João Damião

o concerto que o “Cuarteto de corda rock de cámara” deu despois do xantar. Será para sempre inesquecible e convértese na confirmación de que, mentres uns crean cultura, outros destrúen monumentos.

O momento álxido da ro-maría chegou co abrazo o castelo. Xentes de todas as idades déronse a man para demostrar o cariño que este pobo lle ten ao seu castelo e que se alguén pensaba que nolo podían quitar está equivocado. Unha vez máis quedou demostrado que os veciños non queremos ver dentro do castelo ese per-verso parador, que o que queremos é o noso castelo e por iso nos abrazamos a el.

Andrés Diz D, historiamonterrei.blogs-

pot.com.es

Abrazo ao Castelo. /AL SOLLA PRICE.

Abrazando o noso castelo

“Será para sempre inesquecible e convértese na confirmación de que, mentres un crean cultura, outros destrúen monumentos”

Page 21: 16 de xullo - Barrios

BARRIOSXullo de �014

�1OCIO E CULTURA

Redacción

“Auga, percusión, festa e diversión” é o lema da Ba-tucada de Verín, cuxa undé-cima edición celebrarase o venres �5 e o sábado �6 de xullo. Segundo confirmou o concelleiro de Festexos, Víctor Baladrón, a festa “si-gue a liña de todos os anos, é unha festa bastante espe-

rada e cada ano recibe máis xente”.

A batucada dá comezo a partir das 17 horas do día �5, cunha festa na Praia fluvial con inchables e dis-coteca móvil. Pola noite, desde as �� horas, a festa continúa na praza García Barbón con sesión a cargo de varios djs: John Axiom, Clode, London b�b Jonan e

MartinezKrlos.

Xornada do sábadoA xornada principal da

batucada é a do sábado �6: a partir das 16 horas terá lugar a festa da auga e da escuma na praza García Barbón, con agasallos e animación a cargo de Vidal López. E ás 19 horas darase o pistoletazo de saída á ruta

11ª edición da Batucada 4 A cita festiva é os días �5 e �6 de xullo.

Redacción

Coa chegada do verán Cruz Vermella prepara actividades lúdicas para nenos e maiores.

Na comarca de Celano-va organizarase un taller vacacional para cativos de 4 a 1� anos, de luns a ven-res de 9 a 14 horas, do 14 de xullo ao �9 de agosto.

En xullo e agosto, Ma-ceda acollerá xogos e ma-nualidades os luns, mér-cores e venres de 11 a 13 horas. Amais, en Allariz realizaranse actividades sobre materia ambiental e saúde para cativos.

Pola súa banda, a asam-blea de Monterrei ten pre-parada unha ludoteca in-fantil dous días á semana. Para as persoas maiores

Actividades para nenos e maiores con Cruz Vermella4 En todas as comarcas.

continuarán os talleres de memoria, manualidades e excursións pola contorna, e tamén se ofrecerá unha charla sobre produtos de apoio e un taller de risote-rapia no Centro Social de Verín. Asemade, en Riós realizaranse tardes lúdicas nas zonas recreativas.

Por último, nos centros sociais de Xinzo a Cruz Vermella impartirá talleres de memoria, expresión cor-poral, manualidades, xogos e andainas.

da batucada: os asistentes, disfrazados, percorrerán as rúas da vila do Támega ao son de dúas batucadas e unha charanga. Tras un descanso para cear, a festa concéntrase na praza Gar-cía Barbón co concerto de Komando Katana e Super-sandwich; ao seu remate a festa segue nas rúas veri-nesas ao ritmo de batuka.

Redacción

A posibilidade de catar os viños da última collei-ta de gran parte das ade-gas da Denominación de Orixe Monterrei é o prin-cipal atractivo da Feira do viño de Verín. A cita, organizada polo Concello de Verín xunto co Conse-llo Regulador, reunirá na fin de semana do 8 ao 10 de agosto, a 1� adegas da D.O no recinto feiral da praza da Mercé.

Á espera de pechar toda a programación, está pre-vista a celebración dalgún concerto como actividade complementaria á feira,

así como promocións gas-tronómicas e de aloxamen-to especiais nos establece-mentos da comarca durante a fin de semana.

E por segundo ano conse-cutivo a Confraría dos Vi-ños de Monterrei –consti-tuída o ano pasado- imporá as súas medallas de honra e de recoñecemento ao sector nun acto previsto para a tar-de do venres 8.

Feira do viño de Verín4 Na fin de semana do 8 e 9 de agosto.

Haberá festa da auga e da escuma na praza García Barbón

Público cantando viño nunha edición pasada da feira.

Por segundo ano a Confraría dos Viños de Monterrei concederá as súas medallas

Organizan actos nas súas sedes de Celanova, Maceda, Allariz, Verín, Riós e Xinzo de Limia

Page 22: 16 de xullo - Barrios

�� BARRIOSXullo de �014 OCIO E CULTURA

A Olympus, un dos pratos fortes das festas de Celanova4 A vila festexa en agosto Ramallosa e San Roque.Redacción

Por segundo ano conse-cutivo, un grupo de mozos e empresarios de Celanova están a dar forma ás súas festas populares. Cunha subvención do Concello de 3�.000 euros e a axuda económica de comerciantes e veciños, esta comisión de festas está a preparar uns completos festexos onde a música será a protagonista.

Pero, tal e como nos con-tou Carlos Vázquez, un dos membros da comisión, este equipo ten unha asignatura pendente que contan supe-rar nesta edición: o peche das festas coa tradicional tirada de fogos de artificio, que o ano pasado tiveron que anular por falta de pre-suposto. Non obstante, este ano todo está listo (se os permisos correspondentes o permiten) para que se qui-ten a espiña.

RamallosaAs festas botarán a andar

na vila de San Rosendo o primeiro fin de semana de agosto coa celebración da Ramallosa, cando na noi-

te do sábado � a procesión dos farois de papel ilumine as rúas, nunha das iniciati-vas máis tradicionais da lo-calidade así como das que conta con maior afluencia de público.

San RoqueDez días despois chega-

rán as festas na honra de San Roque, cunha apertu-ra musical que, de seguro, será moi agardada polos ve-ciños da vila e visitantes de toda Galicia. A recoñecida orquesta Olympus achega-rá a Celanova o martes 1� de agosto o seu espectáculo �014, agardando acadar o gran éxito do ano anterior.

tradición, deporte e gastronomía, no verán de Allariz4 Actividades para todos en xullo, agosto e setembro. Redacción

O Concello de Allariz organiza sendas activida-des enmarcadas na progra-mación de verán �014 na busca de incidir na dinami-zación cultural, e reforzar a capacidade de atracción turística de Allariz e a di-namización económica do municipio.

A programación de ve-rán é multidisciplinar e inclúe actividades dende xullo a setembro.

Cultura e tradiciónNo apartado cultural,

destaca a parte etnográfica, as festas que recordan os traballos doutrora no ciclo do pan (os días �6 de xullo e �, 8 e 9 de agosto) ou o Encontro de Cestería (9 e 10 de agosto en Santa Ma-riña de Augas Santas), que xunto coa Festa da Empa-nada (�3 e �4 de agosto) ou a Festa da Patria Gale-ga (o �4 de xullo en Souto do Folgoso) “contribúen a facer país e homenaxear á

O Couto Mixto recoñece tres novos xuíces honorariosA igrexa de Santiago de Rubiás, en Calvos de Randín, acolleu de novo a cerimonia que

a Asociación de Amigos do Couto Mixto organiza cada ano para nomear tres novos xuíces honorarios. Neste �014 o recoñecemento polo seu traballo en prol da memoria histórica chegoulle a dúas institucións, o Eixo Atlántico e a Escola Superior Universitaria Gallae-cia, amais do arqueólogo Xosé María Eguileta Franco.

A celebración completouse coa apertura por parte dos Homes de Acordo da arca que simboliza o Couto Mixto, coas tres chaves datadas do século XV, para depositar a do-cumentación xerada no último ano sobre este territorio, composto polas aldeas de Santa María de Rubiás, Santiago e Meaus.

Autoridades e membros da Asociación de Amigos do Couto Mixto xunto aos novos xuíces honorarios do Couto Mixto. /RAMSÉS.

4IMAXE DO MES

cultura galega” afirmaba Teresa Devesa, concelleira de Cultura.

DeporteEntre as actividades depor-

tivas que terán lugar durante a época estival destacan o XXV Triatlón Vila de Alla-riz (o sábado �3 de agosto a partir das 18 horas con saída desde a Alameda), no que participan triatletas recoñe-cidos no eido deportivo; ou a regata de piragüismo (�4 de agosto a partir das 10.30 horas) e a I Marcha BTT de Allariz (�0 de setembro).

GastronomíaA Feiras do Doce, Melin-

dre e Amendoado (domingo 7 de setembro) ou a de Ar-tesanía (domingo 14 de se-tembro) pechan o programa de verán, promocionando a repostería e artesanía de Allariz.

Acto de clausura do 1º Festival de Cine Rural Carlos Velo en Celanova. /S.NIETO.

Primeiros gañadores no Festival de Cine Rural Carlos Velo“Hijos de la Tierra”, de Patxi Ruiz, na categoría de documental, e “Porsiemprejamon”,

de Ruth Díaz, na de ficción, foron os traballos que acadaron os premios na primeira edi-ción do Festival Internacional de Cine Rural Carlos Velo (FICCVelo), que se desenvolveu o �0 e �1 de xuño no Auditorio de Cartelle e no Centro Terapéutico da Chaira de Amoro-ce. Os directores e actores das dúas curtametraxes premiadas estiveron en Cartelle para recoller o premio, unha peza escultórica da artista celanovesa asentada en Madrid, Lina Cofán, que representa unha cámara de cine antiga. Dada a calidade dos traballos presen-tados, o xurado decidiu outorgar, ademais, dous accesit, a “Trazos en la Cumbre”, no xénero documental, e “Epitafios”, en ficción.

Os organizadores destacaron a vocación de permanencia do FICCVelo, grazas aos dous primeiros froitos desta factoría cultural: o Xornal Agrario Galego e o Cinceclub Carlos Velo, que ao longo do ano van divulgar o mellor do mundo rural galego e o mellor cine rural por aldeas e vilas de Galicia e do Norte de Portugal.

Festa etnográfica da malla, o verán pasado no pobo alaricano de Queiroás./ARQUIVO.

Xa o mércores 13, a música correrá a cargo das orquestas América e Asia. E o día 15, da orquesta Royal. As actuacións das bandas de música de Ce-lanova e Vilanova dos In-fantes completan a oferta musical concretada ata o peche deste xornal (15 de xullo), momento no que a comisión comezaba aínda a recadar as contribucións económicas dos veciños.

Neste senso, dende a or-ganización destacaron que as achegas por parte dos comercios foron este ano un pouco maiores que na edición anterior e agrade-cían o apoio.

Procesión dos farois na Ramallosa./ARQUIVO.

Page 23: 16 de xullo - Barrios

BARRIOSXullo de �014

�30CIO E CULTURA

Olimpíadas Inter-pobos en XinzoRedacción

O Campo da Moreira de Xinzo acollerá o 9 de agosto as III Olimpíadas Inter-pobos, creadas co obxectivo de fomentar o deporte de base entre os mozos da comarca.

Deste xeito, entre as probas concretadas ata o momento atopamos os 100 e 3.000 metros lisos, lanzamento de sacho, tiro con fisga e de corda, e ta-mén loita galega.

Equipos por aldeaPara participar é pre-

ciso un equipo de, como mínimo, seis membros e que un deles sexa muller. Ademais, debe represen-tar un barrio ou aldea, polo que un dos membros debe ser dese lugar.

O prezo de inscrición é de 5 euros por partici-pante, que se abonarán o propio día, pero pre-viamente os interesados deben anotarse no Centro Social Aguilhoar de Xin-zo. Dende a organización, que colabora sen ánimo de lucro, aclaran que todo o diñeiro recadado será empregado para a com-pra de material, premios e equipamento.

Ademais, as instala-cións contarán ese día cun pequeño bar con be-bida fría, froita e boca-dillos para participantes e público. A entrega de premios terá lugar na Sala Clan a medianoite.

Festas de Santa Mariña en Xinzo4 Do 17 ao �0 de xullo.Redacción

Xinzo de Limia vístese de festa para celebrar as súas festas patronais de Santa Mariña do 17 ao �0 de xullo. A disputa da final do Torneo de fútbol 7 afeccionado, ás �0.30 horas, e a actuación da orquestra Pontevedra ás �3 horas na praza Carlos Casares marcarán o inicio dos festexos o xoves 17.

O venres 18, comezará o día coa saída da imaxe da patrona Santa Mari-ña en procesión desde a igrexa Vella ata a Nova. No acto participarán a Banda de Gaitas de Xinzo de Limia e a Agrupación Musical da Limia. Pos-teriormente celebrarase unha misa solemne canta-da pola Coral Santa Ma-riña. Máis tarde, a sesión vermout estará amenizada pola orquestra Foliada; a mesma orquestra actuará ás �1 e ás 00.30 horas na praza Maior. Pola tarte ofrécese a actuación dos grupos da Escola Munici-pal de Danza do Concello de Xinzo na praza Otero Pedraio (19 horas) e un espectáculo infantil fami-liar “A maxia de Xabi”, na praza Carlos Casares ás �0 horas.

O sábado 19 arrancará co espectáculo infantil fa-miliar “Polos Pelos”, no parque infantil do Toural. Ademais da sesión ver-mout (1�.30h), haberá

4 Actos do Día de Galicia

Tralas festas de Santa Mariña aínda nos agar-dan máis celebracións en Xinzo.

O xoves �4, dentro dos actos do Día de Galicia, haberá un acto de home-naxe ao escritor Antón Riveiro Coello como fillo predilecto do pobo de Xinzo. Comezará ás �0:30 horas cunha lectu-ra da súa obra e remata-rá coa descuberta dunha praca conmemorativa.

O Día de Galicia, o venres �5 de xullo, ás �0:30 horas, haberá unha ofrenda floral coa participación da Banda de Gaitas de Xinzo na rúa Galicia.

O domingo �7 de xullo a Agrupación Musical da Limia, Coral Santa Ma-riña e Coral de A Bola encheran de música a Igrexa Nova de Xinzo ás �0:30 horas.

4 Oco para o deporte

O deporte terá cabida nas festas e ao longo do mes en Xinzo. Durante todo xullo de luns a ven-res ás �0:30 horas, nas pistas da piscina haberá un torneo de tenis.

No campo de fútbol “José Antonio Fernández Carrera” disputarase un Torneo de Fútbol 7 afec-cionado durante o día 17, sendo a hora da final ás �0:30 horas.

O 18 de xullo haberá inchables para os máis pequenos a partir das 16 h nas piscinas, e un Tor-neo de Chave ás 18 h na Alameda do Toural.

No campo de fútbol “José Antonio Carrera” o 19 de xullo a partir das 18 horas celebrara-se o Torneo de Veteráns de Fútbol que enfrontará aos equipos de Antela CF, Muiños CF e Mace-da CF.

animación de rúa coa cha-ranga “Mekánika”, na pra-za Maior e barrio Vello. Ás 18 h o campo de fútbol “J.A. Carrera” acollerá o torneo de veteranos de fút-bol. A Banda de Gaitas do concello de Xinzo de Limia actuará na praza Maior ás 20 horas. Para o final do día a orquestra Ledicia será a protagonista; actuará na rúa do Toural ás �1 horas e á unha da madrugada.

Concurso de pinturaO último día de festas

(domingo �1), ofrécese unha das novidades da pro-gramación, o I concurso de pintura rápida, que dará co-mezo a mediodía.

A orquestra Salsa Rosa amenizará a sesión vermout e a verbena nocturna na rúa Río Arnoia (polígono). Na praza de Oriente ás 19 horas ofrecerase o espectá-culo familiar “Pepiña e Ma-ruxiña queren voar”. Ás �0 horas, “�na Fronteira” in-terpretarán na praza Maior cancións da nosa tradición.

A orquestra Ledicia tocará na rúa do Toural o sábado 20 de xullo.

Page 24: 16 de xullo - Barrios

BARRIOSXullo de �014