Casa da Cultura Pintor Lloréns
PROGRAMACIÓN CULTURAL
ABRIL 2018
Espectáculo
Domingo 8 ás 18:30h festival de narración oral
Falando a Boca Chea Cía. Artestudio
Coa narradora Soledad Felloza
Contacontos desde hai 25 anos. Os primeiros nenos
aos que lles contou contos na Escola 89 de Paysandú, a súa
cidade natal, eran case da súa idade.
Actriz, dramaturga,
contacontos e fotógrafa, con ampla formación no
campo do teatro e a narración oral.
Dirixe talleres de expresión, teatro e narración en
colexios, escolas preescolares e bibliotecas de Uruguai, Arxentina, Venezuela e España.
Tamén traballou en
programas de radio e televisión e é columnista convidada en diferentes publicacións literarias.
Teatro/Infantil
Venres 13 ás 18:30h
Asacocirco Show Cía.“Asacocirco”
Espectáculo para todos os públicos que nace da loucura dos seus protagonistas: Mirroska e Juanito son os dous
clowns deste divertido mini circo. O espectáculo combina humor, e destreza física a partes
iguais, todo con moita técnica e ritmo, con poucas palabras e un xogo cómico onde o espectador sentirá moi implicado
e onde sempre hai lugar para a sorpresa.
Entrada: 2,5€
Venta en taquilla dende o luns 9 de abril
A taquilla pecha 15 min despois de comezar o espectáculo
Música
Sábado 14 ás 20h
Concerto da Banda Municipal de Música de Sada
Concerto de Bandas Sonoras
Nesta ocasión a Banda Municipal ofrécenos un programa baseado en bandas sonoras.
Durante a interpretación proxectaranse
fragmentos das propias películas.
Piratas do Caribe, Titanic, A Bela e a Besta, Charles Chaplin, Frozen ou Annie
son algunas da BSO que poderemos escoitar.
Teatro
Domingo 15 ás 20h
Como sobrevivir a unha apocalipse zombi
Cía.“Avento Produccións”
Divertida e sorprendente obra na que o público porá a proba os seus coñecementos e a súa
capacidade de supervivencia nunha Apocalipse zombi.
Elenco: Suso Pando, Xoan Abreu, Rebeca Rocaseca e Tristán Dapena Dirección: Manuel Pombal
Entrada: 3,5€
Venta en taquilla dende o luns 9 de abril
A taquilla pecha 15 min despois de comezar o espectáculo
Música
Sábado 21 ás 20h
Concerto de Manolo Couto Cía. Manolo Couto
O recoñecido cantautor de Arteixo
posúe unha longa traxectoria, dende
o ano 75 cantou en diversas orquestras como a Orquestra
Mallo, Orquestra X, Grupo Treboada ou
Los Titanes.
Posteriormente tivo o seu grupo propio
Manolo Couto e a súa Orquestra para máis tarde
comezar como solista gravando cancións propias, tendo catro discos publicados
na actualidade.
Esta noite ofrecerános unha homenaxe a Manolo Escobar interpretando copla
e canción española.
Cine
Domingo 22 ás 18h
Sada Le’18 Cine familiar
Con motivo do Día do Libro, a Concellería de Educación, Xuventude e Saúde
invítanos á proxección do filme “La Princesa Prometida”
adaptación do libro de William Goldman
¡Para todos os públicos!
Concerto e proxección
Sábado 28 ás 20h
Presentación do álbum “El sonido de las Emociones”
e o documental
The Stone’s Secrets
O guitarrista Mateo Arnáiz presenta o seu novo traballo discográfico “El Sonido de las Emociones”, composicions
propias con Dani Lopez na grabación e producción.
Asimesmo proxectaráse o documental de Dani Lopez “The Stone’s Secrets”, que documenta todo o proceso de
grabación do disco dentro do mosteiro de Monfero.
Un disco de sons máxicos, froito duns lugares incríbles e un camiño interior cheo de momentos únicos.
Nesta viaxe tentaremos trasladaros ao máis esencial do ser human: as emocións…e que mellor lugar para iso que un mosteiro, cuxas pedras nos transportan á orixe
mesma do son.
Danza
Domingo 29 todo o día
Actividades en conmemoración do Día Mundial da Danza
A Concellería de Cultura e Praias en colaboración coas escolas de danza
Sadanza e Carmen López, conmemora o 29 de abril o
DÍA MUNDIAL DA DANZA
Temos unha xornada cargada de actividades na rúa e de participación aberta para todo o mundo:
Pola mañá haberá talleres de baile na praza Suárez Picallo
(latino, ballet e hip-hop).
A partir das 17:30h. poden asistir a representacións das escolas de danza
de Sada no Auditorio Municipal.
Contacontos na Biblioteca
Os Contos da Curuxa Catuxa
Programa anual de animación á lectura da Biblioteca Pública
Municipal de Sada
Funcións ás 18:30 horas Entrada gratuita, Aforo limitado
Venres 6 e Venres 20 de abril
Exposicións Casa da Cultura: Do 2 ao 8 de abril:
“A miña bisavoa, unha muller especial”
Con motivo do Día da Muller que se
conmemorou o 8 de marzo, o alumnado
sadense de educación infantil e primaria
rinde homenaxe ás súas bisavoas
Concellería de Educación,
Xuventude e Saúde
Do 10 ao 24 de abril:
“Atrévete a conocerme”
VII Exposición itinerante
de fotografía ASPACE
Mostra que reúne
obras do fotógrafo Asier Bastida,
que amosan o día a día das persoas
con parálise cerebral
A programación pódese ver alterada por necesidades de axenda ou outras circunstancias
Información actualizada nas páxinas web do Concello:
www.concellodesada.com www.facebook.com/culturasada www.instagram.com/sada.cul/
e no teléfono 981 619 115
Coa colaboración de:
Organiza:
-Aforo Limitado
-No auditorio non está permitido o consumo de alimentos e/ou bebidas
-Rógase a máxima puntualidade
-A taquilla dispón de cambio limitado, pola súa comodidade rogamos veñan co importe
axustado
Concellería de Cultura e Praias