1
Local sindical: 2ª Planta, Edf. Xefatura Provincial Correos . 15070 A Coruña Tfno-981.223496, RICO 83230 * E mail: [email protected] Sindicato Federal de Correos e Telégrafos CONFEDERACIÓN XERAL DO TRABALLO Sindicato Provincial de Correos de A Coruña 2ª Planta Edificio Xefatura Provincial de Correos . 15070 A Coruña Tlfes: 981.223.496. Rico: 83230. Móvil: 609381811 Mail:[email protected] Web:http://cgtcorreosacorunha-hayalternativa.blogspot.com A Lei 31/95 de Prevención de Riscos Laborais establece, no seu artigo 22.1, que os recoñecementos médicos son voluntarios e que só de forma excepcional poderían ser obrigatorios. Correos non pode decidir unilateralmente que traballadores/as son os que teñen que pasar un recoñecemento médico obrigatorio nin como facer eses recoñecementos. Para determinar isto débese consultar e negociar coas Organizacións Sindicais nos órganos de representación correspondentes (CESL e CPSS). Déronse instrucións nos Centros de Traballo para que o persoal ou ben solicite o seu recoñecemento médico ou renuncie expresamente á súa realización e determinaron que, para motoristas e outros traballadores/as, este recoñecemento é obrigatorio, alegando o citado art. 22.1 da LPRL. Pois ben, leamos detidamente o devandito artigo: Art. 22: Vixilancia da Saúde: 1. O empresario garantirá aos traballadores ao seu servizo a vixilancia periódica do seu estado de saúde en función dos riscos inherentes ao traballo.() Esta vixilancia só se poderá levar a cabo cando o traballador preste o seu consentimento. Deste carácter voluntario só se exceptúan, previo informe dos representantes dos traballadores, (casualmente no escrito de Correos este parágrafo desapareceu) os supostos nos que a realización dos recoñecementos sexa imprescindible para avaliar os efectos das condicións de traballo sobre a saúde dos traballadores ou para verificar se o estado de saúde do traballador pode constituír un perigo para el mesmo, para os demais traballadores ou para outras persoas relacionadas coa empresa ou cando así este establecido nunha disposición legal en relación coa protección de riscos específicos e actividades de especial perigo() En todo caso deberase optar pola realización daqueles recoñecementos ou probas que causen as menores molestias ao traballador e que sexan proporcionais ao risco. Polo que, para os condutores e os demais traballadores afectados, non é obrigatorio pasar este recoñecemento médico ata que Correos non se sente a negocialo. Ante o método utilizado pola empresa, facemos unha serie de consideracións para que as teñades en conta antes de tomar unha decisión respecto diso: En diferentes reunións da Comisión Estatal de Saúde Laboral, todas as Organizacións Sindicais manifestámonos en contra do carácter de obrigatoriedade destes recoñecementos para @s condutores/as. Na provincia da Coruña xa solicitamos a paralización inmediata destas probas e a retirada do impreso de comunicación da empresa. Para todo o persoal a súa realización ten carácter voluntario, por tanto ninguén ten porqué renunciar expresamente á súa realización, simplemente con non solicitalo é suficiente. O recoñecemento médico d@ traballador/a non deberá ser para unha vixilancia xenérica senón que se baseará nos riscos específicos do seu posto de traballo. Se a pesar desta nova ilegalidade alguén quere realizalo, téñenllo que facer dentro da súa xornada de traballo xa que non debe recaer sobre a persoa traballadora ningún custo porque a empresa leve a cabo as súas obrigacións en materia de Seguridade e Saúde. OS RECOÑECEMENTOS MÉDICOS NON SON OBRIGATORIOS!!

Os recoñecementos médicos non son obrigatorios

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Os recoñecementos médicos non son obrigatorios

Local sindical: 2ª Planta, Edf. Xefatura Provincial Correos . 15070 A Coruña

Tfno-981.223496, RICO 83230 * E – mail: [email protected]

Sindicato Federal de Correos e Telégrafos CONFEDERACIÓN XERAL DO TRABALLO

Sindicato Provincial de Correos de A Coruña 2ª Planta Edificio Xefatura Provincial de Correos . 15070 A Coruña

Tlfes: 981.223.496. Rico: 83230. Móvil: 609381811

Mail:[email protected] Web:http://cgtcorreosacorunha-hayalternativa.blogspot.com

A Lei 31/95 de Prevención de Riscos Laborais establece, no seu artigo 22.1, que os recoñecementos médicos son voluntarios e que só de forma excepcional poderían ser obrigatorios. Correos non pode decidir unilateralmente que traballadores/as son os que teñen que pasar un recoñecemento médico obrigatorio nin como facer eses recoñecementos. Para determinar isto débese consultar e negociar coas Organizacións Sindicais nos órganos de representación correspondentes (CESL e CPSS). Déronse instrucións nos Centros de Traballo para que o persoal ou ben solicite o seu recoñecemento médico ou renuncie expresamente á súa realización e determinaron que, para motoristas e outros traballadores/as, este recoñecemento é obrigatorio, alegando o citado art. 22.1 da LPRL. Pois ben, leamos detidamente o devandito artigo: “Art. 22: Vixilancia da Saúde:

1. O empresario garantirá aos traballadores ao seu servizo a vixilancia periódica do seu estado de saúde en función dos riscos inherentes ao traballo.”

(…) Esta vixilancia só se poderá levar a cabo cando o traballador preste o seu consentimento. Deste carácter voluntario só se exceptúan, previo informe dos representantes dos traballadores, (casualmente no escrito de Correos este parágrafo desapareceu) os supostos nos que a realización dos recoñecementos sexa imprescindible para avaliar os efectos das condicións de traballo sobre a saúde dos traballadores ou para verificar se o estado de saúde do traballador pode constituír un perigo para el mesmo, para os demais traballadores ou para outras persoas relacionadas coa empresa ou cando así este establecido nunha disposición legal en relación coa protección de riscos específicos e actividades de especial perigo” (…) “En todo caso deberase optar pola realización daqueles recoñecementos ou probas que causen as menores molestias ao traballador e que sexan proporcionais ao risco”. Polo que, para os condutores e os demais traballadores afectados, non é obrigatorio pasar este recoñecemento médico ata que Correos non se sente a negocialo. Ante o método utilizado pola empresa, facemos unha serie de consideracións para que as teñades en conta antes de tomar unha decisión respecto diso: En diferentes reunións da Comisión Estatal de Saúde Laboral, todas as Organizacións Sindicais

manifestámonos en contra do carácter de obrigatoriedade destes recoñecementos para @s condutores/as. Na provincia da Coruña xa solicitamos a paralización inmediata destas probas e a retirada do impreso de comunicación da empresa.

Para todo o persoal a súa realización ten carácter voluntario, por tanto ninguén ten porqué renunciar expresamente á súa realización, simplemente con non solicitalo é suficiente.

O recoñecemento médico d@ traballador/a non deberá ser para unha vixilancia xenérica senón que

se baseará nos riscos específicos do seu posto de traballo. Se a pesar desta nova ilegalidade alguén quere realizalo, téñenllo que facer dentro da súa xornada de traballo xa que non debe recaer sobre a persoa traballadora ningún custo porque a empresa leve a cabo as súas obrigacións en materia de Seguridade e Saúde.

OS RECOÑECEMENTOS MÉDICOS NON SON OBRIGATORIOS!!