8
Resumo ano 16 ACTIVIDADES DA SEMANA DAS ARTES PLÁSTICAS DA MARIÑA ANO 2016. 1. EXPOSICION NO CENIMA DE FOZ, ABRIL 2016 2. MURAL DE NEIRA BROCH NO COLEXIO DE CERVO 3. EXPOSICIÓN NO CONCELLO DE XOVE DE ARTISTAS DA LOCALIDADE 4. EXPOSICIÓN NO CONCELLO DE BURELA DE CENTROS EDUCATIVOS 5. OBRADOIRO DE RETRATOS NO CENIMA 6. ACTIVIDADES DA ASOCIACIÓN TA EN ARTES DE FOZ 7. CHARLAS E DEBATES ARREDOR DA ARTE DA POMBA DO ARCO EN FOZ 8. ACTIVIDADE DA LIBRERÍA BAHÍA SOBRE MANUEL MARÍA 9. ARTE NOS ESCAPARATES 10. VISITAS ESCOLARES Á EXPOSICIÓN DO CENIMA 11. ACTIVIDADE DE ARTE E RECICLAXE NO IES DE ALFOZ 12. EXPOSICIÓN DE VIZOSO EN RIBADEO 1. EXPOSICION NO CENIMA DE FOZ, ABRIL 2016 Participan os seguintes artistas, dos que vos resumo algunha das súas ideas sobre a obra que expoñen este ano, todos teñen máis de dez obras na exposición, eu poño unha a modo de exemplo: CELSO DOURADO de Barreiros. “Nese camiñar dos tempos e dentro do que é a miña persoal transcrición estética no campo da arte, o DEBUXO supón sempre ese protagonista esencial do resultado final, aglutinador da mensaxe e esqueleto artellador das formas; máis coido que o elemento estético que máis pode aportar á liña debuxada é sen lugar a dúbidas, a COR. Durante un longo período de tempo adiqueime en soidade a conquerir un tintado que supuxera un enriquecemento das formas debuxadas, unha aportación cromática no resultado final, conservando e mantendo o debuxo o seu propio protagonismo, non anulando a esencia da obra en si e sendo complementario da idea transcrita polas formas. Que a liña interpretada non supuxera unha delimitación da cor, a maneira de marco divisoria e acotador; tampouco que a cor fora elemento de recheo encorsetado en esquemas de liñas previamente concibidas. O “Debuxo” ten que manter o seu frescor individualizado e recorrente. A “Cor” debe aportar a súa luminosidade orixinal cunha total autonomía, supoñendo un engadido enriquecedor da obra final”.

Resumo ano 2016. SEMANA DA ARTE NA MARIÑA

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Resumo ano 2016. SEMANA DA ARTE NA MARIÑA

Resumo ano 16

ACTIVIDADES DA SEMANA DAS ARTES PLÁSTICAS DA MARIÑA ANO 2016.

1. EXPOSICION NO CENIMA DE FOZ, ABRIL 2016

2. MURAL DE NEIRA BROCH NO COLEXIO DE CERVO

3. EXPOSICIÓN NO CONCELLO DE XOVE DE ARTISTAS DA LOCALIDADE

4. EXPOSICIÓN NO CONCELLO DE BURELA DE CENTROS EDUCATIVOS

5. OBRADOIRO DE RETRATOS NO CENIMA

6. ACTIVIDADES DA ASOCIACIÓN TA EN ARTES DE FOZ

7. CHARLAS E DEBATES ARREDOR DA ARTE DA POMBA DO ARCO EN FOZ

8. ACTIVIDADE DA LIBRERÍA BAHÍA SOBRE MANUEL MARÍA

9. ARTE NOS ESCAPARATES

10. VISITAS ESCOLARES Á EXPOSICIÓN DO CENIMA

11. ACTIVIDADE DE ARTE E RECICLAXE NO IES DE ALFOZ

12. EXPOSICIÓN DE VIZOSO EN RIBADEO

1. EXPOSICION NO CENIMA DE FOZ, ABRIL 2016

Participan os seguintes artistas, dos que vos resumo algunha das súas ideas sobre a obra que

expoñen este ano, todos teñen máis de dez obras na exposición, eu poño unha a modo de

exemplo:

CELSO DOURADO de Barreiros.

“Nese camiñar dos tempos e dentro do que é a miña persoal transcrición estética no campo da arte, o DEBUXO supón sempre ese protagonista esencial do resultado final, aglutinador da mensaxe e esqueleto artellador das formas; máis coido que o elemento estético que máis pode aportar á liña debuxada é sen lugar a dúbidas, a COR. Durante un longo período de tempo adiqueime en soidade a conquerir un tintado que supuxera un enriquecemento das formas debuxadas, unha aportación cromática no resultado final, conservando e mantendo o debuxo o seu propio protagonismo, non anulando a esencia da obra en si e sendo complementario da idea transcrita polas formas. Que a liña interpretada non supuxera unha delimitación da cor, a maneira de marco divisoria e acotador; tampouco que a cor fora elemento de recheo encorsetado en esquemas de liñas previamente concibidas. O “Debuxo” ten que manter o seu frescor individualizado e recorrente. A “Cor” debe aportar a súa luminosidade orixinal cunha total autonomía, supoñendo un engadido enriquecedor da obra final”.

Page 2: Resumo ano 2016. SEMANA DA ARTE NA MARIÑA

MAURO LEIVAS de Mondoñedo.

“Trinta anos da miña vida, arremuiñados nun lenzo de parede no Cenima de Foz, diante o derradeiro cadro que pintei, so... o espazo cheo enfronte do baleiro, unha das premisas compositivas básicas da pintura; o espazo plano do cadro, apenas milímetros de pigmento na tona dunha tea ou un papel ou un cartón son capaces de xerar todo un espazo virtual non so xeométrico ou atmosférico senón, sobre todo, emocional. Isto produce, a fin, un fluxo de sentimentos, percepcións case litúrxicas no ambiente máxico da galería, do museo, de calquera sitio onde se instala a arte. É ese sentimento o que articula a miña obra: a soidade do ser humano, a violencia que exercemos contra nós mesmos coma especie e individualmente entre nós, o medo, a eterna pregunta de porqué tanta dor e sufrimento”.

DAVID CATÁ de Viveiro.

“En ocasións é o seu propio corpo o que se converte en soporte artístico do seu entorno e as súas vivencias. Os cosidos e fisuras feitas sobre a súa pel pretenden ser unha metáfora da indisoluble simbioses entre o paso do tempo e o esquecemento. A súa obra aspira á conservación do tempo pasado por medio da pegada memorial, corporal, fotográfica, vídeo gráfica,… É un traballo que vai máis alá dunha búsqueda estética. Os seus vídeos performáticos son un exercicio catártico, neles planta cara ao esquecemento e á tristeza que nos deixa a falla do ser querido, “facendo carne” o sufrimento despréndese fisicamente del dunha vez por todas. O efémero da vida, a pegada física e inmaterial, a dor... están estreitamente ligados ao seu traballo”.

ALBERTO PENA de Foz.

“Os elementos naturais que atopo, pedras, paus, cunchas, plumas, algas... son vividos como símbolos no meu estudio, onde establezo unha relación íntima que me conecta cos antepasados, co primitivo, co meu organismo e co neno que xoga. Teñen un carácter sexual, os paus son fálicos, as cunchas lembran a vulva, etc.

A orixe do proceso de traballo é emocional. Imprimo sobre tea fotografías de paisaxes coas que resoo, analoxías do meu estado interno. Pinto sobre elas alterando cores e formas até axustarse ao estado de ánimo que pretendo transmitir. Encolo sobre madeira as teas elixidas e incorporo elementos naturais atopados que converten as pezas en relevos”.

HÉCTOR MANASÉ de Burela.

“Cando traballo non o fago sobre unha idea clara, senón que é todo bastante espontáneo.

Nunca teño claro dende o principio o impacto que quero causar, as cores que vou elixir ou por

qué as elixo, nin a composición da ilustración. Pódese dicir que as ideas van xurdindo segundo

vou creando. Ao principio so teño unha vaga idea do que quero facer, que nace dunha palabra

ou frase, un obxecto ...

No referente á inspiración, trato de buscala nas cousas que me gustan, coma o cine e a

televisión, a música, os cómics, os tatuaxes... Síntome friki e plásmoo nos meus debuxos.

Page 3: Resumo ano 2016. SEMANA DA ARTE NA MARIÑA

Ademais, teño algúns temas predilectos sobre os que traballar, gústame humanizar aos

animais, o místico o máxico, o mundo do mar, e engadindo case sempre unha pincelada de

humor usando cores vivos en tons pastel e caricaturizando aos personaxes”.

RAIMUNDO RUBAL de Mondoñedo.

“Inspireime para este traballo nun día de outono de forte vento e auga, en Mondoñedo. Foi polas San Lucas, cando empezan a vir os primeiros ventos fortes. Un home alto e ben vestido cunha gabardina e un bo paraugas subía cara a Alameda. O forte vento retorcíalle a roupa e arrancoulle o paraugas da man. O seu longo cabelo voáballe cara adiante tapándolle o rostro. El intentaba manterse en pé, pero o vento domábao á súa vontade. Uns corvos alporizados berraban e voaban en círculo intentando pousarse, pero a forza do vento facíao imposible. As follas dos magnolios voaban polos aires ata quedar amontoadas nas esquinas, coma se foran postas alí adrede”.

2. MURAL DE NEIRA BROCH NO COLEXIO DE CERVO

Este ano o artista de Viveiro Neira Broch, animouse a facer no

CEIP de Cervo un mural moi fermoso coa temática dunha serea,

pero non somentes se limitou a facer o seu traballo senón que fixo

un obradoiro paralelo con todo o alumnado que tamén fixeron o

seu propio mural con motivos medio ambientais e material de

refugallo, para iso desprazouse ao centro para informar do

proceso ao profesorado do mesmo para que xunto co alumnado

recompilaran o material que logo ían empregar no mural. Estes

murais van a quedar de xeito permanente no

centro e van ser un recordo que quede desta

edición da Semana das Artes neste centro.

Tivemos a colaboración total da ANPA do

centro educativo que xestionou unha axuda

da fábrica ALCOA de San Cibrao e que servirá

para o desenvolvemento das actividades

deste ano.

3. EXPOSICIÓN NO CONCELLO DE XOVE DE ARTISTAS DA LOCALIDADE.

Este ano coa colaboración de Xoán Guerreiro e a concellaría de cultura do concello de Xove,

temos intención de facer unha exposición de facer unha exposición de artistas novos deste

concello, polo mes de abril que é tamén o da exposición do Cenima de Foz. Estamos pendentes

de coñecelos participantes, pero seguro que vai ser un éxito dado que temos moitos artistas

neste concello.

Page 4: Resumo ano 2016. SEMANA DA ARTE NA MARIÑA

4. EXPOSICIÓN NO CONCELLO DE BURELA DE CENTROS EDUCATIVOS

Coa participación dos colexios de primaria de Burela, do Instituto Monte Castelo, do colexio de

Nois, farase ao longo do mes de abril nunha sa da casa de cultura de Burela exposición dos

traballos que os centros levaron a cabo durante todo o ano no eido da plástica.

Foto dos traballos escolares de

Burela e Nois do curso pasado

Por outra banda o ceip Vista Alegre participa este curso nun proxecto europeo que ten como

temática pola súa parte a Arte, neste senso vai levar a cabo unha serie de obradoiros con

artistas da Mariña de xeito que xa contan coa colaboración de ademais do profesorado do

bacharelato de Burela cos artistas locais ADRIANA PARDO, HECTOR MANASÉ e coa

mindoniense ZILI KATOVA.

5. OBRADOIRO DE RETRATOS NO CENIMA

A iniciativa dos mesmos artistas que veñen participando en todas estas actividades, o sábado

16 de abril, en sesións de mañá e tarde varios artistas están apuntados para facer unha

experiencia de retratos en tódalas súas variedades de pintura, fotografía, caricatura,… de

momento xa se apuntaron para esta iniciativa os artistas: NEIRA BROCHS, MAURO LEIVAS,

DANIEL CAXIGUEIRO, ZILI KATOVA, ADRIANA PARDO, LUCÍA VILA,…

6. ACTIVIDADES DA ASOCIACIÓN TA EN ARTES DE FOZ

A asociación máis artística da Mariña “TA EN ARTES”, ven facendo xa todos estes anos

actividades para nenos e nenas en datas que coinciden con este mes de abril, ao lado do

Cenima e en colaboración con artistas da Mariña, e que promoven e fomentan a creatividade

entre os máis pequenos.

Este ano teñen intención de facer: “ Pensamos en traballar o retrato cos nenos con dous

obradoiros "Menudos retratos" e "Cativario", a idea, en principio, era facerlle coincidir co día

no que os artistas realizan tamén retratos na exposición (16 de abril) pero nos só pola mañá”

7. CHARLAS E DEBATES ARREDOR DA ARTE DA POMBA DO ARCO EN FOZ

Na edición do ano pasado xa participou connosco a Asociación A Pomba do Arco, organizando

unhas charlas-debate arredor do mundo da Arte, un arquitecto, ensinantes e alumnado de

primaria e secundaria, artistas novos e veteranos,… é dicir visións desde moi diferentes

ángulos que xiran arredor da plástica, do arte e da creación, que resultaron moi interesantes e

que animou aos organizadores a repetila este ano, co seguinte programa:

Page 5: Resumo ano 2016. SEMANA DA ARTE NA MARIÑA

Sentirmos a arte.

18 de Abril. A fotografía vivida.

Xoán Piñón.

19 de Abril. O novo audiovisual.

Montse Rego. Ruht Chao

20 de Abril. A arte que ven. Cartel das xornadas do ano pasado

Miguel Anxo Rodríguez

21 de Abril. O debuxo humorístico.

Luís Davila “O Bichero”.

Todos serán ás 20:30 no Salón de Actos do CENIMA.

8. ACTIVIDADE DA LIBRERÍA BAHÍA SOBRE MANUEL MARÍA.

Trátase de facer unha reedición duns poemas cós que Manuel María gañara os xogos florais

en Foz no ano 1966 e que xa se editaron en dúas ocasións, aquelas edicións era moi sinxeliñas

e este ano que se lle adican as Letras Galegas a Manuel María facer un libro con máis entidade

como tal libro, e para iso pensamos en pedir colaboración a algúns artistas plásticos da Mariña

para ilustralo.

Os artistas que finalmente van participar no proxecto son Caxigueiro, Nacho Castro, Lucía Vila,

Xosé Vizoso e Xosé Branco, cada un con dúas obras ilustrando dous poemas, tamén contamos

con Juanel do que poñeríamos un retrato de Manuel María que está na Casa da Cultura, en

total son seis artistas e once obras.

Despois farase unha exposición na librería coas obras plásticas, os poemas e algunha foto de

Manuel María en Foz. A idea sería entón facer esta exposición en abril para que coincida coas

semanas das artes plásticas e ambas cousas se reforcen mutuamente, tamén se fará unha

presentación do libro dentro desas datas.

9. ARTE NOS ESCAPARATES

Este ano iniciamos unha nova experiencia en colaboración coa ACIA de Foz, na que tiveron

unha grande parte de motivación algún artista da comarca e algún comerciante de Burela e

Foz, consiste en facer unha serie de exposicións nos escaparates (unha ou dúas obras) de

artistas diferentes da Mariña, que acerquen o arte ao público e faciliten deste xeito o contacto

do mesmo coa xente. Nestes momentos somentes temos a confirmación dos comercios de

Foz, e estamos agardando a confirmación dos de Burela. O resume do mesmo é o que segue:

COMERCIOS DE FOZ PARA “ARTE NOS ESCAPARATES”

Page 6: Resumo ano 2016. SEMANA DA ARTE NA MARIÑA

COMERCIOS DE FOZ Direccións (teléfono e correo electrónico)

Artista que se lle asigna

100 P´s zapatería Avda da Mariña, 15/ 645599547 [email protected]

MARTÍN LESTAO

Chinela Avda. da Mariña, 24 982132467 [email protected]

RODRIGO GARCIA

Decoraciones Pura C/ Álvaro Cunqueiro, 27 982 132403 [email protected]

ALBERTO PENA

Electricidade Núñez Avda. da Mariña, 38 982140485 [email protected]

MAURO LEIVAS

Farmacia Fátima Mañón Avda. da Mariña, 21 982140118 [email protected]

JUANEL PONTE

Gasolineira Carretera/ Marzán 982140096 [email protected]

HÉCTOR MANASÉ

Kukadas Avda. da Mariña, 38 982132840 [email protected]

EVA RIVAS

Ginzo hombre Avda. da Mariña,16 982140218 [email protected]

PEPE BLANCO

Ginzo mujer Avda. da Mariña,27 982140201 [email protected]

CRISTINA BASANTA

Longarela Datos Longarela. AVDA. DA MARIÑA, 29 982 140 134 [email protected]

ADRIANA PARDO

Catorce Cero Catro AVDA. DA MARIÑA,26 982 133 157 [email protected]

ALVARO TRINCADO

Librería bahía antes Avda. da Mariña,40 982885424 bahí[email protected]

LUCÍA VILA

Anduriña (cafetería pastelería) C/ Álvaro Cunqueiro, 38 982132554 [email protected]

LALY SANTOS

Lito piel Avda. de Viveiro, 22 982132428 [email protected]

NEIRA BROCH

Milar C/Eduardo Pondal, 30 982133502 [email protected]

DAVID CATÁ

Xanela C/ Álvaro Cunqueiro,30 676059926 cycaurorayahoo.es

PATRICIA ARELLANO

Page 7: Resumo ano 2016. SEMANA DA ARTE NA MARIÑA

10. VISITAS ESCOLARES Á EXPOSICIÓN DO CENIMA

Polo que respecta as visitas escolares que levaremos ao cenima, de momento somentes

sabemos que se farán coincidir coa semana do 11 e do 18 de abril en tres sesións diarias de 10

a 13 horas, que en cada sesión temos intención de recibir entre 50 e 60 alumnos e alumnas de

centros escolares de infantil, primaria e secundaria e que contaremos coa colaboración de

dúas artistas da Mariña, Adriana Pardo e Eva Rivas e un licenciado en Historia da Arte Albano

González. Polo tanto o resumo das visitas serán algo como este do ano pasado:

CALENDARIO DE VISITAS Á EXPOSICIÓN DO CENIMA DE FOZ

CALENDARIO DE VISITAS Á EXPOSICIÓN DO

CENIMA DE FOZ

11 AO 22 DE ABRIL DE 2016 VISITAS GUIADAS PARA OS

CENTROS EDUCATIVOS (A cargo das artistas Adri Pardo, Eva

Rivas e do historiador da arte Albano González)

DIAS DE ABRIL 1ª SESION 10-11 2ª SESIÓN 11-12 3ª SESIÓN 12-13 11 DE ABRIL LUNS

12 DE ABRIL MARTES

13 DE ABRIL MÉRCORES

14 DE ABRIL XOVES

15 DE ABRIL VENRES

18 DE ABRIL LUNS

19 DE ABRIL MARTES

20 DE ABRIL MÉRCORES

21 DE ABRIL XOVES

22 DE ABRIL VENRES

En caso de que non chegaran estes días engadiriamos outros.

Page 8: Resumo ano 2016. SEMANA DA ARTE NA MARIÑA

11. ACTIVIDADE DE ARTE E RECICLAXE NO IES DE ALFOZ

“En canto ó instituto estou intentando organizar un día de obradoiros sobre arte e reciclaxe (25

abril), virá Cris Basanta artista de Viveiro e estou intentando contactar con Neira Brochs.”

12. EXPOSICIÓN DE VIZOSO EN RIBADEO

“Déixoche aquí anotado que teremos a exposición de Xosé Vizoso na OMIC de Ribadeo en abril. Terei que che concretar dentro duns días porque aínda non sabemos se vai poder na primeira quincena ou na segunda. De todas formas, queda notificado en relación á Semana das Artes Mariña”. “A exposición dará comezo o venres 15 de abril, con presentación ese mesmo día. En principio será sobre as 18:00 h. E terémola na OMIC até o día 29, tamén venres. Escolleremos un día ou dous en que se achegará o propio autor para que poda charlar con el o alumnado dos centros educativos”.

RESUMO DA FINANCIACIÓN

1. A Deputación Provincial ven subvencionándonos os 2000 catálogos coa obra dos

artistas e os 400 carteis que distribuímos para anunciala.

2. A Asociación INDECUM de Burela abónanos o custo do autobús o día da inauguración.

3. A ANPA de Cervo en colaboración coa empresa ALCOA, aportan os custos do mural do

Colexio de Cervo e os monitores que guían ao alumnado nas visitas ao Cenima. Moi

importante é a colaboración do artista NEIRA BROCHS que aporta o seu traballo

desinteresadamente.

4. Tódolos artistas que colaboran cos colexios fano sen custo ningún.

5. Este ano DAVID CATÁ ademáis de participar no grupo de seis artistas que expoñen no

CENIMA tamén pon o seu grupo musical ao noso servizo desinteresadamente para o

acto de presentación da exposición.

6. Pretendemos que a MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS DA MARIÑA colabore

connosco a través dunha axuda económica a través da compra dunha obra de cada un

dos seis artistas da exposición, coas que iría facendo un fondo de obra artística que

pode empregar do mellor xeito que considere: exposicións itinerantes, fondo na súa

sede, reparto aos concellos participantes,… que se iría incrementando cada ano.

Sargadelos abril 2016