LIBROS ESPECIAIS Maravillas, Brian Selznick, SM, 2014. Un neno chamado Ben vive cos seus tíos. Súa nai morreu nun accidente, e Ben soña con encon-trar a seu pai. Unha nena chama-da Rose, discapacitada auditi-va, rebélase contra seu pai super-protector. Rose admira a unha actriz famosa e colecciona fotos e noticias sobre ela. As historias de amboas acabarán entrelazadas.
Non hai berce coma o colo, Libro disco de arrolos, 15 pezas do cancioneiro tradicional que conforman unha viaxe musical pola xeografía galega. ¡En familia!, Alexandra Maxeiner. Unha pormenorizada descripción do concepto de FAMILIA, tan sinxelo e tan complexo, tan cotiá e á súa vez tan variopinto coma extraordinario. Bo Nadal e
Feliz ano 2015!
U N N A D A L
D E
L E C T U R A S
I d e a s p a r a a g a s a l l a r a o s m á i s
p e q u e n o s
E d u c a c i ó n I n f a n t i l
e P r i m a r i a
CPI San Vicente A Baña
Medramos amodiño
Entre arrolos decontiños.
Ollamos os signos
Entre liñas do camino.
Soletreamos as letras
Entre versos de poemas.
Soñamos nas sabas brancas
Entre bruxas e fadas.
Vogamos na gamela
Entre sol, mar e serra.
Do abrente ata o solpor
Versos, bicos e amor.
(O libro dos bicos, Xosé Luis Sanmartín)
EDUCACIÓN INFANTIL Encender la noche, Ray Bradbury. Había unha vez un neno que tremía de medo cando chega-ba a noite. Acendía lámpadas, velas, lanternas … Ata que un día, unha nena misteriosa axú-dalle a descubrir que a noite ten escondida unha luz moi especial.
O libro dos bicos, Xosé Luna Sanmartín Poesía de amor, bicos e libros, para saborear en familia.
Otra cosa, Kathryn Cave. Un álbum sobre a soidade que fará reflexionar aos nenos sobre como se sinte alguén que, por unha ou outra razón, se ve excluído.
A cociñeira do rei, Soledad Felloza & Sandra de la Pra-da. O rei tiña unha pena como unha nube negra, que non o deixaba pensar. E, cando un non pensa, todo sae mal...
De 6 a 8 anos
Garabato e tinta, EthanLong. Garabato é un gato ao que lle gusta debuxar. Tinta, un rato ao que lle en-canta pintar. A ningún dos dous lle gustan as obras do outro… ou iso din.
A volta do xove príncipe, Alejan-dro G. Roemmers. Este libro lémbranos as cousas que son realmente importantes na vida. O amor, a familia..., e, en definitiva, todos os valores que fan a nosa existencia máis humana. Un libro para todas as idades.
Herman y Rosie, Gus Gordon. Esta é unha historia sobre unha cidade moi grande, perritos quen-tes e música. Unha historia de música nas azo-teas e de caramelos de café con leite. Pero sobre todo, é a historia de Rosie e Herman.
O que lle aconteceu a Barnaby Brocket, John Boyne. O terceiro fillo do señor e da seño-ra Brocket naceu desafiando a lei da gravidade. Os seus pais son fanáticos da "normalidade" e non aturan que o neno teña a rara habilidade de flotar. Un fermoso libro sobre a diferenza e a diversi-dade nun mundo pouco toleran-te.
De 9 a 11 anos Escarlatina, a cociñeira defun-ta, Ledicia Costas. Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario. Nese día tan especial recibiu un agasallo singular, Escarlati-na, unha cociñeira falecida no século XIX .
Catherine, Patrick Modiano. Catherine vive en París con seu pai e tamén leva gafas coma el. Súa nai vive en Nova York, e ao igual que ela, quere ser bailarina. Unha fermosa nove-la xuvenil escrita polo Nobel de Literatura.
Ruído nunha noite de verán, Mª Inés Falconi. Un Puck distraído en perse-guir coellos, unha Titania des-peiteada, un Oberón con pou-ca capacidade de mando, un pai anoxado, catro namorados confundidos e perdidos no bosque e un grupo de arte-sáns zoupóns protagonizan esta fermosa versión de Soño dunha noite de verán de Wi-
lliam Shakespeare. Ada Goth y el fantasma del ratón, Chris Riddell. Ada Goth vive con seu pai no antigo Palacete Nebroso. Alí solo os acompañan uns servin-tes e algúnha pantasma.
Recommended