54

Revista argalladas 2016/ 2017

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Revista argalladas 2016/ 2017
Page 2: Revista argalladas 2016/ 2017

ÍNDICE

EDITORIAL

EDITORIAL, IES OLLOS GRANDES

- GOZAMOS E VIAXAMOS ………………………………………………….páx.4

- SOLIDARI@S CON TOD@S …………………………………………….páx.6

- ARGALLAMOS

- Entrevistas……………………………………………………..páx. 16

- VI maratón de cine …………………………….. páx. 20

- Lemos por e para vós ……………………... páx.21

- Carlos Casares ……………………………………….. páx.23

- Día do libro ………………………………………………. páx.25

- Mensaxeir@s de Carlos Casares ………páx. 29

- O mes de febreiro ……………………………….. páx. 30

- Argalleirando ……………………………………………… páx. 31

- CARTAS AO DIRECTOR ………………………………….….…… páx. 33

- PARLAMENTO XOVE ……………………………………..…..…… páx. 38

- PASATEMPOS ……………………………………..……….….….. páx. 42

- DEPORTES: Fútbol gaélico ………………….……….…páx. 44

- SENTÍMONOS CIENTÍFICOS E ELIXIMOS ……. páx. 45

- SOLUCIÓNS ……………………………………………………………..…… páx. 52

DESEÑO DE PORTADA: Cristina Souto Pita, 3ºESO

CONTRAPORTADA: Argalleir@s e argalleir@s das letras

CURSO 2016/ 2017

Page 3: Revista argalladas 2016/ 2017

EDITORIAL

Parécenos mentira que este sexa o noso cuarto (e último) ano neste centro. Todos poderiamos rememorar moitos momentos felices, e outros menos divertidos, que pasamos neste tempo, pero, sobre todo, gustaríamos destacar todo o que maduramos persoal e academicamente grazas ás ensinanzas que nos inculcaron algúns profesores. A clase enteira coincide en que nunca nos esqueceremos desta época da nosa vida e das persoas que nos acompañaron e nos axudaron a facela máis doada e fácil de levar. Aínda que teñamos que marchar, sen querelo nós, sempre recordaremos as clases aquí coma as máis divertidas e amenas, á vez que produtivas. Obviamente hai algunha que outra cousa pola que nos gustaría marchar, sobre todo polas relacións con algunhas persoas do centro, pero en xeral sentímonos todos e todas moi ben acollidos aquí dende o primeiro momento ata o último. A nosa conclusión é que nos dá moita pena ter que marchar obrigados, pero sempre teremos un bonito recordo de todas as persoas que nos ensinaron tanto neste tempo, e sabemos que aquí sempre seremos benvidos.

Alumnos e alumnas de 4ºESO

Agradecemos ao IES Ollos Grandes de Lugo, e en especial a Javier, deixarnos intercambiar un artigo da súa revista escolar. Por iso queremos que o seu artigo ocupe a editorial da nosa revista, lugar

privilexiado en todas as publicacións. Montse compartiu con todos e todas as actividades realizadas o curso pasado no voso centro. Moitas grazas a ambos.

Page 4: Revista argalladas 2016/ 2017
Page 5: Revista argalladas 2016/ 2017

O ENTROIDO NO IES CASTRO DA UZ Todo parecía ser unha mañá de estudos corrente, pero tan só o parecía. Á terceira hora comezaron a saír alumnos e profesores das aulas a poñer os seus disfraces. Dos baños, das aulas, dos corredores comezaron a saír personaxes de películas, animais, domadores, mariachis, personaxes de circo, chonis, de todo!!! Non pasara nin media hora e a entrada do instituto encheuse de xente, e, claro, as orellas e freixós, coas súas respectivas bebidas ían voando nas mans da xente. Despois comezou a auténtica emoción. Todos ao salón de actos! Micrófono! Si? Si? Atención! Os presentadores xa estaban listos para presentar os seguintes acontecementos. O karaoke. Todos os cursos ( 1, 2, 3 e 4ESO) subidos por quendas ao escenario. Cancións de todos os artistas coñecidos saíron polos altofalantes. Ale, a cantar todo o mundo! Que ben o facían! E que risas! Ai, pasámolo bárbaro! Cambio! Atención, por favor! Oídesme? Veña! Agora toca o concurso de disfraces. Veña, lixeiros! Mi madriña! Ao escenario saíron chonis, the walking dead, o circo “Los indomables”, con domador incluído armado dun látego de caramelo; os mimos, xente, xente e máis xente, emoticonas, veña, veña xente! Que ben pasaban! Cambiamos outra vez. Veña, por favor! Atendédesme? Si? Si? Aló imos á mellor parte, entrega de premios: 3º premio: the walking dead. Felicidades! 2ºpremio: As nosas chonis. Moi ben, rapazas! 1ºpremio: Os indomables. Felicidades, nenos! Ai, aquel día pasámolo bárbaro. Todos os alumnos foron saíndo do salón para marchar xa, tendo na cabeza que as vacacións de entroido aproveitaríanas cento por cento.

Carmela Saborido,1ºESO

Page 6: Revista argalladas 2016/ 2017

SAÍDA DO DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA O día 19 de maio, os nenos e nenas de 1º e 2ºESO realizamos unha saída co Departamento de Bioloxía xunto a dous dos mellores profesores, Javier e Santiago. Primeiro fomos ao Museo de Historia Natural, onde vimos, entre moitas máis cousas, o esqueleto dunha balea común, unha lura xigante, etc. Despois fomos a AquaCiencia, onde había uns pavos reais moi pesados e que non calaban. Todos os inventos que vimos funcionaban con auga. A continuación, collemos o autobús para ir ata a Fraga de Doniños, onde vimos moitas plantas coma a cebola das gaivotas, entre moitas máis. T ivemos que andar moito, pero mereceu a pena cando vimos as mesas e nos dixeron que xa podiamos comer. Por último, fomos ao lago de Valdoviño onde había moitos patos e aves varias. Pasámolo moi ben. Grazas ao departamento de bioloxía por organizar esta xenial saída.

Alex Fraga e Alejandro López, 1ºESO

VISITAMOS A ECOESCOLA No mes de novembro, os alumnos e alumnas de 1ºESO fomos á ecoescola das Campeiras, acompañados da nosa profe Elena. Alí estivemos vendo varios métodos de reciclaxe como a “regra dos tres erres”. Máis tarde, vimos unha curtametraxe sobre as dúas especies do ser humano: o que non consome enerxía, aforra papel, recicla, etc. e o que non fai nada diso. Despois xogamos a varios xogos nos que aprendemos a non malgastar a comida e a sobrevivir nunha illa deserta. Foi unha gran experiencia!

Alex Fraga, 1ºESO

EXCURSIÓN A BELELLE O alumnos de 3º ESO fomos xunto cos nosos profesores de Historia e Bioloxía ata alí.T ivemos unha xornada moi entretida e deportiva para a que precisabamos estar capacitados fisicamente. Foi unha ruta de 7,6 km e durante este percorrido seguimos o curso do río Belelle que nos levou ata a fervenza. Ao longo desta ruta encontrámonos cunha antiga central hidroeléctrica (ou iso é o que cremos). Despois paramos nun miradoiro e sacamos unhas cantas fotos e, tamén, paramos a repousar un pouco. Finalmente, tras baixar unha costa zigzagueante, chegamos á fervenza. Gozamos e fixemos novas fotos á preciosa paisaxe. Camiño Ás Pontes paramos noutro miradoiro dende onde se vía a fervenza dende arriba. Niso consistiu a nosa xornada deportiva.

Vicente, Uxía, Aarón e Carmela ,3ºESO

Page 7: Revista argalladas 2016/ 2017

SOLIDARIOS CON TODOS E TODAS

Contacontos do Día da Paz 2017 O 30 de xaneiro, os grupo de contacontos dos Argalleir@s das letras visitamos o CEIP de Xermade. Alí, os nenos e nenas, algúns moi pequeniños e outros máis grandes, recibíronnos cos brazos abertos e gozaron das historias que contamos, co obxectivo de transmitirlles que vivan nun mundo no que haxa PAZ. Nós divertímonos tanto coma eles escoitando as historias, pois, portáronse moi ben e desfrutaron participando en todo o que lle pediamos e axudándonos. Foi marabilloso ver como contando un conto, podes sacarlle un sorriso a un neno e facelo feliz viaxando con eles ata un mundo de soños e fantasía. Antes de marchar, os nenos e nenas agasalláronnos cunha canción e un baile. Nós démosl les as grazas por facer que viviramos esa experiencia, porque son todos e todas xeniais!!!

Mentres nós estabamos en Xermade, no centro seguían os nosos compañeiros e compañeiras lembrando este día, da man do noso profe, Soto. Cando chegamos vimos todo o instituto cheo de LUZ. Había post- it por todas partes e carteis pegados nas paredes, portas.... Todos e todas buscando, por se había pistas, para atopar a resposta. Así estivemos dous días ata que chegaron outros carteis que non sacaban de dúbidas.

Un bonito xogo que nos lembrou que en nós está todo.

Pero non quedou aí todo o que fixemos este día. Radio Ras emitía nos recreos e os nosos compañeiros e compañeiras leron os textos que realizaron para recordar este día, e en 1ESO tamén debuxaron e cantaron unha canción. Aquí tedes o texto de Carmela (1ESO): A PAZ Por que estragala? Sendo o mundo e a vida tan bonitos, por que botalo a perder todo? É que acaso non sabemos falar? Todo estaba tranquilo ata que a ambición acabou coa nosa paz. Por iso eu quero un SI! Un si á educación. Un si á infancia feliz.

Page 8: Revista argalladas 2016/ 2017

Un si a un bo futuro. E tamén un NON! Un non á guerra. Un non ás bombas. Un non aos desafiuzamentos. E o de Silvia Balseiro, 4ºESO A PAZ é un estado de ben estar onde non hai enfrontamentos nin loitas. Para conseguilo debemos comezar pola nosa PAZ interior, é dicir, sentirnos cómodos e satisfeitos cos nosos esforzos e logros diarios. As nosas satisfaccións fannos máis tolerantes á hora de relacionarnos cos demais. Se usamos o respecto e a tolerancia poderiamos chegar a falar da PAZ mundial e evitariamos todas as loitas de poder que conducen a guerras, discriminacións por raza, condición social... Debemos potenciar dende a infancia, pasando por todas as etapas da vida, a comprensión e o diálogo para saber afrontar calquera situación que leve a discusións. En definitiva, a nosa propia felicidade teriamos que transmitírllela aos demais e crear xuntos un mundo de comprensión e ben estar social.

SOLIDARI@S COS MÁIS PRÓXIMOS Un ano máis @s “Argalleir@s das letras”, e bibliotecari@s solidari@s, intentamos que aos nenos e ás nenas da nosa vila non lles faltasen alimentos nestes días de Nadal. Cos cartos recadados cos nosos traballos puidemos comprarlles: leite, zumes, marmelada, pan tostado, galletas, cacao e algún turrón e doces típicos destas festas. Eles e elas teñen dereito a gozar destes días! O día 20 quedamos coas profes ( non vaia ser que nos perderamos!) ás 15h diante dun supermercado da vila e comezamos a compra e a facer cálculos para non pasarnos do presuposto ( saíu perfecto!) Este curso @s encargad@s e representantes d@s argalleir@s fomos: Sabela, Sara (2ºESO), Carmen, Borja, Sheila (3ºESO), Andrea B. e Andrea M. (4ºESO). Como nós cremos que a solidariedade debe comezar polas persoas que tes máis preto de ti decidimos comprarlle algo para a persoa que estaba a pedir na porta do supermercado. Cando fomos xunto a el agradecéunolo moito e nós puxémonos moi contentos e contentas. Logo cargamos todo no coche das profes e chamamos á Concellaría de Benester Social da vila para que se achegase ata o centro a buscar os alimentos e distribuílos entre as familias con nenos e nenas que o necesitasen. Ao día seguinte presentouse no instituto a concelleira para darnos as grazas pola nosa solidariedade. Grazas a ti, Isabel, porque seguro que os distribuístes moi ben. Xa se nos esquecía. Este curso acompañamos a compra de alimentos cun agasallo. Todas as persoas que quixeran podían traer libros que leran de pequeniños para regalárllelos a outros nenos e nenas. Como isto decidímolo algo tarde... Non houbo moitos, pero Sara, Sabela e Elena non dubidaron en traer os seus, e seguro que agora xa están facendo voar a moitos e moitas nenos e nenas. Ata o ano que vén.

Sabela Rodríguez, 1ºESO

Page 9: Revista argalladas 2016/ 2017

DÍA 25 DE NOVEMBRO, día internacional contra a violencia de xénero. Ata chegar a este día foron moitas as actividades que viñemos desenvolvendo para BERRAR todos e todas ese día: “ BASTA XA. NON MÁIS VIOLENCIA DE XÉNERO!” Cristina Souto e Sabela Rodríguez comezaron a pensar na ilustración para realizar un taller de chapas e así poder repartilas entre toda a comunidade educativa. Decidimos realizar as chapas coa imaxe de Cristina, pero a de Sabela tamén estaba por todo o centro. @s nos@s compañeir@s de 1ºFPBÁSICA tiveron a sorte de ser os primeiros que coñeceron os segredos de como se fan as chapas. Aquí nos deixaron este titorial para que nós puideramos continuar o traballo. 1º Paso- Unha vez que temos elixido o debuxo que queremos para facer a nosa chapa, o primeiro que hai que facer é reducilo de tamaño. Reducirémolo tendo en conta o tamaño das chapas, neste caso o debuxo deberá ter un diámetro de 3,8mm porque a medida das chapas é esa. Logo facemos un padrón que deberá ter un diámetro de 5mm e recortámolo. 2ºPaso- Coñecemos a máquina e os seus compoñentes: A máquina ten un corpo fixo e dúas pezas: Peza 1- Arandela pequena. Peza 2- O peso que ten dúas posicións: 1 e 2. E as chapas que están formadas por dúas partes: a cara e o envés. 3ºPaso- Inserimos na máquina a arandela (peza 1) e colocamos a chapa (cara), de tal xeito que encaixe perfectamente na arandela. 4ºPaso- Colocamos o debuxo ( mirando cara a nós) encima da cara da chapa. 5ºPaso-Poñemos o plástico para protexer o debuxo. 6ºPaso- Colocamos a peza 2 da máquina, o peso, na posición 1 e facemos un movemento como se grampásemos uns papeis para fixar o debuxo a esa parte da chapa. 7ºPaso- Retiramos a peza 2, o peso, e quitamos a peza 1 (arandela) da máquina. No seu lugar poñemos o envés da chapa co imperdible cara a abaixo. 8º paso: Colocamos a peza 2 ( peso) na posición 2 ( para que o debuxo saia centrado, convén manter sempre un ángulo no que o número 1 estea aliñado coa base da máquina) e volvemos facer o movemento de grampar. A chapa xa está acabada. Quitámola da máquina e listo.

Seguindo os pasos que nos indicaron continuamos facendo as chapas que repartimos ese día entre todos e todas. Todos e todas seguimos traballando neste tema: escribindo microrrelatos, redactando textos, facendo lemas acompañados de imaxes, buscando cancións.... Todo era pouco para tratar de concienciar o mundo da necesidade de que non haxa máis días 25 de novembro por este motivo.

Page 10: Revista argalladas 2016/ 2017

O xurado, formado por Elena, Flora, Monserrat e Marta, ditaminou os seguintes premios para o concurso de microrrelatos: 1º PREMIO Nacer, crecer, aprender. Aprender a amar, a convivir, a respectar. Crecer fisicamente e mentalmente. Ana creceu. Quixo aprender, quixo saber. Non se poden contar as veces que Ana CALOU. Xoán chegou á súa vida e con el aquel inferno, mal chamado amor. Ana calou, volveu calar. E o silencio levou a súa vida.

ICÍA BASANTA, 3ºESO

2ºPREMIO Ela tan cega de amor. El tan agresivo. Unha bela historia de amor que se esgotaba cada vez máis. Unha historia rematada cun final silencioso e predicible. El non era de amar, senón de ter. As meixelas da muller cada día se enchían de lágrimas. Cando a cegueira curou e ela quixo falar, era tarde.

SHEILA. SAAVEDRA , 3ºESO

3º PREMIO Pecho os ollos e aí está. Esa voz que non para de preguntar onde estou?, que fago?, con quen vou?, con quen falo? Esa voz que non me para de perseguir. A que me fai crer que son inferior. A que me fai cuestionar se iso é amor. O amor que me prometera nun principio. Quixen deixalo. Pegoume. Funme.

UXÍA. BOUZA, 3ºESO

MENCIÓN ESPECIAL Eran días escuros, cada día que pasaba aumentaban as agresións, os insultos, as humillacións… Antes, os negróns aínda era posible tapalos, pero agora xa non. Son feridas cada vez máis graves, que pouco a pouco vanme deixando sen forzas ata o punto que eu mesma decidín rematar con iso.

SERGIO SARDIÑA, 1ºFPBÁSICA

Como fomos moitos e moitas os e as que participamos, deixámosvos cos outros microrrelatos para que poidades lelos, merece a pena! Aínda non pasei páxina. Cada vez que vou para a cama acórdome de todo: discusións, pelexas, golpes, os empurróns que me daba, as súas palabras feríndome por dentro. De repente, el marc hou para o traballo e eu vin un raio de luz. Funme para sempre, para non volver, e agora síntome, por fin! libre. JORGE PUENTES

María casou e Xosé non era o marabilloso rapaz do que se namorara. El non a deixaba ir coas amigas, non podía facer nada soa. Cando Xosé ía traballar era un alivio para ela e só temía que chegase a hora na que el volvese. Eu sabía o que pasaba, pero ela víase incapaz de dicilo, ata que foi demasiado tarde.

NOA JAREL.

Son fillo de pais separados. Todos os días miña nai recólleme na casa do meu pai. Sempre me din que espere fóra, que teñen que falar. Eu non entendo nada. Cada día que falan miña nai aparece cunha ferida, unha marca ou un negrón. Hoxe estaba agardando a que miña nai saíse, pero desta vez non saíu.

XAVI GABEIRAS.

Papá e mamá pelexaban todos os días. Eu era pequeno, pero decatábame de todo o que pasaba. Ela erguíase sempre con feridas e con lágrimas nos ollos, ata que, armándose de valor, decidiu collerme e saír da casa. Cando estabamos a piques de cruzar a porta escoitamos os pasos do meu pai correndo ata nós.

CARLA BASOA

Aí volve de novo. Esqueceuse de que eramos unha familia? Mamá dicíame: “vaite nena, vaite! Todo vai ben”. Vexo a muller que me ensinaba a ser forte caer rendida. El vaise e eu achégome a ela para aloumiñala, para aloumiñarnos. Nunca pensei que agora fora eu a que vivira a súa historia.

SOFÍA RAMOS

Page 11: Revista argalladas 2016/ 2017

Ando xogando ao balón cando empeza o rebumbio na casa. Un día máis, a miña irmá Pau la chega cun negrón no ollo. Mamá pregunta. Paula responde coa mentira de sempre: esvarei estando co mozo. Eu non entendo. Algo pasa. Pauliña nunca foi zoupona... entre bágoas podo ver o medo na súa mirada.

CRISTINA SOUTO. Quero poder abrir os ollos e atoparme na miña cama cun raíño de sol entrando pola ventá. Pero estou nunha cadeira, espida, chea de negróns. Escoito, unha vez máis, ese horrendo renxer das escaleiras e arrepíaseme a pel. Choro. Méxome ao pensar que o meu fin se achega banzo a banzo. Non podo máis.

ADELA RODRÍGUEZ

Ía ser a hora na que el chegaba. Eu tiña sete anos e vivía coa miña nai e con el. Non pensei que fose ocorrer, pero miña nai estaba tremendo. T iña moito medo. Ese home xa lle pegara máis veces e eu temía que o volvese facer. Canto máis se achegaba a ela, máis tremía eu. T iña medo de que pasara, e pasou.

ALICIA CAO

Ana, camareira dun bar, estaba sendo maltratada fisicamente por un borracho. Este, berrándolle, esixíalle que se espira. A muller negábase e o tipo ameazouna cunha pistola. Cando a muller xa ía ceder escoitouse un disparo. A muller morrera. Minutos despois oíuse un segundo disparo. O home suicidárase.

SANTI MORALES

Non sabes cociñar! Es unha inútil! -Intento facelo o mellor que podo. - Cala a boca e dáme algo que estea bo! - Só hai lentellas. - Iso non me vale. Baixa agora mesmo comprar algo! - Pero Carlos é moi tarde e teño medo. Carlos achegouse a ela con ese olor de estar varias horas no bar e empezou a golpeala.

HERNÁN ÁLVAREZ

Antón sempre vía o seu pai pegar a súa nai. Un día preguntoulle: - Por que fas que mamá acabe chorando e con feridas? - Porque estamos xogando, fillo. - Si, é verdade.- contestou a nai saloucando. Antón creunos, pero máis tarde descubriu a verdade. O noxento do seu pai maltrataba a súa nai.

VICENTE IGLESIAS

Sangue. Era todo o que había no salón. O peor é que era toda miña. Non era a primeira vez que pasaba e sabía que non sería a última. Pero algo no meu interior intuía que o sería. Intentei pedir axuda, pero non podía moverme. Dinme conta de que entrara outra vez, xusto cando sentín un coitelo no meu costado.

ELVIRA CANDELAS

Saín da casa e xa estaba alí. T iña medo do que me puidera ocorrer. Preguntoume para quen ía tan fermosa. Comezou a pegarme dicindo que o estaba enganando. Empezou a espiarme, controlarme, facerme a vida imposible. Xa estaba farta. Así que optei pola vía fácil: funme cara á luz para non volver.

CARMELA DOMÍNGUEZ

Diego e eu levabamos cinco anos xuntos e non era porque eu quixera. A miña familia avisárame. Eu non quería estar máis con el. Non quería máis discusións. Non quería que me mancase máis. Un día decidín irme, pero non irme da casa, senón irme da vida. Collín un coitelo e empecei a pasalo polas veas.

LAURA OTERO.

María cada día era interrogada polo seu marido. Cando esta non respondía o seu marido agredíaa. Ela non quería denuncialo polo medo que lle tiña, pero un día fartouse de aguantalo e contoullo ao seu irmán. Este denunciou a Javier e agora está condenado a 80 anos de cárcere. María comezou unha nova vida.

JUAN BELLAS

Page 12: Revista argalladas 2016/ 2017

O home chega a casa sempre de mal humor. Ela é a persoa coa que se desafoga. El pégalle, insúltaa. Por culpa do seu home ten que levar gafas de sol no inverno para tapar os negróns dos seus ollos. Ela, maltratada polo seu home, sen atreverse a confesar polo medo que lle ten ao seu marido.

CARMEN LÓPEZ

Estaba bébedo. Ela, na cociña. Aínda non sei por que comezamos a discutir. Quizais pola bebida, pero cada vez berrabamos máis. Non era a primeira vez que discutiamos. Tampouco a primeira que eu lle pegaba. Non sei o porqué, pero estaba tirada no chan e do seu peito brotaba un líquido carmesí.

ÁLVARO GARCÍA

Acaba de pasar o que levaba pensando dende hai moito tempo. O que pensaba que non sería capaz de facer, pero pasou. O medo que ela tiña fíxose realidade. Despois dunha longa discusión collín o coitelo e craveillo no peito. Non podía crer que o puidera facer. Non podía máis e chorando saltei pola ventá.

AARÓN GARCÍA

Cheguei á casa tremendo, coas bágoas escorréndome polas meixelas, chea de negróns e dixen: - Mamá! Obrigoume. Eu non quería. Non me escoitou. Tentei fuxir, agarroume. Rompín con el, cabreouse. Colleume do pescozo, tiroume ao chan e quitoume a roupa. Berrei. Pegoume e foise. - Filla, agora non estás soa.

LAURA BELLAS

Mamá veu por min hoxe ao colexio. Ela pensa que non me decato, pero eu doume conta. Papá faille cousas malas, case sempre anda con feridas. Cando entramos na casa o único que fai é berrarlle a mamá. Ela mándame para a miña habitación e pídeme que peche a porta. Mamá berrou e nunca máis volveu abrir a porta.

XAN PAZ

Chegou emporrado e borracho. Fomos para a cama durmir, pero ao día seguinte polo efecto do alcol e dos porros mandoume unha labazada. Todo isto coa nosa filla diante berrando: “ non lle pegues”. Pero el non entraba en razón e deulle un golpe que lle rompeu unha costela. Corrín denuncialo á policía.

ANTONIO SILVÉN

Xa estaba farta, sabía que non era a moza máis perfecta do mundo, pero facía o que podía. Un día decidinme a chamar e souben que non estaba soa, que eu podía. Cando cheguei a casa, el tiña ganas de guerra e deilla. En nada sacou bandeira branca, non lle debía facer gracia que xa non fora tan submisa.

BORJA PITA

Marga era unha muller casada cun home manipulador. Un día estaba consultando o móbil e a súa parella ordenoulle que o deixara. A muller, cansa de estar sometida a el, contestoulle que estaba farta. Con esa frase iniciouse unha discusión que rematou en urxencias coa muller ferida pola súa parella.

ALBA RIVERA

Outro día máis comeza a tortura. Cando espertaba dicía: “ vai traballar, porca!” Con resignación e cunha labazada, ía. Era o único momento de tranquilidade do día. Ao volver á casa, antes de entrar suspiraba e decidíame a abrir a porta. “Fai a comida, que é o único que sabes facer...! Non podo máis.

XOEL PENA

María é unha muller de 37 anos que hai tempo sufriu moito. O seu marido maltratábaa e facíallo pasar moi mal, ata que rematou por chamar á policía xa que non podía seguir así. Agora conta que lle pegaba, que non a deixaba durmir, que lle facía tomar droga e moitas cousas máis das que non se quere acordar.

ALEJANDRO LÓPEZ

Eu era unha rapaza feliz. Si, era. Agora, estou nun internado. Meu pai está no cárcere e miña nai ingresada no hospital en estado grave por culpa del. Chámome Marta e vivín unha escena moi

Page 13: Revista argalladas 2016/ 2017

dura: o meu pai apuñalaba a miña nai e ao meu irmán pequeno. O meu irmán está morto e non sei se miña nai sobrevivirá.

CARMELA SABORIDO

Alí estaba ela, malferida e cansada, pensando que non merecía iso, que se tiña que acabar, que xa non soportaba tanto sufrimento. Pero non lle quedaba nin un gramo de autoestima no seu corazón baleiro. Non podía irse, intentaba convencerse de que aínda o quería. Ata que un día fuxiu buscando a felicidade.

ANTÓN GARCÍA

Aurora e Marc teñen unha filla chamada Marta. Ela non se dá conta do que lles pasa aos pais. A nai sofre moito porque o marido trátaa como un trapo. Máis adiante a nena dáse conta do que pasa. E marcou o número de teléfono dun anuncio que botaban pola tele. Marc tivo un bo problema e foi ao cárcere.

LUCIA BARRO

Mari Pili e Carlos eran unha parella moi feliz, ata que apareceu Roberto. Mari Pili namorouse de Roberto, e Carlos enfadouse tanto que comezou a pegarlle. Mari Pili non se atrevía a chamar a Policía, pero Roberto si. A policía levou preso a Carlos, e Roberto e Mari Pili foron moi felices e comeron perdices.

ALEX FRAGA

Era pequeno e presenciei unha discusión máis acalorada do normal entre os meus pais, na que a miña nai perdeu a vida a mans del. O primeiro que fixen foi coller o coitelo que usara e levalo á policía. Metérono no cárcere e díxenlle: “xa que non teño nai prefiro vivir cos avós antes que cun pai asasino”.

SERGIO HERMIDA

Hoxe é un día especial, xa que foi denunciado o meu caso de violencia de xénero. Eu, unha muller inmigrante, trasladeime a España e a miña vida era feliz ata que casei co home inadecuado. T ivemos un fillo e co paso do tempo, sen ningún motivo, viñeron os malos tratos. Un día, xa cansa, decidín denunciar.

PAULA DORRIBO

Jessica cría que o seu querido noivo era gracioso, boa persoa e cun corazón enorme, pero en realidade non era así. Era un maltratador noxento que pegaba, envelenaba e mataba. Jessica non quería chamar porque lle tiña moito medo. En realidade vivía con medo. Un día conseguiu chamar a policía.

MATEO GABEIRAS

Laura é unha nena que ten que aguantar todos os días os berros da súa nai porque o seu pai pégalle. Un día Laura meteuse na pelexa e morreron ela e a súa nai. O home buscou outra muller que tivera unha filla para repetir a mesma historia. Desta vez, a filla, en vez de meterse na pelexa, chamou a policía.

ÁFRICA MORALES

A muller estaba na casa discutindo co seu marido, mentres que no exterior chovía e lostregaba. A discusión escoitábase na rúa e cada vez ía a máis, ata que un lóstrego iluminou a casa. Pola ventá púidose observar o home golpeando a muller sen parar. Minutos despois escóitase un disparo. Aí remata todo.

JAVIER FERNÁNDEZ

Eu sentíame moi soa neste mundo e el facíame sentir un saco de boxeo. Eu calaba por medo e el seguía créndose o xénero superior. T iña negróns por toda a pel e rabuñaduras. Só estaba contento cando facía o que el quería. Eu pensaba que cambiaría, pero un día fartouse e decidiu sacarme do medio.

ALDARA PÉREZ

Cando abría a porta da casa sentía medo. Gritábame, pegábame... T iña que facer todo mentres el descansaba e nin así o contentaba. Non podía vivir feliz. T iña terror cada vez que me miraba. Agora non é coma antes. A última vez que o vin tiña as mans ensanguentadas e non sei por que choraba.

SABELA RODRÍGUEZ

Page 14: Revista argalladas 2016/ 2017

Querida amiga Sandra, canto te boto de menos! Dende que apareceu o seu mozo está rara, nótoa distanciada. Síntoa mal, moi mal... Ela non o quería admitir, pero eu sabíao. Esa actitude, eses ollos chorosos, esas feridas que me doían ata a min... Un día veu chorando á miña casa e díxome: “axúdame, por favor!”

ANTÍA PICO

Eu estaba casada con Xoán. Todos os días cando chegaba á casa insultábame, agredíame, humillábame. Non me quería e eu sentía moito medo. Tardei moito tempo en facelo, pero ao final tiven a valentía de pedir axuda e chamei ao 016. El acabou entre as paredes do cárcere escribindo o meu nome.

SARA BASOA

A miña filla ten 16 anos e leva unha semana cun problema. O seu mozo impedíalle saír coas amigas. Ela non lle fixo ningún caso. Cando el o soubo foi buscala e, nun lugar afastado, pegoulle. Ela saíu correndo e chorando. Isto repetiuse varias veces. Cando o souben chamei a policía e ac abou a tortura.

JESSICA LEIRA

Estaba cos meus amigos na rúa e escoitei uns berros. Achegueime e vin como un home lle pegaba á súa muller. Chamei a policía e detivérono. Ela quedou na súa casa e foi feliz coa súa familia, sen depender dunha persoa que a vixiara, controlara e que lle fixera a vida imposible. Sentíndose libre.

LUCIA RAMUDO

Un luns pola tarde, Diana e o seu marido chegaron á casa coa súa filla despois dunha longa viaxe. T iveran unha discusión forte no coche, berros, lágrimas, palabras ofensivas... Xa na casa el marchou e Diana pechouse na habitación. Ao día seguinte el apareceu e minutos despois a ambulancia chegou á súa porta.

SILVIA BALSEIRO

Chego á casa sempre igual, chea de medo. Abro a porta e vexo os seus ollos cheos de maldade. El, coma sempre, agardándome para facerme mil e unha preguntas do que fixen no día. Non lle gustan as respostas. Insúltame e agárrame do pelo, coma sempre. Voume á cama tremendo de que a porta se abra. Choro.

ANDREA MONTERO

Non sabía como podía parar isto. Como podía axudar a miña nai se nin sequera ela quería darse conta do que estaba a suceder? Cada día aparecía marcada nunha parte do corpo. El pensa que por ser pequena non estou ao tanto do que lle está facendo a miña nai, equivócase. Voulle abrir os ollos. Pediremos axuda.

LIDIA MIRAD Un día máis el chegaba á casa do bar. A súa muller, con temor, trataba de ser agradable. O seu fillo sabía o que pasaba cando seu pai chegaba así. Puxo os cascos e pechouse na habitación. Máis tarde, coma sempre, súa nai iría xunto del, daríalle unha aperta sempre cos ollos chorosos, sempre coa alma rota.

LOIS PITA

O outro día eu estaba xogando na miña habitación cando oín chegar a miña nai da compra. O seu noivo estaba sentado no sofá vendo a televisión. Eu ía saír da habitación cando vin como David pegaba a miña nai porque non trouxera o que lle pedira para cear. Á semana seguinte estaba ingresada.

MANUEL ALÉN

Eran as 4 da mañá, mais eu seguía esperta, preocupada polo meu marido que aínda non chegara á casa. Estaba nerviosa, como de costume, porque sabía que ía chegar borracho e agresivo coma todos os sábados. Cando entrou pola porta mireino aos ollos e dinme conta de que esta vez non ía ser coma sempre...

ANDRÉS VARELA

Page 15: Revista argalladas 2016/ 2017

Begoña era nai dun neno de sete anos e era o que máis quería neste mundo, mais non era feliz, xa que lle tiña medo ao seu home. Cando el chegaba de traballar viña enfadado, e Begoña deixaba que se desafogase con ela. Pero un día cansouse e denunciou ao seu marido, e ela e o seu fillo foron felices por fin.

YAGO OTERO

Un tormentoso día, África volvía á casa co seu veciño. Entraron na casa, onde agardaba o seu mozo cabreado e enfadado pola tardanza e pola compañía de África. Mentres fuxía do indignado home, o veciño retiña o mozo, que sería arrestado minutos despois grazas á chamada da moza, que non recuperou a felicidade.

FELIPE MARTÍNEZ

Xoana estaba casada dende había anos. Parecían unha parella feliz ata que quedaban sós na casa. Alí era ela a máis infeliz do mundo. Levaba así dende había tempo, sendo unha muller maltratada. Non sabía que facer. Só sabía sufrir por dentro. Non sabía como parar isto. T iña medo de seguir na casa.

ANDREA BELLAS

Ultimamente Ana sempre dicía que quería voar. Quen ía pensar que o faría así! Cando comezou con el era moi feliz, pero cando lle puxo a man encima por primeira vez, xa non volveu sorrir. Cada vez que a agredía sentíase máis engaiolada. Sempre foi un espírito libre e finalmente botou a voar.

BORJA LÓPEZ Este verán estaba en Peñas, as festas de Pontevedra. Eu estaba pasándoo moi ben pero entráronme ganas de ir ao baño. Cando fun mexar vin que un neno estaba pegando moi forte á moza. Quedei parado, nunca me pasara isto, e non dei reaccionado. Entraron uns homes, separáronos e chamaron á policía.

PABLO MARTÍNEZ

Síntome desprezada, illada na soidade, con medo cada vez que abre a porta da casa. Cada noite con medo a que el regrese. Con medo ao espertar porque teño que afrontar un día máis de dor. Necesito axuda pero non me atrevo a pedila. Teño medo de que ao pedila el se enfade e eu non volva ver a luz.

FRANCISCO CASTRO

Era a terceira madrugada que María non durmía e parecía que isto ía seguir sendo así. Aterrada por culpa do seu marido que a facía sentir que non valía nada, que era unha merda. Rexistráballe o m óbil, pegáballe, insultábaa, menosprezábaa... Contemplaba o suicidio. Quería fuxir, pero el non a ía deixar....

ANTONIO FRAGUÍO

Son un can que observou como un matrimonio remataba. Adoptáronme cando era un cachorro e era un matrimonio mozo e prometedor. Agora crecín e vivo cada noite unha discusión que me fai estremecer. El chega borracho, ela dille que nunca máis. El pégalle. Para ela o sufrimento rematou hoxe. Lámboa no chan.

ÁLVARO SEOANE

Como todos os días ás seis da mañá ela erguíase, pesábase, choraba, non almorzaba e ía traballar. Á noite volvía, facía a cea. Ás dez empézalle o medo. Chega el. Chámalle gorda, fea, vaca... Ela chora. Vaise. El persíguea e golpéaa ata cansar. Ela mírase no espello: outro negrón. Xa van centos nunha semana.

LETICIA CARBALLEIRA

Mamá leva uns días rara. Venme buscar á escola e nótoa máis triste e non entendo o porqué. Onte ela fixo a cea, estaba cansa e esquecéuselle aderezar a ensalada. Papá puxo mala cara e, diante de min, insultouna, chamouna inútil. Mamá empezou a chorar. Eu non sabía que facer e púxenme a chorar con ela.

SARA CEREZUELA

Cada día iba peor, un día un empujón, otro día una bofetada, no podía más. Llegaba tarde a

Page 16: Revista argalladas 2016/ 2017

casa, enfadado, lo pagaba conmigo. No sabía qué hacer. Pedí ayuda, pero ya era tarde: estaba tirada en el suelo con un charco de sangre a mi alrededor.

SERGIO OTERO

Eran días escuros, cada día que pasaba aumentaban as agresións, os insultos, as humillacións… Antes, os negróns aínda era posible tapalos, pero agora xa non. Son feridas cada vez máis graves, que pouco a pouco vanme deixando sen forzas ata o punto que eu mesma decidín rematar con iso.

SERGIO SARDIÑA

Meus pais berreaban, ela con negróns e feridas e el bébedo. El xa o fixera outras veces. Saín da casa e cando volvín miña nai estaba no chan, cuberta dun líquido vermello.

ANA PENA

No me pude resistir, no la aguanto, no la soporto. Llegué del trabajo y la comida no estaba hecha. Sus respuestas eran las mismas disculpas de siempre “ tuve médico, lo siento”. Cerré el puño, en realidad no pensé que la cosa acabaría así… Pero ella ya no está aquí.

CLARA GONZÁLEZ

Ella estaba dolorida por lo que le había hecho. La maltrataba, le pegaba y ella nunca decía nada, hasta que un día huyó y nunca más volvió.

AZDIN

Soy hijo de una pareja de divorciados, mi madre sufría, se peleaban a diario, siempre acababa mal, pero un día fue tan brutal la paliza que todo remató muy rápido: allí estaba ella tendida en la calle, irreconocible.

DANIEL DA SILVA

Ella le quería mucho, él la quería demasiado. El primer año fue tranquilo hasta que llegaron los fallos, por una u otra cosa él ya estaba juzgándola. Cada día ella llegando a casa y él ya estaba en la puerta esperándola. Todo empezó con gritos ( que siguieron), ella en el fondo todavía le amaba, por eso no quiso contarlo.

DANIEL RIVERA

Así fomos lembrando a necesidade de rematar con este problema que nos parece que vai aumentando, en vez de rematar dunha vez. TODOS E TODAS SOMOS IGUAIS E MERECEMOS O MESMO RESPECTO!

Page 17: Revista argalladas 2016/ 2017

ENTREVISTAS EN RADIO RAS: Este ano tivemos a sorte de contar cun dos nosos poetas favoritos, que nos vén acompañando nos clubs de lectura dende hai moitos anos, para que impartira un taller que nos fixo achegarnos, aínda máis, á poesía. El, como ninguén, seguiu facéndonola sentir como un xénero moi próximo a nós. Grazas por adozarnos a vida coa poesía, Carlos! Antes de comezar o taller sorprendémolo cunha entrevista, que el cualificou de “encerrona”, para a nosa radio. Dicirvos que quedou moi satisfeito e que nos felicitou pola iniciativa, porque en ningún centro o recibiran dun xeito tan ameno como o fixemos nós. Tamén marchou moi contento porque soubo que a árbore celta que o protexe é a SORBEIRA.

Como esta sección podedes seguila no noso blog (http://argalladas.blogspot.com.es/), agora só vos deixamos co texto das entrevistas para suscitar en vós o interese por coñecer as respostas do poeta, escoitándoas no blog. @S argalleir@s das letras, Sheila, Carmen, Xan, Leticia, Cristina e Borja ( 3ªESO), entrevistamos ao

poeta: CARLOS NEGRO. Bos días, Carlos! Os aquí presentes somos compoñentes dos clubs de lectura “Argalleiros e argalleiras das letras”. Gustaríanos facerche unha entrevista para a nosa radio escolar e coñecer un pouco máis sobre as túas creacións, xa que ao longo dos cursos fomos lendo varias obras túas (O curso pasado , Penúltimas tendencias; este ano, Masculino singular e hai anos leron Makinaria) e sobre ti, claro. Moitas grazas por estar con nós e se nos permites comezaremos a entrevista. -Es profesor de lingua galega, non? É moi complicado traballar cos teus alumnos e alumnas? - -É doado compaxinar a escritura co teu traballo como profesor? - - Centrándonos na túa faceta de escritor, Makinaria é un libro que trata os problemas dos adolescentes e que lles ensinou aos antigos compoñentes do club de lectura e a nós, unha poesía que non coñeciamos. Grazas a ti descubrimos que este xénero non era tan aburrido como pensabamos. Cando leron Makinaria, os nosos e nosas compañeiros e compañeiras identificáronse coa temática dos teus poemas, cos títulos e animáronse a “rapealos”, pero... Despois dun taller de “rap” e varios ensaios non podemos amosar o resultado final, porque o teu poema “ Game over” quedaría mal parado. Por que decidiches rematar o libro co poema, “This is the end”? T iñas algunha intención para pechar esta obra cun poema que achegase un final tan tráxico? - -O curso pasado lemos Penúltimas tendencias e botamos man dalgúns dos seus poemas para elaborar unha historia e lembrar o día 25 de novembro. Dende a nosa opinión soubeches plasmar moi ben todos os estereotipos que sufrimos as mulleres día a día. Por que sendo home te decidiches a escribir unha obra reflectindo a situación que viven as mulleres? - - Este curso lemos Masculino singular, poderíase considerar unha segunda parte ? É dicir, primeiro falas da muller e agora o protagonista é o home.

Page 18: Revista argalladas 2016/ 2017

- - Desta obra, cal é o poema co que te sentes máis identificado? - - Como che xurdiu a idea do caligrama “ Pinturas rupestres”? - - Xa estamos acostumados a que os teus poemas nos fagan pensar, falar e compartir opinións. Non cres que te pasaches con tantas preguntas no poema “Just for men”? - - Lendo a túa autobiografía chamounos a atención as denominacións de “niño bueno”e “niño malo”, como definirías os rapaces e rapazas da actualidade? - -Na túa obra Cultivos tránsxénicos ( gañadora do certame de poesía Victoriano Taibo,2008) explicas de maneira orixinal e innovadora o que acontece en Galicia. No poema “O leite baixo a tona” formulas unha pregunta sobre a lingua:

Quixera engadir algo ao respecto do idioma? E respondes:

Case chegamos ás mans por unha normativa mentres a fala vai mirrando nos tanatorios, e sen ese celme todo devén artificio.

Pensas que nós, a xente nova, poderemos termar da herdanza que nos deixaron os nosos bisavós, avós, pais e nais... e das variedades propias da fala galega que se están a esvaecer xunto coas persoas maiores? - - Que solución proporías para que a mocidade galega faga uso da súa lingua? - Para aquelas persoas que teñan algo de preguiza para escoitar a entrevista ao completo no noso blog, achegámosvos as respostas breves do poeta, porque sabemos que SEGURO VOS INTERESAN. As persoas boas coñécense polas pequenas cousas. Antes de rematar gustaríanos despedirnos como sempre o facemos “Os argalleiros e argalleiras das letras”. Son respostas breves e seguen esta estrutura: Se foses ............? sería .................. Unha palabra? NEVARADA Un poema? RITMO Un libro? INFINITO Unha canción? SUOR ROCK Un instrumento? ACORDEÓN Un sentimento? ENTUSIASMO Un desexo para Galicia? QUE SEXA ELA Un desexo para o mundo? MENOS MUROS Un lugar? AGOLADA Unha árbore? O CARBALLO Moitas grazas por estar con nós, por facernos amar a poesía, por achegarnos os nosos temas dun xeito que todos e todas poidamos comprender. GRAZAS POR SEGUIR FACENDO QUE A LECTURA SEXA UN PRACER E COMPARTILA, UNHA VIAXE.

As argalleiras das letras, Sara, Jessica e Sabela ( 2ºESO) entrevistamos a ARANTXA MOLEDO, antiga alumna do centro e hoxe avogada en Barcelona. T ivemos que investigar un pouco para realizar as preguntas que agora podedes ler e escoitar as respostas no noso blog. Recomendámosvolo porque vos achegará o segredo para conseguir o voso soño e falaravos da vida. Bos días a todos e a todas. Hoxe en Radiorasca temos o pracer de contar coa presenza de Arantxa, ex alumna deste centro e unha persoa que conseguiu cumprir o seu soño. Ola, Arantxa! Espero que che fagamos pasar uns momentos agradables na nosa compañía.

Page 19: Revista argalladas 2016/ 2017

-Para comezar gustaríanos que nos falases dos recordos que tes dos anos que viviches no noso instituto. - - Sabemos que eras unha moi boa alumna, agora que xa pasou o tempo, poderías dicirnos se fixeches algunha trasnada nos anos que pasaches aquí? Ou se non a fixeches cal che gustaría ter feito? - - A información que temos de ti, entre outras, é que dende pequena tiñas en mente ser avogada. Agora que o conseguiches, podes dicirnos como se consegue un soño? - - A que te dedicas na actualidade e como conseguiches chegar a ocupar ese posto? - - Pasaches por algún momento difícil na túa vida profesional? Podes contárnolo? - - Cal foi o momento máis feliz da túa vida profesional? - - Nós non entendemos moitas sentencias que se ditan ultimamente. Como nos podes explicar que persoas que “subtraen” moitos cartos non vaian ao cárcere e outros que por roubar para comer teñan que cumprir condena? - - Se puideses cambiar o código penal, que cambiarías? - - Cres que a carreira que elixiches ten saídas para nós nestes momentos? - - Se puideses volver atrás, elixirías outra vez esta carreira? Por que? - - Como traballadora nunha comunidade con lingua de seu, podes falarnos algo deste tema e comparalo coa nosa situación? - - T i que levas moitos anos fóra de Galicia, cal é a túa opinión sobre o uso da nosa lingua na nosa comunidade? Para aquelas persoas que teñan algo de preguiza para escoitar a entrevista ao completo no noso blog, achegámosvos as respostas breves da entrevistada, porque sabemos que SEGURO VOS INTERESAN. As persoas boas coñécense polas pequenas cousas. Agora imos cambiar un pouco o ritmo da entrevista. Prepárate porque tes que ser moi rápida. - Que cambiarías deste mundo? AS INXUSTIZAS - Un desexo? A FELICIDADE PARA TODOS - Unha palabra en galego? AXÓUXERE - Un libro? ( as leis que teño que ler para estar actualizada no meu traballo) - Unha canción? DESPACITO - Un sentimento? A AMIZADE - Unha árbore? O CARBALLO - Sabes cal é a árbore celta que te protexe? NON Como Arantxa non coñecía a Alameda literaria das árbores celtas que temos no noso centro (fixádevos os anos que hai que estudou aquí) quedamos todos e todas abraiados porque a árbore que elixira coincidía coa árbore celta que a protexía. Lémoslle a simboloxía e agradecéunolo. Como naciches o 21 de marzo naciches baixo a protección do CARBALLO e así din que son as persoas que protexe: QUERCUS ROBUR ------------------ A VALENTÍA Son persoas fortes, valentes, implacables, independentes, sensibles, realistas, racionais, inquietas e non gustan dos cambios. A SÚA COR: VERMELLA Moitas grazas polos momentos que compartiches con nós e que sigas alcanzando todos os teus soños.

As argalleiras Laura B. e Alicia ( 3ºESO) entrevistamos a LUCIA CALVO, ex alumna do centro e “argalleira das letras para sempre”. Contounos moitas cousas interesantes e seguirá achegándonos aos segredos que encerra a carreira que está cursando, terapia ocupacional, nos próximos días.

Page 20: Revista argalladas 2016/ 2017

Aquí vos deixamos as preguntas da entrevista, xa sabedes o que debedes facer para escoitala. Bos días a todos e a todas! Hoxe en Radiorasca temos o pracer de contar coa presenza de Lucía Calvo, ex alumna do centro e ARGALLEIRA DAS LETRAS PARA SEMPRE. Ata hai pouco estaba estudando no noso centro e viviu todas as argalladas que faciamos daquela. Grazas por estar con nós e dedicarnos un pouquiño do teu tempo, Lucía. Estás preparada para comezar a entrevista? - - Gustaríanos que nos falases dos recordos que tes dos anos que viviches no noso instituto. - - Como argalleira das letras sabemos que participaches en todas as nosas actividades e que axudaches a ilustrar os poemas do Día do libro. Que che parece a ilustración deste ano? - - Cal foi a actividade dos “argalleiros e argalleiras das letras” que máis lembras e por que? - - T i estudaches ata 2ºBAC neste centro, que opinas da decisión da Consellería de non deixar que se imparta 1ºBAC para o curso que vén, cando había alumnado suficiente para poder facelo? - - Agora que xa estás estudando fóra, podes dicirnos que carreira estudas e por que a elixiches? - - Como hai persoas que están pensando en facela, podes falarnos algo sobre ela, as materias que se imparten e cales son as máis fáciles e as máis difíciles? - - Como é a vida universitaria? Cambia moito da de estudante de instituto? - - Xa sabes que a lingua galega está perdendo moitos falantes entre as persoas da nosa idade, que opinas sobre esta situación, os mozos e mozas universitarios falan moito en galego? - - Cando remates os teus estudos, cres que terás traballo relacionado coa túa carreira? - - Sabes que cando rematamos os estudos no instituto, e temos que elixir a carreira, estamos cheos de dúbidas. Que consellos nos darías para elixir ben? - - Se non estudases esta carreira que che gustaría estudar ou de que che gustaría traballar? - Para aquelas persoas que teñan algo de preguiza para escoitar a entrevista ao completo no noso blog, achegámosvos as respostas breves da entrevistada, porque sabemos que SEGURO VOS INTERESAN. As persoas boas coñécense polas pequenas cousas. Agora imos cambiar un pouco o ritmo da entrevista. As seguintes preguntas resultaranche coñecidas, xa que moitas veces fuches ti quen as facía. Prepárate porque tes que ser moi rápida. - T res desexos para o mundo: A PAZ, FELICIDADE E IGUALDADE - Unha palabra en galego: XERINGA - Un libro: MEMORIAS DUN NENO LABREGO - Unha canción: “NEGRA SOMBRA” - Un cadro: O GUERNICA - Un sentimento: A ALEGRÍA - Unha cor: A VERMELLA E como boa argalleira á seguinte pregunta respondeu coa súa árbore celta, porque sabe que a segue protexendo. - Unha árbore: A FIGUEIRA Agardamos que a árbore que elixises fose a túa árbore celta e se non, que saibas que ela te seguirá protexendo para que se poidan cumprir todos os teus soños e sigas pintando a vida con esas cores tan fermosas que empregas. Moitas grazas pola túa compañía.

Page 21: Revista argalladas 2016/ 2017

VI MARATÓN DE CINE DOS “Argalleiros e argalleiras das letras”. O día 13 de outubro comezamos a nosa velada ás 18:30 colocando as colchonetas no salón de actos. Supuxo todo un esforzo para nós porque chovía moito e logo tivemos que secalas. Cando os asistentes estabamos acomodados nos nosos sitios vimos unha curtametraxe animada que fomentaba a lectura e que nos gustou moito a todos e a todas. A primeira película foi Mandarinas, un filme sobre a guerra de 1990 en Georgia. Nel, o protagonista Ivo atopa dous soldados feridos na porta da súa casa, pero cada un pertence a un bando distinto, o que resultaba complicado porque un deles quería matar ao outro mentres que este estaba incapacitado. A película remata cun final tráxico. A segunda película, A caza, trataba da relación un tanto “tóxica” dunha nena pequena co seu profesor Marcus. El rexeitouna e ela, como vinganza, inventou unha historia na que o acusaba de exhibicionista, co que conseguiu que fose apartado do seu traballo e desprezado por todo o pobo. Despois desta película ceamos unhas pizzas, que encargamos no +T ika+, e aproveitamos para comentar a película mentres poñiamos un pouco de música para amenizar o momento. Deseguido tivemos uns pequenos problemas técnicos co ordenador e non puidemos continuar coas películas ata que un rapaz o amañou.

A continuación, vimos A profesora de historia, que narraba unha historia dunha clase que non tiña interese por estudar. A súa profesora de historia, Anne, inscribiunos nun concurso de historia sobre o xenocidio xudeu . Estes rapaces mostraron interese no tema e, inesperadamente, gañaron o concurso. O seguinte filme foi, El nombre, unha comedia francesa sobre o debate duns país cos seus amigos sobre o nome do seu futuro fillo. Decídenlles gastar unha broma dicíndolles que o seu fillo chamarase Adolf. Ante o debate e a negativa dos amigos deciden dicirlles a verdade. A última película foi El olivo, que trataba dunha rapaza chamada Alma que estaba moi unida ao seu avó e antes de que este morrera quería traer de volta a oliveira na que pasaba o tempo co avó. Como todos os anos, ao final desta noite, a xente estaba toda pintada e mentres recolliamos, mortos de sono, todo para deixar o salón de actos como o encontraramos, espertounos a alarma do pavillón. ( Nós non fixeramos nada!)

Ao rematar, tomamos o noso suculento almorzo, feito con moito agarimo por Pili, na cafetería do centro.

Carmen, Alba e Laura O., 3ºESO

Page 22: Revista argalladas 2016/ 2017

LEMOS POR E PARA VÓS: SECCIÓN AUDIOLIBROS Ao comezo deste curso, o grupo de biblioteca xa nos tiña preparada unha nova aventura, que estaba relacionada coa nosa Alameda Literaria das Árbores Celtas, para que “@s argalleir@s das letras” fósemos os protagonistas e a levásemos a bo fin. Como xa sabedes, o curso pasado publicamos a Antoloxía poética das árbores celtas, na que aparecen moitos poemas da nosa literatura que falan das 21 árbores celtas que temos plantadas no contorno do centro, e da que nos sentimos orgullosos e orgullosas polo tempo e esforzo dedicado. Pois non se lles ocorreu mellor idea que poñerlles voz a todos os poemas para compartilos con todas as persoas. Ata aí ben, pero cando nos dixeron que non eramos nós os que tiñamos que gravalos, xa empezamos a tremer... Que argallarían desta vez? Nada máis e nada menos que tiñamos que contactar con diversos famosos e famosas do panorama galego, nacional ou internacional para escribirlles un correo electrónico contándolles o noso proxecto e pedíndolles a súa colaboración. En fin, puxémonos mans á obra ( non imaxinades o que custa contactar con algúns famosos e famosas!) e entre estes famosos engadimos a algunha persoa que é importante para nós, como Efigenia, a nosa antiga profesora de Lengua). Unha vez distribuído o traballo, comezamos a dar pistas desde o noso blog co seguinte artigo: Boas queridos lectores!!! Hoxe volvemos para darvos unha pista máis do que imos facer os Argalleir@s das letras. Isto vai ir dirixido a escritores, “youtubers”, deportistas, músicos, cantantes, políticos, empresarios, presentadores, pilotos... GALEGOS. En xeral, a persoas con gran influencia na nosa comunidade: David Amor, Fran Alonso, Claudio Rodríguez Fer, Cristian Toro, Efigenia Maseda Paz, Alejandra Quereda, Breixo Fernández del Río (Brei), Helena Villar Janeiro, Martín Veiga, Ismael Prego Botana (Wismichu), Manolo Rivas, Olga Novo, David Rubín, María Castro, Lucas Pérez, Luis Villares, Jesús Vázquez, Sergio Vallejo, Rubén Ruibal, Manuel Outeiriño, Teresa Portela, Raúl Gómez Pato, Xosé Antonio Touriñán (Touri), Rábade Paredes, Cristina Novoa, Santiago del Moral, Antonio García Teijeiro, Xosé Ramón Gayoso, Pedro Ruibal Iglesias (Hard Gz), Lucía Reguerio, Paula Carballeira, María Lado, David López, Cristina Pato, Amancio Ortega, Xosé Manuel Piñeiro, Manolo, Begoña Martín, X.L Mendez Fertín, Tucho Calvo, "Defreds", Alejandro López, Emma Couceiro, Francisco Castro, Miro Villar e Marta da Costa. Aos poucos días de publicar esta pista seguimos informando: Chegou a hora queridos lectores!! Por fin ímosvos dicir que fixemos todo este tempo! Estivemos dándovos diversas pistas para que adiviñarades o noso traballo. Non sabemos se o adiviñastes, pero o noso traballo será enviar cartas a certas persoas importantes e famosas, propoñéndolle que graven uns poemas para o noso traballo "Lemos por e para vós". Aquí vos deixamos un exemplo: Bos días Sr. Lucas Pérez, Chámome Juan, teño 14 anos, son alumno do IES Castro da Uz e integrante do club de lectura “Argalleir@s das Letras”. Nós temos un libro titulado Antoloxía poética das Árbores Celtas, no cal lle asignamos a cada árbore celta varios poemas relacionados con cada unha delas. Agora estamos traballando no proxecto chamado “Lemos por e para vós”, no cal certas persoas, con gran importancia na nosa comunidade, poñeranlle voz a cada un dos poemas que forman a antoloxía para que todas as persoas poidan gozar deles. E eu, en nome de todos os Argalleir@s das letras, pídolle, se pode, que poña voz aos poemas que lle enviamos para engadilos á nosa sección de audiolibros do noso blog http://argalladas.blogspot.com.es/search/label/Audiolibros. Se acepta a nosa proposta podería mandar a este correo a pista de audio ( nun formato reproducible en calquera ordenador) correspondente cos textos que nós lle mandamos. Aproveitando esta ocasión, nós estaríamos encantados de que acudise ao noso centro para coñecelo máis facéndolle unha entrevista. Agardamos a súa resposta.

Page 23: Revista argalladas 2016/ 2017

Un bico e un saúdo en nome dos Argalleir@s das Letras: Juan Ás poucas semanas de enviarlles os correos aos nosos preseleccionados comezamos a recibir resposta por parte deles e delas. Escribimos o seguinte artigo: O novo traballo vai por bo camiño, pero desta vez non podemos dicir que tod@s @s argalleir@s das letras esteamos content@s, porque moit@s xa recibiron resposta e outr@s aínda non. Aínda non fai unha semana que enviamos os correos electrónicos @s famos@s que eliximos para que nos axudasen nesta tarefa, e sabemos que, aínda que nos digan que non, tod@s nos van contestar. ISO É O QUE LLES PEDIMOS. Laura, Sofía, Jessica, Elvira, Leticia, Silvia, Nono, Álvaro G., Antonio F., Manuel, Andrea B., Laura O., agradecen a rápida resposta a: HELENA VILLAR JANEIRO, FRAN ALONSO, PAULA CARBALLEIRA, RUBÉN RUIBAL, BEGOÑA MARTÍN, TUCHO CALVO, TOURIÑÁN, XESÚS RÁBADE PAREDES, FRANCISCO CASTRO,MIRO VILLAR, MARTA DACOSTA, ISABEL BLANCO, CLAUDIO RODRÍGUEZ FER. E lémbranlles que pronto terán un novo correo agradecéndolles a súa colaboración neste proxecto. Non sabedes o content@s que estamos de que poñades voz á nosa Antoloxía poética das árbores celtas. Xoel Pena quere agradecerlle a BREI que lle respondese ao seu correo, aínda que fose para dicirlle que non podía debido a motivos profesionais, e Xoel Carballeira agradece a contestación da fundac ión Amancio Ortega, aínda que sexa tamén para desculparse por non poder participar neste proxecto. Agora despedímonos para deixarlles un pouquiño de tempo a tod@s @s famos@s que aínda quedan por contestarnos. Moitas grazas e ata pronto. Pasou o tempo e ían chegando as gravacións dos nosos e nosas amigas: Helena Villar, Fran Alonso, Efigenia Maseda, Paula Carballeira, Rubén Ruibal ( que esqueceu dous poemas), Begoña Martín, Tucho Calvo, Xesús Rábade Paredes, Manuel Prieto, Santi del Moral, Marta Dacosta. GRAZAS a todos e a todas. Pero tamén ía chegando a decepción e desesperación ao ver que moitos dos que nos dixeran que nos ían axudar non o fixeron.... Pensamos e enviámoslles un correo de lembranza, pero nada. Entón, como non nos vencemos, decidimos seguir pedindo axuda. E así pensamos en botar man dos máis próximos. Quen máis famoso ou famosa que o meu pai ou a miña nai? Quen máis famoso que aquel co que podemos falar directamente e pedirlle que nos dedique parte do seu tempo? Quen non coñece a alguén que nos poida axudar? Seguindo esta filosofía conseguimos máis gravacións. Gloria David, Auria Bóveda, Silvia Pardo, César Candelas, Constantino Paz, Carlos Blanco, Yolanda Bacas, Carlos Coira, Jorge Coira, Diana Silva, Susana Bellas... Imos por bo camiño e sabemos que chegaremos á meta felizmente. Se non o conseguimos este curso, será para o seguinte, non o dubidedes. O que si queremos é agradecerlles a todas as persoas a súa axuda e dicirlles que pronto poderán escoitar as súas gravacións no noso blog. Moitas grazas, “Argalleiros e argalleiras das letras”. NON PENSEDES QUE ESTA SECCIÓN REMATA AQUÍ: O EDLG, galego, e como non, o grupo de biblioteca sempre andan da man, por iso decidiron seguir traballando nos AUDIOLIBROS. Como xa as coñecemos, sabiamos que non nos iamos salvar de gravar nós algo. Meu dito, meu feito! Xa que somos bos e boas lectoras, aquí nos vedes poñendo voz a obras literarias para compartilas con persoas que lles guste escoitar non só música no seu tempo de lecer, para aquelas que prefiren acompañar outros traballos ao tempo que escoita unha boa obra literaria ou para quen desexe coñecer máis a literatura na nosa lingua. Así, os compañeiros e compañeiras de 4º, 1º, 2º ESO comezaron a elixir as obras ás que lles gustaría poñer voz. Como non é un traballo fácil ler en alto e, por riba, gravar a lectura, algunhas obras non puideron finalizarse, pero as que se remataron xa podedes escoitalas no noso blog. Os compañeiros e compañeiras de 3ºESO agardáballes un traballo relacionado coas obras de Carlos Casares. Xa vos contaremos.

Juan e Carmela, 3ºESO

Page 24: Revista argalladas 2016/ 2017

CARLOS CASARES, AUTOR HOMENAXEADO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS NO ANO 2017. Como todos os anos, dispuxémonos a coñecer máis a fondo a este autor e a súa obra. Comezamos por achegarnos á súa biografía para coñecer a árbore celta que lle pertence na nosa Alameda Literaria.

Como naceu o 24 de agosto, a súa árbore celta é o PIÑEIRO ( Pinus pinaster) e así din que son as persoas que están baixo a súa protección:

O PARTICULAR Son persoas fortes, activas, francas, idealistas, prácticas, inconstantes nas súas buscas, rancorosas – por veces- e amantes das boas compañías. Namoradeiras e a súa paixón dura pouco. A SÚA COR: VIOLETA

Deseguido, Cristina Souto debuxou a imaxe que utilizariamos en todos os traballos que realizamos sobre este autor. Logo, a “alguén”, ocorréuselle a gran idea de gravar en audio as lecturas das súas obras. Non imaxinades o traballo que nos agardaba, pero cando soubemos os obxectivos desta actividade animámonos a comezar. Que satisfacción tivemos ao ver todas as nosas gravacións na rede! Só abrindo o explorador e escribindo: audiolibros Carlos Casares podedes ver como o noso centro está ocupando as primeiras entradas. Dende aquí queremos animarvos a continuar esta aventura, porque a nosa lingua e a nosa literatura precisan ter máis presenza na rede. Tocaba comezar e así foi. Distribuímos as lecturas entre todos e todas os compañeiros e compañeiras de 3ºESO, aínda que a algúns nos tocou máis ca outros, dábanos igual. Despois do Nadal xa tiñamos lido Vento mareiro, pero Ilustrísima e Cambio en tres resistíanse. Aturamos moitas reprimendas por non cumprir os prazos, pero ao final fixémolo todo, aínda que tivésemos que repetir parte das gravacións, xa que había algunha palabra difícil de pronunciar e nós pensabamos que ía “colar”, pero non era así. ( Boas lembranzas de Penitente Río, Cajanelas, reas....). O noso compañeiro Xan tamén leu Lolo anda en bicicleta e tivo a sorte de ser elixido polos autores que gañaron o primeiro premio do Día das Letras Galegas para engadilo á súa unidade didáctica. Alba púxolle voz a Un polbo xigante, e a nosa compañeira Jessica, de 2ºESO, leu A galiña azul. Todo este traballo faciámolo ilusionados e ilusionadas, pero nunca puidemos imaxinar que tivese tanto éxito. Chamounos a Radio Galega solicitando o noso permiso para poder utilizar os nosos audiolibros durante todo o mes de maio, e concedémosllo. Aí nos tedes durante todos os días de maio lendo a Carlos Casares. Tamén nos convidaron a asistir ás Xornadas do Día das Letras Galegas dedicadas a este autor e que se celebraban en Ourense. Claro está que fomos, pero esta é outra historia que vos contaremos máis adiante. Só nos quedaba algo que nos unira, aínda máis, a todos e todas: realizar unha lectura colectiva e continuada, por iso decidimos levarnos a Carlos Casares e aos seus Xoguetes pra un tempo prohibido a Cáceres e celebrar o día do libros xuntos. Os alumnos e alumnas de 3ºESO despedímonos poñendo a proba os vosos coñecementos sobre este autor. Xa vedes que é un xogo tipo “Pasapalabra”. Moita sorte! Comeza polo A: Nome do profesor de literatura que afianzou en Casares o gusto por escribir dende pequeno. Comeza polo B: Cidade á que marcha o autor logo de ser acusado de comunista cando estaba impartindo docencia en Viana do Bolo.

Page 25: Revista argalladas 2016/ 2017

Comeza polo C: Nesta novela o autor emprega o monólogo interior e conta o regreso dun emigrante para enterrar a un amigo. Comeza polo D: Segundo apelido do boticario que aparece morto nos días posteriores ao levantamento de xullo de 1936 na obra Os mortos daquel verán. Comeza polo E: Así se chama o protagonista de Xoguetes pra un tempo prohibido. Comeza polo F: Paixón de Carlos Casares e da que tiña unha colección excelente de miniaturas. Comeza polo G: Nome da editorial que dirixe dende a década dos 80 e na que publicou moitas das súas obras. Comeza polo H: Nome dun fillo do autor a quen entrevistou Radio Miñoca. Comeza polo I: Título da novela que conta a chegada do cinematógrafo a unha pequena cidade galega e a postura do clero ante esta novidade. Comeza polo L: Nome do personaxe da obra A galiña azul que é un tolo moi cordo que inventa canóns que disparan caramelos e bombas da felicidade. Comeza polo M: Segundo apelido do autor. Comeza polo N: Nome do avisador alaricano que adornaba os acontecementos da vila en Os escuros soños de Clío. Contén o Ñ: Animal protagonista dunha obra infantil de Carlos Casares. Comeza polo O: Provincia galega na que naceu o autor. Comeza polo P: Árbore celta baixo a que naceu este autor. Contén o Q: Apelido do escritor mindoniense no que se basea Casares para recrear as características da literatura popular ( personaxes- animais) que aparecen na súa obra O can Rin e o lobo Crispín. Comeza polo R: Nome do intelectual de Láncara ao que considera o seu mestre Carlos Casares e a quen lle escribiu un ensaio. Comeza polo S: Lugar que visitaron Carlos e Kristina tras casar. Comeza polo T: Serie de contos publicada na década dos 90 que ten como protagonista a un neno de oito anos cun enxeño fóra do común. Comeza polo U: Así se coñecía anteriormente este país ao que asistiu Carlos Casares para impartir conferencias xunto con autores como Manuel Vázquez Montalbán. Comeza polo V: Nome do café ourensán no que Casares se reunía con outros escritores e artistas. Comeza polo X: Lugar onde se muda a vivir cando cumpre catro anos. Contén o Z: Apelido do intelectual que lle presentou a Vicente Risco a Carlos Casares. ( As respostas coas solucións aos pasatempos.)

Alumnos e alumnas de 3ºESO A- B

Page 26: Revista argalladas 2016/ 2017

Día do libro con Xoguetes para un tempo prohibido, Carlos Casares. O xoves 20 de abril, @s Argalleir@s das letras, fomos a Cáceres celebrar o día do libro. Saímos ás dúas e media en autobús dende As Pontes e fixemos dúas paradas en todo o camiño, unha preto de Ponferrada e outra preto de Zamora. Ás dez e media chegamos ao Hotel Extremadura, en Cáceres, no cal deixamos as nosas pertenzas.

Sobre as once fomos cear polo centro da cidade, uns mellor ca outros xa que non había moito tempo para facelo decentemente. Ás doce da noite chegamos ao hotel para descansar. Erguémonos ás oito e media para almorzar no hotel e logo subimos ao bus para dirixirnos a Mérida, onde puidemos visitar o teatro e anfiteatro romano, a ponte do río Guadiana, o templo de Diana e coñecer a súa historia grazas ás explicacións de Cristina. Ao acabar estas visitas, volvemos ao bus, o cal nos deixou en Trujillo para comer e probar a gastronomía típica de Extremadura. Ao redor das catro e media, demos un paseo polo centro desta vila e vimos estatuas e casas de conquistadores, tales como Magallanes ou Pizarro. Tras rematar esta agradable visita montamos no bus para regresar a Cáceres e poder cear tranquilamente na súa Praza Maior. Ás doce chegamos ao hotel onde nos relaxamos e descansamos. O sábado, logo de almorzar no hotel, subimos ao bus para dirixirnos ao Parque Natural de Monfragüe, no cal puidemos observar o fermoso río Texo, o castelo, o Salto do Gitano...

Rematada esta fantástica ruta, abandonamos este espléndido lugar para volver a Cáceres, coñecer a cidade e a súa historia e elixir o lugar no que realizariamos a actividade do Día do libro. Non imaxinabamos que houbese tanto ambiente en Cáceres, pero fomos xusto os días no que celebraban a famosa “Queima do dragón”. Chegaba a hora na que comezaba o día 23 de abril, día do libro, e as nosas profes non tiveron mellor idea que comezar a lectura de Xoguetes para un tempo prohibido, Carlos Casares ( obra elixida para a lectura continuada) xusto ás 00.00h. Aquí nos vedes a nós na Plazuela del Socorro (xusto detrás da Praza Maior) lendo mentres, todos os cacereños cantaban e bailaban. Foi unha experiencia moi positiva, xa que lles amosamos a todas as persoas o que une a lectura e como se pode gozar cunha “Noite alternativa do libro” dun xeito moi ameno.

Page 27: Revista argalladas 2016/ 2017

Comezamos a lectura continuada, seleccionamos a palabra, elaboramos o verso para o poema colectivo e gravámolo todo.

Ao redor das 04,30h rematamos a nosa actividade e volvemos cara ao hotel. Como imaxinades a noite do sábado ao domingo non puidemos descansar moito. Ás oito e media da mañá almorzamos por última vez no hotel e preparamos as maletas para regresar Ás Pontes. Nese traxecto detivémonos en Plasencia, onde fixemos unha pequena visita ao centro da vila e contemplamos a súa catedral, a cal para a nosa opinión, estaba mal restaurada. Finalmente seguimos viaxe e chegamos ao noso centro preto das 18.00h. Xa sabedes que esta é a primeira parte desta actividade do Día do libro, porque o duro comeza agora. Escribir o poema, pensar a ilustración, realizala... Pero como todos os anos, @s argalleir@s das letras podemos con todo.

EMERXENDO DUN SOÑO Pequenos xoguetes! Rosetón centrado! Miña irmá falaba nun submarino de soños impregnado de verdade. Inocentes recordos, difíciles de branquear na escura noite, vogaban nun mar de bágoas. Emerxe un pensamento cravado nunha ilusión desbordante de ledicia. Rememoraba lembranzas do pasado, almas conquistadas que non choraban, cantaban. Sensuais latexos de pomba acariciaban os labios das nubes, abrindo a porta dos triunfos nunha explosión de luz.

Era o último minuto e ninguén o dubidaba. Compañeiros fieis creaban unha linguaxe chea de sorrisos para comunicarse alén do horizonte en busca das grandes ilusións agochadas no ceo. Amigos leais falaban coa linguaxe dos sorrisos, murmurando palabras ocultas no corazón. Avistou terra e foi como música para os seus oídos, como un bálsamo para os nosos ollos, como un mañá luminoso en dirección ás grandes picardías ansiadas e desexadas.

Argalleir@s das letras, Cáceres 2017

Cando rematemos o traballo poderedes velo no noso blog. Ata o ano que vén.

Juan Bellas, en representación de tod@s @s argalleir@s das letras

Page 28: Revista argalladas 2016/ 2017

VIAXE A CÁCERES, DÍA DO LIBRO 2017 ( 2ª parte) Saímos das Pontes cun pouquiño de retraso porque a Manolo apeteceulle vir máis tarde da hora acordada. Igual era porque estabamos moi impacientes por marchar, pero os 5 minutos que tardou fixéronsenos eternos. A nosa primeira parada foi preto da fronteira de Galicia, en León. Mentres os “Kompis” estaban botando pulsos con Daniel González (gran cantante, mellor persoa), un vello, un tanto peculiar, achegouse a nós e “agasallounos” cunha serie de impertinencias, ás cales, Chelo, non permite que citemos textualmente. Tras outra parada en Zamora (onde nos atopamos con “moitísima xente”), chegamos a Cáceres sobre as 22:30. Esa noite, as antigas “Never Bris” foron cear ao Burger King, e a Carmela, ao pedir un menú infantil, regaláronlle unha Barbie, a cal foi subtraída sen que ela se decatase, polo que pensou que a perdera. Máis tarde, a boneca apareceu desmembrada no interior dunha botella con auga, terra e romeu. As declaracións posteriores revelaron como se desenvolveran os feitos! Por fin chegamos ao hotel. Segundo abrimos as portas das nosas habitacións, o noso “querido” veciño, saíu feito un basilisco queixándose do ruído, polo que, inmediatamente, se gañou a nosa simpatía. Ao día seguinte fomos ata Mérida, pero antes de comezar a visita o noso condutor deleitounos cunha “ruta panorámica” da cidade. Por fin chegamos ao anfiteatro e sacamos todos xuntos unha foto (menos Xan). A continuación visitamos o teatro, que está ao carón, onde tamén sacamos todos unha foto (menos Xan). Alí, a nosa antiga profesora Cristina deunos unha clase moi interesante sobre a historia e estilo artístico do anfiteatro.

Os “Kompis” fixeron novas amizades: uns portugueses, amantes do fútbol e do Boa Vista, aos cales, Xan cantoulles a famosa canción: “A Cabritinha” de Quim Barreiros. Á saída do teatro, atopámonos co noso “querido” veciño do hotel. Nós pensabamos que o suxeito mencionado anteriormente estaba enfadado porque ese día tiña que traballar, pero non era así. Máis tarde fomos a Trujillo e comemos alí. Unhas señoras moi agradables felicitaron aos “Kompis” polo seu comportamento na mesa. (Chelo, estaba que non cabía en si).

Carmen, Alba e Sheila recibiron unha lección de “Castur” (unha lingua que mesturaba o asturiano e o castelán) ao ser confundidas con xente de alá.

En Trujillo, utilizamos a aplicación Pokèmon Go! Para localizar os destinos culturais máis interesantes (ningún) e subimos ata o Castelo, onde divisamos unhas vistas preciosas. Fixemos despois unha parada nun bar e ao marchar un cliente berrou: “Viva Galicia!”, ao que contestamos: “Viva!”. Tamén nos preguntaron cousas como cando e onde era a feira do polbo e se levabamos percebes no peto.

Page 29: Revista argalladas 2016/ 2017

Despois da nosa visita á fermosa Trujillo volvemos a Cáceres e Chelo propuxo dar unha volta polo Cáceres Medieval, ao que, aproximadamente, o 95% pensaba: que se fora deitar! A nosa compañeira Carmen, prófuga da xustiza, por pouco non comete o delito de invasión de domicilio alleo, pero foi afortunada porque a socorreron as nenas de primeiro de ESO. A declaración posterior de Sheila, amiga da acusada, revelou que a intención de Carmen era visitar a un “rubiales” cunhas características físicas moi interesantes para elas. Na Praza Maior descubrimos que o día que iamos ler ía realizarse unha actividade na que os distintos colexios de Cáceres facían dragóns que logo queimarían, xusto a noite da nosa lectura. En fin, que todo Cáceres estaría de festa. O sábado levantámonos ás 8, como o resto dos días, para tomar o almorzo. Ao acabar dirixímonos ata o parque de Monfragüe. Camiñamos ata o mediodía e mentres iamos andando toda a xente que pasaba preguntábanos se eramos galegos. Subimos ao castelo, onde había unhas vistas impresionantes e facía moito vento. Ao baixar fomos andando ata o Salto do Xitano, pero antes de partir tivemos que esperar por Chelo, Cris, Candela e máis compañeiros, xa que en vez de baixar a montaña e seguir a Elena subiron por un camiño que sabe Deus a onde as levaría. ( Menos mal que hai teléfono móbil!)

Aquí nos tedes esperándoas!!!

Este día comemos en Cáceres. Pola tarde, algúns decidiron ir dar un paseo, mentres que outros quedaron repoñendo forzas para a lectura nocturna. Cando acabamos de cear dirixímonos á praza na que tiñamos pensado realizar a lectura, pero estaba ocupada polos festeiros, polo que tivemos que buscar outra. Na “Plazuela del Socorro” dispuxemos todo para a comezar a nosa actividade, acompañada, desta vez, pola comida e bebida que compraron os nosos compañeiros de 4ºESO, grazas á doazón das profes. A nosa lectura comezou ás 23:00. Estivemos acompañados da queima do dragón e do noso veciño chamando polo can, entre outros. Máis tarde, comezou a pasar xente en busca dun ovo, que se o encontrabas gañabas 200 euros. Aquí vai o texto que escribiu Candela, a nosa argalleira adoptiva, para ese día- noite. “ O día 23 pola noite fomos ler a unha praza. Foi un desastre porque había unha festa con queimas do dragón. A xente andaba a buscar un ovo... ou era unha galiña? Buscábano porque era San Jorge e quen o atopara levaría un premio. Álvaro atopou unha morea de libros no lixo. Fíxonos rir moito. Dicía que ía montar unha libraría con eles. A pesar de todo lemos todo o libro e pasámolo moi ben. “ Á metade da lectura, o noso compañeiro Álvaro divisou uns libros e, como bo rato de biblioteca que é, decidiu collelos para incorporalos á nosa biblioteca escolar, a sabendas de que podía ser denunciado polo seu dono. Que pillabán, o noso Álvaro! Por certo, eran libros de reumatoloxía moi ben ilustrados e redactados. Que ollo clínico ten o noso Álvaro! A verdade é que non o fixo por mal, senón por amor á lectura. É un temerario enfrontándose ás forzas da orde e do estado. Que pillabán, o noso Álvaro! Chegamos ao hotel ás 4:45 da mañá, grazas ao cabreo de Chelo e á paciencia de Elena, porque senón non rematabamos de ler nin ás 6. Ao día seguinte, almorzamos e saímos cara Ás Pontes. A nosa primeira parada foi en Plasencia, onde, mentres Cristina daba outra clase, a nosa vista quedou “deleitada” coa gran restauración que sufriu a catedral, porque iso de revestir un rosetón con mármore... Estaba moito mellor a casa do cura, onde algúns dos nosos compañeiros decidiron meterse no seu garaxe. Paramos outra vez na fermosa Zamora. Xantamos alí e seguimos coa nosa v iaxe amenizada polos grandes cantantes, Daniel González e Álvaro Seoane. Chegando Ás Pontes decatámonos de que había moito fume e soubemos do incendio que se estaba producindo preto da v ila. Finalmente, chegamos sobre as sete moi cansos e con ganas de ir para a cama.

Álvaro G., Aarón, Alicia, Carmen, Laura B. e Sofía, 3ºESO

Page 30: Revista argalladas 2016/ 2017

XORNADA DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS. CARLOS CASARES O sábado 6 de maio celebrouse en Ourense unha xornada dedicada a Carlos Casares, autor homenaxeado este ano no día das Letras Galegas, na cal se deron conferencias sobre o autor. Nesta xornada do día das Letras Galegas, organizada pola Secretaría xeral de Política Lingüística, o CAFI, a Xunta de Galicia, entre outros, reuníronse profesores e profesoras de todas as provincias galegas, onde explicaron as actividades que levaban a cabo nos seus centros para conmemorar as obras e a vida do autor, ademais de promover o uso do galego. E como non, aí estabamos nós! Chelo, a nosa profe de galego, tivo que elixir a tres alumnos para que foran con ela e representaran ao centro nesa xornada, xa que como di ela:`` quen mellor que vós para contar as vosas experiencias nas actividades que fixestes´´. Cada un de nós era o encargado de explicar unha parte : Xan, ocupábase dos audiolibros de Carlos Casares, dicindo como se levaron a cabo as gravacións, co que fixo rir ao público. Borja era o encargado de explicar o debuxo do noso poema e eu, Leticia, de contar a nosa lectura en Cáceres de Xoguetes para un tempo prohibido e tamén da composición do poema. Nós fomos uns dos últimos en falar e a xente xa se empezaba a cansar de estar toda a mañá e a tarde alí, pero, cando chegamos e comezamos a falar, as caras cambiáronlles e ao rematar ata recibimos parabéns polo ben que falabamos o galego (sendo da Coruña), xa que moitos na súa quenda poñíano en dúbida. Tamén nos chamou a atención que algún centro empregara algún audiolibro noso nas súas actividades, feito que nos gustou e que agradecemos. Aínda que cada un dedicara o día en Ourense a moitas cousas, para nós foi unha experiencia nova na que aprendemos pequenas cousas que nos servirán para o futuro. Ao chegar a Ourense, Leticia, Xan, Chelo e eu fomos ao restaurante Casa María Andrea, onde, a pesar dun mal servizo, comemos moi ben e puidemos chegar “polos pelos” ao Liceo, lugar onde se realizaban as xornadas. Aprendemos bastante, pero non de Carlos Casares, senón da personalidade dos mestres e da súa forma de traballar. Durante as conferencias escoitabamos algúns “descualificativos” con respecto aos alumnos coruñeses porque non falaban galego. As diferentes exposicións dos mestres excedéronse do tempo, por exemplo a mestra que ía diante de nós que falou máis dunha hora... Cando chegou a nosa quenda, Chelo deixou ben claro que iamos ser breves e, sobre todo, que eramos alumnos coruñeses que sabiamos e falabamos o galego perfectamente. Sentimos que os mestres nos fixeron caso, que se divertiron e que a nosa exposición resultoulle amena. Unha experiencia moi gratificadora.

Leticia Carballeira, Borja Pita e Xan, 4ºESO

Page 31: Revista argalladas 2016/ 2017

O MES DE FEBREIRO No mes de febreiro fixemos unha sorpresa para todos e todas os alumnos e alumnas do IES Castro da Uz. T ratábase dunha actividade na que podíamos participar todas as persoas que queriamos e consistía en realizar unhas rosas doces, feitas con linguas de cores, rosas e verdes. Axudounos Montse, unha profesora do centro que sabía como facer estas rosas para que quedaran perfectas. Se un de nós non sabía como elaborala, Montse estaba alí para axudarnos as veces que fixera falta. Moitas veces os alumnos e alumnas equivocabámonos e tiñamos que desfacela para volver comezar. Unha e outra vez, pero non nos desanimabamos... e continuabamos moi emocionados co noso traballo.

O material co que estaba feito esta rosa, desaparecía deseguido, xa que moitos estudantes decidían ir á biblioteca, onde se gardaba todo o material, a “degustar” unha e outra vez o alimento que permanecía “apartado” de nós e que servía para facer as flores. (Cantas veces tivo que ir Montse comprar máis material!!!) Estas rosas estaban feitas para regalar nos días de febreiro e así amosarlles o noso cariño a todos e todas.

Logo de facelas tocaba presentalas e tivemos que pensar como facelo, menos mal que Montse volveu facer a compra e ensinarnos. Antes de recibilas, uns días antes, había que reservalas cubrindo unha tarxeta co nome da persoa elixida e indicar o desexo que queriamos compartir. T iñamos que cumprimentar: PARA e no envés: QUERO COMPARTIR.

A todos nos gustou este regalo, xa que foi o primeiro ano

que se realizou e pasámolo moi ben. Pero este mes non rematou aí, xa que é moito o que nos queremos todos e todas os que estamos no IES CASTRO DA UZ, por iso decidimos facer uns corazóns co nome de todo o alumnado que estamos aquí ( a algúns escapáronselle certos nomes ( EFI!!!!) e colocalos nun panel da entrada do centro.

Jessica, Aldara, Xoel e Nuno, 2ºESO

Page 32: Revista argalladas 2016/ 2017

ARGALLEIRANDO, O NOVO XOGO: Neste curso, os alumnos e alumnas de 3º da ESO acordamos coas nosas titoras o xeito de aproveitar as horas de titoría. Así decidimos elaborar un xogo de preguntas e pedirlles colaboración aos alumnos e alumnas do ciclo de Informática para que nos axudasen a achegárllelo a todos e a todas. Para facer as preguntas dividímonos en 6 grupos, pensamos nos temas que tratariamos e elixímolos: Lingua e Literatura, Cine e Televisión, Música, Xeografía e Historia, Natureza e Deportes. Antes de Nadal tiñamos que ter entregado a primeira parte do traballo: cincuenta preguntas para cada bloque. Estas preguntas seguen a estrutura de moitos xogos coñecidos por todos e todas nós, é dicir: unha pregunta e tres posibles respostas, das que só unha é a correcta. Así rematamos ( non sen enfadar as titoras, porque algún grupo retrasouse máis da conta) a primeira parte. Era o momento das correccións e todos os grupos tivemos que reformular preguntas, asegurarnos ben das respostas, evitar ambigüidades... En fin, que non foi un traballo doado, xa que nos levou moito tempo modificalas grazas á revisión dos “nosos queridos profes” ( Santiago, Marina L., Elena, Flora, Montse, MªJosé e Consuelo). De volta de Nadal xa todos e todas tiñamos asignado o novo bloque, porque había que ir rotando os temas. Se antes traballamos no apartado de música, agora sería outro grupo o que o faría e así con todos os restantes. Conseguimos, non sen antes ter que volver redactar moitas preguntas e enfadar de novo ás titoras pola nosa tardanza, o noso obxectivo: contar con 100 preguntas, pensadas e redactadas por nós, para cada un dos seis bloques. Á vez que nós faciamos as preguntas, o alumnado de 2ºSMR comezou a programar o xogo, facendo un duro traballo. Os momentos compartidos entre os autores e autoras da parte teórica e os da parte práctica foron divertidos e algo tristes, porque eles preguntábannos como queriamos que fose a parte “estética” e cales serían as características do xogo e nós diciámosllelo. Queremos que sexa como un “trivial”, que aparezan as preguntas que vas fallando, que cando vaias superando as quendas do xogo vaias conseguindo unha especie de icona (para iso debuxamos o logo do xogo coas imaxes que representan cada un dos seis bloques) e poidas conseguir as seis e así gañar a partida. Queremos retar a outros xogadores, queremos, queremos... Si, nós queriamos, pero eles, xunto con Fernando, sempre nos dicían : “ Non esquezades que estamos comprando en IKEA, non nun ebanista” . Tardamos en saber o significado desta frase, pero ao final démonos conta cando nos explicaron que o xogo estaban facéndoo nunha plataforma gratuíta e que había que cinguirse ao que había. Pois que saibades que estamos contentos e contentas do traballo que realizaron os alumnas e alumnas de 2ªSMR porque o xogo quedou moi ben. Agora só queda o máis importante: QUE VOS ANIMEDES A XOGAR CON NÓS! Para xogar desde a web: http://www.castrodauz.gal/argalleirando Pero se tedes un móbil Android podedes descargar a App desde www.castrodauz.gal Carmela, Álvaro e Aarón, 3ºESO

Agora deixámosvos coas palabras de Lucía, que vos informará de como foron argallando este xogo. Primeiro repartímonos as tarefas que había que realizar entre os alumnos e alumnas de 2º de Sistemas Microinformáticos e redes. Un alumno preparou o hardware e software co que realizamos a páxina web; outra alumna preparou os textos que se mostraban inicialmente na web para darlles unha idea de como quedarían aos alumnos e alumnas de 3º da ESO, outra compañeira foi elixida portavoz entre ese alumnado e nós, para ir preguntándolles como querían unha cousa ou outra. Outra alumna encargábase do deseño e toda a parte de desenvolvemento, para poñer o xogo en marcha. E, por último, un alumno

Page 33: Revista argalladas 2016/ 2017

tiña que converter a web realizada en apk para poder xogar no móbil. Todo isto coa axuda e supervisión do profesor de Aplicacións Web. Cando comezamos, debido a ser un xogo desenvolto con software gratuíto, tivemos que traducir todo o contido de inglés a galego. Unha vez introducidas as preguntas e as respostas elaboradas polos alumnos e alumnas de 3º da ESO comezamos a facer modificacións máis profundas, como cambiar o tempo para responder as preguntas, cantas respostas hai que acertar para pasar o xogo, etc. O xogo tamén conta dunha pequena lista coas mellores puntuacións para os usuarios rexistrados. Unha vez finalizado o traballo, subímolo ao dominio do instituto, nun apartado chamado “argalleirando”, sendo a dirección completa: “www.castrodauz.gal/argalleirando”. Para finalmente convertelo nunha app para Android. (www.castrodauz.gal) Para rematar deseñei a web, “ www.castrodauz.gal”, para facer visibles todos os proxectos de todo o alumnado do IES Castro da Uz, que por agora arrinca con proxectos de Sistemas Microinformáticos e Redes e actividade coordinadas dende o grupo de biblioteca, pero que está aberto a todos os niveis educativos do centro. É accesible desde calquera tipo de dispositivo: ordenador, móbil, tablet... Lembro que neste inicio presenta os deseños de páxinas web realizados polo alumnado de SMR desta promoción, e doutras anteriores, e acceso a todo o traballo desenvolto polo equipo da Biblioteca: blog, audiolibros, etc. Esperamos que a web creza e vaia amosando todo o traballo que realizan os alumnos e alumnas do centro. Por último, informámosvos que o martes, representantes dos autores e autoras deste xogo, tivemos unha entrevista con Cristina Arias ( xornalista de El Progreso) que asistiu ao centro para cubrir a noticia deste novo xogo que ideamos estes alumnos e alumnas do IES CASTRO DA UZ para que todos e todas poidades gozar aprendendo na nosa lingua. Pronto leremos esta nova nas súas páxinas.

Aquí vedes as imaxes dos representantes presentando o xogo e a foto con todos e todas os que participamos nesta aventura. Agora só toca darlle vida ao xogo!

Lucía Guizán, 2SMR

Page 34: Revista argalladas 2016/ 2017

OPINIÓNS SUPRESIÓN DO BAC NO IES CASTRO DA UZ A supresión do bacharelato no IES Castro da uz trouxo consigo numerosas manifestacións e protestas por parte dos afectados, o alumnado do centro e os seus pais. De ser suspendido, os alumnos e alumnas, que agora cursan 4ºESO neste centro, terán que cursar o bacharelato no centro do lado, o IES Moncho Valcarce, no que se asegura que xa hai “ masificación nas aulas”, polo que os estudantes que teñan que matricularse neste aínda aumentarían máis o número de alumnado por clase e non se sentirían cómodos no novo centro. Nós pensamos que se suprimen o BAC neste centro tamén acabarán por suprimir a ESO, xa que os novos estudantes preferirían estudar dende un comezo nun instituto no que tamén poderán cursar o bacharelato. Dado que hai institutos nos que permiten o bacharelato con só cinco persoas matriculadas, pídese que se poida seguir cursando esta etapa educativa neste centro, xa que somos 20 os alumnos e alumnas matriculados. Como xa comentei, nós, os afectados, fixemos numerosas manifestacións, reunindo unha gran multitude tanto na nosa vila, As Pontes de García Rodríguez, como na Coruña. Pese a que non nos escoitaron, nós non deixaremos de intentar que non supriman o BAC no noso centro.

Felipe Martínez, 4ºESO

O PECHE DO BACHARELATO NO IES CASTRO DA UZ A principios do segundo trimestre, os profesores do noso centro, IES Castro da Uz, aclaráronnos unha dúbida coa que levabamos na nosa cabeza dende comezos de curso. A noticia era que a Xunta de Galicia decidira, sen argumentos sólidos, pechar a etapa educativa de bacharelato no noso centro. Esta noticia impactounos e sorprendeunos á maioría do alumnado, xa que sabiamos que o ano pasado impartirase un curso de bacharelato cun número menor de alumnos que os que somos na nosa clase. Este argumento foi un dos que levamos a unha das reunións que tivemos cos representantes da Xunta de Galicia, e estes respondéronnos argumentando con datos incomprensibles e ata certo punto irreais. Ao coñecer esta inxusta decisión, os profesores e o alumnado do curso prexudicado decidiron xuntarse para loitar contra esta inxustiza e pola calidade do ensino público na nosa vila. O equipo directivo púxose en contacto con algúns xornais da zona para darlles a coñecer ás persoas o terrible caso que está a sufrir o noso centro. Tamén se organizaron varias concentracións diante do concello da vila para amosar o noso malestar. O alcalde das Pontes axudounos dende o comezo. Convocamos unha folga para que nos apoiasen todos os centros educativos da vila e organizamos unha manifestación diante da Consellería de Educación na Coruña co fin de conseguir unha reunión cos máximos representantes desta. Logo da reunión mantida entre as partes afectadas, os representantes do noso centro saíron indignados, xa que denegaron, unha vez máis sen argumentos razoables, a nosa petición para manter o bacharelato no centro. Finalmente conseguirán o que queren, pero que saiban que quen sae prexudicado de toda esta situación é o ensino público das Pontes.

Andrés Varela, 4ºESO

O PECHE DO BACHARELATO NO IES CAST RO DA UZ A Xunta de Galicia, e máis concretamente a Consellaría de Educación, díxonos, nun principio, que tiñamos que ter un mínimo de alumnos e alumnas para manter o bacharelato, máis tarde decidiron que ían pechalo. Eu considero esta decisión incomprensible. Hai uns anos houbo un bacharelato no centro con quince persoas e nós somos dezasete. Agora deciden non deixarnos matricular nesta etapa educativa. Por que? Noutras vilas conviven dous institutos na mesma localidade: un de ESO E BAC; e outro con ESO, BAC, CICLOS E ENSINANZA DE ADULTOS, como ocorre aquí, e ningún pecha. Por que aquí si? Hai centros que teñen un menor número de alumnos e alumnas dos que temos nós e poden facer o bacharelato. Por que nós non? Paréceme inxusto. Eu non comprendo como a Xunta prohibe matricularse en BAC no noso centro, cando o ano pasado no selectivo quedou de número tres da provincia da Coruña, e a nivel de Galicia no número dezasete, tendo en conta a porcentaxe de aprobados nestas probas. Tamén vexo mal que os responsables da Xunta non dean argumentos razoables para o peche, que acheguen datos non moi fiables e que nunha reunión faltasen ao respecto ás persoas das Pontes.

Page 35: Revista argalladas 2016/ 2017

En conclusión, eu non vexo ningún argumento razoable para suprimir o BAC no IES Castro da Uz. Non comparto en absoluto a decisión que tomaron, e o peor é que non nos dean razóns que xustifiquen este acto.

Yago Otero, 4ºESO

Fai uns meses no meu centro empezamos a preparar o curso seguinte, 1º de Bacharelato. Os meus compañeiros e eu eleximos as optativas que queriamos cursar. Cando xa tiñamos todo listo chegou o director, a xefa de estudos e o vicedirector para comunicarnos que a Xunta decidira non ofertar bacharelato no IES Castro da Uz. O grupo directivo reuniuse coa inspectora para que lles comunic ara o que estaba a pasar, esta díxolles que non había suficiente alumnado para cursar esta etapa educativa. A decisión da Consellería de Educación era cerrar o bacharelato no IES Castro da Uz e que todos os alumnos das Pontes e arredor estuden no IES Moncho Valcarce. O ano que vén, en 1ºBAC, imos ser 80 alumnos no novo centro. Isto é un atraso para a nosa educación: non poder elixir o centro onde queremos estudar e, o peor de todo, a saturación que vamos ter nas clases e a falta de atención dos profesores cara a nós, o alumnado. O retraso na educación vai prexudicar a poboación en xeral e disto tería que darse conta a Xunta, porque se empezamos con isto, que será o seguinte? Esta situación temos que parala porque nos prexudica a todos, temos dereito a unha educación pública de calidade que nos permita ter un futuro mellor asegurado.

Andrea Bellas, 4ºESO

OS CANS PERIGOSOS Nestes últimos días chegan a todas as urxencias do país moitos casos de persoas ( tanto nenos como adultos) con feridas graves producidas por mordeduras de cans de razas denominadas perigosas. Estes cans son utilizados en moitos casos para pelexas nas que a xente aposta porque un fira a outro ou incluso se maten. Os donos destes cans danlle hormonas e fomentan a violencia nos seus adestramentos, convertendo os pobres cans en monstros. A xente que desexe ter un can destas razas precisa informarse antes e coñecer como ten que ser a súa aprendizaxe e os seus coidados, xa que son por natureza agresivos. Isto é algo do que hai que concienciarse dende un principio.Tamén teñen que saber que non se pode maltratalos, aínda que non se comporten ben, porque a culpa non é do animal senón de quen o ensinou. Nas canceiras deberían tomar máis precaucións ao chegar a elas estas razas e non tratalas coma outros animais calquera, sobre todo se sufriron maltrato ou abandono. Por exemplo, unha veterinaria galega atendeu hai uns días a un rottweiler acabado de chegar á canceira, e o can produciulle graves feridas que a mantiveron ingresada varias semanas. Por iso quero insistir en que estes cans son perigosos, pero se teñen unha educación adecuada poden ser tan bos coma calquera outro animal. Somos nós, as persoas, os que os convertemos en perigosos.

Leticia Carballeira, 4ºESO

CAMBIO CLIMÁTICO O noso planeta actualmente é unha fráxil entidade. Debido á actividade humana, a Terra está chegando a un punto crítico, xa que por culpa nosa unha grande parte dos ecosistemas desaparecerán e o clima cambiará para sempre. Nos últimos anos os científicos rexistraron os anos máis calorosos da historia e a temperatura segue en aumento. Esta situación comezou na Revolución Industrial, por culpa do consumo de carbón e despois do petróleo, que representaron unha revolución para a evolución tecnolóxica humana, pero tamén supuxo o comezo dos problemas medioambientais actuais. Grazas ás novas tecnoloxías conseguimos atopar novas fontes de recursos enerxéticos ( como a enerxía solar, a eólica ou a combustión de hidróxeno, que só produce auga na súa combustión) e grazas aos novos avances na tecnoloxía xenética poderemos recrear especies extintas por culpa do cambio climático e recuperar a biodiversidade perdida, salvar os ecosistemas e solucionar a situación actual que nós causamos.

Borja López, 4ºESO

SIRIA E RUSIA ACUSADOS DA MATANZA DE CIVÍS CUN BOMBARDEO QUÍMICO Siria e Rusia volveron eclipsar todas as portadas dos xornais polo último atentado, do que os acusan os diferentes medios, realizado con armas químicas.

Page 36: Revista argalladas 2016/ 2017

Este atentando provocou ao redor dun centenar de mortos ( entre eles moitos nenos e mulleres) e un gran número de feridos. As imaxes recollidas demostran a gravidade e a matanza que protagonizou o exército ruso e sirio, liderados polo presidente ruso Vladimir Putin. O feito de matar e causar dor, entre un número tan grande persoas, con armas prohibidas demostra como é de verdade o líder ruso e o que é capaz de facer con tal de demostrar ao mundo o seu poder. Por outra parte sorprende que a UE e as Nacións Unidas non tomaran cartas no asunto en contra de Rusia. Tamén sorprende que o líder dunha as maiores potencias mundiais como é Estados Unidos mostrase o seu apoio a Rusia e ao seu presidente.

Antonio Fraguío, 4ºESO

AS ESPECIES EXTINTAS Nos últimos 250 anos ao redor dunha decena de especies desapareceron por culpa do ser humano. Isto aconteceu en todo o mundo ( China, Estados Unidos, Australia, España...). Estas especies extinguíronse por moitos motivos: a caza masiva, como aconteceu coa pomba viaxeira, que en trinta anos acabamos cos 136 millóns de exemplares existentes. O quecemento global que afectou o sapo dourado de Costa Rica. Como estas especies hai moitas máis que corren o mesmo perigo. Deberiamos facer algo para frear a desaparición destas especies, pois non teñen prezo. Sería moi fácil frear a caza masiva de animais, a pesar de que isto non se fai. Por outra parte, o quecemento global é máis difíci l de frear, xa que se leva intentando durante anos, pero en vez de diminuír segue aumentando. Desgraciadamente mentres non se atope unha solución axeitada, as especies seguirán desaparecendo irremediablemente.

Lois Pita, 4ºESO

A VIOLENCIA DE XÉNERO Na actualidade, o número de mortes subiu moitísimo, ben sexa por accidentes ou por enfermidades, pero hai un tema que nos preocupa a moitas persoas, a morte de mulleres que morren por mal trato. Para reducir esta cifra de mulleres maltratadas deberiamos tomar unha serie de medidas coa intención de que nun futuro poidamos mellorar e superar este grave problema. A presenza de actividades dende o ensino axudaría a concienciar e a informar os máis pequenos e pequenas do que viven moitas mulleres nas súas casas. Crear centros especiais para axudar a estas persoas coa asesoría dun psicólogo para que as escoite e lles indique a saída a este grave problema. Moitas son as situacións que levan a falar de mulleres maltratadas. Unha delas é a cuestión económica, xa que esta provoca descontento e nerviosismo nas persoas que sempre acaban pagándoo coa muller. A existencia de fillos e fillas na parella tamén é un factor a ter en conta. Cantas mulleres aturaron ou seguen aturando polos seus fillos situacións degradantes? En definitiva, é moi difícil solucionar este grave problema, pero, se cada persoa pon o seu gran de area e está ao lado desa muller para que non se sinta soa e para indicarlle que hai outra vida, estaremos conseguindo acabar con este problema.

Silvia Balseiro, 4ºESO

DEPORTES Despois de anos e anos vendo os deportes na canle da televisión “Cuatro”, cada vez vexo máis e máis fútbol. Dos quince minutos que dedican a informar sobre as cualificacións e as novidades en todos os deportes, trece minutos dedícanos a falar deste deporte e de todo o relacionado cos equipos máis seguidos ou menos coñecidos, pero de fútbol. Que pasa co resto? Hai moita variedade de deportes: de alto risco (como moto GP ou Fórmula1) e outros máis tranquilos (como o golf ou tiro con arco, natación, ximnasia, tenis...) Cada día hai novidades de todos estes deportes, e de moitos outros, dos que os afeccionados a eles non poden saber nada xa que non hai información, porque todo o tempo o ocupan as noticias do fútbol, como se este fose o máis importante, cousa que non é así. Non todas as persoas ven ou xogan ao fútbol, e a moitísimas nin lles gusta. É verdade que o fútbol ten moitos seguidores e move moitos cartos. Os afeccionados percorren quilómetros para vivir a emoción do partido no campo no que xoga o seu equipo; pero hai outras persoas que tamén o fan cos deportes “ minoritarios” para os medios de comunicación, persoas que se moven cos

Page 37: Revista argalladas 2016/ 2017

seus pilotos, ximnastas, tiradores.... e cando non o poden facer gustaríalles que a televisión, a radio, a prensa dera noticia actualizada das competicións de todos os deportes por igual.

Lidia Mirad, 4ºESO

A DESIGUALDADE ENTRE O FÚTBOL MASCULINO E FEMINO A día de hoxe, no mundo actual, seguimos vendo as enormes desigualdades que sofre o fútbol femin ino en comparación co masculino, que non son poucas. Parece mentira que nun mundo tan moderno e desenvolto como o noso non saibamos apreciar un deporte tan emocionante como é o fútbol feminino, e que as persoas sigan pensando que as mulleres coma min non valemos para xogar a este deporte. Pouco a pouco imos avanzando, como amosa o compromiso de equipos grandes como o Real Club Deportivo por confiar nas mulleres e facer equipos femininos que compiten en 2ªdivisión ou mesmo facéndolles dous contratos profesionais ( que nin Vero Boquete o tivo ata que marchou de España) a dúas xogadoras galegas de tan só 17 e 18 anos. Estes xestos, como o do Deportivo, son os que pouco a pouco conciencian a xente para ver e animarse a gozar do fútbol feminino. Antes de finalizar gustaríame deixar esta reflexión, como persoa afectada directamente. Sigo sen entender que diferenza hai entre o fútbol feminino e o masculino, por que...? Non adestramos as mesmas horas? Non xogamos os mesmos minutos? Non nos rexemos coas mesmas regras? Entón, por que o fútbol feminino non permite que as xogadoras poidan gañar un soldo digno como o fan os homes?

Andrea Montero, 4ºESO

SEMELLANZA ENTRE A ANTIGA POLÍTICA E A ACTUAL Esta semellanza atopámola a diferentes niveis, tanto racional, como europeo ou mundial. A nivel nacional, no noso país, encontramos a emerxencia do partido político Unidos Podemos, fundado en Xaneiro do 2014 a partir das revoltas do 15-M. Este partido quitou gran cantidade de votos aos partido tradicionais. A nivel europeo, podemos falar tanto da candidata do partido francés do Frente Nacional, Marine Le Pen, como do Brexit, a saída do Reino Unido da Unión Europea. O primeiro caso foi unha gran sorpresa, xa que sorprendeu a subida deste partido. O segundo caso produciu grandes problemas económicos á UE, e doutro tipo, xa que pode chegarse a construír unha especie de barreira entre os implicados porque Irlanda do Norte, Escocia e Gibraltar apoiaban a permanecia. A nivel mundial encontramos unha figura que sorprendeu ao mundo, o seu nome é Donald Trump. Este home gañou unhas eleccións a pesar dos seus comentarios homófobos, xenófobos e machistas. Esta situación de emerxencia de novos partidos políticos sucede no século XX en Europa a partires da crise da posguerra, onde moita xente non estaba contenta cos partidos tradicionais e a poboación decidiu votar os novos partidos de extrema dereita que presentaban ideas básicas e fáciles de interpretar.

Pablo Martínez, 4ºESO

A INMIGRACIÓN A inmigración é un dos temas máis utilizados nas conversas de actualidade política. Realmente, debe permitirse unha inmigración desmesurada ou controlada, ou mesmo impedila? Este é un dilema que claramente ocupa as nosas mentes. Na miña opinión deberíase controlala de maneira que non se saturara o sistema español nin europeo. Pero, por que xorden as diferentes opinións sobre este tema? En primeiro lugar, os que son partidarios de prohibir a inmigración, case por completo, son as persoas xeralmente de ideoloxía xenófoba ou racista que culpan os estranxeiros dos problemas da súa nación. Este pensamento está conquistando a grandes masas de persoas e explica o aumento de apoio desmesurado que reciben candidatos como Donald Trump ( presidente de EE.UU) ou Le Pen ( candidata ás eleccións de Francia). A continuación, os partidarios de permitir unha inmigración desmesurada. Unha inmigración sen control, nin límites sería catastrófica para países que reciben moita inmigración ( España estaría entre eles), posto que se daría unha sobre poboación que saturaría o sistema. A clave é a moderación, sen chegar a prohibir a inmigración. Establecer un filtro que evite que os países desenvoltos, fronteirizos con países do Terceiro Mundo sofran oleadas masivas de inmigrantes que suporían un gran problema.

Álvaro Seone, 4ºESO

Page 38: Revista argalladas 2016/ 2017

DENUNCIA AO INTERMEDIO No penúltimo programa do Intermedio ( programa de La Sexta) o presentador Dani Mateo realizou unha crítica, a modo de humor, sobre o Valle de los Caídos e, como consecuencia, unha asociación defensora deste lugar interpuxo unha denuncia, á cal o xuíz admitiu a trámite. Na miña opinión, penso que é ridículo que un xuíz admita a trámite unha denuncia deste calibre. Un dos argumentos que empregou esta asociación ( franquista e fascista), foi que o presentador Dani Mateo faltou ao respecto á relixión. Se analizamos o vídeo de forma detalladada, podemos ver que o presentador en ningún momento ridiculiza a relixión, senón á simboloxía que ten o Valle de los Caídos, facendo referencia a que como símbolo que representa a ditadura (din dos peores ditadores da historia) non pode seguir presente na sociedade actual. Eu penso que a existencia deste tipo de persoas, persoas que ridiculizan estes símbolos e os critiquen, son dignos da miña admiración, pois paréceme indignante que existan persoas na actualidade que defendan a ideoloxía franquista, e, por riba, que un xuíz leve a trámite a denuncia por parte dunha asociación que en teoría critica os dereitos dos españois, o que nos fai pensar se este xuíz ten a suficiente profesionalidade como para desempeñar o seu traballo.

Francisco Castro, 4ºESO

ANIME O anime é un xénero de series en Xapón e no resto do mundo, tamén. Existen moitos xéneros de Anime e Manga, que é un xénero da novela xaponesa. Van dende o terror, a pelexas, policíacas, ata o amor máis puro, a comedia, etc... Existe unha crenza xeral de que o anime é só para nenos pequenos e se o ve alguén máis maior táchano de infantil, cando pode ser moito máis adulto ca estas persoas que opinan así. A gran maioría non se dá conta de que as persoas que len manga ou ven anime é para evadirse da realidade por diversos motivos. As persoas que ven anime e manga chámanse Otakus e a maior parte son xente entre os 15 e 30 anos. Moita xente opina que é unha perda de tempo, a pesar de que a moita xente axudouna a seguir adiante. Eu penso que non deberían encasillar á xente por ver anime e que os intenten axudar e que non os traten de maneira distinta a como tratarían ao resto de persoas. Para rematar, se alguén pensa que o anime é para nenos pequenos invítoo a ver Another. Sei que non tardaría nada en cambiar de opinión, pero se despois de velo segue pensando o mesmo, deixarei de velo e admitirei que é para nenos pequenos, aínda que sei que nunca vai pasar.

Daniel González, 4ºESO

A FALTA DE PATROCINIOS NO PIRAGÜISMO ESPAÑOL O piragüismo en España é un deporte minoritario e cun moi poucas axudas. En Galicia practícase moito dende nenos de seis anos ata persoas de setenta. Nas regatas provinciais hai unha media de setecentos nenos, polo que non entendo que o consideren un deporte minoritario, xa que nun campionato de España hai uns 10.000 palistas, dos cales 6.000 ou 7.000 son galegos ou asturianos. En Galicia hai uns douscentos palistas de elite, dos cales só cinco conseguen unha axuda ou unha paga para adestrar os catro anos antes dunha olimpíada. As bolsas que conseguen son mínimas e, para iso, os deportistas que as conseguiron tiveron que gañar dous ou tres veces unhas olimpíadas como fixeron: Saúl Craviotto, David Cal, Teresa Perales. Este ano Saúl Cravioto e Cristian Toro (gañadores do K2 1000 nos últimos xogos olímpicos) conseguiron 90.000 euros por gañalos. Saúl Cravioto, ao ter axudas, gastou 15.000 euros o ano antes de ir as olimpíadas e Cristian Toro, sen axudas, gastou 30.000 euros o ano anterior ás olimpíadas. Por todo isto, a xente ou o goberno debería dar un diñero para repartir entre os piraguistas de elite. Nunhas olimpiadas teñen que levar dous ou tres barcos, que custan 4000 euros cada un; custearse todos os desprazamentos de catro anos, adestrar un mes en Sevilla, outro en Madrid..., pagar a residencia neses sitios, comprar a roupa de adestramento, as palas que costan 500 euros cada unha... O piraguismo é un deporte moi custoso, polo que se debería apoiar máis economicamente xa que é uns dos deportes que máis medallas aporta nunhas olimpiadas.

Manuel Alén, 4ºESO

Page 39: Revista argalladas 2016/ 2017

PARLAMENTO XOVE Este ano o EDLG do IES Castro da Uz tentou organizar una actividade de debate co alumnado de 3º e 4º de ESO, a participación no concurso “Parlamento xove”. Estas actividades teñen como fío común debater acerca dun tema formulado pola organización, entre as que se inclúen a elaboración dunha memoria de investigación do tema tratado e debates dialécticos. Pode participar o alumnado de 3º e 4º de ESO de calquera centro de ensino de Galicia. No mes de novembro comezamos a traballar, primeiro fixemos a selección do alumnado que se presentou de xeito voluntario, debemos ter en conta que só pode participar un equipo formado por 4 alumnos. Unha vez feita a selección, inscribimos o equipo. No mes de decembro a organización publicou o tema de debate para este curso: En España a idade para mercar alcohol é 18 anos. Variar este límite influiría nos hábitos de consumo de alcohol entre a xuventude? Os alumnos e alumnas tiñan que empezar a buscar información sobre o tema para poder preparar tres argumentos a favor e en contra do tema proposto. No torneo, o equipo terá que facer tres debates e pode ter que defender unha postura a favor ou en contra, que se decidirá por sorteo. No mes de febreiro tiveron lugar unhas xornadas de formación en Vilalba, onde os alumnos coñeceron a outro equipo participante, e aprenderon as nocións principais acerca de como desenvolver un debate. Aínda quedaba moito traballo por facer: análise da pregunta, buscar un exordio para cada unha das posturas, preparar argumentos a favor e en contra... Foron moitas horas de busca de información, posta en común, achegamento de posturas entre os membros do equipo, e por iso pensamos que é importante que este traballo saia á luz, xa que finalmente o equipo non participou no torneo. Velaquí o froito desas tardes de traballo. Animámosvos a considerar a importancia dos debates e da competencia da expresión oral tanto para a etapa de estudantes como para, nun futuro, a vida profesional. Temos que ser conscientes do poder da palabra e da autoridade que outorga ter argumentos sólidos para defender unha postura. En primeiro lugar, o equipo fixo una análise da pregunta para despois desenvolver tres argumentos a favor e tres en contra da pregunta formulada para o debate.: Análise da pregunta: “En España a idade legal para mercar alcohol é 18 anos. Variar este límite influiría nos hábitos de consumo de alcohol na xuventude?” SEGUNDO A RAG: Hábito: Aquilo que adoita a facerse de maneira repetida Consumo: Gasto que se fai dos produtos de calquera tipo que se compran e se venden como mercadorías. O hábito de consumo de alcohol incrementa o risco de provocar unha ampla variedade de problemas sociais, por tanto é considerado pola OMS como un hábito nocivo para a saúde humana. Segundo esta organización, a xuventude é a etapa da vida que vai dos 10 aos 24 anos, aínda que sexa o período entre 14 e 18 anos o máis vulnerable á hora de iniciarse no consumo de alcohol. En España, a media de idade no inicio do consumo de alcohol está nos 13,5 anos. Na preparación do debate da exposición a favor de variar o límite da idade legal para mercar alcohol o traballo foi o seguinte: EXORDIO: PROPOSTA http://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2016/11/04/nina-12-anos-murio-coma-etilico-habia-llevada-estado-ebrio-casa-policia/00031478258625512990921.htm

Page 40: Revista argalladas 2016/ 2017

E os argumentos para defender a postura a favor, é dicir que o feito de modificar este límite influirá nos hábitos de consumo entre a xuventude son: Nós defendemos que o feito de modificar este límite variará os hábitos de consumo de alcohol na xuventude polos seguintes argumentos: ARGUMENTO 1: INTERACCIÓN ENTRE AS NORMAS QUE REGULAN A CONVIVENCIA NA SOCIEDADE Por unha parte non negamos a influencia que a mentalidade da sociedade, nun momento concreto da historia, exerce sobre as normas que a lei dita para a convivencia. Un exemplo claro era a lei que prohibía o voto da muller en España ata hai poucos anos. Que era o que reflectía esta norma? Unha sociedade machista e a supeditación e falta de liberdade da muller. Pola contra observamos como as normas e as leis poden provocar o efecto contrario, é dicir, poden cambiar e modificar a percepción e o sentir sobre algúns temas. Así, por exemplo, nos anos oitenta unha persoa podía conducir baixo os efectos do alcohol e socialmente non tiña ou sentía o mesmo rexeitamento social que hoxe en día. A norma comezou a endurecerse, aplicáronse sancións aos infractores, fixéronse controis de alcoholemia...Hoxe en día este feito xa se ve como un feito inadecuado, á vez que está mal visto pola sociedade. O mesmo aconteceu co consumo do tabaco en lugares públicos. Nun principio era habitual entrar nunha cafetaría, restaurante ou noutros lugares de ocio e perderte entre a néboa do fume. Cando esta norma se modificou todas as persoas puidemos gozar destes lugares, que son de todos e todas, respirando un aire máis limpo. Por iso nós afirmamos que modificando a idade legal para mercar alcohol no noso país o hábito de consumo deste veríase claramente reducido. ARGUMENTO 2: COMPARACIÓN CON PAÍSES EUROPEOS EVIDENCIA: Normativa de regulamento do consumo de alcohol en Italia, Francia e Reino Unido. No Reino Unido é ilegal comprar alcohol nunha tenda, nun pub ou nunha discoteca se es menor de 18 anos e ademais estás obrigado a presentar o DNI. Porén, á mocidade entre 16 e 17 anos si se lle permite beber sidra, cervexa ou viño durante a comida, sempre que estean acompañados dun adulto. Segundo a lei aprobada en 1985 polo congreso dos Estados Unidos de América, o límite de idade para mercar alcol queda fixada nos 21 anos. Dende que esa lei foi aprobada, o consumo da alcohol viuse reducido notablemente, como se reflicte na gráfica elaborada polo Estudio de Monitoring the Future. ARGUMENTO 3: PRESIÓN DO GRUPO NO COMPORTAMENTO ADOLESCENTE. ANÁLISE: A presión de grupo é un factor determinante á hora de iniciarse no consumo de alcol na adolescencia. As persoas que nos rodean poden ser as que nos inciten a consumir alcol en idades, cada vez, máis temperás. ARGUMENTO: Que rapaz ou rapaza de 14 anos non ten un coñecido ou amigo de 18? Todos e todas. Se a idade legal para mercar alcohol quedase establecida nos 21 anos, ao mellor non tiñamos nin coñeciamos a tantos ou a tantas, polo que sería máis difícil o acceso á bebida. Se cambiamos a idade legal para mercar alcohol influiremos nos hábitos de consumo da xuventude do seguinte xeito: Interviriamos nas tácticas usadas para adquirir o alcohol, xa que é máis doado que un rapaz ou rapaza de 15 anos teña como amigo ou amiga, ou mesmo como compañeiro ou compañeira de clase a un rapaz de

Page 41: Revista argalladas 2016/ 2017

18 anos que a un de 21. Tamén nos podemos remitir á percepción do risco de consumir alcohol e á responsabilidade que ten un rapaz ou rapaza de 21 anos fronte á que amosa un ou unha de 18, xa que o primeiro ten máis madurez e actuará con máis cabeza. EVIDENCIA: Segundo un estudo de Eva Leal (Departamento Psicología Evolutiva y de la Educación.Universidad de Sevilla), Pilar Ramos (Departamento Psicología Evolutiva y de la Educación. Universidad de Sevilla), Carmen Moreno (Departamento Psicología Evolutiva y de la Educación. Universidad de Sevilla) e Francisco Rivera (Departamento Psicología Clínica, Experimental y Social. Universidad de Huelva) titulado: Características de las relaciones de amistad durante la adolescencia: diferencias entre chicos y chicas en España, extraemos os seguintes resultados: - Un 70,6% dos adolescentes afirman ter amizades da mesma idade. -O 14,0% afirma ter amizades de maior idade. - O 10,8% afirma ter amizade con persoas de diferente idade. -O 4,1% é para aqueles e aquelas que recoñecen a súa amizade con persoas de menor idade. Respecto á idade dos membros do grupo de amigos e amigas, a maior parte dos mozos e mozas teñen amizades da mesma idade, probablemente pola procura de igualdade en madurez e status (Savin-Williams, 1993; Steinberg, 2002). Con todo, existen discrepancias en función do sexo, xa que eles, os mozos, tenden a estar con amizades máis novas; mentres que elas, as mozas, prefiren pertencer a grupos de adolescentes con diferentes idades. Este grupo de adolescentes, relacionado con outras persoas maiores, compoñen un colectivo de especial interese debido á posibilidade de desenvolver condutas de risco para a saúde, polo que se evidencia a necesidade de traballar en ini ciativas de prevención con este sector da poboación. Como xa apuntamos anteriormente, o equipo non sabe qué postura lle vai tocar defender no torne, así que tamén preparamos tres argumentos para defender a postura en contra . EXORDIO: “A educación é, simplemente, a alma dunha sociedade pasando de xeración en xeración”. G. K. Chesterton. Nós defendemos que o feito de modificar este límite non variará os hábitos de consumo de alcohol na xuventude polos seguintes argumentos: ARGUMENTOS: ARGUMENTO 1: EDUCACIÓN SOCIAL ANÁLISE: Na actualidade a media de idade para comprar alcohol está establecida por lei nos 18 anos. Moitos adolescentes menores desta idade consomen alcohol, ante a impasibilidade dos adultos. Como nos advirte a FAD na súa campaña: ” O problema co consumo de alcohol por parte de menores é que non vemos que sexa o noso problema. Facemos algo?” En España o consumo de alcohol está presente en moitos dos momentos máis significativos e relevantes da nosa vida, tanto a nivel persoal, laboral ou social. Todos e todas os nenos e nenas viron brindar os seus pais con champaña, pechar un acordo ou negocio cun brinde, celebrar o triunfo do seu equipo favorito abrindo botellas. Nun contexto así o único que pode pasar é que a mocidade identifique o alcohol coa diversión, co triunfo, co éxito e, polo tanto, cun símbolo de felicidade e madurez. ARGUMENTO: Para reducir o consumo de alcohol deberiamos cambiar o comportamento desta sociedade. Non serviría de nada cambiar a idade de consumir alcohol se non cambiamos a visión que o futuro, é dicir, a xente nova teña dela. EVIDENCIA: Segundo o especialista, o Dr. Jaime Honorio Durand, Docente Universitario da Escola de Post Grado da Universidade Privada “San Pedro”, a formación dun adolescente está baseada na educación dos pais, na educación das institucións de ensinanza e nos valores que transmite a sociedade.

Page 42: Revista argalladas 2016/ 2017

ARGUMENTO 2: COMPARATIVA CON PAÍSES EUROPEOS ANÁLISE: Como podemos comprobar en países como Portugal, Italia, Francia e Xapón, as medidas tomadas non son suficientes para reducir o consumo de alcohol en menores. ARGUMENTO: En Portugal, dende xuño de 2015, non se pode vender alcohol en ningún establecemento público a menores de 18 anos. A pesar das prohibicións é frecuente que nas principais cidades lusas existan zonas onde os adolescentes se reúnan as fins de semana para divertise ou ver como consomen alcohol tanto dentro como fóra dos locais. FRANCIA: dende o 2009 a idade mínima para comprar alcohol foi elevada de 16 a 18 anos, sobre todo, polo incremento de accidentes mortais relacionados con este abuso. O fenómeno do botellón non está estendido a gran escala, a pesar disto, os sucesivos gobernos levan anos loitando contra o alcoholismo entre menores. EVIDENCIA: Segundo un artigo da web El periódico, en 2015, o goberno Portugués aprobou a prohibición da venda de todo tipo de alcohol a menores de 18 anos, modificando así a anterior normativa, que permitía aos maiores de 16 anos comprar e consumir cervexa e viño. Despois de entrar en vixenc ia esta nova lei, os datos de consumo de alcohol non variaron e durante as fins de semana seguen ingresando por urxencias menores idade. EVIDENCIA DE FRANCIA ALEMAÑA Alemaña loita contra o consumo excesivo de alcohol, que afecta a máis de 9,5 millóns de c idadáns, con iniciativas moi a pé de rúa, coma o programa "Kafka"( "Nada de alcohol para os nenos") que busca concienciar os vendedores a través dos propios veciños do dano que provoca vender alcohol a menores. O sistema obtivo moi bos resultados, o logo "Kafka" pódese ver en gran cantidade de tendas, xa que logrou implicar ao vendedor. ARGUMENTO 3: CONDUTA PSICOLÓXICA ARGUMENTO: A idade non pode xustificar nin explicar a conduta psicolóxica que un adolescente segue á hora de consumir alcohol. EVIDENCIA: Segundo a psicóloga Miriam Rocha Díaz (licenciada en psicoloxía pola Universidade de Madrid), factores como facilitar as relacións sociais, favorecer o estado de ánimo positivos para evadirse da realidade que os rodea, para provocar un estado de seguridade … incita a que un adolescente tome a decisión de consumir e mercar alcohol. https://www.consumidor.ftc.gov/articulos/s0386-la-edad-minima-legal-para-consumir-bebidas-alcoholicas-es-21-anos CONCLUSIÓN: O noso equipo está en contra de modificar a lei porque non variaría o consumo de alcohol en menores de idade. Argumentos de peso como a conduta psicolóxica, a educación social e o exemplo demostrado en diversos países, os hábitos de consumo entre a mocidade non variarían. PECHE DO DISCURSO E como ben dicía o periodista e escritor G. K. Chesterton: “A educación é, simplemente, a alma dunha sociedade pasando de xeración en xeración’. Despois de todo o traballo, o equipo decidiu non presentarse ao concurso xusto o día anterior. Eles non se sentían preparados e loxicamente esta actividade era voluntaria. Queremos pensar que, malia non participar no debate, o traballo feito pode ser de utilidade para moitas persoas, aínda que ao mellor agora non se dean conta. Xa sabedes, debemos conectar coñecementos!

Page 43: Revista argalladas 2016/ 2017

PASA O TEMPO COS NOSOS PASATEMPOS INDICAR AUTORÍA DE CADA - RESOLVE O SEGUINTE ENCRUCILLADO DE Xoel, Sara e Jessica ( 2ºESO)

HORIZONTAIS: 1.- Sentimento do trobador cara á súa senhor cando é

rexeitado por esta. / Figura cúbica que se usa nos xogos de mesa. 2.- Cidade de Portugal./ Estrela principal do sistema

solar. 3.- Institución galega que vela pola lingua./ Líquido incoloro inflamable e volátil, de cheiro moi forte, que pode ser utilizado como anestesia. Mil en números

romanos. 4.- Que contén auga ( en plural)./ Forma do pronome persoal átono de 3º persoa.

5.-Alimento de carne de porco con pemento que se frite ( en plural). Sexta nota musical. 6.- Vogal que tamén pode ser un número./ Vogal que se

pode pronunciar aberta ou pechada. / Símbolo do carbono./ Persoa con pouca disposición. 7.- Aparello de pesca. / Contrario de empurrar, ao revés. 8.- 50 en números romanos./ Espidas. 9.- Saber onde está. Transporte escolar.

10.- Pel da ovella./ Artigo masculino plural. / Símbolo do Titanio. VERTICAIS: 1.- Órgano do corpo humano que bombea o sangue. / Primeiro número impar. 2.- Que non deixa pasar a luz./ Subxénero das cantigas de amigo pouco común. 3.- Alimento lácteo en plural.Símbolo do número que ten como valor aproximado 3,1415926...

4.- Parte dunha árbore ou dun arbusto grande, que está entre a raíz e as pólas, SEN VOGAIS. / Así termina o nome do grupo de rock que canta “Festa pagana”./ Pata da ra. 5.- (Ao revés) Diminutivo de casa./ Siglas da Universidade de Alacant.

6.- ( Ao revés) profesor de relixión do IES Castro da Uz./ Sinónimo de pouco común. 7.- 500 en números romanos./ Dominio que tes que empregar para navegar en España./ Sinónimo de zafra, en castelán./ Símbolo químico do xofre.

8.- Abreviatura de señora./ Río galego./ Segunda letra do abecedario. 9.- A primeira nota musical./ (Ao revés) planta herbácea. 10.- Árbore celta./ Operación triunfo./ Afirmación.

ADIVIÑA DE QUE CADRO FALAMOS SEGUINDO AS NOSAS DESCRICIÓNS: 1.- A paisaxe do cadro é sinxela. Ao fondo aparece o mar e á dereita hai unhas grandes rochas. No primeiro plano do cadro vese un bloque, enriba do cal hai dous reloxos, un grande e outro máis pequeno. O reloxo pequeno está pechado e parece de peto, ten unha morea de formigas encima; ao seu lado atópase o reloxo máis grande que parece un reloxo mol e semella estar a punto de caer dende o gran bloque; ademais, ten unha mosca enriba que parece estar descansando. Preto dos reloxos hai unha árbore que só ten unha rama e non ten follas. Desta árbore colga un reloxo de figura extraña que parece que está durmindo sobre a área e enriba ten un reloxo tan flexible que parece que vai caer. O lugar do cadro lembra unha praia deserta. Vale dámosche unha pista: pintouno Salvador Dalí. Paula, 1ºESO 2.- No cadro vese unha paisaxe rural. No primeiro plano, aparecen un campo de herba seca e am arela, e dous enormes e anchos palleiros, un destes, o da dereita, ten apoiadas dúas longas escadas de man. Ao fondo, aparecen unhas pequenas cabanas de cores e uns baixos outeiros cheos de árbores. Ao fondo, á esquerda, hai unha gran casa amarela de tellas vermellas e ventás verdes, e por un camiño de pedra aparece unha muller cun cesto de vimbio na man. O cadro está pintado con cores cálidas que parecen representar o verán. Aquí vai a pista: Este cadro pintouno Vincent Van Gogh Carmela, 1ºESO

Page 44: Revista argalladas 2016/ 2017

ATRÉVETE A ADIVIÑAR A PELÍCULA. 1.- Nunha fábrica comeza todo. Catro nenos tiveron a sorte de que lles tocara o papel da visita á fábr ica. Dos catro nenos eran todos caprichoso menos un, que foi o que conseguiu chegar ao final da visita. 2.- Un rapaz e unha rapaza, enfermos de cáncer, viven unha historia de amor ata que a morte do rapaz os separa. 3.-Un rapaz de Sevilla namora dunha rapaza vasca. Cando vai buscaba, ela asegura non coñecelo de nada. 4.- Nunha cidade que parece normal, ás veces pasan cousas estrañas sen sentido.

Paula, Alejandro L. e Carmela, 1ºESO AGORA O ANUNCIO 1.-Aparece unha imaxe de televisión antiga con xente entrando nuha tenda, despois van marcha atrás, porque a tenda tamén é online. 2.-Uns rapaces teñen fame e un ten unha solución: o teléfono. De repente, un empregado aparece na súa porta con comida e póñense a ver a tele. Mentres, un oso formigueiro vestido de peluche quéixase de que só pode comer unha cousa. 3.- Son catro xogadores do Madrid que van nun coche e paran nun bar, un deles bota un pulso cun señor forte e gánalle, danlle medallas e os parabéns. Os xogadores volven do coche, aplícanse desodorante e vanse.

Carmela e Alejandro L., 1ºESO

E POR ÚLTIMO AS NOSAS CANCIÓNS 1.- Encóntranse dous señores pola rúa saúdanse e comezan a facerse preguntas. 2.- Un señor aparece dicindo cousas raras, xuntando froitas e bailando de forma estraña. 3.- É un rapaz que o deixou a súa muller e non se ven dende hai tempo. Anos despois volveu e el dille como se atreveu a volver.. 4.- Un rapaz namórase dunha rapaza que atopou nun coche, e a chica dille que sabe facer de todo. 5.- A un rapaz gústalle unha rapaza, e di que a quere moito.

Antón, Carmela, Alejandro L.,1ºESO

AGORA DISPOÑÉDEVOS A SOLUCIONAR OS SEGUINTES XEROGLÍFICOS: No primeiro Xoel pregunta que é? No segundo, Javi, tamén. No terceiro Sabela quere saber o que falta no pentagrama. No cuarto Jessica agocha unha profesión. No quinto, Lucía quere que lle digades que é? E no último, Sara, pregunta por un animal pequeno.

Page 45: Revista argalladas 2016/ 2017

FÚTBOL GAÉLICO O fútbol gaélico é un deporte de equipo que se práctica fundamentalmente en Irlanda, onde é considerado o deporte máis popular do país. O fútbol gaélico xógase en equipos de 15 xogadores, aínda que o número pode variar segundo o país. Así mentres en Irlanda se xoga con 15 no masculino e 11 no feminino, en Galicia son 11 xogadores no masculino e 9 no feminino. Este deporte practícase nunha cancha de céspede rectangular con porterías, en forma de H a ambos lados, parecidas ás de Rugby salvo que teñen rede. O obxectivo principal é anotar puntos pateando ou golpeando o balón coas mans ata introducilo na portería rival ( os puntos anotados entre paus contabilizan 1 punto e os tantos marcados na portería contabilizan 3. Por exemplo, nun partido cun resultado final 15-3 vs 19-5, sendo o 15 e o 19 tantos e o 3 e 5 goles, sumaríanse resultando un cómputo final de 24 vs 34) . O equipo con máis puntos ao final do encontro gana. Poderiamos dicir que este deporte é unha mestura das emocións e das habilidades do fútbol, dos puntos altos do baloncesto e o contacto físico do rugby (existe contacto físico, pero non con cargas tan abruptas como as do rugby, no Gaélico, o único permitido é desestabilizar o rival con golpes laterais ou ombreiro contra ombreiro). A duración destes encontros é de 60 minutos, é dicir 30 minutos cada parte (no caso do feminino son 40 min, 20 min. cada parte) e utilízase un balón de coiro similar ao do fútbol, pero lixeiramente máis pesado (o peso é de case 500 gramos para masculino, balón nº5, e de case 400 gramos para o feminino, balón nº4) e con aparencia semellante aos balóns de voleibol. En Galicia contamos cunha liga e copa oficial recoñecida pola GAA (Gaelic Atletic Association) e organizada pola Asociación Galega de Fútbol Gaélico. Ademais contamos cunha pequena liga feminina formada por nove equipos. A liga masculina está divida en dúas divisións, nas que actualmente xogan 13 equipos, 6 en primeira e 7 en segunda. Por outro lado, Galicia conta con Asociación e Selección oficial (recoñecida pola GAA) que ten a posibilidade de xogar calquera partido internacional. De feito xa xogou un partido internacional no que gañou á selección de Bretaña e conseguiron xogar o mundial de 2015 en Abu Dhabi, onde a selección masculina de Galicia quedou segunda tras perder contra Arxentina e o equipo feminino obtivo o terceiro posto tras caer na semifinal contra Oriente Medio. No 2016, os dous equipos participaron nos Xogos Mundiais en Irlanda, onde acadaron postos moi meritorios, os rapaces conseguiron un terceiro posto e as rapazas un quinto posto. O pasado 18 de marzo, a Selección Galega organizou un torneo amigable contra a expedición Francesa, partidos xogados nos campos da Universidade de Ourense, e por primeira vez en Europa, exceptuando Irlanda, retransmitíronse os partidos en directo a través da TVG2. Nestes amigables, os rapaces perderon ante o equipo francés, mentres que , as rapazas acadaron un meritorio empate nun partido moi igualado. Canto ao equipo pontés "Terras do Eume Fútbol Gaélico" foi fundado recentemente, en agosto do 2016, e en novembro comezaban a xogar os rapaces na segunda división da Liga da Asociación. En temporada de liga e copa adestramos no campo de rugby das Pontes os luns e os mércores ás 20.00h, adestramentos abertos a todo o mundo que queira probar o noso deporte, tanto rapaces como rapazas. Para máis información, a Asociación ten una páxina web: www.gaelicogalego.gal e unha páxina de Facebook: Asociación Galega de Fútbol Gaélico, onde se publican todas as novas referentes do Gaélico Galego. O equipo pontés tamén conta cunha páxina de Facebook na que poden contactar con nós: Terras do Eume FG.

Andrea Montero (4ºESO) e Yolanda Castro Cebreiro, xogadora pontesa de fútbol gaélico.

Page 46: Revista argalladas 2016/ 2017

As 10 enfermidades de transmisión sexual máis frecuentes no mundo enteiro: CLAMIDIA É a enfermidade bacteriolóxica máis común.Transmítese a través do sexo vaxinal, anal e oral. Tamén ao compartir xoguetes sexuais ou da nai ao fillo durante o embarazo ou o parto. Cúrase cun antibiótico e a mellor prevención é o preservativo. Coñécese como “a infección silenciosa” pois na maioría dos casos non manifesta síntomas. Pode infectar as células do colo do útero, a uretra, o recto e, algunha vez, a gorxa e os ollos. GONORREA OU BLENORRAXIA A gonorrea é unha infección bacteriolóxica de transmisión sexual que pode infectar a uretra, o colo do útero, o recto, o ano e a gorxa, se se practicou sexo oral. Os síntomas normalmente aparecen entre 1 e 14 días despois da relación sexual. É posible non ter síntomas e os homes adoitan notalos máis que as mulleres. Os síntomas poden ser ardor ao ouriñar, líquido branco ou amarelo do pene, fluxo vaxinal amarelento e irritación do ano. SÍFILIS Aínda que se cura facilmente con antibióticos ou penicilina, causa miles de mortes en todo o mundo. Contáxiase por sexo oral, vaxinal ou anal, por contacto coa pel dun infectado ou ao compartir xoguetes sexuais. Tamén se pode transmitir nunha transfusión de sangue ou por contaxio da embarazada ao seu bebé, o que se coñece como sífilis conxénita. HERPES XENITAL O herpes xenital é un virus similar ao do herpes que aparece na boca e transmítese por vía sexual. Tamén pode trasladarse á boca durante o sexo oral. Algunha vez os síntomas aparecen moito tempo despois da infección, incluso anos. Actualmente hai antibióticos que combaten o virus e tamén o controlan, pero non existe unha cura. TRICONOMIASIS Case sempre se transmite por contacto sexual. Nas mulleres, infecta as células da vaxina e a uretra, nos homes as da uretra. T ransmítese por sexo vaxinal, compartir xoguetes sexuais ou da embarazada ao fillo. Así a metade das mulleres non presentan síntomas. As molestias poden aparecer desde 3 a 21 días despois de contraer o parasito. CONDILOMAS Os condilomas ou verrugas xenitais son sumamente comúns e contaxiosas, causadas polo virus d o papiloma humano, VPH ou HPV. Transmítese ao manter relacións sexuais por vía oral, xenital ou anal cun infectado aínda que tamén pode contraerse cun simple contacto de pel a pel. Maniféstase en forma de verrugas localizadas nos xenitais ou o ano. Sen atención médica, as verrugas medran e toman unha forma similar a unha coliflor. CANDIDIASIS É causada por un fungo chamado Candida albicans que vive na pel, a boca e as áreas xenitais. Xeralmente mantense baixo control, pero ás veces medra e produce esta enfermidade. O fungo pode contaxiarse a través do sexo vaxinal, anal ou oral, polos dedos ou por compartir xoguetes sexuais. LADILLAS Os parasitos ou piollos púbicos son uns molestos e pequenos parasitos que se cravan na pel para alimentarse de sangue. Viven no pelo corporal, especialmente no púbico, aínda que tamén poden atoparse no das axilas, a cara ou o peito. Os parasitos transmítense facilmente durante o sexo, pero tamén se poden pasar compartindo roupa, toallas ou roupa de cama con alguén que xa as ten.

Page 47: Revista argalladas 2016/ 2017

SARNA É unha infección da pel causada por un minúsculo parasito que anda na pel e deposita ovos. Transmítese facilmente a través do contacto físico próximo ou sexual. Os nenos tamén poden contaxiarse se están cerca de alguén con sarna. Os parasitos instálanse na zona xenital, as mans, entre os dedos, cóbados, axilas, abdome, o peito, nas mamilas nas mulleres, nos pés e nos nocellos . VIH / SIDA O virus VIH infecta as células do sistema inmunitario, reducindo a capacidade do corpo para loitar contra outras infeccións e o cancro. Non hai cura: a persoa está infectada para a vida. O VIH transmítese só a través da entrada de sangue, seme, fluídos vaxinais ou leite materno para o corpo. As dúas formas máis comúns de adquirilo é vaxinal ou anal sen preservativo ou por compartir agullas infectadas. O virus tamén pode pasar da nai para o bebé antes ou durante o parto e para aleitar.

Azdín e Dani Silva, FPBÁSICA

A MALARIA É unha enfermidade parasitaria que implica febre alta, calafríos, síntomas semellantes aos da gripe e an

emia. É transmitido aos seres humanos a través da picadura de mosquitos Anopheles infectados. Despois, os parasitos viaxan a través do corrente sanguíneo ao fígado, os parasitos entran na corrente sanguínea e infectan as células vermellas do sangue. A malaria tamén pode ser transmitida da nai ao feto e en transfusións de sangue. Mosquitos en climas temperados poden levar a malaria dun lugar a outro, pero o parasito desaparece durante o inverno Sintomas: anemia, calafríos, febre e sudoración, coma, convulsións, dor de cabeza, ictericiador muscular Posibles complicacions: infección cerebral (encefalite), destrución das células do sangue (anemia hemolítica), insuficiencia renal, insuficiencia hepática, meninxite, insuficiencia respiratoria de líquido nos pulmóns (edema pulmonar), ruptura do bazo conducindo ao sangrado (hemorraxia) macizo interno Prevencion: a maioría das persoas que viven en zonas onde a malaria é común teñen obtido algunha inmunidade á enfermidade. Os visitantes que non teñan inmunidade deben tomar medicamentos preventivos. Evitar picaduras de mosquito ( vestindo roupas de protección ao longo dos brazos e pernas), Usar mosquiteiras durante o sono e repelente de insectos. Países Afectados: O 92 % dos decesos prodúcense na África subsahariana. As rexións do mundo onde esta enfermidade estivo máis presente son as illas do Pacífico, na China, no sudeste de Asia , na India e Latinoamérica.

Sergio Otero 1º FP BÁSICA

QUE é a HEMOFILIA? É unha enfermidade hereditaria que se caracteriza por un defecto da coagulación do sangue debido á falta dun dos factores que interveñen nela e que se manifesta por unha persistencia das hemorraxias. Está relacionada co cromosoma X

Tipos: a hemofilia A, cando hai un déficit do factor VIII de coagulación, a hemofilia B, cando hai un déficit do factor IX de coagulación, a hemofilia C, cado hai un déficit no factor XI de coagulación. HEMOFILIA A: A hemofilia A prodúcese cando hai déficit no factor VIII de coagulación. A incidencia na hemofilia A é de 1 persoa por cada 5000 varóns vivos. Desempeña un papel fundamental na vía intrínseca de activación da transformación de protrombina en trombina HEMOFILIA B: aparece cando hai un déficit do factor IX de coagulación. A Hemofil ia B é de 1 por cada 100000 varóns vivos. HEMOFIBIA B DE LEYDEN:T rátase dunha variante da hemofilia B e é menos común.

Page 48: Revista argalladas 2016/ 2017

Mostra unha característica extremadamente infrecuente de expresión dependente da idade. Os valores del factor IX son inferiores ao 1% durante a infancia, co que a enfermidade é moi grave en nenos, despois da puberdade os valores elévanse ata o 50% do normal e o trastorno vólvese asintomático. HEMOFILIA C: Cando hai un déficit do factor XI de coagulación. Síntomas: A característica principal da Hemofilia A e B é a hemartrose e o sangrado prolongado espontáneo. As hemorraxias máis graves son as que se producen en articulacións, cerebro, ollo, lingua, gorxa, riles, hemorraxias dixestivas, xenitais, nasais, etc. A manifestación clínica máis frecuente nos pacientes con hemofilia é a hemartrose, sangrado intraarticular que afecta especialmente ás articulacións dun só eixe, como o xeonllo ou o nocello. Se se produce unha hemartrose en repetidas ocasións nunha articulación orixínase unha deformidade e atrofia muscular chamada artropatía hemofílica. Pódese clasificar en tres estados: I, II y III: - ESTADO I: formigueo nas articulacións e febre nesa parte do corpo. Relaciónase por ter unha hemorraxia con traumatismo. -ESTADO II: ese formigueo pasa a sentirse xa como dor, aínda permanece a febre na parte afectada do corpo e acompáñase por inflamación debida ao cúmulo do sangue presente na articulación ósea, debido a unha hemorraxia espontánea con sangrado severo. -ESTADOIII: preséntase a articulación viscosa e inflamada debido ao debilitamento muscular, rixidez matinal, dor crónica e movemento limitado pola obstrución na articulación. Interpretado como hemorraxia espontánea en músculo e en articulación TRATAMENTO: Non hai na actualidade ningún tratamento curativo dispoñible e o único que se pode facer é corr ixir a tendencia hemorráxica administrando por vía intravenosa o factor de coagulación que falta, o factor VIII ou o IX. Como posibles tratamentos caseiros existe o repouso corporal e sobre a zona afectada deixar xeo por dúas horas sobre dita parte do corpo. O tratamento substitutivo supuxo un avance importantísimo tanto para a calidade de vida como para a supervivencia dos pacientes. A obtención de factores de coagulación a partir de plasma humano deu lugar, en moitas ocasións, á transmisión de virus, sobre todo o VIH (SIDA) nos años 80, o que significou un grave retroceso na vida dos pacientes con hemofilia.

Juan Alonso 1º FP básica

QUE É A SÍNDROME DE DOWN? A síndrome de down é un trastorno xenético que produce a alteración dos cromosomas. As células do corpo humano teñen 46 cromosomas distribuídos en 23 pares. Un destes pares determina o sexo do individuo, os outros 22 numéranse do 1 ao 22 en función do seu tamaño decrecente. As persoas con síndrome de Down teñen tres cromosomas no par 21, no lugar dos dous que existen habitualmente; por iso, esta síndrome tamén se coñece como trisomía 21. RASGOS FÍSICOS: Os nenos con síndrome de Down tenden a compartir certos rasgos físicos: - Perfil facial plano - Ollos achinados - Orellas pequenas - Un único prego no centro das palmas das mans - Lingua engrosada. O escaso tono muscular e a flaccidez articular tamén son característicos dos nenos con síndrome de Down, e sobre todo nos bebés, xa que parecen especialmente faltos de tono muscular. Polo xeral, os médicos poden saber se un recén nacido ten esta alteración practicándolle unha exploración ordinaria. Ainda que é algo que pode e adoita mellorar co tempo, a maioría de nenos con síndrome de Down alcanzan os obxectivos evolutivos –como sentar, gatear e andar-aínda que máis tarde que os demais nenos. Ao nacer, os nenos con síndrome de Down acostuman ter un tamaño promedio, pero tenden a medrar a un ritmo máis lento e acaban sendo máis pequenos que os demais nenos da súa idade. Nos lactantes, o escaso tono muscular pode contribuír a que teñan problemas de succión e alimentación, así

Page 49: Revista argalladas 2016/ 2017

como estrinximento e outros problemas dixestivos. Nos nenos pequenos, pode haber retrasos na adquisición da linguaxe e das habilidades básicas, como comer, vestirse e aprender a usar o váter. RASGOS PSÍQUICOS: A síndrome de Down afecta ás capacidades cognitivas dos nenos de formas diferentes, pero a maioría deles teñen unha deficiencia mental de leve a moderada. De todos modos, os nenos con síndrome de Down poden aprender e aprenden, e son capaces de desenvolver moitas habilidades e destrezas. Sinxelamente alcanzan os distintos obxectivos evolutivos a un ritmo diferente –polo que é importante non comparar a un neno con síndrome de Down con outros irmáns que están seguindo unha pauta normal de desenvolvemento, nin tampouco con outros nenos que padecen da mesma anomalía. Os nenos con síndrome de Down teñen un amplo abanico de capacidades, e non hai forma de saber no momento do nacemento de que serán capaces cando medren. TEN CURA A SÍNDROME DE DOWN?: Investigadores españois acaban de demostrar que cun composto presente no té verde, acompañado dun protocolo de estimulación cognitiva pódense mellorar as capacidades intelectuais de persoas con síndrome de Down. O extracto de té verde mellorou de maneira moderada a memoria a curto prazo e a súa capacidade para organizarse na vida diaria, ao mesmo tempo que inhibía a impulsividade dos pacientes. As imaxes do cerebro mostran cambios na cortiza que se correlacionan con estas mellorías

Josiño Pico, 1º DE FPB

QUE É UN ANTIBIÓTICO? Calquera substancia que sirva para matar ou inhibir organismos infecciosos que son aqueles que se transmiten duns seres vivos a outros. Os antibiótios teñen unha toxicidade selectiva (tóxico

para os organismos invasores.) Fundamentalmente, os antibióticos utilízanse para matar bacterias, fungos e certos parasitos daniños.

Tipos de antibióticos: - De baixo espectro: aqueles que só atacan a bacterias dun tipo en

concreto . - De alto espectro: atacan a bacterias de varios tipos diferentes. Tamén podemos clasificalos polo seu poder de acción contra as bacterias:

Bactericidas: capaces de eliminar a bacteria. Bateriestáticos: bloquean o crecemento e a multiplicación da bacteria daniña. Algúns dos antibióticos máis utilizados son: a penicilina, a amoxicilina, cefaloesporina,

tetracilinas … Que é a resistencia ao antibiótico? A mala utilización dos antibióticos pode levar consigo algúns problemas, sendo o principal, as

resistencias que crean a determinadas bacterias ante os medicamentos. Nestes casos, hai que buscar outro antibiótico e volver empezar o tratamento, o que retrasará a curación da

enfermidade. Debes saber que: Os antibióticos non teñen actividade contra os virus.

Un antibiótico non cura todas as enfermidades. Non se debe deixar o tratamento antes de tempo . Non debes repetir o antibiótico aínda que volvas ter os mesmos síntomas.

QUE SON AS VACINAS? Substancia composta por unha suspensión de microorganismos atenuados ou mortos que se introducen no organismo para tratar determinadas enfermidades, estimula a formación de

anticorpos co que se consegue unha inmunización contra estas enfermidades. TIPOS:

-Vacinas de microorganismos vivos atenuados: conteñen o microorganismo vivo, pero dunha forma atenuada ou debilitada, de maneira que non poida causar a enfermidade.

Page 50: Revista argalladas 2016/ 2017

-Vacinas inactivas ou mortas: neste tipo de vacinas o microorganismo non está debilitado, está

morto, de maneira que non poida reproducirse nin causar a enfermidade. -Vacinas subunidades: estas vacinas están compostas só polas partes dos microorganismos que

producen resposta. Ao non conter o microorganismo que completou gran parte das súas moléculas e antíxenos, estas vacinas resultan máis seguras e producen menos reaccións. -Vacinas toxoides: moitos microorganismos producen a enfermidade a través dunha toxina. Para

inmunizar fronte a estes axentes infecciosos utilízanse vacinas de toxoide, que non é outra cousa máis que a propia toxina sometida a un tratamento para quitarlle a súa capacidade de provocar a enfermidade.

- Vacinas combinadas: son as que conteñen dous ou máis vacinas e que se administran no mesmo momento e no mesmo punto anatómico . - Vacinas obtidas mediante tecnoloxías de vangarda: o uso de novas tecnoloxías inmunitarias,

especialmente de enxeñería xenética, está permitindo producir novas vacinas moi diferentes das clásicas.

QUE SON OS SOROS? Os soros son preparados biolóxicos, de orixe animal ou humano, que conteñen anticorpos e producen a inmunidade artificial pasiva da persoa á que se administra, fronte a enfermidades

infecciosas. A inmunidade producida polos soros é inmediata, pero é menos intensa e duradeira que a inmunidade producida polas vacinas. Por iso se empregan soros no tratamento de enfermidades infecciosas de urxencia, por exemplo, emprégase no so ro antirrábico para a

profilaxe (prevención) de mordeduras de animais como o can que podería transmitir o virus causante da enfermidade da rabia; outros soros conteñen anticorpos para neutralizar toxinas (substancias nocivas ou velenosas, producidas por organismos). Son deste tipo os soros

antidiftérico, antitetánico, antibotulínico e antigangrenoso, que neutralizan toxinas producidas polas bacterias.

Clara González e Ana Pena, 1ºFPBÁSICA

A MENINXITE A meninxite é unha enfermidade infecciosa provocada por virus ou bacterias que, en moitas ocasións, se encontran no nariz e na garganta de persoas sas (portadores sans) que lla contaxian a terceiras persoas. A enfermidade provoca a infección e inflamación das meninxes, unhas membranas que rodean o cerebro e a médula espiñal. Cando se infectan só as meninxes denomínase, meninxite. Nalgunhas ocasións, a bacteria introdúcese no sangue diseminándose. A este problema denomínaselle septicemia meningocócica. Tamén pode ocorrer que se dean os dous problemas ao mesmo tempo. Causas: As máis frecuentes da meninxite son as infeccións, que poden estar provocadas por virus ou bacterias. A máis común, e menos grave, é a infección vírica que, xeralmente, mellora sen que se lle administre ningún medicamento ao enfermo. Porén, as bacterianas son moi graves e poden chegar a provocar danos cerebrais e incluso a morte. Contaxio: O contaxio desta patoloxía prodúcese a través da saliva e as gotas que se expulsan ao falar, esbirrar ou tursir. O contaxio a través de obxectos non é habitual e ocorre en poucas ocasións. A meninxite adoita aparecer no outono e na primavera. En espazos como gardarías, escolas ou residencias de terceira idade pode propagarse con rapidez. Síntomas: Unha vez contaxiada, a persoa pode ter os primeiros síntomas entre os dous e dez días posteriores ao contaxio. Nalgunhas ocasións ten un comezo brusco con síntomas semellantes aos dun catarro ou gripe. Os máis frecuentes, e que anuncian a gravidade, son: febre alta, forte dor de cabeza, rixidez na caluga, vómitos, somnolencia, perda da consciencia, axitación, delirio e/ ou convulsións, manchas de cor vermella na pel....

Page 51: Revista argalladas 2016/ 2017

Prevención: A mellor prevención é vacinarse. Ata fai pouco só existían vacinas contra o Haemophilus tipo B, o meningococo tipo

A e C e o neumococo, que fixeron desaparecer, practicamente, estes tipos de meninxite no noso contorno. En España, a vacinación para o meningococo C é obrigatoria. Esta vacina estimula a formación de defensas contra o xerme. A protección prodúcese ás dúas semanas da vacinación. Para os nenos maiores de un ano chega cunha dose, pero para os nenos que teñen entre 7 e 12 meses son precisas dúas doses e para os que están entre 0 e 6

meses, tres. Nos menores de 6 anos, a vacinación pode provocar efectos secundarios leves como inflamacción e molestias no lugar da inxección, febre baixa e irratibilidade.

Tratamento: A maior parte das persoas que padece unha meninxite viral cura sen problema. Na meninxite bacteriana o tratamento consiste en coidados específicos no hospital e terapia intensa con antibióticos. Outros coidados que pode recibir o enfermo son administrarlle líquidos por vía intravenosa e medicamentos para tratar lesións asociadas que poidan aparecer, como edema cerebral, ataques, ou crises epilélpticas.

Tipos: Meninxite víricas: este tipo ten un prognóstico leve e na maioría dos casos non necesita tratamento, o enfermo cura por si só. Non adoita deixar pegadas e non require de vacinación nin de profilaxe. Meninxite bacteriana: este tipo é grave e precisa a hospitalización do enfermo. Pode deixar secuelas cerebrais e chegar a provoar a morte di enfermo, mesmo cando este está recibindo o tratamento.

José María Franco, 1ºFPBÁSICA

TRANSPLANTE DE ÓRGANOS Cuando se realiza un transplante de órganos, os médicos extirpan un órgano doutra persona para colocalo noutro

corpo. O órgano pode vir dun doante vivou ou morto. As persoas que precisan un transplante de órganos teñen que esperar moito tempo por estes. Os médicos deben facer coincidir os doantes cos beneficiarios para reducir o risco de rexeitamento do

transplante. Isto ocorre cando o corpo de quen recibe o órgano ( beneficiaro) nega o novo órgano, provocando que non funcione correctamente. As persoas ás que lles realizou algún transplante deben tomar medicament os o resto da súa vida.

Rechazo ao transplante: Prodúcese cando o sistema inmunitario do receptor do transplante ataca o órgano ou tecido transplantado. É dicir, o noso organismo protéxese de ataques externos a través do sistema inmune, polo que a presenza do sangue ou tecido estraño no corpo fai que actúe o noso sistema

inmune desencadeando unha reacción ou un rexeitamento ao transplante. España é o país con maior doazóns en todo o mundo. As doazóns realízanse sempre de forma altruísta e todo o proceso sufrágao, desde o punto económico, o Sistema Nacional da Saúde. Estas bases proporciónannos o

privilexio de ter maiores posibilidades de conseguir os transplantes que se precisan. O modelo español está considerado, mundialmente, un exemplo a imitar e estase implantando en gran parte do mundo. Doazón:

É a extracción de órganos e tecidos -co fin de seren transplantados- dunha persoa que, durante a súa vida ou despois da súa morte deixou expresa a súa vontade ou llela fixo saber aos seus, autorizou a doazón. É un procedemento cirúrxico que consiste en implantar un órgano ou tecido san a un enfermo co fin de substituír o órgano ou tecido que non funciona e é ou son impresncibles para a súa calidade de vida e en moitos casos ata vital

Os transplantes máis comúns: renais, hepáticos, cardíaco, pulmonares, de páncreas e intestinais O corpo humano contén centos de diferentes tipos de células que son importantes para a nosa saúde diaria. Estas células son responsables de manter os nosos corpos en funcionamento cada día, para facer que o noso corazón

palpite, que o noso cerebro pense, que os nosos riles limpen o sangue, para reemprazar as células da nosa pel, etc...A función especila das células é a de formar todos estes outros tipos de células: Tipos de células nai:

Adultas ou somáticas: son aquelas que se pueden extraer de cualquera persoa. Embrionarias ou fetais. Encóntranse nos embrións de máis de catro ou cinco días de idade. De cordón umbilical: diferenciamos entre as que se poden extraer do sangue do cordón ou as que se extraen do tecido deste.

Amnióticas: encóntranse no líquido amniótico. Segundo o seu potencial, clasifícanse en: Unipotentes: poden xerar un único tipo de células e xorden a partir das células nais pluripotentes.

Multipotentes: tamén se crean a partires das pluripotentes e poden encontrarse nos tecidos. Pluripotentes: obtéñense a partir de células diana re-programadas xeneticamente. Totipotentes: fórmanse no momento no que o óvulo se une cun espermatozoide.

Iria Galego, Sergio Alén e Daniel Rivera, 1ºFPBÁSICA

Page 52: Revista argalladas 2016/ 2017

ESTES SON OS NOSOS PERSOEIROS: STEPHEN WILLIAM HAWKING estudou en Oxford Reino Unido,1492. É un físico teórico británico que, a pesar das súas discapacidades físicas e as progresivas limitacións impostas pola enfermidade dexenerativa que padece, é probablemente o físico máis coñecido desde os tempos de Einstein. Ao longo da súa vida logrou superar a inmensidade de impedimentos que lle presentou o mal de Lou Gehrig, unha esclerose lateral amiotrófica que lle afecta desde que tiña 20 anos. Hawking é un caso particular de resistencia e vitalidade fronte ao infortunio do destino. O 8 de xaneiro de 1942, en momentos en que a capital do Reino Unido sobrevivía baixo a permanente ameaza dos bombardeos alemáns, nacía Stephen Hawking na ciudad de Oxford. Alí comezou a estudar no University College, onde se licencióu en 1962 cos títulos de matemático e físico. Por esa época era un rapaz de vida normal, cuxas singularidades eran unicamente a súa brillante intelixencia e un gran interese polas ciencias. Foi o maior de catro irmáns na súa familia de intelectuais.

Sergio Sardiña Corral, 1ºFPBÁSICA

JANE GOODAALL Naceu en Londres o 3 de abril de 1934, o seu pai era un home de negocios e a súa nai novelista. Cando era pequena regaláronlle un chimpancé, que foi o inicio do seu amor polos animais. Pasados os anos, aínda mantén ese xoguete. Agora é primatoloxista, etóloga, antropóloga e mensaxeira da paz da ONU. Aos 23 anos, viaxou a Kenya, onde traballou co famoso antropólogo Louis Leakey, que a mandou a Tanzania para investigar os chimpancés salvaxes por primeira vez. O seu proxecto, que en principio duraría 6 meses ou máis, ao final durou máis de medio século. Jane Goodall foi considerada unha das maiores mulleres científicas do século XX. Ela observou en chimpancés comportamentos, como abrazos, bicos, tapinhas nas costas e outros comportamentos non descubertos ata esa época. Os seus resultados revolucionaron a comunidade cientifica, revelando o comportamento destes animais, a súa estrutura social, como buscar alimentos, cazan, guerrean entre grupos, o seu altruísmo, dominancia, canibalismo, asistencia social e adopción, entre outros.

Daniel Rivera, 1ºFPBÁSICA

MARIE CURIE Maria Salomea Sktodowska-Curie naceu o 7 de novembro de 1867 en Polonia. Foi a última dos cinco fillos de dous mestres, ela, impartía clases de matemáticas e física. Cando tiña dez anos de idade empezou a asistir á escola internado de J. Sikorska; despois foi a unha escola para as rapazas na que se graduou o 12 de xuño de 1883 con medalla de ouro.

En 1891 foise a París, onde cambiou o seu nome por Marie. En 1891 matriculouse no curso de ciencias da Universidade parisiense da Sorbona. Pasados dous anos, finalizou os seus estudos de física co número un da súa promoción. Compartiu o seu tempo de estudo c oa aprendizaxe e a actuación nun teatro de afeccionados. En 1894 coñeceu a Pierre Curie. Nese momento, os dous traballaban no campo do magnetismo. Con 35 anos, Pierre Curie era unha brillante esperanza na física francesa. Namorouse enseguida de Marie. Despois de que Pierre lle propuxera matrimonio, celebran o 26 de xullo de 1895 a súa voda cunha sinxeleza extrema. A noiva loce ese día un traxe azul común e corrente e logo, co seu noivo, montan nunha bicicleta para iniciar a lúa de mel polas rúas de Francia. O matrimonio tivo dúas fillas, unha delas tamén gañou un premio Nobel. Catro anos e centos de experimentos despois, Marie e Pierre resolveron o misterio da radiación. De paso descubriron varios elementos radioactivos: uranio, torio, polonio (nomeado polo seu país natal) e radio. En 1904 naceu a súa segunda filla. Dous anos despois, Pierre morreu repentinamente nun accidente de tránsito. Marie aferrouse ao seu traballo e continuou a investigación. En 1911 obtivo o seu segundo premio Nobel, esta vez en Química.

Ana Pena Fernández, 1ºFPBÁSICA

Page 53: Revista argalladas 2016/ 2017

SOLUCIÓNS AOS PASATEMPOS - RESPOSTAS AO ENCRUCILLADO:

SOLUCIÓNS AOS CADROS DESCRITOS: 1.- A persistencia da memoira ou “Os reloxos brandos” 2.- Almiares en Provenza SOLUCIÓNS PELÍCULAS: 1.- Charlie e a Fábrica de chocolate 2.- Bajo la misma estrella 3.- Ocho Apellidos Vascos. 4.- Animales Fantásticos y donde encontrarlos. SOLUCIÓN ANUNCIO: 1.- Solución: Domino´s pizza. 2.- Solución: Just Eat. 3.-NIVEA SOLUCIÓN PARA AS CANCIÓNS 1.- Hola don Pepito 2.- PPAP. 3.- Como te atreves a volver. 4.- El taxi. 5.- Por fin te encontré. SOLUCIÓNS AOS XEROGLÍFICOS: Xoel: Que é? comesantos Javi: Que é? un cachapelada Sabela: Que faltaba no pentagrama? A clave de sol Jessica: que profesión ten? Contacontos Lucía: que comprou? Paraugas Sara: Que pequeno animal é? Piollo SOLUCIÓNS AO PASAPALABRA DE CARLOS CASARES

SOLUCIÓNS: A: Agustín. B: Bilbao. C: Cambio en tres. D: Dacal. E: Elías. F: Ferrocarril. G:

Galaxia H: Hokan I: Ilustrísima L: Leoncio. M: Mouriño. N: Narciso de Acuña Ñ: Galiña ( A galiña azul) O: Ourense P: Piñeiro. Q:Cunqueiro R: Ramón S: Suecia T: Toribio U: Unión

soviética ( URSS) V: Volter X: Xinzo Z: Lezcano.

Page 54: Revista argalladas 2016/ 2017