19

Tema 3. 4º Eso

Embed Size (px)

Citation preview

A principal novedade é que o traballo xa non se leva a cabo grazas a forza muscular, senón que se efectúa con máquinas que se alimentan doutras fontes de enerxía como o carbón, a electricidade ou o petróleo.

Isto conlevou un proceso de crecemento continuo e acelerado da economía que transformou todos os ámbitos da vida humana.

Foi acompañada doutras revolucións, como a agraria ou a demográfica.

Comezou en Gran Bretaña na década de 1780 e expallouse polo resto de Europa e o mundo.

¿Por qué se levou a cabo en Gran Bretaña? (Factores que favoreceron ao nacemento en Gran Bretaña da Revolución Industrial):• As revolucións políticas que sucederon no

século XVII en Inglaterra, produciron importantes cambios sociais; deste xeito, a sociedade estamental dera paso á de clases, basada en criterios económicos.

• O poderío naval británico permitiulle controlar as rutas comerciais do océano e acumular grandes capitais procedentes do comercio colonial. Estes cartos investíronse na agricultura e a industria.

• Os cambios nas mentalidades propiciaron: A aparición de técnicos interesados na mellora da

maquinaria. Creouse un sistema de protección de patentes que

incentivou ás invencións.• As vantaxes naturais facilitaban e abarataban

o transporte fluvial e marítimo, ao que se sumou a construcción de canais.

• A abundancia de recursos minerais (hulla); a minaría do carbón foi a orixe de invencións clave (máquina de vapor, raís de ferro, etc.)

Causas:• A introducción de novos cultivos (unha gran parte de orixe

americana).• A mellora nas ferramentas e a mecanización das tarefas.• A aplicación de novas técnicas (fertilizantes ou a rotación de

cultivos, que permitiu non recurrir ao barbeito).• Os novos sistemas de drenaxe para as zonas húmidas e de rega para

as de secaño permitiron ampliar a extensión de superficie cultivada.• A selección de razas animais facilitou o crecemento da produción

gandeira. Transformacións:

• Cando o Parlamento británico permitu aos grandes propietarios latifundistas apropiarse dos terreos comúns e valalos (enclosure acts), éstes trataron de modernizar as súas explotacións para obter o máximo beneficio.

Consecuencias:• Para o campesiñado a consecuencia destas transformacións foron

nefastas; debido aos valados se viron privados dos seus lugares de pasatos e obrigados a emigrar á cidade, lugar onde a industria demandaba man de obra barata e non cualificada: son as orixes do éxodo rural.

Causas:• A revolución agraria, que aumentou a produción de alimentos.• O auxe do comercio e o abaratamento do transporte, que

permitía aos países industrializados importar alimentos producidos en territorios moi afastados entre sí.

• Os avances científicos e hixiénicos, que permitiron loitar con éxito contra algunhas enfermidades (descubrimento da vacina, xeralización das medidas preventivas, etc.).

Características:• Diminución da mortalidade catastrófica (a mortalidade

catastrófica é aquela que conleva graves crises demográdicas nas que a mortalidade se eleva bruscamente, debido case sempre ás grandes fames e epidemias).

• O aumento da esperanza de vida.• A diminución da tasa de mortalidade infantil e puerperal

(mortalidade das mulleres debido ao parto). A tasa de natalidade seguiu sendo alta, polo que o Crecemento Natural ou Vexetativo mantívose positivo.

• O incremento dos movementos migratorios dentro do propio país, a consecuencia do éxodo rural.

A Primeira Revolución Industrial foi consecuencia dunha serie de melloras sucesivas introducidas por técnicos e enxeñeiros e baseadas na experiancia.

O seu invento clave foi a máquina de vapor, que ainda que xa existía o seu mecanismo era imperfecto, até que James Watt en 1769 patentou unha máquina que consumía menos e producía unha corrente continua de vapor capaz de facer xirar unha roda a ritmo constante. Esta innovación supuxo un cambio revolucionario, posto que a través da combustión do carbón, esa máquina era quen de facer o traballo de moitos homes ou de animais en menos tempo, de xeito continuo e sen paradas para descansar.

Fronte a artesanía tradicional inglesa, baseada no traballo en lá en rocas de teares e a man, o primeiro que fixo o sector téxtil moderno foi levar a cabo medidas proteccionistas que dificultasen a competencia dos tecidos indios de algodón.

Continuando esta idea, moitos investidores trataron de producir ese algodón en Gran Bretaña, para, dese modo, crear unha industria algodoeira británica.

Paralelamente, desenvolvéronse inventos para tratar de mecanizar as tarefas de fiar e de tecer e xurdiron as primeiras factorías nas que un elevado número de obreiras encargábanse de manexar as maquinas e producir grande cantidade de panos a un precio moi baixo.

A Primeira Revolución Industrial tivo un impacto xeográfico reducido. A mediados do século XIX únicamente Gran Bretaña (“o taller do mundo”) e Bélxica estaban totalmente industrializados. De feito, algunhas das principales potencias, como Francia ou Prusia só presentaban unha paisaxe industrial nalgunha rexión. En España, as zonas máis industrializadas se corresponden con Cataluña e o País Vasco. Con respecto ao resto do mundo, só o nordés do Estados Unidos viuse influído por esta primera vaga industrial.

Repercusións da Primeira Revolución Industrial:• O éxodo rural fíxose evidente en todos os países desenvolvidos; a

navegación a vapor permitiu que moitos europeos viaxasen a outros continentes.

• O comercio cambiou a economía dos países non industrializados, que se converteron en provedores de materias primas e consumidores de produtos manufacturados. Exemplo disto o temos coas colonias, sendo de especial relevancia o caso da India

(colonia británica); India converteuse en proveedora de algodón e consumidora de panos, ao tempo que se empobrecía.

• A importancia e influencia da industria téxtil británica desfavoreceu as novas nacións iberoamericanas, que acabaron converténdose en colonias económicas da industria británica (colleitas de algodón dos escravos do Sur de EEUU).

FONTES DE ENERXÍA

FORMA DE ENERXÍA Muscular

FORMA DE TRABALLO Artesanal, con ferramentas

LUGAR DE TRABALLO Taller

PROPIETARIO Mestre

TRABALLADOR Oficial, aprendiz

COMPETENCIA Regulada polos gremios

A SOCIEDADE PREINDUSTRIAL

FONTES DE ENERXÍA

FORMA DE ENERXÍA Carbón (máquina de vapor)

FORMA DE TRABALLO Industrial, uso de maquinaria

LUGAR DE TRABALLO Factoría

PROPIETARIO Capitalista (burgués)

TRABALLADOR Obreiro (proletarios: membros da clase obreira, aqueles que non son donos da produción e que venden a forza do seu traballo a cambio de un salario)

COMPETENCIA Libre competencia

A SOCIEDADE INDUSTRIAL

Situación do proletariado a causa da Industrialización:• Emigración, debida ás leis de valado e á mecanización das labores do

campo.• As factorías arruinaron aos pequenos artesáns.• As leis de pobres nin sequera garantían a supervivencia dos máis

necesitados. Consecuencias desta situación:

• O luddismo: O primeiro xesto de protesta dirixiuse contra a propia innovación tecnolóxica, a través da destrucción da maquinaria das fábricas e as ameazas aos empresairos que mecanizaban os seus talleres.

• Vendo que as máquinas non eran o principal problema (creaban traballo), o seguinte paso foron os movementos espontáneos de solidariedade para enfrontarse aos patróns; deste xeito, organizáronse en Gran Bretaña os primeiros sindicatos ou trade unions, coa idea de negociar salarios e condicións laborais.

• Os proletarios/obreiros tiñan como principal medida de presión o recurso á folga; pouco a pouco moitos obreiros decatáronse de que os seus intereses e os dos patróns capitalistas (a miúdo burgueses) eran contrarios (conciencia de clases), sen embargo, as revolucións liberais déranlle o poder político aos burgueses e éstes o aproveitaban, ilegalizando a folga e os disturbios nas fábricas; ademáis o despedimento era libre e levouse á práctica o lock-out (peche da empresa por parte do propietario para facer presión sobre o traballador).

Características do primeiro socialismo:• O sistema económico ten que estar controlado pola

sociedade, non só polas leis do mercado.• A propiedade dos medios de produción ten que ser

colectiva ou estatal. Primeiros pensadores socialistas:

• Saint-Simon: consideraba que o Estado tiña que planificar a economía. Recoñecía a ciencia como a relixión do futuro.

• Owen: partidario da creación de cooperativas de propietarios obreiros.

• Fourier: Ideou a idea de falansterio ou comunas rurais independentes e autosuficientes.

• Proudhon: pretendía abolir (eliminar) o concepto de Estado e de propiedade privada, substituíndoo por unha federación de comunas. É o precursor do anarquismo.

O pensamento dos socialistas Karl Marx e Friedrich Engels dominaron o movemento obrero a partir de 1848, coa creación do Manifesto do Partido Comunista:• Marx levaría a cabo unha análise da

economía e as sociedades que trataba de ser científica, non utópica (como eran as ideas dos primeiros pensadores socialistas).

• Baseábase na idea do materialismo histórico, é dicir, a forma de concebir a historia como resultado de causas materiais; Segundo Marx, en todas as sociedades pasadas existiu unha clase oprimida e outra opresora; polo tanto él concibe a historia como a sucesión de conflictos sociais o loita de clases antagónicas; na sociedade industrial, a clase opresora sería a burguesía e a oprimida o proletariado. Tendo isto en conta, a función do proletariado sería acabar con este proceso histórico e inaugurar unha sociedade sen clases, pero non a través da destrucción do Estado burgués, senón conquistándolo mediante a revolución.

Características xerais:• Predilección pola paisaxe e o retrato.• Moito interese polas escenas da vida cotiá e a

representación dos contrastes sociais, fronte as escenas históricas de períodos anteriores.

Autores destacados:• Millet: especializouse en escenas da vida campesiña.• Corot: o seu interese polo estudio da luz nos cadros

adianta ao Impresionismo.• Courbet: como bo artista do seu tempo,

preocupábanlle os temas políticos.• Daumier: debuxante e caricaturista que mostraba

unha visión irónica dos problemas sociais e políticos.

Las espigadoras. MILLET

El Ángelus. MILLET

COROT

El entierro en Ornáns. COURBET

El taller del pintor. COURBET

El vagón de tercera. DAUMIER