AS SISARGAS, MALPICA E AS BALEAS
Así imaxinou Urbano Lugrís As Sisargas
As illas Sisargas son un pequeno arquipélago deshabitado e situado a tan só unha milla do Cabo de San Adrián, na zona máis septentrional da Costa da Morte, comarca de Bergantiños, na provincia de A Coruña (Galicia).
Está formado por tres illas: A SISARGA GRANDE, O MALANTE, A SISARGA CHICA; e varios illotes que as rodean.
As Sisargas aparecen dende sempre nas lendas locais como o cubil dunha serpe monstruosa que aterrorizaba a poboación do cabo de San Adrián.
A pesar de que na actualidade están deshabitadas, noutros tempos si houbo xente vivindo aí. Os restos da ermida de Santa Mariña, destruída polos piratas no século X o confirman.
Agora, tan só os pescadores dos aredores e as familias que os domingos deciden ir a pasar o día, son os que poden disfrutar deste entorno privilexiado porque non hai ningunha empresa encargada de facer a viaxe dende Malpica as illas.
É unha reserva ecolóxica cunha gran riqueza natural, que acolle especias únicas.
Os fortes ventos impiden que medren as árbores pero hai algúns pinos de repoboación e figueiras.
Tamén é un privilixiado refuxio para as colonias de aves marinas e de especies migratorias que van alí a reproducirse.
As Illas Sisargas fican agora silenciosas, sen serea e sen torreiros, pero sendo o paraiso das aves de Pondal.
A Xunta quere mercar estas illas aos herdeiros do conde de Altamira e de Luz de Mora e Aragón, familia da raiña Fabiola de Bélxica, para que pasen a formar parte do PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS.
.. e van en ringleira gritando e voando, en demanda das illas Sisargas, eu noto reparo. Ah! quen fora como elas tan libre!...
Eduardo Pondal
AS BALEAS NAS SISARGAS
Dende o punto máis alto das illas eran oteadas as baleas que, a principios do século XVII tiñan a súa ruta de paso preto de Malpica.
Polo tanto en Malpica vivían da caza das baleas. A que non o sabías?
Na edade Media, Malpica e as Sisargas pertencían ao arzobispado de Iria Flavia (Compostela) . O pobo de Malpica mantiña grandes disputas cos Señores da Igrexa porque tiñan que pagarlle cartos pola captura das baleas e non querían claro.
Inda hoxe nas tabernas se escoita unha canción:
“MALPICA DE BERGANTIÑOS, EL REI TE QUISO VENDER. PARA COMPRAR A MALPICA, MOITOS CARTOS HAI QUE TER”
E por que cazaban baleas?
Porque proporcionaban materias primas moi valiosas para o uso diario. Eran cazadas polo aceite e polas barbas.
O aceite refinábase e vendíase para ser queimado en lámparas e ter luz. As barbas eran empregadas para facer cepillos, paraügas e para facer os corséts das mulleres.
Ao descubrir o petróleo, unha fonte de aceite máis barata, a caza rematou pero o dano xa estaba feito.
Pero coa aparición dos barcos a motor con arpóns explosivos a caza reviveu.
En Xapón a carne de balea é un prato exquisito.
E coas partes do seu corpo faise xabrón, margarina e tamén productos para a menciña e a cosmética.
!!!Boa maneira de poñernos " guapos“ costa de exterminar as baleas!!!!
Recommended