2
federación de servizos á cidadanía Sector administración xustiza FOLLA INFORMATIVA Trileros na mesa Director Xeral de Xustiza: onde está a nosa paga? Onte tivo lugar na Egap mesa sectorial. As organización sindicais presenciamos un xogo de trileros por parte da Dirección Xeral que, nunha malchamada negociación que rematou ás catro da tarde, trasladounos as seguintes desinformacións: Paga extraordinaria: descoñecen o plan de pagos da Xunta para recuperar o extra que nos anunciou Feijoo na prensa (12,02% en dous prazos no 2015, 50% no 2015 e o restante 25% en 2018). Pese as 20 sentenzas xudiciais en contra e todas as que están por vir, continúan instalados no desacato e néganse a negociar outra cousa que as propinillas pre-electorais. Anunciáronnos con gran alborozo que en 2018 deixarían de recortarnos as extras. Será gratificante en 2018 recuperar as retribucións de …. 2011!! Somos a única comunidade con recorte salarial e a nosa perda de poder adquisitivo en cinco anos supera o 30%

Folla informativa mesa sectorial

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Folla informativa mesa sectorial

federación de servizos á cidadanía

Sector administración xustiza

FOLLA INFORMATIVA

Trileros na mesa

Director Xeral de Xustiza: onde está a nosa paga?

Onte tivo lugar na Egap mesa sectorial. As organización sindicais presenciamos un xogo

de trileros por parte da Dirección Xeral que, nunha malchamada negociación que

rematou ás catro da tarde, trasladounos as seguintes desinformacións:

Paga extraordinaria: descoñecen o plan de pagos da Xunta para recuperar o extra que

nos anunciou Feijoo na prensa (12,02% en dous prazos no 2015, 50% no 2015 e o

restante 25% en 2018). Pese as 20 sentenzas xudiciais en contra e todas as que están

por vir, continúan instalados no desacato e néganse a negociar outra cousa que as

propinillas pre-electorais. Anunciáronnos con gran alborozo que en 2018 deixarían de

recortarnos as extras. Será gratificante en 2018 recuperar as retribucións de…. 2011!!

Somos a única comunidade con recorte salarial e a nosa perda de poder adquisitivo en

cinco anos supera o 30%

Page 2: Folla informativa mesa sectorial

federación de servizos á cidadanía

Sector administración xustiza

FOLLA INFORMATIVA

Substitucións: trataron de incluír na orde de confección de nóminas as retribucións

íntegras, pero a Dirección Xeral de Orzamentos non o aceptou xa que o considera

incremento salarial e non está permitido pola lexislación. Un engano xa que non é un

incremento salarial, senón un cambio de funcións a un corpo superior. Un sinsentido (os

interinos cobran íntegramente) no que con Cataluña tamén somos pioneiros: o igual

traballo, igual salario non se recoñece como un dereito.

Nova Oficina Xudicial: durante o ano 2014 estivemos “negociando” o Decreto de

Servizos Comúns Xerais. Retomáramos os traballos de 2009, e agora volven paralizarse.

Non vai costar tanto rematar a Sagrada Familia de Barcelona. A Dirección Xeral formula

agora que é absurdo limitarse aos Servizos Comúns, unha autoemenda que desbota o

traballo e recursos empregados, para tratar de crear un Decreto que inclúa un marco para

a NOX completo. Máis do mesmo: dilatarse no tempo e, suponemos que un canto de

cisne para un Director Xeral que quere deixar como testamento político un texto moi

coidado sobre a NOX pero sen ningún tipo de aplicación práctica na mellora da Xustiza e

das nosas condicións laborais.

Calendario laboral, RPT Imelga, Fiscalía: antiguamente viaxar á meseta era toda unha

odisea, trens con bancos de madeira que durante todo o día e toda a noite viaxaban por

terreos escarpados e vías lentas e sinuosas. Agora paliouse a situación e Madrid está a

un paso, como quen di. Pero, para todos?? Non! Semella que os papeis que saen da

Dirección Xeral para Madrid aínda viaxan meses trens. O Calendario Laboral aínda non

tivo aprobación do Consello Xeral do Poder Xudicial, por fin apareceu a RPT do Imelga,

desaparecida durante anos, supoñemos que nalgún punto entre Tordesillas e Vicálvaro e

a aprobación definitiva para consolidar as 22 prazas de fiscalía tampouco chega, polo que

é moi probable que non se oferten neste concurso de traslado.

E seguimos buscando a boliña….