7
CONCURSO ESCOLAR 2015/16 “TI CONSOMES: FANO IGUAL EN TODAS PARTES” EQUIPO: POLISAMOS Ivan Maestú Alvarez Noa Táboas Costa Elena Fernández González Uxía Riobó Pérez Iago Juncal Santomé CATEGORÍA: 3º e 4º Curso de ESO

Memoria Consumópolis POLISAMOS

Embed Size (px)

Citation preview

CONCURSO ESCOLAR 2015/16

“TI CONSOMES: FANO IGUAL EN TODAS PARTES”

EQUIPO: POLISAMOSIvan Maestú AlvarezNoa Táboas Costa

Elena Fernández GonzálezUxía Riobó Pérez

Iago Juncal Santomé

CATEGORÍA: 3º e 4º Curso de ESO

IES AS BARXAS – MOAÑA - PONTEVEDRA

INDICE

1. DESENVOLVEMENTO DA 1ª FASE: XOGO EN LIÑA

1.1. Organización do equipo para resolver as probas1.2. Documentación consultada

2. DESENVOLVEMENTO DA 2ª FASE: REALIZACIÓN DO VÍDEO

2.1. Organización do equipo para resolver as probas2.2. Documentación consultada

3. VALORACIÓN DO ALUMNADO SOBRE A EXPERIENCIA E A APRENDIZAXE

4. ANEXO BIBLIOGRÁFICO E FOTOGRÁFICO

1. DESENVOLVEMENTO DA 1ª FASE: XOGO EN LIÑA

A participación do noso equipo no concurso Consumópolis 11, englobouse dentro da materia de Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras de 4º ESO. Na nosa clase fixemos 4 equipos de 5 membros cada un e competimos no centro con outros 4 equipos de informática, todos mixtos.

Como fontes documentais usamos as fichas pedagóxicas incluidas no propio concurso, así como o material complementario que a profesora ía subindo ao blog de clase: www.emprendenasbarxas.blogspot.com.es.

Á formación teórica, destinamos 4 sesións, relativas ao consumo responsable, no que destacamos:

a) “El cederrón didáctico” de www.consumehastamorir.es, co que vimos e traballamos vídeos sobre consumo responsable, publicidade e contrapublicidade.b) Fichas pedagóxicas de Consumópolis:·      Bloque A, consumo reflexivo: Dereitos do consumidor, arbitraxe, asociacións de consumo, comercio electrónico, Internet, redes sociais, telefonía.·      Bloque B, consumo e novas tecnoloxías

Despois fixemos o percorrido pola cidade utilizando os ordenadores da aula de informática, e finalmente resolvimos a proba do banco de puntos.

Posteriormente, nas nosas casas, intentamos mellorar un pouco as puntuacións obtidas cos xogos, xa que no instituto temos moitos problemas coa conexión a Internet.

Foi unha actividade moi amena e interesante coa que disfrutamos moito.

2. DESENVOLVEMENTO DA 2ª FASE: REALIZACIÓN DO VÍDEO

Para a elaboración do vídeo a profesora deunos unha formación teórica de 3 sesións, onde explicou a lectura da imaxe, cómo realizar un guión, o story board, e un kit básico sobre gravación e edición de vídeo.

Logo, entre todos, fixemos unha chuvia de ideas para escoller o tema e comenzar a investigar a través de internet. Decantámonos por comparar o ocio en Perú e España, xa que un dos nosos compañeiros de equipo marcha o curso seguinte para alí e queríamos darle ánimo, investigando nas distintas festas nas que ía participar e as novas costumes que ía aprender. Así que

recollimos información a través de internet sobre as celebracións máis curiosas que se levaban a cabo nos dous países durante os 12 meses do ano, pero como a duración do vídeo non podía superar o minuto, tivemos que deixalo só no primeiro trimestre. Así titulamos o noso traballo: “Un trimestre de festa; Perú vs. España”.

Para a elaboración do vídeo, primeiro organizamos un pequeno storyboard, e repartimos as tarefas. Logo gravamos cos móviles, utilizamos o croma, e finalmente fixemos a montaxe co programa de edición Power Direct 11, xa que que é o que temos instalado na nosa aula de informática.

As imáxenes que están montadas co croma, as conseguimos en internet nos enlaces que reseñamos debaixo, capturando trozos de vídeo co programa on line screencast-omatic.

A música é dos arquivos de mostra que veñen cos ordenadores Windows.

3. VALORACIÓN DO ALUMNADO SOBRE A EXPERIENCIA E A APRENDIZAXE

As actividades foron moi interesantes e divertidas. Permitiunos traballar en equipo, resolver conflitos e tomar decisións de forma consensuada. Aprendimos moito sobre a importancia dun consumo responsable pero quedouneos pena de non poder traballar máis o vídeo, xa que non temos horas de clase suficientes.

4. ANEXO BIBLIOGRÁFICO E FOTOGRÁFICO

A maior parte da información empregada a obtivemos a través de internet, destacando os enlaces seguintes:

https://es.wikipedia.org/wiki/Fiestas_del_Per%C3%BA

http://www.go2peru.com/spa/guia_viajes/calendario_fiestas.htm

http://www.peru.travel/es-pe/que-hacer/festividades-y-eventos.aspx#page1

http://www.spain.info/es/consultas/agenda/fiestas.html

Fotografías do traballo: