11
1920-2012 Deixounos un home bo e xeneroso uipo de Biblioteca – IES ELVIÑA

Isaac Díaz Pardo, un home bo e xeneroso

Embed Size (px)

DESCRIPTION

En l

Citation preview

Page 1: Isaac Díaz Pardo, un home bo e xeneroso

1920-2012

Deixounos un home bo e xenerosoEquipo de Biblioteca – IES ELVIÑA

Page 2: Isaac Díaz Pardo, un home bo e xeneroso

Isaac Díaz Pardo nace en Compostela en 1920.

Desde mozo estivo en contacto cos máis importantes intelectuais galeguistas do momento (Otero, Castelao, Cabanillas, Risco...), que se reunían no obradoiro de pintura do seu pai (membro activo das Irmandades da Fala e foi asasinado en 1936) ou na imprenta de Ánxel Casal, amigo da familia.

O seu compromiso con Galiza iníciase en 1936, cando participa activamente na campaña a favor do Estatuto de Autonomía.

Equipo de Biblioteca – IES ELVIÑA

Page 3: Isaac Díaz Pardo, un home bo e xeneroso

• Entre 1939 e 1942, estuda Belas Artes na Escola de San Fernando, en Madrid, participando nunha experiencia pioneira sobre deseño industrial. Completa a súa formación cunha viaxe de final de carreira a Italia.

• Ao seu regreso inicia, cunha exposición na Coruña, unha etapa de dedicación plena á pintura que abandona en 1948, para dedicarse a un proxecto de dinamización sociopolítica e empresarial, orientado á modernización e a rexeneración da cultura galega..      

Autorretrato 1944

A súa muller e o fillo 1946

Díaz Pardo coa súa familia 1949

O concerto de zanfona 1946

Equipo de Biblioteca – IES ELVIÑA

Page 4: Isaac Díaz Pardo, un home bo e xeneroso

• Sen embargo, a pintura estará presente no seu labor creativo posterior (escenografías, obra gráfica)...

A barca de Caronte 1955

Mulleres rifando 1955Recollendo mortos 1955 O artista 1955

Equipo de Biblioteca – IES ELVIÑA

Page 5: Isaac Díaz Pardo, un home bo e xeneroso

A nave espacial 1964

A parella 1964

Xente alporizada 1964

Xentes que van a combater aos zorros 1973Equipo de Biblioteca – IES ELVIÑA

Page 6: Isaac Díaz Pardo, un home bo e xeneroso

Paco Pixiñas 1970 O crimen de Londres 1977

Equipo de Biblioteca – IES ELVIÑA

Page 7: Isaac Díaz Pardo, un home bo e xeneroso

• En 1949 pon xa en marcha unha pequena fábrica de cerámica no Castro de Samoedo (Sada - A Coruña), explotando as materias primas do primitivo complexo de Sargadelos (Cervo - Lugo) creado no século XIX por Antonio Raimundo Ibáñez.

• En Arxentina, a onde se despraza por primeira vez en 1955, coñece os galeguistas exiliados. Alí monta unha nova fábrica de cerámica e entabla amizade con Luís Seoane e a revista Galicia Emigrante, en que participaría co pseudónimo Ollarnovo.

Fábrica do CastroEquipo de Biblioteca – IES ELVIÑA

Page 8: Isaac Díaz Pardo, un home bo e xeneroso

• Desde este momento, Seoane convértese nun estreito colaborador nas iniciativas culturais e empresariais do compostelán.

• Con apoio de outros galeguistas como Rafael Dieste, Lorenzo Varela, Blanco-Amor, Laxeiro...), funda en 1963 o Laboratorio de Formas, ao que se incorporaría posteriormente o arquitecto Andrés Albalat.

• Desde esta institución irían tomando forma proxectos como:

– O Complexo Industrial Sargadelos (en convenio con Cerámicas do Castro) e Edicións do Castro (ambos en 1963),

– O Real Patronato de Sargadelos (encargado da protección do recinto do primitivo complexo, declarado en 1972 conxunto histórico-artístico),

– O Museo Carlos Maside (1970),– O Instituto Galego de Información – O Novo Seminario de Estudos

Galegos.

Real Patronatode

Sargadelos

Complexo Industrialde

Sargadelos

MuseoCarlos Maside

Equipo de Biblioteca – IES ELVIÑA

Page 10: Isaac Díaz Pardo, un home bo e xeneroso

• A súa actividade rexeneradora atinxe todo tipo de actos e iniciativas en que se plasma a súa idea dunha nación galega proxectada cara o futuro.

• No campo literario, o labor do galeguista non se limitou a soster unha plataforma editorial: el propio cultivaría varios xéneros, desde o teatro, a crítica e o ensaio ou os cartaces de cego, para alén dunha continuada presenza nos medios xornalísticos.

• En 2007 foi nomeado doutor Honoris Causa pola Universidade da Coruña.

• Morre o pasado 5 de xaneiro na Coruña.

Page 11: Isaac Díaz Pardo, un home bo e xeneroso

Fontes

• http://www.google.es/imgres?imgurl=http://culturaeturismo.xunta.es/mediateca/galeria/2011/2

• http://www.sargadelos.com/

• http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=IsaD%EDaz&alias=&solapa=biografia

Equipo de Biblioteca – IES ELVIÑA