48

Argalladas 2014 2015

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Argalladas 2014  2015
Page 2: Argalladas 2014  2015

ÍNDICE EDITORIAL - O SAMAÍN DO CASTRO páx. 3 - IV MARATÓN páx. 4 - SOLIDARIZÁMONOS - Día 25 de Novembro páx.5

- Cos máis necesitados e coa Paz páx.6 - Entrevista a David Rubín páx.7 - Coa nosa lingua. Enquisa para valorar a situación da lingua galega páx.8 Emoticonas para promocionar a Galicia no Whatsapp páx.10 - NAMORÁMONOS páx.14 - COMUNICÁMONOS CON RADIO RAS

- Entrevista a José Antonio Soto páx. 16 - Entrevista a Pura Galán, responsable dos EDLG da Coruña páx.18

- VIAXAMOS

- Arco, Madrid páx.20 - Escocia páx.21 - Camiño de Santiago ( Melide - Arzúa) páx. 23 - Día do libro en Bilbao páx. 24

- CREAMOS - Caligramas páx.27 - A beleza natural da constancia páx.28 - Artigos de opinión páx. 29 - Microrrelatos para La Voz de Galicia páx. 30 - A NOSA ALAMEDA LITERARIA DAS ÁRBORES CELTAS páx. 35 - PASAPALABRA páx. 39 - CÓMICS páx. 40 - HORÓSCOPO páx. 42

Portada: Leticia Carballeira Campa, 2ºESO Contraportada: Cristina Souto Pita

Page 3: Argalladas 2014  2015

SEIS ANOS Recordo o primeiro día que cheguei ao instituto. Os xeonllos batianme co medo e sobre todo cos nervios. Tíñannos máis que avisados: “ A ESO non é Primaria”. “Todo é novo”. Así foi. Profesores novos, materias descoñecidas e aulas diferentes. A cousa non foi tan mal, fixéronme falta unhas semanas para adaptarme e aquí estou. Co tempo ata mesmo acabas collendo cariño a este sitio. Unhas materias gustan máis e outras menos, pero o que verdadeiramente prevalece son os profesores - algúns máis que outros- xa que son os que de verdade me acompañaron nesta viaxe de seis anos. Carmen Polo

Só estiven no Castro da Uz catro anos e esperamos que non sexan máis. Durante estes anos encontrei materias que me parecen totalmente innecesarias, porque creo teñen cabida na ESO como discurso para os nenos, pero en bacharelato son unha perda de tempo. Outras pasaron de ser “hora libre” a ter que estudalas neste último ano, o cal me chocou e custou algún suspenso. Durante estes catro anos fun aprobando matemáticas, con problemas, feito que nunca me pasara anteriormente. En xeral, a miña estancia aquí foi mellor que noutros centros, pero espero non volver estudar aquí.

Carlos César Arranz Estiven aquí seis anos, todos e cada un deles distintos. Cando estás na escola e che din que para o ano vas ir ao instituto, sénteste maior e pensas que todo vai cambiar e non te enganas. O primeiro día non sabes o que te vas encontrar, de feito para min foi peor do que esperaba. Chegas e todo é diferente á escola. Moitas aulas e ti non sabes á que tes que ir; xente maior que, na maioría dos casos, se ri de ti porque es un “anano”, e todas esas cousas que na escola non pasaban. Despois todo se vai volvendo mellor. Coñeces os profesores, a maioría preocúpanse porque nos adaptemos ben, e xa vas sabendo cales son as túas aulas. Nunca falaría mal deste instituto, máis que nada porque ao final fómonos quedando como unha familiia chegando a ser tres por clase e con profesores que viamos dúas horas todos os días.

Mireya Cabarcos,

É difícil resumir seis anos en 10 liñas. No meu caso foi moi gratificante ter sacado a ESO e o Bacharelato, curso por curso. No tocante aos meus compañeiros de clase, dubido que me puidese tocar unha mellor, tanto a nivel persoal como academicamente, xa que somos persoas moi diferentes que se complementan moi ben. Canto a estes seis anos, foron seis anos longos que se fixeron curtos, cheos de momentos bos, como as excursións, e nalgúns momentos na clase, no recreo ou na cafetaría; mais tamén houbo momentos malos, cheos de bágoas, suspensos en matemáticas, algún “roubo” e varias discusións. En conclusión fago un balance positivo da miña experiencia e, aínda que me levo mellores recordos dalgunhas persoas que de outras, esta etapa quedará gravada no meu corazón.

Lía Paz Os primeiros anos neste instituto foron de adaptación. Eramos “ananos” nun mundo de xigantes. Dábanos medo ver os máis maiores estar todos os días con exames. Co paso dos anos fomos entendendo isto. Ao principio pensabamos que era imposible facer ese traballo en tan pouco tempo. Curso a curso fomos vendo que non era tan imposible, pero aínda lle tiñamos medo ao curso seguite. E agora, cando parece que todos os nosos recordos se remontan a este edificio, estamos a piques a marchar.

Brais Martinez

A miña estancia no Castro da Uz foi, en dúas palabras, agradable e aburrida. Agradable porque case todos os profesores se preocupan por ti e tentan axudar en todo o que poden. Os compañeiros tamén foron xeniais, vai ser unha mágoa separarnos agora.

Page 4: Argalladas 2014  2015

Caben destacar as excursións que fixemos, que sempre quedarán na miña memoria, en epecial o intercambio cos franceses en París. Por outra banda, foi aburrida porque progresivamente mingou o número de alumnos ata quedarnos nos once superviventes de agora. Ao sermos tan pouca xente, non podemos faltar a clase. Sempre me quedará esa espiña de “latar” en Bacharelato, ese cravo cravado no corazón.

Sandra Bello

Os meus primeiros anos no instituto foron o descubrimento de novas experiencias e sensacións. Recordarei moitas anécdotas, a moitas persoas ( alumnos, profesores) para ben e para mal, pero sobre todo para ben. Estes seis anos, catro de educación secundaria e dous de bacharelato, pasaron moi rápido ( parece que hai só uns días entrabamos pola porta no noso primeiro día de clase no IES Castro da Uz, e que foi onte cando comezamos primeiro de Bacharelato, fartos de estudar e con outros dous anos aínda víndonos enriba). Despois de moitos anos seguiremos recordando as nosas amizades e engadindo novas, estando as nosas vidas marcadas polos nosos anos no instituto.

Andrea Martínez

O 12 de maio de 2015 cúmprense os 6 anos da miña estancia neste centro. O primeiro ano transcorreu entre nervios e alegría. O segundo e terceiro non foron memorables, agás pola viaxe a París. En 4º da ESO, a presión dos exames comezábase a notar, pero a excursión a Londres compensouno. Un ano despois, entramos en bacharelato, a palabra que máis se escoitaba era “selectividade” e os cambios foron moi notables, pero nada comparado con este, cuxa frase estrela é : “ non vos relaxedes, que estades en 2ºBAC”. En conxunto, foron uns anos xeniais, todo o bo superou o malo e sempre gardarei algún que outro recordo entrañable do lugar onde comezamos a formarnos, tanto como persoas, como estudantes.

Sara González

Na miña estancia no Castro da Uz durante estes seis anos, a pesar de que vivira momentos moi duros de tristeza, de tensión e de preocupación, soamente teño palabras de agradacemento. Os primeiros días tiña o mesmo medo que un coello ante un león, tanto que o día da presentación cheguei a casa chorando e dicíndolles aos meus pais que non estaba preparado. Se de algo estou arrepentido, hoxe en día, é de non ter ido a París, nin a Londres, e tamén de non ter sido máis sociable co resto das persoas. Se antes de empezar esta etapa tivera que escoller os meus compañeiros, sen ningunha dúbida escollería os que teño hoxe, coas súas virtudes e os seus defectos. Se puidera retroceder no tempo, querería volver vivir estes seis anos, a pesar dos malos momentos.

Daniel García Tembrás

Fai seis anos cheguei ao Castro da Uz. Os primeiros días foron horribles. Non sabía o lugar das clases, non coñecía os profesores, pero as cousas foron mellorando co paso do tempo. Os cursos foron pasando e algúns compañeiros quedaron no camiño. Nestes anos hai moitas historias que recordar, pero os que nunca olvidarei serán: “roubo” do Kit-Kat e os posteriores interrogantes; as excursións a París e a Londres. Así fomos chegando a segundo de BAC, no que quedamos só once, e agora que estamos chegando ao final podo dicir que, a pesar dos nosos enfados e desas ansias de acabar e irnos, botarei de menos o Castro da Uz, os meus compañeiros e, incluso, os meus profesores.

Patricia Bermúdez

Recordo que no primeiro curso no Castro da Uz estaba aterrada. Non coñecía o centro, nin como funcionaban as cousas e tampouco tiña moita soltura. Agora, despois de seis cursos, móvome polo Castro da Uz como se fose a miña casa, coa confianza que adquirín despois de pasar polas situacións máis ridículas . No Castro formamos unha segunda familia da que gardo moitísimos recordos ( ninguén esquecerá aquel “Kit- Kat”; os famosos traballos de galego de 4ºESO, as francofonías, ou o primeiro desfile no que colaboramos...), pero, sobre todo, aprendemos xuntos a afrontar as noites sen durmir, as viaxes pasadas por auga e o fracaso dalgúns días.

Fátima García MOITA SORTE EN TODOS OS PROXECTOS QUE EMPRENDADES.

Page 5: Argalladas 2014  2015

O SAMAÍN DO CASTRO No mes de novembro levamos ao instituto as nosas cabazas e escribimos relatos sobre a “ A cabaza falangueira”. O 1ºPREMIO FOI PARA CARLA BASOA, 1ºESO por este relato:

“A CABAZA LABAZA”

Hai moito tempo, cando o Samaín foi inventado, unha pequena cabaza chamada Labaza estaba moi triste. Todos os nenos buscaban nas súas hortas a cabaza máis grande que puidesen coller para decorala e poñela de adorno nas súas casas ou levalas á escola. Aquí chegamos ao problema de Labaza. Ela era moi redonda, laranxa e pequena; por iso ningún neno a quería. Para eles, non daba medo. Só era unha cabaza rechonchiña. Poucas horas despois, cando na horta xa non quedaban máis cabazas ca ela, decidiu marchar en busca de alguén que a quixese decorar. Ao cabo dunha hora rodando sen parar costa abaixo, Labaza foi esmagada por un tractor pero, por sorte, non resultou ferida... Só que xa non era redonda. Agora era medio ovalada. Labaza continuou coa súa busca pero agora rodaba estilo croqueta. De tanto rodar e rodar, saíronlle uns cantos callos por todo o corpo e, da humidade que había, púxose algo máis podre. Esa mesma noite, chegou a unha pequena choza onde atopou un vello colchón e durmiu. Á mañá seguinte, a mañá de Samaín, Labaza desexaba volver á vila para asustar a xente. Cando estaba a saír pola porta, viu unha meiga que tiña fame e... papouna! Pero isto é só a primeira parte da historia de Labaza. A partir dese momento o espírito de Labaza merodeaba pola vila, asustando aos e ás demais cabazas. Labaza fíxose moi popular en apenas unha noite. Labaza estaba moi feliz de ser por fin unha verdadeira cabaza de Samaín e aproveitou asustando á xente todo canto puido. De súpeto, ás doce da noite, sen ninguén saber porqué, Labaza converteuse nun morcego. Dende entón vense morcegos por todos lados a noite de Samaín. Finalmente, Labaza cumpriu o seu soño de ser unha auténtica cabaza de Samaín. E non só iso, senón que, en vez de pudrir como calquera outra cabaza, converteuse nun pequeno pero temerario morcego negro. O 2º PREMIO FOI PARA SARA CEREZUELA, 2ºESO por este relato:

“A CABAZA FALANGUEIRA” Nunha horta dunha escola de Galiza, vivían moitos tipos de legumes e hortalizas, que, a pesar de ser todas diferentes, se querían moito. Estaban todas organizadas en liña segundo o seu tipo pero, cando sabían que ninguén se ía achegar, agrupábanse como mellor se encontraban. Gustáballes moito vivir na escola, porque aos nenos dábaselles moi ben plantalas e coidalas. Mais non todo era tan bonito alí, xa que cando chegaba a época de recoller os froitos, sempre marchaba algún dos amigos, pero esta aínda non era a época. O día 26 de outubro, cinco días antes da festa que tanto lles gustaba aos nenos, o Samaín, festa na que a peor parte tíñana as cabazas, os nenos á saída da escola foron á horta a elixir a mellor cabaza para facer o seu boneco. Pero este ano non ía ser coma sempre ... Todos os anos había unha cabaza que se subía ao alto dunha árbore e contáballes historias ás demais hortalizas e, como se lle daba tan ben falar e facíao tan alto e claro, decidiron que aquel día ela estaría no alto da árbore vixiando a horta e se vía a alguén achegarse, berraría forte para que todos a escoitasen. Así foi. A Cabaza falangueira subiu polo tronco da árbore mentres as demais cabazas facían un buraco, polo cal poderían saír. Os demais vexetais miraban e axudaban a estas, que con moito afán seguían escavando. Tardaron unha hora en rematar e , cando xa estaba listo, a cabaza falangueira deu a saída e todas as cabazas desapareceron daquela escola. Ás dúas, todos os nenos entusiasmados chegaron ata alí, pero para a súa sorpresa só tiñan pementos, cebolas, cenorias, e pouco máis. Os lugares das cabazas estaban todos baleiros! Mentres os nenos, desilusionados, se dirixían cara ao autobús, as cabazas chegaran xa ás rúas da cidade, que por aquela época eran todas moi tétricas. O día 27 de outubro, ás 8:30h da mañá, as profesoras chegaron á súa hora e igual que os nenos sorprendéronse porque non había nin rastro das cabazas. Pasaron días e os legumes do Samaín encontraron unha nova horta, na que tamén había un sitio para a cabaza falangueira. Na escola, amañáronse con plastilina e algunha que outra cartolina para celebrar o día. Pasado o día 31 de outubro as cabazas decidiron volver e regresaron á escola a cabaza falangueira acompañada das súas compañeiras para abrazar a árbore que as axudara a fuxir deste día. Así que non vos pareza estraño ver nestes días algunha cabaza nunha árbore ou polas rúas da vosa vila.

Page 6: Argalladas 2014  2015

IV MARATÓN DE CINE Como todos os anos, os argalleiros e argalleiras das letras reunímonos unha noite para celebrar o maratón de cine e compartir temas das lecturas realizadas durante o curso. Estas foron as elixidas: La guerra de las galaxias, Vivir es fácil con los ojos cerrados, Secretos y mentiras, Te doy mis ojos, Gordos y Los niños de San Judas. Este ano foi unha velada algo “especial”. Dende o comezo, démonos conta do caos que se ía organizar durante a noite, xa que eramos 76 persoas no salón de actos do centro e moitas delas era a primeira vez que asistían, aínda que non todas elas foron as responsables de que a velada resultase “especial”. Durante as películas moitos asistentes comezaron a falar, impedíndonos aos demais escoitar e poder gozar dos filmes. Aínda que protestamos moito, e as profes intentaban manter a orde, foinos difícil seguir o argumento de todas. Como sempre, Rubén, o do +tika+, tróuxonos unhas pizzas para cear, e o agasallo de sempre: flocos de millo, que nos axudaron a gozar máis dalgunhas proxeccións, xa que pronto se acabaron.

As películas, en xeral, gustáronnos, aínda que houbo algunhas das que gozamos máis que outras. Por exemplo, unha das que máis nos gustou foi a de Te doy mis ojos, que trataba sobre a violencia de xénero, conseguindo facer que todos nos concienciaramos da realidade, deramos a nosa opinión, xa que é un tema moi actual. Tamén nos gustou Los niños de San Judas, que contaba a historia dun profesor nun orfanato irlandés nos anos 40. É unha película dura, e moitos dos nenos máis pequenos non conseguiron entendela na súa totalidade. Agardamos que ao V Maratón de cine só asistan os auténticos “Argalleiros e argalleiras das letras”, porque só así, poderemos seguir gozando da nosa actividade. Moitas grazas Amara por acompañar a Chelo nesta longa e “especial” noite.

Carlota Candelas e Alba Requeijo

Page 7: Argalladas 2014  2015

DÍA 25 DE NOVEMBRO Non máis “golpes contra a porta”

Respecto Je suis unique ao monde Non máis frustración O que empeza con violencia soamente se mantén con violencia. A violencia é unha historia sen final feliz. Liberdade equitativa. XUSTIZA Amor Libres HUMILLACIÓN É posible volver empezar Igualdade Liberdade SUFRIMENTO AMIZADE As mulleres son libres, non dependen de ninguén. TOLERANCIA Dor RUÍDO Dereitos LIBERDADE Fraternidade Desprezo Todos temos os mesmos dereitos Parce que les filles son dignes d´être respecteés. Amor ás caricias RESPECTO SINCERIDADE Libres Non máis berros Non máis silencio Poder MULLER SIMPLEMENTE XUSTIZA: IGUALDADE! Non á violencia VALENTÍA Todos somos iguais IMPOTENCIA PERSOAS FÓRA MACHISMO CONFIANZA NON AO MALTRATO DESPREZO SENTIMENTO DIGNIDADE ODIO A VIOLENCIA

Page 8: Argalladas 2014  2015

SEGUIMOS SENDO SOLIDARIOS Os argalleiros e argalleiras das letras non só dedicamos o noso tempo libre a ler, tamén facemos talleres e escribimos para poder recadar uns cartos que nos permitan seguir axudando a todas esas persoas que non están pasando por un bo momento. Cos traballos do curso pasado tiñamos 167 euros e había que pensar a forma de gastalos solidariamente. Ata este ano sempre entregabamos os cartos a responsables de organizacións que axudaban a nenos ex-soldado de Bukavu ou, o curso pasado, a Cáritas das Pontes; pero este decembro decidimos que tiñamos que conseguir que os nenos e nenas da nosa vila puidesen ter un Nadal parecido ao de todos nós. Se querían chocolate, turrón, galletas, cereais, lambetadas... os días de Nadal, nós iamos conseguir que os tiveran. Así foi. Quedamos un día para comprar nun centro comercial da Vila e ás 15,30h alí estabamos todos. Entramos e empezou o “problema”. Tiñamos que controlar o que iamos comprando e ver o que nos saía máis barato sen perder calidade... Levounos tempo, pero a calculadora e algunha mente “esperta” axudaba. Logo había que escoitar os comentarios dos argalleiros: “ a min isto non me gusta”. “Pois a min si”. “Pero non credes que levades moito turrón brando? Na miña casa só lle gusta ao meu avó”. “Pero como vas comprar isto se sae moito mellor e ten máis cantidade isto outro”... O que máis tempo levou foi pesar os polvoróns... houbo que botar man da calculadora para saber cantos tiñamos que levar... Démonos conta que non é tan fácil comprar como nos parecía. Chegou a hora de pagar. Chegaríannos os cartos que tiñamos? Non contamos coas bolsas que hai que pagar!!!! Dirixímonos á caixa e Carlota, a encargada dos cartos, sacou a marabillosa carteira – un sobre que contiña algúns billetes e uns envoltorios con moedas, moitas moedas de euro- ( supoño

que a caixeira suaría) para pagar. E si, AS CONTAS CADRADRON PERFECTAMENTE. Só quedaba chamar as persoas encargadas de vir recoller os alimentos para repartir entre as familias das Pontes que pasan por un mal momento. Puxémonos en contacto coa Consellería de Servizos Sociais e viñeron ao instituto o concelleiro e unha responsable desta consellería ( José e Montse) recollelos. Agradecéronnos, en nome de todas as familias, nenos e nenas das Pontes que recibirían ese agasallo, o noso traballo e animáronnos a seguir sendo tan solidarios.

COA PAZ Xa que os “argalleiros e argalleiras das letras” estamos feitos uns auténticos mensaxeiros da PAZ, este ano, o día 30 de xaneiro, compartimos os nosos contos e música con todos os nenos e nenas do CEIP San Xoán de Filgueira en Ferrol. Ás 8,30h subimos ao autobús: Xairo, “o mago da liberdade. Uxía co “Vento e o sol”. Carlota co “Peso da nada”. Noelia -coa súa e de todos, fochanca- con “Obstáculos”. Alba coa “Paz”. Ariana co “Globo de cores”. Andrea coa “Paz perfecta”. Lucía coa “flor máis fermosa”. Carmen con “Baconao e o delfín” . E todos e todas, xunto con Luís e Natalia, representamos a peza teatral “Contos de lúa”. Íamos cargados de contos e ilusión, pero dúas argalleiras cargaban tamén co peso dos instrumentos e da responsabilidade musical á hora de acompañarnos. E por iso subiron ao autobús: Sofía Ramos e Candela Paz. Grazas por aturarnos. Realizamos dúas sesións nas que fixemos participar a todos e todas os nenos e nenas do colexio e tivemos moito éxito. Logo agasalláronnos cun almorzo na sala de profesores e cando nos marchabamos os nenos e nenas non querían deixarnos ir. Grazas por contar nós e un pracer coñecervos.

Argalleiros e

argalleiras das letras

Page 9: Argalladas 2014  2015

VOLVEU DAVID RUBÍN PARA FALAR DE BEOWULF E OUTRAS COUSIÑAS O día que veu David Rubín a comentarnos o seu libro estabamos todos ansiosos ( os que non o coñeciamos, moito; pero os que xa estiveran con el, aínda máis) pola súa chegada. Era a terceira visita que facía ao centro e, desta vez, viña para falar de Beowulf, o libro que leramos nos obradoiros dos argalleiros e argalleiras das letras, aínda que tamén fixo un pequeno percorrido polas súas anteriores entregas: El Heroe I, II. Cando chegou presentouse e comezou a falarnos dos seus comezos, do seu traballo. A continuación empezou a comentar cada un dos seus libros e como conseguiu facer da súa paixón un traballo. Recordounos que “todo esforzo ten a súa recompensa” e que tiñamos que esforzarnos en conseguir o que nós desexaramos. Pero David Rubín tiña que vir ao centro no mes de xaneiro, porque algúns de nós xa coñeciamos o seu conto “Los niños sin espejo”, incluído no libro Viñetas de vida, que promoveu Oxfam Intermon para a campaña “Si me importa”, e queriamos celebrar o día da Paz con el. Non puido ser, pero cando veu contounos as súas experiencias nun país do terceiro mundo, como Burundi, e amosounos un vídeo sobre a realidade dese país. Relatounos como era a vida dos nenos e nenas, como vivían, e emocionouse ao lembrar como os fixo felices agasallándoos cun simple debuxo seu. Mentres estaba no centro recibiu unha chamada telefónica pedíndolle que volvese a ese país para realizar un novo relato que contase a situación da muller alí. Para rematar fixémoslle moitas preguntas ( sobre todo algúns alumnos de ciclos). Queriamos saber as técnicas que utilizaba para debuxar, as saídas que ten esta profesión..., e el respondeunos sen ningún compromiso, polo que a súa visita durou máis do previsto porque todos preguntabamos e el seguía respondendo. E chegou o momento esperado: dedicounos todos os libros que lle levamos cunha ilustración diferente para cada un, pero desta vez botamos de menos a cor dos últimos anos. Ah! Esquecíasenos, un compañeiro noso – moi bo coa ilustración- perdeu a oportunidade de achegarlle as súas creacións, menos mal que leva un recordo do autor...

Estas son algunhas das ilustracións que nos deixou. Como sabemos que David nunca nos falla e como el sabe que somos fieis lectores das súas obras, non ía marchar así como así. Carmen entregoulle unha vaquiña para a súa filla, Auria (nótase que é de Ourense). Grazas por estar con nós, unha vez máis. Borja, Pablo,Felipe,Lidia,Andrea M., Yago,Lois,Jorge,Álvaro,Andrés, 2ºESOB

Page 10: Argalladas 2014  2015

ENQUISA PARA VALORAR A SITUACIÓN DA LINGUA GALEGA NAS PONTES Cando un reflexiona sobre a situación do galego nas Pontes pode chegar a distintas conclusións, pero ningunha delas está baseada en datos obxectivos. .Cando a nós nos asaltou esta mesma dúbida, decidimos investigar para atopar a verdadeira resposta a esta pregunta. Despois dun duro traballo, de longas tardes percorrendo a nosa vila preguntando a distintos cidadáns de distinto sexo, idade e situación laboral,conseguimos chegar a unha conclusión final. Aquí vos amosamos a enquisa que levamos a cabo durante este proxecto.

1-Falas galego sempre? Si Non

2-Se reponde non, preguntamos en que ámbitos. A)Familia e amigos B)Traballo C)Institucións D)Outras

3-Por que non falas galego en todos os ámbitos? A)Prexuízos B)Vergoña C)Descoñecemento D)Comodidade E)Outras

4-Cres que nas Pontes hai máis galego falantes ca castelán falantes? Si Non

5-En caso de resposta negativa, por que motivo? A)Por pertencer á Coruña B)Polo pasado industrial da vila C)Outras

6-Cres que o galego desaparecerá en 25 anos? Si Non

7-Se desaparecese, farías algo para evitar esa situación? Si Non

8-En caso de resposta afirmativa, que farías para axudar a que non desapareza? A) Transmisión da lingua á descendencia B) Manifestacións C) Outras

9-Consideras que o galego é unha lingua en pé de igualdade ao castelán? Si

Non 10-Por que?

A) O castelán está máis normalizado B) Porque é a nosa lingua oficial C) Outras

11-Que opinas da presenza da lingua galega no ensino? A)Opinas que todas as materias deberían impartirse en galego

Page 11: Argalladas 2014  2015

B)Opinas que só debería impartirse en galego a materia de “Lingua e literatura galega” C)Opinas que debería ser optativa

E os resultados obtidos foron:

PREGUNTAS: MULLERES HOMES

CON

ESTUDOS

SEN

ESTUDOS

CON

ESTUDOS

SEN

ESTUDOS

26 9 20 8

1 SI:7

NON:19

SI:2

NON:7

SI:10

NON:10

SI:5

NON:3

2 A:15

B:6

C:5

D:0

A:5

B4

C:0

D:0

A:8

B:7

C:2

D:3

A:3

B:5

C:0

D:0

3 A:3

B:5

C:0

D:13

E:5

A:0

B:4

C:0

D:5

E:0

A:2

B:4

C:6

D:8

E:0

A:0

B:1

C:0

D:7

E:0

4 SI:11

NON:15

SI:3

NON:6

SI:6

NON:14

SI:4

NON:4

5 A:13

B:8

C:5

A:5

B:4

C:0

A:10

B:4

C:6

A:5

B:3

C:0

6 SI:16

NON:10

SI:7

NON:2

SI:7

NON:13

SI:6

NON:2

7 SI:23

NON:3

SI:7

NON:2

SI:19

NON:1

SI:4

NON:4

8 A:20

B:6

C:0

A:7

B:2

C:0

A:15

B:5

C:0

A:7

B:0

C:1

9 SI:9

NON:17

SI:5

NON:4

SI:2

NON:18

SI:3

NON:5

10 A:15

B:7

C:4

A:4

B:5

C:0

A:15

B:2

C:3

A:4

B:3

C:1

11

A:15

B:5

C:6

A:5

B:2

C:2

A:13

B:3

C:2

A:4

B:2

C:2

Para verificar que os resultados obtidos son completamente obxectivos temos arquivos de audio e documentos escritos. Despois deste estudo, podemos concluír que: debido á influencia do pasado industrial da vila, por pertencer á provincia da Coruña e por diferentes motivos como vergoña ou comodidade, As Pontes pasou de ser unha vila de galego falantes a unha de castelán falantes.

Noelia,Lucía e Camen 1ºBAC

Page 12: Argalladas 2014  2015

EMOTICONAS PARA REPRESENTAR A GALICIA NO WHATSAPP Como bos lectores non nos pasou desapercibida a noticia que andou dando voltas nun xornal para elixir a emoticona que mellor representaría a nosa terra “vía whatsapp”. Aí van as nosas eleccións e opinións, pero... O TOXO O toxo define os montes galegos. Ten unha flor moi bonita chamada alecrín, que é amarela e ten unhas espiñas no talo. Toda a xente que mire este símbolo vai lembrar a Galicia.

Laura Suárez, 3ºESO Da mesma maneira que atopamos no whatsapp distintas flores de cores, tamén podemos poñer a flor do toxo, a chorima, xa que é a que mellor identifica a Galicia. Medra en todo o territorio sen necesidade de coidados e cando florea enche os montes dun amarelo inigualable.

Silvia Balseiro, 2ºESO É a planta simbólica de Galicia, con esa cor florida e resplandecente, a cor dos prados e montes de toda Galicia. Os toxos teñen esa cor viva como os habitantes de toda Galicia, espelidos. Esas espiñas que ten no talo son as responsables de que as persoas que non as coñezan aprendan ao tocalas... Esas espiñas cabezonas, como moitos galegos... Todos eles danlle a Galicia unha cor irrepetible.

Manuel Alén, 2ºESO Cando era máis pequena, a miña avoa pedíame un bico, e como non llo daba dicíame: “es coma un toxo”. Agora sei que é algo importante na nosa cultura. Son de cor verde, pinchan e botan unhas flores amarelas. Medran en montes xunto con outras plantas. Antigamente botábanllos ás vacas no chan da corte: os toxos por debaixo e a herba por riba. A leña do toxo servía para quentar o forno e facer o pan.

Aroa Fernández, 2ºESO

Esta planta é a que mellor representa a Galicia, pois encóntrase en calquera monte galego. Pode representar, tamén, a algúns galegos coma min que se os tocas ou agarras podes saír magoado, aínda que as súas flores ou intencións non sexan malvadas, xa que o único que queren é permanecer na terra sen que se fixen neles, nos seus defectos e, como moito, lles gusta que se dean conta de que están aí, pero sen aproximarse moito para non facerlle dano a ninguén.

Daniel González, 2ºESO Os toxos abundan moito en Galicia e son os que mellor representan os seus montes. Encántame velos en primavera e verán cando están amarelos, aínda que pinchen e fagan dano, se caes encima deles. Son preciosos e verdadeiramente decorativos.

Pablo Martínez, 2ºESO

O toxo é a planta máis característica de Galicia, ademais, a súa flor invade os montes cunha viva cor amarela e un agradable e doce cheiro.

Lois Pita, 2ºESO O GAITEIRO Este personaxe sempre foi unha persoa que representou a Galicia, os galegos e o galego. Moitos escritores, como Rosalía ou X. M. Pintos, xa escribían sobre a súa importancia.

Judit Goti, 3ºESO

É un personaxe típico de Galicia e xa desde moito tempo atrás representa a toda a comunidade galega. Tamén é importante no noso folclore e, fóra da nosa comunidade, só con velo saben de onde é.

Lucía López 3ºESO

Se hai algo que representa a Galicia é a música, pois denomínase a esta, Terra das orquestras. Sendo a música máis representativa da nosa comunidade autónoma a que se toca coa gaita, un instrumento peculiar polo proceso que se realiza para o seu acabado. En todas partes, cando escoitan tocar un gaiteiro, deseguido o identifican con Galicia. Esta imaxe é a que reflicte a esencia da nosa terra e, ademais, é unha desas cousas que lle dá vida á nosa cultura.

Francisco .... 2ºESO A gaita galega e o gaiteiro son os representantes da música tradicional galega por excelencia. Están moi arraigados no noso folclore dende a antigüidade e hoxe o uso deste instrumento esténdese por toda Galicia e non poden faltar en ningunha festa.

Borja López, 2ºESO

Page 13: Argalladas 2014  2015

Para min o gaiteiro é o símbolo de Galicia. En todas as festas patronais galegas hai gaiteiros que tocan sempre música da zona. Nas festas exercen como de artistas que intentan transmitir a música e a cultura de cada zona, é dicir, tocan música galega para demostrar que están orgullosos da súa terra.

Andrés Varela, 2ºESO Entre as imaxes “a galeguiña” e o “gaiteiro” estou indecisa, xa que penso que as dúas serían perfectas para representar Galicia. A gaita galega é coñecida en todo o mundo, o día de San Patricio en New York actuou a Real Banda de Gaitas de Ortigueira, o que fixo que aínda sexa máis recoñecida así como o noso traxe de galeguiña. Por poñer outro exemplo, acórdome de pequena ir ás tendas de agasallos e ver que a maioría deles eran gaiteiros e gaiteiras tocando a gaita e bailando e todos poñían: “ Recordos de Galicia”. Por todo isto estou indecisa. Se de gustos se tratase eu quedaríame coa galeguiña, xa que sempre me chamaron moito a atención os seus traxes, porque me parecen moi logrados e fermosos.

Lidia Mirad, 2ºESO O CAMIÑO DE SANTIAGO Identifícome con el porque nel coñeces algúns dos lugares máis importantes de Galicia. É moi popular e non só coñecido en Galicia, senón en toda Europa. O Camiño de Santiago é único e o símbolo da cuncha que o identifica debería ser a icona elixida.

Luís López Melero, 3ºESO Aínda que só percorrín algúns quilómetros, penso que é o máis representativo de Galicia, xa que todos os anos veñen moitas persoas a facelo.

Manuel Galdo Fraga, 3ºESO

É algo coñecido internacionalmente e que todas as persoas relacionan con Santiago de Compostela e, polo tanto, con Galicia. É algo positivo, xa que é un “evento” de alta calidade humana con moi bo prestixio fai moitos anos xa. E se a xente estranxeira e incluso nós mesmos nos temos que identificar con algo, canto mellor recoñecemento teña, mellor.

Severiano Castro, 3ºESO

O Camiño de Santiago é o que mellor nos identifica porque é coñecido mundialmente e cando os estranxeiros o vén, xa o recoñecen inmediatamente.

Marcelo Blanco, 3ºESO O POLBO Á FEIRA Esta icona é a que mellor nos representaría, xa que este prato é moi típico en Galicia e ademais está moi bo. Ademais, poderíase usar para invitar a comer.

Óliver Núñez Gómez, 3ºESO

É unha comida típica de Galicia e eu identifícome moito con ela porque me gusta moito. Sempre o comín e cada vez que o como recórdame a cando o facía na fraga e nas comidas familiares. Ademais é algo que lles gusta a todos.

Mario Vérez Rodríguez, 3ºESO

É un dos meus pratos favoritos, pero penso que a foto para o Whatsapp non serve para nada, xa que o mellor é ter un prato de polbo preparado para acompañar calquera conversa coa túa nai, coa túa avoa ou cos teus amigos e ir comer fóra da casa.

Diego Sevilla, 2ºESO OS GRELOS Os grelos é o símbolo que mellor identifica o noso idioma, o galego; e a nosa terra, Galicia. É un elemento fundamental que non pode faltar nun bo caldo, que é a mellor comida galega e do mundo. Por outra parte, a cor verde do grelo representa os bosques de Galicia. O grelo é a identificación exacta do noso pobo.

Alberte Ledo, 3ºESO

Os grelos son o prato cume da gastronomía galega. Moita xente ao velos xa os relacionan co famoso Caldo galego e, como non, co lacón. Deberían ser elixidos porque representan o valor gastronómico e cultural de Galicia.

Antonio Fraguío, 2ºESO

Page 14: Argalladas 2014  2015

Recórdame cando os meus avós recollían os grelos para despois facer o caldo con eles. Leticia Alonso, 2ºESO

A GALEGUIÑA Escollín esta imaxe porque, igual que cando vemos outros traxes tradicionais sabemos identificar os lugares aos que pertencen, penso que é unha forma de representarnos. Ademais é algo que só hai en Galicia, así que só se pode relacionar con nós. Quedo con esta imaxe, co seu inigualable traxe tradicional e cos seus bailes sen igual.

María Román Pico, 3ºESO Síntome identificada coa fotografía da galeguiña bailando, xa que eu practiquei baile tradicional durante sete anos. É unha actividade xenial, xa que queimas moitas calorías e pásase de marabilla. Ademais tamén nos podemos facer unha idea da maneira de facer as cousas tradicionalmente a través das cancións que acompañan ao baile. Esta imaxe reflicte esa maneira de vestir para bailar, eses movementos e esa alegría que só se dan na nosa terra.

Alba Requeijo Cendán, 3ºESO MORRIÑA Identifícome coa foto da emigración, porque a miña familia, sobre todo os meus tíos, tiveron que marchar de Galicia para atopar traballo, xa que na casa non tiñan para mantelos. Algúns fóronse a Francia e Alemaña, outros ao Reino Unido e, incluso houbo uns que se foron a América. Todos eles deixaron a súa familia e emprenderon unha viaxe a países descoñecidos en busca de traballo, sen coñecer o que ían atopar, nin saber o idioma que alí falaban.

Leticia Carballeira, 2ºESO Elixo a morriña, xa que me parece moi triste que os galegos e galegas tiveran que irse e, creo que, é un feito que debería ser recoñecido por todo o mundo. Moitos galegos sentiríanse identificados ao ver esa imaxe e non só eles, tamén os seus descendentes.

Sara Cerezuela, 2ºESO O CAN DE PALLEIRO É un animal galego, que ten unha historia importante, xa que acompañou os galegos na súa expansión por Europa e polas Illas Británicas. Ten descendencia dos pastores belgas e holandeses.

Paula Castro, 3ºESO

PERO... AÍ VAN AS ICONAS QUE ENGADIRIAMOS A PAISAXE GALEGA O máis bonito, o máis característico e o máis representativo de Galicia é a súa paisaxe. As nosas costas, os nosos bosques – os máis abundantes de España e froito de tantas lendas-. As nosas costas son as máis importantes e atractivas de España, destacando a bruma do mar e mais a néboa, características da nosa paisaxe.

Antonio Fraguío, 2ºESO OS MONTES GALEGOS Os montes de Galicia son bonitos, vese a verde herba e nunca están secos, como moito están nevados, pero tamén están bonitos. Cheiran moi ben porque teñen unha árbore chamada eucalipto...

Diego Sevilla, 2ºESO O mellor que representaría a Galicia serían os montes galegos porque o máis fermoso é ver os nosos montes amarelos polas flores das xestas e dos toxos e ver os campos verdes que rodean estas impenetrables montañas.

Borja López, 2ºESO O AFIADOR En lembranza dun oficio case esquecido, e que noutros tempos era característico de toda Galicia, especialmente de Ourense. Podía significar “chamada” ou “atención” polo asubío que estes traballadores ambulantes levaban sempre con eles para alertar da súa presenza.

Silvia Balseiro, 2ºESO

Page 15: Argalladas 2014  2015

O ZOQUEIRO Eu creo que o zoqueiro pode identificar a Galicia, xa que hai uns anos este oficio era moi común, aínda que hoxe en día quedan moi poucos. Na emoticona aparece un home cun mandil de coiro e unhas zocas nos pés. O señor está sentado nunha cadeira, rematando de darlle forma a unha zoca. Identifícome con el porque na aldea dos meus avós había uns veciños que se dedicaban a facelos e algunhas veces regalábanlles algún par.

Leticia Carballeira, 2ºESO

O PRADO COAS VACAS O prado verde coas vacas, o orballo que hai polas mañás, esas gotiñas de auga que ten a herba, esa é a cor de Galicia. Se mirásemos a Galicia desde o ceo sería un pequeno mundo verde, cheo de colorido e ledo. Con eses animais galegos que son as vacas, pacíficas e boas. Todo xunto forma unha paisaxe bonita, agradable, tranquila; un lugar separado da cidade, na aldea con moitos animais. O prado non só ten que ter vacas, pode ter cabalos, ovellas, etc.

Manuel Alén, 2ºESO A LAREIRA Cando era máis pequena o meu avó collíame no colo e sentabámonos diante dela. Botáballe leña e prendía o lume para quentarnos.

Aroa Fernández, 2ºESO É moi típico de Galicia nas casas de pedra e gústame sentarme ao lado nas noites de frío.

Álvaro Felgueiras, 2ºESO O CALDO Significa esa comida dos domingos na casa dos avós, todos en familia. Ese cheiro a caldo que invade toda a casa...

Leticia Alonso, 2ºBAC O CASTRO Aí é onde vivían os nosos antepasados. Parécenme “casas” moi curiosas e especiais que o resto do mundo debería coñecer. Teñen moita simboloxía e din que dentro había un tesouro. Pola tradición oral transmitíronse elementos de simboloxía e mitoloxía dos castros.

Sara Cerezuela, 2ºESO AS ONDAS DO MAR Galicia está “rodeada” de mar, e mar como o noso non o hai en ningún lugar de España.

Pablo Martínez, 2ºESO As ondas do mar nun día que o mar estea bravo. As ondas grandes e o mar bravo representarían a Galicia.

Andrea Montero, 2ºESO OS CRUCEIROS Os cruceiros marcan case todos os camiños, dende o máis antigo ao máis recente, e axudan a manter o rumbo fixo aos camiñantes e peregríns.

Lois Pita, 2ºESO AS FRAGAS DO EUME Deberían representar a Galicia pola súa beleza, natureza e fermosura.

Jorge, 2ºESO A AUGA --- CHOIVA A Galicia recoñéceselle pola continua choiva, pola auga que nos acompaña nos seus preciosos ríos e fermosos mares. Para min a auga da choiva é o símbolo de Galicia.

Andrés Varela, 2ºESO Cal elixirías ti?

Page 16: Argalladas 2014  2015

E estes foron os gañadores: 1º premio: DANIEL GONZÁLEZ FORMOSO, 2ºESO Cando a vin sentada naquela plataforma e me dixo adeus, souben que esas serían as primeiras e últimas palabras que escoitaría daquela rapaza da que me namorei.

2º premio: CARLA BASOA PIÑÓN, 1ºESO De mil maneiras que hai para sorrir, todas son grazas a ti. Como foron moitos os que participaron, aquí tedes algúns exemplos. 1ºESO -Dende que te vin a memoria perdín, porque me fas tilín e non podo vivir sen ti. -Nin che direi “tqm” nin os alcumes como princesa e raíña. Prefiro as vosas gargalladas e un feliz S. Valentín ao teu lado. Nin o mellor pegamento pega como estamos pegados os dous. - Nai naiciña, ti déchesme esta vidiña coa que tanto gozo coa que tanto río, grazas por coidarme, grazas miña nai, miña naiciña. - O amor que alberga o meu corazón é máis grande que unha canción chea de soños. 2ºESO -Hai anos, un mariñeiro pasaba todo o ano en alta mar e o máis difícil diso era estar sen os seus. Por iso, en todos os portos buscaba un teléfono para escoitar as súas voces. -Un neno caeu do tobogán. O avó apenas se podía mover, pero correu cara a el e abrazouno. O avó pensaba que lle pasara algo e choraba. Estaba triste e tamén asustado. -No bosque unha xirafa bebía auga, cando de súpeto oíu un estrondo. Un elefante estaba sendo atacado por cazadores furtivos. A xirafa axudouno e fixéronse moi amigos. -Orelludo coñeceu a Orelluda. A súa paixón era coma a enerxía que hai entre as nubes e os lóstregos do ceo. Eles non teñen prexuízos nin disputas, viven por e para o outro. 3ºESO -Recordos nos que vexo o pasado moi presente. Naciches, emocionáchesme e namoráchesme. Dende aquela alegraches todos os meus días, pequerrecha. Ti énchesme. -Estaba na rúa e vin un cadelo pequeno na beirarrúa. Tiña unha pata rota e non se podía mover. Mirábame cuns olliños que non o puiden resistir e leveino á miña casa. -Naquel triste hospital chaman á porta. A súa amiga sorpréndea. Ela, a de sempre. Fóndense nun gran abrazo. E, a partir dese momento, soubo que nada as separaría. Nunca. -Fai cinco anos eu xogaba ao fútbol, pero un día aburriume e uns amigos recomendáronme que me unise ao equipo de baloncesto, desde aquela non parei e nunca o deixarei.

Page 17: Argalladas 2014  2015

4ºESO -Sabes cando toco o piano e ti vés coa túa acaramelada voz dicindo se a canción que escribo é sobre ti? Como vou dicir que no? Ti es a miña musa e contigo a vida é unha canción. -Anxo dos meus pesadelos! Só quería dicirche: onde estabas? Estaba moi preocupado, non podo durmir, non podo soñar de noite. Xa non teño ninguén que me ensine o camiño. -Sufrimento non, risa si; tristeza non, só alegría. Vivir a vida contigo é o que eu quero. Pasar os meus días contigo é o meu destino. Darche os minutos é a miña obriga. -Namorarme do ardor do verán aínda eu sendo o máis puro inverno; namorarme do norte, e de perdelo, e de estar nas nubes cos paxaros da miña cabeza! Amor ao meu estilo. 1ºBAC -Aquelas palabras que non soubemos dicir, as cartas non enviadas, respirar profundo, noites de insomnio, bágoas nos aeroportos. Sentir redobres na caixa torácica. -Persoas que son tren ou estación. Apertas que cortan a respiración. Ollos cómplices, protagonistas de miradas, cheos de sorrisos, que falan máis que as palabras. -Nunca perdamos esa aspiración de voar alto, de voar lonxe; de soñar grande e de amar sen barreiras. Sen ilusión, esperanza e, sobre todo, amor, non somos nada. -Naces, neno, apreciado pola familia. Creces, polos amigos respectado. Amado, rapaz, por esa persoa especial. Pero ninguén te quixo como a morte, vello, o día final. 2ºBAC Como unha lembranza especial, van todos os seus textos. Nós, tamén os queremos. Amor é unha estrada baleira que se abre diante de min. As árbores arroupando o ceo, o silencio. Eu na miña bici, a roda diante, todo recto. Carmen Sabedes da “senda arcoiris” do Mario Kart? Pois así é o amor. Ao principio todo é fermoso, pero ao vir unha curva caes no abismo, só que na vida real non hai unha nube que te rescate. Sandra Amor e odio, emocións opostas e fortes de sentir. Pero todo inimigo pode tornar amigo e viceversa. Posto que son caras da mesma moeda. Sara Lévasme a onde pensei que non podía chegar. Entón esperto e recordo que non existes, pero sígote buscando. Es o que seguirei esperando. Andrea Teño unha cicatriz moi fonda na alma, que só ti podes pechar. Necesito verte cada día, aínda que me doia verte lonxe de min. Necesítote tanto coma os peixes necesitan a auga. Brais Persoas que levan xuntas moitos anos. Un avó facendo o almorzo a unha muller sen memoria, léndolle cartas para que volva recordar. Un can lambéndose a cara, ao chegar á casa. Lía Sorrisos, palabras fermosas, emocións, novos sentimentos e ilusión. Non sabes como vai acabar, pero na vida o necesario é arriscar. Patricia Confuso, efervescente, contraditorio. Lume e xeo. Forma parte de ti. A sombra dun raio de luz. Unha imaxe inimaxinable. Non se entende. Só se sente. Fátima A unha persoa non se lle quere polas pezas que ten, senón polos pedazos que lle faltan. O primeiro que sentes é dor, pero iso é bo, porque indica que estás namorado. Dani Ledicia, diversión, tenrura é o que debemos sentir cando estamos con alguén ao que queremos. Só con sentilo preto tes que estremecer. Por iso, penso que se non é iso o que sentes, non é verdadeiro amor. Mireya Esperemos que sigades facendo da nosa lingua, unha lingua de amor.

Page 18: Argalladas 2014  2015

EN RADIO RAS FALAMOS CON JOSE ANTONIO SOTO Hoxe en Radio Ras entrevistamos a SOTO, o profe de relixión e amigo de todos e todas. - Bos días, Soto. - Bos días. - Importaríache que che fixeramos unhas preguntas? - Pois non, a ver. - Moitas grazas. Que querías ser de pequeno? - O primeiro oficio que recordo con tres anos era o de garda civil, porque daquela aínda viñan polas casas e facíame graza ver aqueles uniformes. Penso que me chamaban moito a atención esas correaxes e a pistola. A un neno pequeno chámalle moito a atención iso. Foi a primeira profesión que me vén á mente. - E como decidiches dedicarte a túa profesión actual? - A verdade, foi un cúmulo de circunstancias. Primeiro estiven no seminario, fixen teoloxía e deixeino. Pero acabei a carreira, porque sería un erro deixala sen rematar. O feito de ter a carreira de teoloxía, evidentemente, unha das saídas que ten, practicamente a única, é ser profesor de relixión, e esas foron as circunstancias que me trouxeron ata aquí. - Que significa para ti poder ensinar os rapaces? - A min dáme unha oportunidade de humanizar, sobre todo. É o que pretendo, porque vexo que estamos nun mundo que está bastante baleiro, no que prima o diñeiro e o poder sobre a humanidade; sobre empatizar cos demais, valoralos, entendelos... Eu pretendo, sobre todo, intentar polo menos transmitir iso. - Gustaríache cambiar algo do teu traballo? - Si, gustaríame cambiar o sistema no que estamos. Creo que ten que ser moito máis flexible, quizá, e adaptarse moito máis á realidade social que temos e aos nenos ou adolescentes cos que traballamos. Pero ben, o sistema educativo ten moitos defectos, pero podemos melloralo entre todos. O que pasa é que necesitamos un apoio importante, non só temos que poñer interese os profes, senón que os alumnos debedes facelo tamén, e os pais deberían apoiarnos máis do que nos apoian, porque a sociedade agora mesmo parece que está en contra de nós, dende o meu punto de vista. - As clases espertan en ti algún tipo de sentimento? - Pois si, porque, ademais desde o plano en que traballo, evidentemente ver como medra a xente emocióname. É dicir, alégrame ver que evolucionan correctamente demostrándoche cousas valiosas, e tamén me entristece ver que a xente se equivoca e que non fai caso cando lle pretendes abrir os ollos ante circunstancias da vida que hai que entender que non son o camiño correcto. Non me gusta ver que os rapaces e rapazas collan camiños equivocados e que tomen decisións que os prexudican. -Traballas noutra cousa fóra do colexio? - Non, agora mesmo non. Só traballo no colexio. - Que che parece As Pontes? - As Pontes é un sitio particular polas circunstancias que o rodearon dende que apareceu a mina. Opinar? Imos ver… Como vila en si mesma ten cousas interesantes. Medrou, ao mellor, dunha maneira que non foi a mellor. Os poboados puideron facelos doutra maneira, porque ademais había medios e púidose facer quizá un casco urbano e a parte máis nova máis atractivos. Non deixa de ter o seu encanto natural no contorno, aínda que hai moita xente que di que non, polo feito de ter unha central contaminante. Iso é quizá un problema por unha parte, pero por outra é a case única razón de existir esta vila tal cal é, non? Non sei. Se falades da xente, paréceme un sitio bastante agradable. A xente que fun coñecendo aquí, ou apuntei ben, ou coñecín a todas as persoas acolledoras da vila. Neste sentido é unha vila acolledora. - Que che gusta facer no teu tempo libre? - No meu tempo libre? O meu tempo libre agora dedícollelo practicamente aos nenos, porque teño dous, pero con eles argallo o que podo. A min gústame moito argallar. As miñas afeccións son a electricidade, mecánica …, é dicir, todo o que ten que ver coa tecnoloxía gústame. A música tamén, o deporte, entón dedico un pouco do meu tempo a esas cousas. - Practicas algún deporte? - Si. Agora mesmo dedícolle menos tempo porque a bici é o que me permite compartir máis tempo cos meus nenos. Teño un remolque para levalos e mais unha cadeira detrás e podo levar os dous. Entón, case case, para

Page 19: Argalladas 2014  2015

estar con eles teño que limitarme a isto. Porque algo de remo facía, pero a verdade son moi pequenos para levalos no kayak e decidín aparcalo polo momento. - Sabemos que tes unha afección polos coches. Se foses unha peza dun deles, cal serías e por que? - A centralita, porque é a que toma todas as decisións. Entón para ter as cousas controladas creo que sería a centralita. - Poderías contarnos algunha experiencia que che deixara especialmente marcado? - Experiencias …? E que me marcaron moitas. Non sabería dicir cal me marcou máis, pero algunhas poderían ser incluso moi persoais e houbo algunhas que foron brutais. Experiencias … Poderíavos contar unha. Unha das experiencias que me marcou foi facerme responsable dunha vida. Tiven que facerme responsable de alguén que non tiña ganas de vivir e foi un gran peso que caeu sobre min. Ter que vivir con iso e traballar case como se foras un terapeuta durante moito tempo. Foi unha experiencia que me fixo ver as cousas doutra maneira, e como merece a pena facer un esforzo, porque eu, en concreto, a este caso dediqueille un ano da miña vida, moitas horas cando era un estudante. E iso demostra que sempre hai que pelexar polas cousas, aínda que se vexan difíciles, porque os atrancos pódense superar con loita. - Como imaxinas a túa vida dentro de dez anos? - Dentro de dez anos imaxínome cun preadolescente e un adolescente, e entón, pois… (risa) tratando de abrirlles camiño, e que entendan as cousas para non cometer os erros que fun vendo eu ao longo da vida. Sobre todo iso, porque vai ser o que máis me ocupe nese momento. - Moitas grazas polo teu tempo. - Nada, a vós polo voso.

Laura Suárez, Alba Requeijo, Paula Castro, Cintia Pérez, Judit Goti, 3ºESO Foron moitas as voces que se achegaron ata a nosa Radio escolar. Santiago, o profe de bioloxía volveu deleitarnos coas súas respostas. O artesán e torneiro Vigo visitou a nosa Radio e contounos como se pode e debe aproveitar o tempo libre traballando no que che gusta, a madeira. El é un traballador excelente e ten un taller onde fai instrumentos (pandeiretas, bombos...), pero o que máis destacou foi a iniciativa de visitar a asociación “Amigos da madeira das Pontes” para que todo o alumnado, e todas as persoas que queiran, se acheguen e poidan elaborar os seus propios instrumentos ou calquera peza que se poida facer coa madeira. Como bo artesán, lembrou a exposición que se realizaba neses momentos na nosa vila, “A beleza do torneiro”, e recordou o seu autor: Fernández Vérez, do que salientou o seu bo facer e o seu traballo á hora de fomentar as asociacións de amigos da madeira das Pontes. Respondeu ás nosas preguntas máis persoais e así soubemos que se elixira ser un instrumento sería a gaita; un cadro: as Meninas; un libro: a enciclopedia ( iso que nós non sabemos o que é) e se puidera pedir un desexo gustaríalle volver á nosa idade. Moitas grazas por visitarnos e agardamos vernos o ano que vén nun taller de madeira que promova a asociación “Amigos da madeira das Pontes”. Agradecemos a todos e a todas os que pasaron por radio Ras este curso a súa colaboración e paciencia.

Borja Pita, 1ºESO

Page 20: Argalladas 2014  2015

FALAMOS CON PURA GALÁN Ola, bos días! Hoxe, en radio Ras, entrevistamos a responsable da coordinación provincial dos equipos de dinamización de Lingua Galega da Coruña, Pura Galán. Bos días, Pura. Somos alumnos e alumnas de 2ºBAC e gustaríanos facerche unhas preguntas, xa que ti, mellor que ninguén, nos podes falar da situación que vive nestes momentos a lingua galega. Se me permitides, antes de responder, quero agradecer a vosa invitación a este centro no que estiven de docente hai 25 anos e do que gardo moi bos recordos.Tamén salientar que eu son unha docente, unha profesora máis, e que puntualmente exerzo este cargo. - Para comezar, poderíanos dicir cal é a función dunha coordinadora territorial dos equipos de dinamización da lingua galega? - Son unha profesora, unha docente que, neste momento, está en comisión de servizos como coordinadora dos equipos de dinamización da lingua galega na provincia da Coruña. En cada provincia hai un docente que se encarga de ser unha ponte entre a Secretaría Xeral de Política Lingüística e os centros educativos. Informamos os centros de todas as novidades que leva a cabo a Secretaría e estamos en contacto cos coordinadores dos centros para resolver dúbidas de diferentes tipos. Asesoramos nas actividades, seleccionamos as actividades máis representativas para expoñer na web... Outras veces temos a sorte de vir aos centros e participar nas actividades. É outra experiencia interesante. - As estatísticas máis recentes que se realizaron sobre a nosa lingua din que soamente o 51,5 % da poboación é galegofalante, sendo a maior parte desta porcentaxe xente de idade avanzada, e que o 47% da mocidade só usa o castelán. Cal é a túa opinión sobre estes datos? - Efectivamente os datos están aí e a verdade é que non se pode facer unha valoración moi positiva, pero os datos son ás veces contraditorios. Tendo en conta que a maior parte da poboación entende galego, mesmo a poboación inmigrante, comprende galego, xa que é unha lingua próxima ao castelán e a comprensión non é difícil; e unha parte da poboación, moi importante, segue falando galego, aínda que sabemos que esa poboación é de certa idade (maiores de 65 anos e de ámbito rural), pero segue falando maioritariamente en galego; en contraste hai unha poboación máis nova e do medio urbano que o fala moito menos. As autoridades educativas, concretamente a Secretaría Xeral de política Lingüística, coñecen a situación e son conscientes de que o uso do galego ten que pasar por fomentalo no tramo dos cinco- quince anos e sobre todo nas cidades. E por iso organiza moitas actividades a través dos concellos ( Boca aberta, Falaredes...), centros educativos ( Nós tamén creamos, alumnado infantil no que se promoven as actividades audiovisuais; a mozos e mozas, Lingua de namorar...). A realidade está aí, pero a Política Lingüística tamén é consciente desa eiva e está esforzándose en intentar compensar un pouquiño. - De manterse este ritmo, dentro de 25 ou 30 anos, a porcentaxe baixaría ao 25% e o galego estaría en risco de desaparecer, sendo unha lingua difícil de recuperar. Como cres que se podería evitar esta situación? - A afirmación que acabas de dicir pode ser certa. Pode cumprirse e pode non cumprirse. As autoridades, con maior ou menor éxito, toman medidas tendentes a que iso non pase de ningunha maneira. Pero finalmente imos ser os falantes os que sexamos responsables desa realidade ou non. Somos os falantes os que temos que desprendernos de certos prexuízos, intentar valorizar a lingua e darlle prestixio. Aínda que ás veces non se vexan os pasos, si que os hai. Vós coñecedes conceptos como os prexuízos, autoodio..., e sabedes que temos que encontrarlle UTILIDADE e ser conscientes de que estamos nun universo lingüístico e formamos parte dunha comunidade lingüística galego- luso-brasileira , que grazas a coñecer o galego e ser galegos temos posibilidade de comunicarnos con moitísimos millóns de falantes de todo o mundo ( Portugal, Brasil, ex colonias portuguesas espalladas por todo o mundo...). Ademais da utilidade está o vínculo afectivo que temos que ter con ela, seguro que os vosos pais, avós, bisavós... falan galego. A parte do vínculo afectivo e da consideración da lingua como base para conxugar a nosa cultura temos que pensar que nun mundo globalizado, como o que vivimos, manexar unha lingua na que nos poidamos comunicar con tantos millóns de persoas é fundamental e pode reportarnos moitos beneficios culturais, sociais e económicos.

Page 21: Argalladas 2014  2015

- Cales son as iniciativas que se propoñen - vos propoñedes- para evitar esta situación que, de producirse, sería un grave problema para a nosa lingua? - A Secretaría Xeral non só traballa no eido do ensino, tamén o fai noutros ámbitos como os concellos, nos que programa actividades, en especial, para o público máis novo. Nos centros escolares funcionan os EDLG, que cada vez buscan eidos que vos gusten a vós: deportes, relacións sociais, novas tecnoloxías... Vós sodes un exemplo claro, porque traballades moito pola dinamización a través dos medios que vos gustan. Sei que gravastes vídeos polo ano de Rosalía, traballades coa radio... Vós estades contribuíndo e a Secretaría Xeral quere facilitar estas actividades, aínda que os recursos non sexan moitos. - Cres que o traballo realizado polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega nos centros educativos cumpre os seus obxectivos? - Pois sinceramente a miña experiencia non pode ser máis positiva. Non todos os centros traballan igual, non todos teñen os mesmos recursos materiais e sobre todo humanos, como os que tedes aquí. Aínda que non todos os centros traballan igual, eu estou sorprendida de ver as actividades tan extraordinarias que se fan nos centros escolares. Tendo en conta a perspectiva de anos, as actividades foron cambiando co tempo. Antes facíanse actividades que tiñan que ver co galego (revista escolar, teatro, folclore, etnografía...), parecía que a dinamización só competía ao galego, pero todo iso estivo moi ben porque contribuíu á normalización do galego; pero agora, fanse moitas actividades que non quedan restrinxidas ao centro, actividades que sobrepasan o ámbito do propio contorno escolar. A isto contribuíu as novas tecnoloxías, porque vos gusta máis o medio. Agora predominan os traballos audiovisuais, as curtametraxes, documentais, programas da radio, redes sociais... porque vos motiva e está dando moi bos resultados dende o meu punto de vista. - Paréceche que o uso da lingua galega está normalizada entre o alumnado? - Volvemos un pouco ao de antes. Depende da situación xeográfica. Nos centros máis rurais o uso do galego está máis xeralizado, non só entre o alumnado, senón en toda a comunidade educativa. Noutros centros non tanto. A mellorar esta situación podemos contribuír todos. Xa hai unha lexislación vixente que contempla que toda a documentación do centro sexa en galego, as actividades... Todo depende da medida en que se respecten por toda a comunidade educativa. Nos centros de primaria tamén está encamiñada á participación das familias, á participación activa das familias. Os avós, os pais acoden aos centros, a contar contos... ( Soou o timbre) - Que puntos a favor ou en contra lles ves ás políticas lingüísticas que levou a cabo o goberno bipartito e a que está levando a cabo agora o goberno do PP? Paréceche que teñen que ver coa situación actual da lingua galega? E algo comprometida, pero por probar non se perde nada. - O que pasa é que como son unha profesora máis e non teño ningunha responsabilidade política pouco vos podo responder sobre iso. Efectivamente houbo un cambio no que se refire á porcentaxe das materias que se imparten en galego coa entrada en vigor do decreto 79/2010, que se coñece como decreto para o plurilingüismo, e do que sabedes que aí hai posturas moi enfrontadas. Pero do que eu vos podo falar sinceramente, sobre o que ten que ver co funcionamento dos equipos de dinamización da lingua galega, o cambio máis substancial é o que afecta á denominación, xa que pasaron de denominarse ENDL a EDLG, por certo que non foi o primeiro cambio. Dende principios dos 90 xa foron moitos os cambios, porque entenderon que había que incidir neste concepto. Este cambio foi moito máis positivo porque agora as actividades e o fomento destas son o principal obxectivo. O funcionamento dos equipos non variou e as actividades son cada vez mellores. - Esta situación, na que mesmo se fala da futura perda da nosa lingua, a Xunta non a considera preocupante e semella facer unha lectura ata positiva. Que opinas sobre isto? - Creo que antes pasei un pouquiño por riba desta cuestión, porque as cifras sempre son interpretables, independente da ideoloxía. Sempre se pode coller unha parte da información e argumentala para o que queiramos expor, pero de todos os xeitos hai determinados aspectos que antes non se contemplaban. O tema da lusofonía non fora antes contemplado, non fora antes tratado e este goberno, e aclaro que non teño nada que ver con el porque son unha profesora máis, deulles importancia e agora o fomento deses vínculos ten rango de lei, e por ese camiño pódense conseguir moitos avances. E polo que vos dicía antes, non só os vínculos afectivos, senón esa utilidade que lle temos que atopar.

Page 22: Argalladas 2014  2015

- O uso da lingua galega nos medios de comunicación é aínda minoritario con respecto ao castelán. Que opinas sobre isto? - Nos medios de comunicación todos somos espectadores e cada vez a oferta é máis variada. Acendemos o televisor e temos moitas canles para escoller , pero, o certo é que temos dous medios galegos nos que maioritariamente se fala galego, á parte dalgunha canle privada como VT. Temos medios audiovisuais. Nos medios escritos, sería necesario e sería moi conveniente que o galego se normalizase nestes medios e que non fose anecdótico o feito de que aparecese unha noticia, ou que apareza o Dia das Letras galegas. Por suposto que aí hai moito traballo que facer. - Para ir rematando a entrevista, Pura. Que tres adxectivos lle darías á nosa lingua neste momento? - En fin, así para improvisar seguro que non vou escoller os máis acertados, pero incidindo e recollendo o que xa dixen: querida, fermosa e útil. - Se puideses pedir un desexo para a nosa lingua, cal sería? - Que sigamos todos falando galego, polo menos os que o estamos falando neste momento. Conseguir que os demais e que esas estatísticas ás que fixestes referencia vaian cambiando, porque a situación sempre é mellorable. O mellor desexo pode ser ese. Moitas grazas por darnos a oportunidade de falar contigo, por achegarte ata o Castro da Uz e a Radio Ras. Esperamos que xente coma ti siga traballando a prol da normalización do galego para que a nosa lingua siga vivindo aínda “ mil primaveras máis”. Alumnos e alumnas de 2ºBAC Responsables da entrevista: Carmen Polo e Lía Paz,2ºBAC (Esta entrevista está gravada na súa totalidade e á vosa disposición na aula virtual do centro. Para compartila con todos e todas vós nesta canle, vímonos na obriga de axustar as respostas, pero sempre manténdonos fieis ás palabras da entrevistada)

Page 23: Argalladas 2014  2015

ARCO’15 O día 26 de febreiro, nós, algúns alumnos de 4º de ESO, emprendemos a nosa viaxe a Madrid para cultivar os nosos coñecementos sobre a arte. Fomos acompañando ao IES Terra de Trasancos, a quen lle estamos moi agradecidos pola súa invitación. Saímos das Pontes ás 6 AM e tras 7 duras horas de viaxe chegamos ao noso ansiado destino, o hotel Eurobuilding 2. Para a nosa sorpresa, as habitacións non tiñan bichos e a auga saía ben (un pouco branca, ás veces) como leramos nas críticas. Xa acomodados e superada a nosa incrible sorpresa puxemos rumbo ao Santiago Bernabeu. As persoas máis interesadas en velo máis a fondo puideron entrar e gozar das súas instalacións. Ninguén de nós quixo ir, así que decidimos ir ao Templo de Debod. Despois de dar un paseo polos arredores collemos un metro cara ao hotel. Cando estabamos esperando por este, Carlota empezou a empuxarnos e gritar sen razón aparente. Adiantounos a todas arrastrando a Candela consigo. Cando chegamos a onda elas, estaban falando cuns youtubers e Carlota berrando: ``VEO TUS VIDEOS´´, case chorando. Minutos despois chegou o metro e subimos nel con eles, pero isto non remata aquí, xa que un dos youtubers comezou a cantar cancións galegas e nós con el. O segundo día, cabe destacar que foi o máis aburrido. Comezamos pisando forte indo ao Museo Arqueolóxico, xa sabedes ese tipo de museo no que todo está en vitrinas e non se pode tocar, así que estivemos gozando das súas marabillosas instalacións, tamén coñecidas como bancos (exceptuando as nosas compañeiras aplicadas, Carlota e Celia, esta última non tanto). Despois baixamos pola Cibeles ata outro incrible museo, o Reina Sofía, no que non puidemos gozar dos bancos porque tiñamos unha guía que nos daba sono. E imos co terceiro día, este día aprendemos a valorar a natureza galega. Grazas, Xardín Botánico de Madrid. Volvemos de museos coas expectativas baixas, ao Museo do Prado, e debeu ser por isto, ou porque fomos nós as guías, que nos gustou e ata impresionou. Regresamos ao hotel e outra aventura no metro. Xa estabamos a piques de chegar ao noso destino, pero, claro, non nos podiamos ir sen equivocarnos de parada. O cuarto e último día fomos a ARCO, unha feira de arte contemporánea internacional na que puidemos ver obras, e persoas (Carmen Lomana ou Karmele Marchante), tan especiais e extravagantes que fixeron que a visita merecese a pena. Non podemos rematar este “relato” sen darvos a coñecer as anécdotas máis representativas da nosa viaxe. Comezamos por recordar o mouro do metro, o cal lle sacou a lingua sedutoramente a Andrea ata que o metro desapareceu na escuridade. Tamén está o portugués que tocaba o acordeón e que quería que cantásemos con el porque segundo as súas palabras: ``Venga, que sois muy guapas y cantáis muy bien, creo´´. Carlota e Andrea sempre recordarán a Candela e Ariana polos corredores do hotel, esta primeira coa manta modo Julio César e a segunda simulando unha pistola, dando voltas polo chan intentando esconderse do garda de seguridade (e aquí a pregunta existencial: como vas esconderte do garda tendo unha persoa detrás simulando a Julio César?). Outra anécdota do hotel foi a da habitación 302, a cal Ariana e Andrea abandonaron esquecendo a súa compañeira no interior e levándose a tarxeta da electricidade e da auga consigo (aclárase que Miriam se estaba duchando nese momento). Unha hora, máis tarde miramos o móbil e vimos unha mensaxe de Miriam dicindo: ``¿Podéis venir, que se me apago la luz?´´ E despois dun largo etcétera, acabamos a nosa viaxe chea de historias para recordar nun futuro.

Candela Paz, Carlota Candelas, Ariana Goás, Andrea González e Celia Castro. 4º ESO

Page 24: Argalladas 2014  2015

VIAXE A ESCOCIA O día 23 de marzo emprendemos a nosa viaxe a Edimburgo, Escocia. Tras unha longa viaxe en bus ata o aeroporto de Madrid e unha interminable espera neste, embarcamos no avión dirixidos ao noso destino. Algúns tiñan medo, outros estaban nerviosos por saber como ía ser a súa familia. Chegamos. Alí estaba Steven, esperando cun marabilloso cartel coas palabras: “IES Castro da Uz, A CORUNA”. Levounos ata o punto de encontro coas familias, a escola. Empezaron a chegar pouco a pouco. As primeiras impresións foron agradables, menos a de Celia e Sara, xa que a rapaza que foi buscalas daba un pouco de medo. Ao día seguinte leváronnos á escola, onde nos entregaron a comida e coñecemos o noso guía, Ryan. Despois fomos ao centro de Edimburgo e alí fixemos un xogo no que había que sacar fotos e preguntarlle á xente curiosidades da cidade. Pola tarde visitamos o “National Gallery” e o Museo dos xoguetes. Ás 5 volviamos ás casas, nas que ceabamos para despois volver á escola e pasar unhas horas agradables cos compañeiros xogando ao Monopoly, futbolín, ping pong e escoitando música. Nesa escola convivimos con italianos e valencianos, os primeiros tiñan moita envexa de nós, xa que non paraban de mirarnos e falar, criticándonos, ben seguro. O terceiro día tivemos outro guía, que xa coñeciamos porque nos viñera buscar ao aeroporto, e con el fomos ao “Botanic Garden”, ao “National Museum of Scotland” e por último a “Shelter Scotland”, que eran tendas de segunda man nas que o diñeiro ía destinado a distintas asociacións de carácter humanitario ( loita contra o cancro, axuda a persoas sen fogar e sen recursos..., etc). O cuarto día dirixímonos ás “Highlands”. Foi un camiño longo no que o condutor non axudou a amenizar o día porque non paraba de dicir: “Verrrrrry verrrrrry” e “Lojjjjj”, e que “amenizou” cunhas melodías escocesas. Xa no tan esperado “Lago Ness” levamos unha gran decepción, xa que non era como esperabamos e tiña unha escavadora no medio. Moi atractivo! Ese día fomos cear todos xuntos á escola uns bocadillos que compramos no “Tesco”.

Page 25: Argalladas 2014  2015

O último día, foi o máis cansado. Visitamos o Parlamento, o Museo dos Escritores e… ao “Arthur’s Seat” (tan tan taaaaaaan). Ryan era unha cabra montesa mentres que nós, cos nosos zapatos e vestidos, pareciamos tartarugas. Houbo persoas que non conseguiron chegar ó cume, pero outras, como boas exploradoras, si o fixeron. O sábado rematou todo. Un taxi esperábanos na porta da casa da familia. Algúns choraron, como Andrea que, mentres o taxi daba marcha atrás, ela se despedía da súa residencia durante eses días. Tras unhas horas no aeroporto e unha longa e cansa viaxe en avión chegamos a Madrid, para comer (unha pizza tan esperada!!!), pasar o día de tendas e descansar. Desta excursión recordamos moitas anécdotas grazosas como: as caídas de Ariana e Carlota. A muller que quería que Ariana saíse co seu fillo e non lle paraba de sacar fotos. O gran “Poundland” que nos salvou a existencia cando Ryan comía as pipas con casca. Uxía falándolles aos valencianos en galego do equipamento do Codesido... Non nos podemos esquecer de cando Raúl e Bruno colleron o bus en sentido contrario e deron un paseo turístico pola cidade dunha hora, e moitas máis que quedarán por sempre na nosa memoria. Moitas grazas á escola “Mackezie’s School” e grazas a Sofía e Flora por confiar en nós plenamente. Un bico.

Ryan e nós ás portas da escola o día da despedida (case choramos todos).

Andrea González Grandío, Candela Paz González, Celia Castro Vázquez e Carlota Candelas Castro, 4ºESO

Page 26: Argalladas 2014  2015

O CAMIÑO DE SANTIAGO TRAMO MELIDE – ARZÚA Ás 8,30h saímos das Pontes cara a Melide en autobús. Chegamos a Melide ás 10,15h e, cando estabamos todos listos, comezamos a andar. O primeiro tramo foi tranquilo e prestamos máis atención á natureza. Ao pasar preto dun cemiterio, cheiraba moi mal e pensamos que eran os defuntos, pero algúns alumnos “expertos”, que se situaban na parte posterior do grupo, dixeron que era esterco. Durante a nosa peregrinación encontrámonos con persoas de diferentes nacionalidades e puidemos practicar o noso dominio de linguas (francés, inglés, alemán, holandés, chinés … e un pouco de galego). Logo de hora e media decidimos parar nun bar, chamado O Alemán, onde recuperamos forzas para o último tramo. Unha peregrina empezou a resentirse do cansazo, e tivemos que parar e esperar ata que os seus xemelgos volveran ao sitio. Cando chegamos a Arzúa (fin do traxecto) fomos a un bar chamado O Retiro, onde comemos os nosos bocadillos e descansamos. Despois dunha hora, e xa sentadiños no autobús, fómonos cara a Santiago. Ao chegar dirixímonos á praza do Obradoiro e os nosos profesores deixáronos tempo libre para pasear e coñecer mellor a cidade. Dividímonos en grupos para visitar lugares e tendas diferentes. Algúns fomos á Alameda, mentres outros ían comer algo, pois aínda tiñan fame. Despois demos un pequeno paseo polo casco vello, onde nos encontramos ao equipo de xuvenís do AJAX e a un xogador de baloncesto do Obradoiro CAB. As 16:45 reunímonos cos profesores na praza do Obradoiro . Os cursos de 1º e 2º fomos á catedral, onde Carlos nos explicou algo sobre a arte e arquitectura desta. Mentres, os compañeiros de 3º e 4º visitaban o Hostal dos Reis Católicos.

Ao rematar as visitas reunímonos de novo os grupos e dirixímonos cara ao aparcadoiro para regresar ás Pontes. Unha viaxe algo movida por: reiteracións do son de Nokia, envío de mensaxes “satánicos” a certos grupos, gravacións de cancións de Konstan, bromas telefónicas … Así todo o camiño ata chegar ás Pontes ás 19:30.

Os camiñantes de 2ºESO agradecen a “liña e media” aportada ao texto aos seus compañeiros de 3ºESO

Page 27: Argalladas 2014  2015

DÍA DO LIBRO, BILBAO, 2015 O 21 de abril, ás 14,10h viñeron os nosos pais a traernos as maletas e a comida dese día, xa que en lugar de saír ás 8,30h tivemos que saír despois de clase. Comemos en 20 minutos e despois comezamos a nosa viaxe cara a Bilbao. Nada máis comezar a viaxe, Chelo mandoulles aos nenos de 1ºESO que foran buscando no plano o camiño máis axeitado para chegar dende o hotel ata a ponte de Calatrava ( Zubizuri ou Zurrutuki, para nós). Fixemos dúas paradas, a primeira en casa Consuelo ( Otur) e a segunda en Unquera, onde Chelo e Amara perderon ás cartas fronte a Xan e Xavi. Ás 21,30h chegamos ao noso desexado hotel. A nosa intención era deixar as maletas e dar un paseo nocturno pola cidade, pero, para a nosa sorpresa, as habitacións estaban mal organizadas: as triplas e as dobres estaban confundidas e unha habitación era de fumadores, por así dicilo. Cando nos organizamos, e cada un tiña a súa habitación, saímos cear ao centro comercial e logo, co estómago cheo, fomos dar un paseo, “guiados” polos nenos de 1ºESO. Demos moitas voltiñas por Bilbao ata que chegamos ao Guggenhein e vimos a Puppy ( o can con flores) e a araña que estaba encima do río Nervión. As profes querían chegar ata a ponte “Zurrutuki”, pero nós estabamos moi cansos porque percorremos case todo Bilbao en busca do famoso museo...; pero o peor foi cando de retorno ao hotel, os guías non o daban encontrado e pasamos case unha hora dando voltas polo mesmo sitio. Por fin, chegamos ao noso destino. Xa nas habitacións, cada un tiña o seu problema: os termóstatos non funcionaban de todo ben, e unhas habitacións estaban moi frías e outras moi quentes. As duchas non se daban regulado, e o peor eran os veciños que nos asustaban nos escuros corredores porque non daban crédito a que algúns estiveramos na zona “vip”. Pola mañá todos estabamos moi cansos – uns máis que outros-. Ás 8,30h era o almorzo ( moi bo, por certo) e deseguido volvemos visitar a cidade. Primeiro fomos á ponte “ Zurrutuki”, que non puideramos visitar a noite anterior grazas aos nosos guías; logo visitamos o centro cultural da Alhóndiga ( ou coñecida por nós como, “albóndiga”). Alí vimos unha biblioteca moi grande, con espazos para a lectura alucinantes, e exposicións. Unha delas dedicada a un cantautor vasco ( Kepa JunKera), na que había milleiros de instrumentos musicais del, maletas, discos, letras de cancións... todo orixinal, e logo deixáronnos facer unha foto no escenario. Máis tarde dirixímonos a ver a libraría “Naútica”, pero non puidemos entrar porque..., gran decepción. A seguinte parada foi o metro, porque moitos nunca viaxaran nel. Como eramos tantos e as profesoras tiñan algo de medo, contaron coa colaboración das compañeiras de 4ºESO, que quedaron esperando ao seguinte por se alguén quedaba en terra. Cando nos reunimos todos na praza Miguel de Unamuno tivemos un tempo libre para ir comer. Ás 16.30h (despois que Chelo comprara un lapis que non fora do Atletic de Bilbao) fomos todos xuntos a unha biblioteca antiga e moi bonita ( Bidebarrieta). Cando volvemos á praza empezou a chover, e refuxiámonos nos soportais da praza porticada. Como non paraba de chover decidimos saír cara ao tranvía, que nos deixou fronte ao estadio do Atletic e despois fomos cara ao hotel a cambiarnos, xa que estabamos mollados como pitos. Ás 20,30h baixamos á recepción, xa que tiñamos que pensar onde íamos cear. Como aínda non parara de chover e non nos queriamos volver mollar tivemos que quedar no hotel vendo o partido de fútbol. A xente tiña fame e as profes decidiron chamar ao das pizzas. Empezamos a alterarnos un pouco e os propietarios do hotel “botáronos a rúa” cando estaba chovendo, para poder continuar o partido sen a nosa presenza. Algúns ceamos nuns bares próximos e o resto ceou pizza na habitación. Xa estabamos todos na cama cando nos viñeron avisar de que había unha reunión VIP na habitación de Andrea, Sara e Alba, xa que Chelo e Amara decidiran presentar unha reclamación ao hotel por todas as molestias que nos ocasionaran e querían lernos o que escribiran para ver se estabamos de acordo. Todos tiñamos aínda máis que dicir do que elas escribiran. Ao día seguinte chegaba por fin o día especial desta excursión, a celebración do día do libro coa nosa lectura continuada. Estabamos almorzando cando apareceron dous alumnos de 1º da ESO, un estaba en zapatillas e o outro en pixama, todos comezamos a rir e Chelo mandounos para arriba inmediatamente a cambiarse. Ás 9,30h metemos as maletas no bus e marchamos dese hotel cara ao Casco Vello, pero dúas alumnas retrasáronse e fixeron que o bus tivese que dar outra volta para recollelas, xa que estabamos organizando un caos no tráfico alucinante. Xa todos no autobús dirixímonos á Praza de Santa Ana, onde nos esperaba Ángel Lorente, o director do Centro Municipal de San Francisco, lugar no que iamos ler. Explicounos a historia do barrio e comentounos que alí fora onde se iniciara a cidade de Bilbao. Conduciunos ata a sala de lectura, dende onde viamos o Mercado de la Ribera, a Ponte de San Antón, e a ría e despediuse de nós agasallándonos cun mapa da cidade de Bilbao.

Page 28: Argalladas 2014  2015

Comezamos a lectura de Silencio, Fran Alonso ás 10,30h e xa sabedes o resto da historia. Cada argalleiro unha palabra e un verso. Logo de máis de tres horas lendo compuxemos este poema tan orixinal. POR FIN!

Mirei pola vella ventá, a estrada estaba mollada, as árbores perderan os seus fulares e o tempo era frío. Pensando no noso reencontro sentía zoar o vento e apetecíame cantar; saír por fin do meu pozo escuro. Á verde Galicia Ao tempo de estudantes Á amizade leal Aos parques vivos.

Á AMIZADE Á vida nocturna.

Desconfiado entrei nese mundo. Era o derradeiro momento, e aínda tiña tempo de volver convivir cos meus pensamentos. Unha nova sorpresa: os sorrisos desapareceron e morreu un galego.

Os consellos do Papá espertáronme como se fosen labaradas. A inquedanza crecía por momentos, toda ela me parecía estraña escrita na miña alma. Voz xorda, carta sen nome mar revolto na miña cabeza descolocada. Nos papeis que se esquecen sentín desacougo ao ver que a calma regresaba. Os pobres recordos resultaban deliciosos para unha mente tan atormentada. Xa non se escoitaba o fermoso zoar do vento. Era un luxo o silencio. Reencontreime alí, saíndo do inferno conseguindo, dunha vez, afastarme da ventá. Argalleiros e argalleiras das letras, Bilbao 2015

Xa con todo en orde fomos comer ao mesmo sitio ca o día anterior. Ás tres e algo tomamos camiño cara ás Pontes. Paramos nos mesmos lugares que na ida e chegamos ás 9,30h á nosa casa. Ao día seguinte reunímonos todos os argalleiros para continuar a actividade. Grazas a Sandra e Fátima, as nosas compañeiras de 2ºBAC, as liñas non deron traballo. Uxía (1ºESO) encargouse de escribir o poema, e Cristina (1ºESO) e Ariana (4ºESO) de decidir a ilustración e facela (grazas Antía). Entre todos puxémoslle título ao poema. Esperemos que vos guste:

Leticia Carballeira Campa,Sara Cerezuela de la Barrera, Silvia Balseiro Gregorio, Andrea

Bellas Ruíz, 2ºESO A

Page 29: Argalladas 2014  2015

GRAZAS, ÁNGEL Buenos días, Ángel: Todos y todas los/ las “Argalleiros y argalleiras das letras” te queríamos agradecer tu amabilidad y paciencia con nosotros por habernos cedido aquel tranquilo local para realizar nuestra actividad, cuando todos los lugares a los que les habíamos enviado nuestra solicitud, como el museo Guggenheim, nos rechazaron; y otros, como el centro cultural la Alhóndiga, ni siquiera se dignaron a contestarnos. El acogedor lugar, el Centro Municipal de San Francisco, que tú nos has cedido, se adaptó perfectamente a nuestras necesidades, y hemos podido realizar la lectura continuada y la composición del poema en un ambiente relajante y tranquilo. Como posiblemente ya conozcas, nuestra actividad consiste en dividir el libro de lectura en tantas partes como número de “Argalleiros y argalleiras” nos encontremos presentes (en esta ocasión, cuarenta y uno). El libro escogido este año fue Silencio, de Fran Alonso (un autor gallego). Cada “argalleiro o argalleira” debía leer su fragmento y escoger una palabra de las que había leído. Con su palabra escribiría un verso, y con el conjunto de los cuarenta y un verso, crearíamos nuestro propio poema. Después, al volver Ás Pontes, nuestras compañeras más expertas diseñarían el boceto para llevarlo al lienzo y pintar el cuadro que resumiese el contenido del poema. Nuestro trabajo ya está, casi, acabado, así que adjuntamos algunas fotografías del resultado final. Esperamos que nuestro poema “ Por fin” y la ilustración te gusten. Queríamos agradecerte, también, habernos contado un poco sobre la historia del barrio de San Francisco. Esperamos que ese encantador lugar pueda mejorar su economía muy pronto y que los huertos crezcan como en Galicia. Ahora te dejamos unas muestras de nuestra actividad.

La ilustración está finalizándose, puesto que tenemos sólo los recreos para pintar, pero no dudes que la compartiremos contigo, Ángel. Ha sido un placer conocerte, un abrazo.

Argalleira das letras, Alba Requeijo,3ºESO

Page 30: Argalladas 2014  2015

CREAMOS

Ariana Goás, 4ºESO

Carlota Candelas, 4ºESO

Sara Alvárez, 4ºESO

Ismael López, 4ºESO

Candela Paz, 4ºESO

Page 31: Argalladas 2014  2015

A BELEZA NATURAL DA CONSTANCIA Un ano máis os “Argalleiras e argalleiras das letras” gozamos –xuntiños/ -as- coas lecturas e soubemos aproveitalas. No taller de cómic comezamos lendo unha obra que nos serviu para ilusionarnos e para compartir cos “argalleiros/-as” do outro taller. Só quedaba comezar a pensar: imaxe e texto, portada, título... Antía Durán (1ºBAC) encargouse do deseño da portada. O título decidiuse entre todos, pero o que resultou doado foi a redacción do que ides ler:

Prólogo

As Pontes, pequena vila galega. IES Castro da Uz, afable instituto. Alumnos e alumnas da ESO e BAC, “argalleiros e argalleiras das letras”, reunidos cada semana para amosar, todos xuntos, a súa paixón pola lectura. Todo moi sinxelo como podemos observar, e, aínda así, a piques de

realizar o seu novo libro. Bastante inesperado, non si?

Pero así é, tal que o libro que nestes instantes o lector está a iniciar é, ademais dunha moi recomendable lectura, un humilde complemento á xa recoñecida obra de Fran Bueno, Catálogo Oneroso de Beleza Gratuíta. Na citada obra, o autor dános a coñecer o poder

expresivo da imaxe e, en particular, da arte secuencial. Desta mesma forma, estes argalleiros e argalleiras, entre os que nos atopamos, dispoñémonos a transmitir a beleza do máis cotián, e talvez simple, a través dunha secuencia de imaxes tomadas polos mesmos. Ademais, acompañando a estas, inseriranse pequenas liñas de texto, que non farán máis que sintetizar a

singularidade das fotografías dun modo estético e minimalista.

É sabido que os autores deste modo de difusión, no que imaxe e palabra converxen, non reciben, aínda, o recoñecemento que merecen. Por esta razón, queremos promover a evolución deste xénero literario e tratar de que sexa máis evocado, pero sempre co noso estilo propio.

Dito isto, agardamos que gocen da obra tanto como nós gozamos participando nela. Xairo Calvo Pérez e Artur Infante Docampo, “ Argalleiros e argalleiras das letras”

Agora deixámosvos coa primeira e última páxinas:

Aqueles que non cren na maxia nunca poderán atopar a súa beleza.

Sandra Bello Giz

NATUREZA como forma de arte. Juan José Allegue Criado

Aquí tedes o enlace para gozar das imaxes do noso traballo. Sehttps://picasaweb.google.com/106449395989405539496/ABelezaNaturalDaConstancia?authkey=Gv1sRgCMLM2qObpY_lTg

Page 32: Argalladas 2014  2015

ARTIGOS DE OPINIÓN Liberdade? Nestes tempos nos que temos unha liberdade para comunicarnos practicamente infinita e, tamén máis razóns para reflexionar sobre as vantaxes e as consecuencias disto, coa chegada das novas tecnoloxías aos nosos fogares podemos comunicarnos nun intre con calquera que se atope ao outro lado do mundo e, achegar as túas ideas a miles de persoas, sen ter que moverte do sofá da túa casa. Isto é moi cómodo, pero conleva situacións e cuestións problemáticas que estamos a ver nos últimos tempos, como por exemplo, as preguntas sobre a liberdade xeradas a partir dos ataques xihadistas. Xeraron unha resposta a nivel internacional incrible e moitas decisións precipitadas postas en dúbida, e, sobre todo, unha das cuestións máis importantes da sociedade actual: Que é máis importante, a liberdade de expresión ou a seguridade? Estes dous conceptos son como os pratos dunha balanza que sempre tende a desequilibrarse. Creo que nunca poderemos chegar a ter un equilibrio perfecto. Aínda que en menor medida temos outra cuestión importante. Onde remata a liberdade de expresión e onde comeza a ofensa? Onde deberiamos poñer os límites? En conclusión, que é máis importante e imprescindible, a liberdade ou o dereito a ser tratados dignamente?

Ana Baamonde Silva, 1ºBAC

Os xogos da fame: Ficción ou realidade? A xa arquicoñecida triloxía da escritora estadounidense Suzanne Collins, Los juegos del hambre, é considerada unha novela de ciencia ficción, pero... ¿Está tan lonxe da realidade na que vivimos? Certos aspectos de ditos libros reflicten a nosa sociedade día a día. A primeira coincidencia pode estar nas semellanzas entre os "distritos" (distintas rexións onde viven os personaxes do libro) e os nosos denominados países desenvolvidos e subdesenvolvidos: a desigualdade económica entre os diferentes territorios é cada día máis notable; a materia prima e o factor traballo proceden dos países subdesenvolvidos, mentres que son os países desenvolvidos os beneficiados; creando así un ciclo onde os ricos son cada vez máis ricos e os pobres cada vez máis pobres. Se non, ¿como é posible que a metade da riqueza mundial estea en mans do 1% da poboación? As similitudes tamén son evidentes no tema alimenticio. No libro aquelas persoas que pertencen ó Capitolio, lugar onde residen os máis adiñeirados, son quen de provocarse o vómito para poder seguir comendo; en troques, o resto da poboación morre de fame. Deixando a ficción a un lado, na poboación dalgúns países increméntase a obesidade orixinada por un consumo innecesario de alimentos e paralelamente, noutros, a cotío aumentan os casos de desnutrición ou mal nutrición infantil. De feito, chegouse á situación na que, as persoas que recollen os alimentos do lixo dos supermercados, xa que estes non os consideran aptos para a venda, poderán ser multados. Tamén podemos aplicar isto á roupa, a que como principio básico tería como función cubrirse ou abrigarse, pasou a ser obxecto de ostentación, consumo ou exhibición, sen importar a materia prima ou o método que se utiliza na súa fabricación. Quizais no libro estes aspectos se reflictan dunha maneira máis explícita, porén, tamén ocorren na vida real, só que preferimos mirar cara a outro lado. Por outra parte, creo que aínda podemos, que aínda non é demasiado tarde, pero temos que tomar conciencia de que non estamos actuando ben e intentar corrixirnos: ser máis xenerosos, antes de mercar algo pensar se realmente o precisamos ou como se fabricará, intentar axudar con voluntariados.... Frank A. Clark di que "Todo o mundo trata de realizar algo grande, sen se decatar de que a vida se compón de pequenas cousas", eu creo que cos cambios pasa o mesmo.

Antía Durán Pita,1ºBAC

Page 33: Argalladas 2014  2015

“ADEUS AO GALEGO” Dentro duns anos acontecerá o máis temido para os galego - falantes: O galego será unha lingua morta coma o latín. Cada día están saíndo novas nos informativos e demais medios que nos din que o galego está perdendo falantes a pasos de xigante. Coido que é verdade e sinto unha gran mágoa. Cada vez que penso que será unha lingua morta, entristézome pensando o que os nosos antergos loitaron por conservala en séculos escuros nos que estaba mal vista. O galego ten unha historia máis longa que o castelán, sendo a lingua que se usaba maioritariamente na Península Ibérica, e despois de todo este glorioso pasado, por que a imos perder? ¿Perderemos esta fala por vergoña? ¿Por que nos insultan cando escoitan a nosa voz tan riquiña? ¿Por que en ocasións se burlan de nós cando a falamos? É unha pena que ás veces todas estas cuestións sexan formuladas polos propios galegos e, agora digo, cando nós mesmos sexamos quen de quitarnos estes complexos, eses que temos cando alguén se dirixe a nós en castelán e cambiamos de súpeto a lingua, eses que temos cando dicimos que o galego é de paletos,eses que teñen os que cando te escoitan falar galego che din: “ nooo, háblame castellano que no te entiendo…” Cando esteamos orgullosos do noso pasado cultural, é dicir, da nosa lingua tan vitoriosa, comenzaremos a dar pasos que irán cara adiante e non cara atrás coma nestes últimos anos. A esperanza que me queda a min como galega parlante é que as xeracións, non do futuro, senón as xeracións actuais, comecen a dicir “vasoira” e non “escoba”,” A Coruña” e non “La Coruña”,” panxoliña” e non” villancico”, “grazas”e non “gracias”... e que se sintan orgullosos cando pronuncien aquelas palabras que falaron os seus avós. Espero que todas as persoas galegas se dean conta de que teñen unha lingua tan fermosa como o resto das linguas do mundo e que está nas nosas mans facela grande.

Uxía Paz Álvarez, 1ºBAC

Page 34: Argalladas 2014  2015

MICRORRELATOS PARA CONCURSAR EN “LA PRENSA ESCUELA” DE La Voz de Galicia Os textos que ides ler a continuación intentaron enviarse ao concurso convocado polo xornal que temos os xoves no noso centro. Despois de moitos intentos non conseguimos achegar as nosas creacións, porque, seica, excedían os caracteres (onde especificaban se contaban ou non os espazos?). Traballo feito, traballo compartido con todos vós. Xa sabedes como se idearon. Partimos dunha noticia do xornal e escribimos un microrrelato. “Hacienda irrumpe en Mercabana contra la venta de pescado negro”. Xoán sentiu un calafrío por todo o corpo ao ler esta noticia. Que sabería o xornal ,que non soubese el xa? Caéronlle as bágoas ao recordar a súa saída cara a Barcelona, ese foráneo e alleo lugar. Acabárano de botar do traballo e non tiña onde ir, agás esta casa na que agora se atopaba, a da súa filla Daniela. Seguiu a ler: “ ... parece que son 15 empresas en un total de 700...”. Xoán era traballador nunha delas, pero despedírano por todo o acontecido con Hacienda, aínda que o señor Andrés adornase o seu despido con argumentos sen sentido. Os xefes tiñan medo de que dese información ás autoridades porque non se fiaban del, esa fora a causa real. E aquí estaba, lonxe da súa terra, lonxe de todo o que coñecía. Escoitou pasos. Posiblemente fose Daniela, así que secou as bágoas. - Ola, papá! - Ola, ruliña! - Estás ben? Tomaches a medicación da depresión? Queres ir pasear? - Prefiro ir só. Pasear. Ir dar un paseo. Pasear. Iso ía facer. Pasear para non volver. Pasear.

Sandra Bello, 2ºBAC “La Iglesia Católica se moviliza por el no al matrimonio gay” Alexander fora un rapaz feliz, educado no seo dunha familia católica no norte de Irlanda. Seus pais, relixiosos ata a medula, apoiárano sempre, inclusive o día en que confesou a súa homosexualidade. Atopábase pola mañá lendo o xornal cando reparou nun titular: “La Iglesia Católica se moviliza por el no al matrimonio gay”. Lembrou entón dun mozo, Jake, que tivera anos atrás. Alexander apoiárao fortemente cando decidira contarlles a seus pais que era homosexual, mais de pouco lle valeu o seu apoio. O pai internárao nun colexio de monxes, onde estudou durante varios anos ata ordenarse sacerdote e ocupar un lugar de relevante importancia na sede episcopal de Irlanda. Alec, tratara de poñerse en contacto con el; porén, canto máis o intentaba, menos interese parecía mostrar o universo en axudarlle. O recordo das bágoas de impotencia daquel día fixérono pensar no medo que mostraba a Igrexa e na posibilidade de que todo fose medo a un pai anoxado.

Fátima García, 2ºBAC Ela embarazada, os dous en paro e durmindo nunha furgoneta. Imaxínaste ser a única persoa que garda a chave para a súa salvación? Chámase Ernesto e é cura en Londres. Todos os días recibe miles de chamadas de xente necesitada. Un día telefonouno esta parella e non puido entender como estando no seu estado durmían aí. Ernesto falou con eles e soubo como todo comezara hai dez anos. Luís e Ana namoráronse na costa asturiana, pero seus pais non vían ben esta relación e non permitían que vivisen xuntos. Eles comezaron a buscar traballo, pero non o conseguiron en España. Decidiron marchar para o Reino Unido pensando que o problema non eran eles, senón España. Ao chegar atopáronse coa mesma frase de sempre, pero noutro idioma: “ We´ll call you”. Tras acabar cos cartos, atopáronse sós, sen nada

Page 35: Argalladas 2014  2015

máis cá furgoneta e perdidos nun mundo estraño, pero coa chave para a súa salvación e unha nova oportunidade.

Brais Martínez, 2ºBAC «El EI es el primer grupo terrorista que logra crear un Estado» Loretta saía da redacción onde rematara de escribir unha entrevista sobre o estado islámico. Sabía que lle ía saír cara, porque recibira moitas ameazas dende que publicara El fénix islamista. Chegou ao hotel e chamou a casa para comprobar que todos os seus estivesen ben, pero algo lle dicía que non ía ser así... O teléfono non daba sinal. Volveu intentalo, nada. Decidiu chamar ao móbil da súa filla Eloísa e, cando escoitou a súa voz, tranquilizouse. Comentoulle que tiveran que abandonar a casa porque alguén intentara matalos e agora estaban de camiño ao aeroporto para viaxar ata Madrid. Loreta colleu o coche para ir recibilos e, nada máis abrazalos, dirixíronse á policía a denunciar o feito. Pasados uns días souberon que apresaran a dous yihadistas, os que atentaran contra a súa vida. Intentaron convencer a Loretta para que escribise sobre outros temas, pero ela nunca tirou a toalla, porque sabía que a única arma para que volvese a cordura era a palabra.

Patricia Bermúdez, 2ºBAC “Productores apoyan la idea de suspender las ventas de madera por los bajos precios”. Érase unha vez un reino que vivía da madeira, pero, contrariamente ao que puidera parecer, aquí quen tomaba as decisións non era o Rei, senón Programal. Este personaxe tomou a difícil decisión de prohibir a tala das súas árbores na súa loita contra o inimigo, que era a Industria. Como en todas as guerras, cada bando loitaba cos seus recursos e armas, os cales favorecían á Industria con fortes aliados en reinos próximos, como Portugal. A loita prevíase dura e encarnizada, pero o que estaba claro era que non ía vencer o máis forte, senón aquel que mostrase máis enteireza de espírito e maior capacidade de sufrimento. Nun primeiro momento a contenda favoreceu a Industria, pero está claro que os máis débiles, unidos coa forza da razón, lograron imporse a todas as presións ás que os malvados os sometían.

Daniel García, 2ºBAC “Esperan a que se extinga el fuego en el espadero de Vigo para entrar en busca del jefe de máquinas”. Eu estaba na sala de máquinas cando escoitei os berros. Estes andan facendo das súas, -pensei. O día estaba precioso, os rapaces e mais eu levabamos máis de 25 días a bordo do Guariste Primeiro, e, ata o momento, non fixera máis que chover. Na sala de máquinas había un ollo de boi polo que entraban as raiolas do día. Volvín escoitar os rapaces e saín. A cuberta estaba ardendo. Moitos dos meus compañeiros xa se tiraran do barco, espantados polo lume. O Álvaro berrou por min: “ Manuel, mándate do barco!”. Non fixen caso, quixen buscar unha solución, pero o lume era máis rápido ca min. Collín unha bengala de emerxencia e dispareina. Caín de costas polas infindas escaleiras que levaban á sala. A porta pechou. Intentei abrila, pero era imposible. Desexaba que alguén me buscara, pero estaba só. Todos agardaban na auga a chegada de axuda. A través do ollo de boi vin como as lapas cubrían o barco. O fume entraba por debaixo da porta e, pouco a pouco, quedei durmido.

Carmen Polo, 2ºBAC

Luís é un dos moitos mariñeiros que tiveron que marchar de Galicia en busca dunha vida mellor. Bota de menos a brisa da mariña de Cee cando entraba pola porta da súa casa todas as mañás. Por sorte, conta con alguén que fai máis doados os quilómetros que o separan da súa casa. O seu nome é Elena, para Luís, a muller máis fermosa de toda Barcelona. Esa madrugada, ás 7 da mañá, Luís xa estaba no porto para facer o seu labor diario: sacar o peixe fresco e metelo en caixas para levalo ata o polígono de Mercabarna. A súa tarefa non está cotizada legalmente, pero uns euriños sempre veñen ben, e agora máis que nunca, xa que hoxe vai declararse a Elena e con eses cartos compraralle o anel que a súa moza vira uns días antes nunha xoiería preto das Ramblas. Todo estaba preparado. Luís rematou ilusionado o seu traballo, pero...á saída estaban agardándoo os Mosso d´Esquadra. A ilusión convértese en desilusión e Luís esperta preso.

Lía Paz, 2ºBAC

Page 36: Argalladas 2014  2015

“Los muertos de Egipto hablan” Pensei que nos ían pasar por alto. Desde que chegaron gustoume seguilos, estaba ben ter algo que facer. Levaba uns 3000 anos escribindo o que pasaba. Nada importante,algúns bichos, entre eles saqueadores ( roubaron case todo, unha pena). Os arqueólogos levaron as estatuíñas - eles saberán o que fan, eu non me metería con elas, non son agradables-, e ao día seguinte abriron a tumba. Non sei usar a maxia, pero boteilles todas as maldicións que coñecía, pois é un insulto abrir así unha tumba que levou tanto tempo facer. Nós estabamos pintados na parede e levaralles máis tempo retirarnos, pero aquí estamos, esperando a que nos restauren para ter unha nova vida de fama e fotos de turistas e periodistas. Non vexo o momento de empezar, levarannos a un museo?

Andrea Martínez, 2ºBAC

“Luto en Francia por los diez muertos cuando grababan un reality” Xulia é unha nena de doce anos que vive en Bueu. Como todos os luns ás dez está agardando no seu sofá a que comece o seu programa preferido, Dropped. É unha noite fría, chuviosa, unha desas noites que só che apetece estar no sofá tapadiña cunha manta e cun colacao quentiño, como facía Xulia. O reality comezaba ás dez, pero deron as once e as doce e aínda non empezara. Xulia foi á cociña xunto da súa nai preguntarlle se sabía por qué non emitían o programa, pero ela non o sabía. A nena cada vez preocupábase máis, era moi raro que non deran ningunha información. Acendeu o ordenador e buscou a ver se encontraba algunha explicación. Atopou unha noticia e comezou a ler. O que menos esperaba Xulia era o que estaba diante dos seus ollos, as avionetas que levaban os concursantes e o equipo do programa tiveran un accidente e todos faleceran. Correu a contarllo a súa nai, esta abrazouna, intentou tranquilizala e levouna á cama, onde quedou con ela ata que o sono as venceu.

Mireya Cabarcos, 2ºBAC Fulanito e Menganito eran dous estudantes universitarios que tiñan problemas para pagar o aluguer e decidiron cubrir as súas débedas a base de roubar, posto que os de “arriba” aínda roubaban máis a todos. Falaron cun amigo que traballaba no polígono de Carballo e que, por estar borracho, soltou sen ningún problema a localización dos sistemas de seguridade. Fulanito colleu o camión do seu pai e esa mesma noite dirixíronse ao polígono, onde roubaron todo o alcol que podían meter no camión. O seu obxectivo era vendelo aos menores de idade, os cales pagarían un bo prezo para poder conseguilo de maneira fácil para os seus botellóns. Ao día seguinte descubriuse o roubo no polígono, pero había algo que non cadraba, non había gravacións nas cámaras de seguridade e polo tanto ningunha pista dos ladróns que cometeran o delito.

Carlos César Arranz, 2ºBAC

Hoxe vendeuse unha das guitarras máis coñecidas da historia da música: aquela coa que John Lennon gravou “Paperback writer” . É certo que en 1967 a Gretsch foi agasallada, pero ese instrumento xamais se esqueceu do cantante. El atopouna nunha tenda de música, onde, a pesar de estar perfectamente afinada, ninguén a miraba dúas veces. Ninguén, agás un rapaz non moi seguro de si mesmo que non podía apartar a mirada desa guitarra xamais tocada. Xuntos emprenderon o camiño do éxito e a nosa amiga coñeceu o resto dos instrumentos que a acompañarán, entre eles, a batería de R. Starr, quen se converteu na confidente de Gretsch. Todo foi ben ata aquel fatídico día cando se viu exposta nunha vitrina descoñecida. A guitarra descubriu onde estaba cando, anos despois de ver o seu novo dono ir e vir sen achegarse, escoitou que o neno que a mercara fora asasinado na porta da súa casa.

Sara González, 2º BAC A RENDICIÓN DOS BA BA DOOKS A tribo dos Ba Ba Dooks vivía nunha próspera aldea, por iso os romanos querían conquistar este lugar. A tribo tiña un segredo: as mazás Golden, pero os romanos non o sabían e perdían todas as batallas. Estas dábanlles un poder de curación incrible, polo que lles gañaban sempre.Os romanos pensaban e reflexionaban e reflexionaban e pensaban, pero non atopaban a solución. De súpeto, a Caligula Chuchos ocorréuselle unha cousa: se conseguisen roubar o segredo poderían vencer!, pero nunca se daban achegado o suficiente porque tiñan unha defensa de super soldados implacables. As pesadas mazás Golden eran moi pesadas e Galbatorix era o encargado de recollelas. Un día descubriron que asasinaran a Galbatorix.

Page 37: Argalladas 2014  2015

Debido a esta perda os Ba Ba Dooks quedaron demasiado débiles contra os romanos. Desatouse unha guerra que durou catro anos ata que os romanos venceron a Gummer, rei dos Ba Ba Dooks. Estes rendéronse e así os romanos conquistaron Gallaecia.

Álvaro Seoane, 2ºESO

Vilanova dos Infantes era unha vila de Ourense. Alí vivían, entre outros veciños, Rosa e Martiño, unha parella; Xan de Ventraces e o cura da parroquia, que sempre levaba con el a famosa Virxe do Cristal. Todos levaban unha boa vida. Pero un día… Xan dirixíase á igrexa, e cando entrou viu ao párroco no chan. A Virxe non estaba no seu peto. Os médicos concretaron que fora un desmaio provocado por cloroformo. O cura recuperouse axiña e todo pasou. Ao día seguinte Martiño viu unha carta de Rosa no buzón, na que dicía que marchara a un convento. A luz do cuarto apagouse. Entre as tebras alzouse a figura da Virxe, e dixo: “Martiño, fun eu quen envelenou ao cura para pedirlle a Rosa que marchara, alí é o seu lugar. Pídoche que gardes o segredo.” A Virxe desapareceu. Minutos despois o cura saíu á rúa berrando: “Volveu, a virxe volveu ao meu peto!” Martiño comprendeu que debía deixar ir a Rosa, e gardou o segredo. Dende aquela ía todos os días rezar pola felicidade da súa namorada.

Alba Requeijo, 3ºESO Era cedo aquela mañá. Manuel aínda durmía e Clara estaba almorzando cando os axentes chegaron. Cando esta se deu conta, atopábase na comisaría, sendo acusada de contratar dous sicarios para matar o seu marido, que era cego. Clara non entendía nada. Pero alí estaba o axente, dicíndolle que os sicarios foran confesar por pena cara ó pobre home, e que a encerrarían durante anos. Mentres, na casa, Manuel falaba por teléfono: "Xa me desfixen dela. Non muller, claro que non a matei. Non son un asasino. Pois que como fixen? Contratei a uns sicarios para que foran confesar que Clara lles pagara a eles para me matar a min. Encerrarana durante anos. Así que podes vir cando queiras.

María Román, 3ºESO Hai anos, un home portugués decidiu emigrar a Monforte en busca de traballo. Rápido o atopou, pero logo o botaron. O home pedía para saír adiante, perdera a comunicación coa súa familia e vivía baixo a ponte pola que pasa o río Cabe. Un día, mentres estaba comendo, achegóuselle un home e sentou a conversar con el. Minutos despois, este seguiu co seu paseo e a poucos metros esvarou, caendo ao río. O home estaba en perigo e o mendigo non dubidou en tirarse coa roupa posta e a documentación no peto. Logrou salvar o señor, quen foi moi grave para o hospital, mentres que a el lle daban roupa e aclamábano coma un heroe. A familia do rescatado nin grazas lle deu, aínda ca a el non lle importou, xa que estaba satisfeito de salvar a una persoa. Días despois, os seus vírono nos medios de comunicación e foron na súa busca. Cando o atoparon convencérono de volver á casa, xa que lle atoparan un traballo. El aceptou volver, pero non sen despedirse antes dos amigos que alí fixera.

Leticia Carballeira, 2ºESO

Eu, James Hawking, son arqueólogo e investigo tumbas en Exipto. Un día, logo do traballo, cheguei ao campamento e ducheime. Ao saír encontrei escrito no espello: “Deixa de investigar as tumbas”. Crin que era unha broma, non lle dei importancia e durmín. Ao día seguinte volvín ao traballo e decateime de que unha momia se movera. Recolocámola e seguimos investigando. De súpeto comezou a elevarse a temperatura e tivemos que regresar, un compañeiro sufrira un golpe de calor. Ao chegar vin que no teito da tenda había algo escrito: “ ÍDEVOS OU MORREREDES”. Asusteime e avisei a todos, pero cando viñeron xa desaparecera. Nin caso. Durmín. Ao erguerme vin no chan un debuxo do deus Ra. Mireino pensativo e fomos traballar. Volvemos pronto, porque os exipcios dixeron que, segundo a profecía, Horus mandaríanos unha forte tormenta. Volvín ao campamento e vin a figura de Horus e de Osiris no chan. Ata aquí o diario que se atopou ao lado do corpo de James en 1998.

Andrés Varela, 2ºESO O DEPOR AGÁRRASE Á MOVIOLA Tras gañar na primeira volta ao Valencia por un avultado tres a cero, o Deportivo da Coruña quere facer o mesmo, pero agora en Mestalla. Este encontro ten pinta de ser moi emocionante porque se atopan dous

Page 38: Argalladas 2014  2015

equipos con moita rivalidade de por medio, no cal un dos dous ten sede vingativa despois do resultado encaixado na primeira parte do campionato. O Deportivo buscará poñer fin a unha serie de derrotas, porque sabe que os seus afeccionados o necesitan, porque se todos están unidos e aportan o seu gran de area saben que se pode lograr, porque se Cavaleiro corre pola banda, Orial ten o día e marca e se Lucas lles transmite o seu espírito aos seus compañeiros, estes darán o mellor que teñen. Por isto todo, o Deportivo buscará asaltar Mestalla en plenas Fallas e dar a badalada. O encontro será moi emocionante dende o principio, pois prognostícase unha primeira parte chea de ocasións para ambos conxuntos e unha segunda parte de nervios por saber quen gañará.

Francisco Castro, 2ºESO

Érase unha vez un matrimonio que vivía en Noia. El chamábase Juan e a muller María. Un domingo de decembro saíron ao centro comercial para refuxiarse do frío das rúas. Pero aquel día non sería como os demais. Nevaba moito, as estradas tiñan xeo e non levaban cadeas. De súpeto, o coche chocou contra unha árbore, e rapidamente chegaron a ambulancia e a policía. Leváronos ao hospital e, para desgraza da familia, Juan quedou cego. Pasaron os días e os dous puideron volver á casa. Todo ía ben, ou iso cría Juan, xa que María estaba rara, parecía non gustarlle a idea de que Juan estivera ben, e era certo. Había anos que non quería estar con el, pero non se atrevía a deixalo. Quería quedar co seu diñeiro, por iso provocara o accidente de coche. E visto que Juan aguantaba todo, pagoulle a uns sicarios para que o mataran. Os sicarios non tiveron ocasión de facer o seu traballo, e María foi descuberta polo seu marido, tras escoitala falar con un deles.

Sara Cerezuela, 2ºESO Estabamos na comisaria e había un grupo de manifestantes moi grande. Saímos fóra e empezaron a tirarnos pedras e petardos. Volvemos entrar para coller os escudos e os cascos. Miramos pola ventá e vimos dous grupos de manifestantes: un grupo pacífico e outro grupo radical. Cando saímos fóra oíronse dous disparos, dous manifestantes dispararan contra nós e dous policías estaban feridos. Chamamos a ambulancia porque a un policía disparáranlle no ombro, e a outro na cara. Ao chegar a ambulancia levou os dous policías e o resto de compañeiros formamos dous grupos para buscar os dous manifestantes que dispararan. Un grupo buscou polo norte e o outro polo sur. Buscamos catro horas, pero non encontramos a ninguén. Preguntámoslles aos manifestantes e non viran nada. Deducimos que non dispararan desde o grupo de manifestantes, senón dende un tellado dunha casa. Preguntamos, pero non atopamos respostas e seguimos buscando.

Manuel Alén, 2ºESO Non puidemos participar porque as bases do concurso non estaban moi claras, pero ler e escribir si que o fixemos. Esperamos que vos gustasen os nosos textos e animámosvos a seguir a idea.

Page 39: Argalladas 2014  2015

A NOSA ALAMEDA LITERARIA DAS ÁRBORES CELTAS Este proxecto comezou no ano 2002 cando Gonzalo Navaza veu dar unha charla ao centro sobre a etimoloxía e decidiron aproveitar a súa información para investigar o significado dos nomes e os apelidos dos alumnos e alumnas do centro. Despois afondaron na cultura celta e, sobre todo, en como estes trataban e respectaban a natureza. E foi así como comezaron a buscar as súas árbores, esas árbores que os protexerían durante a vida. Só facía falta o día e mes de nacemento e listo. Con toda esta información o alumnado, matriculado no curso 2001/2002, escribiu O libro dos nomes e das árbores, que prologou Gonzalo Navaza. Aí están o significado de todos os nomes e apelidos da comunidade educativa de entón, tamén a árbore que os protexe e todo isto acompañado polas ilustracións das 21 árbores celtas que realizaron as alumnas ( Carlota, Katia, Ana L., Rebeca, Elena L., Vanessa...). Para finalizar este traballo decidiron plantar as súas árbores celtas no recinto. O ano pasado, nós, os seus sucesores, replantamos as cinco que non sobreviviron. Este ano, os alumnos de 4º da ESO decidimos continuar con este proxecto que levaba tantos anos á espera de que alguén o retomase, aínda que en todos os cursos escolares as árbores seguían tendo o coidado do alumnado. O noso traballo foi darlle a cada escritor ou escritora galego/-a unha árbore. Levounos moito tempo, xa que había árbores que tan só tiñan un día e foi moi difícil encontrar un escritor que nacerá nesa data. A continuación, tivemos que atribuír un texto de cada escritor elixido para facer máis bonita a alameda. Victor e Rubén, os nosos compañeiros, encargábanse do traballo duro: pirogravaron todas as táboas, chantáronas ao carón de cada árbore e pegaron os textos dos autores

nelas.

Isto foi a máis. Decidimos poñernos en contacto cos escritores para que viñesen a visitala no día da inauguración. De moitos xa recibimos resposta, aínda que aínda, finalmente, queda por ver se poden vir todos. Aquí vai o correo que redactamos, e enviou Fernando –o vicedirector- co enderezo do centro porque a nós, quen nos ía coñecer? Bos días a todos e a todas: “Permítannos o noso grande atrevemento” á hora de poñernos en contacto con vostedes para informalos da actividade que imos realizar e da que son protagonistas, sempre que estean dispostos/-as a participar. Dende hai anos, o alumnado do IES Castro da Uz ( As Pontes) leva a cabo unha gratificante, pero dura e intensa actividade. Esta aventura comezou como un xogo para achegar o alumnado á orixe e significado do seu nome e apelidos. Logo quixemos achegalos á nosa cultura e centrámonos na importancia que a natureza, as árbores en concreto, tiñan para os celtas. Así naceu a idea de asignar unha das 21 árbores sagradas dos celtas a cada alumno e alumna da comunidade educativa, coñecendo o día e mes do seu nacemento. Quedaba deixar testemuña, por iso, hai 12 anos, o alumnado plantou cadansúa árbore no recinto escolar. Viñan anos de coidado, e cada grupo encargábase de regar, podar e aloumiñar cada unha das 21 árbores. Si, houbo algunha que non puido coas inclemencias meteorolóxicas, pero hai tres anos, as cinco que non resistiron, foron repostas por outras que, polo momento, seguen medrando en perfecto estado de saúde. Non pensen que rematou aquí a actividade, porque cremos que todo bo traballo debe ser continuado, de aí que se decidira identificar cada árbore co seu nome científico e popular, obxectivo que o alumnado realizou o curso pasado. Seguimos pensando e chegamos á conclusión de facer a nosa “Alameda literaria”, na que cada árbore estaría dedicada a un escritor/ -a das nosas letras. Etapa difícil: traballo de investigación, lembranza de lecturas, de autores e autoras que

Page 40: Argalladas 2014  2015

os marcaron, selección do texto que lembraría o seu bo facer literario, decidir entre moitos e moitas a quen sería dedicada a árbore, en fin... Intercambio de opinións moi produtivo. E aquí estamos. TODO REMATADO, pero falta o máis importante: a inauguración da “Alameda literaria das árbores celtas”. Para que esta actividade teña un bo fin e un prometedor comezo gustaríanos contar coa súa presenza o día da inauguración. Só así poderiamos comezar a gozar dunha actividade comezada e rematada con toda a ilusión que moveu o alumnado deste centro. Compartimos con vostedes os/as autores/-as que serán lembrados/-as na “Alameda literaria das árbores celtas”: ABELEIRA: HELENA VILLAR JANEIRO ABETO: CELSO EMILIO FERREIRO ÁLAMO: EDUARDO PONDAL AMIEIRO: MARÍA MARIÑO BIDUEIRA: ARGALLEIROS E ARGALLEIRAS DAS LETRAS CARBALLO: MIRO VILLAR CASTIÑEIRO: TUCHO CALVO CEDRO: LOIS PEREIRO CIPRÉS: A.D. RODRÍGUEZ CASTELAO FAIA: ÁLVARO CUNQUEIRO FIGUEIRA: LINO BRAXE FREIXO: RAMÓN CABANILLAS MACEIRA: FRAN ALONSO NOGUEIRA: MANUEL RIVAS OLIVEIRA: CELESTINO FERNÁNDEZ DE LA VEGA OLMO: UXÍO NOVONEYRA PIÑEIRO: ROSALÍA DE CASTRO PRADAIRO: MARÍA LADO SALGUEIRO: EDUARDO BLANCO AMOR SORBEIRA: FRANCISCO CASTRO TILEIRO: MANUEL CURROS ENRÍQUEZ Antes de despedirnos, queremos compartir con vostedes a data de inauguración, que será o día 18 de xuño, ás 11,20h. Se contamos coa súa presenza, serán benvidos. Atentamente

E, para sorpresa de todos nós, contestaron inmediatamente. Lede o que nos dixeron. Acompañamos as súas palabras coa foto da súa árbore na alameda. Benquerid@s amig@s: Agardo que nada me faga perder esa festa. De partida, contade conmigo. As árbores plántanse para disfrutalas en cada momento e ver como se van consolidando, para que cheguen a fill@s e net@s como nunca poderían coñecelas na curtedade da existencia humana, para dar continuidade á vida, para o futuro..., e a súa cultura é a do esforzo amoroso e continuado. Paréceme precioso que se prolongue no tempo, máis aló da vida escolar, esa relación da rapazada co centro. Parabéns e un cordial saúdo,

Tucho Calvo No centro está esperándote o teu castiñeiro e todos e todas nós. Moitísimas grazas! Estou encantado e feliz por esa árbore. GRAZAS. Estarei alí ese día. Podo difundir a actividade polas miñas redes? Xa me contades.

Francisco Castro Este autor xa subiu a nosa noticia ás redes: van as súas palabras: Perfecto! Así eu tamén poderei espallar. Subino onte ás miñas redes e foi unha nova acollida con moitísimo entusiasmo! Agardo pois por esa ligazón. Apertas e vémonos en xuño. Non vexas o que desexamos verte, Francisco. Xa sabes que fuches compañeiro noso en moitas aventuras. Unha idea maravillosa. Grazas. Faremos todo o posíbel por estar convosco.

Manuel Rivas Barrós Agardámoste para que vexas como medra a nogueira.

Page 41: Argalladas 2014  2015

Bo día. Quixera facervos chegar os meus parabéns por esta fermosa iniciativa e tamén a miña gratitude por incluírdes un texto poético da miña autoría. Por razóns laborais non me será posible estar onda vós, mais desexo que lle poñades ramo de maneira brillante ao voso labor. Moitas grazas e saúdos cordiais!

Miro Villar Van as palabras de Miro Villar : Bo día. E aquí vai unha anotación na miña bitácora persoal. Saúdos cordiais! http://crebas.blogaliza.org/2015/05/07/na-alameda-literaria-das-arbores-celtas-do-ies-castro-da-uz-as-pontes/ Estimado director, estimadas amigas e amigos do IES Castro da Uz: Práceme moito ter coñecemento deste proxecto tan novidoso e pedagóxico, que para máis me afecta emotivamente. A abeleira -abraira, lle chamo eu, aínda que uso abelaneira cando fago referencia á lírica medieval- é unha das miñas árbores predilectas polos recordos de infancia. Parabenizo, xa que logo, e agradezo a realidade que me comunican. Pídolle autorización para publicitar dalgún xeito antes do último evento este proxecto, pois creo que ben merece divulgación. Mais o anticipo só o farei se Vde. me autoriza. Tomo nota do día e hora da inauguración e acepto gustosamente o convite, se algo de obrigado cumprimento non me impide asistir. Confirmareillo chegada a data. Saúdos cordiais, Días despois recibimos este correo: Prezados amigos e amigas: Aquí vos envío o enlace do meu blogue cun artigo sobre a vosa experiencia pedagóxica (http://helenavillarjaneiro.blogaliza.org/2015/05/15/alameda-das-arbores-celtas/) Está publicado en "El Correo Gallego" de hoxe, páxina tres. Tamén ese periódico ten enlace na web, no apartado "Opinión".

Helena Villar Janeiro Non sabes o que desexamos que vexas como a túa abeleira ( abraira) segue medrando, Helena. Xa ves que non dubidamos á hora de poñernos en contacto contigo no teu blogue, aínda que levamos algunha reprimenda por unha falta de ortografía. Lamento moitísimo non poder acompañarvos para a inauguración, nada me gustaría máis, pero teño traballo ese día. Agardo que sexa moi bonito e que cando poida achegarme polas Pontes vela Unha aperta e mil grazas!

María Lado Non te preocupes, María. Aquí o teu “Cuqui” estará protexido sempre polo Pradairo. Prezado Fernando: Antes de nada, debo felicitarvos polo voso fantástico traballo nese fermoso proxecto da Alameda literaria das árbores celtas. Un traballo de longo percorrido e, se cadra por iso, infrecuente e moi singular. Moitos parabéns. Pero, ademais, quixera mostrarvos o meu agradecemento por incluír un poema de «o meu gato é un poeta» nesa alameda na que o meu nome representa unha maceira. Síntome afortunado pola vosa escolla e moi recoñecido no voso proxecto e no voso traballo. Non teño máis que palabras de satisfacción e obrigada correspondencia.

Page 42: Argalladas 2014  2015

Ademais, a maceira é, probablemente, a árbore máis ligada á miña infancia, a que máis intimamente vencellada estivo a aqueles anos felices nos que espertaba á vida. Será fortuíto, pero o voso acerto é grande para min. Compraceríame moitísimo acompañarvos ese día e tratarei de facer o posible para que así sexa, pero lamentablemente non volo podo asegurar aínda, dado que a esas horas estou en pleno horario de traballo e, como é lóxico, débome aos compromisos laborais. En calquera caso, se non puidese estar presente ese día, comprométome a enviarvos un texto literario para a ocasión a fin de que lle deades lectura se o considerades oportuno ou para que fagades con el o que vos pareza máis axeitado. Nel falaría, loxicamente, da miña relación coa maceira. Reitéroche o meu agradecemento a ti, a todo o claustro de profesores e a todos os vosos alumnos e alumnas. Recibide unha agarismos aperta,

Fran Alonso Entendemos que esteas moi ocupado, Fran. Pero... estamos agardándote ao pé da túa maceira porque temos moitas cousas que contarche. Viaxaches con nós este ano ata Bilbao e hai “algunhas” argalleiras que están desexando falar contigo de Silencio. Como queriamos que asistisen á inauguración moitos escritores e escritoras queridos e queridas por nós. Enviamos dous correos a Begoña Martín Acero e Marica Campo. Polo de agora só temos a resposta de Begoña. Vai. Ola, argarlleiros e argalleiras: nin que dicir ten que o día 18 de xuño aí estarei con todos e todas vós! (a non ser que unha meiga ou un trasno me faga unha faena... pero cruzo os dedos ). Moitas grazas por acordarvos de min e parabéns por estardes tan ben informadiños e informadiñas, e tranquis, xa sei que competir con Lois Pereiro era moita competición () pero tamén estou encantada de saber que a miña árbore levará o seu nome (o cedro é algo fachendoso, pero despois disto aínda o será con máis motivo). O dito. Felicidades a todos e todas e tamén -por suposto- a Chelo, por esta iniciativa tan fermosa, tan singular e tan continuada no tempo. Unha forte aperta de corazón. VÉMONOS NAS PONTES!!!

Begoña Martín Acero Pois verás como o cedro vai medrando san e “fachendoso”. Non descansaremos ata chamar a Lino Braxe e Marica Campo para ver se é que non recibiron os nosos correos. En paralelo a todo este proceso, os alumnos de informática estamos realizando un vídeo no que explicamos todo o proxecto da alameda dende os seus inicios, con entrevistas a Chelo, Soto e ás antigas alumnas que comezaron o libro debuxando as árbores ( Pronto o teredes á vosa disposición na páxina do centro). O día 22 de maio recibimos a primeira visita á Alameda por parte dos alumnos de 3ºde primaria do CEIP Monte Caxado,que viñan acompañados pola súa profesora, Fina, aos que lles dixemos cal era a súa árbore e gozaron da visita, aprendendo todo o relacionado sobre ás árbores segundo a cultura celta. Sabedes que contamos con vós o día da inauguración.

Argalleiros e argalleiras das letras

de 4ºESO

Page 43: Argalladas 2014  2015

PASAPALABRA PARA POÑER A PROBA OS TEUS COÑECEMENTOS SOBRE??? Comeza por A: individuo con catro pares de patas co corpo dividido en cefalotórax e abdome, con glándulas que segregan fíos de seda. Comeza por B: animal cuadrúpede da familia dos équidos. Comeza por C: mamífero de pequeno tamaño que se utiliza moito en experimentos de medicina. Comeza por D: nome dun animal de película que se aplica ás persoas que teñen grandes apéndices laterais. Comeza por E: personaxe de Barrio Sésamo que aprendía a diferenza entre “arriba, abajo” “ derecha izquierda”. Comeza por F: nome común dado a diversos xéneros de mamíferos carnívoros que viven na Antártida. Comeza por G: relativo a unha raza de can de aspecto delgado que se utiliza para carreiras. Comeza por H: mamífero da orde dos artiodáctilos, de pel moi grosa, patas curtas, cabeza grande e ollos prominentes, que vive nos grandes ríos de África. Comeza por I: así se define a un animal con respecto ao seu proxenitor cando se reproduce asexualmente. Comeza por L: son que reproduce o can. Comeza por M: clase de vertebrados que se caracterizan por teren glándulas mamarias coas que alimentan as crías no primeiro período da súa vida. Comeza por N: crustáceo mariño de orde dos decápodos con grosas pinzas nas primeiras patas e que mide arredor de trinta centímetros de largura. Comeza por Ñ: ave corredora parecida á avestruz. Comeza por O: dise do animal que é doado de educar e domesticar. Obediente. Comeza por P: comer o gando a herba. Comeza por Q: peixe mariño con varias filas de dentes cortantes, moi voraz e protagonista de moitas películas. Contén o R: animal mamífero semiacuático que vive en Australia e ten a boca semellante ao peteiro dun parrulo. Comeza por S: réptil de corpo longo e pel con escamas que ten algunhas especies velenosas. Comeza por T: peixe da orde dos escuálidos con grandes mandíbulas e corpo fusiforme. Comeza por U: en castelán e en plural, nome de animal polo que se coñece popularmente ao equipo de fútbol Newcastle. Comeza por V: mamífero ruminante semellante á llama e que dá la. Comeza por X: nome de mamífero que lle deu título a un programa infantil na RTVG. Comeza por Z: Que ten forma ou aspecto de animal. Comeza por T Comer o gando a herba . Pastar/Pacer. Esperamos que a túa sabedoría sobre o reino animal e outros temas che axudasen a rematar o pasapalabra sen ter que recorrer ás solucións que che damos.

RESPOSTAS: A: araña, B: burro. C: cobaia. D: dumbo. E: Espinete. F: foca. G: galgo. H: hipopótamo. I: idéntico. L: ladrido. M: mamífero.N: noca. Ñ: ñandú. O: obediente. P: pacer/pastar. Q: quenlla. R: ornitorrinco. S: serpe. T: tiburón. U: urracas. V: vicuña. X: xabarín. Z: zoomorfo.

Manuel, Leticia A.,Silvia, Andrea B., Leticia C., Francisco, Sara, Aroa, Antonio, Daniel, 2ºESO A

Page 44: Argalladas 2014  2015

“Coidado co truco e trato” por Cristina Souto Pita, 1ºESO

Page 45: Argalladas 2014  2015

PEPO, O PAMPO de Noa Jarel, Cristina Souto e Laura Otero, 1º ESOB

Page 46: Argalladas 2014  2015
Page 47: Argalladas 2014  2015
Page 48: Argalladas 2014  2015