37
q \ + q \, 1 ü ñ É* .9 cr) tr .9 VI .I G I J ct (J rtr lül IAI lzl §

O medio mariño (Candea 1994)

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: O medio mariño (Candea 1994)

q\

+q\,1ü

ñ

É*

.9(§cr)

tr.9VI

.I

GIJct(Jrtr

lülIAIlzl

§

Page 2: O medio mariño (Candea 1994)

O MEDIO MARIÑO

Page 3: O medio mariño (Candea 1994)

O MEDIO MARIÑO

Candea 1.994

i

Adela Leiro LoisXosé Ramón Dapo(a Padin

Page 4: O medio mariño (Candea 1994)

ítro¡ce:

O Mar: características

Zonas do mar

Xeomorfoloxía: interacción do mar e a terra

Tipos b-iolóxicos mariños

O ciclo alimenticio no mar

Hábitats mariños

1 .Zona supralitoral

2.Zona intermareal

3.Zona i nfralitoral (subl itoral)

A Ría de Arousa

3

8

10

12

15

17

17

19

26

29

Page 5: O medio mariño (Candea 1994)

MAR: característicasCo nome de mar ou océanos coñécense as grandes masas de auga salgada situa-das entre os continentes. É un sistema contínuo dividido en cinco grandes zonas ouOcénos. Atlántico, Pacífico, Índico, Ártico e Antártico.

O mar cubre o71 o/o da Litosfera (cortiza terrestre) cun total de 391.000.000 kilóme-tros cadrados e un volume de 1.370.000.000 kilómetros cúbicos que representa o94o/o da auga total do planeta.

A profundidade é variable, cunha media de 3.300 m., sendo o lugar máis fondo afoxa das Marianas no Océano Pacífico con 11.033 m.

Proporcións da auga da hidrosferaAuga salgada Auga subterránea Xelo Lagos

Zonas húmidasAtmósfera Rios

94% 4,27% 1,7% o,o2go/o 0,001% 0,00015%

GRÁFICA COMPARATIVADAS PROPORCIÓNS DAAUGA DA HIDROSFERA

DL.l

@

DI

Itr

marauga subterráneaxeolagos e zonas húmidasatmósferarios

COMPOSICION:

A auga do mar leva disoltas diversas sales minerais (normalmente 35 gramos porlitro). sendo a de proporcións máis elevadas o cloruro sódico ou sal común (27 g.ll).

Pódense atopar en diferentes combinacións ata 85 elementos químicos. Estas sus-tancias proceden do aporte realizado polos ríos.

A salinidade non é constante nin uniforme, pode variar en función da temperatura(que pode producir máis ou menos evaporación), a circulación das augas (que fai queéstas se renoven ou non) e o aporte dos ríos. Así, por exemplo, no Mar Báltico a con-centración de sales é de 2 a 8 g/l e no Mar Vermello de 42 gll.

Outras sales importantes son os fosfatos e nitratos, sustancias imprescindibles parao desenvolvemento dos vexetais mariños, base das cadeas alimenticias. Procedenda mineralización dos restos dos seres vivos e do aporte dos ríos.

Entre os elementos destaca o oxíxeno que se pode atopar en proporcións dende 0

ata 8,5 centímetros cúbicos por litro, variable segundo a temperatura e á profundida-de. Procede da fotosíntese dos vexetais mariños e da disolución do oxíxeno atmosfé-rico pola mestura deste coa auga do mar cando se move (ondas e mareas).

I

I

Page 6: O medio mariño (Candea 1994)

Outras variables que infúen na composiciÓn e calidade da auga do mar son:

A TEMPERATURA: depende da acción dos raios solares. DisminÚe coa profundidade

(máis alta nas capas superficiais) e coa latitude (máis alta nas zonas cálidas).

A DENSIDADE: depende da salinidade e a presiÓn. É máis alta nas zonas fondas e

máis baixa na suPerficie.

A TRANSPARENCIA: que varía se a auga está limpa ou ten materiais en suspensión,

permitindo deste xeito a penetración da luz a maior ou menor profundidade creando

así unha zona iliminada -zona fótica- onde se desenvolve a vida vexetal que precisa

da luz para realiza-la fotosíntese, e unha zona escura -zona afótica- .O límite medio

de penetración da luz establécese entre os 100 e os 200 m'

MOVEMENTOSO mar, está sometido constantemente á acción de axentes externos que se manifes-

tan en movementos:

ONDAS:

Producidas pola acción do vento que co

seu rozamento afunde as partículas su-

perficiais da auga provocando nestas un

movemento de xiro que se manifesta en

ondulacións da superficie. Este move-mento non suPón avance, anque o con-

tacto das partículas que xiran coas prÓ- '

ximas indúceas a moverse producindo así unha reacción en cadea que fai aparece-

las oscilacións a distancia do lugar da súa orixe (mar de fondo). Tan só se produce

Un avance das ondas cando a súa parte inferior roza ou choca co fondo e perde ve-

locidade o que fai que a parte superior avance máis rápido provocando así a ruptura

da mesma que se manifesta na beira do mar (praias e rompentes).

A parte alta da ondulación chámase crista o afundemento entre dÚas ondas seo, e a

distancia vertical entre a crista e o seo é a altura'

A altura das ondasdepende da intensi-dade ou forza dovento, podendo osci-lar entre os 0 m., sinvento (mar en cal-ma) ata os 15 m. oumáis, cando o ventosobrepasa os 1 10km./h. (mar monta-ñoso). Entre estesextremos Podemosatopar diferentesestados que se re-flexan na táboa quese xunta.

NUMERO DA

ESCALA

VELOCIDADE DO

VENTo (km/h)

NOME ALTURA DAS

ONDAS

(J 0 calma U

1 entre 1 e 5 mar rizo de 0 a 10 cm.

2 de10a20 maruxla de '10 a 50 cm.

3 de10 a 28 marelra de 0,50 a 1,25 m.

4 de28a38 forte mareira de 1,25 a 2,50 m.

E de40a50 mar grosa de2,5a4m.

t¡ de50a60 maf mol grosa de4a6m.

7 de60a78 mar arbolado de6agm.

B de 80 a 100 mar montañoso dega14m.

O movemento das ondas prodr-lce efectos no ambente Xa que lle pelmite á auga do

mar absorver e desprender gases e actuar por presiÓn sobre o litoral e oS organismos

nel viven prouo"rnáo transfórmacións (erosión) e adaptacións (cunchas, órganos de

suxección...)

f *§to

Page 7: O medio mariño (Candea 1994)

MAREAS:

Movementos periódicos e alternativos de subidae baixada do nivel do mar provocados polaatracción que exercen sobre a Terra a Lúa e oSol. O ciclo completo (unha marea chea e unhamarea baixa) complétase en 12 horas e vinte-cinco minutos, dos que seis horas e ,t2 minutoscorresponden á subida da marea (abalar) e aoutra mitade á baixada da marea (debalar).As subidas e baixadas do nivel non son sempreiguais e a súa intensidade depende da situaciónrelativa do Sol, a Lúa e a Terra. Cando estánsituados nunha mesma liña suman as súas for-zas de atracción e provocan unha maior varia-ción do nivel (marea viva), que adolta corres-ponderse coa Lúa chea e nova. A medida quese alonxan ou aproximan a esa liña recta a intensidade da atracción réstase produ-cindo variacións do nivel máis pequenas (mareas mortas).As diferencias de altura entre as mareas alta e baixa non é igual en tódalas partes domundo, sendo máis pequena nos mares pechados e máis grande nos mares abertose nas zonas de correntes e pasos. Na Ría de Arousa a oscilación das mareas é de4,9 metros.

As mareas producen efectos ambientais : no medio físico o transporte de materiais erenovación da composición da auga, e nos seres vivos adaptacións á seca, ós cam-bios de temperatura...

VARIACIÓN DO NIVELDA MAREA NA ENSEADADO UMIA-O GROVEEn cor crara'. zana intermarealEn escura: zona sumexida

MAREA VIVA

,r'-'-=*\/\\(r""" )}@\'---l -

MAREA MORTA

/--\(rerra )\---le

I\'"'

/"",

t

Page 8: O medio mariño (Candea 1994)

CORRENTES:

Desprazamentos de auga do mar nunha determinada dirección provocados polo mo-vemento de rotación da terra (farza de Coriolis), o vento, as mareas, e as diferenciasde densidade, temperatura ou salinidade. Segundo a causa que as provoca afectan a

distintas partes do mar e provocan nel consecuencias diferentes.

A inercia da auga no mo-vemento de rotación daTerra fai que ésta na súatotalidade se desplace deLeste a Oeste, (sentidooposto ó movemento d€,

rotación) desviándose ádereita (sentido das agullasdo reló) no Hemisferio Nortee á esquerda (contrario ásagullas do relé) no Hemis-ferio Sur, seguindo a Lei deFerrel. .

As correntes producidas poio vento son de desprazamento horizontal eparte superficial (ata'150 m. de fondo), nas zonas de ventos constantessempre o rnesmo sentido de cireulación e nas restantes zonas o sentidodade das mesmas varían cos do vento.

As correntes producidas polas mareas afectan solamente á nnasa de auga que sedesplaza pola acción das mesmas e ás inmediatamente préximas. Prodúcense catroveces ó día, dúas no sentido do mar á costa (coa marea enehente) e dúas da costa afóra (coa baixada da marea).

As producidas polas variaciéns nas características físico-químicas son de des-prazamento vertical, Prodúcense pola diferente relación masa/volur¡re da auga. Amenor masa e maior voiume, son de direccién ascendente, e no caso contrario sondescendentes (a auga de menor densidade, máis lixeira, ascende e a máis densadescende; a auEa máis quente sube e a máis fría baixa; a máis salina afunde e a

menos salgada ascende).MAPA DAS PRINcIPAIS CoRRENTES vnntÑes Do MUNDo (En cor cara as frlas e en escura as quentes)

afectan ámanteñen

e a veloci-

Page 9: O medio mariño (Candea 1994)

Os distintos tipos de correntes, agás o demareas, actúan normalmente combinados econstitúen os ciclos de correntes do plane-ta. lnflúen sobre a navegación, a regulaciónclimática (a corrente do Golfo que se ache-ga ás nosas costas procedente de zonascálidas fai que o clima sexa máis benignodo que nos corresponderÍa pola latitude), ea distribución das sales nutritivas creandozonas de alta concentración de sales(zonas de afloramento) onde se desenvol-ve abundantemente o fitoplanto, primeirafase da cadea alimenticia e por conseguin-te lugar de convexencia e concentracióndos seres vivos mariños o que converte aesas zonas (que xeralmente coínciden coscantís, límites da plataforma litoral) nosmaiores e mellores caladoiros

AFLORAMENTOS

RINCIPAISCALADOIROSDAPLATAFORMAGALEGA

Page 10: O medio mariño (Candea 1994)

Z.O.NAS,'DrO.' MAR

O mar, a pesares da súa extensión,ha clasificación por zonas, rexiÓns e

presenta certas constantes que dan lugar a un-

sistemas

A parte da litosfera que está debaixo do mar chámase SISTEMA

derse en varias rexiÓns:

.FlEXtóN LITORAL ou PLATAFORMA CONTINENTAL : prolongaciÓn dos continen-

tes debaixo da auga, pouco profunda e de pendente suave. Na parte sometida á osci-

la:ión das mareas recibe o nome de Plataforma costeira ou intermareal

.tlEXIÓN ABISAL, de grandes profundidades formada por.

- r:antís (talude continental) zona de pendende moi pronunciada que sinala o límite

elltre os continentes e os verdadeiros fondos oceánicos;

- 1'ondos oceánicos, grandes extensións submariñas de profundidades entre 3 000 e

S.OOO m. Ós lugares onde os fondos superan os 6.000 m. chámaselles abismos, e

ós puntos de máxima fondura foxas mariñas .

e diví-

O conxunto das augas que forman os

CO, nel podemos distinguir.

* Pola situaciÓn:

- REXIóN NERíTICA , situada enriba da plataforma continental , ata 200 m.de fondo

-REXIÓN OCEÁNICA que ocupa o resto do espacio.

mares rec¡ben o nome de SISTEMA PELÁXI'

REx¡ÓN NERiTtcA I nexlÓtrl ocEÁNlcA

plataforma I P¡ataforma continental

continental(cantil)

SISTEMABENTÓNICO

REXIÓN PELÁXICA

REXIÓN BATIPELÁXICA

BENTONICO

Page 11: O medio mariño (Candea 1994)

"Pola profundidade:

-REX¡ÓN PELÁXICA, ata a fondura de 200 I 250 m.

-RExtÓN BATIPELÁXICA: dende 250 m. ata as máximas profundidades.

ZONA COSTEIRA:

Comprende a parte do litoral sometida á acción das mareas, ésta á súa vez divídesenoutras menores marcadas polo nivel medio que alcanzan éstas e pola acción dasondas que coas súas variacións periódicas condicionan o tipo de seres, que pola súacapacidade de adaptación e resistencia ós cambios, poden desenvolverse en cadaunha, o que se manifesta nunha sucesión de faixas de distribución dos mesmos.

ZONASUPRALITORAL Rexión das salpicaduras

Rexión supralitoralZONALITORAL Rexión mediolitoral

Rexión infralitoral

ZONA INFRALITORAL(Sublitoral)

.ZONA SUPRAL¡TORAL : rexión das salpicaduras, zona da costa á que só alcanzanéstas.ZONA LITORAL ou INTERMAREAL : zona de oscilación das mareas. Á súa vez di-vídese en :

-Rexión supralitoral: abarca o espacio comprendido entre o nivel máximo alcanzadopolas mareas vivas e o nivel máximo das mareas mortas.

-Rexión mediolitoral: espacio comprendido entre a anterior e o límite máis baixo dasmareas mortas.

-Rexión infralitoral: espacio comprendido entre a anterior emareas vivas..zoNA suBLlroRAL: zona inmediatamente inferior ó intermarealdescuberta.

o límite máis baixo das

¡

que nunca queda

Page 12: O medio mariño (Candea 1994)

A composición mineralóxica e a resistencia dos materiais ás acciéns físicas e quími-cas, a forza das ondas, o nive! das rnareas, e a dirección das correntes condicionan oaspecto da liña da costa dando lugar a multitude de formas e variantes das mesmas.Outros factores que tamén inciden son a presencia de ríos, co aporte constante demateriais, e a actividade dos seres vivos"

_á/\-at--(

A'=- -=--.;^-'-{í'-l

furna

Cando a accién das ondas se realiza sobre as costas elevadas ataca (coa presión daauga e o empuxe das partes arrancadas previamente) á base das mesmas nas zonasmáis brandas e fainas cair creando as formas verticais dos cantís. As partes máisresistentes permanecen en forma de promontorios, puntas, cabos ou ¡i¡otes, e asmenos resistentes ceden creando ocos, pequenas zonas protexidas que se enchencoa area traída pola marea ou a procedente do arrastre de ríos próximos forrnandopequenas praias ou calas.

10

Page 13: O medio mariño (Candea 1994)

As grandes praias fórmanse polo aporte deareas maioritariamente fluviais e restos de cun-chas que as ondas e as correntes depositan enlugares protexidos. Estes depósitos non sempreteñen lugar sobre a liña da costa, pois se ascorrentes se atopan con outras opostas ou cunbaixo (zona de poca fondura) o choque provo-ca o depósito dos materiais facendo que seamoreen ás veces ata sobresairen da superficiedo mar convertíndose así en agullas, frechasou barras que se se establecen entre douspuntos de costa e pechan zonas con auga con-vértennas en lagoas litorais, estanques sal-gados ou albufeiras, e se se establecen entrea costa e as illas próximas forman tómbolos eistrnos. Se sobre éstas formacións actúa unvento constante capaz de desplaza-los gransda area amoreaa máis alá da liña da mareacreando as dunas.

oepóslro DE AREA NAPRAIA DA LANZADA

t)§§

onóas §refractaoas

a | :E.

área sedlmentarla

rtlreccrohpreobnrhanfe u

das-.onú,Ls'lTllri

O aporte constante de materiais por parte dos ríos tamén pode crear formas carac-terísticas nas súas embocaduras:

-Esteiros, cando os materiais transportados se depositan na embocadura sen corren-tes que se opoñan convertíndoas en zonas areosas ou fangosas de pouco calado(lombos).

-Deltas, cando o aponte do material dos ríos recibe de frente o empuxe de ondascontrarias fai que os sedimentos se amoreen ata sobresaír da auga en forma de illas.

Pedras redondeadas polo mar nabase do cantil: A Lanzada

Furna: Praia de Fontiñas

¡

Tómbolo do Outeiriño: A Lanzada

11

Page 14: O medio mariño (Candea 1994)

fÍ:p6§::,:lmli:o:ü:6iXÍGo$:l:iMAH,l,Ñi6§ :

SERE5 gerufÓNI¡COS: son os que viven no substrato (pedra, area ou lama). Podenser fixos (como os vexetais, arneiróns, percebes, mexilóns...), enterrarse (ameixas,

miñocas...), ou desplazarse (ourizos, estrelas, raias, peixe sapo, cangrexos, esca-chos...)

SERES PELÁXICOS: os que viven independentes do fondo. Poden ser:

-Nadadores (Nectónicos): peixes de forma típica (fusiforme), cetáceos, e outros

animais que teñen capacidade para desplazarse por sí mesmos.

-Fluctuantes (PIantónieos): son arrastrados polas correntes. Animais (zooplanto) e

vexetais (fitoplanto) xeralmente microscópicos aínda que tamén hai exemplares de

maior tarnaño como salpas, medusas...Poden ser permanentes (algas e animais mi-

croscóplcos) ou temporais (ovos e larvas de animais e vexetais grandes).

Gráfico cos distintos tipos biolóxicos mariños.

12

Page 15: O medio mariño (Candea 1994)

As especiais características do medio mariño condicionan as dos seres que o habitane teñen que adaptarse a elas para poder sobrevivir. YVv !

auga/medio !íquido *Os animais móveis teñen formas afLJsadas,simetria bilateral, órganos pouco sobresaín_tes para evita-lo rozamento, extremidadestransformadas case sempre en formas pla_nas para facilita-lo desprazamento, coberturacorporal lisa ou cuberta dun mucus que facili-ta o deslizamento.*Nos animais fixos (bentónicos) as formasson moito máis variadas-ramificadas flexibles (gorgonias, algas) ou

ríxidas (corais)-tubulares (esponxas) ou conoideas(gasterópodos)-deprimidas (raias) ou comprimidas conmodificaciéns na maneira de desplazarse(lateral nos lenguados).-radiais (estrelas)-globulares (ourizos)-vermiformes (miñocas)-cancriformes (cangrexos)As simetrías son máis variadas abundando asimetría radial.

Locomoción na auga:-Os que se moven libremente teñen formashidrodinámicas, cabezas desenvolvidas eórganos de natación (aletas nos peixes ecetáceos, palmeaduras nas patas e ástransformadas nas aves prolongación docorpo laminares, sifóns...)-Os bentónicos teñen órganos marchadores(patas, tentáculos, pés musculosos, aparatosambulacrais...)

Os fluídos corporais son isotónicos coa auga(teñen a mesma concentración de sales).

Algúns teñen unha gran capacidade deadaptación ás variacións (eurihalinos) comoos costeiros, especialmente os dos esteiros.

densidade epresión

Todos teñen unha baixa Oens¡OaOe corporal(gran porcentaxe de auga) e estructuras es-ponxosas e lixeiras que reducen o peso.Aumentan a superficie ou teñen elementosde flotaciónOs que se desplazan verticalmente (peixes)regulan a presión absorvendo e expulsando

á vexiqa natatoria.

Page 16: O medio mariño (Candea 1994)

movementosdo rnar

-Substratos roehosos: corpos flexibles(algas) ou ríxidos (arneiróns), potentes órga-nos de suxección (lapas, caramuxos), secre-ción de sustancias fixadoras (mexilón, per-cebe), fixación da cuncha (ostras), formaspoueo sobresaíntes que ofrecen menos re-sistencia ós embates das ondas.

-Substratos areosos e fangosos: enterránse.Nos que teñen cuncha (bivalvos) ou capara-zéns (cangrexos, ourizos) varía o grosor econsistencia, sendo maior nos terreos degrava e area (móveis) e !"nenor nos fangosos(inmóveis).

luz A intensidade da luz disminúe cara ó fonclochegando case a desapareeer a partir dos100 m. Fara aproveitala mellor os vexetaispresentan cores complementarias: verdes ópé da superficie, pardas máis abaixo e en-carnadas máis é fondo cando a luz é escasa.

Nos animais os olios aumentan de tamaño enalguns casos desaparecen. Outros produ-cen luz (bioluminiscencia)

cor Usana corno defensa, para mimetizarse:-f{os peláxicos ó máis uniforme. Os plantóni-cos son transparentes e os demáis son ver-de-azuis, negros ou con manchas que rom-pen a silueta pclo lombo, e Drateados poloseostados e o verrtre (eonfundense coa cor daauga). Cara ó fondo as cores son máis uni-formes: grises, encarnadas ou negras.-Nos bentónicos as cores son máis variadase adáptanse ó ambente (algas, rocl,:s, fon-dos...). Os que viven pousados no fondopresentan coración só pola parte exposta eson braneos pola cara oculta (raias, rodaba-llo, solla...)Algúns casos presentan camufla-xe activo (polbo, xiba, rodaballo, ...).

oxtxeno(respiración)

Namentras a concentración de oxíxeno no aré do 21 % no mar só chega ata un máximodo 9% e disminúe ó aumenta-la temperatura.Os animais mariños adáptanse tendo unbaixo consumo de oxíxeno en relación cotamaño e o peso e unha superficie de apro-veitamento moi grande, ata 10 veces a su-perficie corporal, debido ás numerosas rami-ficacións que teñen as galadas ou branquias.

14

Page 17: O medio mariño (Candea 1994)

consumidores 30 nivel

Tódolos seres vivos existentes están directa ou indirectamente relacionados entre sí,fundamentalmente pola alimentación, xa que entre eles existe unha relación de de-pendencia, uns serven de alimento ós outros. A estas secuencias chámaselle cadeasalimenticias ou redes tróficas que funcionan como circuitos pechados. Están forma-das por uns seres productores (vexetais) e unha serie de seres consumidores(animais). O circuito complétase coa descomposición e mineralización dos restos quese incorporan como sales minerais á auga para seren utilizados de novo polos vexe-tais.

PRODUCTORES PRIMARIOS1. SERES FOTOSINTÉIcOS (AUTÓTROFOS): non precisan doutros seres vivospara alimentarse. Son os vexetais con clorofila que realizan a fotosíntese. Recollensustancias minerais, dióxido de carbono e auga do mar e coa axuda da enexía lumi-nosa elaboran hidratos de carbono, principais componentes da materia viva e basedas cadeas alimenticias, das que forman o primeiro elemento.

T¡PO EXEMPLOSMicroalgas: microscópicas, fluctuantes, con gran di-versidade de formas . Constitúen o fitoplanto

hfiW(Macroalgas: algas grandes. Viven suxetas ó substratoe a cor varía en función da profundidade e luminosida-de: verdes. pardas e encarnadas. w Y';'¡ii'4i;Fanerógamas mariñas: vexetais idénticos ós terrestrespero adaptados á inmersión e á salinidade

15

Page 18: O medio mariño (Candea 1994)

I

I

i

PRODUCTORES SECUNDARIOS :

Son os seres que precisan doutros para alimentarse e obte-la enexía necesaria para

sobreviviren. A maior parte son animais e tamén algúns tipos de bacterias.

ErqT\g

+^-Órganos de filtración

-Bocas con rádulas (línguascon pezas rsPadoras) oudentes cortantes

FIERBiVoRoS: aliméntansede vexetais.Zooplanto: animais de Pe-queno tamaño (medusas,copépodos) e larvas de dife-rentes animais.Ramoneadores: raspan ou

cortan as algas

-cirros ou filamentos que ro-dean a boca (percebes, arnei-róns, miñocas)

-sifóns que fan circula-la augadentro dunha cavidade ParaIogo atrapa-lo alimento coaboca (moluscos bivalvos)

-diferentes tipos de Pezasbucais e apéndices Prensores

oMN¡VoRoS: aliméntansede vexetais e animais:filtradores: atraPan as Partí-culas alimenticias susPendi-das na auga ou do substrato

outros: animais que indiferen-temente aproveitan os vexe-tais ou caPturan outros ani-mais.

-bocas e dentaduras Potentes

-órganos con veneno

-tentáculos e ventosas

-engados

-mandíbulas cortadoras epinzas fortes

OS: aliméntansedoutros animais-predadores: caPturan exclu-sivamente animais vivos.

-preeiros ou carroñeiros:aliméntanse esPecialmente derestos en descomPosición de

animais mortos (e ás vecesvexetais)

-sifóns para asPira-la auga e

extrae-lo alimento

-aparato dixestivo que filtra osubstrato

Aproveitan os restos xa des-feitos e disgregados doutrosorgaísmos que levan temPomortos. Xeralmente vivenenterrados e algúns son mi-croscópicos (bacterias

16

Page 19: O medio mariño (Candea 1994)

BITATS MARIÑOS

SucesiÓns de espacios máis ou menos delimitados con características físico-ambientais propias que condicionan o asentamento dos seres vivos e as adaptaciónsdos mesmos.

1..ZO,NA,,,SU,P.RAEIT9RAE

Situada por enriba do límite máximo das mareas e constituída por terreos pobres.Está permanentemente castigada polo mar e os ventos, recibe a salpicadura da augado mar ou o rociado constante de brumas mariñas cargadas de sal). Nela podemosdistinguir dúas partes atendendo á proximidade e lonxanía do mar (zonación vertical):-a máis baixa, próxima ó límite das mareas (rexión de salpicaduras ou dos salseiros),recibe ocasionalmente as pingas procedentes do choque das ondas-a máis alta, onde nunca chega o mar. Nela viven animais e plantas terrestres adap-tados e influenciados polas condicións que a proximidade do mar representa.

Tendo en conta o tipo de sustrato pode ser:

A) COSTA ROCHOSA:A solidez do sustrato e a súaverticalidade dificultan oasentamento dos vexetais quelimitan a súa presencia á partesuperior, ás fendas e ás mese-tas onde poden arraigar. Noresto da superficie só teñenposibilidades os liques.As principais adaptacións dasplantas a este medio son:-follas moi reducidas elou cu-bertas de pelos para reduci-las perdas de auga e evita-losdescensos de temperatura;suculentas ou carnosas paraalmacenar auga e protexidaspor cubertas grosas.-Raíces moi longas e pene-trantes para asentarse nasfendas-Estructuras aplanadas ouserniesféricas para reduci-lapresión do vento.As especies máis comúns son:Liques (Xantoria, Caloplaca, Lychina,Verrucaria e Ramalina),Prixel do mar (Crithmum maritimum)Herba de namorar (Armeria pubigera emaritima)Dactilo (Datylis maritimum)

Anthyllis vulnerariaAcelga mariña (Beta maritima)Alhelí ( M atthio I a i n c a n a)Mapoula mariña (Glaucium flavum)Unlla de león (Carpóbrotus eioutis¡

Animais: aves mariñas que usan esta zona para descanso e aniñada (Gaivotas, corvosmariños, e moi raramente araos) e na zona de salpicaduras atópanse: arneirons, caramu-xos enano e bravo e Ligia oceánica.

17

Page 20: O medio mariño (Candea 1994)

TI{II

B) ZONA AREOSA. DUNAS

As características do substrato (movilidade das partículas e pobreza de sustanciasnutritivas) unidas á presencia constante de vento cargado de sal fan que os vexetaisque viven nesta zona presenten unhas adaptacións especiais:-raíces moi longas para mante-la suxección e aproveita-la pouca auga existente nosubstrato-talos moi flexibles, rastreiros, ou subterráneos (rizomas) para evita-los embates dovento e da area en movemento-follas reducidas, cubertas de pelos, coriáceas, espiñentas ou carnosas (para evita-laperda de auga), cubertas de cera ou peios e de cores craras (para resisti-lo excesode radiación solar), ou longas e lineais (para resisti-lo vento)

Detrás da liña d.e praia e da primeira liña de dunas o solo faise máis rico polos apor-tes dos restos vexetais e fixo polo entramado que crean as raíces, nel prosperan es-pecies nas que as características anteriores están menos marcadas.

¡¡

I

As especies máis comúns son:Arenaria do mar (l-lonkenya peploides)Grama mariña (Elymus farctus)Cardo da ribeira (Eryngium maritimum)Leiteira (Euphorbia paralias)Mapoula mariña (Glaucium flavum)Eiruga mariña (Cakile maritirna)Trebo mariño (Medicago marina)Correola mariña (Calystegia soldanella)Carrasca de S.Xoan (Otanhus maritimus)

Cebola das gaivotas (Pancratium maritimum)Feo, barrón (Ammophila arenaria)Rabo de lebre (Lagurus ovafuslEspigadiña do mar (Crucianella maritima)Unlla de gato, arroz (Sedum acre, e S. album)Chantaxe estrelado (Plantago coronopus)Colexas do mar (Silene littorea)Rumex bucephalophorusMusgos e liques...

En canto ós anirnais a mesma pobreza dos substrato, a falta de refuxios e alimentofai que sexan moi escasos. Na primeira liña de praia atópanse as Pulgas da area(Talitrus saltatof e Píllara papuda (Charadrius alexandrinus),e máis arr¡ba, asociados ósvexetais, animais tipicamente terrestres : insectos (escarabeltos, bolvoretas, saltóns, bar-bantesas, chinches, formigas), arañas, caracois e algunhas aves (labercas, cotovías, lavandei-ras,...)

18

Page 21: O medio mariño (Candea 1994)

2. ZO NA...| NTERMAREAL

A comprendida entre o límite máx¡mo da marea chea viva e o límite mínimo da mareabaixa morta.Nesta zona podemos establece-los seguintes tipos:*Segundo o tipo de substrato : areosa ou rochosa*Segundo a acción do mar : protexida ou expostaEstas separacións non son ríxidas xa que aparecen zonas intermedias oución entre unhas e outras (areoso-rochosa, semiexposta).

Cantil e intermareal rochosode costa exposta

lntermareal areoso-fan gosode costa protexida

A) INTERMAREAL ROCHOSA:

As zonas rochosas presentan unha gran variedade de formas e riqueza de exempla-

res xa que as pedras permiten a suxección das algas e a fixación de animais, e as

súas anfractuosidades (fendas, covas e ocos) proporcionan refuxio e protección aoutros moitos.A. resistencia mecánica (ós movementos do mar), térmica (exposiciÓn'ó sol e varia-

cións da temperatura) e a cantidade de luz que precisan fan que os habitantes desta

zona se distribúan en faixas típicas ben definidas que se suceden dende a liña de

marea (parte alta) ata o sublitoral. As especies asentadas son propias de cada zona e

serven para distinguilas.

Page 22: O medio mariño (Candea 1994)

A.1) lnterrnareal rochosa exposta:

Chámaselle exposta á zona onde a acción mecánica do mar é moi intensa, o queobriga ós seres que a habitan a presentar unha gran resistencia á mesma. As adap-tacións máis importantes son:-elementos de suxección ben desenvovidos: músculos (moluscos gasterópodos), fi-lamentos (mexilóns), glándulas que producen sustacias fixadoras (percebe, arneirón),capacidade de perforación e de construcción de refuxios con sustancias diversascomo caliza, area...(miñocas), ventosas (ourizos e estrelas), transformación de aletas(lorchos)...-Coberturas corporais fortes-Formas pouco sobresaíntes ou flexibles que ofrecen pouca resistencia á auga-Resistencia á desecación (almacenando auga na cavidade branquial ou pechándo-se).Especies máis representativas.Animais:

i

I

.

Arneiróns (Balanus, Chthamalus)Mexilóns (Mytillus galloprovincialis)Nucella lapilusCorniño (Ocenebra erinacea)Caramuxos (Gibbula e Littorina)Lapas (Patella s.p.)Peneira (Haliotis tuberculata)Lapa peixeira (Lepidochitona, Chitón)

Vexetais:Verdello (Enteromorpha)Porphira umbilicalisMarullo (Gigarfina stellate)

Percebe ( Po llici pe s corn uco pi a)Ourizo (Paracentrotus lividus)Gradicelas (Asteria e Mañhasterias)Estrela de capitán (Asterina gibosa)Pan das gaivotas (Hallichondria panicea)Chuponas (Anemonia sulcata, Actinia equina)Sabellaria alveolataQueimacasa s (Pachigrapsus marmoratus)

Raspa riza (Chondrus crispus)Corres (Himanthalia elongata)Coral (Corallina officinalis)

20

Page 23: O medio mariño (Candea 1994)

I

i

4.2: lntermareal rochosa protexida:

Nesta zona a acción mecánica do mar é máis débil e polo tanto os organismos quenela se asentan presentan as adaptacións explicadas para a zona antáior máis ate-nuadas.

As especies máis representativas son:

Animais:Caramuxos (Liftorina littorea, LiftorinaI ittora lis, Littorin a o bt u s at a)Caracolas (Monodonta lineata, Gibbula...)Lapas (Patella vulgata)Arneiróns (Balanus, Chthalamus)

Vexetais:Pelvetia canaliculataBochos (Fucus spfta/is, Fucus vesicu/osus,Fucus serratus)Bocho bravo (Ascophillum nodosum)Bifurcaria bifurcata

Piollo da lerra (Ligia oceánica)Cangrexo (Carcinus maenas)Queimacasas (Pachigrapsus marmoratus)Pan das gaivotas (Hallichondria panicea)

Corres (Himanthalia elongata)Verdello (Enteromorpha intestinalis)Marullo (Gigañina stellata)Poli si phoni a urceolata

21

Page 24: O medio mariño (Candea 1994)

A.3. Pozas de marea:

As depresións que se forman entre as rochas e conservan a auga durante a baixa-mar forman uns ecosistemas de características propias provocadas polo aumento dasalinidade e da temperatura nos que viven especies adaptadas e onde podemosatopar ocasuionalmente outras ás que sorprendeu a baixada do mar.

Especies características :

Animais:Cacaracás (Blennius ...)Caracolas (Gibb ula...)Chuponas (Anemonia sulcata, Actiniaeq ui n a, B unod acti s verruco sa )

Cangrexos ermitáns (Pagurus s.p.)Camaróns (Palaemon serratus)

Vexetais:Verdello (Enteromorpha intestinalis)Bifurcaria bifurcataCysfoseira s.p.

Cangrexos de porcelana (Porcellana plati-chelles)Ourizos (Echin us escu/enfus)Gradicelas (Marthasteriag Asferias)Estrela de capitán (Asterina gibossa)Briozoos (Botrillus scho/osser)Pan das gaivotas (Halichondria panicea)

Coral (Corallina officinalis)Litho phill um incru stan s

22

Page 25: O medio mariño (Candea 1994)

I

B) ZONA INTERMAREAL AREOSA:

A movilidade do substrato impide a fixación das algas, anque permite a das faneró-gamas mariñas gracias ás súas raíces. É unha zona de aparente pobreza xa que osanimais case sempre están enterrados. A zona areosa posee unha rica fauna inters-ticial, que vive aproveitando os ocos, a auga e o oxíxeno que quedan entre as partí-culas da area. Cando disminúe o tamaño das partículas (zonas iangosas e limosas) ódisminuí-los ocos que quedan entre elas faise máis pobre e disminúe tamén o núme-ro de especies.

B.1) lntermareal areosa exposta

O empuxe das ondas fai move-lo substrato, impide a fixación dos vexetais e obriga ósanimais a defenderse presentando formas deprimidas ou comprimidas, a realizar mi-gracións ó ritmo das mareas ou a ter capacidade de excavación para establecersepor debaixo da zona removida (punteada no debuxo).

Especies máis comúns:

Sedentarias:Tellina tenuisCoquina (Donax vittatus)

Visitantes:Bacallán, faneca brava (Trachinus vípera)Rodaballo (Scopthalmus máximus)Coruxo (Scopthalmus rombus)

Robaliza (Dicentrarchus labrax)Bolos ( Am modffes I ance ol at u s)Veladores (Hy pero pl u s lanceol at us)

23

Page 26: O medio mariño (Candea 1994)

8.2 ) lntermareal areosa protexida:

As condicións deste tipo de costa onde a acción mecánica do mar é menor varíancon respecto á anterior. Dase a posibilidade de mestura de elementos finos e grososo que crea a posibilidade de aparición de novas zonas según o tipo de substrato:-areosas: formadas só por area solta. Zona de asentamento dalgúns moluscos deinterés comercial-areoso-fangosas: formados por mestura de area e limo, son blandos e pouco poro-sos. Zona de asentamento das fanerógamas mariñas-gravas ou cascallos. formados por partículas grosas ou cunchas. permite a fixacióndas algas e o asentamento de moluscos de cuncha grosa.

A riqueza en alimentos desta zona fai que nela se concentre un gran número deaves, especialmente limícolas.

Marea baixa:

Especies máis comúns:Vexetais:Seba (Zosfera nottii)Herba salgada (Salicornia ramossisima)Herba coral (Arthocnemum perenne)Herba das anduriñ as (Spergutaria media)Chantaxe de mar (Plantago maritima)Acelga salgada (Limonium vutgare)Espartina (Spartina maritima)Xunco (Juncus maritimus)Halimione poftulacoides

Animais:Miñocas (Nereis diversicotor)Cagóns ou areeiros (Arenicota mañna)Miñocas de tubo (Anphititre s.p.)Berbericho (Cerastode nn a ed ute )Ameixa fina (Venerupis decussafa)Ameixa bruxa (Venerupis aurea)Cadela (G astrana frágitis)T orre (Turrite I I a con m uni s))

24

Sosa (Suaeda maritima)Cardo leiteiro (Cistanche phetiphaea)Estrela das xunqueiras (Asfer tripolium)Polígono da praia (poligonum maritimum)Verdello (Enteromorpha ...)Leituga (Ulva rigida)Bochos (Fucus yesiculosus, F spiratis)Gracillaria verrucosa

Caramechas (Nassarius reticulatus,N.pfeifferi)Cangrexo (Carcinus maenas)Sacculina carciniAVES:Garzas, Garzotas, biluricos, mazaricos,agullas, píldoras, píllaras, pilros, gavitas,gaivotas, parrulos, ...

Page 27: O medio mariño (Candea 1994)

?')

Marea chea:

Coa marea chea prodúcese o achegamento dos pe¡xes e entran en actividade moitasespecies que permaneceron enterradas durante a seca.

Especies máis comúns:

Animais.Solla (P/aficltthys flexus)Raias (Raia clavata)Muxes (Chelon labrosus)Lorchos (Gobius s.p.)Bolos (Ammodittes lanceolatus e tobianus)Piardas (Atherina presbiter)Camarón da area (Crangon crangon)Camarón (Palaemon elegans, P. serratus)

ESTEIROS:

Felpudo (Atelecyclus undecimdentatus)ldotea balticaCíclope (Cyclope neritaens)Peringia ulvaeHaminaea naviculaXiba (Sepia officinalis)Lura (Loligo vulgaris)

Nas zonas protex¡das onde desembocan ríos, éstes cos seus aportes crean zonascon características especiais:- mestura de augas dóces e salgadas (reducción da salinidade)- aporte contínuo de materiais e nutrintes, o que inflúe no aumento da riqueza dassales nutritivas e na transparenc¡a das augas- aumento do nivel dos sedimentos coa conseguinte perda de profundidade que inci-de no aumento da temperatura da auga

Nas zonas onde se depositan sedimentos orgánicos prodúcense fenómenos de fer-mentación e perda de oxíxeno.

Son abundantes os organismos detritívoros e filtradores e outras especies visÍtanosocasionalmente ou como lugar de desove (samborca, asadía, solla, reo,.anguía, lam-prea, muxe, robaliza...)

Page 28: O medio mariño (Candea 1994)

3. ZONA INFRALITORAL (Sublitoral)

É a que está por debaixo do nivel mínimo alcanzado polas mareas e non queda nun-ca ó descuberto. Comprende toda a plataforma continental. Está pouco influída polasondas e mareas o que fai que as diferencias entre os distintos lugares sexan menosacentuadas.Como nas anteriores pódense distinguir unha zona rochosa con lixeiras diferenciasnos primeiros niveis que se uniformizan ó ir ganando fondura, e unha zona areosa ouareosa-fangosa que se diferencian polo tamaño das particulas do substrato.

A) TNFRALTTORAL ROCHOSA:Fondos de pedras que permiten o asentamento das algas e constitúen refuxios ezonas de alimentación de moitas especies.

A.1)Exposta

Nesta zona habitan as algas máis grandes e o maior número e variedade de especiesanimais. As adaptacións máis características son:-cores pardos, con liñas ou manchas para pasar desapercibidos entre as algas e ro-chas-formas máis ou menos comprimidas para

Especies máis comúns:

Vexetais.Corres (Himanthalia elongata)Golfos (Laminarias, Saccorhiza..)Cystoseira

Animais:Pan das gaivotas (Hallichondria panicea)Chupona (Anemonia sulcata)Chupona peluda (Metridium senile)

Ln

poder moverse en zonas estreitas

Halidrys si/rguosaRhodymenia...Codium tomentosum

Raho do mar (Lophogorgia ...)Botryllus ... Botrylloides...Hidroides...

Page 29: O medio mariño (Candea 1994)

Sérpula...Lapa peixeira (Lepidochitona cinereus)Lapa raiada (Patina pellucida)Lapa furada (Fisurella...)Margarita (Trivia...)Arneiróns (Balanus... )Camarón (Palaemon...)Santiaguiño (Scillarus arctus)Cangrexo (Carcinus maenas)Nécora (Macropipus púbe)Comátula (Anthenon bifida)Gradicelas (Asterias, M arthasterias... )OfiurasOurizos (P arace ntrotu s I ívid u s,

Echinus esculentus)Mexóns (Ciona intestinalis, Ascidiamentula, Phallusi mammillata)

A.2) Protexida

A menor acción me-cánica que aínda sepercibe nos primeirosniveis de fonduracondiciona o desen-volvemento duns t¡-pos de animais evexetais característ¡-COS.

Vexetais:Golfo (Laminaria sac-charina)Padina pavoniaCodium tomentosumAlga xaponesa(Sargassum muticum)

Animais:Cóngaro (Conger con-ger)Faneca barbuda (Ciliata mustella)Lorcho (Gobius ...)

Borracha (Aplysia punctata)Mexilón bravo (Modiolus modiolus)Polbo (Ocfo pus vulgaris)Morea (Muraena helena)Faneca (Trisopterus /uscus)Fodón (Trisopterus minutus)Badexo (Pollachius pollachius)Sanmartiño (Zeus faber)Mero (Epinephelus guaza)Vellos (Serranus...)Dentón (Dentex dentex)Dourada (Sparus aurata)Ollomol (Pagellus bogaraveo)Maragota (Labrus bergylta)Cacaracá (Blenius ...)Lorchos (Gobius...)Barbo, salmonete (Mullus surmuletus)

27

Page 30: O medio mariño (Candea 1994)

B) TNFRALTTORAL AREOSA

lnclúese nesta zona toda a infralitoral na que os sedimentos están formados por ele-r.nentos soltos de tamaño reducido (gravas, cascallo, area e fango). Os elementosqoltos difiqultan a fixación das algas e só son propicios para o desenvolvemento dasfanerégamas mariñas, que chegan a formar pradeiras extensas, e a falla de refuxioscondiciona ós airimais obrigándoos a unha gran capacidade mimética que inclusoafecta ás formas (deprimidas e comprimidas) ou a ter capacidade para enterrarse.

Especies máis comúns:Vexetais:Seba (Zosfera marina). E nas pequenas pedras que aparecen ocasionalmente aséntanse asmesmas especies de algas mencionadas no apartado anterior,Animáis:Rato de mar (Aphrodite aculeata)Miñocas de tubo (Sabeta pavonina,Lanice conchilega )Oaramechas (Nassarius...)Buxina (Charonia rubicunda)Rabiosos (Glycymeris... )Mexilón bravo (Pinna fragilis)Vieira (Pectem m axim us)Zamburiña (Chlamys varia)Volandeira (Chlamys opercularis)Berbericho bravo (Acanthocardia echinata) Cabaliños do mar (Hyppocampus...)Carneiro (Venus verrucosa)Reló (Doxinia exoleta)Ameixa babosa (Venerupis pullastra)Ameixa rubia (Venerupis rhomboideus)Chirla (Venus striatula)Ameixa brava (Mactra corallina)Ameixón (Callista chione)Arola (Lutraria lutraria)Navallas (Ensis..,)Longueirón (Solem marginatus)Xiba (Sepia officinalis)Lura (Loligo vulgaris)Cigala (Nephrops norvegicus)Lumbrigante (Hommarus gammarus)Centolo (Maja squinado)

2B

Boi (Cancer pagurus)Nécora fancesa (Macropipus corrugatus)Ourizo da area (Echinocardium cordatum)Cacahuete (Holoturia..., Cucumaria...)Pruma do mar Pteroides griseum)Can do mar (Scyliorhinus canicula)Ortuga (Torpedo marmorata)Raias (Ra7'a...,)

Embrudo (Myliobatis aquila)Ortuga (Dasyatis pastinaca)

Culebras do mar (Syngnatus..", Nerophis...)Robalo (Dicentrarchus labrax)Vellos (Serranus...)Bacallán (Trachinus vipera)Escorpión (Callionymus lira)Velador (Hype ro pl u s I anceol at us)Bolo (Ammodytes tobianus)Barbo, Salmonete (Mullus surmuletus)Escachos (Trigla...)Lorchos (Gobius...)Rabada (Lo phi u s pi scatori u s)Coruxo (Scophthalmus rhombusRodaballo (Psetta maxima)Solla (Platichthys flexus)Linguado (So/ea vulgaris)

EáFB

Page 31: O medio mariño (Candea 1994)

As rías galegas son vales fluviais anegados polo mar. A súa orixe está no afundimen-to e emersión producidos pola rotura das placas nos movementos tectónicos e asvariacións do nivel da auga do mar nos periódos glaciais.

Esquema de formación das rías (Ría de Arousa)

1: Costa primitiva e liñas de ruptura

SITUACIÓN:

2: Vales fluviais asulagados

A Ría de Arousa é a máis extensa de to-das (270 kilómetros cadrados de superficieunha lonxitude total de 32 km.e unha an-chura que oscila entre os 3,5 e os 15 km.).

Exténdese ó pé das estribacións da Serrada Barbanza e dos ramais montañosos for-mados a partires de O Treito, Xiabre,Lobeira e Castrove.

A boca sitúase entre a Punta FalcoeiraPunta do Con da Aguieira con 7,5 km.anchura e dividida en dúas canles polade Sálvora.

3: Eustatismo e sedimentaciónEstado actual

eadeilla

''?.Ef^\ .f¿.'t^\-/

l}». I\J\7L/ü

Z9

Page 32: O medio mariño (Candea 1994)

A terceira parte da extensión da ría ten menos de 5 m. de profundidade na baixamare as zonas de máxima fondura atópanse nas canles: a do Norte cun máximo de 10

m. e a do Sur cun máximo de 69 m. na entrada.A amplitude máxima entre mareas é de 4, I m. e a mínima de 2,5 m.

MAPA DE PROFUNDIDADES

Page 33: O medio mariño (Candea 1994)

O litoral é moi articulado, de costa suave onde se alternan zonas rochosas e areosas,

forma numerosas enseadas e atópase salpicado por varias e illas e moitos illotes econs.

MAPA DA COSTA

nio eearas\ |

\)

Pta.Tan

Pta.PédiaiRúb¡állla corteqada

CRUZ

..'.',Q.,' .:f,t . -

Praia Córiposté¡a

,Praia de Cabío. Cabío

iddCorna Pta. da Cova P16ia

Pta. Agu¡unchoILLA DA

SA

aia dE Coroso doT

llla de Rúa O

nfuo.oá, ,

do castfoPta. Tragoúe

'u .{. t,,u" Centoleiras.(r,Itf

llla Vionta; .§\o-'

: !,- . ..!. \ - Pta. do Castriño

Pta. Moldeira AT

{V

.."^.

| \,,," de sátvora q.l

"t > Pta. Asu¡eira {

o

,fl!e

\oto;"'Praia

Pta, Abelleir da Lanzada

Pta. Córveiro

Pta. Fax

J1

Page 34: O medio mariño (Candea 1994)

Ademáis da variedade e riqueza das súas formas e paisaxes, a situación da ría e asúa orientación, a proximidade ás zonas de afloramento e a circulación das augasintroducen nela gran cantidade de sustancias alimenticias e planto que sumadas ósaportes dos seus ríos fanna unha das máis productivas.

C]RCULACION DAS AUGAS E NUTRINTES DENTRO DA RiA:

32

Page 35: O medio mariño (Candea 1994)

b

Esta riqueza non se limita o ámeto pesqueiro e marisqueiro senón que tamén semanifesta noutros aspectos naturais e ecolóxicos. Na Ría de Arousa existe unha áreade especial importancia, O COMPLEXO UMIA-O GROVE incluída no catálogo deESPACIOS NATURAIS PROTEXIDOS como área importante para as aves de Espa-ña por ser "importante zona de invernada e paso de limícolas, gaivotas e carráns" eestá declarada pola C.E.E. ZONA DE ESPECIAL PROTECCIÓN PARA AS AVES epolo convenio de Ramsar zoNA HÚMIDA DE IMPORTANCIA INTERNACTONAL(1.989). Asimesmo está calificada como refuxio de caza dende o ano 1.982.

COMPLEXO UMIA-O GROVE:Comprende:O Carreirón (llla de Arousa); Enseada do Umia, Praia e dunas de A Lanzada,Lagoa A Bodeira

:lIlotes As Aceñas

,lagoasPraia Xastelas

Arnelas

O SerridoPta. Aguieira

Praia de A Lanzada

Pta.Nosa Señor

Pta. Faxilda

Outros espac¡os naturais protexidos son:-As lllas de Cortegada, Malveiras e As Briñas,-A illa de Sálvora e illotes próximos-As Brañas de DodroAÍnda que non pertenece á Ría de Arousa, pola súa proximidade, c¡tamos o PARQUENATURAL DAS DUNAS DE CORRUBEDO.Tamén merecen citarse:- Os cantís da costa entre A Lanzada e Portonovo, polo interés xeolóxico- Os esteiros do Umia e Ulla como zonas húmidas de interés ecolóxico

§-,-á'

O CARREIRÓN' Pta. Revello

ENSEADA UMIA-O GROVE

Page 36: O medio mariño (Candea 1994)

BIBLIOGRAFIA:

-Rodríguez Pomares, Xaquín: "A Enseada Umia-O Grove, Xeoloxía e Xeomorfoloxía"Candea. Cambados 1.991

-Gabeiras, Valiela, Lema: "Onde Galicia é mar". Consellería de Pesca, Marisqueo eAcuicultura. Xunta de Galcia. Santiago 1.993

-Varios, C.l.S.: "Caladeros de pesca del litoral gallego". Fundación Caixa Galicia.A Coruña, 1.991

-Varios: "Atlas de Galicia". Sálvora. Santiago 1.982

-Daporta Padín, X.Ramón e outros. "Galicia en mapas". Escola Aberta. Pontevedra. 1.980

-Lozano Cabo, F.:"Oceanografía, Biología marina y Pesca". Paraninfo. Madrid, 1.978

-Leiro, Adela e outros: "Proxecto Didáctico: A Enseada Umia-O Grove". Candea.Cambados 1.992

-Varios. Colectivo de profesores do Colexio Público da llla da Arousa: "Estudio pedagóxicode O Carreirón. llla de Arousa 1.992.(Traballo premiado no concurso "Félix Rodriguezdela Fuente. Sin publicar)

-Campbell, C.:"Guía de campo de la flora y fauna de las costas de España y Europa".OmegaBarcelona 1.979

-Varios. "Cadernos de traballo. Aulas de Acuicultura". Consellería de Pesca, Marisqueo e

Acuicultura. Santiago .

74

Page 37: O medio mariño (Candea 1994)

de ensinantes do

acquavisi on / galicia *fu\;-ñ*X pACQUAVISION GALICIA, S.L.' Rúa Hospital 12-1e - Tlf./Fax (986) 731246 - gO9B0 O GROVE (pontevedra)