A poesía das Irmandades da Fala.
Características, autores e obras
representativas.
Cambios sociais 1º terzo século XX:
- Derrube da fidalguía
- Eliminación do sistema foral
- Acceso do campesiñado á propiedade
da terra
- Consolidación dunha pequena
burguesía industrial e financiera
Consecuencias da desamortización na Galiza
Xa que o que se pon en venda son os dereitos
sobre as terras e non o seu dominio útil, o foro
seguirá vixente.
Así, desde 1855 a propiedade cambia de
mans, pasa da Igrexa aos burgueses e
fidalgos, pero o foro persiste.
O campesiñado non se
ve beneficiado porque,
dada a súa escasa
capacidade económica,
non pode mercar as
terras.
Con todo, desde 1865, debido a un fortalecemento da lexislación sobre a
propiedade individual, os campesiños comezarán a mercar as terras xa que
teñen os cartos procedentes da emigración. Isto traerá consigo unha
consecuencia negativa: a consagración do minifundio.
Sociedades agraristas:
- "Solidaridade Gallega ", "Unión
Campesiña“: organizacións cun programa político
claro que intentan atopar a solución aos problemas
organizativos da produción e do foro.
- "Acción Galega" (1910): Basilio Álvarez, Cabanillas, Noriega Varela
A aparición do nacionalismo
Local onde se fundou a primeira Irmandade da no 18/05/1916. Na placa pódese ler:
O 18 de maio de 1916 fundouse aquí a primeira
das IRMANDADES DOS AMIGOS DA FALA ao
impulso dos nacionalistas galegos Antón e
Ramón Vilar Ponte (1881-1936 1891-1953).
O 18 de maio de 19161916 unha xuntanza nos
locais da Real Academia Galega da Coruña, á
que asistiron arredor de 20 persoas, acordou a
creación dunha Irmandade dos Amigos da Irmandade dos Amigos da
FalaFala. Entre os que acudiron á xuntanza
estaban Manuel Lugrís Freire, Florencio
Vaamonde Lores, Uxío Carré Aldao, ou Ramón
Vilar Ponte entre outros.
Tiña como obxectivo a defensa, exaltación e fomento da
lingua de Galicia,
Nomeou a Antón Villar Ponte Primeiro Conselleiro
Desde o comezo houbo dous sectores
diferenciados: o político e o culturalista.
O político era partidario da conquista do poder
político;
o culturalista ‑ dirixido polo grupo ourensán de
Vicente Risco‑ pretendía a defensa e potenciación da cultura
galega.
No cultural, o pulo que deron as
Irmandades da Fala na defensa e
potenciación da Lingua e Cultura
Galegas, foi tan grande que creou
a imaxe de que as Irmandades
constituían un movemento só
cultural.
Mais nada máis falso, porque en
realidade foi un movemento
político nacionalista aínda que con
moitas actividades culturais como
cursos de Galego, Historia,
Literatura ou Arte de Galicia....
O termo nacionalista aparece por primeira vez na "Primeira
Asemblea Nazonalista Galega" celebrada en Lugo en
1918.
O seu proxecto baseábase no autogoberno para Galicia e a
súa federación co resto das nacións que compoñen a
Península Ibérica, coa correspondente cooficialización do
galego a tódolos niveis.
Obxectivos prioritarios:
Autonomía integral para Galicia.
Autonomía municipal.
Ingreso de Galicia na Liga das Nacións.
Busca dunhas bases para facer posible un federalismo
con Portugal.
No político, as Irmandades fundamentan o seu
programa na crítica ó estado centralista como
causa dos males de Galicia.
Para expoñer as súas ideas, publican o Manifesto da
Primeira Asemblea Nacionalista en Lugo o 18 de
Novembro de 1918, que marcará a pauta política do
galeguismo.
I Manifestoautonomía integral da
nación galega
estado federal que deixe unha porta aberta á
integración de Portugal
Igualdade de dereitos políticos para a muller
Existencia dun Parlamento Galego que elixiría un goberno galego.
As competencias serían moi amplas: educación, réxime bancario, crédito agrícola,
construción e administración de ferrocarrís....
Tendo Galiza todas as características esenciais da
nacionalidade, nós nomeámonos, de hoxe para
sempre, nacionalistas galegos, xa que a verba
rexionalismo non recolle todas as aspiracións nin
encerra toda a intensidade dos nosos problemas.
Obxectivos para Galicia:Obxectivos para Galicia:
O poder lexislativo encomendábase a un Parlamento galego, elixido
directamente polo pobo.
O poder xudicial estaría sempre desenvolvido por cidadáns galegos.
Réxime tributario propio, sen intervención do poder central.
Supresión das Deputacións Provinciais.
Fixación do cupo de forzas que se estimasen precisas para manter a orde
no país.
Obxectivos para Galicia:Obxectivos para Galicia:
Lexislación social nas competencias que se estimasen non exclusivas do
Estado.
Toda a potestade docente.
Administración (non construción) dos ferrocarrís.
Control da política económica, non excluídos os bancos.
Recuperación por parte dos pobos dos montes comunais.
Obxectivos para Galicia:Obxectivos para Galicia:
Igualdade de dereitos da muller.
Soberanía estética de Galicia (que se conservase nas construcións o
estilo digno e propio de cada marco xeográfico).
Cooficialidade do castelán e do galego.
O fracaso nas eleccións e a Dictadura de
Primo de Rivera contribúen a que en 1922
triunfen as teses culturalistas e apolíticas.
En 1907 nace o xornal A Nosa TerraA Nosa Terra
integramente en galego (que contou dende o
comezo con 2.000 subscritores).
10 anos máis tarde, convertirase no órgano de
expresión das Irmandades da Fala e
posteriormente, en 1932, do Partido Galeguista.
A promoción Antre dous séculos abordaría a tarefa de
arrequentar os achados estilísticos da escola formalista finisecular de
xénea pondaliana coa herdanza esteticista dos idealismos que daquela
agromaban no ámbito europeo.
Mais este proceso desenvólvese sen que os seus protagonistas
cheguen a consolidar unha mínima coherencia de grupo nin unhas
canles de expresión colectivas.
A negativa consideración deste periodo canto á calidade
poética, vén determinada pola falta de orixinalidade e a
reiteración nos vellos temas e formas, que xa estaban
esgotados.
Canto ao contido, basicamente vemos reproducidas as
grandes liñas temáticas dos grandes poetas do XIX: a liña liña
socialsocial (preocupación pola situación do país,
fundamentalmente polas penurias económicas dos labregos;
reivindicación dos nosos sinais de identidade, sobre todo o
idioma, e chamamento a recuperar a nosa historia e as súas
figuras senlleiras); a liña intimistaliña intimista; e, finalmente, a
costumista-paisaxísticacostumista-paisaxística, en que se describe a
fermosura da nosa terra e se reivindican os nosos costumes.
A orixinalidade desta nova poética reside, segundo Ferrín, en
"anchear e arriquecer esa nova sensibilidade con
aporíamentos diversos, fundamentalmente modemistasmodemistas,
españois, e varios portugueses".
Independentemente da etiqueta
clasificatoria por que se optar, no que si
parecen concordar os críticos é en que non
estamos perante unha corrente modernista
strictu sensu, parella á española ou
latinoamericana en voga nesa altura, senón
que máis ben asistimos a unha
interpretación poética que combina a interpretación poética que combina a
tradición cultural galega cun certo tradición cultural galega cun certo
influxo influxo modernista -saudosismo,
símbolismo- palpábel tanto no fondo como
na forma.
Ramón Cabanillas Enríquez é considerado
como a síntese e superación do Rexurdimento,
herdeiro do máis elevado da tradición
decimonónica e ao mesmo tempo actualizador da
poesía galega. Con el incorpora, certamente de
forma serodia, os elementos básicos das estéticas
post-simbolistas europeas interseculares.
encadramos a Ramón Cabanillas na xeración
das Irmandades, aínda que por idade lle
corresponda dentro dela o rango de "irmán
maior“; sen embargo a súa peripecia biográfica
e intelectual asimilase á dos máis novos e
conflúe con eles plenamente tras a
constitución das Irmandades da Fala.
Coma eles, Cabanillas inicia o seu labor literario na
segunda década do século e alcanza especial
fecundidade nos anos 20, no período de plena
eclosión cultural do galeguismo de preguerra.
ParticipanParticipan ombro con ombro nas mesmas
empresas galeguizadoras, desde o Seminario de
Estudos Galegos ao Partido Galeguista, ademais de
colaborar nas principais publicacións alentadas
desde as Irmandades (A Nosa Terra, Rexurdimento,
Nós, etc.).
De feito, os homes das Irmandades -preferentemente prosistas- fixeron del un estandarte, ao cualificalo como 'Poeta da 'Poeta da RazaRaza", sucesor lexítimo de Rosalía, Pondal e Curros. No discurso pronunciado no acto de fundación da Irmandade de Amigos da Fala de Compostela, o malogrado Lois Porteiro Garea define con toda precisión o elevado papel que lle foi encomendado:
Cabanillas é o cardiaco que vén á remover (supricando, mallando, escarnecendo) a nosa apatía, a espertamos do sono mortal. Hémolo poñer por cabeza d'este movimento, que si precisa moito estudio e moito sacrificio, ten as súas raíces n-o corazón onde nacen os versos fortes e altivos, y-os pianos y-amorosos de Cabanillas que todos manan da mesma fonte. Estas sacudidas levan sempre diante un vate, un profeta, un rebelde (un tolo din as xentes porque predica ós que dormen) que loitando ca disgracia, ca cólera dos podrosos qu'embisten n'el com'o mar n-os baixos, co sono dos medianos qu'o abandonan, e c'a pobreza d'os probes que non s'atreven, va¡ pola terra asovallada aturuxando.
Ramón Cabanillas Enriquez nace o 3 de San Xoán
de 1876 na pequena vila feudal de FefiñánsFefiñáns,
pertencente daquela á freiguesía de San Adrián de
Vilariño e hoxe anexada á vila de Cambados
(Pontevedra). Asiste á escola na súa primeira
infancia, a unha escola aldeá que podemos
imaxinar hoxe en día lendo a saudosa evocación
que fai dela en Vento mareiro (1915):
¡Con que vida de milagre rexurde a visión daquela casa de escola, asentada no adro, a carón da igrexa!
¡Ou paredes! ¡Ou baranda da escala longa e estreita do patín! ¡Ou ventaniñas claras, ridoras, abertas sobre da horta do antigo convento! ¡Como se espella na alma, como arrecende o recordo, esa roseira sempre florida que loce máis rosas canto máis vella!
Á idade de nove ou dez anos, e quizabes sentindo xa
a chamada do Seminario, vai a pasantía de vai a pasantía de
LatínLatín nunha parroquia veciña. En carta dirixida a
don Ricardo Carballo, o poeta retrata con sinxeleza e
tenrura a figura do profesor:
Tratei de deprender Latín, ós nove ou dez anos, cun
santo abade, moi enfermiño e falangueiro, que me
daba máis mazás que leccións, na lindeira parroquia
de Corbillón.
0 certo é que en 1889 reside xa no seminario de San
Martiño Pinario, en Compostela, onde non se destaca
precisamente polo seu amor ao estudioamor ao estudio. Na referida
carta pódese ler:
Entre o 89 e o 93 paseei os claustros de San Martiño Pinario,
de onde saín cun revoltixo na cachola, de Historia, Retórica e
Matemáticas. De Latín, Grego e Filosofia, nada, nin polo
forro; catro vaguedades penduradas dun fío.
En 1893 deixa o Seminario e incorpórase ao traballo
burocrático, como oficial de contabilidadeoficial de contabilidade,
na casa do Concello de Cambados. Alí comparte o
seu lecer entre as tascas mariñeiras e a lectura:
Nese tempo divertinme nas tascas, entre mariñeiros, e
facendo, ás veces, coplas de rexoubeo. Lin todo o que
atopaba por diante, porque sempre fun un lector sen
acougo, anque sen método, selección, escolla, ficheiros nin
nada que se lle pareza. E... case¡. Pero esto pertence ao meu
ser íntimo, cheo de felicidade e santidade.
Temos, pois, a don Ramón no seu Cambados,
burócrata e casado, feliz no traballo e na familia.
Pero, para saber que era aquelo de AméricaAmérica,
embarca para CubaCuba en setembro de 1910,
deixando na casa a muller, coa que vai manter
constante correspondencia, e os fillos, dos que
se va¡ lembrar sempre, facendo da súa crianza
obxecto de preferente preocupación, máis coma
faceta moral ca material.
Ver os fillos, para ben criados,
Amantes do seu chan, traballadores,
Sin rebaixarse nunca ante os señores
Nin erguerse xamais ante os coitados.
Reside na Habana evai gañar o pan en traballos
burocráticos: primeiro como contable de comercio e
despois como administrador do Teatro Nacional,
que daquela era propiedade do Centro Galego. Por
cartas dirixidas a Manuel Sánchez Peña -datadas
entre outono de 1910 e xuño de 1915- temos
amplas noticias, referentes á súa actividade
intelectual, burocrática, galeguista e persoal, que
foi moi intensa neses cinco anos.Os extrañáis de que no escribo; no os extrañéis.
Estoy metido en una vida que no me deja tiempo para nada.
O seu contacto coa intelectualidade contacto coa intelectualidade
galeguista emigrantegaleguista emigrante é intenso nestes anos: Nicolás Rivero, Xosé Castro «Chané», Xosé Fontenla Leal, Adelardo Novo (amigos todos eles de Manuel Curros Enríquez, morto na Habana dous anos antes da chegada de Cabanillas), e os asiduos do café «La Puerta del Sol», compoñentes da bohemia literaria e artística dos galegos residentes en Cuba: Antón Villar Ponte, Roberto Blanco Torres, Xulio Sigüenza, Virxilio Blanco...
Alí coñeceu tamén a Basilio ÁlvarezBasilio Álvarez que o gañou para a causa agrarista.
En 1913 publica No No desterrodesterro, prologado por Basilio Álvarez, o famoso cura de Beiro, líder de Acción Gallega, con quen Ramón Cabanillas mantivo sempre unha fonda amizade e mais unha comunión ideolóxica no referente á loita anticaciquil.
En 1915, ano da
publicación de Vento
mareiro volve a
Cambados, renunciando a
un propósito inicial de
visitar os Estados Unidos -
1911:
«Estuve a dos dedos de irme a
Filadelfia, en los Estados
Unidos El puñetero inglés que
no me entra!»-,
Es inverosímil y ridículo -escribe o 24 de xuño
de 1915 a Manuel Sánchez Peña-, pero es
verdad: estoy disgustadísimo viendo
acercarse el día de dejar a Cuba. Nada me
liga a esta tierra, absolutamente nada, y, sin
embargo, me ha puesto imposible la
seguridad de abandonarla. Perdí el humor
para escribir y no tengo serenidad para
explicarte mi estado de ánimo.
Reintégrase á burocracia local, á apacibilidade da vida familiar e á actividade política, en estreita relación coas Irmandades da Fala e co seu fundador Antán Villar Ponte.
O compromiso co proxecto das Irmandades da Fala levouno a colaborar asiduamente en A Nosa TerraA Nosa Terra, converténdose na voz lírica do movemento. Foi aclamado como Poeta da RazaPoeta da Raza e utilizou os seus poemas ao servicio da construción nacional, abandonando os ecos intimistas presentes na súa primeira poesía.
0 día 31 de agosto de 1920, festa de San
Ramón, é recibido na Real Academia Galega
para ocupar a vacante que se producira coa
morte de don Xosé Salgado Rodríguez. O seu
discurso levaba como título A saudade nos
poetas gallegos.
0 26 de maio de 1929 le o seu discurso de
ingreso na Real Academia Españolana Real Academia Española, para a que
fora designado xunto con Cotarelo Valledor, en
cumprimento dunha disposición do Goberno de
Primo de Rivera que asignaba dous postos na
devandita Institución para cada unha das
culturas españolas con entidade lingüística
propia: a galega, a catalana e a vasca.
Ó discurso, que leva como título Un somero
recuerdo de la vida y obra de Eduardo Pondal,
responde Juan Armada y Losada, marqués de
Figueroa.
Fixa a súa residencia en MadridMadrid para asistir ás
sesións da Academia e, a partir deste momento, a
súa vai ser unha permanente peregrinaxe: Madrid,
Valencia, Cambados, Baracaldo, Samos... na que o
poeta se vai ver obrigado a perder a estabilidade
da súa vida ideal, familiar e mais aldeá, para
someterse a outras imposicións do seu rango de
poeta universalmente recoñecido.A ti miña muller, arca pechada,Que no seu fondo garimoso encerraO que me queda santo sobre a terra,Van estes versos de visión dourada.
Eles diranche que, ó través da vida,Sempre, sempre miña alma soñadoraPideulle a Dios que na postrera horaCerre os meus ollos esa man querida.
Sofre a pobrezapobreza: La deportación de mi hermano -
escribe a Valentín Paz Andrade o 22 de maio do 39- le impidió resolverme una situación económica urgentísima: la del abono de mi costosa operación quirúrgica. Recurriendo a todos los medios he podido reunir una parte de la cantidad que debo entregar mañana, y como mis más cercanos amigos están en situación idéntica o alejados, te ruego con verdadera necesidad me mandes seiscientas cincuenta pesetas, que te satisfaré en el plazo máximo de dos meses, pues tengo un trabajo a realizar que me permitirá cumplir la devolución en ese plazo.
Tendo a pobreza por digna compañeira e limpa
a conciencia de mundano lixo, chégalle a morte
en Cambados, na casa dunha súa filla, o 9 de
novembro de 1959.
É amortallado co hábito de San Francisco e
enterrado en Cambados, aínda que
posteriormente os seus restos foron
trasladados a Santiago e depositados na igrexa
conventual de Santo Domingo, na mesma
capela cós de Rosalía de Castro e Alfredo
Brañas.
Escribiu fundamentalmente poesía lírica e poesía lírica e
poesía narrativapoesía narrativa, pero tamén publicou
teatroteatro e esporadicamente textos ensaísticos
como o seu discurso de entrada na RAG A
saudade nos poetas galegos (1920) ou o prólogo
á Antífona da cantiga.
Poesía lírica:Poesía lírica:
•No desterro (1913)
•Vento Mareiro (1915)
•Da Terra asoballada (1917)
•A rosa de cen follas (1927)
•Antífona da cantiga (1950) (antoloxía de
cantos e coplas populares)
•Da miña zanfona (1954)
•Versos de alleas terras e tempos idos (1955)
•Samos (1958)
Poesía narrativa:Poesía narrativa:
• Na noite estrelecidaNa noite estrelecida (1926) (1926)
• O bendito San Amaro (1925): bioggrafía deste
santo galego.
• Camiños no tempo (1949): recompilación da
súa poesía narrativa.
Teatro:Teatro:
•A man de Santiña (1921)
(teatro)
•O Mariscal (1926) (teatro)
Cabanillas supera o risco de converterse nun
epígono máis do Rexurdimento mercé á
incorporación ao galego dos rexistros que
caracterizan a modernidade poéticamodernidade poética.
Desde o punto de vista estritamente literario, a
estética de Ramón Cabanillas constitúe unha
síntese peculiar dos seguintes elementos básicos:Tradición
clásica greco-latina
Mestres do Rexurdimento
Tradición Folclórica galega
Romanticismo e
Simbolismo e postsimbolismo
• A tradición clásica greco-latinatradición clásica greco-latina,
coa que entra en contacto na súa
mocidade de seminarista, máis
preocupado polas lecturas de Horacio e
Ovidio que pola Biblia e os Pais da
Igrexa. Unha boa síntese desta
orientación achámola en Versos de
alleas terras e tempos ¡dos (Paráfrasis
galegas) (1955), onde adapta até unha
ducia de autores clásicos. 0 peso da
tradición culta é especialmente
perceptible en Samos (1958).
• A tradición folclórica galegatradición folclórica galega, da que foi
tamén escolmador con Antífona da cantiga
(1951), posteriormente reeditado como
Cancioneiro Popular Galego.
• Os "mestres maioresmestres maiores" do Rexurdimento,
Rosalía, Pondal e Curros, cos que sucesivamente
foi emparentado polos seus coetáneos e aos que,
efectivamente, foi buscar inspiración en distintos
lances da súa obra.
• O romanticismo tardíoromanticismo tardío -Heinrich Heine está
presente con Rosalía na inspiración de A rosa de
cen follas (1927)- e de maneira especial os os
movementos simbolistas e post-simbolistasmovementos simbolistas e post-simbolistas
da segunda metade do século.
Verlaine e Rimbaud
A etapa de formación de CabanillasA etapa de formación de Cabanillas coincide
coa eclosión do modernismomodernismo. Sen embargo, a
literatura galega mantense en liñas xerais á marxe
das propostas rubendarianas.
Do modernismo hispano Cabanillas adopta as
roupaxes externas: a versatilidade métrica e
rítmica, con versos alexandrinos ou sonetos de arte
menor; un lixeiro exotismo con princesas, pierrots,
mandaríns chineses, xardíns amenos, etc.; e o gusto
polo sensual, os ambientes lánguidos, a
musicalidade, o preciosismo verbal e os efectos
coloristas.
Sen embargo, outros trazos de igual relevo alonxan
ao cambadés da estética puramente modernista: o
gusto polo folclore popular, o léxico rural, a
anécdota narrativa...
A maiores, Cabanillas asume para a súa obra un
marcado ideal ético e unha finalidade finalidade
concienciadoraconcienciadora que pouco teñen que ver co
esteticismo vougo e as teorías da art pour l'art.
Tras incorporarse ao proxecto cultural das
Irmandades da Fala, Cabanillas toma contacto
tamén co saudosismosaudosismo portugués.
Como as Irmandades para Galiza, os saudosistas
propuñan para Portugal un programa de programa de
rexeneraciónrexeneración baseado na recuperación das recuperación das
raíces nacionaisraíces nacionais que coidaban ameazadas.
O rescate da memoria colectiva era entendido
como unha forza capaz de mobilizar as enerxías
dos dous pobos na procura dun futuro mellor. 0
punto de confluencia de pasado e futuro era o
sentimento de saudade, elevado desde o rango de
nostalxia ao de forza histórica.
É por iso que é tan importante o mentemento da
memoria histórica.
A saudade é un camiño de perfección ao través da alma galega: ese camiño escomenzou co primeiro galego que conquireu a plenitude do sentimento racial e morrerá c-o derradeiro galego que alente sobre a Terra. A saudade é a lembranza do Pasado arnostrándonos o que levamos dentro de nós por herdo dos nosos pais, dos nosos abós e da Terra de que somos feitos e, ao tempo, é a Espranza no Porvir que nos pendura d-unha arela docísima, d-un deseio nunca satisfeito de conquerimento do Alén, de acercamento á Divinidade.
O saudosismo terá unha influencia decisiva na obra dos anos 20, onde apreciamos un crecente interese polos temas históricos, unha tendencia mítica e certo misticismo entre cristián e panteísta.Todos estes elementos, unidos a un profundo coñecemento da tradición decimonónica e da poesía popular, dan lugar a unha obra rica e plural. Cabanillas incorpora aos seus textos rexistros e temáticas descoñecidos na poesía galega -temática relixiosa e bucólica, o mito artúrico...- ao tempo que renova os modelos habituais mediante un novo tratamento en que se combina sensualismo, plasticidade e un perfecto dominio do ritmo e da linguaxe.
Evolu
ció
n
Evolu
ció
n
lite
rari
alite
rari
a
1910-1915: Etapa de formación ou pregaleguista
1915-1920: Etapa galeguista
1920-1930: Etapa mítico-saudosista
1939-1949: Etapa de posguerra (segunda madurez)
a) Etapa deformación ou pregaleguista a) Etapa deformación ou pregaleguista (1910-1915)(1910-1915)
Coñece a Basilio Álvarez e impresionado pola súa oratoria asume o ideario agrarista e convértese en portavoz literario do movemento.
Nos anos da emigración cubana Cabanillas escribe os seus dous primeiros libros, No desterro. Visión gallegas (1913) e Vento mareiro (1915)
No formalformal, apreciamos neles a asimilación da
tradición poética do Rexurdimento, así como a
incorporación dos achados métricos e estilísticos do
modernismo rubendariano.
Editadas na Habana son as iniciadoras dunha nova
corrente estética que se consolidará como propia e
que combina a evocación descritiva nostálxica dun
emigrante co poeta anticaciquil e cívico que reclama
dende o primeiro momento o necesario camiño da
galeguización definitiva.
Canto á temáticatemática, os poemas desta época
expresan a nostalxia do desterrado que a través da
lembranza reconstrúe a presencia dos lugares
nativos, as paisaxes familiares, os amores infantís,
a nai, a esposa, etc. Noutros casos, a poesía faise
narrativa e incluso humorística ao describimos un
Pierrot labrego ou arremedar de forma obscena a
lenda do paxaro de Armenteira. A emigración, que
o poeta coñece agora por experiencia persoal, non
provoca a máis mínima crítica social: tan só no
poema inicial de No desterro, "Camiño adiante", se
nos presenta como decisión liberadora do labrego
que marcha canso de sufrir a humillación e a
inxustiza.
A par desta poesía descritiva ou narrativa, encontramos tamén un reducido número de poemas -catro entre cincuenta en No desterro; oito en Vento mareiro- que mostran a voz dun poeta poeta
civilcivil, empeñado en denunciar con versos rabiosos e incendiarios os males do foro, a miseria dos labregos e as ansias de redención que atravesan o campo galego. Poemas como "A Basilio Álvarez", "Acción gallega", "A un cacique", "Lume no pazo", etc., convértense en auténticas proclamas anticaciquis e antiseñoriais e marcan nos anos seguintes o perfil literario do autor.
b) Etapa galeguista (1916-1920):b) Etapa galeguista (1916-1920):
O seu ingreso definitivo nas Irmandades da Fala vai
supor unha evolución temática acompañada dun
compromiso co país. Convértese nun grande poeta
cívico asumindo o rol de concienciador do pobo.
A esta época corresponde a obra Da terra Da terra
asoballadaasoballada (1917) así como un bo número de
poemas que pasan a engrosar a segunda edición
de Vento mareiroVento mareiro (1921). Aínda que Cabanillas non
renega dos poemas de crítica antiseñorial, nesta
etapa abandona os tintes sanguinarios e vingativos
da fase agrarista para adoptar unha actitude actitude
didácticadidáctica, de cara a lograr unha aproximación
paulatina do pobo ao galeguismo.
Cabanillas prefire agora louvar nos seus poemas
os persoeiros representativos do galeguismo
histórico (Rosalía, Pondal, Brañas ... ) ou
contemporáneo (Lois Porteiro), ao tempo que
chama os galegos a recuperaren o seu orgullo
nacional cunha intencionalidade redignificadora na
liña dalgúns poetas do Rexurdimento.
Galiza pasa a ser o suxeito colectivoGaliza pasa a ser o suxeito colectivo dos seus
poemas, entendida como un conxunto de grupos
sociais heteroxéneos pero igualmente asoballados.
Por moito que siga identificando a esencia do país
coa súa base campesiña, o fidalgo xa non é só unha
figura corrupta e sanguinaria e preséntasenos
tamén en ocasións como paradigma de honestidade
e amor á terra.
Ao mesmo tempo, a poesía de Cabanillas
imprégnase de múltiples ideoloxemas que
caracterizan o discurso político das Irmandades: o o
papel central do idioma na conformación da papel central do idioma na conformación da
nacionalidade, o celtismo, o modelo irlandés, nacionalidade, o celtismo, o modelo irlandés,
Portugal como prolongación cultural de Galiza, etc.Portugal como prolongación cultural de Galiza, etc.
O labor de restauración social inclúe tamén o
tratamento do teatroteatro, ata o de agora esquecido.
Desde o ideario das Irmandades apostábase pola
creación e fundación do “Conservatorio Nazonal de
Arte Galego”.
A contribución de Cabanillas está na peza A man A man
de santiñade santiña (1921). Por primeira vez personaxes
galegos pertencentes a niveis elevados
comunicábanse en galego.
c) Etapa mítico-saudosista (1921-1930):c) Etapa mítico-saudosista (1921-1930):
Esta etapa relaciónase co seu achegamento ao
Grupo Nós e ao saudosismo portugués.
Caracterízase pola aposta no camiño da
reconstrucción do pasado, desde a Idade media,
tempo esencial no que se explican as orixes do noso
pobo.
Cabanillas pretende achegarse a unha verdade
intrahistórica que mostre aos lectores as grandes
leccións do pasado como única maneira de
facérense donos do seu futuro.
Centra os momentos da "historia mítica" en catro, que considera claves na constitución da nacionalidade:
• a época celtaépoca celta, que aborda a través de personaxes e actitudes de marcado selo pondaliano;
• a Alta Idade MediaAlta Idade Media, mitificada na apropiación das lendas artúricas;
• o período de esplendor medievalesplendor medieval (secúlo XII) dominado polas loitas entre Xelmírez e dona Urraca e a perda do reino con Afonso VII;
• e por último a crise do século XVcrise do século XV en que as loitas irmandiñas, a dominación castelá e o sometimento da nobreza significan o fracaso das aspracións nacionais de Galiza.
A nova materia trae consigo un novo tratamento
formal:
a linguaxe poética é máis rica e conceptuosa;
son máis frecuentes as referencias eruditas;
créase un sistema pechado de símbolos aos que só
pode ter acceso un lector medianamente culto...
No tocante á versificación, bota man de metros
cultos antes inusuais na súa obra, como o
alexandrino, se ben alterna o seu uso con romances
e outras estrofas populares.
Paralelamente a esta corrente mítico-saudosista,
Cabanillas escrebe unha outra poesía de carácter
relixioso e milagreiro, entre a que destacamos a
lenda en verso 0 bendito San Amaro (1925),
xunto con outros textos que teñen como figura
central o Apóstolo Santiago, símbolo que nesta
altura tenta recuperar o galeguismo.
Mais a proba que confirma a variedade de rexistros caracterizadores de Ramón Cabanillas é a publicación do poemario A rosa de cen follas. Breviario dan amor (1927), cuxo título é tomado dun verso de Rosalía de Castro; agora o poeta renunciará á poesía combativa e costumista para cantar o amor con evidentes influencias de clásicos como Rosalía, Bécquer ou Heine, tal e como o poeta anuncia no limiar:"Estas páxinas descoridas, dun inxenuo e soave romanticismo,
son as follas murchas dunha rosa de mocedade. Malia que a tristeza da Rula do Sar me apreixara o corazón,
o Bécquer das anduriñas o cinguira de brétemas, e Heine, o que oiéu as sonatas do violín da Morle,
batera nel como nunha bigornia de ferreiro, naceron nos días lumiosos en que a vida
é unha cantiga nos beizos e un feixe de rosas na man"
d) Etapa de posguerra (segunda d) Etapa de posguerra (segunda madurez) (1939-1959):madurez) (1939-1959):
A partir de 1931 aproximadamente Cabanillas
enmudece como poeta. Salvo poemas
circunstanciais en tempos da República e un par de
romances aparecidos durante a guerra en revistas
da resistencia antifascista, o poeta pasa máis dunha
década sen escribir nin publicar. Sen embargo,
cando xa sobrepasa os setenta anos e parece que a
súa obra non vai ter continuidade, nos anos corenta
inicia unha segunda madurez creadora.
A esta resurrección non é allea a situación de
penuria e persecución que atravesa a lingua:
Cabanillas, membro da Real Academia Española,
católico fervente e de ideas conservadoras, está a
salvo das desconfianzas e censuras do réxime e
volve a xogar, como xa fixera tres décadas atrás,
un papel simbólico de primeira magnitude na
recuperación cultural de posguerra.
Publica:
Antífona da cantiga (1950), recompilación de
cántigas populares. É o primeiro libro que publica a
editorial Galaxia.
Versos de alleas terras e tempos idos (1955) Onde
traduce e adapta poemas gregos e latinos, así como
do inglés ou do alemán.
Da miña zanfona (1954) libro con ecos machadianos
en que o poeta, o,"home bo", estende a súa ollada
sobre o mundo para se referir con voz amarga e ton
moralizante, á tristeza, á mocidade perdida, á vida e
á morte.
Samos (1958). Misticismo relixioso e contemplativo
na descrición da quietude da vida comunitaria no
mosteiro de Samos. É un poemario de paz e
comuñón coa natureza nun locus amoenus que
restableza o seu equilibrio interno. Canta aos
elementos da arquitectura do mosteiro, os distintos
momentos da vida monástica e a paisaxe que
rodea o lugar en versos de resonancias panteístas.
Recursos estilísticosRecursos estilísticos
Algúns dos recursos máis empregados son sinestesias,
simbolismo, hipérbato, etc.
Unha das características máis salientables de Ramón
Cabanillas é a «vontade de estilo», isto é, a vontade de
conseguir a perfección estilística nas súas
composicións, polo que dun mesmo poema ten
varias versións publicadas en sucesivas edicións. Estas
responden ou ben a unha finalidade puramente
estética para acadar a altura literaria que merece o
poema ou ben motivadas por cuestións puramente
ideolóxicas e/ou políticas.
LinguaLingua
Da mesma maneira que amosou unha clara vontade de
estilo, tamén podemos falar de «vontade de lingua» para
referírmonos á preocupación que tivo para escribir nun
galego literario, afastado do oral, consciente de que escribe
nun idioma carente de normas.
Se comparamos diferentes edicións da súa obra observamos que, a diferenza das primeiras edicións (anteriores a 1920), nas posteriores:
• Rexeita castelanismos como ponzoñenta, aléxase, sangre, cuaxan, carcaxada, axena, nadie e escribe, na definitiva versión, formas galegas como pezoñenta, alónxase, sangue, callan, gargaliada, allea ou ninguén.
• Reduce o emprego de formas dialectais propias da fala, como o seseo, que xa nas primeiras edicións era escaso. Así, substitúe lus, crus, vos ou rapas por luz, cruz, voz, rapaz.
• Rexeita vulgarismos como mistereosa, patreo,
mamorias, últemas, propeo, historea, y-alma, delor e
substitúeos por misteriosa, patrio, memorías, últimas,
propio, historia, alma, dolor.
• Modifica léxico, principalmente cando substitúe a
palabra desexo (que aparecía na primeira edición de
No desterro (1913): «eu tiña un deseio») 1 - pola
palabra arela («Eu tiña unha arela») da 2 a edición de
1926.
Con todo é frecuente nel o emprego de hiperenxebrismos como outo, soma, rízonte, adourar (alto, sombra, horizonte, adorar).
Así mesmo tivo unha forte preocupación por elevar a consideración social galego. Proba disto é que o considerou apto para a tradución de poemas e modernos en Versos de alleas terras, e que o dignificou en A man de Santiña ao nos presentar personaxes de clases altas (fidalgos e señoritas nadas) na cidade falando o noso idioma, coa finalidade de impulsar a concia galeguista nestes ámbitos urbanos e nestes estamentos sociais, algo inusitado na época.
Antonio Noriega Varela
serve de ponte entre o
S.XIX e a literatura
galega do S.XX.
En 1869 Antonio Noriega Varela veu ao mundo en
MondoñedoMondoñedo. Moi relixioso, ingresou con catorce anos
no Seminario, onde se fixo popular gracias ao seu
carácter festeiro e satírico. Mais non puido ordenarse
sacerdote ao lle negar Roma a dispensa por ser fillo de
solteira, polo que decidiu facerse mestre.
Alí adquiriu formación clásicaformación clásica e comezou a escribir
poemas en español que enviaba á prensa local.
Traba unha gran amizade con Leiras PulpeiroLeiras Pulpeiro .
En 1895, cunha composición de carácter costumista, resultou vencedor dun certame poético realizado na súa cidade natal, en onde estaban de xurado, entre outros, Manuel Murguía, Eduardo Pondal e Andrés Martínez Salazar.
En 1901 comeza a exercer en FozFoz, onde entra en
contacto co agrarismoagrarismo e o movemento anticaciquil
da man de Antón Vilar Ponte.
Segundo algúns críticos, neste intre é cando Noriega
comeza a escribir poemas cívicospoemas cívicos alentando á loita
agraria e forma parte da revista satírica local
Guau...Guau!, publicación de carácter anticaciquil,
para a que escribiu varios poemas de corte cívico.
Freixeiro cuestiona que escribise nesta época
poemas anticaciquís, pois só hai noticias dun
poema destas características anterior a 1911.
O primeiro claramente anticaciquil é de 1913
“Máis coraxe!”
Xan Peisano boi pousónmáis coraxe e menos calmanon sexas corpo sin calma
nin home sin corazón.
Abandonou a reivindicación agrarista (nunca asumida por un
Noriega politicamente conservador) e, crítico cos rumbos
estéticos da poesía galeguista, acabou renegando destes
poemas.
Os tres anos que viviu desterrado nas terras arraianas
provocáronlle un sentimento de desolación.
O escritor foi trasladado á raia con Portugal, Calvos de RandínCalvos de Randín, onde
permaneceu 3 anos. Non se sabe se polas publicacións feitas en Guau,
guau ou polas polémicas creadas nos seus faladoiros.
Tres anos despois logrou o seu traslado á escola
de TrasalbaTrasalba, preto da cidade de Ourense. Isto
supúxolle a posibilidade de trabar novas relacións.
A máis salientábel sería a de Otero PedrayoOtero Pedrayo, baixo
cuxa protección coñeceu a Basilio ÁlvarezBasilio Álvarez e
entrou en contacto cos escritores escritores
portugueses, portugueses, parnasianistas parnasianistas e simbolistas (
Teixeira de Pascoães, Guerra Junqueiro, Eugénio
de Castro e Antero de Quental).
A momentánea adopción da causa agrarista posibelmente
debámola situar nesta etapa, como concesión ao seu amigo
Basilio Álvarez, sen descartar certas motivacións de carácter
persoal.
Permaneceu en Trasalba 13 anos, ata o 28 de agosto de 1926,
pero sen perder o contacto coa súa terra.Fica Noriega viúvo en marzo de 1915 con dúas fillas (os 4
varóns morreran moi novos), unha en Mondoñedo e outra
no pazo de don Ramón. Volveu casar e en agosto de 1916
foi inscrita a primeira filla deste segundo matrimonio.
Máis sen dúbida o feito máis importante desta
etapa foi o contacto cos escritores escritores
portuguesesportugueses, que o levará por unha vía poética
de maior pureza afastándose da liña costumista e
descritiva decimonónica, representada por
Montañesas, e penetrando no puro lirismo, na
soidade do Ermo, á procura dun esteticismo que o
aproxima aos poetas paranasianos e simbolistas
do país veciño.
Foi esta a súa etapa máis fructífera como poeta: chegou
con Montañesas e marchou con Do Ermo.
Con case 57 anos obtivo un destino definitivo
como mestre e instalouse en AbadínAbadín,
retomando os contactos da mocidade.
"Díceme -Vd. cuando pienso ir a Lugo, y yo le digo: estoy ya nombrado (provisionalmente) para la escuela de la Graña en Abadín. El día qe. en la dirección me nombren de veras, ahí me tiene Vd. [ ... ] ¡Qué odisea, amigo de mi alma! Desde el 2 de febrero qe. solicité el traslado aun en 5 de junio se hicieron en Madrid los nombramientos provisionales, y Dios sabe cuando (aunque presumo qe. ya no pueden tardar mucho), Dios sabe cuando vendrá el nombramiento efectivo [...] El día qe. me vea en mi ideal retiro de la Grafia, con casa puesta y rodeado los míos, voy a creer qe. se me acerca el cielo" (cfr. 111.6.1.30)
Esta nova etapa da súa vida está marcada
fundamentalmente polo contacto coa natureza e polo
trato cos labregos. Desta relación nace Como falan os Como falan os
brañegosbrañegos -1928- -1928-. Unha compilación de ditos, frases e
adiviñas populares da zona.
Foi nomeado membro da Real Academia Galega -1927-.
Nunca chegou ler o discurso e considerouse ingresado
despois da guerra, sen ningún tipo de formalidades. A
data de ingreso definitivo é abril de 1939.
Xa en 1930 solicita por motivos de saúde un traslado que o
leva a Viveiro, Viveiro, Santa María de Chavín, o seu derradeiro
destino como docente.
Esta etapa coincide coa 2ª República e logo coa guerra
civil. Diante destes acontecimentos posiciónase
claramente. Coherente coa súa ideoloxía tradicionalista
opúxose á Repúbica; así durante este goberno el mantivo o
crucifixo na súa escola.
Nesta época incrementa a súa produción poética (agora en
español). Chegoulle o tempo do retiro e coñeceu, até o seu
pasamento en 1947, un momento de fondo pesimismo.
Freixeiro Mato di que Noriega Varela foi:
“un amante da vida e dos seus praceres, amigo de
esmorgas e longas conversas... Ideoloxicamente mantivo
unha liña de pensamento constante..., defensor dun
catolicismo de signo tradicionalista... autor dunha obra
poética que evoluciona desde o descritivismo
decimononico ao lirismo intimista da naturaleza... Noriega
Varela está entre os poetas galegos máis representativos
en que ocupa un destacadísimo lugar, senón o primeiro,
entre os escritores da provincia de Lugo que mellor
souberon recrear os costumes tradicionais, a idiosincrasia
e alingua das xentes humildes que a habitan”
A súa obra reflicte a predilección por temas da
inspiración clásica, como a montaña lucense e as
súas xentes. En toda ela están presentes as súas
crenzas tradicionalistas e conservadoras, que o
mantiveron afastado do galeguismo.
Foi coñecido como o cantor da montaña.
Antes de seren recollidos en libros moitos dos
seus poemas difundíronse na prensa local.
Aínda que a crítica fala de Noriega como autor
de un só libro de creación poética, imos
diferenciar:
• MontañesasMontañesas: 1904, con 16 composicións
1910, ampliada en 53 poemas que
inclúen dous poemas extensos “de Ruada”,
gañador do 1º premio nun certame de
Mondoñedo, e “Leite Fresco” cadro de
costumes. Outorga maior protagonismo á
montaña.
Neste poema observamos esa liña de poesía poesía
eróticaerótica que tamén foi tratada polo autor, pero menos valorada pola crítica. Foi incluso suprimida por el mesmo, quen retirou estrofas ou poemas enteiros das últimas edicións.
Leite FrescoLeite Fresco
Esta poesía dialogada debe relacionarse coas pescudas filolóxicas de Noriega Varela, autor do tratado 'Como falan os brañegos' (1928), e onde se encadenan versos curtos e frases rápidas directas, próximas de xéneros populares como a regueifa.
• Do ErmoDo Ermo: aparece en 1920 formado por 48 poemas; 30 novos e 18 incorporados da obra anterior; en xeral os máis líricos e relixiosos. Abandona o lirismo e o ton descritivo e centra a atención na lírica da montaña.
Será esta a única edición que inclúe algún poema anticaciquil e agrarista ( “Acción Gallega”, “Prós mozos”, “En boa hora”) froito momentáneo do compromiso con algúns amigos.
En 1929 hai unha 3ª edición e en 1946 unha 4ª. Esta foi seguida polo autor con sumo interese:
"Y ya vé Vd. como, una vez más, se enreda la madeja. Tengo yo una letra muy clara, muy presente el índice de todas las de D'o Ermo, y no veo la razón pa. qe. ahora surjan conflictos. A ver, querido Trapero si Vd. desata estos nudos, y si no es posible hasta qe. Leal regrese, (inda qe. non regrese n'un siglo), cepos quedos, como Peludez en mis circunstancias exclamaría. Es mejor qe. quede la obrita en tinieblas qe. qe. la saquémos a luz con haraposos atavíos de desdentada meretriz" (cfr. 111.6.1.53).
A obra saíu do prelo dividida en tres partes: A Virxen y-a A Virxen y-a
paisanaxepaisanaxe, MontañesasMontañesas e D’o ErmoD’o Ermo.
Deixando de lado a primeira que é de compilación, as dúas
seguintes ficaron constituídas da seguinte maneira:
• MontañesasMontañesas: 24 composicións.
• D’o ErmoD’o Ermo: 102.
Esta reagrupación definitiva responde ao criterio de
considerar montañesas como unha obra de carácter
descritivo e costumista e D’o ErmoD’o Ermo dentro de una liña
estética depurada e moderna, tematicamente
caracterizado polo lirismo franciscano de acento relixioso.
Distinguimos dúas etapas na traxectoria do autor:
unha representada por MontañesasMontañesas na súa
primeira edición de 1904 onde predomina a poesía
realista decimonónica, e outra representada por
Do ErmoDo Ermo, de liña intimista franciscana integrada
na poesía do século XX.
A segunda edición de MontañesasMontañesas representa a
transición entre ambas.
Do ermoDo ermo é o máis importante dos libros
publicados por Antonio Noriega Varela e, en
realidade, representa o conxunto da súa obra
poética. Ben é verdade que en 1904 xa dera ao
prelo MontañesasMontañesas, pero eses poemas iniciais
foron despois recollidos en 1920 na primeira
edición de Do ermo, que se iría continuamente
ampliando baixo o mesmo nome ata a morte do
poeta en 1947. De feito, pódese trazar unha clara
liña de progresión entre os primeiros e máis
antigos versos de Do ermo e os últimos, escritos
corenta anos máis tarde.
• Natureza humilde propia do franciscanismo poético
Os seres máis pequenos e insignificantes espertan nel sentimentos de maor e solidariedade (vid. Toda humilde beleza)
• Alabanza da montaña, na liña do Beatus ille horaciano (gabanza á vida retirada, á vida do campo). A Montaña
• Paso do tempo, Tempus Fugit, asociado á «saudade» pola mocidade perdida.
• Mutación ou metamorfoses extraída das
Metamorfoses de Ovidio. Se alí Dafne, perseguida por
Apolo, se converte en loureiro (abedoeira) coa axuda dos
deuses, agora trocarase en bidueira; o orballo da mañá
quetransforma os elementos da natureza en xoias; etc...
• A saudade: esa saudade da montaña que impregna toda a poesía d’O Ermo.
• O tema da morte que non só aparece nos poemas autobiográficos. O seu amor pola montaña é tan intenso que nin a morte conseguirá afastañlo dela, pois é alí onde quer ser soterrado.
O galego da primeira época ten un marcado acento
ruralista, grande riqueza léxica e un forte carácter
dialectal da área mindoniense do autor; mesmo se pode
cualificar coa manida adxectivación de "enxebre", pois
recolle moitas palabras, xiros e construcións plenamente
representativos da fala tradicional dos labregos da zona;
hai predominio do léxico concreto fronte ao abstracto,
como corresponde ao carácter realista das composicións.
Mais entre a súa linguaxe, sen dúbida popular nesta etapa,
sempre se deixará ver o poeta culto e estilista.
Así, nunha das súas primeiras composicións, que encabeza
o libro Montañesas, "Fale meu bisavó", tal vez a de maior
sabor tradicional, achamos versos como estes:
A lengua de Rosalía,rico caudal de harmoníaque prendou a Castelar,moitos n'a saben falar,
i os máis non lle teñen pía. (...)
¡Non!, naquel tempo pasadonon era tan desleigado
quen por un Creso se tiña,si daba o leite a vaquiña,i abría sucos co arado.
Na segunda etapa (Do Ermo) a depuración temática esixiulle tamén unha maior depuración lingüística. A lingua vaise ir desprendendo do ton popular e do ruralismo colorista para se facer máis culta e abstracta. Nisto tivo moito que ver o achegamento definitivo á poesia portuguesa, o que vai implicar á depuración da lingua rústica e dialectal que con anterioridade empregara, para botar man dun rexistro culto, acorde coa nova temática e coa nova estética.
E nos escritores portugueses, igual que nos españois, acha eses cultismos greco-latinos que agora precisa.
Mais non usará nunca unha palabra nin adoptará unha solución morfolóxica que el non considere plenamente galega.
En conxunto a lingua de Noriega garda fidelidade á
fala dos labregos, único modelo que admitía, pois
non concibía máis galego ca o da aldea. A lingua por
el empregada ten as características propias do
galego mindoniense: dialectalismos, vulgarismos
e castelanismos. Non acostumou empregar
hiperenxebrismos pois nin pretendeu nunca que o
galego abandonase o ámbito en que o castelán o tiña
recluído; mesmo se burlou das Irmandades da Fala
por tentar un modelo estándar.
Domina os versos tradicionais e non busca innovacións.
Tamén na métrica podemos distinguir dúas etapas:
• en Montañesas predomina o verso de arte menor,
fundamentalmente o octosílabo. Abonda o romance
aínda que tamén usa as quintillas, sextillas e décimas.
Esta métrica de carácter popular e tradicional está en
consonancia co ton xeral do libro.
• en Do Ermo a métrica vese afectada pola nova liña do
autor, pasando a metros e estrofas cultas. A inclusión
do soneto foi decisiva. Predomina a rima consonante
sobre a asonante e, aínda sendo maioritarios os versos
de arte menor, destaca a presenza do hendecasílabo.
Recursos estilísticos:Recursos estilísticos:
• Diminutivos en -iño: en consonancia coa lingua popular e coa temática franciscana, que resalta a humildade e tenrura das cousas, e polo tanto a afectividade e o ton sentimental: ¡Nin rosiñas brancas, nin claveles roxos! Eu venero as frolíñas dos toxos.
• Paralelismos sintácticos tradicionais, anáforas, similicadenciasque nas rosas dos vales, que sorríen que nos mantos dos pinos, que se engríen que nas blondas do mar, que se rebela.
• Encabalgamentos de verso a verso ou interestróficos nos sonetos: viste os cardos de flores, viste de hedra /as informes paredes dos muíños.
• Antíteses ou xogos de contrarios: á vista dun pazo, un niño / i a
gloria dun remansiño / frente ós vagallós do mar.
• Hipofora: o poeta pregúntase a si mesmo e el mesmo responde: ¿A señardá? ¡Ben sei!
• Prosopopea ou humanización dos elementos da natureza:¡que alegre! un raio de sol, en tanto non lle furta un bico á neve.
• Metáforas.
• Fonosimbolismos: i alegra os soutos, donde arrola a rula .
• Hipérbatos que dificultan a comprensión: sorrisos das do ermo tristes flores.
•Ablativo absoluto: Sañudo o rostro, rúda-las maneiras...