23

Click here to load reader

Pepe do Fieiro: O neno que soñaba coa montaña

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Pepe do Fieiro: O neno que soñaba coa montaña

dum

bria

.com

que soñaba coa montañao neno

Page 2: Pepe do Fieiro: O neno que soñaba coa montaña

pepe do fieiro

Hai persoas cunha sensibilidade especial, que deixan a súa pegada sen procuralo, que simplemente se entregan a aquilo que aman, a estas persoas móveas a ilusión e a vontade de coñecer e compartir o seu tesouro.

Así é Pepe, máis coñecido como Pepe do Fieiro, un home que se namorou dunha montaña oceánica, e que a forza de amala quixo conquistala. Este rapaz que medrou percorrendo os seus camiños, gabeando os seus picos, escoitando as súas lendas e escribíndolle versos; hoxe é o home que mellor coñece o Monte Pindo, unha memoria viva de máis de oitenta anos e ca vitalidade dun mozo de vinte.

Pepe grazas polo teu legado, pola entrega e a ilusión, grazas pola sinxeleza da túa sabedoría, por desvelarnos os segredos e e por ensinarnos a amar e respectar a natureza.

José M. Pequeño CastroVeciño e Alcalde de Dumbría

unun

exemploorgullo

Page 3: Pepe do Fieiro: O neno que soñaba coa montaña

68

24

VidaRuta “Pegadas da Historia”Poemas

Pepe do "Fieiro"

5

Page 4: Pepe do Fieiro: O neno que soñaba coa montaña

pepe do fieiro

O Pindo é o territorio natural do señor Pepe do Fieiro. Aínda que naceu no lugar de O Fieiro, no concello de Mazaricos, a súa nenez transcorreu neste monte mentres coidaba o gando; alternaba un día de clase cun de monte xunto co seu irmán para que os dous puidesen estudar.

A vida da súa familia era a de labregos; vivían do que daba o campo e os animais. De feito, con sete anos xa ía coas cabras ao monte; e o concello de Mazaricos cobráballes un real por cada cabra, o que equivalía a 25 céntimos de peseta.

Anos máis tarde foi estudar a un colexio relixioso de Santiago de Compostela, estudou maxisterio. Dos seus anos de profesor preparando alumnos que se matriculaban en Bacharelato, decatouse de que o francés que aprendera non lle era suficiente para seguir levando a cabo a súa labor de docente; senón que o que se impoñía era o inglés e precisaba aprendelo.

Con máis de corenta anos foise coa súa muller a Inglaterra, deixando á súa filla de nove meses a cargo dos avós. En Londres traballou nun hospital e dando clases de español a fillos de emigrantes. Esta etapa tivo a súa fin cunha folga que durou seis meses, en plena etapa de mandato de Margaret Thatcher, que derivou nun despido colectivo. Emigrara coa intención de retornar aos catro anos que, realmente, se converteron en dezasete. O Monte Pindo estábao agardando co seu magnetismo.

Comezamos a ruta botando pés ao camiño. Partimos do lugar onde naceu o señor Pepe, O Fieiro, rumbo á Laxe de Arriba, popularmente coñecida como A Moa.

señor pepe do fieiro

7O neno que soñaba coa Montaña Pepe do Fieiro

Page 5: Pepe do Fieiro: O neno que soñaba coa montaña

pepe do fieiroA primeira parada amósanos un monte pedregoso en fronte de nós. Ese monte realmente está oco polo medio e, serviu de refuxio para os agochados no Monte Pindo durante a Guerra Civil. Di o Señor Pepe que aínda é bastante grande, collendo dentro del uns 30 ou 40 homes.

Él era moi rapaz cando foi da guerra, pero lémbrase dalgún detalle xa que un tío seu estaba agochado aquí. Levábanlle comida ao monte e, algunhas veces, ía comer á casa.

O tío de Pepe e outros tantos homes xa fixeran o servizo militar antes de estalar a guerra; aínda así, a Garda Civil chamaba aos familiares dos agochados no Pedregal para que os descubriran e fosen á guerra. O seu tío soubo que lle pegaban aos familiares para saber onde estaban os homes, e foi entón cando dixo que non quería que pola súa culpa lles pegasen, así que marcharon cara a zona da Devesa de Anllares e alí colléronos.

monte furado

A MOALaxe de ArribaMerendeiro

Forno da Moa

Campo dos CoellosLaxe de Abaixo

MurallasMoa de AbaixoRego das Cebolas

Casteliños e Orelluda

Carto Novo

Refuxio Guerra Civil

O FIEIRO

Rego do CordeiroFondo de Zacarías

Unha ruta cargada de historias, vivenzas persoais e lugares onde contemplar a grandeza da natureza. O roteiro “Pegadas da Historia” está proxectado no CIR - Centro de Interpretación de Rutas Monte Pindo e Fervenza do Xallas en O Ézaro (Dumbría).

"pegadas da historia"a ruta

Hai un feito que o Señor Pepe ten especialmente gravado na súa memoria:“Eu era un rapaz pequeno. Un día, estaba eu con outra nena, Elena, e achegóusenos un soldado. Este deunos uns caramelos e díxolle a Elena: cogieron a tu padre hijita, cogieron a tu padre. Eu marchei correndo á casa para dicirllo a miña avoa. Leváronnos a Zaragoza ata o final da guerra”.

CARACTERÍSTICAS DESTA RUTA> Lonxitude do trazado: 5.900 m (+/-)> Pendente media: 7%> Conta de inicio: 245 msnm1> Cota de fin: 627msnm> Desnivel: 363 m> Dificultade: baixa – media> Duración: 1:30h (ida)

9O neno que soñaba coa Montaña Pepe do Fieiro

Page 6: Pepe do Fieiro: O neno que soñaba coa montaña

pepe do fieiro

Paseando por este campo, que normalmente leva auga, atopouse unha moeda con moito brillo, unha moeda nova. Dicía a xente que o atopou:“Un carto novo, un carto! Mira como brilla! É un carto novo!”

E así é como lle quedou este nome, o Carto Novo, a esta parte concreta do camiño de ascensión cara a Laxe da Moa; polo simple achado dunha moeda nova.

carto novo

A este punto do camiño chámaselle o Rego do Cordieiro porque nesa zona acostumaba a pasear un señor cos seus cabalos para que estes pastasen. Este home dedicábase a facer cordas coas crins (sedas) dos cabalos; de aquí é de onde xorde o seu nome, o Cordieiro. Un día, o Cordieiro esqueceuse de recoller o cabalo que deixara pastando no monte; como o pobre animal tiña sede buscou onde beber, pero tirou tanto da corda onde estaba amarrado para poder chegar ao rego da auga que finalmente morreu afogado. É por este feito, polo que se coñece a este lugar coma o Rego do Cordieiro.

Aínda que, a este tramo tamén se lle coñece como o Fondo de Zacarías porque era este o nome real do Cordieiro.

rego do cordeiroCon estas dúas formacións graníticas soe confundirse a xente; chamándolle orelluda aos Casteliños pola súa semellanza coa dunha orella. Os Casteliños atópanse á man esquerda do camiño, onde xa se pode apreciar a primeira panorámica do areal de Carnota, a praia máis longa de Galicia con sete quilómetros de lonxitude.

Conta o Señor Pepe que unha vez subiu ata o cume dos Casteliños, pero que o fixo unha vez e que non repetiría pola vertixe que esta lle produciu, ademais do feito de que a baixada non é nada sinxela. A Orelluda pola contra, é unha pedra que se atopa un pouco antes que os Casteliños e que se lle chama así porque ten forma de orella.

os casteliños e a orelluda

Baixando dos Casteliños pásase por unha zona sombría; é o único punto de baixada en toda a ruta cara a Laxe da Moa dende o lugar de O Fieiro. Pola humidade que alí concentra o terreo, dise que podían nacer cebolas e, por este motivo, lle quedou o nome a este tramo da ascensión cara o cumio do monte.

rego das cebolas

11O neno que soñaba coa Montaña Pepe do Fieiro

Page 7: Pepe do Fieiro: O neno que soñaba coa montaña

pepe do fieiroCoñécese como Moa de Abaixo á zona onde está o panel explicativo do Areal de Carnota, das especies de flora do monte e da Casa ou Cova da Xoana. Neste punto pode apreciarse a magnitude do areal de Carnota en todo o seu esplendor, así como a zona de San Mamede de Carnota.

Ademais, é aquí onde se localiza o Petón dos Buítres, posiblemente chamado así pola concentración de aves carroñeras nesta zona.

a moa de abaixo

Os vellos dicían que alí vivían “os moros”. Pero, de onde eran? Pois parece ser que lle chamaban así a todo aquel que fora forasteiro. O que si se pode ver son os vestixios que deixaron no monte. De feito, dise que no Pedrullo houbo un edificio grande e, os Campos da Moa estaban rodeados por unha muralla.

É habitual pasar por riba dela e non vela, posto que se atopa bastante desfeita. Uns desfixérona na procura de tesouros e outros xogando sen saber da súa riqueza e importancia patrimonial.

Sábese que os expulsaron no S.XV por orde dos Reis Católicos por non querer convertérense ao Catolicismo. Botáronnos sen deixar que levasen nada do que tiñan. Suponse que algo terían e que o deixaron agochado por se volvían algún día. Namentres, a xente desfixo esas murallas durante anos pero nunca se atopou nada.

murallas

13O neno que soñaba coa Montaña Pepe do Fieiro

Page 8: Pepe do Fieiro: O neno que soñaba coa montaña

pepe do fieiroNesta laxe levábase a cabo un ritual de sanación que consistía en tender os corpos dos enfermos na herba; trazaban a súa silueta no chan, retiraban ao desafiuzado e levantaban os terróns de terra sobre os que estaba apoiado e púñanos ao sol sobre as pedras para que secasen. Di a lenda que segundo os terróns de terra secaban, os enfermos ían sanando. Esta técnica xa se empregaba na época dos mouros.

Máis próxima no tempo e, da que o Señor Pepe foi testemuña en varias ocasións, foi a que se lle realizaba ás vacas. Cando os cascos das patas estaban moi carcomidos e os animais coxeaban, os veciños da zona dicían que había que facerlle o remedio do “formighiño”.

Esta técnica consistía en levalas a un campo, marcaban o perfil do casco danado sobre o chan, arrancaban nove terróns e poñíanos a secar preto da lareira. A medida que se queimaban, as vacas curaban.

Ademais, aquí está o coñecido petón de Outeiro de Mirigildo, que se atopa na marxe dereita da Laxe de Abaixo. Esta pedra ten a súa historia vinculada a uns veciños de O Fieiro.

Dous veciños desta localidade decidiron subir ao Monte Pindo e, cando estaban chegando ao cumio, concretamente na zona coñecida como A Laxe de Abaixo atopáronse co lobo. Decidiron subir a unha pedra grande que tiñan á man dereita e agardar que marchase o lobo. Como vían que o lobo non tiña entre os seus plans abandonar unha posible presa, un dos dous homes decidiu tirar o seu sombreiro e que o levase o aire para que o lobo seguise o sombreiro. Así foi, o lobo correu tralo sombreiro mentres que este home botou a correr cara a casa.

Namentres, Hermeregildo non o vía claro e, optou por quedarse enriba do Outeiro ata que chegase a axuda. Alí quedou horas e horas ata que lle acudiron veciños do lugar. Por este motivo este outeiro ou petón recibe o nome de O Outerio de Mirigildo.

Unha pequena puntualizacón: chámase Mirigildo e non Hermeregildo, porque o nome era máis curto e máis fácil de dicir. De feito, era así como lle chamaban os veciños do lugar. Este home procedía da casa de O Sibrano e anos máis tarde quedou cego.

a laxe de abaixo

15O neno que soñaba coa Montaña Pepe do Fieiro

Page 9: Pepe do Fieiro: O neno que soñaba coa montaña

pepe do fieiro

Conta o Señor Pepe: “dicían os nosos vellos que se vía a roupa branca en Santiago”. Él sempre mantivo a postura de que iso no podía ser certo pero agora xa vai cambiando a súa opinión, xa que miraba na dirección equivocada. A noite do 25 de xullo do ano 2010 subiu para saber se se ían ver os fogos do Apóstolo e, para súa sorpresa sí que puido ver a queima da fachada da Catedral. Miraba máis cara o norte, noutra dirección, por iso nunca antes puidera ver Santiago de Compostela.

Nunha das rutas guiadas organizadas polo Concello de Dumbría, o Señor Pepe sorprendeunos. Cando chegamos á cima, apareceu cun espello grande que nos confesou que tiña agochado alí arriba. Para qué era o espello? Pois el subiuse ao punto máis elevado, a carón do soporte de cemento que hai alí arriba e comezou a facer sinais co sol reflectido no espello, agardando resposta por parte dun veciño do lugar de O Ézaro. Sen lugar a dúbidas o Señor Pepe é unha caixa de sorpresas!

Estas son algunhas instantáneas na Laxe ou Moa de Arriba dos roteiros guiados ao Monte Pindo organizadas polo Concello no verán 2014.

Nesta zona frondosa, de vexetación rasa é onde había unha maior concentración de coellos de todo o Monte Pindo; por este motivo é coñecido como O Campo dos Conexos. Chámaselles “conexos”, en vez de coellos, porque esta palabra provén da característica fala desta zona de Galicia.

campo dos conexos

Este é punto máis alto do Monte Pindo, con 627 metros de altura. Dende a Laxe da Moa ou a Laxe de Arriba pode verse toda a zona a vista de paxaro: Fisterra, o cabo e o faro, Sardiñeiro, o Cabo C, Corcubión, Cee, Caneliñas, Gures, un anaquiño de O Ézaro, o monte Peñafiel, as Illas Lobeiras, O Pindo, Quilmas e o Areal de Carnota (con 7km de lonxitude é o máis longo de Galicia), todo isto por riba do nivel das nubes. É a recompensa do sendeirista.

a laxe ou moa de arriba

17O neno que soñaba coa Montaña Pepe do Fieiro

Page 10: Pepe do Fieiro: O neno que soñaba coa montaña

pepe do fieiro

No ano 1950, Juan Rodríguez, o pai do Señor Pepe, explotaba unha mina de volframio e estaño no Monte Pindo. Un día, chamáronlle a atención unhas pedras que semellaban terse desprendido dunha rocha. Preguntouse cál podía ser o motivo.

Percorreu a zona tratando de atopar algún indicio que lle permitise confirmar que a orixe non fose consecuencia da acción humana, pero non o atopou.

Non se deu por vencido. Meteuse entre as pedras que posiblemente se desprenderan daquela gran pedra e atopou unha parede semicircular construída con seixo. Aquel descubrimento chamoulle a atención e a súa curiosidade parecía ter atopado recompensa.

Cunha expectación que ía progresivamente en aumento, sacou as pedras... o furado aberto permitiulle ver que resgardaban unha xerra de barro. Tiña unha asa ancha da que tirou, pero co tempo que levaba alí soldárase ás pedras nas que estaba encaixada e, ao tirar, esta rompeu. Recolleu os anacos e levounos para casa co fin de restaurala.

xerra da barro

Trinta anos despois, coñeceu a un catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, Fernando Alonso Romero. Juan Rodríguez decidiu ensinarlle a xerra e, este fíxose cargo da peza co obxecto de examinala con detemento. Cando volveu, díxolle que moita importancia non tiña xa que non posuía ningún gravado nin selo, aínda que segundo as análises, databa do século XV e fora cocida ao sol; por este motivo podía levarse a un museo. O señor Juan accedeu a cedela para que puidese ser obxecto de museo, sendo entregada ao Museo Padre Sarmiento de Santiago. Actualmente atópase no Museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela, na zona de almacén; non está exposta ao público.

Anos máis tarde, o Señor Pepe do Fieiro decidiu falar con dous canteiros de O Ézaro e ofrecerlle un traballo. Quería que picasen a pedra superior onde seu pai atopou a xerra de barro. Ofrecíalles cen mil pesetas, que daquela eran moitos cartos, xa que el cría e sigue crendo que alí debaixo ten que haber un tesouro escondido. Un dos dous canteiros preguntoulle si se podía subir en coche ou en moto ata alí, ao responderlle o Señor Pepe que non, que soamente se pode acceder a pé, rexeitou o traballo sen pensalo dúas veces.

O Señor Pepe segue agardando que alguén se decida a ir ata alí e picar esa pedra para ver se realmente hai algo máis valioso debaixo desa gran mole granítica; ou incluso ir cun detector de metais por se hai ouro debaixo.

19O neno que soñaba coa Montaña Pepe do Fieiro

Page 11: Pepe do Fieiro: O neno que soñaba coa montaña

pepe do fieiroNun desvío da ruta, aparece sinalada a área de descanso, un bo lugar para que os sendeiristas poidan repoñer forzas nunha zona abrigada do vento.

Os campos da zona da Laxe de Arriba ou da Moa estiveron rodeados de murallas. Suponse que quen as desfixo foron os que andaban na procura dos tesouros que alí estaban agochados. Actualmente, os restos das murallas poden observarse con claridade.

Na memoria colectiva da xente da zona quedou gravado un suceso acontecido durante os primeiros anos do século XX e, protagonizado por un veciño coñecido como O Cadista.

Viñeron por aquí dous homes, que dicían que eran de Noia e, foron pola parroquia de Arcos preguntando quen coñecía estas montañas para facerlles de guía. Indicáronlle que esa función podería levala a cabo un home que pastoreaba un rabaño de ovellas; e levounos ata o destino que buscaban, o Forno da Moa. Tal e como lle pediron, guiounos ata unha parede da montaña na que se atopa un furado duns dous metros de profundidade e de altura. Alí indicáronlle que cavase en varios lugares. Máis tarde, regresaron e, cando chegaron á casa do pastor entregáronlle unha moeda de cinco pesos, posiblemente de prata.

“Por qué me dan tantos cartos?”- preguntoulles o pastor.“Usted se los ganó” – respondéronlle - “Volveremos y queremos que venga con nosotros de nuevo”.O pastor deduciu que si lle deron tanto diñeiro era porque naquel lugar podería haber moito máis. Ao día seguinte, volveu ao Forno da Moa e cavou onde lle indicaran. De volta á súa casa, comunicoulle á súa muller que vendería as cabras, as ovellas e outras propiedades para poder pagar unha viaxe.“De qué imos vivir?” – preguntoulle a muller.“Teño que marchar” – insistiu o pastor.O seu destino foi Cádiz, onde permaneceu por espazo de catro ou cinco meses. Foi a raíz desta viaxe o por qué do seu alcume como O Cadista.Cando retornou á casa atopou aos seus fillos, a tres ou catro rapaciños pequenos que estaban á volta da lareira quentándose. Preguntoulles por súa nai e dixéronlle que fora pedir esmola.“Dende hoxe non volverá pedir” – anunciou O Cadista.De feito, encargou que reconstruísen a súa humilde vivenda e, cando algún veciño vendía unha finca, animais ou outras propiedades, este comprábaas.“Cómo é posible que en tan pouco tempo se fixera rico?” – preguntábanse os veciños.Comezou así a lenda e a historia que di que a fortuna se atopaba no Forno da Moa. Neste lugar, dicían os vellos, era onde o Cadista atopou uns plumíns de ouro, suponse que se lle chamaban plumíns aos lingotes de ouro; sendo en Cádiz onde os cambiou por diñeiro. A día de hoxe, as persoas de máis idade sinalan cal era a súa casa, no lugar de Cornes. Actualmente esta vivenda ten outro propietario e outro nome.

área de descanso

José Rodríguez Ramos, fillo de Juan, a quen todos coñecen como Pepe do Fieiro, conta que a Raíña Lupa levantou un castelo en O Pedrullo e outro preto de Duio, en Fisterra.

Conta a lenda que cando esta morreu, transportaron o seu corpo dende Santiago de Compostela ata Duio e, nun libro atopado en Arcos (Mazaricos) está escrito que, máis tarde, levárono a unha montaña onde está enterrado. Suponse que era aquí, no Monte Pindo, con “sete lingotes de ouro aos pés e outros sete na cabeceira”, isto era o que os vellos crían na época.

raiña lupa

21O neno que soñaba coa Montaña Pepe do Fieiro

Page 12: Pepe do Fieiro: O neno que soñaba coa montaña

pepe do fieiro

A Cova “Casa da Xoana” atópase nunha desviación da ruta. É unha das formacións naturais máis impresionantes e curiosas deste monte. Pénsase que esta cova foi empregada como crematorio aínda que nunca se acharon restos que identificasen esta función.

Do que si se ten constancia é do feito de que nesta cova aniñou a última aguia real do Monte Pindo, coñecida como Xoana. O fogar elixido por esta especie para criar foi o máis elevado dunha cova que atravesa o monte de lado a lado, a Cova “Casa da Xoana”.

Ademais, hai lendas que din que neste lugar xuntábanse as meigas para realizar os seus aquelarres, algo así como o seu local social, onde se reunían.

cova casa da xoana

Unha das últimas peripecias levadas a cabo polo Señor Pepe foi a de realizar o Camiño de Santiago, dende a capital de Galicia, ata a súa vivenda, situada no lugar de O Ézaro. Ata aquí todo soa normal, pero o feito incrible é que fixo todo este percorrido a pé e nunha única xornada.

De feito este reto era unha espiña que tiña cravada dende había moitos anos e que tiña que sacar. E así o fixo, case setenta e dous quilómetros en tan só dezasete horas de percorrido a pé e con oitenta anos de idade que só lle cremos ao ver a data de nacemento no carné de identidade, posto que ben podería ser un rapaz de vinte.

Falando con el, coméntanos que lle gustaría mellorar esa marca e facela en quince horas. No caso de facela, gustaríalle ir acompañado, porque el disfruta ir falando á par que camiña xa que se lle fai máis ameno. Pero dicimos nós: “Quen podería seguirlle o ritmo ao Señor Pepe? Si está mellor ca un de vinte!” É todo un exemplo a seguir.

Ah! Por se nunca gozaron dunha ruta co Señor Pepe, comentarlles que é un apaixonado do Monte Pindo, que nin bebe nin come en toda a ruta e iso que non para de contar historias e curiosidades deste Olimpo Celta. O dito, é un auténtico explorador desta paraxe natural. Ademais, é un home polifacético e de mente inqueda. En cada subida guiada, deléitanos con algunha das súas poesías; poesías feitas do seu puño e letra e que nos contan en verso as historias que agocha o Monte Pindo.

O dito, a experiencia de poder descubrir esta paraxe natural da man do Señor Pepe é inolvidable. Por iso, lla recomendamos a todo aquel que estea pensando en subir ao Olimpo Celta; mellor facela da man do explorador do Monte Pindo.

o camiño de santiagoata o ézaro

23O neno que soñaba coa Montaña Pepe do Fieiro

Page 13: Pepe do Fieiro: O neno que soñaba coa montaña

pepe do fieiro

poemasMonte PINDO, OLIIMPO CELTA, PEDREGAL MISTERIOSO, nos cuenta muchas cosas y lo hace repaso. Como no lo entendemos no le hacemos ni caso.

En 1936, cuando la guerra civil española, llegaron los soldados a Ézaro y, a la vista del Monte Pindo, un militar marroquí, exclamó: “Monte Pindo, pedregal de las riquezas, pedregal de los tesoros, pedregal de las fortunas, pedregal de los encantos.”

Luego, aclaró. Que le contaron sus abuelos, que sus antepasados vivieron en el Monte Pindo de Galicia. Fueron expulsados por razones religiosas. Tuvieron que abandonar el PINDO, dejando sus riquezas en alguna cueva ya que no se les permitió llevar sus pertenencias. Tenían mucho oro. Todo quedó escondido con determinadas y discretas señales, por si algún día volvían, para encontrar la enriquecida cueva.

25O neno que soñaba coa Montaña Pepe do Fieiro

Page 14: Pepe do Fieiro: O neno que soñaba coa montaña

pepe do fieiro

Que se sepa a ciencia ciertanunca nada se encontró,todo está igualcomo el moro lo dejó.

Vivian como piratasotra cosa no hacían,asaltaban a los barcos y luego se escondían.

Los piratas del Pedrullovigilaban hacia el mar,al pasar los galeoneslos solían asaltar.

Acumularon riquezasque procedían del mar,cuando fueron expulsadoslas tuvieron que dejar.

¿Dónde estarán escondidas?No venían nada mal,Habría que buscarlasen este mismo pedregal.

En la MOA hay murallasalgo nos quiere decir,¿Quién sabe si habrá algoque se pueda descubrir?

Una jarra aparecióbien escondida estaba,podía ser una marcaque algo nos señalaba.

Al museo se ha llevadoen el POBO GALEGO está,que se puede visitarsi pasamos por allá.

Una pieza de cerámicadel siglo XV datada, cinco siglos en el sitio algún tesoro marcaba.

Se dice que en el horno de de la MOAapareció un tesoro,se puso el CADISTA ricoeran lingotes de oro.

Nunca se buscó a fondo solo fue superficial, ¿qué misterios guardará?este hermoso pedregal.

Campo da MOA de arribaera un mágico hospital,se tendían a los enfermosy desaparecía el mal.

Nunca se ha encontradoun posible cementerio, lo que hacían con sus muertasese es un gran misterio.

De la CASA DE XOANAnuestro abuelos hablaban,los moros tenían un hornoy a sus difuntos quemaban.

Fue así de otro modolos moros se han marchado,ahora nunca sabremoscomo se han arreglado.

El gigante PEÑAFIELTambién tiene su truquillo,tuvo su cumbre cubiertacon un hermoso castillo.

Habitantes del castillo¿Qué clase de vida hacían?,¿Serían también piratas?Pues labranza no tendrían.

Por la parte orientalhicieron una calzada,no se sabe la razón pero no fue terminada

Plata y oro teníanlo robaban en el mar,con detector de metalesse podría investigar.

A la ciencia de hoy en díallamó la atención,que no caiga en saco rotoToda esta información.

PEPE DO FIEIRO

monte pindo

27O neno que soñaba coa Montaña Pepe do Fieiro

Page 15: Pepe do Fieiro: O neno que soñaba coa montaña

pepe do fieiro

Si subo al Monte Pindoes por alguna razón,quiero visitar sus vallesque me llaman la atención.

Sus altos y sus colinastambién se pueden subir,para mirar a lo lejosy ver los barcos venir.

La laxe da Moa essu punto más elevado (627m)donde casi se avistatodo el conglomerado.

Desde esta cima rocosase ve todo alrededor,por el norte, por el sura babor y estribor.

El Monte Pindo es alegreya lo sabían los moros, se afincaron aquíy reunieron tesoros.

Se ven montes, se ven vallesse ven playas y el mar,si esperas al ocasobuen recuerdo vas llevar.

Si te encuentras en la Moa cuando el sol se va a poner,seguro que algún díatendrás ganas de volver.

El astro rey se ocultabajo las aguas del mar,formando un coloridoque nunca vas a olvidar.

El día debe estar despejadocuanto más claro mejor,verás un horizontecon muy bonito color.

En la casa de Xuanahay un túnel natural,no se encuentra otro asíen todo el pedregal.

Este túnel tan curiosotiene su repertorio,era usado por los moroscomo horno crematorio.

Si vamos a Peñafielno es muy fácil subir,pero los que allí fueronsiempre quieren repetir.

Allí estuvieron los morosy guardaban su tesoro,como era difícil llegartenían a salvo el oro.

En el pedrullo teníala reina Lupa un castillo,que miraba hacia el marlos navíos que pasaban los solían asaltar.

Al hacerse con el botínregresaban a la tierra,subían hacia el castillose escondían en la sierra.

Como piratas que eranse defendían muy bien,conocían el terrenoy se escondían también.

Estamos hablando de morosque tuvieron que marchar, al no querer ser católicosno pudieron regresar.

¿Cuánta fortuna tendríanque no pudieron llevar?en algún lugar por aquíla tuvieron que dejar.

Entre estas colinas y vallesalgún secreto debe haber,la riqueza que teníanla debieron esconder.

Si estas piedras hablarany nos pudieran contar,todo lo ocurridoal ver los moros marchar.

Estas rocas son testigosde los secretos tesoros,que tuvieron que dejarcuando marcharon los moros.

PEPE DO FIEIRO

El castillo del PEDRULO fue construido en 1028 por orden del rey VERMUDO III de Lón

monte pindo 2

29O neno que soñaba coa Montaña Pepe do Fieiro

Page 16: Pepe do Fieiro: O neno que soñaba coa montaña

pepe do fieiroa peñafiel al pedrullo

Estamos en Peñafiella cuesta es empinadalos que no quieran subirno se obligan a nada.

Ya veis como es el caminohay que escalar la montañalos que no quieran subirque no cometan la hazaña.

Los atrevidos que subanque tengan mucho cuidadono se trata de una bromaporque es muy arriesgado.

La subida no es buenala bajada es peormira como lo haceny te encontrarás mejor.

El paisaje es bonitomíralo con atenciónel que no quiera subirtendrá toda la razón.

Los que así lo deseenque se sienten a descansarcuando bajen los demás ya nos podremos marchar.

Al norte de Peñafielse encuentra el río Jallascon la cascada imponenteúnica caída al maren todo el continente.

Cascada con poco aguala retienen embalsadapara producir corrientenos hicieron la jugada.

Al norte queda Dumbríaal oeste el mar Atlánticoal sur Carnota y otros picosy al este Mazaricos.

Suban hasta la cumbrelos que tengan interéspero habrá que aplicartoda una regla de tres.

Sigan los pasos del guíaque firme es el terrenocuando bajen de regresotendrán que pisar el freno.

PEPE DO FIEIRO

A la vista está el Pedrulloel castillo de san Jorge,está cargado de historiaa nuestros días llegósolo un poco de escoria.

Me gustaría sabercual fue la realidad,me contaban muchas cosascuando era un rapaz.

Aquí vivían piratasvigilaban el Atlántico,asaltaban a los barcosy acumulaban riquezasmuy cerca de Caldebarcos.

La reina Lupa mandabaneran todos obedientes,protegían sus tesorosarmados hasta los dientes.

No se sabe desde cuandoacumularon riquezas,pero en el siglo XVllevaron muchas sorpresas.

Fueron los Reyes Católicoslos que dieron una orden,que había que acatartenían que convertirsede lo contrario marchar.

Si se marchan que lo piensennada podían llevar,la fortuna que tenían aquí debía quedar.

Escondieron sus tesorosy muy lejos se marcharon,con ánimo de volverpero nunca regresaron.

Sus murallas y castillosy a todo fue destruido,en busca de aquel tesoroque aquí quedó escondido.

Si tenían mucho orono lo pudieron llevar,aunque es misteriosoescondido debe estar.

PEPE DO FIEIRO

31O neno que soñaba coa Montaña Pepe do Fieiro

Page 17: Pepe do Fieiro: O neno que soñaba coa montaña

pepe do fieiroen la moa a moa de ribaMonte Pindo parque naturaldonde vivieron los morosen este pedregal. En el Pedrullo hay huellasbien se ven a simple vistaen la Moa podemos seguirle también la pista.

Si vamos a Peñafielalgo allí podemos verlos moros se han marchadopara nunca más volver.

En la casa de Xuanaobró la naturalezaque estuvo habitadalo sabemos con certeza.

Estamos na laxe da Moase ve todo alrededorpor la proa, por la popaa babor y estribor.

Con el día despejadoes todo una maravillaque podemos presentarante el rey de Sevilla.

Decían nuestros abuelosdesde aquí se ve Santiagopuede ser algo dudosopero vemos el P. Sacroy además el Pedroso.

Está muy bien comprobadoen la noche del Apóstoldesde este pedregalse ve quemar la fachadade aquella catedral.

Los discípulos de Santiagollegaron con su Maestropor la ría de Padróny a la reina Lupa pidieronun poco de protección.

Lupa les permitió que enterraran al Apóstolen el mismo Compostelaallí estará a salvode toda la corruptela.

La Reina Lupa fue moraera una dama formaly al final la enterraron en este mismo pedregal.

Con mucho oro en su tumbacolocaron aquella dama si pudiéramos encontrarlaadquiríamos fama.

PEPE DO FIEIRO

Presten atención señoresa lo que van a escuchar,aquí vivieron los morosde ellos vamos hablar.

Eran una gente extrañavivían en el pedregal,llegaron en otros tiemposen busca de mineral.

La fecha de su llegadano se sabe calcular,pero en el siglo XVse tuvieron que marchar.

Entre estas rocas graníticasse encuentra volfran y estañolo sabían bien los morosde los tiempos de antaño.

Estamos na Moa de arribamágico hospital,tendían a los enfermosy se le curaba el mal.

Sanaban los deshauciadosque no tenían remedio,los médicos lo veíancomo algo de misterio.

Gracias a los familiareslos traían en camilla,le hacían el remediole iba de maravilla.

Era terreno de moros lo tenían vigilado,para evitar invasionesestaba amurallado.

Los moros eran piratasacumulaban fortuna,cuando fueron expulsadosno se llevaron ninguna.

Se marcharon de puntillassin hacer mucho ruido,el tesoro que teníanlo dejaron escondido.

Marcas algunas se venno se saben descifrar,anímense los científicosy vengan a estudiar.

La ciencia de hoy en día detectores de metal,anímense a estudiareste lindo PEDREGAL.

PEPE DO FIEIRO

33O neno que soñaba coa Montaña Pepe do Fieiro

Page 18: Pepe do Fieiro: O neno que soñaba coa montaña

pepe do fieirocasa de xuana cortes da moa

Es la casa de Xuanaen medio del pedregal,ese túnel que se ve es cosa muy natural.

Está en el Monte Pindoy es muy digna de ver,los moros aquí traíansus difuntos para arder.

Para subir hasta aquí no es muy fácil trepar,tengan cuidado ahoraal momento de bajar.

Aquí hemos llegadoa la vista está el mar,siéntense ahora un momentoy vamos a descansar.

Al terminar el descansocontinuamos el viaje,para andar por estas rutases necesario coraje.

Nadie lo puede dudarnosotros somos valientes,tengan mucho cuidaditoal bajar estas pendientes.

La ladera es inclinaday tiene mucha pendiente,si la subimos de prisase cansaría la gente.

Tengamos todos cuidado para no bajar rodando,al comienzo de la cuestaya podemos ir frenando.

Ese valle que se vees el rego de Candelas,si hace un poco de vientopodemos armas las velas.

El gigante Peñafielya lo tenemos en frente,lo podemos visitarsi no se cansa la gente.

PEPE DO FIEIRO

Campo das Cortes da Moapedriñas que aquí durmís,tendes a vosa fontiñaonde cantou a perdís.

As mouras aquí lavabanos seus paniños de raso,traballaban día e noiteton coñecían descanso.

As pedras que estamos vendoalgo nos queren falar,quedaron con moita tristuraó ver os mouros marchar.

Veleí está o fornoalgo nos quere decir,si poderamos lero que está sin escribir.

Esto xa é un segredoporque quedou no tinteiro,si as herbiñas falaranaquí tocaba o pandeiro.

Festa debeu habercando viviron os mouros,bailaban todos mui ledosarredor dos seus tesouros.

Aquí houbo xente extrañanon se sabe desde cando,de mui mala gana sítuveron que ir marchando.

Eran os Reis Católicosisabel e máis Fernando,déronlles unha ordee xa os estaban botando.

Estas pedras teñen historiapero non a poden contar,ca xente que as visitaxa ben podían falar.

Por xente de todo o mundoen calquera mes do ano,este campo é visitado

Disfrúteno amigos meus,que este cuento se ha acabado.

PEPE DO FIEIRO

35O neno que soñaba coa Montaña Pepe do Fieiro

Page 19: Pepe do Fieiro: O neno que soñaba coa montaña

pepe do fieiro

Entre estos altos peñascoshay un sendero estrecho,y para subir la cuestahabrá que ponerle pecho.

Se llama Curroseixiñoeste lugar donde estamos,es la mitad del caminoy por eso descansamos.

Aquí el lobo no se veseguramente no existe,tengan mucho cuidadoy que nadie se despiste.

Este camino enlazala Moa con el Pedrullo,lo frecuentaban los morosy no hacían barullo.

A medida que subimosnos alejamos del mar,tomen las cosas con calmano se vayan a cansar.

Las rocas que nos rodeanofrecen mucha belleza,fíjense bien ustedescaprichos de la Naturaleza.

Muchas piedras que se venpor estos lares,dan la sensación a vecesque parecen animales.

Los veleros navegandoel océano cruzaban,pero los piratas morossiempre los asaltaban.

Se hacían con el botíntraían plata y oro,e iban acumulandoun suculento tesoro.

Los moros a la moreríatuvieron que regresar,los tesoros que teníanno los pudieron llevar.

Debían ser musulmanesy no quisieron cambiar,fueron los Reyes Católicosque los mandaron marchar.

En algún lugar secretosus pertenencias quedaron,nunca fueron encontradas por mucho que se buscaron.

Sus castillos y murallastodo ha sido destruido,para buscar el tesoroque dejaron escondido.

Que se sepa a ciencia ciertanunca nada apareció,todo sigue escondidopor mucho que se buscó.

PEPE DO FIEIRO

El Coloso está sentadoen rego de Calderón,lo conocían los morosantes de nacer Colón.

Nunca subió a la Moay no conoce al Gigante,aunque llegara a verlono hay nada que lo espante.

Es una roca muy duray tan vieja como el mundo,cuando la vas visitarte ve con amor profundo.

Si quieres ver al Colosono es ningún animal,tendrás que ir por las Lamasentrando en el Pedregal.

El Coloso es una piedra y no toma agua ardiente,siempre está esperandoque lo visite la gente.

También es conocidocomo “Outeiro do Naríz”,siempre estuvo ubicado donde canta la perdíz.

Si quieres ver al Colosocomo lo hacen las damas,debes subir a la Moapor la ruta de las Lamas.

El Pedregal es bonitonunca lo pongas en duda,siempre se pasa muy bienaunque la ruta es dura.

Visitando al Monte Pindose pasa bien la jornada,si llevas en la mochilauna buena naranjada.

El paisaje es montañosoprocede de un volcán,el Coloso es antiguoes más viejo que Adán.

La erosión con el tiempova dando forma a las rocas,el Coloso tiene gorraaún le faltan botas.

Cuando visitas la Moaaprenderás muchas cosas,el Pedrullo y Peñafielson como dos grandes rocas..

PEPE DO FIEIRO

a curroseixiño el coloso

37O neno que soñaba coa Montaña Pepe do Fieiro

Page 20: Pepe do Fieiro: O neno que soñaba coa montaña

pepe do fieiroal río xallas a la cascada

De las Brañas de CastrízParte el río JallasVa caminito del mar,A pesar de los pantanosNo tardará en llegar.

Río Xallas, río XallasNo te vayas lastimar,Salvarás una cascadaEn tu caída al mar.

De cien metros de alturaCaerás en vertical,Sobre el agua saladaDe forma muy natural.

Te visitan los turistasDe muchas partes del mundo,Y descubren al finalEse pozo tan profundo.

La cascada era imponenteHoy en día no es nada,Ya que a tu derechaBaja el agua entubada.

Tu caudal es retenidoArriba en los pantanos,Tenemos que conformarnosSin agua por los veranos.

Te hiciste universalCon la carrera ciclista,Por tu derecha subieronA lo alto de la pista.

Por aquellas tuberías,Baja con mucha corriente,Hace girar las turbinasPara dar luz a la gente..

PEPE DO FIEIRO

Al final de Río Jallastenemos una cascada,que cae en verticalsobre el agua salada.

De cien metros de alturadirectamente al mar,no hay otra en Europaque le pueda imitar.

Llegan los autobusescargados de personal,a visitar la Cascadaal lado del Pedregal.

Al pasar los pantalanesla gente va confiada, por un pasillo segurohasta el pie de la Cascada.

Los pantalanes en el río ya se encuentran en el mar,enfrente de la Cascadaya se puede navegar.

Entre Dumbría y Carnota el ríova terminar, se divierten los turistasal verlo caer al mar.

El Ézaro es de Dumbríasitio muy acogedor,cuando vienen los turistassuben hasta el Mirador.

La cuesta es empinada tiramucho por el pecho, la gente va despacitohasta llegar al repecho.

Desde arriba se ve todoaunque, no la Cascada,se ve la Moa y Finisterreal dirigir la mirada.

Pasaron un día felizsiempre lo recordarán,cuando tengan la ocasiónmuchos de ellos volverán.

Tenemos informacióntambién una pulpería,los turistas vienen contentosse marchan con alegría.

PEPE DO FIEIRO

39O neno que soñaba coa Montaña Pepe do Fieiro

Page 21: Pepe do Fieiro: O neno que soñaba coa montaña

pepe do fieiro(tamén coñecida como Ruta das Sardiñas)

Presten atención señores a lo que van a escuchar, de ustedes los turistastambién tenemos que hablar.

Le damos la bienvenidapor subir al Monte Pindo,que lo disfruten ustedesnos alegra de lo lindo.

Los guías les acompañanlo hacen con alegría, quieren que ustedes llevenun buen recuerdo del día.

Recibimos a turistas de cualquier parte del mundo, agradecemos la visitacon un amor muy profundo.

A veces nos econtramoscon lengua muy diferente,de cualquier rincón del mundollega hasta aquí la gente.

Agradecer las visitasese es nuestro papel, a veces nos encontramoscon la Torre de Babel.

De cualquier parte de Españay también del extranjero,llegan personas aquíque tienen mucho salero.

Son alegres y amablesrespetan la naturaleza,demuestran tener culturade los pies a la cabeza.

Nos vamos a despedirtenemos que regresar, espero que algún díanos volvamos a encontrar.

Vuestros guías os deseanque llevéis un buen recuerdo,y disfrutéis de verdady en otra ocasión nos veamos por acá.

Os deseamos lo mejory que lo paséis muy bien,si ustedes van contentosnosotros quedamos también.

PEPE DO FIEIRO

Por la Portela Ventosa ruta cargada de historias la subían las “peixeiras” para ganarse la Gloria.

Desde el Pindo a Mazaricos el pescado transportaban, si regresaban cargadas todas ellas se alegraban.

El transporte lo hacían en cestos en la cabeza, caminaban todo el día resultaba con dureza.

Todos los días subían por la “Laxe Miravela” es una piedra empinada que hay que subir la vela.

Algún pescado lo vendían para pagar el “caudal” el resto lo cambiaban por comida, es normal.

Siempre andaban cargadas a través del pedregal, muy contentas y alegres era lo más natural.

Eran tiempos de posguerra nunca lo debes dudar, comenzaban la faena al ver las lanchas llegar.

Llegaban los marineros de faenar por la noche, les vendían el pescado a quien no tenía coche.

Hoy esta ruta se usa solo para diversiones, que sirva de HOMENAJE a aquellas generaciones.

El tiempo de las “peixeiras” siempre lo recordaremos, las lanchas iban a vela y muchas veces a remos.

Eran tiempos muy esclavos nadie lo ponga en duda,hemos mejorado mucho pero, la vida es dura.

Ahora nos divertimos al cruzar estos senderos, que la cosa ha mejorado lo saben nuestros abuelos.

A esta juventud le pido reflexión sobre el pasado, para que nunca ocurra lo que ya ha terminado.

PEPE DO FIEIRO

ruta de las “peixeiras” al turista

41O neno que soñaba coa Montaña Pepe do Fieiro

Page 22: Pepe do Fieiro: O neno que soñaba coa montaña

pepe do fieiro

por todo

señor pepegraciasEste verán aprendemos moito da man do explorador do Monte Pindo. Queremos agradecerlle a súa compaña en cada unha das nosas rutas, así como demostrarlle que fomos unhas boas alumnas con este libro.

Ampliamos o noso agradecemento á súa filla e netas por achegarnos fotografías e arquivos para a elaboración do presente.

Desexamos que as lendas e as historias do Olimpo Celta perduren no tempo.

Grazas Señor Pepe!

O neno que soñaba coa Montaña Pepe do Fieiro

Page 23: Pepe do Fieiro: O neno que soñaba coa montaña

o neno, que soñaba coa montaña

dumbria.com