11
GRAVADO NON TÓXICO. OS FOTOPOLÍMEROS Proceso de traballo

Gravado non tóxco. Fotopolímeros

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Gravado non tóxco. Fotopolímeros

GRAVADO NON TÓXICO. OS

FOTOPOLÍMEROSProceso de traballo

Page 2: Gravado non tóxco. Fotopolímeros

Lavar a prancha con po de pedra pómez e auga. Lixar con lixa de 300 e logo de

500 ou 600

Secala ao aire, tamén se lle pode pasar un pouco de alcohol para eliminar outros

posibles restos

Page 3: Gravado non tóxco. Fotopolímeros

Laminado da prancha (en penumbra) co filme fotopolímero:

◦ Se estende o rolo de fotopolímero (coa protección por ambas caras) sobre unha

mesa e enriba colócase a prancha para medir e cortar un área que exceda

aproximadamente 1 cm. de cada borde

Page 4: Gravado non tóxco. Fotopolímeros

◦ Se estira o lado interno do filme fotopolímero (a parte cóncava da prega e despois

de quitarlle a primeira película protectora coa axuda dun pedaciño de cinta

íllante) cara arriba sobre a bandexa do tórculo. Colócase a parte pulida da

prancha sobre el e prénsase repetidas veces polas dúas caras (máis de seis

pasadas por cada lado). Xa ben adherido á prancha procedemos a cortar con máis

precisión para eliminar nos bordes o fotopolímero sobrante,

Page 5: Gravado non tóxco. Fotopolímeros

Insolación da imaxe (en penumbra)

◦ Tramar a prancha na mesa de insolar: Colocar a prancha laminada e sen retirar a película

protectora sobre a espuma da mesa. Enriba dela colócase a trama coa parte entintada en

contacto coa prancha e tápase co cristal da mesa de insolar. Recomendase preparar tanto a

prancha que contén a totalidade da imaxe, como unha o dúas tiras de probas de tamaño máis

reducido. Segundo lámpada e distancias da mesa de insolación do curso, os tempos foron de 1’

40’’ (é dicir 100’’)

Page 6: Gravado non tóxco. Fotopolímeros

◦ Tira de Proba (en penumbra): Unha vez tramadas as tiras de probas e a prancha

que será definitiva, se elixe unha parte da imaxe total (que temos no acetato)

onde se aprecien brancos, negros e os grises que haxa en toda a imaxe. Sobre

una das tiras de probas, damos distintos tempos (ex. 40´´, 80´´ , 100´´ ) dos que

despois escollemos o que máis conveña para a insolación da prancha definitiva

(mesmo proceso que no revelado fotográfico convencional)

Page 7: Gravado non tóxco. Fotopolímeros

◦ Revelar a tira de probas (en penumbra): nunha solución de auga tiépida e carbonato anhidro

durante 2 minutos colocamos a prancha boca arriba e pasámoslle una esponxa suave

aproximadamente cada 20 segundos. Recordar que para este paso temos que retirar o protector

do fotopolímero

Page 8: Gravado non tóxco. Fotopolímeros

◦ Lavar a tira de probas (en penumbra) abundantemente baixo un chorro de

auga corrente.

◦ Secala tira de probas (xa con luz ambiente) co secador polo menos durante 4

minutos para fixar a imaxe. Non é obrigatorio, pero recomendase esperar

alomenos 24 horas para entintar. Durante este tempo a prancha continúa a

fixarse e a endurecer o fotopolímero.

Page 9: Gravado non tóxco. Fotopolímeros

Entintar a tira de probas como calquera outra prancha de gravado calcográfico

convencional e estampala sobre un papel de gravado previamente humedecido e

escorrido. Por cada tempo de insolarización aparecerá unha intensidade de grises.

Page 10: Gravado non tóxco. Fotopolímeros

Elección do tempo óptimo de insolación segundo apreciemos os resultados da

tira de probas para a prancha definitiva. E repítense para ese tempo os pasos dos

catro derradeiros apartados

Lavado da prancha entre estampacións. Entre estampación e estampación, a

prancha debe lavarse refregando cunha esponxa delicada e con auga e xabón

(sempre que a tinta sexa ó auga) tamén se lle pode dar cun pouco de aceite antes do

xabón.

Page 11: Gravado non tóxco. Fotopolímeros

Para Recuperar as pranchas limpamos o fotopolímero con alcohol ata que

desapareza a imaxe e logo lavase a prancha con auga e xabón. Ó contrario do que

sucede na calcografía clásica, non é imprescindible gardar as matrices das pranchas

de metal. O realmente importante e conservar o acetato coa imaxe insolada. Tendo

este, si conservamos os detalles técnicos da insolación (tipo de trama, tempos de

insolación, potencia da lámpada e distancia desta á mesa) podemos pasar as veces

que queremos a imaxe a unha prancha de metal. Se os datos son os mesmos a

imaxe positivada “debería ser” idéntica.