4
BASES DO CONCURSO: “+CAPAZ” Seguimos...sumando capacidades 1. ENTIDADE ORGANIZADORA A Asociación Sociocultural ASCM é unha asociación sen ánimo de lucro fundada en 1987 que traballa pola plena integración das persoas con discapacidade de xeito transversal mellorando a súa calidade de vida. Este ano ASCM celebra o seu 30º Aniversario, e dentro do seu calendario de actividades, dedica o mes de setembro a infancia e a xuventude; sendo esta unha das áreas de actuación presente en ASCM. No mes de setembro levaranse a cabo varias actividades enfocadas a infancia e a xuventude entre as que se encontran o concurso denominado “+CAPAZ”, que se desenvolverá conforme ó establecido nas presentes bases. O concurso realizarase entre todos os/as participantes que cumpran coas condicións indicadas nas presentes bases. 2. FINALIDADE: Os nenos e nenas deben plasmar a través da súa obra audiovisual o que entenden e que lles transmite a discapacidade, así como a labor de ASCM nestes 30 anos. 3. PARTICIPANTES: Tódolos/as nenos/as de tódolos cursos da etapa de Educación Primaria dos centros da comarca de Ferrolterra. Os/as participantes deberán aportar a folla de inscrición cuberta (dixital ou impresa) xunto co usb, cd ou arquivo enviado por mail. 4. TIPOS DE OBRAS QUE SE PODEN PRESENTAR NO CONCURSO: Poderán presentarse ó concurso obras audiovisuais, individuais ou grupais, cun máximo de 10 minutos de duración de calquera tipo: canción, poesía, teatro, monólogos... 5. REQUISITOS: As obras deberán presentarse en cd, usb ou adxuntos no seguinte correo electrónico [email protected] xunto coa folla de inscrición. Tódalas obras literarias e verbais teñen que estar en lingua galega. Excluiranse automaticamente do concurso a calquera participante que transgreda as normas de boa fe, observe unha conduta inadecuada, sexan ofensivas ou empregue medios fraudulentos ou incumpra estas bases en calquera dos seus extremos.

Bases do concurso +capaz

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Bases do concurso +capaz

BASES DO CONCURSO: “+CAPAZ”

Seguimos...sumando capacidades

1. ENTIDADE ORGANIZADORA

A Asociación Sociocultural ASCM é unha asociación sen ánimo de lucro fundada en 1987 que traballa pola plena integración das persoas con discapacidade de xeito transversal mellorando a súa calidade de vida.

Este ano ASCM celebra o seu 30º Aniversario, e dentro do seu calendario de actividades, dedica o mes de setembro a infancia e a xuventude; sendo esta unha das áreas de actuación presente en ASCM.

No mes de setembro levaranse a cabo varias actividades enfocadas a infancia e a xuventude entre as que se encontran o concurso denominado “+CAPAZ”, que se desenvolverá conforme ó establecido nas presentes bases. O concurso realizarase entre todos os/as participantes que cumpran coas condicións indicadas nas presentes bases.

2. FINALIDADE:

Os nenos e nenas deben plasmar a través da súa obra audiovisual o que entenden e que lles transmite a discapacidade, así como a labor de ASCM nestes 30 anos.

3. PARTICIPANTES: Tódolos/as nenos/as de tódolos cursos da etapa de Educación Primaria dos centros da comarca de Ferrolterra. Os/as participantes deberán aportar a folla de inscrición cuberta (dixital ou impresa) xunto co usb, cd ou arquivo enviado por mail.

4. TIPOS DE OBRAS QUE SE PODEN PRESENTAR NO CONCURSO: Poderán presentarse ó concurso obras audiovisuais, individuais ou grupais, cun máximo de 10 minutos de duración de calquera tipo: canción, poesía, teatro, monólogos...

5. REQUISITOS:

As obras deberán presentarse en cd, usb ou adxuntos no seguinte correo electrónico

[email protected] xunto coa folla de inscrición.

Tódalas obras literarias e verbais teñen que estar en lingua galega.

Excluiranse automaticamente do concurso a calquera participante que transgreda as normas de boa fe, observe unha conduta inadecuada, sexan ofensivas ou empregue medios fraudulentos ou incumpra estas bases en calquera dos seus extremos.

Page 2: Bases do concurso +capaz

6. PRAZOS DE PRESENTACIÓN E LUGAR DE RECEPCIÓN: Prazos de presentación:

Prazo de entrega dos materiais: ata o día 23 de xuño do 2017.

Resolución do concurso: 25 de setembro do 2017. Lugares de recepción:

Centros educativos da comarca de Ferrolterra.

En calquera dos dous locais da ASCM (horario de oficina 10:00 a 13:45h y de 16:00 a 20:00h).

ASCM Ferrol: C/S.Roque y Ánimas Bloque 2, Baixos 18-19 15406 Ferrol (A Coruña), Telf. 981351430 ASCM Narón: Estrada de Castela, 256 15570 Narón (A Coruña) Telf. 981386722

Por correo electrónico na dirección: [email protected]

7. AVALIACIÓN DAS OBRAS: O XURADO

As obras presentadas avaliaranse por un grupo de persoas da ASCM creado para elixir aos gañadores do concurso. O xurado constará de:

A xerente da ASCM.

Dous/dúas socios/as da ASCM.

Dous/dúas voluntarios da ASCM.

8. ASPECTOS A TENER EN CONTA PARA ELEXIR ÓS GAÑADORES/AS:

Creatividade

Orixinalidade

Innovación

Mensaxe

9. RESOLUCIÓN DOS GAÑADORES/AS:

Os/as gañadores/as daranse a coñecer o venres 25 de setembro do 2017 na páxina de facebook, na de twitter e no blog de noticias de ASCM, ademáis ós tres gañadores se lles comunicará a nova por teléfono.

10. PREMIOS:

ASCM designará tres obras premiadas, nas que o premio está aínda por concretar. A entrega dos premios realizaranse durante un acto organizado para tal fin.

11. UTILIZACIÓN DO NOME DOS GAÑADORES E COMUNICACIÓNS RELACIONADAS CON ESTE CONCURSO:

Os/As gañadores/as do concurso consenten expresamente que ASCM poida utilizar o seu nome e imaxe en calquera actividade publicitaria, promocional ou de marketing relacionada co presente concurso en

Page 3: Bases do concurso +capaz

calquera medio, sen que ditas actividades lles confiran dereito de remuneración ou beneficio algún con excepción feita da entrega do premio gañado conforme a estas bases.

12. DEREITOS CEDIDOS:

Os participantes ceden á ASCM os seguintes dereitos sobre a súa imaxe e sobre a gravación audiovisual que recolle a súa participación no concurso: de explotación, reprodución e distribución en calquera soporte.

Os anteriores dereitos serán cedidos na medida en que os require o Real Decreto Lexislativo 1/1996, de 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual, regularizando, clarexando e harmonizando as disposicións legais vixentes sobre a materia, para todos os países do mundo, polo tempo máximo nel establecido.

13. RESPONSABILIDADE:

ASCM resérvanse o dereito de non admitir ou excluír aos participantes ou gañadores da presente promoción que facilitasen datos falsos, erróneos, inexactos ou que incumpran o establecido nas presentes bases, quedando eximido de calquera responsabilidade no caso de que os devanditos erros ou falseamentos impidan a identificación dos gañadores do premio.

ASCM non se responsabilizan das posibles perdas, deterioros, roubos, atrasos ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros que poidan afectar ó desenvolvemento xeral do presente concurso ou que sucedan durante o tempo establecido para gozar do premio.

14. ACEPTACIÓN DAS BASES:

A simple participación neste concurso supón a aceptación plena e incondicional destas bases, a suxeición á normativa fiscal que resulte de obrigatoria aplicación, así como a submisión expresa ás decisións interpretativas que das mesmas realice a ASCM en canto á resolución de calquera cuestión derivada do concurso. A manifestación no sentido de non aceptación da totalidade ou parte das presentes bases implicará a exclusión do participante, polo que a ASCM quedarán liberados de calquera cumprimento e obriga contraídos co devandito participante.

Page 4: Bases do concurso +capaz

FOLLA DE INSCRIPCIÓN Ó CONCURSO “+CAPAZ ”

DATOS DO/A PARTICIPANTE Nome e apelidos do/a participante: _______________________ Data de nacemento:___/____/___(dd/mm/aa) Nome do centro educativo: ______________________________ Curso: ______ DATOS DO PAI, NAI O TUTOR DO/A PARTICIPANTE Nome e apelidos do pai, nai ou tutor do/a participante: ___________________________________________________________________ Teléfono de contacto: ________________________ Observacións:___________________________________________________________

_______________________________________________________________________

_______________________________________________________________________

_______________________________________________________________________

Firma do pai, nai ou tutor

Fdo:

Leo e acepto as bases do concurso.

A firma desta presente folla de inscripción e a participación neste concurso supón a aceptación plena e incondicional das bases do concurso.

De conformidade ó disposto na LO 15/1999 de Datos de Carácter Persoal, informámoslle que os datos de carácter persoal recollidos neste documento forman parte dun arquivo, propiedade da ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL ASCM, cuxa finalidade é atender a xestión solicitada. Vostede poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación u oposición, segundo o disposto na lei, poñéndose en contacto co noso Dpto. de Dereitos ARCO na Dirección: C/ San Roque y Ánimas Bloque 2, Baixos 18-19, 15403 Ferrol (A Coruña).