26
2º ESO OS REINOS CRISTIÁNS PENINSULARES NA IDADE MEDIA. O REINO DE GALICIA

Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia

2º ESO

OS REINOS CRISTIÁNS PENINSULARES

NA IDADE MEDIA.

O REINO DE GALICIA

Page 2: Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia

1.- ORIXE E FORMACIÓN DOS REINOS CRISTIÁNS PENINSULARES

● Os musulmáns controlaron rapidamente a maior parte da Península Ibérica dende a súa chegada no 711, menos as zonas montañosas do norte onde xurdiron núcleos de resistencia cristiáns.

● Na zona de Asturias, a poboación indíxena liderada polo nobre visigodo Don Pelayo derrotou aos musulmáns na batalla de Covadonga (722), feito que se considera como o inicio da Reconquista. Este triunfo permitiu a formación do Reino de Asturias.

● A zona dos Pirineos estivo controlada por Carlomagno durante a segunda metade do século VIII, foi a chamada Marca Hispánica. A medida que a autoridade dos reis francos diminuía, estes territorios foron gobernados por familias nobres locais que acabaron por formar o reino de Pamplona, os condados de Aragón, Sobrarbe e Ribagorza e os condados cataláns.

Page 3: Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia

2.- A RECONQUISTA. O AVANCE CRISTIÁN

● A Reconquista foi un proceso no que os reinos e condados cristiáns trataron de recuperar as terras peninsulares dominadas polos musulmáns e que antes pertenceran á monarquía visigoda.

● Entre os séculos VIII e X o avance cristián foi moi lento:– O reino de Asturias trasladou a

capital de Oviedo a León, orixinándose o reino de León. No seu interior xurdiron zonas diferenciadas como o reino de Galicia e os condados de Castela e de Portugal.

– Na zona oriental o reinos e condados cristiáns ampliaron cara o sur os seus dominios.

Page 4: Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia

EXPANSIÓN DO REINO DE ASTURIAS (SS. VIII-X) REINOS E CONDADOS PIRENAICOS (SS. VIII-X)

A PENÍNSULA IBÉRICA NO SÉCULO X

Page 5: Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia

● Entre os séculos XI e XIII a desaparición do califato de Córdoba e a súa fragmentación nos reinos de taifas favoreceu o avance cristián cara ao sur:

– No século XI, o condado de Castela transformouse no reino de Castela (Fernando I, 1038), incorporando máis tarde os antigos reinos de Asturias, León e Galicia. No século XIII naceu a Coroa de Castela coa unión definitiva entre os reinos de León e Castela (Fernando III, 1230).

– O núcleo navarro chegou ao seu apoxeo con Sancho III o Maior. Rei de Navarra entre os anos 1000-1035, estendeu o seu poder a Aragón e Castela. Foi o monarca máis poderoso dos reinos cristiáns da Península Ibérica no s. XI.

– No século XI, os condados aragoneses deron lugar ao reino de Aragón (Ramiro I, 1035), que se transformou no século XII na Coroa de Aragón (Alfonso II, 1164) incorporando os territorios do principado de Cataluña e o reino de Valencia no século XIII (Jaime I o conquistador, 1238).

– No século XII o condado de Portugal consegue a independencia do reino de León, xurdindo o reino de Portugal (Afonso Henriques – Afonso I, 1143).

2.- A RECONQUISTA. O AVANCE CRISTIÁN

Page 6: Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia

● A finais do século XIII só quedaba na Península un reino musulmán: o reino de Granada, independente ata o 1492, ano no que foi conquistado polos casteláns. Remataba así a presenza musulmá e a Reconquista.

2.- A RECONQUISTA. O AVANCE CRISTIÁN

A península ibérica no século XV

Page 7: Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia

EVOLUCIÓN DAS FRONTEIRAS ENTRE OS REINOS CRISTIÁNS E AL-ANDALUS

Page 8: Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia

3.- A REPOBOACIÓN DOS TERRITORIOS CONQUISTADOS

● Paralelamente ao proceso de Reconquista tivo lugar o da repoboación cristiá, é dicir, a ocupación das terras que foran conquistadas e logo abandonadas polos musulmáns.

● Entre os séculos VIII e X:

– Realizouse a repoboación das zonas situadas ao norte do río Douro e dos vales pirenaicos, terras que pasaban a ser propiedade do rei que as conquistara.

– O rei autorizaba a particulares a establecerse nun determinado territorio que pasaba a ser propiedade de quen o ocupase e cultivase (Presura). Os máis beneficiados foron os nobres e os monxes que fundaban mosteiros, pero tamén houbo campesiños libres.

– Para atraer poboación, os reis cristiáns concedían cartas de poboamento, documentos que delimitaban o territorio e liberaban de obrigas feudais aos seus habitantes

TIPOS DE REPOBOACIÓN

Page 9: Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia

3.- A REPOBOACIÓN DOS TERRITORIOS CONQUISTADOS● Nos séculos XI e XIII:

– Repoboáronse os vales do Ebro e do Texo mediante un sistema denominado concejil.

– Os reis trataron de atraer poboación concedendo liberdades e privilexios aos poboadores de vilas ou cidades situadas en zona perigosa e de fronteira.

– O repoboación baseouse na creación de concellos e cidades ás que se dotou de Foros ou Cartas Pueblas. Estes foros outorgaban liberdades e privilexios aos seus habitantes: exención dalgúns impostos, redución de penas por certos delitos,...

● A partires do século XIII:

– Principalmente na zona estremeña e andaluza, os monarcas estableceron o sistema de repartimiento, é dicir, repartían entre nobres e ordes militares grandes extensións de terras para que as poboasen, controlasen e defendesen. Formáronse, deste xeito, grandes latifundios.

CARTA PUEBLA DE CIDADE REAL(1255, ALFONSO X “O SABIO”)

Page 10: Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia

4.- A EXPANSIÓN DA COROA DE ARAGÓN POLO MEDITERRÁNEO

● Ademais da conquista dos reinos musulmáns, os reis de Aragón expandíronse polo Mediterráneo entre os séculos XIII e XV.

● As zonas ocupadas foron: Baleares, Sicilia, Sardeña, Malta, sur da península italiana (reino de Nápoles) e os ducados de Atenas e Neopatria (Grecia).

● Nesta expansión tiveron un papel destacado as compañías de almogávares, soldados mercenarios.

Page 11: Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia

● A sociedade cristiá peninsular foi, como no resto de Europa, unha sociedade estamental e xerarquizada.

● Os grupos privilexiados eran os nobres e os eclesiásticos. Polo servizos que lles prestaron aos reis durante a Reconquista obtiveron grandes beneficios.

● A condición dos non privilexiados, é dicir, o resto da poboación, variaba segundo dependesen dun señor feudal (laico ou eclesiástico) ou directamente do rei.

5.- SOCIEDADE E MONARQUÍA FEUDAL NOS REINOS CRISTIÁNS

PIRÁMIDE SOCIAL FEUDAL

Page 12: Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia

5.- SOCIEDADE E MONARQUÍA FEUDAL

● Os diferentes reinos medievais peninsulares presentan os seguintes trazos comúns:

– O rei era o soberano, tiña o poder supremo que, segundo a Igrexa, era concedido por Deus.

– O reino era patrimonio dos reis, de modo que podía dividilo entre os seus herdeiros. A partires do século XIII considerouse que o reino debía transmitirse íntegro, sen dividir.

– O poder do rei estaba baseado nas relacións de vasalaxe que establecía cos nobres e cos eclesiásticos.

– Aparecen as Cortes (León, 1188) nas que estaban representados a nobreza, o clero e os habitantes das cidades. A función principal era a aprobación de novos impostos. Podían facer peticións ao rei.

Fernando III de Castela

Page 13: Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia

5.- SOCIEDADE E MONARQUÍA FEUDAL

● Entre Castela e Aragón había notables diferenzas en canto ao exercicio do poder dos monarcas:

– Na Coroa de Castela o poder real foi cada vez máis forte, de modo que os reis impuxeron a súa autoridade recortáronlles privilexios aos señores e unificando os dereitos forais en todo o territorio, agás no caso dos señoríos vascos. As mulleres podían herdar o reino. O herdeiro real recibía o título de príncipe de Asturias.

– Na Coroa de Aragón os monarcas seguían unha tradición pactista pola que os reis debían comprometerse a respectar as leis e institucións (privilexios forais) de cada reino (diferentes en Aragón, Cataluña e Valencia). As mulleres non podían reinar.

Escudo da Coroa de Aragón

Page 14: Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia

6.- DESENVOLVEMENTO RURAL E URBANO

● A economía dos reinos cristiáns ata o século XI era rural e fundamentouse na gandaría e a agricultura. A terra era a base da riqueza e do poder. O desenvolvemento urbano e comercial era moi débil.

● A partires do século XII:

– Melloraron os rendementos agrarios e tiveron gran importancia os cultivos destinados ao comercio como o trigo, a vide e a oliveira.

– Produciuse un forte desenvolvemento da gandaría, especialmente a ovina en Castela. A la obtida das ovellas abastecía os mercados peninsulares e era exportada a Europa. O Honrado Concejo de la Mesta (1273), institución da que formaban parte os grandes propietarios de rabaños, regulaba as actividades gandeiras.

A MESTA

Page 15: Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia

6.- DESENVOLVEMENTO RURAL E URBANO

● A revitalización das vellas cidades e a fundación doutras novas estivo vinculada, en gran medida, coa produción téxtil e artesanal, o comercio e a exportación de la.

● No caso de Castela, o comercio da la concentrábase en Burgos, e dende alí transportábase aos portos do Cantábrico (Laredo, Bilbao, Castro Urdiales) desde onde se embarcaba cara a Flandres, sobre todo a Bruxes. Para este comercio xurdiron mercados e feiras como a de Medina del Campo.

● Na Coroa de Aragón destacaron as cidades de Barcelona e Valencia estimuladas polo comercio marítimo polo Mar Mediterráneo e cara a Flandres. Nelas desenvolvéronse actividades artesanais e manufacturas (téxtil, metalúrxica, construción naval).

● Nos portos principais do Mediterráneo creáronse os Consulados da Mar para defender os intereses dos comerciantes da Coroa de Aragón, principalmente cataláns. A prosperidade comercial entre os séculos XIII-XV favoreceu o desenvolvemento dunha poderosa burguesía.

Page 16: Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia

RUTAS COMERCIAIS DA COROA DE CASTELA

Page 17: Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia

RUTAS COMERCIAIS DA COROA DE ARAGÓN

Page 18: Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia

7.- CONFLITOS SOCIAIS E POLÍTICOS NA BAIXA IDADE MEDIA

● A mediados do século XIV a chegada da epidemia de Peste Negra (1348) deu lugar a un período de crise económica e social nos reinos peninsulares. Producíronse revoltas campesiñas, conflitos nas cidades e enfrontamentos entre nobreza e monarquía.

● En Castela a nobreza enfrontouse en diferentes momentos á monarquía para recuperar os seus privilexios. O conflito máis importante foi a guerra civil entre Pedro I, apoiado polos burgueses, e Enrique II, co soporte dos nobres. A vitoria deste último inaugurou unha nova dinastía, a Trastámara (1369), no trono castelán.

● Na Coroa de Aragón, a crise económica provocou o colapso do comercio marítimo. O territorio máis prexudicado foi Cataluña. Ademais, un conflito político levou ao cambio de dinastía, os Trastámara (Compromiso de Caspe, 1412). En Cataluña desatáronse graves conflitos sociais como as revoltas remensas e unha guerra civil (1462-1472) entre o rei, apoiado pola Busca (pequenos artesáns e comerciantes), e a Biga (oligarquía urbana).

Page 19: Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia

8.- A GALICIA MEDIEVAL

● A presenza musulmá en Galicia foi escasa. Os exércitos musulmáns realizaron varias incursións de saqueo e castigo no territorio galego. A máis significativa foi a dirixida por Almanzor no 997 contra a cidade de Santiago.

● Durante os séculos IX e X as costas galegas sufriron ataques e saqueos dos vikingos, que chegaron ata o interior (Santiago e Lugo). Para defender a entrada a Santiago pola ría de Arousa, os bispos de Compostela levantaron fortalezas como as Torres do Oeste en Catoira.

Reconstrución

Actualidade

Page 20: Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia

8.- A GALICIA MEDIEVAL

● Dende os inicios da Reconquista as terras galaicas quedaron integradas no reino ástur. Tras a morte de Alfonso III no 910, foi creado o reino de Galicia e outorgado en herdanza a un dos seus fillos, Ordoño II.

● Foi reino independente do reino de León en breves períodos (910-914, 926-929, 1065-1071), sempre como resultado de repartimentos hereditarios.

● A titulación de reis de Galicia entre os monarcas medievais casteláns e os seus sucesores no reino de España perviviu ata o século XIX.

● O condado de Portugal, que formara parte do reino de Galicia, no século XII estaba gobernado por Afonso Henriques, vasalo do rei Alfonso VII de León e Castela que, en 1143, foi proclamado rei de Portugal (Afonso I).

● A separación portuguesa reduciu Galicia aos límites actuais.

ORDOÑO II

Page 21: Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia

8.- A GALICIA MEDIEVAL

CASTELO DE DOIRAS

MOSTEIRO DE OSEIRA

● O establecemento do réxime feudal en Galicia permitiu a concentración do poder e da propiedade da terra nas mans da nobreza, os bispos e os mosteiros.

● Entre os séculos VIII e XIII, os nobres máis poderosos foron os condes pertencentes a poderosas familias: Présaras, Traba. Conseguiron formar grandes patrimonios grazas ás doazóns reais como pago polos servizos prestados.

● Entre os séculos XIV e XV, a vella nobreza condal foi desprazada por novas liñaxes (Osorio, Andrade, Lemos, Altamira, Sarmiento, Soutomaior), a chamada nobreza dos cabaleiros, favorecida con mercés e patrimonios por Enrique de Trastámara pola axuda que lle prestaran na loita contra Pedro I.

● Os señores eclesiásticos formaban o grupo máis poderoso da sociedade galega polas propiedades que tiñan e rendas que percibían:

– Destacaron os mosteiros (Sobrado, Oseira, Meira, Oia, Celanova,...) que acumulaban terras procedentes de doazóns de fieis, compras e concesións dos reis. Realizaban a explotación mediante granxas.

– As sedes episcopais, especialmente a de Santiago, acumularon grandes propiedades e dominaron extensos territorios.

Page 22: Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia

8.- A GALICIA MEDIEVAL

DIEGO XELMÍREZ

CATEDRAL DE SANTIAGO: RECONSTRUCIÓN

● O descubrimento, no 813, dunha tumba que, segundo a tradición, conservaba os restos do apóstolo Santiago permitiulle á cidade de Compostela e aos seus bispos beneficiarse do seu culto.

● O máis destacado dos seus bispos foi Diego Xelmírez quen se dedicou a potenciar a cidade e o seu señorío, organizando as peregrinacións, dándolle un importante empuxe construtivo á catedral e conseguindo do Papa, en 1122, o privilexio do Ano Santo (todos os anos nos que o 25 de xullo coincida en domingo).

● O labor de Xelmírez permite falar da era compostelá como a época de florecemento de Santiago de Compostela e o seu señorío no século XII.

Page 23: Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia

8.- A GALICIA MEDIEVAL

● A poboación galega sometida aos señores (non privilexiados) vivía no campo, nas vilas e nas cidades:

– A maioría dos labregos galegos traballaban terras arrendadas en foro. Os foros eran contratos de longa duración nos que unha persoa (señor) ou institución (mosteiro, igrexa) propietaria lle cedía a outra o uso dunha terra a cambio dunha renda, case sempre en especie.

– Os burgueses cobraron importancia a partires do século XIII pola reactivación da vida urbana.

– As vilas e cidades que máis se desenvolveron foron as sedes episcopais (Mondoñero, Tui, Ourense, Lugo e Santiago), as que estaban situadas no camiño de peregrinación a Santiago (Portomarín, Melide, Arzúa) e as costeiras, relacionadas co comercio marítimo e a pesca (Pontevedra, A Coruña, Ribadeo, Noia, Betanzos,...).

VILAS E CIDADES GALEGAS NA IDADE MEDIA

Page 24: Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia

● Durante o transcurso dos séculos XIV e XV a xente de Galicia, o mesmo que a do resto da Península e a de Europa, viviu tempos difíciles, de crises políticas e sociais:

– Ás continuas adversidades climatolóxicas, ás malas colleitas e á fame, seguiulles a entrada da Peste Negra polo porto de Baiona en 1348 que provocou miles de vítimas.

– As xentes das vilas e das cidades protagonizaron revoltas contra os abusos dos señores, sobre todo contra os bispos: Lugo (Martiño Cego e María Castaña, 1386), Santiago (1418) e Ourense (1419).

– A revolta máis significativa foi a dos irmandiños. A orixe do conflito está na violencia con que actuaron os señores feudais á hora de esixir o pago das rendas e impoñer novos tributos, ademais de saquear as propiedades dos labregos. Ante esta situación, labregos e habitantes de vilas e cidades formaron irmandades, asociacións de axuda mutua para enfrontarse aos señores.

● No ano 1431 iniciouse a Primeira Guerra Irmandiña. O conflito afectou aos dominios dos Andrade (Pontedeume, Betanzos, Ferrol e Vilalba) que trataban os seus vasalos con extrema dureza, estivo dirixida por Roi Xordo e rematou coa derrota dos irmandiños.

● Entre os anos 1467 e 1469 desenvolveuse a Gran Guerra Irmandiña que reuniu a gran parte da poboación galega nunha irmandade contra os abusos da nobreza (Andrade, Moscoso, Lemos, Ulloa,...). Os líderes máis salientables foron Alonso de Lanzós, Pedro de Osorio e Diego de Lemos. A ira dos irmandiños dirixiuse contra as torres e fortalezas dos nobres. A meirande parte dos nobres fuxiron de Galicia e máis de 130 fortalezas foron destruídas. Contando co apoio do rei, os nobres feudais reaccionaron e, baixo a dirección de Pedro Madruga, conde de Caminha, e do mariscal Pardo de Cela, derrotaron as tropas irmandiñas nas proximidades de Santiago.

8.- A GALICIA MEDIEVAL

Page 25: Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia

Castelo de Navia de Suarna: unha das moitas fortalezas destruídas polos irmandiños.

Castelo de Pambre (Palas de Rei): un dos poucos castelos que quedaron en pé trala revolta irmandiña.

Page 26: Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia

FIN