4
ZAMORA NUNHA HORA (Roteiro para o alumnado) TAREFA: Guiándote do mapa e das imaxes sinaladas, realiza o percorrido descrito a través da cidade.

Zamora nunha hora (al e prof )

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Tarefa para o alumnado

Citation preview

Page 1: Zamora nunha hora (al e prof )

ZAMORA NUNHA HORA (Roteiro para o alumnado)

TAREFA:

Guiándote do mapa e das imaxes sinaladas, realiza o percorrido descrito a través da

cidade.

Page 2: Zamora nunha hora (al e prof )

ZAMORA NUNHA HORA (Roteiro para o alumnado) 1. Praza maior. Era a porta de acceso á cidade medieval. Dun lado ten soportais e do outro a igrexa de San Juan de Puerta Nueva. Pechan a praza os dous concellos: o Vello, do séc. XVI, e o Novo, coñecido como a Casa de las Panaderas. Desde o concello iniciaríase a muralla árabe, hoxe enterrada baixo a praza. Á carón da igrexa hai un monumento en bronce en honor do Merlú, personaxe típica da Semana Santa zamorana, é a parella encargada de congregar, coa súa corneta enlutada, aos cofrades antes da procesión, para que asistan a misa. 2. Porta de Zambranos ou de dona Urraca. Pola porta oeste, desde a igrexa de San Juan de Puerta Nueva, collemos a

rúa da Raíña e dirixímonos ao primeiro recinto amurallado, xunto ao cal tiña a súa residencia a raíña dona Urraca.

3. Paseo de Ronda. Así se chama a rúa de Santa María la Nueva, pola que nos adentramos na Zamora medieval. Desde aquí podemos ver a torre da catedral.

4. Santa María la Nueva. Polo Paseo de Ronda continuamos cara

a rúa Motín de la Trucha por la que desembocamos na praza de Santa María la Nueva, unha das máis antigas, construída no séc. XI e reconstruída no XII despois do Motín de la Trucha, que foi unha revolta semellante á dos Irmandiños, pero a menor escala. O pobo sublevouse contra os abusos da nobreza, prendéndolle lume á igrexa cando os poderosos se atopaban dentro. Ao carón da igrexa está o Museo da Semana Santa. Tamén imos atopar o Barandales, outro personaxe típico da Semana Santa zamorana, que percorre as rúas precedendo as procesións cunha

campá na man, tal e como se facía xa no séc. XV. 5. Casa da Misericordia. Seguindo pola rúa Corral Pintado, atopamos esta casa de beneficiencia, do séc. XVIII, hoxe convertida en Museo Etnográfico. 6. Praza de Viriato. Percorrendo o perímetro do Museo e seguindo pola rúa Barandales, chegamos a esta praza, presidida pola estatua deste líder lusitano. 7. Palacio dos Condes de Alba. Edificio de finais do séc. XV, que se atopa nesta praza, hoxe convertido en Parador de Turismo.

8. La concepción. Desde a Praza de Viriato, dirixímonos a Claudio Moyano, onde se atopa este templo

do séc. XVII, chamado así porque alberga esa imaxe na súa portada. Na actualidade acolle a Casa da Cultura.

9. La Magadalena. Volvemos cara a Praza de Viriato e

collemos pola rúa medieval dos Francos até chegar á enorme igrexa deste nome, de estilo románico. Antigamente administrábase xustiza diante da fachcada deste templo.

10. Mirador de Pizarro. Ao carón do Convento do Tránsito, sae

unha rúa que nos leva a este miradoiro desde onde podemos ollar o río Douro e a Ponte de Pedra que o atravesa. Aos pés do miradoiro, atópase o Centro de Interpretación das Cidades Medievais. Seguimos pola costa de Pizarro. Pasamos por debaixo dos arcobotantes de San Ildefonso.

Page 3: Zamora nunha hora (al e prof )

11. Mirador de las Peñas de Santa Marta. Desviámonos cara a pasaxe do Troncoso, n aliña da muralla, para entrar no miradoiro e volver ollar a ribeira do Douro.

12. Casa del Cid. Deixamos o miradoiro pola rúa do Troncoso e dirixímonos á Casa do Cid, onde residía

o alcaide de Zamora, conselleiro de Urraca e Elvira, e do propio Cid Campeador. Pegada a esta casa atópase a Puerta de Olivares, unha das máis antigas da cidade, do séc. XI. Nela atópase gravada

unha placa que lembra a toma da cidade de Mérida en 1230 polas tropas zamoranas que combatían con Afonso IX, rei de Galicia e de León. 13. Catedral de La Transfugación. Do outro lado da Porta dos Olivares atopamos o Palacio Episcopal e xusto en fronte del unha igrexa do séc. XII, que posúe unha cúpula adornada con escamas de pedra. 14. Castillo.Despois de traspasar un arco entre a Catedral e a Casa dos Xigantes, pasamos ao parque que rodea o Castelo, construído no reinado de Fernando I. 15. Portillo de la lealtad. Saímos do recinto do Castelo

por esta porta, antes chamada da Traizón, pois cóntase que por aí entrou Bellido Dolfos (1072) despois de dar morte ao rei Sancho, poñendo así punto final a un cerco de máis de sete meses ao que estivo sometida Zamora por ese rei de Castela, irmán da raíña dona Urraca. Dese cerco naceu o refrán popular: No se tomó Zamora en una hora.

16. Santiago de los Caballeros. Desde a parte baixa da

muralla, aos pés da Fonte dos Remedios, continuamos o noso paseo bordeando a muralla. Regresamos a Trascastillo polo pequeno templo de Santiago de los Caballeros, moi ligado ao pasado histórico da cidade, pois dise que aquí foi armado cabaleiro o Cid e foi tamén onde o rei Afonso xurou, como xa fixera en Santa Gadea (Burgos), non ter nada que ver coa morte do seu irmán Sancho.

17. Aceñas de Olivares. Continuamos por Trascastillo para

volver a Puerta de Olivares, pero asomámonos ao río para contemplar estes catro vellos muíños do séc. X, hoxe convertidos en museos.

18. Peña Tajada. Polo paseo fluvial, en dirección á Ponte de Pedra, descubrimos por que Zamora foi coñecida entre musulmáns e cristiáns como “la bien cercada”, pois por un lado protéxea o río Douro e polo outro este peñasco. 19. Playa de los Pelambres. Desde aquí podemos volver á Praza Maior ou atravesar a Ponte de Pedra, para chegar pola ribeira até o Benidorm zamorano, onde hai un merendeiro. As vistas máis fermosas da cidade vella atoparémolas aquí, pois vense as ruínas da vella ponte romana, a rocha sobre a que se asenta Zamora, a muralla e a catedral.

20. Regresamos pola Ponte de Pedra, entrando na cidade medieval, cara á Praza de Santa Lucía. Subimos a costa de San Cipriano e dirixímonos cara á praza de Viriato, para coller a rúa Ramos Carrión e chegar á Praza Maior. Ou non e agardamos que nos recolla aquí o noso condutor.

Page 4: Zamora nunha hora (al e prof )

PARA SABER MÁIS…

AGUSTÍN GARCÍA CALVO (ZAMORA 1926-2012)

Catedrático de linguas clásicas na UCM, lingüista, tradutor,

dramaturgo poeta ensaísta e pensador. Zamorano e comprometido

co pobo de Zamora.

Foi alumno do mestre da filoloxía clásica española Antonio

Tovar. A ditadura franquista obrígao en 1965 a abandonar a súa

cátedra xunto con Enrique Tierno Galván, José Luís López

Aranguren e Santiago Montero Díaz, por prestar apoio ás protestas

estudantís. Exíliase en París onde foi profesor da Universidades de

Lylle e do prestixioso Collège de France, así como tradutor da

editorial antifranquista Ruedo Ibérico. Coordinou un faladoiro

político no café do Barrio Latino La boule d'or. En 1976

restitúeselle a súa cátedra. Realizou traducións fundamentais en castelán dos clásicos, desenvolveu importantísimas

contribucións á Lingüística Xeral e desenvolveu un pensamento político libertario.

Esbozo do seu pensamento:

Na súas intervencións, García Calvo, tentou dar voz a un sentir anónimo, popular, que rexeita os manexos do

poder. Esencial a esa loita é a denuncia da Realidade, unha idea que, segundo denuncia o autor en varias ocasións,

se presenta como reflexo fiel de o que hai, cando de feito é unha construción abstracta, na que as cousas son

reducidas pola forza a ideas. Dese xeito mátase canto poida haber nas cousas de impredicible e infinito, e resulta

posible sometelas a cómputos, plans, esquemas e manexos. A xente, un caso máis de cousa, queda organizada así

en Individuos, sometidos a unha dobre exixencia contraditoria: cada un ten que ser individual, e sen embargo todos

han ser sumables nunha Masa numérica. Por sorte, esta organización deixa sempre cabos soltos: ao que poida

quedar na xente de ocorrencias imprevisibles, non sometidas a plan nin cálculo, refírese García Calvo como o pobo.

O progreso do Poder chega á súa cúspide nas sociedades democráticas, compostas por Masas de

Individuos. Dado que o plan do Progreso é introducir este sistema en todas partes, a loita popular debe dirixirse

contra a Democracia, O Estado do Benestar, por ser este o réxime que administra a morte (dado que o único certo do

futuro é a morte, anticipar este -como fai o poder- con plans ou propósitos constantes é acercar a morte para desvivir

a vida) do pobo nas sociedades máis avanzadas. A pervivencia de formas máis atrasadas de dominio (como as

ditaduras comunistas ou as dos países musulmáns) serve para lexitimar, por comparación, a Democracia burguesa, e

debe considerarse polo tanto un engano.

Últimas noticias da Comuna Antinacionalista Zamorana, para os que preguntan por ela de cando en vez.

Segue viva naturalmente (só o que sabe de todo que é o que é pode morrer; está xa morto) e aos seus dez e

sete anos florece e campa polos seus foros.En tanto, o Estado e o Capital (que cada vez son máis a mesma cousa)

seguiron progresando, e co progreso, descubrindo cada vez máis, nas súas actualidades, a súa eternidade.

Zamora, por exemplo, non só segue sen liberar e padecendo, a destrución pola construción e na submisión

ás ideas dominantes, unha morte por fortuna interminable, senón que carga agora encima con tres capas de Estado,

o nacional español, o autonómico castelán-leonés e o económico da Futura Europa.

Confía ela en que acaso tanta esaxeración no progreso, tanta necesidade de Capital e Estado de anovarse a

todo trapo para ser o mesmo, poida favorecer que a xente descubra con demasiada claridade o que se lle mente e o

que se lle vende e sacar diso corazón e razón para a rebelión liberadora.Namentras, non se pregunte onde está a

C.A.Z.: porque nin está propiamente en Zamora nin é tampouco de todo estraña de Zamora, posto que vive no seu

desterro; nin se pregunte cantos son os membros da C.A.Z.: porque, como se recorda, da C.A.Z. só se é máis ou

menos, pero non si ou non; e polo tanto, non estando cada un máis ou menos e a ratos seguro de ser dela, tampouco

se pode saber con seguridade cantos son os que a C.A.Z. ten en cada momento.

Por número de almas (cada unha coa súa tarxeta bancaria e o seu Documento de Identidade) conta o Estado

a masa dos seus súbditos e o Capital a dos seus consumidores, que uns e os outros, para que as contas cadren,

haberán de ser o mesmo número. Os da C.A.Z., en troques, non son máis que xente que non se conta e pobo

indocumentado.

Saúde para eles, sexan quen sexan!