6
CONCURSO ESCOLAR 2015/16 “TI CONSOMES: FANO IGUAL EN TODAS PARTES” EQUIPO: FIRSTWIN Elena Currás Iglesias Alvaro Coloret Rodríguez Nicanor Ela Edjo Martín Cobas Rodríguez Patricia Carracelas Seijas CATEGORÍA: 1º e 2º Curso de ESO

Memoria Consumópolis FIRSTWIN

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Memoria Consumópolis FIRSTWIN

CONCURSO ESCOLAR 2015/16

“TI CONSOMES: FANO IGUAL EN TODAS PARTES”

EQUIPO: FIRSTWINElena Currás Iglesias

Alvaro Coloret RodríguezNicanor Ela Edjo

Martín Cobas RodríguezPatricia Carracelas Seijas

CATEGORÍA: 1º e 2º Curso de ESO

IES AS BARXAS – MOAÑA - PONTEVEDRA

Page 2: Memoria Consumópolis FIRSTWIN

INDICE

1. DESENVOLVEMENTO DA 1ª FASE: XOGO EN LIÑA

1.1. Organización do equipo para resolver as probas1.2. Documentación consultada

2. DESENVOLVEMENTO DA 2ª FASE: REALIZACIÓN DO VÍDEO

2.1. Organización do equipo para resolver as probas2.2. Documentación consultada

3. VALORACIÓN DO ALUMNADO SOBRE A EXPERIENCIA E A APRENDIZAXE

4. ANEXO BIBLIOGRÁFICO E FOTOGRÁFICO

Page 3: Memoria Consumópolis FIRSTWIN

1. DESENVOLVEMENTO DA 1ª FASE: XOGO EN LIÑA

A participación do noso equipo no concurso Consumópolis 11, englobouse dentro da materia de Educación Finaceira de 1º ESO. Na nosa clase (1º ESO A), fixemos 5 equipos de 5 membros cada un e competimos no centro con outros 10 equipos de 1º ESO B e C, por iso decidimos poñerlle de nome FIRSTWIN.

Como fontes documentais usamos as fichas pedagóxicas incluidas no propio concurso, así como o material complementario que a profesora ía subindo ao blog de clase: www.emprendenasbarxas.blogspot.com.es. Tamén usamos o portal finanzasparatodos.

Á formación teórica, destinamos 4 sesións, relativas ao consumo responsable, no que destacamos:

a) “El cederrón didáctico” de www.consumehastamorir.es, co que vimos e traballamos vídeos sobre consumo responsable, publicidade e contrapublicidade.b) Fichas pedagóxicas de Consumópolis:·      Bloque A, consumo reflexivo: Dereitos do consumidor, arbitraxe, asociacións de consumo, comercio electrónico, Internet, redes sociais, telefonía.·      Bloque B, consumo e novas tecnoloxías

Despois fixemos o percorrido pola cidade utilizando os netbooks da nosa aula abalar, e finalmente resolvimos a proba do banco de puntos.

Posteriormente, nas nosas casas, intentamos mellorar un pouco as puntuacións obtidas cos xogos, xa que no instituto temos moitos problemas coa conexión a Internet.

Foi unha actividade moi amena e interesante coa que disfrutamos moito.

2. DESENVOLVEMENTO DA 2ª FASE: REALIZACIÓN DO VÍDEO

Para a elaboración do vídeo a profesora deunos unha formación teórica de 2 sesións, onde explicou a lectura da imaxe, cómo realizar un guión, o story board, e un kit básico sobre gravación e edición de vídeo.

Logo, entre todos, fixemos unha chuvia de ideas para escoller o tema e comenzar a investigar a través de internet. Decantámonos por comparar as

Page 4: Memoria Consumópolis FIRSTWIN

formas de consumo á hora de comer entre dúas culturas moi diferentes como son a africana e a occidental.

Para a elaboración do vídeo, primeiro organizamos un pequeno storyboard, e repartimos as tarefas. Logo gravamos cos móviles, utilizamos o croma, e finalmente fixemos a montaxe co programa de edición Power Direct 11, xa que que é o que temos instalado na nosa aula de informática. Este foi o noso principal problema, xa que a materia só ten unha hora de clase semanal e ademáis os ordenadores abalar non traen ningún programa de edición de vídeo. As imáxenes as conseguimos a través de internet nos enlaces que reseñamos debaixo.

A música é dos arquivos de mostra que veñen cos ordenadores Windows.

3. VALORACIÓN DO ALUMNADO SOBRE A EXPERIENCIA E A APRENDIZAXE

As actividades foron moi interesantes e divertidas. Permitiunos traballar en equipo, resolver conflitos e tomar decisións de forma consensuada. Aprendimos moito sobre a importancia dun consumo responsable pero quedouneos pena de non poder traballar máis o vídeo, xa que non temos horas de clase suficientes.

4. ANEXO BIBLIOGRÁFICO E FOTOGRÁFICO

A maior parte da información empregada a obtivemos a través de internet, destacando os enlaces seguintes:

http://elcomercio.pe/gastronomia/internacional/que-les-gusta-comer-africanos-como-lo-comen-noticia-499998

http://www.fao.org/docrep/006/w0073s/w0073s08.htm

http://bloginteligenciacultural.com/2012/07/08/la-comida-nos-une-las-costumbres-nos-separan/

Page 5: Memoria Consumópolis FIRSTWIN

Fotografías do traballo: