13
Apéndice léxico Sufixos e terminacións No referente a sufixos e terminacións, o galego adopta solucións propias, que unhas veces son específicas e outras veces coinciden, en xeral, co portugués e, parcialmente, co castelán e con outras linguas románicas. A continuación faise referencia aos sufixos e terminacións que poden presentar algún problema. 1. -ancia, - encia, - iencia, - uencia, - cia, - cio, - za, - zo Nas palabras cultas, en xeral as de entrada máis recente, coincide o galego co castelán e co portugués, pois nos tres idiomas se conservan estas terminacións sen alteración na forma. Así, teñen -ancia, entre outros, os substantivos abundancia, alternancia, arrogancia, circunstancia, constancia, discordancia, distancia, elegancia, extravagancia, exuberancia, ganancia, ignorancia, importancia, infancia, petulancia, redundancia, repugnancia, resonancia, substancia, tolerancia, vixilancia etc. Teñen terminación -encia, - iencia ou -uencia, entre outros, adolescencia, aparencia, ascendencia, descendencia, diverxencia, esixencia, incidencia, independencia, indulxencia, inocencia, intelixencia, presidencia, procedencia, referencia, residencia, reticencia, urxencia, virulencia, vixencia; audiencia, ciencia, conciencia, consciencia, conveniencia, deficiencia, desobediencia, eficiencia, experiencia, impaciencia, inconsciencia, inconveniencia, inexperiencia, insuficiencia, obediencia, omnisciencia, paciencia, proveniencia, sapiencia, subconsciencia, suficiencia; afluencia, altilocuencia, anuencia, confluencia, consecuencia, delincuencia, efluencia, elocuencia, fluencia, frecuencia, grandilocuencia, incongruencia, inconsecuencia, influencia, secuencia etc. Teñen terminación -cia, entre outros, acacia, audacia, avaricia, contumacia, delicia, eficacia, falacia, farmacia, ictericia, impericia, inmundicia, malicia, milicia, noticia, pericia, perspicacia, pertinacia, suspicacia, etc. Entre estas palabras está Galicia, voz lexítima galega, denominación oficial do país e maioritaria na expresión oral e escrita moderna. Galiza é tamén unha forma lexitimamente galega, amplamente documentada na época medieval, que foi recuperada no galego contemporáneo. Teñen terminación -cio formas coma anuncio, artificio, beneficio, bulicio, cartapacio, cilicio, comercio, consorcio, desperdicio, divorcio, edificio, exercicio, ficticio, hospicio, maleficio, necio, negocio, nuncio, oficio, orificio, palacio, patricio, precipicio, prefacio, propicio, sacerdocio, sacrificio, silencio, socio, vicio, xentilicio etc. Noutras palabras o galego conserva as formas con solución patrimonial -zo, -za: andazo, avinza, cansazo, cobiza (cobizar, cobizoso etc.), crenza (descrenza), diferenza (indiferenza), doenza, espazo (espazar, espazoso), estanza ('estrofa'), finanza (financeiro), graza (desgraza), habenza, licenza, nacenza (renacenza), novizo, perseveranza, pertenza (xunto ao cultismo pertinencia, con significado diferente), postizo, preguiza (preguiceiro, preguizoso), presenza, prezo (desprezo, menosprezo, prezar, desprezar), querenza (benquerenza, malquerenza), sentenza, servizo (servizal), tenza (mantenza), terzo (terza, terzá, terzar), xuízo (axuizar, prexuízo), xustiza (axustizar, inxustiza, xusticeiro) A maioría delas son formas xa amplamente documentadas desde antigo na nosa lingua, e algunhas son préstamos que se incorporaron con esta solución (estanza, finanza...). Complemento léxico-semántica 1

Apéndice e exercicios lexicoloxía

  • Upload
    xenevra

  • View
    1.052

  • Download
    9

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Exercicios lexico

Citation preview

Page 1: Apéndice e exercicios lexicoloxía

Apéndice léxicoSufixos e terminacións

No referente a sufixos e terminacións, o galego adopta solucións propias, que unhas veces son específicas e outras veces coinciden, en xeral, co portugués e, parcialmente, co castelán e con outras linguas románicas. A continuación faise referencia aos sufixos e terminacións que poden presentar algún problema.

1. -ancia, -encia, -iencia, -uencia, -cia, -cio, -za, -zo

Nas palabras cultas, en xeral as de entrada máis recente, coincide o galego co castelán e co portugués, pois nos tres idiomas se conservan estas terminacións sen alteración na forma.

Así, teñen -ancia, entre outros, os substantivos abundancia, alternancia, arrogancia, circunstancia, constancia, discordancia, distancia, elegancia, extravagancia, exuberancia, ganancia, ignorancia, importancia, infancia, petulancia, redundancia, repugnancia, resonancia, substancia, tolerancia, vixilancia etc.

Teñen terminación -encia, - iencia ou -uencia, entre outros, adolescencia, aparencia, ascendencia, descendencia, diverxencia, esixencia, incidencia, independencia, indulxencia, inocencia, intelixencia, presidencia, procedencia, referencia, residencia, reticencia, urxencia, virulencia, vixencia; audiencia, ciencia, conciencia, consciencia, conveniencia, deficiencia, desobediencia, eficiencia, experiencia, impaciencia, inconsciencia, inconveniencia, inexperiencia, insuficiencia, obediencia, omnisciencia, paciencia, proveniencia, sapiencia, subconsciencia, suficiencia; afluencia, altilocuencia, anuencia, confluencia, consecuencia, delincuencia, efluencia, elocuencia, fluencia, frecuencia, grandilocuencia, incongruencia, inconsecuencia, influencia, secuencia etc.

Teñen terminación -cia, entre outros, acacia, audacia, avaricia, contumacia, delicia, eficacia, falacia, farmacia, ictericia, impericia, inmundicia, malicia, milicia, noticia, pericia, perspicacia, pertinacia, suspicacia, etc. Entre estas palabras está Galicia, voz lexítima galega, denominación oficial do país e maioritaria na expresión oral e escrita moderna. Galiza é tamén unha forma lexitimamente galega, amplamente documentada na época medieval, que foi recuperada no galego contemporáneo.

Teñen terminación -cio formas coma anuncio, artificio, beneficio, bulicio, cartapacio, cilicio, comercio, consorcio, desperdicio, divorcio, edificio, exercicio, ficticio, hospicio, maleficio, necio, negocio, nuncio, oficio, orificio, palacio, patricio, precipicio, prefacio, propicio, sacerdocio, sacrificio, silencio, socio, vicio, xentilicio etc.

Noutras palabras o galego conserva as formas con solución patrimonial -zo, -za: andazo, avinza, cansazo, cobiza (cobizar, cobizoso etc.), crenza (descrenza), diferenza (indiferenza), doenza, espazo (espazar, espazoso), estanza ('estrofa'), finanza (financeiro), graza (desgraza), habenza, licenza, nacenza (renacenza), novizo, perseveranza, pertenza (xunto ao cultismo pertinencia, con significado diferente), postizo, preguiza (preguiceiro, preguizoso), presenza, prezo (desprezo, menosprezo, prezar, desprezar), querenza (benquerenza, malquerenza), sentenza, servizo (servizal), tenza (mantenza), terzo (terza, terzá, terzar), xuízo (axuizar, prexuízo), xustiza (axustizar, inxustiza, xusticeiro) A maioría delas son formas xa amplamente documentadas desde antigo na nosa lingua, e algunhas son préstamos que se incorporaron con esta solución (estanza, finanza...).

Complemento léxico-semántica 1

Page 2: Apéndice e exercicios lexicoloxía

2. -eo, -eu e –ao, -au

Cómpre distinguir na escrita as terminacións -eo e -eu, que se corresponden cunha diferenza fonética real. Rematan en -eo as palabras populares procedentes das latinas rematadas en -AELUM, -ELUM, -OEDUM, -ENUM (calquera que sexa o timbre da vogal tónica) e as formadas co sufixo -eo a partir de verbos en -ear: ceo, receo, veo, feo, cheo, freo, arqueo, bloqueo etc. Esta secuencia tradicional en galego facilita que os cultismos procedentes de palabras rematadas en -EUM, esdrúxulas ou graves, se acomoden en -eo; téñase en conta que, en xeral, a todo -U latino lle corresponde en galego -o, e as palabras deste grupo non fan excepción: aéreo, arbóreo, arxénteo, áureo, cetáceo, ciclópeo, coetáneo, consanguíneo, contemporáneo, córneo, corpóreo, crustáceo, curvilíneo, cutáneo, erróneo, espontáneo, larínxeo, linóleo, marmóreo, mediterráneo, momentáneo, núcleo, óleo, óseo, pétreo, petróleo, purpúreo, rectilíneo, róseo, sanguíneo, terráqueo, térreo, venéreo, violáceo, vítreo; apoxeo, arameo, ateo, camafeo, corifeo, europeo, fariseo, filisteo, hebreo, himeneo, liceo, mausoleo, museo, peritoneo, pigmeo, plebeo, reo, trofeo, xacobeo. Tamén os galicismos ou catalanismos fideo e manteo.

Rematan en -eu as seguintes palabras patrimoniais: eu, meu, teu, seu, chapeu, romeu, sandeu (fem. sandía), xubileu, xudeu (fem. xudía). Tamén ten esta terminación a voz leu (pl. lei) ‘unidade monetaria de Romanía’.

Rematan en -ao: arao, cacao, callao, grao, nicolao, pardao, peirao, pronao, tao, vao. Rematan en –au: bacallau e pau.

3. Masc. -án / fem. -á, masc. -ano / fem. -ana

Nas palabras populares, a terminación latina -ANUM presenta tres solucións distintas no dominio lingüístico galego: -ao/-án/-á (irmao / irmán / irmá). En troques, a correspondente forma feminina -ANAM só ten dous resultados: -á/-án (irmá / irmán).

Estas formas pódense atopar na fala con distintas combinacións, pero desde o séc. XIX os escritores veñen mostrando unha preferencia polo seguinte esquema, hoxe unanimemente aceptado na lingua escrita:

(meu) irmán (miña) irmá (meus) irmáns (miñas) irmás

Así, en alazán, alazá; aldeán, aldeá; ancián, anciá; artesán, artesá; barregán, barregá; bosquimán, bosquimá; capitán, capitá; chan, chá; cidadán, cidadá; cirurxián, cirurxiá; comarcán, comarcá; concidadán, concidadá; cortesán, cortesá; cotián, cotiá; cristián, cristiá; curmán, curmá; ermitán, ermitá; escribán, escribá; gardián, gardiá; gran e gra; insán, insá; irmán, irmá; livián, liviá; louzán, louzá; malsán, malsá; marrán, marrá; musulmán, musulmá; nugallán, nugallá; pagán, pagá; rufián, rufiá; san, sa; sancristán, sancristá; sultán, sultá; tecelán, tecelá; temperán, temperá; temporán, temporá; truán, truá; van, va; verán; vilán, vilá.

Este é un dos sufixos produtivos con que conta o galego para a formación de xentilicios. Seguen este modelo afgán, afgá; alemán, alemá; castelán, castelá; catalán, catalá; coimbrán, coimbrá, e, especialmente, os referidos a entidades de poboación galegas: aresán, aresá; arousán, arousá; arzuán, arzuá; bergantiñán, bergantiñá; caldelán, caldelá; carnotán, carnotá; compostelán, compostelá; ferrolán, ferrolá; fisterrán, fisterrá; mariñán, mariñá; muradán, muradá; muxián, muxiá; ourensán, ourensá; ponteareán, ponteareá; pontecaldelán, pontecaldelá; redondelán, redondelá; ribeirán, ribeirá; salnesán, salnesá; ullán, ullá; vilagarcián, vilagarciá.

Algúns xentilicios galegos poden conservar a súa forma local –ao / -á: arnoiao, arnoiá; burelao, burelá; courelao, courelá; caldelao, caldelá (do Castro Caldelas); dezao, dezá; lancarao, lancará; limiao, limiá; mariñao, mariñá (da Mariña luguesa); masidao, masidá; meirao, meirá; melidao, melidá; ribeirao,

Complemento léxico-semántica 2

Page 3: Apéndice e exercicios lexicoloxía

ribeirá (do Ribeiro) etc. Pola mesma razón, admitirase tamén a forma feminina local –án en casos como unha carnotán, unha fisterrán, unha muradán etc.

Nas palabras cultas incorporadas con posterioridade á época en que deixou de operar a lei da caída do -n- intervocálico, a terminación latina -ANUM, -ANAM foi adaptada conforme á norma xeral de acomodación de cultismos. Levan esta terminación -ano (fem. -ana): africano, americano, anglicano, arcano, artesiano, asturiano, australiano, bacteriano, boliviano, colombiano, cubano, decano, diluviano, franciscano, fulano, gregoriano, hispano, humano, inhumano, italiano, lusitano, luterano, mahometano, meridiano, metropolitano, miliciano, mundano, oufano, paisano, peruano, pondaliano, profano, provinciano, puritano, republicano, romano, rosaliano, semana, soberano, tirano, transmontano, ultramontano, urbano, valenciano, veterano, vexetariano, xermano etc.

As palabras cultas conservan o sufixo latino sen cambiar; isto afecta tamén os vocábulos que teñen esta terminación aínda que a súa orixe non sexa latina. Así, bibliómano, bímano, cleptómano, cocainómano, diáfano, ébano, melómano, mitómano, morfinómano, órgano, pínfano, plátano, tétano, tímpano.

3.1. Masc. -án / fem. -ana

A terminación –án / -ana aparece nunha serie de nomes, substantivos e adxectivos, que xeralmente actúan como caracterizadores pexorativos: balandrán, balandrana; baleigán, baleigana; barbuzán, barbuzana; barrigán, barrigana; barullán, barullana; bocalán, bocalana; brután, brutana; buleirán, buleirana; burrán, burrana; burricán, burricana; cabezán, cabezana; cachamoulán, cachamoulana; cachán, cachana; cacholán, cacholana; cagán, cagana; canelán, canelana; cangallán, cangallana; carallán, carallana; carcamán, carcamana; carneirán, carneirana; carroulán, carroulana; chalán, chalana; charlatán, charlatana; cornelán, cornelana; farfallán, farfallana; folán, folana; folgazán, folgazana; galbán, galbana; guedellán, guedellana; lacazán, lacazana; langrán, langrana; larpán, larpana; leilán, leilana; lerchán, lerchana; lorán, lorana; lordán, lordana; loubán, loubana; mentirán, mentirana; orellán, orellana; paduán, paduana; pailán, pailana; palafustrán, palafustrana; papán, papana; parvallán, parvallana; paspán, paspana; pastrán, pastrana; pelandrán, pelandrana; pertegán, pertegana; pillabán, pillabana; porcallán, porcallana; ruán, ruana; tangueleirán, tangueleirana; testalán, testalana; testán, testana; toleirán, toleirana; vergallán, vergallana; zalapastrán, zalapastrana; zampallán, zampallana.

3.2. Masc. -ón / fem. -oa, -ona

Forman o feminino en -oa unha serie de adxectivos e substantivos en que –ón non pode analizarse como sufixo: anfitrión, anfitrioa; bretón, bretoa; campión, campioa; ladrón, ladroa (que tamén ten un feminino ladra); león, leoa; patrón, patroa; saxón, saxoa; teutón, teutoa.

Rematan en –ón / -ona as palabras en que esta terminación é un sufixo aumentativo ou deverbal pexorativo: homón, mullerona, zapatón, casona; abusón, abusona; acusón, acusona; faltón, faltona; preguntón, preguntona etc.

Existe ademais un grupo de palabras cultas coa terminación -on átona: canon, colon, corion, décathlon, épsilon, ípsilon, micron, epíploon, cripton, isquion, necton, neon, newton, ómicron, párkinson, radon, taxon, telson. O anglicismo nylon adáptase ao galego como nailon.

4. -aría /-ería

Os substantivos formados con este sufixo referíanse orixinariamente a cousas e indicaban o lugar onde se fabricaban, onde se vendían ou onde había abundancia delas. A forma –aría, maioritaria no galego medieval, era o resultado fonético regular da correspondente latina -ARÍA. Por iso debe dárselle preferencia a esta solución: armaría, artillaría, bruxaría, camisaría, carnizaría, carpintaría, cervexaría,

Complemento léxico-semántica 3

Page 4: Apéndice e exercicios lexicoloxía

cestaría, chancelaría, charlatanaría, chocolataría, enfermaría, enxeñaría, ferraría, gandaría, infantaría, lavandaría, leprosaría, libraría, moblaría, panadaría, papelaría, pedraría, peixaría, perfumaría, pradaría, refinaría, reloxaría, tesouraría, tinturaría, zapataría...

Con esta solución conflúen tamén aqueloutros vocábulos derivados co sufixo –ía sobre bases en –ario: comisaría, notaría, secretaría, testamentaría etc., derivados a partir de comisario, notario, secretario e testamentario, respectivamente.

A solución –ería, documentada tamén no galego medieval, fíxose case xeral no galego moderno, polo que se admite así mesmo como normativa.

En calquera caso, téñase en conta que algúns galicismos modernos, como batería, galería, galantería ou mercería presentan unicamente a terminación –ería.

Por ultracorrección úsase ás veces un falso sufixo *-eiría, creado a partir dos substantivos derivados en -eiro e non dos primitivos. Así, de ferreiro fíxose *ferreiría ou de leiteiro, *leiteiría etc. Estas formas deben evitarse.

LÉXICO ESTÁNDAR E Desviacións DA NORMA

0 Rexurdimento supuxo a recuperación literaria do galego escrito, pero a falta de tradición escrita e dunha autoridade que establecese a norma dificultaba a fixación da variedade culta da lingua. Para evitar os castelanismos resultantes da presión exercida polo castelán a escrita do galego incorreu por veces en desvíos coma os que vemos a continuación.

1. Hipergaleguismos ou diferencialismos

Estas desviacións léxicas responden á vontade de afastar as formas galegas correspondentes castelás. Son resultado de aplicar a cultismos ou semicultismos evolucións fonéticas propias das palabras patrimoniais.

• Supresión indiscriminada de -n- ou -l- intervocálicos: escea, orgaizar, ordear, abandoar, zoa, cristaíño (por escena, organizar, ordenar, abandonar, zona, cr:_ talíno).

• Redución de ditongos crecentes etimolóxicos (ambente, impacente, inconvinte por ambiente, impaciente, inconveniente).

• Alteración de sufixos e terminacións (humán, amerícán, urbán, medicíña, gasoliña, sínceíro, primaveira por humano, americano, urbano, medicina, gasolina, sincero, primavera).

• Alteración de consoantes ou grupos consonánticos (refrexo, híno, símpre, direicíón, ausoluto, por reflexo, himno, simple, dirección, absoluto).

2. Vulgarismos

Son palabras que presentan determinadas alteracións propias da lingua oral en rexistros vulgares, pero rexeitadas pola norma escrita:

• Asimilacións e disimilacións vocálicas (harmonización: anduriña, pidir, por andoriña, pedir; labialización: lovar, somana, por levar, semana; disimilación: miñá, teléfano por mañá, teléfono).

• Adicións ou supresións de fonemas (prótese: amoto, arradio, por moto, radio; epéntese: a ¡alma, ademirar, por a alma, admirar; paragoxe: mullere, facere, por mullerfacer; síncope: vran, espranza; apócope: virtú, verdá, por virtude, verdade).

Complemento léxico-semántica 4

Page 5: Apéndice e exercicios lexicoloxía

• Metáteses: probe, Calros, por pobre, Carlos.

• Reducións ou vocalizacións en grupos consonánticos (alto, aluno, perfeuto, ínorante por acto, alumno, perfecto, ignorante).

3. Arcaísmos

A maior parte dos arcaísmos usados na escrita do galego moderno consisten en formas propias da lingua literaria medieval, empregadas para substituír formas coincidentes co castelán (conquerir 'conquistar, usado en lugar de conseguir, vegada por vez, tiduo por título...). Noutros casos ha¡ que falar de grafías arcaizantes: nascer, coor, door, etc.

4. Lusismos

Dada a común orixe, o portugués foi e segue a ser un referente inescusable para a substitución de castelanismos e a incorporación de neoloxismos ao léxico galego. Non obstante, en ocasións botouse man de formas portuguesas en detrimento das correspondentes galegas: até, sul, simplesmente, próprio, ponta, rexistrar no canto de ata, sur, simplemente, propio, punta, rexistrar... Tamén se pode falar de lusismos morfolóxicos (cais, úteis por cales, útiles) e lusismos gráficos (governo, povo, sem, vozes no canto de goberno, pobo, sen, voces).

5. Dialectalismos

Son solucións morfolóxicas propias da fala de determinadas áreas pero diferentes das fixadas na norma (pantalois, ran, curmau, narís por pantalóns, ra, curmán, nariz). Non debemos confundir estas variantes diatópicas, que propiamente afectan á morfoloxía, cos localismos léxicos, que aínda que sexan exclusivos dunha zona están incorporados ao galego normativo común (raposo-golpe; rapante-meiga; -xouba-parrocha).

Complemento léxico-semántica 5

Page 6: Apéndice e exercicios lexicoloxía

1. Indica os monemas das seguintes palabras:solteiroaramalladacafeteríaadmirablemente

espirrabamañanciñafortísimopersonificar

marcontradicióncerralleiropescudar

abotoarfervellasverzasrechamante

2. Na seguinte lista de palabras con sufixo alterativo hai tres que non teñen sufixo diminutivo. Márcaas:agrelocampelolugarexofachuco

leirucabonachónfontelaraiola

cabuxalamelarabechomolete

cuartuchorillote varexa

3. Diferencia os sufixos despectivos (D) dos aumentativos (A):cachóncasoupa

toleirónmillaco

ferraganchoparedón

4. Tedes, a continuación, unha lista de palabras con sufixos diminutivos e despectivos que hoxe en día están lexicalizados. Coloca o significado correspondente despois de indicar que columna contén sufixos diminutivos e cal despectivos:

cachelochavellocachote

cubertallocazolapoalla

correlagalletamantelo

pataca cocida, prenda que se ata á cintura, cintura, vasilla, pasador, chuvia miúda, fragmento de pedra, pano enroscado, ferramenta agraria.

5. Formar os antónimos das seguintes palabras antepondo os prefixos des- ou in-:abotoardiferentecapazpopularidaderacionalmaterial

realposibilidadelexítimohumanofacercalzar

coidarembarcardobrarmoralidadeobedecercómodo

cultoaproveitarcoserregularconfianzaapto

6. Indicar que dúas palabras sobran en cada serie de sinónimosabarcar, meter, abranguer, comprender, tomar, conterachar, atopar, coller, bater, encontrar, descubrirlabazada, caricia, cariño, azoute, afago, agarimoaflición, pesar, mágoa, nostalxia, dor, contentoquerer, alcanzar, atinxir, lograr, conseguir, tentarenxergar, albiscar, ollar, fitar, divisar, avistarmorte, crime, pasamento, falecemento, óbito, homicidioorgullo, soberbia, teima, valía, vaidade, arroganciacatástrofe, desgraza, desdita, desventura, infelicidade, sortedeserto, despoboado, ermo, carente, ruín, solitariopulo, chouto, salto, caída, pirueta, brincorubio, azul, vermello, encarnado, marelo, colorado

Complemento léxico-semántica 6

Page 7: Apéndice e exercicios lexicoloxía

7. Indicar o antónimo da palabra resaltadaA comida está sosa.O frío excesivo non é bo.O café está moi frío.Non é fácil saír de aquí.A botella do aceite está baleira.Deitouse ás catro da mañá.Achega un pouco ese cinceiro.Gastou moitos cartos ese ano.Nesa corte hai un boi bravo.Este peixe está ben cocido.Se pos a folla do dereito, verala mellor.

8. Relaciona os sufixos, das palabras que se relacionan ao final, con cada noción expresada:colectivos ou acción: colectivos ou cargos: colectivos ou abundancia: golpe: abstracción: lugar ou actividade: sistemas, actitudes ou fenómenos: oficio ou ocupación: calidade, condición ou estado: individuo que segue un sistema, actitude ou actividade:

arboreda, budista, burremia, poderío, xordeira, carteiro, abadía, enfermería, almirantado, toxal, equipaxe, ferramenta, dentista, armamento, consumismo, campesiñado, griterío, penedo, carballeira, reumatismo, panadería, pedrada, trallado, follaxe, velame, dentamia, instrumental, camada, plumeiro, armario, funcionariado, balneario, marquesado, navallada, bandada.

9. Indicar algún sinónimo da palabra remarcadaDeulle unha forte aperta.O demo do can mordeume.Fun vender un porquiño.O doutor mandoume durmir sen almofada.O leite aínda está morno.Limpa a cinza da lareira.Sempre se bican ao marcharen.Non ouses volver por aquí.Armaron unha boa pelexa.

10. Sinala os prefixos das palabras e indica o seu valor. Por exemplo, contrapeso: contra = oposición; someter: so = posición inferiorhipersensíbel trifásico isotérmicoperdurar contrapunto anteproxecto

diámetro encéfalo periscopio cooperar antonte extraordinario

hipocentro circumpolar antítese absorber internacional subcutáneo

ápodo predestinar decrecer desenvolver posposición discordar

Complemento léxico-semántica 7

Page 8: Apéndice e exercicios lexicoloxía

11. Busca o significado das seguintes palabras a través do prefixo:

12. Indica os prefixos e o seu valor nas palabras seguintes:cisalpino:

contraalmirante:

vizconde:

opor:

sobrecella:

insinuar:

preludio:

ablación:

bípede:

coadxutor:

estender:

extravagante:

posdata:

retrógrado:

13. Encadra as palabras nos respectivos cadros atendendo ao significado dos seus prefixos:

14. A seguir están definicións do Dicionario da Lingua Galega. Indica a palabra correspondente a cada definición.Terreo cercado que acostuman ter as igrexas en fronte ou arredor.Embaixador do Papa xunto dun goberno estranxeiro.O conxunto das abellas dunha colmea.Festa anual dos cristiáns que conmemora a Resurrección de Cristo.Esfera oca de metal que ten dentro dúas ou máis boliñas que, ao axitárense, producen son (lévanas cans e gatos).Especie de asento que se coloca sobre o cabalo para maior comodidade do xinete.Aquilo que inventou Gutemberg na Alemaña en 1441.Arte de adiviñar o futuro examinando as liñas da palma da man.Dispositivo para amortecer as oscilacións dos resortes de suspensión dun vehículo e que pode ser de fricción ou hidráulico.Unidade eléctrica equivalente a 1000 vatios.Aquel que ten unha soa esposa ou muller.

Complemento léxico-semántica 8

Page 9: Apéndice e exercicios lexicoloxía

Vicio de comer e beber en exceso.

adrogulaaxóuxere

imprentanuncioquiromancia

selaenxameamortecedor

Pascuamonógamoquilovatio

15. Agora procurarase definir de xeito semellante ás anteriores esta lista de palabras. Logo convén consultar un dicionario.acoirazadoalbanelanteface

aterraxebeberaxebordel

craniocrocodilodesvantaxe

detritoefemérideeiruga

16. Corrixir todos os erros das frases e despois sinalar se se trata de castelanismos, vulgarismos, arcaísmos ou hiperenxebrismosO tercer tomo tiduábase “Como conseguir en tres semanas esa pel soave que causará a envexa de todos os seus amigos”.“É que o meu destiño será erguer durante toda a miña vida moimentos a outros homes que sobresaíron polas súas vertudes?”, preguntábase con desesperación aquel famoso arquitecto.Lembra con saudades aquel lexano día en que decidira adequirir o coche que agora ía a vender por estar moi vello.Eses dous son os que traduxeron do inglés aquela novela de policías coa que tan ben o pasaches.Que sinifica esa nova caloña que inventaron os nosos adversarios para nos avergoñaren?Xa sei que viñestes a despedir ao Calros, mais iso non vos dá dereito a barullardes como se non houbese ninguén máis na estación.Non me ademira que adoure así ao seu irmán máis vello: á súa idade todos tivemos algunha vez o mesmo sentimento.Seica hai un método infalíbel para adiviñar o porvir: examinar as entranas dun animal morto.Teño moitas gañas de que chegue o verán para poder ir á praia e ver como o sol se oculta sobre a auga no hourizonte, mentres aínda podo continuar deitado.Ese neno sempre nos leva a contraria en todo, non sei se será por teimosía ou por desobedencia.

17. define: campo semántico, familia léxica, homonimia, polisemia e alomorfo.

18. Opinións expresadas por tres alumnos despois de veren Prólogo, de M. Abad sobre unha cantiga de Afonso X. (ano l987).

-As imaxes que vimos no vídeo empezan cunhas imaxes moi rápidas e cunhas cancións moi lentas o vídeo empezou cunha manifestación logo cunhas imaxes dun coche que ia moi rápido e veiase dentro doutra televisión logo parece a cara dunha muller nun hospital a camara enfoca cada vez cousas diferentes dos distintos lugares da habitación habia musica instrumental de repente aparece na sala un ruido que decia o latido do corazón ese ruido significaba que habia muerto sigue a musica con novas cousas da habitación e o terminar o video producese un berro infernal era a muller que estaba viva.

-Neste vídeo intercalábase a musica moderna coa música medieval. A musica medieval que se utilizaba cantaba o prologo das Cantigas de Santa Maria no que narraba que unha rapaza que traballaba nunha oficina e que lle gustaba moito beilar tuvo que ingresar nun hospital e que no último momento despertou dun soño moi profundo (a morte) no que os apararatos do hospital xa non o rexistraban.

-Tratabase dunha muller que traballaba nunha oficina e practicaba ximnasia que esta nun hospital a

Complemento léxico-semántica 9

Page 10: Apéndice e exercicios lexicoloxía

punto de morrer mentras vese o mundo indiferente ante esa persoa. A muller morre, e vese a soledade que queda en todo o que facia antes, o seu lugar de traballo esta baldeiro. Pero o fin desperta como saida dun mal sono.Redactar convenientemente estes tres textos facendo as modificacións necesarias a todos os niveis.

19. É un filme moi especial. Na primeira escena aparece ao lonxe a espadana da ermida. A cámara vai baixando para se ir achegando á figura dun entangarañado que se axusta a súa perruca. Volta a cámara á ermida, e descendo agora pola parte de atrás vemos como un enorme lobo lle bota as gadoupas a un cuxo deixándoo rabelo. O entangarañado ceiba un urro que fai fuxir ao lobo. O pucho fica no chan co lombo escalazado. Aos poucos, vaise erguendo e, tartariñando, afástase mentres a néboa escasa se vai esvaecendo. O entangarañado é agora un mozote rexo que se pon a facerlle garatuxas ao becerro. Este, que xa está san e lustroso como un año de quince días, ponse a morder nas follas da sebe que serve de muro ao adro da ermida. A cámara céntrase agora na mirada do cuxo, nos seus enormes e doces ollos, onde vai aparecendo o elenco de todos os participantes por orde alfabética; despois o produtor, realizador e todos os de costume.

19. 1.- Buscar no dicionario todas as palabras que non se comprendan.

19. 2.- Composición: Describir varias escenas dunha película, facendo uso da terminoloxía usual: zoom, flash-back, etc. 19. 3.- Tema para falar: o cine e a televisión; futuro do cine, comparación cos telefilmes.

20. Indicar os substantivos correspondentes aos seguintes adxectivosex: amagor, amarguraacedodocelixeiroxordoprudente

longoingratoalegreenfermomaduro

perversovivoescuroaptoancho

modernobaixomaolentoelegante

21. ¿Cales destas palabras se poden considerar derivadas? Nas que o sexan separa o lexema dos afixos.inexplicable, enxeñeira, sentimento, bacharelato, ervella, engaiolar, fariña, escachanoces, moedeiro, engraxar, escaiolada, autoestrada.

22. Escribe dez frases usando en diminutivo as palabras que se indican:pé pao re¡ só irmá flor can mel nai sol café muller calor avea sinal leite

23. Forma o aumentativo das seguintes palabras engadindo un sufixo:home, lagarta, muller, nariz, orella, home.

24. Explica o que significan estas palabras. En que casos cres que o sufixo xa está totalmente lexicalizado e as palabras teñen entrada independente nos dicionarios?casiña, cachelo, camisón, camisola, olliños, mesiña, cidadela, fociño, mantelo, feirón, corpiño, raiola, xogueta, codela, foguete.

25. Subliña as palabras que leven un sufixo alterativo e explica que valor engaden ao lexema:

Complemento léxico-semántica 10

Page 11: Apéndice e exercicios lexicoloxía

afectivo. empequenecedor, despectivo, aumentativo...

Era Ampariño nena ben noviña cando misia Rosario se encargou do agarimo da súa orfandade temperá,- unha rapaza que erguía os ventos da loanza por onde quería que pousase os pequerrechiños pés e amostrase a mata de pelo blondo. sedosiño e cerrizo. A boquiña, as carniñas pretas...

26. Escribe a partir da palabra base que se indica unha cadea de derivados con sufixos. Modelo:substantivo ---- verbo ------- substantivoarma ---------- armar ------- armamento re¡illa

imaxesal

nomeorde

coroapobo

útilsan

débilescuro

27. A partir da palabra derivada que se dá va¡ indicando outros derivados ata chegar a palabra primitiva. Modelo: quincenalmente --quincenal ---quincena --quince.Razoablementeorixinariamente

ordenadamenteerradamente

autorizadamenteimaxinariamente

ameazadoramentecivilizadamente

28. Transforma cada un dos seguintes verbos noutras palabras coa adición de sufixos derivativos. Di a que categoria gramatical pertencen os derivados.- eliminar - falecer rebentar - comer- tinguir - sentircoñecer - bater

29. Explica o significado de cada un dos adxectivos seguintes e di cal é o substantivo co que se relacionan.Clerical, voluminoso, salubre, umbilical, primaveral, voluntarioso.

30. Transforma os complementos do nome en adxectivos por medio da adición de sufixos derivativos.- un regueiro de augas de cristal.- A explotación dos recursos da natureza debe facerse sen alterar o equilibrio do ambiente.- Corrixiron os sinais da urbe.- Están en folga os empregados do municipio.

31. Distingue o uso das palabras desenvolver e desenrolar.Desenvolver: 1. Abrir o que está envolto ou empaquetado. 2. Expor unha idea amplamente e con detalle, 3. Facer que creza ou mellore un sector económico, unha rexión, etc.Desenrolar: Estender o que estaba enrolado ou feito un rolo.

Introduce un deses verbos segundo o sentido das frases.Non se pode____________este cable de arame.___________ o tema con moitísima claridade.Os países do Terceiro Mundo non poden ______________ por causa da débeda externa.A conferencia de desarme _______________ nun clima de cordialidade.

32. As palabras que veñen a continuación teñen máis dun significado. Razoa se se trata de casos de homonimia ou polisemia:Viña (vide, videira, planta que dá uvas / imperfecto de vir.Cegar (facer perder a visión / derramar o gume dun instrumento cortante).

Complemento léxico-semántica 11

Page 12: Apéndice e exercicios lexicoloxía

Cumprir (dar cumprimento / ser preciso, ser conveniente, ser necesario).Coidar (atender, vixiar / pensar).Xornal (soldo ou paga / publicación diaria).

33. Agrupa as seguintes palabras en parellas de sinónimos: laiarse, amolecer, ousar, nugallán, amañar, queixarse, atopar, ataúde, bolboreta, preguiceiro, engadir, apestar, mercar, abrandar, cal, canle, arranxar, cadaleito, ensarillar, derruír, paxarela, comprar, luso, esvarar, atreverse, portugués, enguedellar, feder, agregar, achar, derrubar, escorregar

34. Nos seguintes pares, indica se os seus termos son sinónimos ou contrarios:casado/solteirocomezar/rematarasado/crualto/baixoespido/nusempre/nunca

pedir/darpechado/choídoprocurar/buscaraberto/pechadoaceptar/rexeitarencontrar/atopar

atopar/acharmacho/femiamollado/secosecar/enxugartemperán/serodiomercar/vender

subir/baixaresvarar/escorregaralumno/profesorserodio/tardíoemisor/receptoroprimido/opresor

35. Enumera hipónimos de deportista, músico, profesional, animal, europeo.

36. Dá varios cohipónimos de cada unha das seguintes palabras: troita, carpinteiro, febreiro, mércores, pesqueiro.

37. Indica cal é o hiperónimo das seguintes series de palabras: carrizo, pardal, paporrubio, xílgaro, canario. escano, tallo, cadeira, mesa. sarxento, tenente, xeneral, coronel, cabo.

38. Colócalles -a- ou -e- ós sufixos das seguintes palabras.Albanel____ríaGal____ríaOuriv___ríaRom____ríaBat____ría

Gard_____ríaParc___ríaTol____ríaBrux____ríaLot____ría

Pedant____ríaDisent_____ríaCoquet____ríaMeig____ríaPirat_____ría

Xastr____ríaDeposit_____ríaMerc_____ríaRefin_____ríaEbanist_____ría

Mobl_____ríaGalant_____ría

39. Forma o substantivo que indica 'profesión' ou lugar onde se fabrica ou vende'. (Exemplo: BARBEIRO-Barbería)Zapateiro Pasteleiro Froiteiro Panadeiro Artilleiro Enxeñeiro Reloxeiro

Leiteiro Libreiro Oleiro Xoie¡ro Enfermeiro Canteiro Cesteiro

Xardineiro Floreiro Peleteiro Ferreiro Queixeiro Tesoureiro Cristaleiro

Cafeteiro Peixeiro Caldeireiro Cabaleiro Reposteiro Cereiro

40. Corrixir todos os erros das frases e despois sinalar se se trata de castelanismos, vulgarismos, arcaísmos ou hiperenxebrismosO tercer tomo tiduábase “Como conseguir en tres semanas esa pel soave que causará a envexa de todos os seus amigos”.

“É que o meu destiño será erguer durante toda a miña vida moimentos a outros homes que sobresaíron polas súas vertudes?”, preguntábase con desesperación aquel famoso arquitecto.

Complemento léxico-semántica 12

Page 13: Apéndice e exercicios lexicoloxía

Lembra con saudades aquel lexano día en que decidira adequirir o coche que agora ía a vender por estar moi vello.

Eses dous son os que traduxeron do inglés aquela novela de policías coa que tan ben o pasaches.

Que sinifica esa nova caloña que inventaron os nosos adversarios para nos avergoñaren?

Xa sei que viñestes a despedir ao Calros, mais iso non vos dá dereito a barullardes como se non houbese ninguén máis na estación.

Non me ademira que adoure así ao seu irmán máis vello: á súa idade todos tivemos algunha vez o mesmo sentimento.

Seica hai un método infalíbel para adiviñar o porvir: examinar as entranas dun animal morto.

Teño moitas gañas de que chegue o verán para poder ir á praia e ver como o sol se oculta sobre a auga no hourizonte, mentres aínda podo continuar deitado.

Ese neno sempre nos leva a contraria en todo, non sei se será por teimosía ou por desobedencia.

41. .- Cal das dúas é a correcta? Se son as dúas, explicar a diferenza de significado 1. persoa ou persona 2. persoaxe ou personaxe 3. persoalizar ou personalizar 4. persoalismo ou personalismo 5. persoificar ou personificar 6. persoal ou personal 7. xeral ou xeneral

8. xeralizar ou xeneralizar 9. xeralato ou xeneralato 10. xerador ou xenerador 11. xeralidade ou xeneralidade11. xerar ou xenerar 12. xeración ou xeneración 13. vixiar ou vixilar

14. segredo ou secreto 15. meio ou medio 16. dorido ou dolorido 17. doroso ou doloroso 18. corado ou colorado 19. corante ou colorante 20. corar ou colorar

42. Corrixir todos os erros das frases:

- Vaia cansancio que me quedou de anoar os zapatos de todos os cativos que teñen amizade co Luís! Nun día tan caluroso como hoxe xa me apetecería tomar uns amorodos con xeo e frambuesa, que xantei garbanzos con feixóns.- Antes de subir no teleférico tiven que tomar unha pílula para o vértigo. Son un home valeroso, mais se alá arriba se me dá por ollar pola portela, e antes non tomei a vacuna, vólvome un cobarde.- Viña moi ufano porque na selva capturara un papagaio, un xabaril e un reptil venenoso. Logo trocounos por unha marabillosa sortilla e unha papoula de almafí.- Teña coidado de non esvarar coa grasa que caeu dun automóbil nesa curva. Agora deixan as estradas cheas de suciedade e colillas.- Disminúen as súas enfermidades, agora xa só ten as encías inchadas e un quiste encetado no calcañal; só lle faltaba que lle saíse un cactus nas engurras da empeña.- Dimitiu o director do club de élite que está ao pé da confitería. Seica o relacionaron co soborno na venda dun novo misil ao Iraque.- Que non lle pasase a chuleta non é unha traizón, que el é un rencoroso e non me empresta nin un lápiz; oxalá lle dea unha cambra no entrenamento de hoxe.- Hai un novo remedio para a sífilis: medio gramo de pole de margarita, un gramo de lexía común mesturado con gaseosa sabor cola e dous gramos de morcilla castelá. Todo ben revolto e en pequenas doses. Durante o tratamento absterase de comer fiambres e de obter boas calificacións en Literatura. NOTA: tamén vale para a SIDA.

Complemento léxico-semántica 13