14
A SITUACIÓN DAS MULLERES GALEGAS ≠CREA8DEMARZO 8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

A situación das mulleres galegas

  • Upload
    luisa

  • View
    271

  • Download
    6

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: A situación das mulleres galegas

A SITUACIÓN DAS MULLERES GALEGAS

≠CREA8DEMARZO

8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Page 2: A situación das mulleres galegas

UNHA MULLER TEN QUE TRABALLAR 11 ANOS MÁIS QUE UN HOME PARA PERCIBIR A MESMA PENSIÓN.

As traballadoras galegas perciben 5.332 euros menos de salario que os homes.

Page 3: A situación das mulleres galegas

A fenda salarial no noso país é do 24,7%. As diferenzas salariais entre homes e mulleres aumentaron após o estourido da crise económica en 2008. Así o reflicte o estudo publicado por UGT e intitulado 'Traballar igual cobrar igual'.

Page 4: A situación das mulleres galegas

Este feito obriga ás mulleres a traballar 80 días máis cada ano para obteren a mesma remuneración económica que os varóns e a prolongar a súa vida laboral durante 11 anos máis que eles para percibir a mesma pensión de xubilación. Destarte, mentres unha muller precisa 46 anos e medio de cotización, un home precisa tan só 35.

Page 5: A situación das mulleres galegas

A combinación de crise e desigualdade tradúcese en “menos mulleres traballadoras” – as taxas de desemprego atinxen máis a elas – e unha “maior fenda salarial”.

Page 6: A situación das mulleres galegas

A precariedade laboral agrava a tendencia. Neste senso as traballadoras con contrato a tempo parcial atinxe o 75 % das mulleres no conxunto do Estado español. No seu caso “nunca perciben salarios que superen os 11 mil euros brutos ao ano”, afirman desde UGT.

Page 7: A situación das mulleres galegas

Por sectores, a fenda salarial faise máis grande no ámbito científico. Actividades adiministrativas e auxiliares e actividades sanitarias e servizos sociais, onde a diferenza dos salarios supera o 30 % a nivel estatal.

AS MULLERES TEÑEN QUE TRABALLAR 85 MÁIS AO ANO PARA CONSEGUIR O MESMO SALARIO

A fenda salarial aumentou dous puntos desde que comezou a crise

Page 8: A situación das mulleres galegas

As traballadoras galegas perciben o 23,4% menos que os seus compañeiros homes, unha diferenza que se agranda canto maior é a estabilidade laboral.

As mulleres cobran menos que os homes polo simple feito de seren mulleres. No concreto, perciben un salario o 23,4% menor obrigándoas a traballar 9 anos máis que un varón se queren obter pensión máxima após xubilárense.

Page 9: A situación das mulleres galegas

O salario dunha traballadora no noso país supón o 11,6% menos do que a media do estado situándose Galiza como o cuarto territorio cos salarios --para elas-- máis baixos. Asemade, de acordo co ritmo no que mingua a fenda entre os salarios das mulleres e os homes, "habería que agardar 70 anos para conseguir a igualdade de remuneración" que fixa a normativa internacional.

Page 10: A situación das mulleres galegas

Esta realidade non muda en función da modalidade contractual. Neste senso, canto maior é a estabilidade laboral, maior é a diferenza entre os salarios dos homes e das mulleres pasando do 13,7% naqueles contratos temporais ao 24,8% nos indefinidos. A diferenza mantense en todas as faixas de idade e reverte, consecuentemente, na contía das prestacións sociais e tamén nas pensións abocándoas a elas a menores ingresos que os homes cando fican sen traballo ou deixan de traballar.

Page 11: A situación das mulleres galegas

MÁIS DATOS SIGNIFICATIVOS:

A división sexual do traballo aboca ás mulleres ao papel de coidadoras.

Un 84 % das mulleres fronte ao 16 % dos homes deixan de traballar após un ano de ser nais.

Page 12: A situación das mulleres galegas

MOCIDADE: A FENDA SALARIAL ENTRE MULLERES E HOMES É DE 1.700 €

A media dos salarios d@s moz@s galeg@s entre 16 e 29 anos é de 9.463 euros/ano. Mais se 'debullamos' a arroba, os números mostran a fenda existente en razón de xénero mesmo no que atinxe ao mercado laboral da mocidade. Así, os mozos teñen un soldo por riba dos 10.300 euros. O das mozas fica nos 8.600. Así pois, 1.700 euros de diferenza entre os ingresos dun home e unha muller en idades entre 16 e 29 anos no mercado laboral galego.

Page 13: A situación das mulleres galegas

DESIGUAIS ATÉ NO DESEMPREGO

Unha diferenza aínda maior en determinados sectores, como os do comercio, a industria, as actividades financeiras ou os medios de comunicación, onde os salarios femininos supoñen apenas o 70% dos masculinos. Outrosí sucede coas prestacións de desemprego, apenas o 82% das percibidas polos home.

Page 14: A situación das mulleres galegas