1
COÑECEMOS UN CACHIÑO DE RÍO e fixémolo noso. Agora chámase, o “Río da Uz” O día 20 de febreiro os alumnos de 3º e 4º da ESO realizamos unha pequena viaxe á zona do Caneiro acompañados polas profesoras de Bioloxía, Lingua galega, tres membros da asociación ecoloxista ADEGA e polo condutor do autobús, que nos sorprendeu moito pola súa sabedoría. Á mañá cedo montamos no autobús e partimos cara ao Caneiro, chegando poucos minutos despois. Unha vez alí calzamos as botas – todos menos Noemí- e puxémonos mans á obra. Os tres rapaces de ADEGA explicáronnos brevemente o que iamos facer. Primeiro anotamos os datos do río e do lugar no que se atopaba. Deseguido medimos o tramo e comezamos a debuxar o río indicando as súas características: a corrente, vexetación, as rochas do río, a área na que se situaba. Seguimos percorrendo a beira do río facendo o mesmo –medindo e debuxando-, pero tivemos que parar porque se botou a chover. Entón, refuxiámonos no caseto aquel que hai alí e estivemos falando un cacho. Aí foi cando o condutor mostrou os seus coñecementos sobre as Pontes, sobre a vexetación, os animais... Cando parou de chover volvemos ao traballo. Uns compañeiros metéronse no río para analizar distintos aspectos: nitratos, transparencia da auga, profundidade do río, temperatura, ph ... Ao final chegou a parte máis divertida que foi coller insectos procedentes das súas augas para determinar a calidade desta. Alegrámonos cando soubemos que a calidade do río era boa. Despois de pasar unha xornada agradable na que todos o pasamos ben, librámonos de clase..., volvemos satisfeitos e sabendo máis cousas do noso entorno e do medio que nos rodea. O DÍA EN IMAXES: Preparados para comezar Debuxando e facendo anotacións Medindo e camiñando O debuxo do noso río Un alto mentres chovía Metidos no río Investigando Simón Caaveiro e Nuria Bermúdez, 4ºESO

Adoptamos un cacho de río 2007 2008

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Adoptamos un cacho de río 2007  2008

COÑECEMOS UN CACHIÑO DE RÍO e fixémolo noso. Agora chámase, o “Río da Uz” O día 20 de febreiro os alumnos de 3º e 4º da ESO realizamos unha pequena viaxe á zona do Caneiro acompañados polas profesoras de Bioloxía, Lingua galega, tres membros da asociación ecoloxista ADEGA e polo condutor do autobús, que nos sorprendeu moito pola súa sabedoría. Á mañá cedo montamos no autobús e partimos cara ao Caneiro, chegando poucos minutos despois. Unha vez alí calzamos as botas – todos menos Noemí- e puxémonos mans á obra. Os tres rapaces de ADEGA explicáronnos brevemente o que iamos facer. Primeiro anotamos os datos do río e do lugar no que se atopaba. Deseguido medimos o tramo e comezamos a debuxar o río indicando as súas características: a corrente, vexetación, as rochas do río, a área na que se situaba. Seguimos percorrendo a beira do río facendo o mesmo –medindo e debuxando-, pero tivemos que parar porque se botou a chover. Entón, refuxiámonos no caseto aquel que hai alí e estivemos falando un cacho. Aí foi cando o condutor mostrou os seus coñecementos sobre as Pontes, sobre a vexetación, os animais... Cando parou de chover volvemos ao traballo. Uns compañeiros metéronse no río para analizar distintos aspectos: nitratos, transparencia da auga, profundidade do río, temperatura, ph ... Ao final chegou a parte máis divertida que foi coller insectos procedentes das súas augas para determinar a calidade desta. Alegrámonos cando soubemos que a calidade do río era boa. Despois de pasar unha xornada agradable na que todos o pasamos ben, librámonos de clase..., volvemos satisfeitos e sabendo máis cousas do noso entorno e do medio que nos rodea. O DÍA EN IMAXES:

Preparados para comezar Debuxando e facendo anotacións Medindo e camiñando

O debuxo do noso río Un alto mentres chovía Metidos no río

Investigando

Simón Caaveiro e Nuria Bermúdez, 4ºESO