5
Cousos do lobo! Caborcos do xabarín! Eidos solos onde ninguén foi nin ha d’ir! O lobo! Os ollos o lombo do lobo! Baixa o lobo polo ollo do bosco movendo nas flairas dos teixos ruxindo na folla dos carreiros en busca de vagoada máis sola e máis medosa… Rastrexa parase e venta finca a pouta ergue a testa e oula ca noite na boca…

Uxío novoneyra: cousos do lobo

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Uxío novoneyra: cousos do lobo

Cousos do lobo!Caborcos do xabarín!

Eidos solosonde ninguén foi nin ha d’ir!

O lobo! Os ollos o lombo do lobo!

Baixa o lobo polo ollo do boscomovendo nas flairas dos teixosruxindo na folla dos carreiros

en busca de vagoada máis sola e máis medosa…

Rastrexaparase e venta

finca a pouta ergue a testa e oulaca noite na boca…

OBRA:Os eidos

Page 2: Uxío novoneyra: cousos do lobo

O POETA: Uxío Novoneyra (O Courel, 1930- Compostela, 1999) é un poeta da xeración das Festas Minervais ó que a RAG decidiu dedicar este ano (2010) o Día das Letras Galegas.

Foi un home de gran compromiso nacionalista e marxista, que coidou moito a forma poética e a linguaxe para obter un bo resultado visual e sonoro. Para isto empregou técnicas como o fonosimbolismo, as onomatopeas, o simbolismo gráfico, os silencios…

A OBRA: A obra de Novoneyra é moi variada: poesía de reivindicación social, poesía paisaxística, poesía amorosa…

Os eidos (1958, 1966) trátase dunha obra de poesía paisaxística na que o poeta emprega a serra do Courel como referente. A través dela ofrécenos una nova visión da paisaxe dentro da literatura de Galicia. Nela, o poeta achégase en ton íntimo á natureza deixando saír a seu eu.

“COUSOS DO LOBO”: termos

-LOBO (lupus): Animal mamífero carnívoro. O seu hábitat abrangue Norteamérica, Eurasia, e Oriente Medio. O lobo tivo una gran influencia na mitoloxía grega e nórdica pola súa agresividade cara ós humanos. Por esa razón, é identificado co medo en moitas ocasións (contos populares, poemas, lendas…). Así o podemos ver no poema “Cousos do Lobo”. Uxío Novoneyra acentúa esa sensación de medo mediante a técnica do fonosimbolismo, que consiste na repetición do “o” no intento de achegarse á presenza do animal.

-CABORCOS: Buratos feitos na terra. Neste caso, feitos polo xabarín.

Page 3: Uxío novoneyra: cousos do lobo

-XABARÍN (ou xabaril): Animal mamífero artiodáctilo ( que camiña sobre a punta dos dedos) que é considerado o antepasado do porco doméstico. A súa área de extensión abrangue Europa mediterránea, Asia e Indonesia maioritariamente, aínda que tamén é moi común na Península Ibérica (Galicia).

O xabarín é un animal típico da mitoloxía céltica: os cairos do xabarín (dentes entre os incisivos e os molares) eran empregados como elementos supersticiosos. Eran postos a modo de pulseira ou de colgante nos meniños para, segundo din, protexelos do mal de ollo e da enfermidade.

-EIDOS: Campo ou terra de labranza. No poema, Novoneyra estase a referir ós eidos da súa terra natal ( O Courel) onde, por motivos de saúde, permaneceu moito tempo e escribiu moitos dos seus poemas.

(Serra do Courel)

-FLAIRAS: Rama curta con abundantes follas, xeralmente asociada ás leguminosas. No poema refírese concretamente ás flairas dos teixos.

Page 4: Uxío novoneyra: cousos do lobo

-TEIXOS: O teixo é una árbore do xénero das coníferas que acada entre 10 e 15 metros de altura. As súas follas son agullas planas de cor verde escuro. O teixo dá uns froitos carnosos de cor vermella que son tóxicos.

Podemos dicir , en relación ó poema, que os teixos son árbores típicas das zonas onde habita o lobo. Deste xeito, vemos como Novoneyra adapta perfectamente a paisaxe ós elementos do texto.

Ademais observamos o campo semántico da paisaxe: flairas, eidos, bosco, teixo, etc…

(teixo) (froito)

-CARREIROS: Os carreiros son camiños estreitos no medio dun bosque para o paso das persoas a pé. Os carreiros son moi abundantes no Courel, onde está ambientada a obra.

(carreiro do Courel)

Page 5: Uxío novoneyra: cousos do lobo

-POUTA: As poutas ou garras son as extremidades dos animais que teñen uñas afiadas, como o lobo.

NOME: ABRAHAM COBAS ESCURÍS / CURSO: 2º BAC B